xunta de galicia - Deputación de Lugo

3 jun. 2017 - f) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 3 (ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1ª ...
326KB Größe 6 Downloads 60 vistas
SÁBADO, 3 DE XUÑO DE 2017

Nº 126

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS Anuncio Resolución do 18 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza o peche e o desmantelamento da infraestrutura gasista denominada Planta satélite de gas natural licuado (GNL) para apoio á rede de Lugo en MOP 16 bar, cuxa titularidade corresponde a Gas Natural Redes Distribución Gas SDG SA. Despois de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG SA, con enderezo para os efectos de notificación en Rúa Lisboa, s/n, Área Central, local 31 HIJ - 15707 Santiago de Compostela, resultan os seguintes ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro.- O 20/10/2009 a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ditou resolución pola que se outorgou a Gas Natural Distribución SDG SA a autorización administrativa previa da Planta satélite de gas natural licuado (GNL) para apoio á rede de Lugo de MOP 16 bar, e se aprobou o seu proxecto de execución (expediente IN627A 2009/5-0); que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 09/12/2009 e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 24/11/2009. Esta planta de apoio á rede de Lugo tiña por obxecto conseguir unha maior capacidade das infraestruturas de gas e seguridade de subministración para abastecer, tanto a vivendas particulares e comercios como ás industrias, dun xeito temporal mentres non entrase en operación o futuro gasoduto Guitiriz-Lugo no que se prevé un punto de entrega para apoio á rede de Lugo. O 20/12/2010 a Xefatura Territorial de Lugo da actual Consellería de Economía, Emprego e Industria (en adiante, xefatura territorial) resolveu autorizar o funcionamento da citada instalación. Segundo.- O 25/09/2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se autoriza a transmisión de varios activos de transporte secundario e de distribución de gas natural de alta presión, pertencentes a Gas Natural Transporte SDG SL e Gas Natural Distribución SDG SA, respectivamente, a favor de Gas Natural Infraestruturas Distribución Gas SDG SA coa consecuente subrogación dos dereitos e obrigas asociados. Posteriormente, a sociedade Gas Natural Infraestruturas Distribución Gas SDG SA cambiou de denominación, pasando a ser Gas Natural Redes Distribución Gas SDG SA. Terceiro.- O 09/11/2016 a empresa Gas Natural Redes Distribución Gas SDG SA presentou a solicitude de autorización administrativa para o peche da Planta satélite de gas natural licuado (GNL) para apoio á rede de Lugo de MOP 16 bar, acompañada do proxecto titulado “Desmantelamento dunha planta satélite de almacenamento e gasificación de gas natural licuado no municipio de Lugo”. O 22/03/2017 a dita empresa contestou a un requirimento efectuado pola xefatura territorial, achegando o Anexo 1 ao citado proxecto. Segundo consta no proxecto e no seu Anexo 1, a citada planta non inxectou nunca gas á rede de Lugo nin se ten previsto un incremento do consumo de gas, polo que considera que non será necesaria nun futuro. Cuarto.- O 28/02/2017 os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a solicitude de peche da citada instalación, dado que resulta innecesaria pola súa inactividade e que a subministración de gas natural na cidade de Lugo está totalmente garantida sen esa instalación. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de

2

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; co Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP); coa Orde da Consellería de Industria e Comercio do 30/11/1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas; e coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas. Segundo.- De acordo co disposto no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, o peche das instalacións de distribución de gas natural requirirá autorización administrativa previa, cuxo procedemento ven regulado nos artigos 88 a 91 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro. Terceiro.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, RESOLVE Autorizar o peche, incluíndo o desmantelamento, da infraestrutura gasista denominada Planta satélite de gas natural licuado (GNL) para apoio á rede de Lugo en MOP 16 bar, cuxa titularidade corresponde a Gas Natural Redes Distribución Gas SDG SA. Todo isto de acordo coas seguintes condicións: Primeira.- O peche e desmantelamento de instalacións que se autoriza terá que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran na documentación técnica presentada pola empresa titular das instalacións (proxecto e anexo 1) baixo a denominación “Desmantelamento dunha planta satélite de almacenamento e gasificación de gas natural licuado no municipio de Lugo”, asinada polo enxeñeiro industrial D. Domenec Romeu (colexiado nº 8466 do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Cataluña) e con certificado de actuación profesional de data 03/11/2016 e nº B-528659; e no que figura un orzamento de 52.750 euros. Segunda.- Durante a execución do proxecto cumpriranse as condicións técnicas e de seguridade dispostas nos regulamentos vixentes que lle sexan de aplicación e, en particular, o disposto no Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e na súa ITC-ICG 04 Plantas Satélite de Gas Natural Licuado (GNL), aprobados polo Real decreto 919/2006, do 28 de xullo. Terceira.- O prazo para o peche e desmantelamento que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa que sexa necesario obter para a execución dos traballos. Unha vez rematados estes traballos, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de acta de peche ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas. Cuarta.- A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa. Quinta.- Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para o peche autorizado. Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente. Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces R. 1487

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SUBDIRECIÓN XERAL DE XESTIÓN DO DOMINIO PÚBLICO HIDRAULICO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA CLAVE: DH.V27.3668

3

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

O CONCELLO DE FOZ de conformidade co artigo artigo 116 do Regulamento Xeral de Costas, solicita autorización de vertido dun caudal máximo de 800 m3/día (292.000 m3/ano) de augas residuais urbanas depuradas ao mar (cunca da costa de Lugo entre Foz e Viveiro) procedentes da E.D.A.R. de Fazouro asentada nas proximidade da praia da Lagoa e que recolle as augas residuais do núcleo de Fazouro e do polígono industrial de Fazouro (t.m. Foz). As augas residuais urbanas procedentes do núcleo de Fazouro e do polígono industrial de Fazouro (t.m. Foz) son tratadas na E.D.A.R. de Fazouro deseñada para tratar o caudal xerado por 4.000 habitantes equivalentes e consta dos seguintes dispositivos: Liña de auga: Pozo de tormentas de 220 m3 de capacidade dotado de axitación, con aliviadoiro de 315 mm de diámetro. Pretratamento: o

Desbaste de grosos con limpeza manual mediante cestón de 40 mm de luz de malla.

o

Tamizado de finos con rotatamiz autolimpiante de 1 mm de luz de malla.

o

Desareador-desengraxador circular con fondo inclinado de 4,2 m3 de capacidade e con extracción de areas por medio dun emulsor tipo air-lift.

o

By-pass

Tratamento biolóxico de lodos activos de oxidación total mediante: o

Reactor biolóxico tipo carrusel de dúas canles, cun volume efectivo de aireación de 700 m3.

o

Decantador secundario circular de 10 m de diámetro e 3 m de calado e volume útil de 236m3, con ponte barredora con rasquetas de fondo e superficiais con succión de escumas.

o

Recirculación de lodos.

Desinfección con raios UV. Liña de lodos: Bombeo de lodos en exceso ao espesador. Regulador-espesador de lodos por gravidade de tipo vertical, cun diámetro de 4 m, calado medio de 4 m e un volume efectivo de 50,3 m3. Acondicionamento químico de lodos. Deshidratación de lodos mediante centrífuga horizontal. Unha vez depuradas estas augas residuais son vertidas ao mar (cunca da costa de Lugo entre Foz e Viveiro) mediante unha condución de polietileno de alta densidade de 300 m de lonxitude e 250 mm de diámetro, cun único difusor constituído por 9 boquillas de 110 mm de diámetro, con saía á cota –5,25 m BMVE no punto de coordenadas UTM -datum ETRS89-: X: 637.805; Y: 4.828.424. O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de VINTE (20) DÍAS, contados a partir do seguinte día á data da publicación no boletín oficial da provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas da entidade Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio asentadas na Praza Camilo Díaz Baliño Santiago de Compostela; no Servizo Territorial Norte de Augas de Galicia asentado no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Monelos, Rúa Vicente Ferrer, 2 – 9º andar – A Coruña e no Concello de Foz, onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe. Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017.- A xefa da Área de Vertidos, Leticia Valladares López R. 1466

Anuncio ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA CLAVE: DH.V27.3669 O CONCELLO DE FOZ de conformidade co artigo 116 do Regulamento Xeral de Costas, solicita autorización de vertido dun caudal medio de 200 m3/día (73.000 m3/ano) de augas residuais urbanas depuradas ao mar (cunca da costa de Lugo entre Foz e Viveiro) procedentes da EDAR de Nois asentada no Porto de Nois (t.m. Foz). As augas residuais urbanas procedentes do saneamento da parroquia de Nois son tratadas nun sistema de depuración deseñado para 1.000 habitantes equivalentes que consta dos seguintes dispositivos:

4

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

Liña de auga: Arqueta receptora da auga bruta con aliviadoiro. Pretratamento: o

Desbaste de grosos mediante reixa de 30 mm de luz de paso.

o

Desbaste de finos mediante tamiz estático de 2 mm de luz de paso.

Tratamento biolóxico en reactor secuencial descontinuo (SBR) de 280 m3 de capacidade e dimensións útiles 10 x 7 x 4,5 m, dotado de aireación e axitación. Liña de lodos: Espesador - dixestor de lodos por gravidade de 40,5 m3 de capacidade. Unha vez depuradas as augas residuais son vertidas ao mar (cunca da costa de Lugo entre Foz e Viveiro) no punto de coordenadas UTM -datum ETRS89-: X: 636.451; Y: 4.830.503; a través dunha condución constituída por tramo de PVC de 150 m de lonxitude e 250 mm de diámetro, arqueta de toma de mostras e tramo de polietileno de 200 m de lonxitude e 180 mm de diámetro sendo a cota de vertido ao mar de –2,26 m. O que se fai público para xeral coñecemento por un prazo de VÍNTE (20) DÍAS, contados a partir do seguinte día á data da publicación no boletín oficial da provincia do presente anuncio, co fin de que os que se consideren prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, nas oficinas da entidade Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio asentadas na Praza Camilo Díaz Baliño Santiago de Compostela; no Servizo Territorial Norte de Augas de Galicia asentado na Rúa Wenceslao Fernández Flórez, 1 – A Coruña e no Concello de Foz, onde se atopa exposto o proxecto para que poida ser examinado por quen desexe. Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017.- A xefa da Área de Vertidos, Leticia Valladares López R. 1467

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. ZONA HIDROGRÁFICA DE GALICIA-NORTE Anuncio SERVIZO TERRITORIAL DE AUGAS DE GALICIA INFORMACIÓN PÚBLICA Concello de Xermade, solicita de Augas de Galicia por atoparse nas marxes do río do Casal, a autorización de obras, no polígono 12, parcela 454, no lugar de Folgoso, parroquia de Lousame, concello de Xermade (Lugo). O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.55292. As obras solicitadas consisten na rehabilitación do muíño de Folgoso-Lousada. O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Xermade ou nas oficinas deste servizo, situadas na R/ Vicente Ferrer 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. A Coruña, 22 de maio do 2017.- O xefe do servizo territorial, Néstor Rodríguez Arias R. 1488

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONIMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO Anuncio Resolución do 19 de maio de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/117-2, 8426 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

5

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

- Solicitante: Begasa - Domicilio Social: rúa Ramón M.ª. Aller Ulloa 9, 27003 Lugo. - Denominación: LMTS e CS para Instituto Nacional de Estadistica NS 45127. - Situación: concello de Lugo. - Características Técnicas: 1. LMTS. a 20 Kv. con orixe na LMT soterrada existente dirección CT Praza de Avilés, entra e sae no CS proxectado e remata no CT Xacobe 3 existente, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-150. 2. CS en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección con interruptor automático. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 19 de maio de 2017.- Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 1489

Anuncio Resolución do 18 de maio de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2016/101-2, 8410 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Begasa - Domicilio Social: calle Ramón M.ª. Aller Ulloa 9, 27003 Lugo. - Denominación: reforma do CT 6831 rúa Xunco e RBTS a Edificio A Maruxaina. - Situación: concello de Cervo - Características Técnicas: 1. Reforma do CT non prefabricado rúa Xunco consistente na ampliación da canle de baixa tensión e na instalación dun anteparo metálico para cubrir a dita canle. 2. RBT soterrada, con orixe no CT rúa Xunco e final na CXP do Edificio Maruxaina, cunha lonxitude de 135 metros en condutor tipo RV-240. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19

6

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 18 de maio de 2017.- Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 1490

Anuncio Resolución do 18 de maio de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/112-2, 8421 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Begasa - Domicilio Social: rúa Ramón M.ª. Aller Ulloa 9, 27003 Lugo. - Denominación: reforma e telemando CD Santo Grial (8261) - Situación: concello de Lugo - Características Técnicas: 1. Reforma do CT existente non prefabricado Santo Grial, cunha potencia máxima admisible de 630 kVAS e unha potencia instalada de 250 kVAs, no cal se reforma o depósito de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, aparellaxe, ferraxes e anteparos, construcción dun anteparo de protección de transformador, saneado de paredes e teito, pintado de paredes, chan, teito, bancada de soporte de celas SF6, construción de reixa de ventilación, escaleira para acceso de persoal, cambio de tapa de acceso de persoal e máquina. Instálanse dúas celas de liña e unha de protección, realízase un circuito de terras interior, circuíto de emerxencia e iluminación, armario de BT e ampliación. 2. Telemándanse dúas celas de liña correspondentes a LMT dirección CD Santo Grial 2 e LMT dirección CD Santo Grial 32. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

7

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 18 de maio de 2017.- Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 1491

Anuncio Resolución do 23 de maio de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2016/123-2, 8432 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Begasa - Domicilio Social: rúa Ramón M.ª. Aller Ulloa 9, 27003 Lugo. - Denominación: reforma CT 17974 O Río - Situación: concello de Burela - Características Técnicas: 1. Reforma do CT existente non prefabricado O Río, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia instalada de 630 kVA, no que se amplía un depósito de recollida de aceite e se elimina un foso de recollida de aceite, repárase o muro de separación do transformador, instálase unha mampara de protección do transformador, cúbrese a canle de media tensión, cámbiase a porta de acceso e instálanse proteccións mecánicas nas pontes de MT e BT e nas saídas de BT. Instálanse tres celas de liña, unha de protección de transformador, un transformador de 630 kVAS, realízanse as pontes CT-MT e CT-BT, armario de BT e ampliación. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310 do 27 de decembro) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310 do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 23 de maio de 2017.- Pilar Fernández López, Xefa territorial de Lugo R. 1492

8

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

Anuncio Resolución do 19 de maio de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2017/31-2, 8499 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Begasa - Domicilio Social: rúa Ramón M.ª. Aller Ulloa 9, 27003 Lugo. - Denominación: ampliación do centro de seccionamento Entrepinares (492) no polígono industrial de Vilalba. - Situación: concello de Vilalba. - Características Técnicas: ampliación do centro de seccionamento Entrepinares (492) (exp. 7532 AT), consistente na instalación dunha nova cela de protección. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 19 de maio de 2017.- Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 1493

Anuncio Resolución do 19 de maio de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2016/111-2, 8420 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Begasa - Domicilio Social: rúa Ramón M.ª. Aller Ulloa 9, 27003 Lugo. - Denominación: reforma e telemando CD Carrero Blanco 238 (3608). - Situación: concello de Lugo - Características Técnicas: 1. Reforma do CT existente non prefabricado Carrero Blanco 238, con unha potencia máxima admisible de 630 kVAS e unha potencia instalada de 400 kVAS, no cal se reforma o depósito de recollida de aceite, desmontaxe de embarrados, aparellaxe, ferraxes e anteparos, construcción dun anteparo de protección de transformador, saneado de paredes e teito, pintado de paredes, chan, teito, bancada de soporte de celas SF6, construción de reixa de ventilación, escaleira para acceso de persoal, cambio de tapa de acceso de persoal e

9

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

máquina. Instálanse dúas celas de liña e unha de protección, realízase un circuito de terras interior, circuíto de emerxencias e iluminación, armario de BT e ampliación. 2. Telemándanse dúas celas de liña correspondentes a LMT dirección Carrero Blanco 222 e LMT dirección San Xiao C15. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 19 de maio de 2017.- Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 1494

Anuncio Resolución do 19 de maio de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Xermade (expediente IN407A 2016/104-2, 8413 A T). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Begasa - Domicilio Social: rúa Ramón M.ª. Aller Ulloa 9, 27003 Lugo. - Denominación: CT/OCR Candamil. - Situación: concello de Xermade. - Características Técnicas: 1. LMT soterrada Muras 1 entrada e saída a 20 kV. con orixe no apoio existente da LMT aérea Muras 1 e final no CT/OCR proxectado Candamil, cunha lonxitude de 110 metros en condutor tipo RHZ1-150. 2. LMT aérea Cazás a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo C-300014 e final na LMT aérea existente dirección Cazás, cunha lonxitude de 73 metros en condutor tipo LA-56. 3. LMT soterrada Cazás a 20 kV con orixe no CT/OCR Cazás e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo C-3000-14 LMT aérea Cazás, cunha lonxitude de 20 metros en condutor tipo RHZ1-150. 4. Centro de transformación prefabricado Candamil, cunha potencia proxectada de 1.000 kVAS e unha potencia inicial de 100 kVAS, no cal se instalan dúas celas de liña, unha de protección con interruptor, as cales serán telemandadas e unha de protección de fusibles. 5.Liña soterrada de baixa tensión, con orixe no CT proxectado Candamil e final nun paso aéreo a soterrado formada por catro circuitos, cunha lonxitude de 20 metros por circuito. 6.Liña aérea de baixa tensión, con orixe no paso aéreo a soterrado e final na RBT aérea existente, cunha lonxitude de 100 metros en condutor tipo RZ.

10

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 19 de maio de 2017.- Xefa territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 1495

CONCELLOS BEGONTE Anuncio O Pleno desta Corporación Municipal, na sesión ordinaria celebrada o día 19 de maio de 2017, adoptou o acordo de aprobación inicial da Ordenanza reguladora da Administración Electrónica deste concello. En cumprimento do disposto nos arts. 49 e 70.2, da Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, sométese o expediente a exposición pública polo prazo de 30 días, a contar desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, para exame e reclamacións. No suposto de non presentarse reclamacións ao mesmo entenderase definitivamente aprobado. Begonte, a 19 de maio de 2017.- O Alcalde-Presidente, José Ulla Rocha. R. 1496

O CORGO Anuncio BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL E FORMACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO Ó ABEIRO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL E DO MAR E A ENTIDADE LOCAL PARA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS MEDIANTE A ACTUACIÓN DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA DURANTE A VIXENCIA DO CONVENIO SUSCRITO COA CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL. A.

NORMATIVA APLICABLE.

O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións: Real decreto lexislativo 5/2015 de 30 de octubre por el que se aprueba el texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto legislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposición básicas); na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia; no Real decreto legislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei da función pública de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se

11

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

opoña o Real decreto legislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposición básicas); na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia;,Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do estado e demáis disposicións aplicables. OBXECTO A presente convocatoria ten por obxecto a selección de TRES candidatos/as para o desempeño do posto de traballo de ENCARGADO DO MANEXO DUN VEHÍCULO MOTOBOMBA durante a vixencia do convenio para a prevención e defensa contra incendios forestais. Nesta mesma liña, e co fin de non interromper a prestación deste concreto servizo de duración temporal, aqueles candidatos que superen o proceso selectivo pero que non acaden a puntuación precisa para ser propostos para a contratación por esta entidade, pasarán a formar parte dunha lista para posibles baixas ou substitucións. Así mesmo, o presente procedemento selectivo servirá de bolsa de emprego válida para os anos 2017 e 2018, que se constituirá con todos os candidatos que superen o proceso selectivo ordenados pola puntuación obtida. SEGUNDO.- FUNCIÓNS. O persoal encargado do manexo do VMB realizará labores de prevención, extinción e defensa contra incendios forestais. Dentro das labores preventivas poderán realizar obras de construcción, mantemento de infraestructuras de defensa contra incendios forestais que disminua a propagación e minoren os danos dos incendios, no caso de producirse. Estes labores desenvolveranse sempre dentro do ámbito territorial do concello. O VMB colaborará na extinción de incendios forestais integrándose no dispositivo de emerxencias do Distrito Forestal onde se sitúe o concello. Así mesmo, cando concorran razóns extraordinarias, poderán colaborar na defensa de incendios declarados noutros ámbitos territoriais, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia. Outras funcións que poida fixar a Consellería do Medio Rural no Convenio. O persoal encargado do manexo do VMB deberá ter plena dispoñibilidade horaria, incluíndo domingos e festivos, así como as quendas de noite necesarias e o vehículo deberá estar operativo alomenos 16 horas ao día. TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no no Convenio de Medio Rural e no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo: a) Ter a nacionalidade española sen prexuízo do disposto no artigo 57 do EBEP o nacionales de Estados miembros de la Unión Europea o cualquiera que sea su nacionalidad a los cónyuges de los españois o delos nacionais de estados miembros de la UE, en los términos del Art. 57 do EBEB. b) Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 60 anos. c) Estar en posesión do carnet de conducir tipo C. d) Posuir aptitude física para a o desempeño dos traballos, acreditándose a mesma mediante certificado médico. Son excluintes as lesións de corazón, pulmón ou intestinais, os transtornos psicolóxicos, as incapacidades do aparato locomotor, as enfermidades contaxiosas e a obesidade. Nas mulleres tamén será excluinte o embarazo. A cegueira e a sordeira son igualmente causas de exclusión. e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. f) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 3 (ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1ª da Orde de 16 de xullo de 2007). Se non se pode acreditar este concreto requisito, poderase acceder ó proceso selectivo pero será necesaria a realización dun exercicio, segundo se especifica na cláusula cuarta.

12

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

CUARTA.- SISTEMA SELECTIVO O proceso de selección consistirá na realización dunhas probas selectivas e nunha entrevista curricular relacionada coa extinción de incendios e a operatividade do vehículo. Realizarase un recoñecemento médico que garante a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais dos postos de traballo convocados á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto, segundo o establecido como excluinte na base 3, letra d). No suposto de que o resultado sexa non apto, o candidato ainda que superase as probas selectivas non poderá ser contratado. 1ºEXERCICIO: PROBA FÍSICA COMÚN A TÓDOLOS POSTOS DE TRABALLO: que consistirá na superación da proba do banco ou de mochila, determinada no convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e do Mar para a participación e defensa contra incendios forestais mediante a actuacion de brigadas de prevención e defensa.Este exercicio é eliminatorio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto. 2ºEXERCICIO: unha proba práctica consistente na conducción do vehículo motobomba municipal ó longo dun percorrido que lle sinale ó candidato , co fin de avaliar os seus coñecementos e pericia do manexo do citado vehículo, así como funcionamento da bomba, enchido de cisterna, valeirado do corpo da bomba, etc. O candidato será acompañado polo examinador (un dos membros do tribunal con coñecementos específicos no manexo e conducción deste tipo de vehículos), quen valorará a actuación de cada un dos aspirantes. Para superar este exercicio será necesario acadar un mínimo de 5 puntos e puntuará ata un máximo de 10 puntos. Este exercicio terá carácter eliminatorio. A calificación do primeiro exercicio adoptarase segundo a avaliación realizada polo membro anteriormente citado. 3ºEXERCICIO: ENTREVISTA CURRICULAR E PROBA SOBRE COÑECEMENTOS SOBRE A OPERATIVIDADE DO VEHÍCULO MOTOBOMBA: A.- ENTREVISTA CURRICULAR: consistirá na contestación a preguntas formuladas polos membros do tribunal, co fin de afondar sobre cuestións curriculares dos/as aspirantes. A puntuación máxima a obter por este apartado será de 5 puntos. A cualificación será a media aritmética da puntuación outorgada por cada membro do Tribunal. B.-PROBA SOBRE COÑECEMENTOS SOBRE A OPERATIVIDADE DO VEHÍCULO MOTOBOMBA: Proba de coñecementos sobre a operatividade do vehículo, tales como: lanzamento de auga, enchido da cisterna, vaciado, manexo das bombas, mantemento e doutras cuestións, co fin de valorar a súa aptitude para as funcións do posto de traballo a desenvolver, segundo o temario que se une a estas bases, anexo I. A puntuación máxima a obter por este apartado será de 5 puntos. A cualificación será a media aritmética da puntuación outorgada por cada membro do Tribunal. A calificación total do 3º exercicio será de 10 puntos como máximo e obterase sumando a obtida no apartado 3.A e a obtida no apartado 3.B. Para superar este exercicio será necesario acadar unha puntuación total mínima de 5 puntos. 4º EXERCICIO: GALEGO: obrigatorio para aquelas persoas que non poidan acreditar o coñecemento de galego no nivel CELGA 3 ou equivalente (curso de iniciación de galego, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega, publicada no DOG nº 146, de 30 de xullo de 2007). Os candidatos que se atopen na circunstancia anterior deberán realizar un exame consistente en traducir un texto sen dicionario, elixido libremente polo tribunal, do castelán ao galego. Esta proba terá unha duración de 20 minutos. Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto. O tribunal decidirá o nivel preciso para acadar o resultado de apto. A puntuación total virá determinada pola media das puntuacións obtidas nos exercicios 2º e 3º. O tribunal elevará proposta de contratación temporal ao órgano competente dos dous candidatos/as que obtivesen máis puntuación. Así mesmo, elaborará unha lista coas puntuacións dos candidatos/as que superaron o procedemento para formar unha lista para posibles baixas ou substitucións. QUINTA.- ANUNCIO DA CONVOCATORIA E SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES. As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web www.concellodocorgo.com As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo II da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello ou a través de

13

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

calquera dos medios que prevé a Lei 30/92 do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, (en sucesivas mencións Lei 30/92), no seu artigo 38, no prazo de CINCO (5) días hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día de prazo coincide con sábado, domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Se no prazo de 3 días hábiles a contar desde o seguinte á finalización do prazo de presentación non se recibe a solicitude, esta quedará rexeitada, polo que se recomenda a súa presentación no rexistro xeral das oficinas municipais do Concello do Corgo. No caso de presentar a solicitude noutro lugar ou por outro medio, o interesado deberá acreditar o dito envío, remitindo o mesmo día copia da solicitude e do xustificante do pago da taxa ao fax 982302068 ou por mail a [email protected]. Sen este requisito a solicitude non será admitida en ningún caso. Xunto coa solicitude, os aspirantes manifestarán que reúnen tódolos requisitos da convocatoria e aportarán a documentación acreditativa dos méritos que alegan, en orixinal ou copia compulsada ou cotexada. No suposto de que o interesado desexe aportar os documentos orixinais, o interesado terá dereito á expedición pola oficina do Rexistro deste concello dunha copia selada do documento orixinal no momento da presentación. Para o exercicio deste dereito, o interesado deberá aportar xunto co orixinal copia do mesmo, para que o funcionario, previo cotexo deste con aquel, o dilixencie cos datos que figuran no Art. 7 nº 2 do Real Decreto 772/1999, de 7 de maio. O cotexo non devengará ningunha taxa, segundo a ordenanza fiscal vixente deste concello. Pola contra, se o interesado preferise deixar unha copia do documento orixinal, en vez deste, esta deberá ser compulsada. No caso de prestar este servizo de compulsa neste concello, devengarase a taxa establecida na ordenanza municipal en vigor. Xunto coa solicitude, os aspirantes deberán achegar xustificante bancario de ingreso da taxa pola participación en procedementos selectivos de empregados públicos convocados por este concello, que de conformidade coa ordenanza municipal ascende a 15 €. O ingreso da taxa deberá realizarse na conta número ES9020800156473110000020. No suposto de que non se acredite o pago desta taxa non poderá participar no procedemento selectivo. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e transcorridos os tres días hábiles para recibir a documentación presentada en Correos ou en Rexistros diferentes ao deste concello, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de DOUS (2) días hábiles, que se publicará no taboleiro de anuncios do concello e na páxina Web (www.concellodocorgo.net), admitindo ou inadmitindo aos solicitantes, indicando a causa de exclusión neste último caso, e abríndose un prazo de DOUS (2) días hábiles para a subsanación de defectos, contados a partires do seguinte ao da súa publicación nos referidos medios, para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. No caso de presentarse noutros rexistros diferentes ao do concello, as emendas deberán recibirse nun plazo máximo de 3 días hábiles contados a partir do seguinte ao de finalización do prazo anterior. Se estes prazos finalizaran en sábado entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Na publicación indicarase o nome e apelido, DNI dos aspirantes, con indicación dos que non precisan a realización do exercicio de galego. Rematado o prazo de subsanación e transcorridos os 3 días hábiles referidos anteriormente, ditarase resolución nun prazo máximo de DOUS (2) días hábiles, a contar a partir do seguinte á finalización do prazo anterior, elevando a definitiva a lista de admitidos e excluídos, así como os candidatos que teñan que realizar o exercicio de galego, e nela se sinalará a composición do tribunal cualificador. A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe e ordene a publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos. •

Non obstante, o feito de figurar na lista definitiva de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos na base terceira das presentes bases.



Os datos personais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados únicamente para o fin da presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente legislación.

Contra a resolución do alcalde pola que se declaren definitivamente excluídos do proceso selectivo, o/a interesado/a poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de un mes, a contar desde o día seguinte a publicación no taboleiro de anuncios da devandita resolución, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo, no de dous meses desde a citada data. Non se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo ata que sexa resolto expresamente o recurso de reposición ou se producise a súa desestimación presunta. SEXTA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR. 6.1 Composición: De conformidade con canto se establece polo artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empleado público, o tribunal terá a seguinte composición:

14

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

•Presidente: Un empregado/a público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ó posto convocado. •Secretario: Un empregado/a público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ó posto convocado. •Vogais: Tres empregados/as públicos con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ó posto convocado. O nomeamento dos membros do tribunal e os seus suplentes, realizarase por Decreto do alcalde, e publicarase no taboleiro de anuncios, e na páxina web. O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou dos que legalmente os substitúan. O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal. A colaboración pode consistir na elaboración dos informes médicos e das probas físicas que sirvan para acreditar a aptitude física para o desenvolvemento do posto de traballo. Os membros do tribunal, así como os asesores ou colaboradores, que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas, agás que estean prestando servizos nesta entidade local. 6.2 Adopción de acordos: O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a valoración dos méritos. Concluidas as probas, elevarase proposta de candidatos para a formalización do correspondente contrato laboral que en ningún caso poderá exceder do nº de plazas convocadas. Así mesmo, elevarase proposta de bolsa de emprego válida para o ano 2017 e 2018. O mesmo día de celebración das probas elevarase proposta dos candidatos/as seleccionados/as que vinculará á Administración, sen prexuízo de que esta, no seu caso, poda proceder a súa revisión, consonte ao establecido nos Art. 102 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común. Os seus acordos só poderán impugnarse de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 6.3 Data e lugar de constitución do Tribunal O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. Na mesma resolución na que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluidos se sinalará a composición do tribunal cualificador, a data e hora na que se constituirá para valorar os méritos dos aspirantes admitidos. 6.4.- Abstención e Recusación. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 29 da citada lei. SÉTIMA.- APORTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DO CANDIDATO/A SELECCIONADO/A Os/as candidatos/as propostos/as deberán achegar no prazo de 3 días, a seguinte documentación, salvo que xa a presentara anteriormente, xunto a instancia de participación: 1) Copia compulsada do DNI ou documento de identificación do extranxeiro ciudadano membro da UE.

dun Estado

2) Certificado médico acreditativo de posúir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. 3) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

15

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, o acceso ó emprego público. 4) Declaración xurada de non encontrarse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión. Os/as aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base, e agás nos caso de forza maior, ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorreran por falsidade na solicitude de participación. OITAVA. FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, o alcalde resolverá o proceso selectivo e se procederá a formalización do contrato laboral temporal por obra o servizo determinado a tempo completo conforme a lexislación vixente. NOVENA. IMPUGNACIÓN. Contra as presentes bases, sendo que o seu acordo aprobatorio é definitivo en via administrativa, poderase interpor polos interesados lexítimados os seguintes recursos: •

Con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto recurrido en prazo dun mes a contar dende o dia seguinte ó da publicación das bases no BOP. Se transcurrira un mes dende o día seguinte ó da interposición do recurso de reposición, sen que este fora resolto, poderá entenderse que foi desestimado para interpor o recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses.



Recurso contencioso-administrativo á súa elección ante o Xulgado do Contencioso administrativo de Lugo dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da publicación das bases no BOP.

Contra cantos actos administrativos se deriven das bases e da actuación do tribunal, poderán ser interpostos polos interesados os oportunos recursos nos casos e na forma establecidas na Lei 30/1992, de 26 de novembro, e na Lei 29/98, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa O Corgo, a 18 de maio de 2017.- O Alcalde, José A. Ferreiro González.

16

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

ANEXO I TEMA 1. COMPORTAMENTO DO LUME: O INCENDIO FORESTAL. •

DEFINICIÓN DE INCENDIO FORESTAL.



FORMAS DE PROPAGACIÓN DA CALOR NO MONTE.



PARTES DUN INCENDIO.



FORMA DOS INCENDIOS.



TIPOS DE LUME.



FACTORES QUE INFLÚEN NO COMPORTAMENTO DO LUME.

TEMA 2. EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS. •

ESTADOS DO INCENDIO.



ORGANIZACIÓN PREVIA Ó COMBATE.



COMBATE DO INCENDIO.



TÉCNICAS DE EXTINCIÓN.



ACCIÓNS TRALO INCENDIO: O RELEVO.

TEMA 3. SEGURIDADE PERSOAL. •

UNIFORME E EQUIPO DE PROTECCIÓN PERSOAL.



PRECAUCIÓNS XERAIS.



PRECAUCIÓNS NO USO DE FERRAMENTAS MANUAIS.



PRECAUCIÓNS NO EMPREGO DE FERRAMENTAS A MOTOR, DE VEHÍCULOS MOTOBOMBA, DE MAQUINARIA PESADA, DE MEDIOS AÉREOS, E NO TRANSPORTE.



PRECAUCIÓNS NOS CONTRALUMES.



PRECAUCIÓNS Ó MANEXAR RETARDANTES.

TEMA 4. ORGANIZACIÓN DO SERVIZO DE DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS •

CONCEPTO, OBXECTIVOS E ESTRUTURA ORGANIZATIVA.



ÉPOCAS DE PERIGO.



ORGANISMOS QUE INTERVEÑEN E COORDINACIÓN ENTRE ELES.



PROCEDEMENTO OPERATIVO.

TEMA 5. REDE DE COMUNICACIÓN POR RADIO. •

CANLES E EQUIPOS EMPREGADOS.



NORMAS PARA O EMPREGO DA REDE DE TRANSMISIÓNS.

TEMA 6. O XEFE DE CUADRILLA. •

FUNCIÓNS E RESPONSABILIDADES.



A ORGANIZACIÓN DA CUADRILLA.



ACTUACIÓN DO XEFE DE CUADRILLA DURANTE A PREVENCIÓN E NA EXTINCIÓN DE INCENDIOS.

17

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

ANEXO II.- Modelo de instancia: Dna./D………………………......................…………………..............…...……., con DNI o documento de extranjero nº…….....……………....……, con domicilio aos efectos de notificación en……….........................………….......…… , nº de teléfono………………………………….., EXPÓN: Que reúno tódalas condicións esixidas polas bases da convocatoria para participar no proceso selectivo para ___________________________________ , convocatoria anunciada no BOP nº ......., de data ........................ En virtude do que, solicito ser admitido para participar no proceso de selección da referida convocatoria, presentando a documentación seguinte: 1.- Fotocopia compulsada do DNI ou tarxeta de extranxeiro 2.- Fotocopia compulsada do carnet tipo C, e do título CELGA 3 ou curso de iniciación. 3. Outra documentación: __________________________________________________________________________________ 4. xustificante de ingreso de 15€ correspondente á taxa pola participación en procedementos selectivos.

O Corgo, __________ de _______________ de ____

NOTA: Os datos de carácter persoal poderán ser tratados para futuras contratacións, de conformidade coa Lei 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Sr. Alcalde do Concello do Corgo

18

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

R. 1540

A FONSAGRADA Anuncio Padróns de auga, lixo e sumidoiros correspondentes ao segundo bimestre do ano 2017 Visto os padróns da taxa polos servizos de abastecemento e distribución de auga, sumidoiro e recollida de lixo correspondentes ao 2º bimestre do ano 2017, a Xunta de Goberno Local do Concello da Fonsagrada na sesión celebrada o día 16 de maio de 2017, ACORDA: PRIMEIRO. - Aprobar os padróns da taxa polos servizos de abastecemento e distribución de auga, sumidoiro e recollida de lixo correspondentes ao 2º bimestre do ano 2017. SEGUNDO. - Expoñer ao público os padróns aprobados, mediante a publicación de edito no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación, por un prazo de 15 días dende a publicación. Esta exposición actúa como notificación colectiva a todos os contribuíntes nos termos do artigo 102.3 da Lei 38/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria. TERCEIRO. - Contra as liquidacións incorporadas aos padróns, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, no prazo dun mes dende o día seguinte á publicación do edito no BOP. Contra a desestimación do recurso poderase interpoñer recurso contencioso- administrativo ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Lugo, no prazo de 2 meses dende o día seguinte á notificación da resolución expresa ou de 6 meses dende que se produza a desestimación presunta. Todo o anterior, sen prexuízo do dereito de interpoñer calquera outro recurso que o interesado estime conveniente. CUARTO. - O prazo de cobro en período voluntario abarcará dende o día 18.05.2017 ao 18.07.2017, para o cobro de ditos padróns, aos contribuíntes que non o teñan domiciliado, os documentos de cobro seranlles enviados ao domicilio declarado do suxeito pasivo para que efectúen o pago nas sucursais bancarias establecidas a tal efecto. A falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, deberá indicarse que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico - administrativa ante o órgano económico - administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación. A Fonsagrada, 19 de maio de 2017.- O alcalde, Argelio Fernández Queipo R. 1797

Anuncio CONTA XERAL 2016 Unha vez formulada e rendida a conta xeral desta entidade local correspondente ó exercicio de 2016 exponse ó público, xunto cos documentos que a xustifican, na secretaria do concello durante o prazo de 15 días hábiles, a partir do seguinte día ó da inserción do presente anuncio no BOP, co obxecto de que poida ser examinada e formulada durante o devandito prazo e oito días seguintes, e admitiranse os reparos e observacións que se poidan formular por escrito, os cales deberán ser dirixidos á Alcaldía deste Concello, de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, que aproba o texto refundido da Lei das Facendas Locais. A Fonsagrada, 24 de maio de 2017.- O Alcalde, Argelio Fernández Queipo. R. 1498

Anuncio CONTRATO DA OBRA DO REMATE DA REDE DE SANEAMENTO MUNICIPAL NO CONCELLO DA FONSAGRADA (LUGO)

19

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

Por decreto de alcaldía de data 09.05.2017, adxudicouse o contrato da obra do remate da rede de saneamento municipal da Fonsagrada (Lugo), o que se publica aos efectos do artigo 154 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro . 1. Entidade adxudicadora: a) Organismo. Alcalde do Concello b) Dependencia que tramita o expediente. Secretaria c) Número de expediente.1/2017 d) Dirección de Internet do perfil do contratante. www.afonsagrada.org 2. Obxecto do contrato: a) Tipo. Obra b) Descrición. remate da rede de saneamento municipal da Fonsagrada (Lugo) c) CPV (Referencia de Nomenclatura). 45232410 3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación. Ordinaria b) Procedemento. Negociado sen publicidade c) Duración. 4 meses 4. Valor estimado do contrato: 170000 euros. 5. Orzamento base de licitación. Importe neto 140495,87 euros. Importe total: 170000 euros. 6. Formalización do contrato: a) Data de adxudicación. 09.05.2017 b) Data de formalización do contrato. 16.05.2017 c) Contratista. Gestión Gratelu SL. d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 139488,02 euros. Importe total: 168780,50 euros. e) Vantaxes da oferta adxudicataria. As recollidas no expediente A Fonsagrada, 18 de maio de 2017.- O Alcalde, Argelio Fernández Queipo R. 1499

GUITIRIZ Anuncio EXPEDIENTE Nº 281/2016 Na sesión do Pleno da Corporación celebrada o 25 de maio de 2017 aprobouse inicialmente o Orzamento xeral para o exercicio económico de 2017. Ao abeiro do disposto no artigo 169.1 do RDL 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría deste Concello, polo prazo de quince días hábiles que empezarán a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, que se dirixirán á Alcaldía-Presidencia desta Corporación. No caso de non presentarse reclamacións, considerarase definitivamente aprobado o orzamento. Na mesa sesión indicada, en cumprimento do establecido no artigo 103.bis) da Lei 7/1985, do 2 de abril aprobouse a masa salarial do persoal laboral correspondente ao mesmo exercicio económico, ascendendo á contía de 904.004,57 €. A ALCADESA, Regina Polín Rodríguez. R. 1554

20

Núm. 126 – Sábado, 3 de xuño de 2017

BOP de Lugo

MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio Expediente número: A/27/21188. Asunto: Solicitud de concesión de un aprovechamiento de aguas. Peticionario: José Fernández Díaz. Nombre del río o corriente: Manantial As Donas. Caudal solicitado: 0,028 l/seg. Punto de emplazamiento: Parcela 19 del polígono 178, Monte dos Cangos (Vilapiñol). Término Municipal y Provincia: A Fonsagrada (Lugo). Destino: Abastecimiento a una vivienda. BREVE DESCRIPCION DE LAS OBRAS: Dos zanjas drenantes, arqueta de toma y conducción por tubería hasta depósito de 5000 l de capacidad. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contado a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de A Fonsagrada, o en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España nº 2, -33071-OVIEDO), donde estará de manifiesto el expediente. Oviedo, 10 de mayo de 2017.- EL TITULADO SUPERIOR DE GESTIÓN Y SERVICIOS COMUNES. Pedro Granda Rodríguez. R. 1408

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 03.06.2017 08:00:00 CEST Razón: Localización: España