xunta de galicia - Deputación de Lugo

28 dic. 2016 - distribución de gas natural na Fonsagrada (expediente IN627A 2014/27-0). Esta resolución .... Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A..
189KB Größe 2 Downloads 75 vistas
MIÉRCOLES, 28 DE DICIEMBRE DE 2016

Nº 297

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS Anuncio Resolución do 1 de decembro de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorga a Gas Galicia SDG SA a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal da Fonsagrada, na provincia de Lugo (expediente IN627A 2014/27-0). Logo de examinar o expediente instruído a pedimento da empresa Gas Galicia SDG SA, con enderezo para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, Edificio Área Central, Local 31- HIJ, 15707 - Santiago de Compostela (A Coruña), resultan os seguintes ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro.- O 17/07/2014 a empresa Gas Galicia SDG SA presentou a solicitude de autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal da Fonsagrada (Lugo). Segundo consta no proxecto presentado, cuxo orzamento ascende a 468.025 €, as características básicas das instalacións son as seguintes: A subministración de gas natural farase cun módulo de regasificación de GNL (gas natural licuado), con depósito de almacenamento de 60 m3 e cuxa instalación está prevista na parcela de referencia catastral 27018A17900166. A rede de distribución terá o seu inicio neste módulo, dende o que partirá un eixo principal que posteriormente se dividirá en diferentes ramais de menor diámetro para cubrir axeitadamente a demanda de gas das diferentes áreas do núcleo urbano, empregándose tubaxe de polietileno. O nivel de presión a adoptar elixirase tendo en conta parámetros como o tipo de consumo a subministrar ou o número total de clientes potenciais. Segundo.- O 01/09/2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se iniciou o trámite de competencia para o outorgamento da dita autorización administrativa, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril. Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 24/09/2014 e, durante o prazo establecido (30 días), non se presentaron outras solicitudes en concorrencia. En consecuencia, continuouse co procedemento de outorgamento de autorización administrativa solicitada pola empresa Gas Galicia SDG SA. Terceiro.- O 14/04/2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se someteu a información pública o proxecto de autorización administrativa, promovido por Gas Galicia SDG SA, para a distribución de gas natural na Fonsagrada (expediente IN627A 2014/27-0). Esta resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 23/06/2015, no Boletín Oficial da Provincia do 25/05/2015 e nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso do 28/05/2015, e tamén estivo exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Fonsagrada. Durante o período de información pública legalmente establecido para este proxecto de autorización administrativa non se presentaron alegacións. Cuarto.- O 17/04/2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas trasladou unha separata técnica do citado proxecto de autorización administrativa presentado por Gas Galicia SDG SA ao Concello da Fonsagrada, pola súa condición de Administración con bens e dereitos afectados e para os efectos de obter o seu informe ao respecto. Este concello non contestou á petición de informe, nin á súa reiteración, entendéndose en consecuencia a súa conformidade, de acordo co disposto no artigo 80 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; todo isto, sen prexuízo da autorización que, se é o caso, lle

2

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

corresponda outorgar. Quinto.- O 08/09/2015 a Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en adiante, xefatura territorial) emitiu informe sobre o proxecto de autorización administrativa, promovido por Gas Galicia SDG SA, para a distribución de gas natural na Fonsagrada, no que se fai constar a necesidade de atender as seguintes observacións: A respecto do mallado da rede: concretar a orixe, percorrido e fin, indicando o nome das rúas a gasificar e a lonxitude dos tramos. A respecto da Planta de GNL: un maior nivel de concreción, incluíndo como mínimo o esixido na ITC ICG-04 “Plantas Satélite de GNL”. A respecto da parcela proxectada para a instalación da Planta de GNL: xustificar o cumprimento das distancias mínimas de seguridade fixadas na norma UNE 60210 “Plantas Satélite de GNL”, tendo en conta que no predio que linda polo sueste existe unha industria de fabricación, almacenamento e distribución de pensos. A respecto do estudo básico de seguridade e saúde: reflectir unha serie de normativa de seguridade e saúde ou, no seu caso, presentar un estudo de seguridade e saúde. Sexto.- O 11/04/2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas deulle traslado a Gas Galicia SDG SA do citado informe da xefatura territorial, para os efectos de que atendese as observacións sinaladas no mesmo. Como contestación a este requirimento, Gas Galicia SDG presentou a correspondente documentación complementaria en datas 07/06/2016 e 28/09/2016. FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro.- A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de Autonomía de Galicia; no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas e a súa asignación á Consellería de Industria, Enerxía e Comercio; no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria; en relación coa Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos; co Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural; co Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP); coa Orde da Consellería de Industria e Comercio do 30/11/1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas; coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común; e coa Lei 39/2015, do 1 de decembro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas. Segundo.- A respecto do informe emitido pola xefatura territorial sobre el expediente de referencia (IN627A 2014/27-0), ao que se fai referencia nos antecedentes de feito quinto e sexto desta resolución, considérase o seguinte: As observacións relacionadas coa Planta de GNL e co estudo básico de seguridade e saúde pódense atender na fase de aprobación do proxecto de execución. A observación relacionada co mallado da rede foi atendida coa Addenda ao proxecto de autorización administrativa, presentada por Gas Galicia SDG SA. Esta addenda inclúe unha memoria e un plano a escala 1:2000, reflectindo en ambos documentos o nome das rúas a gasificar e a lonxitude dos seus tramos. A observación relacionada coa parcela proxectada para a instalación da Planta de GNL foi atendida co Estudo de viabilidade para a dita instalación, presentado por Gas Galicia SDG SA. Neste estudo xustifícase o cumprimento das distancias mínimas de seguridade esixidas na norma UNE 60210 Plantas Satélite de Gas Natural Licuado. Terceiro.- No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. De acordo con todo o indicado, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas RESOLVE: Outorgar a Gas Galicia SDG SA a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal da Fonsagrada (Lugo), con suxeición ás seguintes condicións: Primeira.- A empresa Gas Galicia SDG SA constituirá no prazo de dous meses, a contar dende a notificación desta resolución, unha fianza por valor de 9.360,5 €, importe do 2% do orzamento das instalacións, para garantir o cumprimento das súas obrigas, conforme ao previsto no artigo 73.4 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, e no artigo 82 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro.

3

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

Esta fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións. Segunda.- Dentro do prazo de tres meses, contado a partir da notificación desta resolución, a empresa Gas Galicia SDG SA deberá solicitar ante esta dirección xeral a aprobación do proxecto de execución, para o que deberá presentar o proxecto de execución das instalacións e, se é o caso, as separatas técnicas correspondentes. Neste proxecto de execución deberanse atender as dúas observacións do informe da xefatura territorial, que non foron atendidas nesta fase de autorización administrativa, e que están relacionadas coa Planta de GNL e co Estudo básico de seguridade e saúde. Terceira.- A autorización administrativa que se outorga afecta ao termo municipal da Fonsagrada, na provincia de Lugo, e contempla a gasificación do núcleo de poboación da Fonsagrada de acordo coas especificacións e planos que figuran na documentación técnica seguinte, presentada por Gas Galicia SDG SA e asinado pola enxeñeira industrial Isabel Fernández Romero (Colexiada nº 16.707 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Madrid: “Proxecto de autorización administrativa de distribución de gas natural no termo municipal da Fonsagrada (Lugo) - Abril 2015”. Addenda ao proxecto de autorización administrativa de distribución de gas natural no termo municipal da Fonsagrada (Lugo) - Maio 2016”. Estudo de viabilidade para implantación dun módulo de GNL na Fonsagrada - Agosto 2016”. Cuarta.- Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. Quinta.- A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto esta autorización por incumprimento das condicións estipuladas, pola facilitación de datos inexactos ou por calquera outra causa legal ou regulamentaria que así o prevexa. Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente. Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2016.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces R. 3903

XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO Anuncio Resolución do 12 de decembro de 2016 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Triacastela. (expediente IN407A 2016/76-2-8385-AT) Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe: - Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A. - Domicilio Social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense - Denominación: ampliación de potencia CT (72AH35-albergue Triacastela) lugar Triacastela Ramil - Situación: concello de Triacastela - Características técnicas: 1. Substitución do transformador existente (100 Kva) no CTI albergue Triacastela (27AH35) por outro de 160 kva e relación de transformación de 20.000/400-230V. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e

4

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 12 de decembro de 2016.- Pilar Fernández López, Xefa territorial de Lugo R. 3904

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ÁREA DE RECURSOS HUMANOS Anuncio RESOLUCIÓN DA PRESIDENCIA DE DATA 26 DE DECEMBRO DE 2016 POLA QUE SE APROBA A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2016. “1.- ANTECEDENTES: Os artigos 91 da Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local (L.R.B.R.L.), 233 da Lei de Administración Local de Galicia e 128.1 do Real Decreto Lexislativo 781/86, establecen que as Entidades Locais aprobarán e publicarán a Oferta de Emprego Público (OEP) de conformidade cos criterios fixados pola normativa básica estatal. O artigo 34.1. g) da Lei 7/1985, de 2 de abril RBRL, sinala que lle corresponde ao Presidente da Deputación aprobar a Oferta de Emprego Público de acordo co Orzamento e o Cadro de Persoal aprobados polo Pleno. O Orzamento desta Deputación Provincial foi aprobado inicialmente polo Pleno en sesión celebrada o 23 de febreiro do 2016, quedando aprobado definitivamente, en sesión plenaria, celebrada o 27 de xuño do 2016 e, posteriormente, fíxose a súa publicación regulamentaria, no BOP nº 149, do día 30 de xuño de 2016, e a través daquel, os Cadros de Persoal funcionario e laboral desta Entidade, no que constan as prazas vacantes. 2.- NORMATIVA ESPECÍFICA REGULADORA DAS OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO: O artigo 70 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP), establece: “Oferta de Emprego Público. 1. As necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deban proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso serán obxecto da Oferta de Emprego Público, ou a través doutro instrumento similar de xestión da provisión das necesidades de persoal, o que comportará a obriga de convocar os correspondentes procesos selectivos para as prazas comprometidas e ate un 10 % adicional, fixando o prazo máximo para a convocatoria destes. En todo caso, a execución da Oferta de Emprego Público ou instrumento similar deberá desenvolverse dentro do prazo improrrogable de tres anos. 2. A Oferta de Emprego Público ou instrumento similar, que se aprobará anualmente polos órganos de Goberno das Administracións Públicas, deberá ser publicada no Diario Oficial correspondente. 3. A Oferta de Emprego Público ou instrumento similar poderá conter medidas derivadas da planificación de recursos humanos.” O artigo 20 da Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016, establece nos seus apartados 1, 2, 5 e 6 (básicos): “Un. 1 Ao longo do exercicio 2016 unicamente poderase proceder, no sector público delimitado no artigo anterior, a excepción das sociedades mercantís públicas entidades públicas empresariais, fundacións do sector

5

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

público e consorcios participados maioritariamente polas Administracións e Organismos que integran o Sector Público, que se rexerán polo disposto nas disposicións adicionais décima terceira, décimo cuarta e décima quinta, respectivamente, desta Lei e dos Órganos Constitucionais do Estado, á incorporación de novo persoal con suxeición aos límites e requisitos establecidos nos apartados seguintes, agás a que poida derivarse da execución de procesos selectivos correspondentes a Ofertas de Emprego Público de exercicios anteriores ou de prazas de militares de tropa e mariñeiría profesional necesarias para acadar os efectivos fixados na disposición adicional décima cuarta. A limitación contida no parágrafo anterior alcanza ás prazas incursas nos procesos de consolidación de emprego previstos na disposición transitoria cuarta do Estatuto Básico do Empregado Público. 2. Respectando, en todo caso, as dispoñibilidades orzamentarias do Capítulo I dos correspondentes orzamentos de gastos, nos seguintes sectores e administracións a taxa de reposición fixarase ata un máximo do 100 por cento: (…) F) Ás Administracións Públicas respecto do asesoramento xurídico e a xestión dos recursos públicos. (…) 3. Nos sectores e Administracións non recollidos no apartado anterior, a taxa de reposición fixarase ata un máximo do 50 por cento. 4. Para calcular a taxa de reposición de efectivos, a porcentaxe máxima á que se refire o apartado anterior aplicarase sobre a diferenza resultante entre o número de empregados fixos que, durante o exercicio orzamentario de 2015, deixaron de prestar servizos en cada un dos sectores, ámbitos, corpos ou categorías, previstos no apartado anterior e o número de empregados fixos que se houberan incorporado nos mesmos, no referido exercicio, por calquera causa, excepto os procedentes de ofertas de emprego público, ou reingresado desde situación que non conleven a reserva de postos de traballo. A estes efectos, computaranse os ceses na prestación de servizos por xubilación, retiro, falecemento, renuncia, declaración en situación de excedencia sen reserva de posto de traballo, perda da condición de funcionario de carreira ou a extinción do contrato de traballo ou en calquera outra situación administrativa que non supoña a reserva de posto de traballo ou a percepción de retribucións con cargo á Administración na que se cesa. Non computarán dentro do límite máximo de prazas derivado da taxa de reposición de efectivos, aquelas prazas que se convoquen para a súa provisión mediante procesos de promoción interna. (...) CINCO. A validez da autorización contida no apartado Un.2 deste artigo estará condicionada a que as prazas resultantes da aplicación da taxa de reposición de efectivos definida no apartado Un.3, inclúanse na Oferta de Emprego Público que, de conformidade co establecido no apartado 2 do artigo 70 da lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público deberá ser aprobada polos respectivos órganos de Goberno das Administracións Públicas e publicarase no Boletín Oficial da Comunidade Autónoma ou, no seu caso, do Estado, antes da finalización do ano 2016. A validez da autorización contida no apartado Un.2 deste artigo estará condicionada a que a convocatoria das prazas se efectúe, mediante a publicación da mesma no Diario oficial da Comunidade Autónoma ou, no seu caso, do estado, no prazo improrrogable de tres anos, a contar desde a data da publicación da Oferta de Emprego Público na que se inclúan as citadas prazas, cos requisitos establecidos no parágrafo anterior, de conformidade co disposto no apartado 1 do artigo 70 da lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. SEIS. A taxa de reposición de efectivos correspondente a un ou varios dos sectores prioritarios definidos no artigo 20.Un.2 poderá acumularse noutro ou outros dos sectores contemplados no citado precepto ou naqueles Corpos, Escalas ou categorías profesionais dalgún ou algúns dos mencionados sectores, cuxa cobertura se considere prioritaria ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais. SETE. Os apartados Un, Dous, Cinco e Seis deste artigo teñen carácter básico e dítanse ao amparo dos artigos 149.1.13ª e 156.1 da Constitución. (…)” O artigo 10.4 do EBEP sinala tamén: “No suposto previsto na letra a) do apartado 1 deste artigo (existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira), as prazas vacantes desempeñadas por funcionarios interinos deberán incluírse na oferta de emprego correspondente ao exercicio en que se produce o seu nomeamento e, se non fora posible, na seguinte agás que se decida a súa amortización.” O artigo 37 do EBEP, establece no punto 1, apartado “l”, que serán obxecto de negociación na Mesa Xeral: “Os criterios xerais sobre ofertas de emprego público”. O artigo 59.1 do EBEP sinala tamén:

6

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

“Nas ofertas de emprego publico reservarase un cupo non inferior ao 5 por 100 das vacantes para ser cubertas entre persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no apartado 2 do artigo 1 da lei 51/2003, de 2 de decembro, de Igualdade de Oportunidades, non Discriminación e accesibilidade Universal das Persoas con Discapacidade, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade e a compatibilidade co desempeño das tarefas, de modo que progresivamente se alcance o 2 por 100 dos efectivos totais en cada Administración Pública”. 3.- PROPOSTA DE ACORDOS DA MESA XERAL DE NEGOCIACIÓN (MXN), SOBRE CRITERIOS XERAIS PARA ELABORAR A OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO: Consecuencia de todo o sinalado; analizadas as necesidades de recursos humanos desta Deputación; resultando que nos Cadros de persoal funcionario e laboral desta Entidade, aprobados inicialmente en Sesión Plenaria, en sesión celebrada o 23 de febreiro do 2016, quedando aprobado definitivamente, en sesión plenaria, celebrada o 27 de xuño do 2016 e, posteriormente, fíxose a súa publicación regulamentaria, no BOP nº 149, do día 30 de xuño de 2016, existen as prazas vacantes que seguidamente se relacionan e na Relación de Postos de Traballo (RPT) vixente os postos de traballo que se corresponden coas citadas prazas; resultando tamén que as prazas e postos a que se deixa feito referencia están dotadas orzamentariamente; resultando que dos antecedentes que constan no Servizo de Recursos Humanos a Taxa de Reposición de Efectivos para o ano 2016 ascende a 14 efectivos na Deputación Provincial. En cumprimento do establecido nos artigos 36.3 e 37.1 l) do EBEP, procedeuse a someter á Mesa Xeral de Negociación Común (persoal funcionario e persoal laboral) da Deputación Provincial de Lugo a aprobación dos criterios xerais desta Oferta de Emprego para o ano 2016, nas reunións celebradas os días 4 e 25 de novembro e 14 e 16 de decembro do 2016, recibindo o respaldo maioritario da representación sindical e unitaria, co seguinte contido: 1º.- Criterios que rexerán a OEP: 1. A OEP da Deputación conterá as prazas de persoal de novo ingreso (quenda libre) e prazas cuxo proceso selectivo realizarase ao amparo do previsto na Disposición Transitoria 4ª (Consolidación de Emprego Temporal). Consecuencia do sinalado anteriormente, os procesos selectivos realizaranse en dúas quendas: a. b.

2.

Quenda libre ordinaria na que poderán participar todos os que reúnan os requisitos xerais para o acceso ao emprego público, e Quenda libre extraordinaria de Consolidación de Emprego Temporal coas especialidades de participación establecidas pola Disposición Transitoria 4ª do EBEP para aquelas persoas que teñan a condición de empregado público da Deputación Provincial, desempeñando interina ou temporalmente as prazas/postos da correspondente praza de asimilación, con anterioridade ao 1 de xaneiro do 2005. A quenda de acceso libre inclúe un total de 7 prazas.

3. A quenda de Consolidación de Emprego Temporal, que se inclúe obrigatoriamente na Taxa de Reposición de Efectivos total da Entidade, cun total de 7 prazas. 4.

O prazo máximo para a execución da OEP será o establecido no artigo 70 do EBEP.

5. As probas selectivas para a provisión das prazas que se sinalan rexeranse polas bases xerais e específicas que veñen sendo aplicadas nos últimos procesos selectivos, coas adaptacións que esixa a normativa contida no EBEP, os principios contidos neste e as normas de desenvolvemento que se é o caso se diten. 6. Os sistemas de selección serán os de oposición libre para as prazas de acceso libre conforme ao establecido establecidos no artigo 8, apartados 1, 2, 3, 4 e 5 do Regulamento Xeral de Acceso, Carreira e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP nº 226 do 30 de setembro de 2006) e concurso- oposición para as prazas de Consolidación de Emprego Temporal. 7. No non expresado nos puntos anteriores, a Administración rexerase polas normas en vigor e polos criterios que considere máis axeitados dentro das súas potestades de planificación, programación e autoorganización. 8.

As razóns da escolla das prazas que seguidamente se definirán son as seguintes:

I.- Que as prazas veñan sendo desempeñadas interina ou temporalmente. O artigo 10.4 do EBEP xa citada establece: “No suposto previsto na letra a) do apartado 1 deste artigo (existencia de prazas vacantes cando non sexa posible a súa cobertura por funcionarios de carreira), as prazas vacantes desempeñadas por funcionarios interinos deberán incluírse na oferta de emprego correspondente ao exercicio en que se produce o seu nomeamento e, se non fora posible, na seguinte agás que se decida a súa amortización.” Todas as prazas están sendo desempeñadas temporalmente xa sexa por funcionarios interinos, xa sexa por persoal en situación “irregular”, coa excepción da praza do Cupo reservado a persoas con Discapacidade(1 Auxiliar de Administración Xeral), que se convoca para atender ao requirimento legal existente sobre esta

7

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

materia e que o resultado de sumar a porcentaxe de reserva deste ano os restos derivados de Ofertas de Emprego Público de anos anteriores, por este concepto . II.- Dar solución ás situacións do persoal en situación irregular (Plan de Consolidación). III.- Incluír as prazas desempeñadas por persoal interino con base en dous criterios: a) Atender a necesidades inminentes e prioritarias para a Entidade. Seguindo este criterio inclúese a praza de Técnico/a Superior en Arquivística. b) Antigüidade dos nomeamentos interinos Nese sentido, cando existe máis dun efectivo agrúpanse ao obxecto de gañar en eficiencia e facer unha oferta máis atractiva. 2º.- Criterios concretos utilizados para a inclusión na OEP-2016 das prazas que se sinalan a continuación: A) PRAZAS DE ACCESO LIBRE: O artigo 20.2 establece que para acadar o 100 % da taxa de reposición de efectivos debe reforzarse entre outros as prazas de asesoramento xurídico e xestión de recursos públicos. Nese sentido inclúense 3 prazas (2 TAX, 1 Economista) que posibilitan realizar ese asesoramento interno como aos concellos da provincia. Así mesmo, respecto á xestión de recursos públicos, con independencia das funcións que a este respecto se puideran realizar desde prazas anteriores, resulta imprescindible postos de colaboración, incorporándose 2 prazas de Administrativo e 1 de Auxiliar reservada a persoal con capacidades diferentes. A maiores incorpórase unha de Técnico Superior en Arquivística dado que a Arquiveira actual figura en prolongación de servizo activo, resultando imprescindible que se incorpore con carácter definitivo un efectivo que asuma esa responsabilidade. B) CONSOLIDACIÓN DE EMPREGO TEMPORAL. A Deputación acordou, en sesións da Mesa Xeral de Negociación, celebradas os días 4, 10 e 16 de novembro do 2011,un Plan de Consolidación de Emprego Temporal, que contemplou a creación das prazas necesarias, na modificación do cadro de persoal para o ano 2012, cuxa execución non puido realizar por impedilo as derradeiras Leis de Orzamentos Xerais do Estado. Esta situación mudou dado que a Lei 48/2015 de 29 de outubro permite exercer estes plans, se ben o mínimo de prazas deberá estar incluído dentro dos límites da TRE. O plan que ten aprobado a Deputación inclúe 7 prazas que polo seu contido responden aos mesmos criterios que as incluídas na quenda de acceso libre ordinario. Así responde a criterios de asesoramento xurídico (preferentemente) as prazas de TAX, Técnico Xestión. O resto das prazas, 3 Auxiliares Administrativos, 1 Auxiliar de Atención ao Cidadán son prazas que colaboran na xestión de recursos públicos. A praza de Enxeñeiro Técnico Agrícola fai funcións de Axente de Emprego e Desenvolvemento Local e xestiona a enquisa de Infraestruturas e Obras da provincia, función imprescindible para a elaboración dos Plans Provinciais. 2º. Contido da OEP da Deputación Provincial, do Réxime Xurídico Administrativo: I. PRAZAS DE ACCESO LIBRE: PRAZA TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVISTA



POSTO

868 TÉCNICO SUPERIOR ARQUIVISTA

Nº 1346

TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

20 TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

1156

TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

15 TÉCNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL

1304

ECONOMISTA

9 ECONOMISTA

1261

ADMINISTRATIVO A.X.

I84 ADMINISTRATIVO A.X.

I129

ADMINISTRATIVO A.X.

I228 ADMINISTRATIVO A.X.

1294

8

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

II. PRAZAS DE CUPO DE PERSOAS CON CAPACIDADES DIFERENTES (DISCAPACITADOS/AS): AUXILIAR A.X.

778

AUXILIAR A.X.

1143

III. CONSOLIDACIÓN EMPREGO TEMPORAL: PRAZA



POSTO



TAX

828

Axente Emprego e Desenvolvemento Local

1255

TÉCNICO XESTIÓN

I165

Coordinadora Taller e Acc. Formativas

ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA

823

Axente Desenvolvemento Local

1250

AUXILIAR A.X.

824

Auxiliar

1251

AUXILIAR A.X.

825

Auxiliar

252

AUXILIAR A.X.

826

Auxiliar

253

AUXILIAR ATENCIÓN CIDADÁ

829

Auxiliar Atención Cidadá

256

I171

Atendendo a canto antecede, esta Presidencia, en uso das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Resolve aprobar a Oferta de Emprego Público da Deputación Provincial de Lugo co contido de prazas anteriormente enumeradas”. O que se fai público en cumprimento do determinado no artigo 70.2, do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro, do Estatuto Básico do Empregado Público, coa indicación de que a presente Resolución é definitiva, polo que contra esta os interesados poderán interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia, ou recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso administrativo de Lugo, no prazo de dous meses dende a citada publicación, e na forma prevista na lexislación reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se estime procedente. Pazo Provincial de Lugo, 26 de decembro de 2016.- O Secretario, Don Manuel Castiñeira Castiñeira. R. 3964

CONCELLOS BARALLA Anuncio Aprobado incialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 22 de decembro de 2016, o presuposto xeral para o exercicio económico de 2017, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría deste concello, polo prazo de quince días hábiles, que comezará a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente da Corporación. Baralla, 23 de Decembro de 2016.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón R. 3923

CERVANTES Anuncio Aprobado inicialmente por el Pleno de la Corporación el Presupuesto General para el ejercicio económico de 2017 y la plantilla de personal para dicho ejercicio, en cumplimiento de lo dispuesto en el art. 169.1 del Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley Reguladora de las Haciendas Locales, y disposiciones concordantes, se expone al público en la Secretaría de este Ayuntamiento, por plazo de quince días hábiles - que empezará a contarse desde el siguiente al de la inserción del presente

9

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

edicto en el Boletín Oficial de la Provincia-, a fin de que durante el mismo puedan formularse las reclamaciones que se consideren pertinentes, las cuales deberán ser dirigidas al Sr. Alcalde - Presidente de esta Corporación. Cervantes, a 22 de diciembre de 2016.- O Alcalde R. 3926

O INCIO Anuncio Durante el período comprendido entre el 22 de diciembre de 2016 y el 22 de febrero de 2017, se encuentran disponibles para el cobro en las oficinas municipales, en horario de 09:00 a 14:00, las cuotas correspondientes al IMPUESTO DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS, ejercicio 2016. Transcurrido el plazo de ingreso voluntario sin que se haya satisfecho la deuda se iniciará el período ejecutivo, de acuerdo con lo establecido en los artículos 26, 28 y 161 de la Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria, lo que determinará la exigencia de los intereses de demora, así como los recargos que correspondan y, en su caso, de las costas del procedimiento de apremio. CONCEPTO TRIBUTARIO

EJERCICIO

IMPUESTO ACTIVIDADES ECONÓMICAS

2016

CUOTA (EUROS)

O Incio, 14 de diciembre de 2016.- A Alcaldesa, Laura Celeiro García R. 3907

MONDOÑEDO Anuncio A Xunta de Goberno Local deste Concello na sesión do 16 de Decembro aprobou o Padrón da TAXA POR RECOLLIDA DO LIXO DO 6º BIMESTRE DO 2016. De conformidade co establecido na Lei Xeral Tributaria e nas Ordenanzas Municipais reguladoras, EXPONSE AO PUBLICO o devandito padrón para que as persoas interesadas, no PRAZO DE QUINCE DIAS contados a partires do anuncio no B.O.P., poidan examinalo e formularen as reclamacións que estimen oportunas. Asemade, faise saber que a taxa obxecto deste anuncio estará ó cobro en PERIODO VOLUNTARIO na oficina de Recadación Municipal, sita na Casa Consistorial, de luns a venres, dende o día 1 de Xaneiro ó 28 de Febreiro, en días hábiles. Rematado o prazo en período voluntario os recibos non pagados serán cargados aos Servicios de Recadación da Excma. Diputación Provincial de Lugo para a súa exacción pola vía de constrinximento cos recargos e demais conceptos esixibles (intereses, costas, etc.) de conformidade co disposto no artg. 97 e seguintes do R.X. de Recadación. Mondoñedo, 19 de Decembro do 2016.- O Tte. Alcalde, R. 3909

MONTERROSO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 14/12/16, aprobáronse os Padróns Tributarios das taxas pola prestación do servizo de augas, sumidoiro e depuración, lixo e Canon de auga da Xunta, correspondentes ao 4º trimestre do exercicio 2016, así como a apertura dun período de información pública por prazo de un mes a partir da publicación do presente edicto no B.O.P. durante o cal todos os interesados poderán consultar o seu contido na Secretaría do Concello e presentar as alegacións que estimen oportunas. Queda aberto o prazo de cobro en período voluntario dende o día 1 de xaneiro de 2017 ó 17 de febreiro de 2017. Contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións de tributos municipais incorporadas a éste, poderase formular recurso de reposición ante esta Xunta de Goberno Local, no prazo de un mes contado dende o día seguinte ao de finalización do período de exposición ao público do padrón de contribuíntes ou ben recurso contenciosoadministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, sen que poidan interpoñerse

10

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

ambos simultaneamente. Transcorrido o período de pago en voluntaria as débedas co municipio serán esixidas polo procedemento de constrinximento co correspondente recargo de mora e costas que se produzan, no seu caso. A falta de pagamento do Canon da Auga da Xunta no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ao abeiro do establecido nos artigos 102 da Lei Xeral Tributaria e 23 e 24 do RD 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación. Monterroso, 15 de decembro de 2016.- O Alcalde-Presidente, Miguel Rico Gómez R. 3910

PORTOMARÍN Anuncio ALLEAMENTO DE PARCELAS DE PROPIEDADE MUNICIPAL SITAS NO POLIGONO INDUSTRIAL E COMERCIAL DE PORTOMARIN MEDIANTE POXA A ALZA Na Xunta de Goberno Local de data 09-12-16 acordase a adxudicación do contrato de compravenda da parcela nº30, por ser a oferta económica máis vantaxosa, a favor de D José Castaño Vázquez por o prezo de catorce mil catrocentos trinta e dous euros. Por Resolución da Alcaldía de data 14-12-16 acordase a adxudicación do contrato de compravenda das parcelas nº13 e nº16, por ser a oferta económica máis vantaxosa, a favor de D José Pérez López por o prezo de setenta e dous mil novecentos sete euros con corenta e catro centimos de euro e nove mil douscentos euros con corenta centimos de euro respectivamente. Portomarin quince de decembro de dous mil dezaseis.- O Alcalde, JUAN CARLOS SERRANO LÓPEZ R. 3911

SAMOS Anuncio Aprobados pola Xunta de Goberno Local en sesión de 15/12/2016, os padróns municipais dos Prezos Públicos polos servizo de axuda no fogar e polos servizos de axuda no fogar e vivendas comunitarias/apartamento tutelado, correspondentes a NOVEMBRO de 2016, expoñense ao público polo prazo de 15 días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O.P., rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados. O cobro dos mesmos realizarase mediante ingreso dos contribuintes na conta do Concello no Banco Pastor, Banco Santander ou BBVA. Fixanse como periodo de cobro en voluntaria: *Do Prezo Público polo servizo de axuda no fogar con carácter posterior á prestación do servizo é carácter especifico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte. *Do Prezo Público polo servizo de vivendas comunitarias e apartamento tutelado o prazo de cinco dias, dende o seguinte a exposición deste anuncio no BOP. Este anuncio ten carácter de notificación colectiva ó amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados poderán examinar e formular contra os actos que se notifican ante a Xunta de Goberno Local deste Concello, recurso de reposición previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a contar dende a exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. Transcurrido o periodo de pago en voluntaria as debedas serán esixidas polo procedemento de apremio a través do servizo provincial de recaudación En Samos, a 16 de decembro de 2016.- ALCALDE PRESIDENTE, JULIO GALLEGO MOURE. R. 3914

11

Núm. 297 – Miércoles, 28 de Diciembre de 2016

B.O.P de Lugo

O VICEDO Anuncio Por resolución da Alcaldía de 19 de decembro de 2016 prestouse aprobación ás bases para a selección, mediante concurso oposición, dun axente TIC, a xornada parcial (20 horas /semana), como persoal laboral temporal do Concello do Vicedo para a aula CEMIT do Vicedo. O prazo para a presentación de solicitudes é de dez días naturais, o cal se computará a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Todas aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo poderán retirar copia das bases no rexistro xeral do Concello do Vicedo, no blog de emprego do Concello no seguinte enderezo: empregovicedo.blogspot.com. ou na páxina web do Concello: www.concellodovicedo.org O Vicedo, 19 de decembro de 2016.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez R. 3915

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 28.12.2016 16:41:51 CET Razón: Localización: España