MÉRCORES, 20 DE SETEMBRO DE 2017
Nº 217
XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS Anuncio Resolución do 22 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta, do 3 de agosto de 2017, polo que se outorgan a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Canedo, emprazado nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido pola sociedade Galfor Eólica, S.L. (LU-11/136-EOL). En cumprimento do disposto nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta, do 3 de agosto de 2017, polo que se outorgan a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Canedo, emprazado nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido pola sociedade Galfor Eólica, S.L. (LU-11/136-EOL). Santiago de Compostela.- O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces ANEXO Acordo do Consello da Xunta, do 3 de agosto de 2017, polo que se outorgan a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Canedo, emprazado nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido pola sociedade Galfor Eólica, S.L. (LU-11/136-EOL). Examinado o expediente iniciado por solicitude de Galfor Eólica, S.L. en relación coa autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Canedo (en adiante o parque eólico), constan os seguintes ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG nº 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico, cunha potencia de 13,5 MW e promovido por Galfor Eólica, S.L. (en adiante o promotor). Segundo. O 24.06.2011, o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a inclusión no réxime especial para o parque eólico. Terceiro. O 10.11.2011, o promotor solicitou unha modificación do proxecto consistente, de forma xeral, nun desprazamento do parque eólico. Cuarto. O 08.03.2012, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou as modificacións de proxecto do parque eólico. Quinto. O 19.06.2012, para os efectos de continuar coa tramitación do expediente, o promotor presentou o proxecto de execución, o proxecto sectorial, o estudo de impacto ambiental do parque eólico e a relación de bens e dereitos afectados actualizados, nos cales se recollen as modificacións autorizadas o 08.03.2012 pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Sexto. O 23.08.2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo (en adiante a xefatura territorial) emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución do parque eólico. Sétimo. O 14.09.2012, o Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial informou que non existe ningún dereito mineiro afectado pola poligonal do parque eólico.
2
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Oitavo. Por Resolución do 21 de setembro de 2012, da xefatura territorial, someteuse a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico. A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no xornal El Progreso, todos eles do 31.10.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Alfoz e Mondoñedo), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Durante o período de información pública a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Figueiras, representada por Leonardo Eiroá Rivas, presentou dúas alegacións co seguinte contido: 1. Na primeira delas, presentada o 08.11.2012, manifesta que non existe xustificación da necesidade do inicio dun proceso de declaración de utilidade pública, posto que na documentación exposta a información pública, non se xustifican os motivos polos que non foi posible chegar a un acordo que evite o inicio do mencionado proceso e a posible expropiación dos bens e dereitos afectados, tal e como establece o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. A xuízo dos alegantes, a Consellería de Economía e Industria non poderá conceder a declaración de utilidade pública ao proxecto. Por último, solicitan que se teñan en conta as alegacións presentadas e se lles considere como parte interesada para os efectos de futuras notificacións, información e audiencia. 2. Na segunda alegación, presentada o 22.11.2012, expón que existe un erro na atribución da titularidade dunha parcela incluída na relación de bens e dereitos afectados, posto que actualmente esta parcela se atopa dividida entre a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Figueiras e a Comunidade de Veciños de Couboeira. Así mesmo, xunta documentación acreditativa e solicita que se rectifique a titularidade do terreo. Noveno. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Mondoñedo, Retegal e Retevisión I, S.A. Décimo. O 10.10.2012, Retegal emitiu condicionado técnico, propoñendo o desprazamento dos aeroxeradores CAN 02 e CAN 03, por afectar estes á rede da mencionada entidade. O 22.11.2012, o promotor achegou a súa resposta. Posteriormente, o 09.04.2013, o promotor achegou unha nova resposta propoñendo dúas posicións alternativas para os aeroxeradores mencionados no condicionado de Retegal. O 24.05.2013, Retegal emitiu un novo condicionado técnico, establecendo que pese a non observar obstrucións directas nos sinais de televisión da TDT, se unha vez executado o parque eólico as houbese, o promotor deberá adoptar as medidas axeitadas para restablecer a calidade e a correcta recepción dos sinais da TDT. O cal se lle trasladou ao promotor, que achegou a súa resposta o 20.06.2013. Décimo primeiro. O 22.10.2012, Retevisión I, S.A. emitiu o condicionado técnico ao respecto do parque eólico. O 04.12.2012, o promotor aceptou as consideracións efectuadas pola mencionada entidade. Décimo segundo. O 26.04.2013 e o 14.11.2012, a xefatura territorial reiterou a solicitude de informe, feita o 24.09.2012, ao Concello de Mondoñedo. Décimo terceiro. O 25.06.2013, a xefatura territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento. Décimo cuarto. O 02.07.2014, o promotor achegou a Adenda ao Estudo de Impacto Ambiental. Décimo quinto. O 06.10.2014, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou as modificacións de proxecto do parque eólico. Estas modificacións veñen motivadas polo condicionado técnico emitido por Retegal o 10.10.2012 e polas consideracións efectuadas polo Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. As ditas modificacións consisten, de forma xeral, no desprazamento de dous aeroxeradores e da torre meteorolóxica. Décimo sexto. O 03.11.2014, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a Declaración de Impacto Ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 12 de xaneiro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 26, do 9 de febreiro de 2015). Décimo sétimo. O 02.10.2015, para os efectos de continuar coa tramitación do expediente, o promotor presentou o proxecto de execución, o proxecto sectorial e a relación de bens e dereitos afectados actualizados, nos cales se recollen as modificacións autorizadas o 06.10.2014 pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas. Décimo oitavo. O 04.11.2015, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto.
3
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Décimo noveno. O 11.12.2015, a Agencia Estatal de Seguridad Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, establecendo o correspondente condicionado. Vixésimo. O 21.12.2015, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe ao que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. Vixésimo primeiro. O 07.06.2017, o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación co Proyecto de Ejecución parque eólico Canedo. Septiembre 2015. Vixésimo segundo. O 19.06.2017, o Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais emitiu o informe ao que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes FUNDAMENTOS DE DEREITO Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polo artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola que se modifica a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental. Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte á disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, e demais normas vixentes de aplicación. Terceiro. Con data 19.06.2017, o Servizo de Montes Veciñais en Man Común e Estruturas Forestais informou favorablemente a construción do parque eólico aceptando a medida compensatoria proposta polo promotor en abril de 2017. Cuarto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, indicadas no antecedente de feito oitavo, visto o seu contido e a resposta efectuada polo promotor, cómpre manifestar o seguinte: -
-
En relación coa primeira delas, compre indicar que na relación de bens e dereitos afectados actualizada, presentada o 02.10.2015, o promotor manifestou que tiña realizado os correspondentes contactos e xestións cos titulares dos bens e dereitos afectados polo proxecto, coa finalidade prevista no artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pero que o resultado obtido fora negativo, non permitindo acadar acordos coas persoas interesadas. Non obstante, manifesta a súa vontade de continuar, ata o último momento do procedemento, traballando e desenvolvendo as actuacións necesarias para acadar estes acordos. Respecto á segunda alegación, tomouse razón dos datos relativos á titularidade da parcela, incorporando ao expediente a documentación achegada.
De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte ACORDO Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Canedo emprazado nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e promovido pola sociedade Galfor Eólica, S.L., cunha potencia de 13,5 MW. Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción ao Proyecto de Ejecución parque eólico Canedo. Septiembre 2015, asinado polo enxeñeiro industrial Eloy Prada Hervella, colexiado nº 1.898 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes: Solicitante: Galfor Eólica, S.L. Domicilio social: Parque Empresarial Alvedro, C/ E-8, 15180 Culleredo (A Coruña) Denominación: parque eólico Canedo Potencia instalada: 13,5 MW Produción estimada: 43.755 MWh/ano
4
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Concellos afectados: Alfoz e Mondoñedo (Lugo) Orzamento de execución material: 10.408.700,59 euros Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico: Vértice 1 2 3
UTM-X 630.050 631.000 628.400
ED50 Fuso 29 UTM-Y 4.816.900 4.815.300 4.815.300
ETRS89 Fuso 29 UTM-X 629.925,13 630.875,15 628.275,14
UTM-Y 4.816.686,50 4.815.086,51 4.815.086,51
Coordenadas de emprazamento dos aeroxeradores e da torre meteorolóxica: Aeroxerador C1 C2 C3 Torre meteorolóxica
Datum ED50 Fuso 29 UTM-X UTM-Y 629.785 4.816.364 629.807 4.816.100 630.276 4.815.807 630.081 4.816.078
ETRS89 Fuso 29 UTM-X UTM-Y 629.660,14 4.816.150,50 629.682,14 4.815.886,50 630.151,14 4.815.593,50 629.956,14 4.815.864,50
Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación: -
3 aeroxeradores Gamesa G10X de 4.500 kW de potencia nominal unitaria, 150 m de altura de buxa e 150 m de diámetro de rotor. 3 centros de transformación de 5.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, Dyn11, instalados individualmente no interior da torre de cada aeroxerador coas súas correspondentes aparellaxes de seccionamento, manobra e protección. 1 torre meteorolóxica autoportante de 117,5 m de altura, equipadas con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador. Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal e en canalización entubada, para interconexión entre centros de transformación 0,69/20 kV.
Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro). A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións: 1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Galfor Eólica, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 208.174,01 euros, correspondente ao 2% do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por este acordo se aproba. A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. 2. Consonte ao disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Galfor Eólica, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 109.619 euros. A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento. 3. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido. 4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).
5
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba. 6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Galfor Eólica, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade. 7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de cinco meses contados a partir da obtención de tódalas licenzas e permisos. 8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 03.11.2014 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. 9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, que lle resulten de aplicación. 10. A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique. 11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. 12. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente. R. 2557
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio María Ángeles Pedreira Ron, solicita de Augas de Galicia un caudal de 395,73 m3/ano de augas procedente dun manancial, no lugar de Pozos, na parroquia de Santa María, no concello de Lourenzá (Lugo), con destino a rega. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.A27.42301 As características do aproveitamento son: SOLICITANTE:
María Ángeles Pedreira Ron
VOLUME MÁXIMO ANUAL:
395,73 m³
CAUDAL MEDIO:
0,0125 l/seg
CAUDAL MÁX INSTANTÁNEO:
0,053 l/seg
ORIXE:
manancial
LUGAR:
Pozos
PARROQUIA:
Santa María
CONCELLO:
Lourenzá
DESTINO:
uso de regadío
Descrición: A captación da auga realízase mediante unha arqueta (parcela catastral 27027C002001930000DU) e condúcese a un depósito na parcela 238 do polígono 2, zona 2, (parcela catastral 27027C002002380000DM)e dende este depósito á horta e invernadoiro a regar, que están situados na parcela 467 do polígono 2, zona 2, (parcela catastral 27027C002004670000DR) no concello de Lourenzá.
6
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla nº 70-2º andar, 27071, Lugo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 31 de agosto de 2017.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 2693
Anuncio María Inés López Rodríguez solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.56649 As obras solicitadas consisten na rehabilitación dun alpendre situado na referencia catastral 000101300PJ40G0001RS, na zona de policía do río Batán, no lugar de Guxide, na parroquia de San Adriano, no concello de Lourenzá (Lugo). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 04 de setembro de 2017.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 2694
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO Anuncio Resolución do 31 de agosto de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, e declaración de impacto ambiental da instalación eléctrica “LAT. evacuación parque eólico Airas” no concello de Mondoñedo. (Expediente: 009/2011 A.T.) Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do Sector Eléctrico (BOE nº 310 do 27 de decembro), nas disposicións transitorias 1ª e 2ª da dita Lei, no Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310 do 27 de decembro); e na Ley 21/2013 de 9 de decembro de avaliación ambiental (BOE nº. 296 do 11 de decembro) sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, e declaración de impacto ambiental, da instalación eléctrica que se cita: Solicitante: Fergo Galicia Vento S.L. Domicilio: parque Empresarial Alvedro, C/ F-23. 15180 Culleredo (A Coruña) Denominación: liña alta tensión evacuación parque eólico Airas. Situación: concello de Mondoñedo. Finalidade da instalación: evacuar a enerxía producida polos parques eólicos Airas, Canedo e Figueiras. As principais características técnicas da instalación eléctrica son: 1-Liña de alta tensión aérea a 132 kV., cunha lonxitude de 3831 m. en condutor LA-280, simple circuito sobre 14 apoios metálicos, con orixe na subestación do parque eólico de Airas, e final no apoio 10 da LAT. 132 kV. D/C subestación Estelo-parque eólico Mondoñedo. A declaración de utilidade pública, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para aos efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351 do 17 de decembro). A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria expropiación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.
7
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e o documento. “Estudo de impacto ambiental” nesta Xefatura Territorial de Economia, Emprego e Industria, situada no edificio administrativo da Xunta de Galicia, Rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo, ademais o documento “Estudo de impacto ambiental” poderase examinar tamen no concello de Mondoñedo e na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de trinta días, a partir da última publicación. Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE nº. 236, de 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954. Lugo, 31 de agosto de 2017.- A xefa territorial, Pilar Fernández López AFECCION
FINC A Nº
REF. CATASTRAL
PROPIETARIO TIPO CULTIVO
PARAXE POL. Nº
PARC.N º
NOME E APELIDOS
ENDEREZO
APOIO
Nº
VIAL ACCESO
VOO
Superficie Longxtude (m2) (m)
Superficie (m2)
Superficie (m2)
370
8312
401
CONCELLO DE MONDOÑEDO
1
15
298
Pena do Boi
MVMC Figueiras (Leonardo Eiroá Rivas)
San Martin de Figueiras nº 8 27749 Mondoñedo (Lugo) MM
Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia
Calle de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela
AP1 y AP2
157
2
15
41
Calvela
Mª Ibérica Méndez Otero
C\ Cuba 16, Atico P3ª 08917 Badalona, Barcelona
EU
17
371
3
15
313
Catalina
Emilia García Méndez
Figueiras nº 10 27749 - Mondoñedo (Lugo)
EU
31
1124
4
15
33
Catalina
Francisco García Méndez
Orden 3, 27773, Alfoz (Lugo)
MT
81,5
2035
6
15
37
Lavandeira
Mª Celsa Expósito Gómez
Santa Cecilia Madroi, 6 27785 Foz (Lugo)
EU
103,7
3240
7
15
322
Estrigueira
Miguel Vivero Otero
C\ Extremadura 59 Esc 2 1ºI 33210 Gijón.
EU
17,4
510
10
14
459
Estrigueira
César Folgueiro Vizoso
Aldea, 15 Figueiras 27749, Lugo
EU
23,7
724
11
14
458
Estrigueira
Mª Celsa Expósito Gómez
Santa Cecilia Madroi, 6 27785 Foz (Lugo)
FC
20
649
12
14
460
Estrigueira
Mª Justa Amelia Eiroá García
Aldea 13, Figueiras 27749, Lugo
PD
99,6
2537
13
14
476
Estrigueira
Mª Remedios García Fdez.
Aldea 11, Figueiras 27749, Lugo
PD
0
270
14
14
469
Estrigueira
Ramona Rejes Palacios
Romeo 11, Figueiras 27749, Lugo
C, FG
20,4
491
AP3
AP4
76
62
335
8
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
AFECCION
FINC A Nº
REF. CATASTRAL
PROPIETARIO TIPO CULTIVO
PARAXE NOME E APELIDOS
APOIO
VIAL ACCESO
VOO
POL. Nº
PARC.N º
15
14
471
O Brañon
Lidia García Fdez.
C/ Cataluña 13, 33208 Gijon
PD
0
293
16
14
472
O Brañon
Mª Remedios García Fdez.
Aldea 11, Figueiras 27749, Lugo
EU
7,4
375
17
14
470
Estrigueira
Mª Amparo García Méndez
Aldea 6, Figueiras 27749, Lugo
MT
0
30
18
14
473
O Brañon
Lidia García Fdez.
C/ Cataluña 13, 33208 Gijon
EU
83,7
2545
20
14
701
Costa Verde
José González Fdez.
Romeo , 5 Figueiras 27749, Lugo
PD
13,2
405
21
14
700
Cerrado
Lidia García Fdez.
C/ Cataluña 13, 33208 Gijon
EU, FC, I
67,5
2089
Inocente Iglesias Fdez.
Ferreira - Santa Maria Maior - s/n 27742 Mondoñedo (Lugo)
EU
104
3042
EU
0
146
24,5
506
ENDEREZO
Nº
Superficie (m2)
22
14
703
Costa Verde
23
14
1041
Costa Verde
Emilia Méndez Fdez.
Clavos 2, Adelán 27773 Alfoz (Lugo)
25
14
1060
Costa Verde
Mª Sila Vivero Otero
C/ Juan Albar Gonzalez 4, 2º 33208 Gijón.
26
14
667
Folgueirosa
Francisco Garcia Barreira
Figueiras s/n 27749 Mondoñedo
EU
113,6
2513
27
14
1069
Vilariño
Mª Remedios García Fdez.
Aldea 11, Figueiras 27749, Lugo
EU
21
467
28
14
664
Folgueirosa
Josefa García Méndez
Barrio Piñera-100, 33393 Gijón.
MT
0
30
14
671
Castrillon
José Antonio Méndez Fdez.
Romeo, Figueiras 27749, Lugo
EU
31
14
705
Vilariño
Francisco Garcia Fernandez
Orden 3, 27773, Alfoz (Lugo)
EU
32
14
672
Castrillon
Justa Méndez Fdez.
Pías, 3 - Adelán 27773, Alfoz (Lugo)
EU
33
14
673
Castrillon
José González Fdez.
Romeo, 5 Figueiras 27749, Lugo
Rpta. Sr. Fiscal Audiencia Provincial de Lugo.
EU, I
AP5 (34%)
Superficie Longxtude (m2) (m)
AP5 (66 %)
AP6 (7%)
23
45
12
20
434
---
0
239
161
59,5
1754
EU
21,3
904
EU
24,4
957
AP6 (93%)
Descoñecido. 34
14
674
Castrillon
Minerva Fdez. Vivero
35
14
675
Castrillon
Avelino Fdez. Méndez
O Pereiro 27775, Alfoz (Lugo)
EU
21,5
842
36
14
676
Castrillon
Inocente Iglesias Fdez.
Ferreira - Santa Maria Maior - s/n - 27742
EU
19,7
773
Superficie (m2)
9
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
AFECCION
FINC A Nº
REF. CATASTRAL
PROPIETARIO TIPO CULTIVO
PARAXE POL. Nº
PARC.N º
NOME E APELIDOS
ENDEREZO
APOIO
Nº
VIAL ACCESO
VOO
Superficie Longxtude (m2) (m)
Superficie (m2)
Mondoñedo (Lugo)
37
14
677
Castrillon
Alicia Méndez Fdez.
Outeiro - Masma 27749 Mondoñedo (Lugo)
EU
38,4
1504
38
14
678
Castrillon
Enrique Méndez Fdez.
San Martiño de Couto, 1 27556 Taboada (Lugo)
EU
18,3
718
39
14
679
Castrillon
Consuelo Fdez. García
Viloalle 27747 Mondoñedo (Lugo)
EU
20,2
721
40
14
680
Castrillon
Enrique Méndez Fdez.
San Martiño de Couto, 1. 27556 Taboada (Lugo)
EU
3,4
202
41
14
681
Castrillon
Jesús Anello Ares
Ferreira - Santa Maria Maior - s/n - 27742 Mondoñedo (Lugo)
EU
63
2460
EU
0
6
Descoñecido. rpta. Sr. Fiscal Audiencia Provincial de Lugo.
42
14
682
Castrillon
Descoñecido.
43
14
684
Pereiro
Rosario Rejes Barreiro
Figueiras s/n 27749 Mondoñedo (Lugo)
EU
24,5
997
45
14
685
Pereiro
Generoso García Casabella
Figueiras s/n 27749 Mondoñedo (Lugo)
EU
18
661
46
14
686
Pereiro
Carmen Méndez García
San Martiño de Figueiras, 8 27749, Lugo
EU
22,5
884
47
14
687
Castrillon
Alicia Méndez Fdez.
Outeiro - Masma 27749 Mondoñedo (Lugo)
EU
21
820
48
14
688
Pereiro
José Mª García Méndez
Figueiras s/n 27749 Mondoñedo (Lugo)
EU
AP7 (43%)
41
19,3
620
Castrillon
Enrique Méndez Fdez.
San Martiño de Couto, 1. 27556 Taboada (Lugo)
EU
AP7 (57%)
55
20,3
458
EU
0
114
EU
71
1780
49
14
690
Descoñecido 50
14
691
Vilariño
Descoñecido
51
14
693
Castrillon
Jesús Anello Ares
rpta. Sr. Fiscal Audiencia Provincial de Lugo Ferreira - Santa Maria Maior - s/n 27742 Mondoñedo (Lugo)
Superficie (m2)
10
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
AFECCION
FINC A Nº
REF. CATASTRAL
PROPIETARIO TIPO CULTIVO
PARAXE
VIAL ACCESO
VOO
POL. Nº
PARC.N º
52
14
742
Castrillon
Jesús Díaz Pita
C\ Abad Conde 4, 15011 A Coruña.
EU
69,3
1608
53
14
741
Castrillon
Josefa Vázquez Fdez.
Figueiras s/n 27749 Mondoñedo (Lugo)
EU
0
102
55
12
2166
Faluga
Jesús Anello Ares
Ferreira - Santa Maria Maior - s/n - 27742 Mondoñedo (Lugo)
FC
71
1787
56
12
2161
Faluga
Servando Fdez. Pérez
Figueiras s/n 27749 Mondoñedo (Lugo)
EU
58,3
1389
58
12
2165
Faluga
Servando Fdez. Pérez
Figueiras s/n 27749 Mondoñedo (Lugo)
EU
85
2435
MVMC Figueiras (Leonardo Eiroá Rivas)
San Martin de Figueiras nº 8 27749 Mondoñedo (Lugo)
1687,2
49841
Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia
Calle de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela
MVMC Figueiras (Leonardo Eiroá Rivas)
San Martin de Figueiras nº 8 27749 Mondoñedo (Lugo) 83,7
2020
Consellería do Medio Rural. Xunta de Galicia
Calle de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela
59
61
12
12
2440
2441
NOME E APELIDOS
APOIO
ENDEREZO
Lagiza
Nº
MM, MT
Lagiza
AP8
AP9, AP10, AP11, AP12, AP13 y AP14
MM
Superficie Longxtude (m2) (m)
86
431
Superficie (m2)
Superficie (m2)
109
2974
Tipo cultivo: EU- eucaliptos, I- improductivo, MM- piñeiral maderable, MT- matogueira, FC- castiñeiros, PDprados ou pradeiras, FG- carballeira e C- labor o labradío secano. R. 2726
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO Anuncio D. José Luís Eimil Castro, en calidade de representante da Asociación de Cazadores As Louseiras solicita a ampliación ao Tecor As Louseiras, LU-10024 de 212,91 Ha de fincas de particulares e MVMC, na parroquia de Insúa (Villalba) que na actualidade son zona de exclusión de caza. O que se fai público para xeral coñecemento co fin de que as persoas ou entidades que se consideren afectadas poidan facer as alegacións que estimen convenientes no prazo de UN MES, desde a súa publicación no BOP. Lugo, 21 de xullo de 2017.- A Xefa Territorial, Margarita López Blanco R. 2695
11
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
CONCELLOS BARALLA Anuncio Pola alcaldía, con data 11 de setembro de 2017, adoptouse o seguinte: “DECRETO NÚMERO 92.- baralla, 11 de setembro de 2017 Tendo previsto ausentarme do municipio durante o período de tempo que vai dende o próximo día 28 de setembro de 2017 ata o día 15 de outubro de 2017, e de conformidade co previsto nos artigos 63 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, artigo 21.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo presente RESOLVO: Primeiro.- Delegar a totalidade das funcións da Alcaldía deste concello, no primeiro tenente de alcalde, Don Manuel Rodríguez Vilela, dende o día 28 de setembro de 2017 ata o día 15 de outubro de 2017, ambos inclusive. Segundo.- Notificar o presente Decreto ó interesado e publicalo no BOP e no taboleiro de anuncios do Concello. Terceiro.- Dar conta ó Pleno desta delegación na primeira sesión que se celebre. Acórdao, mándao e asínao o Sr. alcalde, D. Manuel Jesús González Capón e certifico.” Baralla, a 12 de setembro de 2017.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón. R. 2696
Anuncio Por Decreto da Alcaldía número 90 de 8 de setembro de 2017, prestouse aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao segundo trimestre do ano 2017: -
Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga (2º trimestre do ano 2017). Padrón da taxa por recollida de lixo. Padrón de augas residuais e sumidoiros.
Expónse ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo. Recurso: Contra o Decreto da aprobación dos padróns de: abastecemento de auga a domicilio, recollida de lixo e augas residuais e sumidoiros, poderá interporse recurso de reposición. Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns. Órgano ante o que se recorre: Alcalde-Presidente do Concello de Baralla. Contra a Resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción. A falta de pagamento do Canon da Auga, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende esta notificación. Baralla,8 de setembro de 2017.- O Alcalde, Manuel Jesús González Capón. R. 2697
BEGONTE Anuncio CONVOCATORIA PARA TRABALLADOR/A SOCIAL.
A
SELECCIÓN
EN
RÉXIME
LABORAL
TEMPORAL
DE
UN
POSTO
DE
12
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Por Resolución da Alcaldía de data 12 de setembro de 2017, aprobáronse as bases que rexerán a selección en réxime laboral temporal e mediante concurso-oposición - de 1 posto de Traballador/a Social para a substitución por razóns de baixa por maternidade da actual titular da praza. As devanditas bases están a disposición dos interesados na páxina web do Concello (www.concellodebegonte.es) e no Taboleiro de anuncios, sendo o prazo de presentación de solicitudes de 5 días hábiles a contar desde a publicación deste anuncio no “Boletín Oficial da Provincia”. Begonte, 12 de Setembro de 2.017.- O Alcalde-Presidente, José Ulla Rocha. R. 2712
FOZ Anuncio BASES POLAS QUE SE REXE A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER INTERINO DO POSTO DE INTERVENTOR DO CONCELLO DE FOZ O Alcalde en funcións do Concello de Foz, con data 14-09-2017, ditou a seguinte Resolución, publicándose aos efectos correspondentes. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Visto, que en data 12 de xullo de 2017 o Alcalde do Concello de Foz ditou Resolución pola que se aprobaban as Bases polas que se rexe a convocatoria pública para a provisión con carácter interino do posto de Interventor do Concello de Foz. Visto, que en data 12 de setembro de 2017 levase a cabo a realización das probas correspondentes á convocatoria pública antes citada, quedando deserta a mesma por non superar a proba os aspirantes presentados. De acordo co establecido no artigo 34 do Real Decreto 1732/1994, do 29 do xullo, sobre provisión de postos reservados a funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional, e no artigo 21.1 g) da Lei 7/1985, de 2 de abril de Bases de Réxime Local, RESOLVE: Primeiro.- Realizar unha nova convocatoria para a selección con carácter interino do posto de interventor desta Corporación, por encontrarse vacante na actualidade. Segundo.- Aprobar as bases que rexerán esta convocatoria que se xuntan como anexo. Terceiro.- Darlle publicidade a esta convocatoria a través do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e na páxina web: www.concellodefoz.es. ANEXO: BASES POLAS QUE SE REXE A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER INTERINO DO POSTO DE INTERVETOR DO CONCELLO DE FOZ 1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura, por persoal interino por concurso de méritos, do posto de Interventor desta Corporación reservado a funcionarios/as da subescala de Intervención, Categoría de Entrada Grupo A1, nivel 30 de Complemento de destiño. -
Ao presente proceso selectivo seralle aplicable a Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto Basico del Empleado Público, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, o Real Decreto 1732/1994, do 29 do xullo, sobre provisión de postos reservados a funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.
2ª.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os/as aspirantes deberán posuír, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionarios interinos, os seguintes requisitos: a) Ter a nacionalidade española. Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe
13
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes. b)
Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.
c) Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, do título de Licenciado en Derecho, Licenciado en Ciencias Políticas y de la Administración, Licenciado en Sociología, Licenciado en Administración y Dirección de Empresas, Licenciado en Economía, Licenciado en Ciencias Actuariales y Financieras o el título de Grado correspondiente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas diminuídas cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adoptándose polo Tribunal Cualificador medidas e medios para a realización das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente. e)
Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.
f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. 3ª.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao señor Alcalde, en modelo que estará a disposición de todos/as os que desexen participar no proceso no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web municipal www.concellodefoz.es, e nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Segunda desta convocatoria. Os aspirantes con algunha capacidade diminuída terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa da minusvalía. Así mesmo, terán que solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. As solicitudes presentaranse no citado Rexistro (os días laborais de 8 a 14 horas) durante o prazo de 15 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os aspirantes deberán comunicalo mediante telegrama ou telefax (Fax do Concello de nº) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. O prazo de presentación de solicitudes é tamén para que os funcionarios con habilitación de carácter nacional interesados en dito posto, manifesten por escrito ao Alcalde o seu interese no desempeño do mesmo. Polo que, si existise un funcionario/a con habilitación de carácter nacional interesado, o procedemento suspenderase ata facer efectivo o nomeamento deste, momento no que se deixara sen efecto. Non obstante, si finalmente non recaese nomeamento en funcionario con habilitación de carácter nacional interesado, continuara o procedemento de selección de nomeamento interino. Xunto coa solicitude para tomar parte neste inescusablemente, a seguinte documentación:
proceso selectivo os aspirantes deberán achegar,
a) Xustificante acreditativo de ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 35,00 euros en concepto de matrícula. O dito importe poderase facer efectivo ben directamente nas arcas municipais ou ben mediante xiro postal ou telegráfico, así como mediante ingreso na seguinte conta municipal (cos datos persoais do aspirante e praza á que se opta), número de conta do BBVA:01826219520000001281, e será devolto unicamente no caso de que o aspirante non sexa admitido ao proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar no mesmo ou por presenta-la solicitude fóra de prazo. En ningún caso a presentación e pago da taxa por dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación da instancia. b) Copia simple do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo. c) Copia compulsada da titulación académica esixida na letra c) da Base 2ª. Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva
14
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar debidamente traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das Bases desta convocatoria. 4ª.- ADMISIÓN DOS ASPIRANTES. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará Resolución no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello, http://concellodefoz.sedelectronica.es, (taboleiro de edictos e portal de transparencia). Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de 5 días, contado desde o seguinte ó da publicación da antedita resolución, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Unha vez finalizado o prazo de presentación de rectificacións e/ou enmendas, o Alcalde ditará resolución definitiva,contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación na sede electrónica do Concello, http://concellodefoz.sedelectronica.es, (taboleiro de edictos e portal de transparencia) ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data. De non presentarse ningunha reclamación ou enmenda, considerarase definitivamente aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as. Publicarase na na sede electrónica do Concello, http://concellodefoz.sedelectronica.es, (taboleiro de edictos e portal de transparencia). Nesta resolución indicarase, así mesmo, a data, hora e lugar de comezo das probas e, si fora necesario, a orde de actuación dos aspirantes. A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, a recoñecemento por parte da administración municipal de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para o seu nomeamento. 5ª.- TRIBUNAL. A composición do órgano terá que axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros e tenderá á pariedade entre muller e home. Non poderá formar parte do tribunal o persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos nin o persoal eventual. Todos os membros do Tribunal, a excepción de quen actúe como secretario, teñen dereito a voz e voto. O Tribunal se constituirá coa asistencia, como mínimo, da metade máis un dos seus membros. En todo caso será necesaria a presenza do Presidente e o Secretario. A pertenza aos órganos selectivos será sempre a título individual, sen que se poida ostentar en representación ou por conta de ninguén. O tribunal poderá dispoñer a incorporación á súas tarefas de asesores/as especialistas para todas ou algunha das probas sinaladas. Estes asesores, que non terán a condición de membros do tribunal, e polo tanto con voz pero sen voto, limitarán a súa actuación a prestar a súa colaboración nas respectivas especialidades técnicas, baixo a dirección do órgano de selección. O tribunal poderá contar co auxilio material de empregados municipais, para asistilo nas tarefas de vixilancia, control e organización material do proceso de selección. Esta colaboración se reflexarase no acta da correspondente sesión deste órgano. Os auxiliares colaboradores han de actuar baixo o sometemento estrito das instrucións que reciban do órgano de selección 5. 2. Requisitos xerais dos membros do Tribunal ou Órgano de Selección Os membros do Tribunal deberán posuír unha titulación igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas obxecto de cada convocatoria. Deberase garantir a idoneidade de acordo co tipo de praza que se haxa de prover e se ha de velar polo cumprimento do principio de especialización. 5. 3. Designación dos membros do Tribunal ou Órgano de Selección. A designación nominal dos membros do Tribunal incluirá a dos respectivos suplentes, e se realizará por resolución do Alcalde da Corporación ou Concelleiro delegado nesta materia e se publicará conxuntamente co anuncio da aprobación do listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as, no suposto de que non se publicase xunto coas bases específicas de cada convocatoria.
15
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
A abstención e recusación dos membros do órgano de selección se axustará ao previsto nos artigos 23 e 24 da Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Regimen Juridico del Sector Publico. 5. 4. Autonomía funcional O órgano de selección actuará con plena autonomía funcional, garantindo a legalidade do procedemento e a obxectividade da decisión selectiva. O tribunal está facultado para resolver cantas dúbidas ou discrepancias se orixinen na aplicación destas bases e no desenvolvemento do proceso de selección, establecendo os criterios que se teñan que adoptar en todo aquilo que no se previse nas bases da convocatoria. Os membros dos órganos de selección han de observar a confidencialidade ou o sixilo en todo o que faga referencia aos temas tratados nas reunións deliberatorias, sen que podan utilizar fóra deste ámbito a información que posúan en función da súa condición. A mesma reserva se estende aos asesores e ao persoal auxiliar do órgano de selección. 5. 5. Toma de decisións As decisións do tribunal se tomarán por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto do que actúe como Presidente do Tribunal. 5. 6. Confidencialidade Toda a documentación do proceso selectivo se arquivará e custodiará na sede do tribunal ou unidade de colaboración, baixo a custodia do Secretario/a, non podéndose dispoñer fóra deste ámbito para finalidades diferentes ás do propio proceso selectivo. Unha vez finalizado este, o Secretario remitirá toda a documentación que constitúa o expediente á unidade competente en materia de persoal para o seu arquivo 6ª.- PROCESO DE SELECCIÓN. O sistema de selección é o de concurso-oposición. 6.1.- FASE DE OPOSICIÓN. Consistirá na realización dos seguintes exercicios: A) Primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, consistirá na realización por escrito dun ou varios supostos prácticos determinados polo Tribunal inmediatamente antes da súa realización de entre as materias do programa anexo. Tempo máximo para a realización desta proba será de 3 horas. Durante o desenvolvemento desta proba os/as aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos, non permitíndose o manexo de textos comentados nin libros de formularios Deberá ser lido e defendido ante o Tribunal en sesión pública. Cualificarase entre 0 e 20 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 10 puntos para superalo e poder realizar a seguinte proba. B) Segundo exercicio sobre coñecemento do idioma galego. Este exercicio será obrigatorio e eliminatorio para aqueles aspirantes que non acrediten, xunto coa solicitude de participación, o nivel de Celga 4, expedido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou equivalente. Está destinada a avaliar un grado de coñecemento do galego equivalente ao acadado coa obtención do Celga 4 ou equivalente, valorándose a corrección fonética, gramatical e estilística, así como o emprego dun léxico adecuado ao tema exposto. Consistirá en traducir nun tempo máximo de 45 minutos e sen axuda de dicionario, un texto de castelán a galego proposto polo Tribunal. O tribunal disporá os medios que estime oportunos para garantir o anonimato dos aspirantes na realización deste exercicio. Cualificarase de apto ou non apto. 6.2.- FASE DE CONCURSO. Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirantes que superasen a fase de oposición. Non terá carácter eliminatorio e nela valorarase o seguinte: A) Superación de probas selectivas (puntuación máxima 2,5 puntos): a) b)
Por cada exercicio obrigatorio e eliminatorio da subescala intervención- tesourería aprobado: 0,50 puntos. Por cada exercicio obrigatorio e eliminatorio da subescala secretaria-intervención: 0,25 puntos.
Non se puntuarán os exercicios realizados en procesos de selección para cubrir prazas ou postos de forma interina.
16
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Só se puntuarán as probas selectivas superadas cunha anterioridade non superior a 8 anos, referida a data de presentación da solicitude. Acreditaranse mediante fotocopia compulsada da certificación expedida polo órgano competente da administración pública de que se trate de ter superado algún dos exercicios das probas selectivas para prazas de secretario-interventor ou interventor-tesoureiro que se convocaran para obter unha praza destas categorías como funcionario de carreira. B) Experiencia profesional (puntuación máxima 2,5 puntos): a) Por cada mes completo de servizos prestados na administración pública en postos de intervención reservados a subescala de intervención-tesourería: 0,05. b) Por cada mes completo de servizos prestados na administración pública en postos de secretaríaintervención reservados a subescala de secretaría-intervención: 0,025. Os servizos prestados acreditaranse mediante fotocopia compulsada do certificado do órgano de xestión de persoal da administración pública competente e certificación da vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, con especificación de categoría laboral en todo caso. C) Formación académica (puntuación máxima 1 punto). Valoraranse outras titulacións académicas distintas da esixida como requisito para ser incluído na lista de reserva, segundo o seguinte baremo: a) Titulación de doutor: 1 punto. b) Titulación universitaria superior: 0,5 puntos. Non se terán en conta aquelas titulacións que foran requisito para acceder á titulación superior. D) Formación profesional (puntuación máxima 1 punto). Só se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias do posto de traballo de interventor e tesoureiro ao que se aspira, incluídos os cursos de coñecemento do idioma galego, sempre que os cursos foran impartidos por unha Administración Pública, un Centro Oficial de Formación ou unha institución homologada para impartir formación profesional continua, e segundo o establecido no seguinte baremo: a) Por cada curso con duración igual ou superior a 300 horas lectivas: 0,4 puntos. b) Por cada curso con duración igual ou superior a 150 horas lectivas: 0,3 puntos. c) Por cada curso con duración igual ou superior a 50 horas lectivas: 0,2 puntos. d) Por cada curso con duración igual ou superior a 20 horas lectivas: 0,1 puntos. Os cursos que veñan cuantificados por créditos deberán especificar as horas que correspondan a cada crédito. Non se valorarán neste apartado os cursos sobre coñecemento de idioma galego especificados no apartado seguinte (letra E). A xustificación deste apartado realizarase mediante copia compulsada do correspondente título ou diploma no que debe constar a duración do curso en horas e como mínimo o título do mesmo e a correspondente homologación de ser o caso, ou ben certificación expedida polo organismo que o impartiu no que se fagan constar os mesmos datos. Os cursos que non especifiquen o número de horas ou a equivalencia entre o número de créditos e número de horas non se poderán valorar. E) Coñecemento do Idioma Galego (puntuación máxima 1 punto). a) Por ter acreditado o nivel Celga 1 ou equivalente: 0,20 puntos. b) Por ter acreditado o nivel Celga 2 ou equivalente: 0,40 puntos. c) Por ter acreditado o nivel Celga 3 ou equivalente (iniciación): 0,60 puntos. d) Por ter acreditado o nivel Celga 4 ou equivalente (perfeccionamento): 0,80 puntos. e) Por ter acreditado o nivel Celga 5 ou equivalente: 1 punto. A posesión dun nivel superior en Celga exclúe aos niveis inferiores a efectos de baremación. Tódolos méritos alegados deberán de posuírse no momento de terminación do prazo de presentación de instancias. Os aspirantes deberán presentar copias compulsadas da documentación acreditativa dos méritos alegados. A lista que conteña a valoración dos méritos farase pública no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello unha vez celebrada a sesión de valoración polo Tribunal. 7ª.- CALIFICACIÓN FINAL. A cualificación final do proceso selectivo virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso, non podendo resultar aprobados un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas.
17
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Rematado o proceso de selección a Corporación Local elevará proposta á consellería competente en materia de réxime local xunto co expediente completo, para, una vez comprobado o cumprimento dos requisitos esixidos e non existindo funcionario/a con habilitación de carácter estatal interesado/a, efectuar o mencionado nomeamento 8ª.- LISTA DE PERSOAS APROBADAS E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. 1. Publicación do listado de persoas aprobadas Finalizada a cualificación dos aspirantes polo tribunal ou órgano seleccionador, se publicará a relación de aprobados por orde de puntuación final no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello, non podendo rebasar en ningún caso o número de prazas convocadas. 2. Publicación do listado de persoa/s proposta/s Simultaneamente á publicación do listado de persoas aprobadas, o órgano seleccionador ou tribunal fará público no taboleiro de anuncios do Concello, e na sede electrónica do Concello, a persoa proposta para a praza convocada obxecto desta convocatoria, que será o primeiro da lista de puntuacións finais. 3. Casos de empate nas puntuacións finais do proceso En caso de empate nos procesos de concurso oposición, se priorizará ao aspirante que obtivese a maior puntuación na fase de oposición. Se aínda así persistira o empate, se priorizará de acordo coa puntuación obtida na proba práctica. Se aínda persistirá o empate, se faculta ao órgano seleccionador para programar unha proba de aptitude relacionada coas funcións propias das prazas convocadas que determinen qué aspirante dispón dunha maior capacidade para o seu desenvolvemento. 4. Presentación de documentación orixinal ou fotocopias compulsadas O/os aspirante/s proposto/s aportarán ante o Departamento de Recursos Humanos do Concello, dentro do prazo de 5 días naturais desde que se faga pública a proposta de aspirante/s á/s prazas obxecto desta convocatoria e antes do seu nomeamento como funcionario interino, orixinal ou copia compulsada de todos os documentos referidos na base 4.9 desta convocatoria e declaración de non estar incurso nos supostos de incompatibilidade previstos na Lei 53/1984, de 26 do decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. 5. Acreditación da discapacidade Os/as aspirantes discapacitados/as que foran propostos/as deberán aportar un certificado médico que acredite o tipo e grao de discapacidade que presenten, así como documento que certifique a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas propias da praza a prover. 6. Efectos da non presentación ou falsidade da documentación aportada O/a aspirante que dentro do prazo fixado, excepto en casos de forza maior, non presente a documentación requirida, ou ben se comprobe que non cumpre con algún dos requisitos sinalados tanto nas bases xerais como nas correspondentes bases específicas, non poderá ser nomeado ou contratado en firme, en cada caso, e quedarían anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade da instancia solicitando tomar parte das probas selectivas. 7. Documentación en lingua estranxeira En caso de presentar documentación en lingua estranxeira, deberá acompañarse da correspondente tradución xurada. 9ª.- NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN Esgotado o proceso de presentación de documentos, e no prazo máximo dun mes, o/a Alcalde do Concello nomeará funcionarios ao aspirante proposto polo tribunal. Este nomeamento serán notificado á persoa interesada. No prazo máximo de 10 días desde a referida notificación deberá tomar posesión como funcionario interino. 10ª.- INCOMPATIBILIDADES Réxime de incompatibilidades A persoa seleccionada nesta convocatoria lle será de aplicación a normativa vixente en materia de incompatibilidades recollida na Lei 53/1984, de 26 do decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. 11ª.- RÉXIME DE IMPUGNACIONES A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e Lei 29/1998, de 13 do xullo, Reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
18
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
12ª.- LISTA DE RESERVA. Finalizado o proceso selectivo, o Alcalde-Presidente da Corporación, de acordo coa proposta do Tribunal, fará pública no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello: www.concellodefoz.sedelectronica.es. unha resolución definitiva contendo a relación de aspirantes que non obtendo praza, superasen os exercicios eliminatorios de oposición. Con esta Resolución constituirase unha lista de seleccionados por orde decreciente de puntuación, e por orde daqueles que maior puntuación obtivesen. Os integrantes desta lista poderán ser chamados, conforme á orde establecida na lista, para proveer mediante nomeamento interino en caso de vacante do posto de traballo de intervención deste Concello, cando non fose posible a provisión polos procedementos de nomeamento provisional, acumulación o comisión de servizos con funcionarios con habilitación de carácter nacional. Cando sexa necesario proceder aos correspondentes chamamentos ofertarase ao primeiro da lista que estea pendente de chamar, enviándolle un telegrama, burofax ou aquel outro sistema de comunicación fehaciente equivalente, dándolle un prazo de 48 horas para que acepte ou renuncie ao ofertado. Así mesmo tentarase comunicar por teléfono coa finalidade de acurtar os prazos. Se non se recollese o telegrama ou comunicación efectuada equivalerá á renuncia ao ofertado e procederase a chamar ao seguinte da lista. Cando se produza o cesamento dun integrante da lista, este reincorporarase ao posto da lista que lle corresponda por puntuación. O prazo máximo de vixencia da lista de traballo creada a resultas deste proceso será de 2 anos a contar desde a publicación da listaxe, sempre que non se efectuase nova convocatoria e o aspirante siga reunindo as condicións esixidas na mesma. A lista que resulte deste proceso, deixará sen efecto a que puidese existir ata ese momento e extinguirase no momento que se cubra a posto de traballo mediante nomeamento definitivo. Con carácter xeral, a non aceptación ou renuncia a unha cobertura dará lugar as seguintes medidas: -
Primeira renuncia: seis meses de exclusión. Segunda renuncia: exclusión definitiva da lista.
A renuncia non será causa de exclusión da lista, nin temporal nin definitiva, cando se deba a algunha das seguintes situacións no momento do chamamento: -
Enfermidade do interesado, debidamente acreditada por medio de parte oficial de baixa ou certificado médico oficial. Parto ou maternidade durante o período de descanso ou permiso establecido. Estar a ocupar un posto de traballo en Administración Pública ou empresa privada no momento da renuncia. Deberá acreditarse mediante copia de contrato laboral ou certificado de empresa e vida laboral.
ANEXO. PROGRAMA DE MATERIAS PARA A FASE DE OPOSICIÓN. 1.
O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma.
2. A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra administración. A demora e retroactividade da eficacia. 3. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración: supostos. A acción de nulidade, procedemento, límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito. 4. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos. Clases de interesados no procedemento. Dereito dos administrados. A iniciación do procedemento: clases, corrección e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. Ordenación. Instrución: intervención dos interesados, proba e informes. A administración electrónica. Regulación do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. 5. Terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. A desistencia e a renuncia. A caducidade. 6. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptíbeis de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. As reclamacións administrativas previas ao
19
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
exercicio de acciones civís e laborais. As reclamacións económico-administrativas. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe. 7. A xurisdición contencioso-administrativa. Natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdición e as súas competencias. As partes: lexitimación. O obxecto do recurso contencioso-administrativo. 8. A centralidade do cidadán. Participación da cidadanía. Transparencia e acceso a información. O bo goberno. 9. A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. O procedemento sancionador e as súas garantías. Medidas sancionadoras administrativas. 10. Réxime xurídico dos contratos do sector público: especial referencia ás Administracións Públicas. Entes excluídos e incluídos na lexislación estatal de contratos. Clases de contratos: contratos administrativos e privados. Características dos contratos de obras, de concesión de obras públicas, de xestión de servizos públicos, de subministro e de servizos. Invalidez dos contratos. Recursos en materia de contratos. Partes nos contratos. Capacidade, solvencia, prohibicións e clasificación. Os órganos de contratación. 11. Preparación e actuacións preparatorias nos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos: especial referencia os procedementos de adxudicación e criterios de valoración. Sistemas para a racionalización da contratación do sector público. Garantías. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos. 12. A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcíbeis. A acción e o procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ao servizo das Administracións públicas. 13. Os bens das entidades locais. Clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. Os bens comunais. O inventario. Os montes veciñais en man común. 14. As fontes do dereito local. Regulación básica do Estado e normativa das comunidades autónomas en materia de réxime local. A incidencia da lexislación sectorial sobre o réxime local. A potestade regulamentaria das entidades locais: regulamentos e ordenanzas. Procedemento de elaboración. O regulamento orgánico. Os bandos. 15. O Municipio: concepto e elementos. O termo municipal: o problema da planta municipal. Alteracións de termos municipais. Lexislación básica e lexislación autonómica. A poboación municipal. O padrón de habitantes. O estatuto dos veciños. Dereito dos estranxeiros. 16. A organización municipal. Órganos necesarios: o Alcalde, Tenentes de Alcalde, o Pleno e a Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios: Comisións Informativas e outros órganos. Municipios de gran poboación: municipios de aplicación, organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios e xestión económica-financeira. Os grupos políticos. O Concello aberto. Outros réximes especiais. 17. As competencias municipais: sistema de determinación. Competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias. A sostenibilidade financeira como presuposto do exercicio das competencias. Os convenios sobre exercicio de competencias e servizos municipais. Os servizos mínimos. 18. Réxime de sesións e acordos dos órganos de Goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O rexistro de documentos. 19. A función pública local. Clases de empregados públicos locais. Os instrumentos de organización do persoal. Subescalas, categorías e funcións. Selección e provisión. Peculiaridades do seu réxime xurídico. Os funcionarios propios das corporacións locais. O persoal laboral ao servizo das entidades locais. O persoal eventual. Os directivos públicos locais. 20. Réxime Xurídico dos funcionarios de habilitación con carácter nacional. Os postos de traballo de secretaría, intervención e tesourería. Clasificación dos postos e funcións dos mesmos. 21. A relación de servizos dos funcionarios públicos locais. Dereito, deberes e situacións administrativas. Dereitos económicos e seguridade social. Negociación colectiva. Réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario. 22. A liberdade de establecemento e liberdade de circulación de servizos e mercadorías. A garantía de unidade de mercado. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa local na actividade privada. As licencias e autorizacións administrativas: as súas clases. A directiva 2006/123/CE, do Parlamento e do Consello de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior: transposición ao dereito interno. A actividade de fomento na esfera local.
20
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
23. A iniciativa pública económica das entidades locais e a reserva de servizos. O servizo público nas entidades locais. Os modos de xestión. Especial referencia á concesión de servizos e á empresa pública local. O consorcio. 24. Evolución histórica da lexislación urbanística española: desde a Lei do Chan de 1956 ata o Texto Refundido de 2015. O marco constitucional do urbanismo. A doutrina do Tribunal Constitucional. Competencias do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais. 25. As Facendas Locais en España: principios constitucionais. O réxime xurídico das Facendas Locais. Incidencia estatal e autonómica na autonomía financeira local. A coordinación das Facendas Estatal, Autonómica e Local. 26. O Orzamento Xeral das Entidades Locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do Orzamento Xeral. A prórroga orzamentaria. 27. A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación. 28. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos a xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado: especial referencia ás desviacións de financiamento. 29. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesourería: concepto e cálculo. Análise do remanente de tesorería para gastos con financiamento afectado e do remanente de tesourería para gastos xerais. A consolidación orzamentaria. 30. Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, de débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións locais: establecemento e consecuencias asociadas ao incumprimento. Os Plans económico-financeiros: contido, tramitación e seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Fornezo de información financeira das Entidades Locais. 31. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagos: prelación, procedementos e medios de pago. O cumprimento do prazo nos pagos: o período medio de pago. O estado de conciliación. 32. A planificación financeira. O plan de tesourería e o plan de disposición fondos. A rendabilización de excedentes de tesourería. As operacións de tesourería. O risco de tipos de interese e de cambio nas operacións financeiras. 33. A contabilidade das entidades locais e os seus organismos autónomos: os modelos normal, simplificado e básico. As Instrucións dos modelos normal e simplificado de contabilidade local: estrutura e contido. Particularidades do modelo básico. 34. A Conta Xeral das Entidades Locais: contido, formación, aprobación e rendición. Outra información a fornecer ao Pleno, aos órganos de xestión, aos órganos de control interno e a outras Administracións Públicas. 35. Marco integrado de Control Interno (COSO). Concepto de control interno, e o seu aplicabilidade ao sector público. O control interno da actividade económico-financeira das Entidades Locais e os seus entes dependentes. A función interventora: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo e modalidades. Especial referencia aos reparos. 36. Os controis financeiro, de eficacia e de eficiencia: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo, procedementos e informes. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro. As Normas de Auditoría do sector público. 37. O control externo da actividade económico-financeira do sector público local. A fiscalización das entidades locais polo Tribunal de Contas e os órganos de control externo das Comunidades Autónomas. As relacións do Tribunal de Contas e os órganos de control externo das Comunidades Autónomas. Organizacións internacionais de entidades fiscalizadoras: as normas INTOSAI. 38. A responsabilidade contable: concepto e réxime xurídico. O carácter obxectivo da responsabilidade contable. Supostos básicos de responsabilidade contable: alcances contables, malversacións e outros supostos. Compatibilidade con outras clases de responsabilidades. Os suxeitos dos procedementos de responsabilidade contable. 39. A relación xurídica tributaria: concepto e elementos. Feito impoñible. Devengo. Exencións. Suxeito activo. Suxeitos pasivos. Responsables. A solidariedade: extensión e efectos. O domicilio fiscal. A representación. A transmisión da débeda. 40. A base impoñible. Métodos de determinación. A base liquidable. O tipo de gravame: concepto e clases. A cota tributaria. A débeda tributaria: contido.
21
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
41. A xestión tributaria: delimitación e ámbito. O procedemento de xestión tributaria. A liquidación dos tributos. A declaración tributaria. Os actos de liquidación: clases e réxime xurídico. A consulta tributaria. A proba nos procedementos de xestión tributaria. 42. A extinción da obrigación tributaria. O pago: requisitos, medios de pago e efectos do pago. A imputación de pagos. Consecuencias da falta de pago e consignación. Outras formas de extinción: a prescrición, a compensación, a condonación e a insolvencia. 43. A recadación dos tributos. Órganos de recadación. O procedemento de recadación en período voluntario. O procedemento de recadación en vía de prema: iniciación, títulos para a execución e providencia de prema. Adiamento e fraccionamento do pago. 44. Desenvolvemento do procedemento de prema. O embargo de bens. Alleamento. Aplicación e imputación da suma obtida. Adxudicación de bens ao Estado. Terminación do procedemento. Impugnación do procedemento. 45. As garantías tributarias: concepto e clases. As garantías reais. Dereito de prelación. Hipoteca legal tácita. Hipoteca especial. Afección de bens. Dereito de retención. As medidas cautelares. 46. A inspección dos tributos. Actuacións inspectoras para a xestión dos tributos: comprobación e investigación, obtención de información, a comprobación de valores e informe e asesoramento. Réxime xurídico das funcións inspectoras. O procedemento de inspección tributaria. Potestades da Inspección dos Tributos. Documentación das actuacións inspectoras. As actas de inspección. A inspección dos recursos non tributarios. 47. As infraccións tributarias: concepto e clases. As sancións tributarias: clases e criterios de graduación. Procedemento sancionador. Extinción da responsabilidade por infraccións. 48. A revisión en vía administrativa dos actos de xestión tributaria no ámbito estatal e autonómico. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas 49. Os recursos das Facendas Locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 50. A xestión, inspección e recadación dos recursos das Facendas Locais. A revisión en vía administrativa dos actos de xestión tributaria ditados polas Entidades Locais, en municipios de réxime común e de gran poboación .A xestión e recadación de recursos por conta doutros entes públicos. 51. O Imposto sobre Bens Inmobles. Natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións e bonificacións. Base impoñible. Base liquidable. Cota, devengo e período impositivo. Xestión catastral. Xestión tributaria. Inspección catastral. 52. O Imposto sobre actividades económicas. Natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Cota: as tarifas. Devengo e período impositivo. Xestión censal e xestión tributaria. O recargo provincial. O Imposto sobre construcións, instalacións e obras. 53. O Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. 54. Taxas e prezos públicos. Principais diferenzas. As contribucións especiais: anticipo e adiamento de cotas e colaboración cidadá. 55. A participación de municipios e provincias nos tributos do Estado e dasComunidades Autónomas. Criterios de distribución e regras de evolución. Réximes especiais. A cooperación económica do Estado e das Comunidades Autónomas aos investimentos das Entidades Locais. Os Fondos da Unión Europea para Entidades Locais. 56. Actividade subvencional das Administracións Públicas. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións. 57. O crédito local. Clases de operacións de crédito. Natureza xurídica dos contratos: tramitación. As operacións de crédito a longo prazo: finalidade e duración, competencia e límites e requisitos para a concertación das operacións. As operacións de crédito a curto prazo: requisitos e condicións. A concesión de avales polas Entidades Locais. 58. A lexislación mercantil. A empresa mercantil. O patrimonio da empresa e a súa protección xurídica. O comerciante individual. Concepto, capacidade, incapacidade e prohibicións. As sociedades mercantís en xeral. 59. A lexislación laboral. O contrato de traballo. Concepto, clases e modalidades. Modificación, suspensión e extinción da relación laboral. Dereito e deberes de traballadores e empresarios. 60. Os convenios colectivos. O dereito de folga e o seu exercicio. A adopción de medidas de conflito colectivo. A representación dos traballadores na empresa”.
22
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Foz a 14 de setembro de 2017.- O ALCALDE EN FUNCIÓNS, PEDRO JOSÉ FERNÁNDEZ MANIN R. 2725
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA. A CORUÑA. SECRETARÍA DE GOBERNO Anuncio A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 20 de xullo de 2017 acordou nomear, por u periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, nomeamento/s que se fai/fan directamente dado que, ou ben no concurso que convocou esta Sala de Goberno non houbo ningún solicitante ou ben os solicitantes non foron considerados idóneos para o desempeño do cargo, e tendo en conta, así mesmo, que os respectivos concellos non elixiron no seu día ningunha persoa para os ditos cargos. O VALADOURO: substituta: MARÍA DEL AMOR IGLESIAS CABEZÓN. DNI nº 11382813k. Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso ordinario perante o Concello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto. Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de primera instancia e instrucción respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Judicial. Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese. A Coruña, 7 de setembro de 2017.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro. R. 2680
Anuncio A Comisión da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa xuntanza do día 20 de xullo de 2017, acordou nomear, por un periodo de catro anos, o xuíz de paz titular e/ou substituto dos concellos desta Comunidade Autónoma que máis abaixo se indican e para as localidades que igualmente se relacionan, este/s foi/foiron elexido/s polo Pleno do/s dito/s Concello/s con obtención do voto favorable da maioría absoluta dos seus membros. MONTERROSO: substituto: DON ANTONIO PACÍN OTERO. DNI nº 33800956H. Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de Alzada perante o Consello Xeral do Poder Judicial no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto. Os nomeados deberán tomar posesión, no xulgado de paz para o que se nomean e ante a persoa que estiver exercendo a xurisdición, no prazo de 20 días naturais contados a partir do siguente ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia respectiva, despois de xuramento ou promesa ante o xuíz de primera instancia e instrución respectivo na forma que establece o artigo 101.5 da Lei Orgánica do Poder Xudicial. Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese. A Coruña, 7 de setembro de 2017.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro R. 2681
Anuncio Dado que o Concello de NAVIA DE SUARNA (LUGO) non elixiu xuíz de paz SUBSTITUTO para a dita localidade, realízase unha convocatoria para que, no prazo de 15 días computados a partir da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia, todos cantos teñan interese en acceder ó devandito cargo dirixan unha instancia á presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña facendo constar o seguinte:
23
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
1º) Nome, apelidos, DNI (fotocopia), idade e enderezo. 2º) Se desenvolveron o cargo de xuíz de paz, e se o fixeron como titular ou como substituto. 3º) Méritos que estimen oportunos. 4º) Profesión actual. Todo isto faise público, en cumprimento do acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do día da data, para coñecemento de todos os interesados en solicitar a praza antedita. A Coruña, 7 de setembro de 2017.- A SECRETARIA DE GOBERNO, Concepción Otero Piñeiro. R. 2682
XULGADO DO SOCIAL N.º 3 VALENCIA, DE EXECUCIÓNS LABORAIS Anuncio D/Dª. DOMINGO FERNÁNDEZ SORIANO, LETRADO DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL Nº 3 DE VALENCIA DE EJECUCIONES LABORALES HAGO SABER: Que en este Juzgado, se sigue Ejecución núm. 2892/16-DA, en la que el día cuatro de abril de dos mil diecisiete se ha dictado resolución de interés para ABC-VALENCIA SL, disponiendo la orden general de ejecución, despachando ejecución del/de la sentencia de fecha 19-10-16 del JUZGADO DE LO SOCIAL Nº 15 DE VALENCIA y frente a la que cabe interponer recurso de reposición ante este Juzgado de lo Social en el plazo de tres días hábiles desde su notificación y con los requisitos establecidos en el apartado 1 del artículo 187 de la Ley Reguladora de la Jurisdicción Social. Con la misma fecha ha sido dictado decreto de medidas ejecutivas. Y para que conste y sirva de notificación a ABC-VALENCIA SL que se encuentra en ignorado paradero, así como para su inserción en el Tablón de anuncios y publicación en el Boletín Oficial de la Provincia de LUGO, haciéndole saber al mismo que las restantes notificaciones que hayan de efectuársele se le harán en estrados, en la forma legalmente establecida, expido el presente en Valencia a, cuatro de abril de dos mil diecisiete El Letrado de Justicia R. 2683
MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Expediente número: A/27/21399. Asunto: Solicitud de concesión de un aprovechamiento de aguas. Peticionario: Antonio Ramos Saavedra. Nombre del río o corriente: Manantial O Pozón. Caudal solicitado: 900 l/día. Punto de emplazamiento: Sancedo. Término Municipal y Provincia: A Fonsagrada (Lugo). Destino: Uso ganadero. BREVE DESCRIPCION DE LAS OBRAS: Arqueta de captación y conducción por tubería a depósito. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contado a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de A Fonsagrada, o en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España nº 2, -33071-OVIEDO), donde estará de manifiesto el expediente.
24
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Oviedo, 5 de septiembre de 2017.- EL TITULADO SUPERIOR DE GESTIÓN Y SERVICIOS COMUNES, Pedro Granda Rodríguez. R. 2689
CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO – SIL. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/26753 D. Salvador García Cebral en representación de la Comunidad de Regantes Presa das Insuas, con domicilio en Souto, 15 - Souto de Ferradal, 27693 - Láncara (Lugo), solicita la concesión de un caudal de 3,22 l/s de agua procedente del río Lama, en el lugar de A Lama, parroquia de Souto de Ferradal (Santiago), T.M. de Láncara (Lugo) para riego de 9,0431 has. La captación se realiza mediante una compuerta de 0,5 × 0,6 m embebida en un muro de hormigón situada en la ribera derecha del río Lama, desde donde sale un canal excavado en el terreno por donde circulan las aguas hasta las parcelas a regar. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Láncara, o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 6 de septiembre de 2017.- EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López R. 2684
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/26123 D. Jesús Fernández Neira en representación de la Comunidad de Usuarios de Biduedo, con C.I.F.: G 27480524, solicita la concesión de un caudal de 0,11 l/s de agua procedente del manantial Fonte do Xardín, en el lugar de Biduedo, parroquia de Pedrafita de Camporredondo (San Xoán), T.M. de Baralla (Lugo) para usos domésticos y ganaderos. La captación se realiza en un manantial mediante la construcción de una arqueta de la que sale una tubería de PVC, que conduce las aguas hacia el depósito principal del que parten las conducciones individuales hacia cada una de las viviendas. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Baralla, o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 6 de septiembre de 2017.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López R. 2685
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/25789 Isabel Núñez Rodríguez en representación de Seranisbel S.C. con C.I.F.: J 2737037 solicita la concesión de un caudal de 0,16 l/s de agua procedente del manantial “ Lama Salgueiro”, en el polígono 39, parcela 196, recinto 1, en la parroquia de Vilamaior, T.M. de Sarria (Lugo) con destino a usos ganaderos. La captación se realiza en el manantial Lama Salgueiro mediante una zanja de 20 m de longitud, 1 m de ancho y 1,50 m de profundidad. En ésta se han colocado 0,50 m de piedra y un tubo de hormigón que recoge las aguas y
25
Núm. 217 – Mércores, 20 de setembro de 2017
BOP de Lugo
las conduce mediante una tubería de 32 mm. Para llegar al establo se realiza un cruzamiento de la conducción con el Rego do Bacelo a 1,40 m bajo el lecho del cauce. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Sarria, o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 6 de septiembre de 2017.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López R. 2686
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/27058 D. José Álvarez Osorio en representación de la Comunidad de Usuarios de A Pena solicita la concesión de un caudal de 0,1800 l/s de agua procedente del regato Rego da Pena, en el lugar de A Pena, parroquia de Penarrubia (Santa María), T.M. de Baralla (Lugo) para usos ganaderos. La captación se realiza en el regato Rego da Pena mediante una cisterna que aspira el agua y la conduce a las zonas a abastecer. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Baralla , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 6 de septiembre de 2017.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López R. 2687
Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/16613 Isolina Lemos Bermúdez, con N.I.F.: 34213388 Z, solicita la modificación de características de la concesión de un caudal de 0,0081 l/s de agua procedente del pozo Naval, en el lugar de Mourelos, parroquia de Mourelos (San Xulián), T.M. de O Saviñao (Lugo) para usos domésticos y ganaderos, consistente en la ampliación de usos a riego, con incremento de caudal a 0,013 l/s. La captación de aguas se realiza de un pozo de 6 m de profundidad en el que se coloca un motor que aspira e impulsa el agua a las zonas a abastecer. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de O Saviñao , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 6 de septiembre de 2017.- LA JEFA DEL SERVICIO TERRITORIAL EN FUNCIONES, Isabel del Río López R. 2688
Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 20.09.2017 08:00:04 CEST Razón: Localización: España