LUNS, 29 DE MAIO DE 2017
Nº 121
XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO Anuncio Resolución do 12 de maio de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (Expediente IN407A 2016/153-2, 8462-AT) Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE nº. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,(BOE nº. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe: - Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.A. - Domicilio Social: Rúa Ramón M.ª. Aller Ulloa 9 -27003 Lugo - Denominación: Adecuación LMTS LP Sindicatos. Tramo: CT Flores (882) CT Montero Ríos 1 (1445). - Situación: concello de Lugo - Características Técnicas: 1-LMT. Soterrada a 20 kV. con orixe no CT Montero Ríos (1445) e final no CT Flores (882) en condutor tipo RHZ1-150. 2-Desmontaxe de 260 metros de condutor do tramo de liña que vai dende o CT Montero Ríos 1 (1445) ata o CT Ronda Muralla 25. Desprazamento de 35 metros de condutor do tramo de liña que vai dende o CT Ronda Muralla 25 (1446) ata o CT Flores (882) e realización dun empalme entre condutores RHZ1-150 e RHZ1-150. Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na Rolda da Muralla nº. 70-baixo 2- Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución. Lugo, 12 de maio de 2017.- Pilar Fernández López, Xefa territorial de Lugo R. 1410
CONCELLOS FOZ Anuncio CONVOCATORIA PÚBLICA Características do proceso selectivo: Prazas que se convocan para cubrir temporalmente (ata que se cubran de forma definitiva previa oferta de emprego público): A. Oficial 1ª para obras (A). B.
Oficial 1ª para obras (B).
C. Peón limpeza viaria e recollida de lixo D. Oficial 2ª limpeza viaria e recollida de lixo
2
Núm. 121 – 29 de maio de 2017
E.
BOP de Lugo
Limpiador/a
Estado actual: vacantes. Número de prazas: 5. Modalidade contractual: Mod. 410. contrato laboral temporal de interinidade. Custo mensual: -
Operario de obras (Oficial 1ª) . Convenio aplicación: Persoal laboral Concello de Foz (RPT) . RPT: 04.01.00.08. Área de adscrición: obras, limpeza e servizos múltiples. Unidade de obras laboral. Unidade de obras. . Categoría profesional dentro do convenio: oficial 1ª . Código CNAE (Ocupación) I.T./I.M.S.: d . Grupo cotización: 08 . Grupo: V . Nivel CD: 14 . Xornada : 100%
-
Operario de obras (Oficial 1ª) . Convenio aplicación: Persoal laboral Concello de Foz (RPT) . RPT: 04.01.00.22. Área de adscrición: obras, limpeza e servizos múltiples. Unidade de obras laboral. . Categoría profesional dentro do convenio: oficial 1ª . Código CNAE (Ocupación) I.T./I.M.S.: d . Grupo cotización: 08 . Grupo: V . Nivel CD: 14 .Xornada: 100%
-
Peón barrendero . Convenio aplicación: Persoal laboral Concello de Foz (RPT) . RPT: 04.02.01.14. Área de adscrición: obras, limpeza e servizos múltiples. Unidade de limpeza. Sección: Limpeza viaria. . Categoría profesional dentro do convenio: peón barrendero. . Código CNAE (ocupación) I.T./I.M.S.: g . Grupo cotización: 10 .Grupo : V . Nivel CD 14 .Xornada: 100%
-
Operario servizo limpeza (oficial 2ª) . Convenio aplicación: Persoal laboral Concello de Foz (RPT) . RPT: 04.02.01.05. Área de adscrición: obras, limpeza e servizos múltiples. Unidade de limpeza. Sección: limpeza viaria. . Categoría profesional dentro do convenio: operario servizo limpeza, oficial 2ª. . Código CNAE (ocupación) I.T./I.M.S.: d . Grupo cotización: 08 . Grupo : V . Nivel CD: 14 . Xornada: 100%
3
Núm. 121 – 29 de maio de 2017
-
BOP de Lugo
Limpiador/a . Convenio aplicación: Persoal Laboral Concello de Foz (RPT) . RPT: 04.02.02.01. Área de adscrición: obras, limpeza e servizos múltiples. Unidade de limpeza. Sección: Limpeza edificios públicos. . Categoría profesional dentro do convenio: limpiador/a . Código CNAE (ocupación) I.T./I.M.S.:g . Grupo cotización: 10 . Grupo: V . Nivel CD: 14 . Xornada 100%
Sistema de acceso: concurso-oposición Prazo de presentación de instancias:CINCO DÍAS HÁBILES a partir do día seguinte á publicación do Edicto de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo Bases da convocatoria: poden descargarse na páxina web municipal, Foz, 22 de maio de 2017.- O Alcalde, Javier Jorge Castiñeira R. 1460
MONTERROSO Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN CON CARACTER TEMPORAL DE UN POSTO DE TRABALLO. Por acordo da Xunta de Goberno Local de 15 de maio de 2017 aprobáronse as bases e a convocatoria para selección e contratación temporal dun técnico de turismo ao abeiro do Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e os Concellos Galegos do camiño francés para actuacións de mellora e mantemento, e de atención e información ao peregrino e de promoción do Camiño Francés. Lugar e prazo de presentación das solicitudes: No rexistro do Concello de Monterroso no prazo de seis días naturais a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia. As bases completas están expostas no taboleiro de anuncios do Concello de Monterroso e na páxina web www.monterroso.es Monterroso a 15 de maio de 2017.- O Alcalde, Miguel Rico Gómez R. 1411
PEDRAFITA DO CEBREIRO Anuncio APROBACIÓN PADRÓN DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO DO MES DE ABRIL DE 2017 . Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 4 de maio de 2017 prestouse aprobación ao Padrón do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda a domicilio correspondente ao mes de abril de 2017 , de acordo co seguinte: -
Padrón correspondente ao mes de abril: 1978,44 €
Expóñense ao público por prazo de quince días hábiles, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalos e interpoñer contra este as reclamacións que consideren oportunas. Iniciase asemade o procedemento de recadación, e ao efecto determínase que o período de pagamento en voluntaria é o comprendido entre o 01 de maio de 2017 e o 01 de xullo de 2017. Ao día seguinte do vencemento do prazo de ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria. Contra as liquidacións que se deriven do presente padrón poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso- administrativo, no prazo de un mes a contar desde a finalización do período de exposición ao
4
Núm. 121 – 29 de maio de 2017
BOP de Lugo
público de conformidade co establecido no artigo 14.2.c) do real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contencioso administrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora deste Xurisdición. Pedrafita, 11 de maio de 2017 .-O Alcalde, José Luis Raposo Magdalena R. 1412
RIBAS DE SIL Anuncio Aprobados por Decreto da Alcaldía de data 12 de maio de 2017 o padrón do 1º Trimestre de 2017 do servizo de abastecemento de auga, canon, sumidoiros e recollida de lixo e o padrón da taxa polo Servizo de axuda no fogar do mes de abril de 2017, por medio do presente expóñense ao público por prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da súa inserción no BOP ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobados se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos. Contra o acordo de aprobación dos devanditos padróns poderá interpoñerse recurso de reposición ante o propio alcalde polo prazo de un mes, contado dende o día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición ó público. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano correspondente da Xunta de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación. O mesmo tempo establecese un período de cobranza en fase de ingreso voluntario de dous meses. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria; procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, a través do Servizo de Recadación da Deputación de Lugo de acordo co establecido no artigo 161 da devandita Lei. No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa exixencia directamente pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de Facenda da Xunta de Galicia. A presente publicación, no suposto de exposición ó público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria. Ribas de Sil, 12 de maio de 2017.- O alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega R. 1413
SOBER Anuncio Por resolución de Alcaldía de data de 16/05/2017, por existencia de remanente, acordouse abrir un novo prazo para a presentación de solicitudes de axudas para obras de rehabilitación de viviendas, dende o 01/06/2017 ata o 15/06/2017, de acordo coas bases publicadas no BOP da provincia de Lugo nº 35, de data de 17 de febreiro de 2016, de concesión de subvencións da área de rehabilitación integral (ARI), municipio rural de Sober (Lugo), 2ª Fase. Sober, 19 de maio de 2017.- O Alcalde, Luis Fernández Guitián R. 1445
TABOADA Anuncio DELEGACIÓN DE FUNCIÓNS DE ALCALDÍA NA PRIMEIRA TENENTE DE ALCALDE. Por Resolución de Alcaldía de data 16 de maio de 2017 aprobouse a Resolución cuxa parte RESOLUTIVA se transcribe literalmente:
5
Núm. 121 – 29 de maio de 2017
BOP de Lugo
Único.- Delegar na primeira tenente de alcalde, DONA ISABEL FIDALGO ALBOR, a competencia para celebrar o próximo mércores día 17/05/2017 ás 12:30 horas a voda civil entre DON JOSE ANGEL TABOADA LOPEZ e DONA MARIA AMPARO VARELA MOSTEIRO no salón do Centro Sociocultural e Xuvenil do Concello de Taboada. Taboada, a 16 de maio de 2017.- O Alcalde, Ramiro Moure Ansoar. R. 1461
Anuncio EXPOSICIÓN PÚBLICA DA CONTA XERAL 2016 En cumprimento de canto dispón o artigo 212 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e unha vez que foi debidamente informada pola Comisión Especial de Contas con data 22 DE MAIO DE 2017, exponse ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2016, por un prazo de quince días, durante os cales e oito máis quen se estimen interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que teñan por convenientes. En Taboada, a 23 de maio de 2017.- O Alcalde, Ramiro Moure Ansoar. R. 1462
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL N.º 3 LUGO Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrada da Administración e Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER: Que no PROCEDEMENTO 738/16 deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de Dª ANA MARÍA GONZÁLEZ VILA contra a empresa ELVIFER S.L.L., sobre DESPEDIMENTO, ditouse sentenza en data 3 de Marzo de 2017, cuxa parte dispositiva se adxunta: “DECISIÓN.-1.Acollo a demanda formulada por Ana María González Vila contra ELVIFER, SLL de tal xeito que:Declaro improcedente o despedimento con efectos dende o 31 de agosto de 2016.-Condeno a ELVIFER, SLL a que no prazo de cinco días a contar desde a notificación desta resolución opte, comunicándollo a este Xulgado, entre readmitir a Ana María González Vila no seu posto de traballo ou indemnizarlle pola extinción da relación laboral coa cantidade de 2970 euros.-Para o caso de optar pola readmisión, a demandada deberá aboar tamén a Ana María González Vila, como salarios de tramitación, a cantidade de 36 euros por cada un dos días existentes entre o 31 de agosto de 2016 e a data de notificación desta resolución.-2.As cantidades anteriores serán asumidas polo FOGASA dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, no seu caso, lle corresponden.-3. As custas do procedemento (que incluirán os honorarios do/a letrado/a/graduado/a social da parte actora ata o límite máximo de 600 euros) serán aboadas por ELVIFER, SLL.-Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que a mesma non é firme, e que contra a mesma cabe interpor un recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.-O devandito recurso deberá anunciarse ante este mesmo Xulgado mediante unha comparecencia ou un escrito no prazo dos cinco días hábiles seguintes ó da notificación da sentenza, realizando o depósito legal mediante o ingreso da cantidade na conta da entidade “Banesto” núm. 2324000065, indicando o número de procedemento.-De non se anunciar recurso, debe procederse ó arquivo das actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.Rubricado.-Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada-xuíza foi entregada, lida e publicada esta data e na miña presenza. Dou fe, como letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-María de los Ángeles López Carballo.-Rubricado”. E para que sirva de notificación en legal forma a ELVIFER S.L.L.,en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de LUGO. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. En LUGO, a 10 de Maio de 2017.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 1414
6
Núm. 121 – 29 de maio de 2017
BOP de Lugo
MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio Expediente: A/27/20845 De acuerdo con lo previsto en el artículo 116 del Reglamento de Dominio Público Hidráulico aprobado por Real Decreto 849/1986 de 11 de abril (B.O.E. del día 30) y sus posteriores modificaciones, se hace público, para general conocimiento, que por resolución de la Confederación Hidrográfica del Cantábrico, de fecha 8 de mayo de 2017 y como resultado del expediente incoado al efecto, le ha sido otorgada a Manuel López Díaz, la oportuna concesión para aprovechamiento de agua del manantial Fonte do Monte Vello, en la parcela 12 del polígono 50 en Os Casares, T.M. de As Nogais (Lugo), con destino a uso ganadero en la parcela 2 del polígono 54. Oviedo, 8 de mayo de 2017.- EL JEFE DE ÁREA, David Pérez Méndez-Castrillón R. 1392
Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 29.05.2017 08:00:00 CEST Razón: Localización: España