xunta de galicia concellos - Deputación de Lugo

18 may. 2016 - María Josefa Coido Seco solicita de Augas de Galicia autorización de obras en .... TITULAR CATASTRAL: Ramón López Torres ..... O Alcalde – Presidente, José Luis Pajón Camba .... Marco Antonio Garcia-Gabilan Sangil. 18.
388KB Größe 5 Downloads 90 vistas
MIÉRCOLES, 18 DE MAYO DE 2016

Nº 113

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio María Josefa Coido Seco solicita de Augas de Galicia autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.51438 As obras solicitadas consisten na rehabilitación dunha edificación no lugar de Muíños de Arriba na zona de policía do río Valiñadares na parroquia de Santiago no concello de Mondoñedo (Lugo). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Mondoñedo ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 04 de maio de 2016.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 1373

Anuncio O Servizo de Infraestruturas Agrarias solicita de Augas de Galicia autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.52146 As obras solicitadas consisten na apertura e mellora de camiños secundarios da zona de concentración parcelaria, na parroquia de Frexulfe, no concello de O Valadouro, na zona de policía do río Ouro e do rego de Pedrouzos. O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Valadouro (O) ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 5 de maio de 2016.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 1388

CONCELLOS ALFOZ Anuncio Aprobado polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria, celebrada o día 6 de maio de 2016, o expediente de modificación de créditos Nº 2/2016, dentro do vixente Orzamento municipal, polo importe de cincuenta mil (50.000 €) euros, en cumprimento a disposto no art. 117.2 en relación co 169 do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais , exponse o público, por prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da

2

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

Provincia, a fin de que se formulen as reclamacións que se consideren pertinentes, que deberán ser dirixidas o Sr. Alcalde-Presidente deste Concello. Alfoz, a 9 de maio de 2016.- O Alcalde, Jorge Val Díaz. R. 1389

BARALLA Anuncio Por Decreto da Alcaldía número 41 de 9 de maio de 2016, prestouse aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao primeiro trimestre do ano 2016: -Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga (1º trimestre do ano 2016). - Padrón da taxa por recollida de lixo. - Padrón de augas residuais e sumidoiros. Expónse ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo. Recurso: Contra o Decreto da aprobación dos padróns de: abastecemento de auga a domicilio, recollida de lixo e augas residuais e sumidoiros, poderá interporse recurso de reposición. Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns. Órgano ante o que se recorre: Alcalde-Presidente do Concello de Baralla. Contra a Resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción. A falta de pagamento do Canon da Auga, no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo de un mes dende esta notificación. Baralla, 9 de maio de 2016.- O Alcalde, Manuel Jesús González Capón. R. 1390

BECERREÁ Anuncio Por Decreto da Alcaldía de data 2 de maio de 2016, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de maio de 2016 da taxa pola prestación do servicio de Gardería Infantil. Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos. Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. ANUNCIO DE COBRANZA De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 939/2005), do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 30/06/2016. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos,

3

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria. Becerreá, 5 de maio de 2016.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez R. 1391

O CORGO Anuncio Faise pública a relación de bens e dereitos que é necesario ocupar ou dispor deles para a realización dun aparcamento a carón da praza pública e Igrexa de Manán de San Cosme, segundo levantamento topográfico e definición analítica realizada en xullo de 2015 polo técnico José Antonio González Gómez. Relación de bens e dereitos: Finca nº 1): o o o o o

FINCA HORTO DE BAIXO- parcela nº 11 do polígono 100 REFERENCIA CATASTRAL: 27014A100000110000JE SUPERFICIE DA PARCELA: 605 m2 SUPERFICIE A EXPROPIAR: 140 m2 TITULAR CATASTRAL: Ramón López Torres

Os interesados poderán formular alegacións sobre a procedencia da ocupación ou disposición dos bens e sobre o estado material ou legal durante un prazo de 15 días, contados a partir do seguinte á inserción deste anuncio no BOP de Lugo. O Corgo, 9 de maio de 2016.- O ALCALDE, José Antonio Ferreiro González R. 1392

GUITIRIZ Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE TERAPEUTA OCUPACIONAL PARA O CENTRO DE DIA COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A POR PROGRAMA TEMPORAL. O Concello de Guitiriz aprobou por acordo da Xunta de Goberno Local de data 4/05/2016 as seguintes bases da convocatoria para a selección de terapeuta ocupacional para o Centro de Dia municipal como funcionario/a interino/a para o programa temporal de servizos sociais 2016-2019. O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no BOP de Lugo. “BASES DA CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE TERAPEUTA OCUPACIONAL PARA O CENTRO DE DIA COMO FUNCIONARIO/A INTERINO/A POR PROGRAMA TEMPORAL MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSOOPOSICION. 1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA A presente convocatoria ten por obxecto a selección de terapeuta ocupacional para o Centro de Dia municipal como funcionario/a interino/a para a execución do “Programa temporal de coordinación do centro de día municipal (2016-2019)”, de acordo co establecido nos artigos 10.1c) do Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por RDL 5/2015, de 30 de outubro, e 23.2 c) da Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia. O sistema selectivo será o concurso-oposición libre e a presente convocatoria será obxecto de publicación no BOP de Lugo e na páxina web do Concello de Guitiriz. O resto de actos do proceso selectivo que deban ser obxecto de publicidade serán publicados unicamente no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Guitiriz.

4

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

2ª.- CARACTERISTICAS E COMETIDOS FUNCIONAIS. As características da praza de funcionario terapeuta ocupacional son as seguintes segundo a valoración obxectiva da praza e das súas funcións e responsabilidades realizada no ano 2014 pola empresa adxudicataria do contrato menor de “Servizo de asistencia técnica para a modificación da relación de postos de traballo do Concello de Guitiriz” por resolución de alcaldía de data 2/05/2014: Escala: Administración Especial Subescala: Técnica Grupo: A2 CD: 16 CE: 2.661,59 euros anuais. As principais funcións do posto de terapeuta ocupacional son as seguintes: -Funcións xenéricas propias de terapeuta do centro de día de acordo coa normativa autonómica que regula os centros de atención a persoas maiores e o regulamento municipal que regula a organización e funcionamento do centro de día. -Funciones propias do centro de día municipal, atendendo as necesidades específicas existentes en cada momento e ao persoal dispoñible. -Colaboración e apoio ás actividades, programas e plans de actuación municipal no centro de día, de acordo coas instrucións da responsable do servizo e da concellería de benestar social. -Avaliación individual das necesidades dos usuarios do centro con periodicidade semestral. -Propostas de actuación en caso de detección de necesidades específicas polo deterioro funcional dalgún usuario no momento no que xorden. -Programación e desenvolvemento das distintas actividades do centro de día municipal. -Elaboración da memoria anual do servizo e propostas de mellora. -Elaboración de talleres sobre xerontoloxía dirixidos ao público en xeral coa periodicidade que estableza a concellería de benestar social. -Acompañamentos dos usuarios no transporte diario aos seus domicilios. -Outras funcións específicas de acordo coas instrucións da responsable do servizo e da concellería de benestar social. 3ª.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. Para tomar parte no proceso selectivo será necesario cumprir os requisitos seguintes: a) Idade: Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. b) Nacionalidade: Ser de nacionalidade española ou de nacionalidade dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, ou nacional dalgún Estado, ao que en virtude dos tratados internacionais celebradas pola Unión Europea e ratificados por España, lle sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, a/o cónxuxe das persoas de nacionalidade española ou dalgún dos demais estados membros da Unión Europea, cando así o prevexa o correspondente tratado, e as nacionais dalgún Estado ao que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as, sempre que non estean separadas de dereito, así como ás/aos descendentes de ámbolos cónxuxes, de menos de vinte e un anos ou maiores desta idade que vivan ás súas expensas. c) Capacidade: Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.As persoas con minusvalías deberán aportar certificación do correspondente organismo, facendoo constar asemade na instancia, sinalando si precisan adaptacións para realización das probas e especificando tales adaptacións. d) Habilitación: Non estar separado/a do servizo de ningunha Administración Pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas. Os/as aspirantes que non tiveran a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidos/as a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública. e) Titulación: Titulación: Estar en posesión do título de Diplomado ou Grao en Terapia Ocupacional ou equivalentes, ou estar en condicións de obtelo antes que remate o prazo de presentación de instancias. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá estarse en posesión da credencial que acredite a súa homologación.

5

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

Tódolos requisitos relacionados con anterioridade posuiranse polo aspirante no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias, debendo de continuar en posesión dos mesmos ata o momento de formalización do contrato. 4ª.- INSTANCIAS. 4.1.- Os que desexen formar parte no concurso-oposición, deberán presentar solicitude no modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Guitiriz e na paxina web do Concello de Guitiriz (www.concellodeguitiriz.com), dirixidas á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz (Anexo I), ou por medio dos restantes medios admitidos legalmente. 4.2.- Para ser admitido ó concurso-oposición os aspirantes manifestarán na súa solicitude de participación, que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na Base 3ª, referidas sempre á data de expiración do prazo de presentación de instancias. De acordo co disposto na ordenanza fiscal reguladora da taxa por tramitación de expedientes e expedición de documentos administrativos (BOP de data 7/01/2008) os aspirantes deberán autoliquidar a correspondente taxa de dereitos de exame por importe de 20,50 euros. As persoas que figuren como demandantes de emprego estarán exentos do pago da taxa se acreditan tal situación mediante certificación da oficina de emprego correspondente. A autoridade convocante, por si ou a proposta do Tribunal, deberá dar conta ós órganos competentes das inexactitudes ou falsedades en que pudiesen incurre-los aspirantes, para os efectos procedentes. 4.3.- Coas instancias deberanse acompañar tódolos documentos xustificativos dos méritos alegados conforme ao baremo que figura na convocatoria. A falta de acreditación dos méritos alegados, determinará a imposibilidade de valoración dos mesmos. 4.4.- O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación das bases no BOP de Lugo. 4.5.- As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz (rúa do Concello, nº4 de Guitiriz), ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 38 da Lei 30/92, de 26 de Novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e o Procedemento Administrativo Común. Deberá de adxuntarse a seguinte documentación: - Fotocopia do D.N.I. -Xustificante da autoliquidación da taxa por dereitos de exame (20,50 euros) ou certificación da oficina de emprego acreditativa da situación de demandante de emprego. - Xustificante da titulación esixida (copia autenticada do título académico). - Documentación xustificativa da fase de concurso. 4.6.- Os erros materiais ou de feito e os aritméticos que se puidesen advertir, poderanse rectificar en calquera momento, de oficio ou petición do interesado. 5ª.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES. 5.1.- Rematado o prazo de presentación de instancias, a Sra. Alcaldesa ditará resolución no prazo máximo de tres días declarando aprobada a lista provisional de admitidos, así como a de excluídos xuntamente coas causas que motivaron a exclusión. Esta resolución publicarase no Taboleiro de Edictos do Concello de Guitiriz e na páxina web do Concello. 5.2.- Perante o prazo de tres días, de conformidade co previsto no art. 71 da Lei 30/92, de 26 de novembro, poderanse corrixir os defectos a que se alude no referido artigo, e formular as reclamacións ás listas provisionais. De non presenta-la solicitude de rectificación ou reclamación no indicado prazo, decaerá no seu dereito, sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes. 5.3.- Se non presentasen reclamacións á lista provisional considerarase definitiva. 5.4.- No suposto de existir reclamacións, estas serán aceptadas ou rexeitadas na mesma resolución do Sr. Alcalde pola que se aprobe a lista definitiva dos admitidos e excluídos, a cal ditarase no prazo máximo de tres días e se fará pública na mesma forma exposta con anterioridade. 6ª.- TRIBUNAL CUALIFICADOR. 6.1.- O Tribunal Cualificador, estará constituído da seguinte forma: Presidente/a: O persoal funcionario da Corporación que se nomee do mesmo grupo de titulación. Secretaria/o: O secretario da Corporación ou funcionario da Corporación en que delegue do mesmo grupo de titulación. Vogais: Tres vogais designados/as pola Alcaldía entre funcionarios da Corporación do mesmo grupo de titulación.

6

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

Os membros do tribunal deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores ós esixidos para o acceso ao posto convocado. 6.2.- Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/92. Así mesmo, os interesados poderán promove-la recusación de acordo co sinalado no artigo 29 da citada norma. 6.3.- O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia, cando menos, de tres dos seus membros. 6.4.- O Tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a valoración dos méritos, así como adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde do concurso-oposición en todo o que non estea previsto nas Bases. Os seus acordos serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 30/92, de 26 de novembro, xa citada. 6.5.- O Tribunal poderá dispoñer da incorporación ós seus traballos de asesores especialistas cando as circunstancias ou a valoración dos méritos así o aconselle. 6.6.- A Resolución que conteña a composición do Tribunal e a data, hora e lugar en que se procederá á valoración de méritos, publicarase no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello de Guitiriz. 7ª.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN. O procedemento de selección será o de concurso-oposición. 7.1. FASE DE CONCURSO DE MERITOS (de 0 a 10 puntos): A fase de concurso de méritos dos aspirantes valoraranse de acordo co baremo seguinte. A puntuación máxima que se poderá obter será de 10 puntos, non sendo necesaria unha puntuación mínima para superar a fase de concurso. A puntuación obtida será sumada á acadada na fase de oposición. Os méritos a que se fai referencia neste baremo deberanse posuír na data en que remate o prazo de presentación de instancias, computándose, en calquera caso, ata dita data, sendo valorados así mesmo só os que se aleguen e xustifiquen documentalmente coa presentación da instancia. 7.1.1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL (de 0 a 6 puntos) A) Por experiencia profesional no desenvolvemento de tarefas ó servizo dunha administración nunha praza de terapeuta ocupacional nos últimos 10 anos: 0,15 puntos por mes completo de servizos ata un máximo de 6 puntos. B) Por experiencia profesional no desenvolvemento de tarefas ó servizo dunha empresa privada nunha praza de terapeuta ocupacional nos últimos 10 anos: 0,10 puntos por mes completo de servizos ata un máximo de 6 puntos. A xustificación deste apartado farase coa presentación de certificado oficial da administración ou empresa na que prestara os servizos, que poderá presentarse coa instancia inicial ou posteriormente na fase de subsanación de deficiencias. Se o tribunal precisa unha aclaración ou matización dalgún extremo do certificado poderá solicitar aos aspirantes que aporten o correspondente certificado desa administración ou empresa. 7.1.2.- FORMACION ACADEMICA (de 0 a 4 puntos) -Estar en posesión de títulos de estudos de postgrado ou cursos superiores de formación impartidos por entidades ou organismos oficiais (universidades, centros de formación de administracións públicas, etc..) e que estén directamente relacionados co posto de terapeuta ocupacional (de 0 a 4 puntos): -Título dun mínimo de dous meses e un mínimo de 150 horas de duración: 0,50 puntos. -Título dun mínimo de catro meses e un mínimo de 300 horas de duración: 1 punto. -Título dun mínimo de seis meses e un mínimo de 600 horas de duración: 2 puntos. A xustificación deste apartado farase coa presentación dos títulos orixinais ou compulsados nos que deberán constar as datas de realización (e as horas nos estudos de postgrado e cursos de formación). Se o tribunal precisa unha aclaración ou matización dalgún extremo do título poderá solicitar aos aspirantes que aporten a correspondente aclaración da entidade que impartiu o curso. A puntuación obtida nesta fase de concurso será computada na valoración final dos aspirantes que superaran a fase de oposición. 7.2. FASE DE OPOSICIÓN (de 0 a 15 puntos) A fase de oposición consistirá na realización de tres exercicios obrigatorios e eliminatorios cunha puntuación máxima de 15 puntos:

7

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

7.2.1.- EXAME ESCRITO. Consistirá no desenvolvemento por escrito nun tempo máximo de dúas horas de dous temas de entre catro elixidos por sorteo público do temario establecido no ANEXO II da convocatoria. Neste exercicio valoraranse os coñecementos, a capacidade de redacción, así como a concreción e a claridade na exposición. Valorarase de 0 a 10 puntos, debendo acadarse unha puntuación mínima de 5 puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non obteñan esa puntuación mínima. 7.2.2.- CASO PRACTICO. Consistirá na resolución dun suposto práctico relacionado con un ou varios dos temas establecidos no ANEXO II da convocatoria. Neste exercicio valoraranse fundamentalmente a capacidade para aplicar os distintos coñecementos teóricos á resolución de supostos prácticos relacionados co posto de trabllo. Valorarase de 0 a 5 puntos, debendo acadarse unha puntuación mínima de 2,5 puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non obteñan esa puntuación mínima. 7.2.3.- PROBA DE COÑECEMENTO DE GALEGO. Consistirá na tradución dun texto de contido administrativo de castelán ao galego nun tempo máximo de 30 minutos. Terá carácter obrigatorio e eliminatorio para aqueles aspirantes que no acrediten antes da súa realización estar en posesión do título de CELGA 4 ou equivalente. Este exercicio será cualificado de apto ou non apto, sendo eliminados aqueles aspirantes que non sexan declarados aptos. 8ª.- LISTA DE APROBADOS E BOLSA DE TRABALLO 8.1.- Rematada as dúas fases anteriores o Tribunal publicará no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello de Guitiriz a relación dos candidatos por orden da puntuación obtida, coa indicación da puntuación acadada en cada unha das fases do proceso selectivo. En caso de empate será nomeado o aspirante que tivese maior puntuación na fase de oposición, e se persiste o empate o aspirante que tivese maior puntuación no primeiro exercicio da fase de oposición. 8.2.- O Tribunal elevará a proposta, ademais da acta da derradeira sesión, ó Sr. Alcalde para que proceda á resolución do expediente de selección de persoal e o nomeamento como persoal funcionario interino. 8.3.- O Tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron a selección un número superior de aspirantes ao do posto convocado. Calquera proposta de aprobados que contraveña ó anteriormente establecido será nula de pleno dereito. 8.4.- Os candidatos que superasen todos os exercicios e non consigan o posto de traballo pasarán a formar parte dunha bolsa de traballo, de tal maneira que, se o Concello precisa dun/a terapeuta ocupacional para realizar algunha substitución, acudirá a dita bolsa seleccionando o primeiro deles. Soamente poderá seleccionar ao seguinte cando aquel rexeitara o posto, o que suporá pasar ó final da lista, salvo que se de a circunstancia de estar de baixa por incapacidade laboral o que deberá xustificarse aportando a documentación necesaria. A bolsa de traballo formada como consecuencia do proceso selectivo que regulan estas bases extinguirase unha vez transcorridos tres anos a contar desde a data da resolución de nomeamento da persoa seleccionada como funcionario/a interino/a. 9ª.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. 9.1.- O aspirante seleccionado en primeiro lugar, no prazo de cinco días naturais contados dende o día seguinte a aquel no que se fixese pública a lista de aprobados, deberá presentar na secretaría do Concello de Guitiriz, os seguintes documentos, agás os que xa obren no expediente: a) Copia autenticada, ou fotocopia que deberá presentarse co orixinal para a súa compulsa, do D.N.I. b) Copia autenticada, ou fotocopia que deberá presentarse acompañada do orixinal para a súa compulsa, do título esixido na convocatoria. c) Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións do posto de traballo. d) Declaración formal, baixo xuramento ou promesa, de non haber sido separado mediante expediente disciplinario, do servizo ás Administracións Públicas, nen se atopar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. e) Declaración formal, baixo xuramento ou promesa, de non atoparse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente. 9.2.- Os que tivesen a condición de funcionarios públicos ou persoal laboral, estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa amosados para obter o seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da administración da que dependeran para acreditar tal condición.

8

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

9.3.- Os que dentro do prazo sinalado, agás nos casos de forza maior, non presentasen a documentación esixida, non poderán ser nomeados, sen prexuízo da responsabilidade en que houbesen podido incorrer por falsedade dimanante da solicitude para participar no concurso-oposición. 10ª.- AQUISICIÓN DA CONDICIÓN DE FUNCIONARIO INTERINO. Pola Sra. Alcaldesa-Presidenta do Concello de Guitiriz, nomearase ao aspirante proposto polo tribunal mediante resolución de alcaldía. O aspirante nomeado deberá tomar posesión no prazo de cinco días naturais, a contar do seguinte ó que lle sexa notificado o cintado nomeamento, debendo prestar previamente xuramento ou promesa, de conformidade co establecido R.D. 707/1979, do 5 de abril. Ata que sexa nomeado/a e se incorpore ó posto de traballo correspondente, o aspirante non terá dereito a percepción económica algunha. 11ª.- INCIDENCIAS. O Tribunal queda facultado para resolver as dúbidas que se presentaren e tomar os acordos necesarios para a boa orde do proceso selectivo, en todo canto non estea previsto nestas bases. 12ª.- LEXISLACIÓN. En todo o non previsto nestas bases, serán de aplicación ás probas selectivas as seguintes disposicións: Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora de Bases de Réxime Local; Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril; Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado por RDL 5/2015, de 30 de outubro; Lei 2/2015, do 29 de abril, de Emprego Público de Galicia; Lei 5/1997, de 22 de xuño, da Administración Local de Galicia. Serán tamén de aplicación o RD 896/91, do 7 de xuño, de regras básicas e programas mínimos; o RD 364/1995, de 10 de marzo, Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; o Real Decreto Lexislativo 1/95, de 24 de marzo, de Estatuto de Traballadores e a Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e o Procedemento Administrativo Común e tódalas demais normas de xeral aplicación para estes supostos. 13ª.- NORMA FINAL. As presentes bases, así como cantas actas administrativas se deriven dela e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

9

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

ANEXO I SOLICITUDE DE PARTICIPACION NO PROCESO SELECTIVO 1.- POSTO DE TRABALLO A QUE ASPIRA: FUNCIONARIO/A INTERINO/A PARA O POSTO DE TERAPEUTA OCUPACIONAL DO CENTRO DE DIA MUNICIPAL

2.- DATOS PERSOAIS: ................................................ ................................................ PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO NOME

.............................................

............................................ ........................................ ......................................... DATA DE NACEMENTO LUGAR DE NACEMENTO PROVINCIA DE NACEMENTO ...................................... ....................................................... DNI DOMICILIO

........../..................... TELEFONO

........................................... ................................................ ..................................... MUNICIPIO PROVINCIA CÓDIGO POSTAL

3.-A CUBRIR POR PERSOAS CON MINUSVALÍA:

4.-DOCUMENTACIÓN QUE SE XUNTA.-Fotocopia DNI -Xustificante da autoliquidación da taxa por dereitos de exame (16 euros) ou certificación da oficina de emprego acreditativa da situación de demandante de emprego. - Xustificante da titulación esixida (copia autenticada do título académico). - Documentación xustificativa da fase de concurso.

O abaixo asinante solicita ser admitido/a ó concurso-oposición a que se refire a presente instancia e declara que son certos os datos obrantes nela, e que reúne as condicións esixidas na base terceira da devandita convocatoria publicada no BOP de Lugo de data_________________que declara coñecer, comprometéndose a probar documentalmente tódolos datos que figuran nesta solicitude.

En

a

de

de 2016

Sinatura

SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ

10

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

ANEXO II – TEMARIO EXERCICIOS TERAPEUTA OCUPACIONAL BLOQUE I. MATERIAS XERAIS Tema 1.- A Constitución española de 1978. Estrutura e principios xerais. Os dereitos fundamentais na Constitución Española. O modelo económico da Constitución. Tema 2.- O tribunal Constitucional. A reforma da constitución. O defensor do pobo. A organización do estado na Constitución: organización institucional ou política e organización territorial. Tema 3.- A Coroa. Sucesión e rexencia. As atribucións do Rei. O refrendo. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento. Tema 4.- A organización territorial do Estado na Constitución. As Comunidades Autónomas. A administración local: principios constitucionais e regulación xurídica. Relacións entre entes territoriais. A autonomía local. Tema 5.- O estatuto de autonomía de Galicia. Organización e competencias. Institucións de Galicia. Tema 6.- A Administración e o dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. A lei e as normas do gobernó con forza de lei. O regulamento e a potestade regulamentaria. Tema 7.- O acto administrativo: concepto, clases e elementos. Requisitos: motivación e forma. Eficacia e validez dos actos administrativos. A notificación e publicación dos actos administrativos. Tema 8.- O procedemento administrativo. Os interesados no procedemento. Fases do procedemento administrativo xeral: iniciación, ordenación, instrución, terminación e execución. O silencio administrativo. Tema 9.- Revisión dos actos en vía administrativa: revisión de oficio e recursos administrativos. Tema 10.- A administración local: entidades que a integran. O municipio: concepto e elementos. O termo municipal. A poboación municipal. O padrón de habitantes. O estatuto dos veciños. Tema 11.- A organización municipal: os municipios de gran poboación e os municipios de réxime común. Órganos necesarios nos municipios de réxime común: o Alcalde, os tenentes de Alcalde, a Xunta de Goberno Local. Tema 12.- Órganos complementarios nos municipios de réxime común: comisións informativas e outros órganos. Os grupos políticos. Tema 13.- As competencias municipais: sistemas de determinación. Competencias propias, compartidas e delegadas. Os servizos mínimos. A reserva de servizos. Tema 14.- A provincia. Organización Provincial e competencias. Tema 15.- Outras entidades locais. Mancomunidades. Comarcas e outras entidades que agrupen a varios municipios. As áreas metropolitanas. As entidades locais de ámbito inferior ao municipio. Os consorcios. Tema 16.- Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno nos Concellos. Convocatoria e orde do día. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. Tema 17.- Ordenanzas, regulamentos e bandos. Procedementos de elaboración e aprobación. Tema 18.- O persoal ao servizo da Administración local: funcionarios, persoal laboral e persoal eventual. Réxime xurídico: dereitos e deberes. Tema 19.- O rexistro de documentos: concepto. O rexistro de entrada e saída: o seu funcionamento nas Corporación locais. Presentación de instancias e outros documentos nas oficinas públicas. Tema 20.- O Orzamento Xeral das Entidades Locais. Principios e documentos de que consta. Procedemento de elaboración e aprobación. Principios xerais de execución. Modificacións orzamentarias: clases. BLOQUE II. MATERIAS ESPECÍFICAS. 1.- Principios fundamentais da Bioética: dilemas éticos. Código deontolóxico. 2.- Técnicas e habilidades de comunicación: relación profesional –paciente. 3.- Traballo en equipo. Colaboración con outros profesionais. 4.- O segredo profesional: concepto e regulación xurídica. O consentimento informado. 5.- Os dereitos e os deberes dos cidadáns no sistema de saúde. 6.- Definición de terapia ocupacional. O desenvolvemento da terapia ocupacional. 7.- Ferramentas de traballo dopterapeuta ocupacinal: Fucnión e obxectivos. 8.- O servizo dun terapeuta ocupacional nun Centrod e Día. 9.- Avaliación en terapia ocupacional. Diferenzas entre avaliación e valoración. 10.- Intervención en terapia ocupacional.

11

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

11.- Competencias e función do/a terapeuta ocupacinal no equipo interdisciplinar nos diferentes ámbitos de intervención. 12.- Promoción da saúde. Educación par a saúde individual, grupal e comunitaria en terapia ocupacional: concepto, metodoloxía e técnicas didácticas. 13.- Análise da actividade. Modelos para a análise da actividade. A graduación da actividade. 14.- Actividades da vida diaria. Valoración. 15.- Actividades da vida diaria: clasificación. Relación coa terapia ocupacional. 16.- Actividades productivas en terapia ocupacional. 17.- Ocio en terapia ocupacional. 18.- Fisiopatoloxía do envellecemento: envellecemento fisiolóxico e patolóxico: valoración xeriatrica integral: papel do terapeuta ocupacional. 19.- Intervención da terapia ocupacional nas síndromes xeriátricas de maior incidencia: deterioración funcional, inmovilismo, caídas, incontinencia urinaria e demencia. 20.- Intervención da terapia ocupacional na enfermidade cardíaca e respiratoria. 21.- Intervención da terapia oacupacional en apatoloxía de orixe reumatolóxico, osteo-articular e de partes blandas: artrite, artrose e osteoporose. 22.- Intervención da terapia ocupacional no paciente hemipléxico (I). Valoración sensitivo-motriz e cognitiva, valoración funcional para as actividades da vida diaria. 23.- Intervención de terapia ocupacional no paciente hemipléxico (II). Adestramento e reeducación funcional según as distintas técnicas aplicadas á terapia ocupacional. 24.- Intervención da terapia ocupacional no paciente hemipléxico (III). Adestramento e reeducación neuropsicolóxica e cognitiva, adestramento e reeducación para as actividades da vida diaria. Axudas técnicas. 25.- Intervención no paciente con enfermedades neurodexenerativas. Programa de actuación co paciente con Parkinson. 26.- Intervención da terapia ocupacional nas persoas afectadas de accidentes cerebrovasculares e traumatismos craneoencefálicos. 27.- Intervención da terapia ocupacional en pérdidas sensoriais : visuais, e auditivas. comunicación aumentativa e alternativa.

Sistema de

28.- Estimulación cognitiva en terapia ocupacional. 29.- Estratexias de intervención na dor crónica. 30.- Órteses e próteses: concepto, clasificación, funcións e mecanismos de acción. 31.- Tratamento individual en terapia ocupacional. O equipo multidisciplinar. 32.- Habilidades e destrezas: manipulativa, de adaptación, de interacción e comunicación e para a creatividade. 33.- Concepto de adaptación e axudas técnicas. Criterios de selección. Axudas técnicas para o coidado persoal, alimentación, fogar, ocio e tempo libre. 34.- Axudas técnicas (I). Axudas ortoprotésicas: clasificación, descripción e funcionamento. Adestramento nas actividades da vida diaria. 35.- Axudas técnicas (II). Axudas técnicas par a autonomía persoal no fogar. arquitectónicas.

A supresión de barreiras

36.- Axudas técnicas (III). Axudas técnicas para a comunicación. Comunicación alternativa. 37.- Trastornos orgánicos por deterioro progresivo: Demencias. Avaliación do deterioro cognitivo. Prevención nos grupos de risco. Adestramento e mantemento nas actividades da vida diaria. Ámbito de actuación. Orientación familiar. Actuación en equipo. 38.- Axudas técnicas para a mobilidade e o transporte. Clasificación, funcións e criterios de selección. 39.- Evaluación ambiental. Intervención da terapia ocupacional na adaptación ambiental. Dispositivos de control do entorno. 40.-Xénero e saúde. Violencia. ” Guitiriz, 5 de maio de 2016.- A alcaldesa, Regina Polín Rodríguez R. 1393

12

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

OUROL Anuncio A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol, en sesión extraordinaria celebrada o día 22 de abril de 2016, prestou aprobación ao Padrón de AUGA correspondente ao 4º TRIMESTRE de 2015. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado a definitivo se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación. Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o órgano que o aprobou, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación. ANUNCIO DE COBRANZA De conformidade co disposto nos artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 939/2005), do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario dous meses, a contar dende o día 1 de xuño de 2016 ata o 1 de agosto de 2016, ambos inclusive. Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición nas oficinas municipais para efectuar o pago. A falta de pago do canon da auga da Xunta de Galicia no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia. Transcorrido o prazo de pagamento en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento xeral de recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremo, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, xeral tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria. Ourol, 9 de maio de 2016.- O Alcalde – Presidente, José Luis Pajón Camba R. 1394

PEDRAFITA DO CEBREIRO Anuncio Pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 05 de maio de 2016, prestouse aprobación inicial o padrón correspondente ao primeiro trimestre do ano 2016 das: Taxa polo subministro de auga. Taxa pola recollida de lixo. Taxa canon de auga. Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago das taxas, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente edito no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentalas reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.

13

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

Así mesmo, de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso- administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida Xurisdición. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. ANUNCIO DE COBRANZA. De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 1684/1990, do 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario ata o 31/07/2016. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ao enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectuar o pago en calquera oficina de Caixa Galicia. No caso de non recibilos, o obrigado ao pagamento deberá persoarse nas Oficinas Municipais, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e no seu caso das costas do procedemento de apremio. No caso do Canon da auga a falta de pago no periodo voluntario suporá a esixencia do mesmo pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano correspondente da Xunta de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación. A presente publicación ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do establecido no artigo 102.3 da indicada Lei Xeral Tributaria. En Pedrafita do Cebreiro, a 10 de maio de 2016.-O alcalde, José Luis Raposo Magdalena. R. 1395

RIBADEO Anuncio De conformidade coa Resolución de Alcaldía de data 03/02/2016 por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicacion, para a adxudicación do contrato de servizos relativo a ACTIVIDADES CULTURAIS-CAMPAMENTOS DE VERÁN 2016 conforme aos seguintes datos: 1. Entidade adxudicadora: CONCELLO DE RIBADEO A) Dependencia que tramita o expediente. SECRETARIA Obtención de documentación e información: 1) Dependencia. Negociado de Contratación 2) Domicilio. Praza de España, 1 3) Localidade e código postal: Ribadeo 27700 4) Teléfono. 982 128650 5) Telefax. 982 130975 6)Correo electrónico. [email protected] 7) Enderezo de Internet do perfil do contratante. http://ribadeo.sedelectronica.gal/contractor-profile-list 2. Obxecto do Contrato: Contrato de servizos, procedemento aberto, varios criterios de adxudicación vinculados directamente co obxeto do contrato Lugar de execución/entrega: Ribadeo 1) Domicilio. Praza de España, 1 2) Localidade e código postal. Ribadeo, 27700.

14

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

3. Prezo do contrato: A) LOTE 1 COLONIAS URBANAS PARA NENOS E NENAS DE INFANTIL e 1º E 2º CICLO DE .-16.500€ 50€/NEN@

PRIMARIA 2016

B) LOTE 2 CAMPAMENTO TÉMATICO DE VERÁN PARA 40 NENOS E NENAS de 3º, 4º e 5º 1 ao 8 de xullo no Colexio CEIP Gregorio Sanz .-10.000 € 250 €/NEN@

de primaria do

C) -LOTE 3 CAMPAMENTO CULINARIO DE VERÁN PARA 40 NENOS E NENAS de 12 A de xullo no Colexio CEIP Gregorio Sanz ..10.000 € 250 €/NEN@.

16 ANOS. Do 11 ao 18

TOTAL .....................................36.500€ (IVE INCLUIDO) 4. Garantías esixidas. Definitiva (%): 5 po 100 do prezo da adxudicacion, sen IVE 5. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional. 6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación. 15 dias dende a data de publicación no BOP de Lugo. b) Modalidade de presentación. As previstas no art. 38.4 da lei 30/1992 de 26 de novembro, de RXAPPAC. c) Lugar de presentación: 1. Dependencia. EXCMO CONCELLO DE RIBADEO 2. Domicilio. Praza de España, 1 3. Localidade e código postal: Ribadeo 27700 4. Enderezo electrónico: [email protected]. 7. Apertura de ofertas: A partir do 3º día hábil tras do remate do prazo de presentación das proposicións, a partir das 13,00 horas. Ribadeo, a data da sinatura electrónica.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA. R. 1420

SAMOS Anuncio Aprobados pola Xunta de Goberno Local en data 05/05/2016, os padróns municipais dos Prezos Públicos polos servizos de axuda no fogar e vivendas comunitarias/apartamento tutelado, correspondentes a ABRIL de 2016, expoñense ao público polo prazo de 15 días contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no B.O. P., rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados. O cobro dos mesmos realizarase mediante ingreso dos contribuintes na conta do Concello no Banco Pastor ou BBVA de Samos. Fixanse como periodo de cobro en voluntaria: *Do Prezo Público polo servizo de axuda no fogar con carácter posterior á prestación do servizo carácter específico, durante os vinte primeiros días do mes seguinte.

e con

* Do Prezo Público polo servizo de vivendas comunitarias e apartamento tutelado o prazo de cinco días, dende o día seguinte a exposición deste anunico no BOP. Este anuncio ten carácter de notificación colectiva ó amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Durante o devandito prazo os interesados poderán examinar e formular contra os actos que se notifican ante a Xunta de Goberno Local deste Concello, recurso de reposición previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a contar dende a exposición pública dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. Transcurrido o periodo de pago en voluntaria as débedas serán esixidas polo procedemento de apremio a través do servizo provincial de recaudación.

15

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016

B.O.P de Lugo

En Samos, a 5 de maio de 2016.- O ALCALDE, Julio Gallego Moure. R. 1397

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL Nº 3 DE LUGO Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrada da Administración e Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER: Que no PROCEDEMENTO 1144/14 deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de D ANTONIO FERNÁNDEZ PRADO, JOSÉ MANUEL ÁLVAREZ RODRÍGUEZ, ÓSCAR ALONSO DÍAZ Y MANEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ, contra a empresa , sobre DESPEDIMENTO, ditouse sentenza en data 4 de Maio de 2016, cuxa parte dispositiva se adxunta: “DECISIÓN.-1.Acollo a demanda formulada por Antonio Fernández Prado, José Manuel Álvarez Rodríguez, Óscar Alonso Díaz e Manuel González González contra FACTORIAS FERNÁNDEZ, SA polo que condeno a FACTORIAS FERNÁNDEZ, SA ao pagamento das seguintes cantidades (sobre as que se reportarán os xuros do 10por cento):2942,40 euros a Antonio Fernández Prado;3171,72 euros a José Manuel Álvarez Rodríguez;3026,23 euros a Óscar Alonso Díaz;2942,40 euros a Manuel González González.2.As custas do procedemento (que incluirán os honorarios do/a letrado/a-graduado/a social da parte actora ata o máximo de 600 euros) serán aboadas por FACTORIAS FERNÁNDEZ, SA.-Esta resolución seralles notificada ás partes, indicándoselles que poden formular un recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, recurso que, de ser o caso, deberán anunciar ante este mesmo Xulgado mediante unha comparecencia ou por escrito no prazo dos cinco días hábiles seguintes ó da notificación da resolución e depositando as cantidades previstas legalmente na conta da entidade BANESTO núm. 2324000065, indicando o número de autos.-De non se anunciaren o recurso contra a resolución, deberán arquivarse as actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-Rubricado.-Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada-xuíza foi entregada, lida e publicada esta data e na miña presenza. Dou fe, como letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-María de los Ángeles López Carballo.Rubricado”. E para que sirva de notificación en legal forma a FACTORÍAS FERNÁNDEZ S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de LUGO. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. En LUGO, a cinco de Maio de dous mil dezaseis.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 1383

COLEXIO OFICIAL DE SECRETARIOS, INTERVENTORES E TESOUREIROS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL DA PROVINCIA DE LUGO Anuncio Colegio Oficial de Secretarios, Interventores y Tesoreros de la Administración Local de la Provincia de Lugo. Censo electoral. Por acuerdo de la Junta de Gobierno adoptado en sesión extraordinaria celebrada el 30 de marzo de 2016 se aprobó provisionalmente el censo de colegiados que ostentan el derecho de sufragio activo y pasivo en el procedimiento electoral a celebrar en la sede colegial el próximo 4 de junio de 2016 (convocado mediante anuncio insertado en el BOP Nº 107 de 10 de mayo de 2016), que a continuación se relacionan: Id

APELLIDOS Y NOMBRE

1

Mª Carmen Rábade Teijeiro

2

Mª Carmen García Val

3

Montse Casas Cabido

4

Mª Esperanza Garmendia Núñez

5

Elisa Muñoz Álvarez

6

Víctor Voces López

16

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016 7

María Luz Balsa Rábade

8

Begoña Teijeiro Campos

9

Ana Mª Rivas Garcia

10

Antonio Lorenzo Morandeira

11

Vicente Pastor Martínez

12

Beatriz Bouza Pico

13

Ana Sampedro Millares

14

Alejandra Dolores Fandiño Sánchez

15

Antía Pena Dorado

16

Mª Teresa Buján Mosquera

17

Marco Antonio Garcia-Gabilan Sangil

18

Ana Ramos Ramos

19

Mª Cristina Gonzalez Santín

20

Mª Pilar Darriba Muñoz

21

Ana Barreiro Gómez

22

Julio Gonzalez Casanova

23

José Luis Vázquez Mendez

24

Águeda Martínez de Azcoitia

25

Ruth López-Mosquera García

26

Begoña Gonzalez Pedregal

27

Begoña Teijeiro Campo

28

Jose Mª. Baños Campo

29

Mónica Vázquez Fandiño

30

Rosa Pérez López

31

José Ignacio López López

32

Mª Jesús Mosquera Carregal

33

Mª Celia González Vázquez

34

Anabel Corral Corral

35

José López González

36

Begoña Carrasco García

37

Pedro Pardo Fernández

38

Rafael Castillo Reboiro

39

Juan Hernando Rosa Ruiz

40

Luis Nieto Lago

41

José Ángel Balseiro Anido

42

Luis Ramón Vázquez Parga

43

Leticia Rodríguez Díaz

44

Manuel Fernandez Fernandez

45

Ana Isabel Candame Areosa

46

José Antonio Carro Asorey

47

Mª Aranzazu Sastre Carracedo

48

Belén López López

49

Elena Fernández del Valle

50

Nadia Díaz Vázquez

51

Mª Luz Hermida Pernas

52

Carlos Temprano Temprano

53

Alfredo Sesar Peón

B.O.P de Lugo

17

Núm. 113 – Miércoles, 18 de Mayo de 2016 54

Ana Mª Rubiera Alvarez

55

Mª Elena Sueiro Fernández

56

Rosa Abelleira Fernandez

57

José Ferreiro Fernandez

58 59

Manuel Castiñeira Castiñeira Alejandro Fontela Pereira

B.O.P de Lugo

Lo que se expone al público, por un plazo de quince días contados a partir de la publicación de este anuncio en el BOP de Lugo, para que todos los interesados puedan examinarlo y presentar las reclamaciones que consideren oportunas. Transcurrido el período de exposición al público del censo de colegiados, la Junta de Gobierno resolverá las reclamaciones presentadas y acordará la aprobación definitiva del mismo. Lugo, a 12 de mayo de 2016.-El Presidente, Jose Antonio Carro Asorey. R. 1452

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 18.05.2016 08:00:02 CEST Razón: Localización: España