Documento no encontrado! Por favor, inténtelo de nuevo

xunta de galicia concellos - Deputación de Lugo

18 may. 2015 - As obras solicitadas consisten no peche con chantos de madeira e arame ao largo do río Xunco a 5 m da canle da parcela 1 do polígono 65 ...
256KB Größe 11 Downloads 66 vistas
LUNES, 18 DE MAYO DE 2015

Nº 111

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS. AUGAS DE GALICIA SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio María Jesus Valle González, con DNI 76557729K, solicita de Augas de Galicia autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.48341 As obras solicitadas consisten no peche con chantos de madeira e arame ao largo do río Xunco a 5 m da canle da parcela 1 do polígono 65 no lugar de Ponte de Rúa, parroquia de Rúa no concello de Cervo (Lugo). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Cervo ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 29 de abril de 2015.- A xefa da Sección de DPH, Beatriz Cobelas Martínez R. 1998

CONCELLOS BEGONTE Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación, na sesión extraordinaria celebrada o día 8 de maio de 2015, o expediente de modificación de créditos núm. 5 /2015, ( 2º de competencia do pleno), dentro do vixente Presuposto municipal, por un importe de Quince mil euros ( 15.000,00 €) , con modificación do anexo de inversións ; en cumprimento do disposto no artigo 117.2 en relación co 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaria deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que empezará a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as que deberán ser dirixidas ao Sr. AlcaldePresidente deste Concello. O que se fai público para xeral coñecemento e efectos. Begonte, a 8 de maio de 2015.- O Alcalde- Presidente, José Ulla Rocha. R. 2011

BÓVEDA Anuncio Corrección de erros.- Edicto publicado no B.O.P. de Lugo nº 153 de data 05/07/2014, polo que se anuncia a aprobación definitiva da modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do S.A.F. Advertido erro material no edicto de referencia, publicado no B.O.P. nº.: 153 de data 05/07/2014 (páxinas 1 a 3) , cómpre realizar a seguinte corrección: Na páxina 4ª e 5, onde dí:

2

Núm. 111 – Lunes, 18 de Mayo de 2015

B.O.P de Lugo

“Artigo 4º.- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes valoradas , con dereito de atención recoñecido , usuarias do servizo de axuda no fogar. Se aplicará o disposto no Decreto 149/2013, de 5 de setembro , polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo ,(ou norma que legalmente os substitúa) , que establece o seguinte: Cada entidade local titular do servizo, para facer efectiva a obriga de participar no custo do servizo por parte das persoas usuarias dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, aplicará a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado: Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata

Grao I

Grao II

Grao III