concellos - Deputación de Lugo

22 ago. 2017 - FIAT STILO. LU-8778-W. HONDA CR-V. PO-3967-AU. VOLKSWAGEN POLO. M-9038-VH. AUDI A4. B-5399-TF. HYUNDAI COUPE. SEGUNDO: Advertir que transcorrido o prazo citado procederáse ó traslado dos vehículos como residuo sólido urbano e a conseguinte poxa dos mesmos ou á sustitución ...
253KB Größe 4 Downloads 52 vistas
MARTES, 22 DE AGOSTO DE 2017

Nº 192

CONCELLOS ALFOZ Anuncio Información pública Aprobado por Decreto da Alcaldía, do 9 de agosto de 2017 os seguintes padróns correspondentes ao primeiro trimestre de 2017: ♦ Padrón da taxa polo abastecemento de auga, no que se inclúe o canon de auga e taxa de vertedura e dereito de acometida ♦ Padrón da taxa por recollida de lixo De conformidade co disposto na Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, O Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, e as ordenanzas reguladoras correspondentes, exponse ó publico polo prazo de quince días contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo, a efectos de exame e reclamacións. Fixase o período de cobro en voluntaria dende o 15 de setembro ata o 15 de novembro de 2017, ámbolos dous inclusive. A falta de pagamento no período voluntario, pasarase ó seu cobro pola vía de constrinximento, coas recargas previstos no artigo 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo. E canto ao canon da auga e taxa de vertedura, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia Recurso; Contra o acordo de aprobación dos padróns de abastecemento de auga e recollida de lixo poderá interporse recurso de reposición. O prazo de presentación será un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns ante o Alcalde. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdición. A repercusión do canon da auga e taxa de vertedura poderá ser obxecto de reclamación económicoadministrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria Alfoz, 9 de agosto de 2017.- O Alcalde, Jorge Val Díaz R. 2445

O CORGO Anuncio BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR COMPLEMENTARIA DA BOLSA CONSTITUIDA EN XULLO DE 2016. PRIMEIRA.- OBXECTO E NORMATIVA APLICABLE. Por Resolución da Alcaldía do 31 de maio de 2016 aprobáronse as bases do procedemento selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda no fogar (BOP de Lugo do 6 de xuño de 2016),

2

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

formándose, trala realización do procedemento selectivo, unha bolsa para contratacións temporais segundo as necesidades do Servizo de Axuda no Fogar, válida ata o 31 de decembro de 2018. Co gallo de completar a citada bolsa formada no ano 2016 e ter máis candidatos para cubrir as necesidades do servizo, realízase a presente convocatoria que ten por obxecto, de igual xeito, a selección de candidatos para a formación dunha bolsa de emprego para auxiliares de axuda a domicilio segundo as necesidades do servizo, tales como vacacións, incapacidades laborais transitorias, substitución de persoal con dereito a reserva do posto de traballo, acumulación de tarefas, etc, e que será válida, de igual xeito, ata o 31 de decembro de 2018. Esta bolsa de emprego será complementaria da anterior, é dicir, respectarase a prioridade desta e os candidatos que superen este proceso selectivo ocuparán os postos seguintes aos da bolsa número 1, tendo prioridade para os chamamentos os candidatos da bolsa número 1 e de seguido os da bolsa número 2. En consecuencia, esta bolsa número 2 utilizarase no caso de esgotamento dos candidatos da bolsa número 1, ben por estar traballando ou por non poder formalizar un novo contrato cos mesmos. Así mesmo, os candidatos que xa figuran na bolsa número 1 non poden acudir a este procedemento selectivo, senón que manteñen o posto que teñen na bolsa número 1. O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións: Real decreto lexislativo 5/2015 de 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposición básicas); na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei da función pública de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se opoña o Real decreto lexislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposición básicas); na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do estado e demais disposicións aplicables. SEGUNDA.- FUNCIÓNS. O cometido funcional será o establecido no Decreto 99/2012, de 26 de marzo, pola que se regulan os servicios comunitarios e o seu financiamento e Art. 4 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, polo que se regula o servizo de axuda no fogar. TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo: a) Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 do EBEP, ou nacionais de Estados membros da Unión Europea ou calquera que sexa a súa nacionalidade, aos cónxuxes dos españois e dos nacionais de estados membros da UE, nos termos do Art. 57 do EBEB. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. e) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 3 (ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1ª da Orde de 16 de xullo de 2007). Non obstante, no caso de non poder acreditar este título, poderase acreditar no primeiro exercicio do sistema selectivo que se indica na cláusula seguinte. f) Estar en posesión do permiso de conducir da categoría B e dispoñer de vehículo. g) Certificado de estudios primarios ou de escolaridade. h) Estar en posesión do título de formación profesional de grado medio de atención sociosanitaria ou equivalente, regulado no Real Decreto 496/03, de 2 de maio, ou en posesión do certificado de profesionalidade

3

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, como por exemplo o título de técnico en cuidados auxiliares de enfermería ou o título de técnico en atención a persoas en situación de dependencia. CUARTA.- SISTEMA SELECTIVO O proceso de selección consistirá na realización dunhas probas selectivas e un concurso de méritos (concurso-oposición): 1º EXERCICIO: obrigatorio para aquelas persoas que non poidan acreditar o coñecemento de galego no nivel CELGA 3 (ou o curso de iniciación), nos termos establecidos na disposición adicional 1ª da Orde de 16 de xullo de 2007. Os candidatos que se atopen na circunstancia anterior deberán realizar un exame consistente en traducir un texto sen dicionario, elixido libremente polo tribunal, do castelán ao galego. Esta proba terá unha duración de 20 minutos. Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto. 2º EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá nunha proba escrita, tipo test de 40 preguntas, a desenvolver en 40 minutos, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, sobre o contido do programa especificado na convocatoria que figura no anexo II. Cada resposta correcta sumará 0,60 puntos. As preguntas non contestadas ou contestadas incorrectamente non restarán. Para superar este exercicio será necesario acadar un mínimo de 12 puntos e puntuará ata un máximo de 24 puntos. 3º.- CONCURSO DE MÉRITOS: - Valorarase a experiencia en postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar, desempeñado nesta Administración Pública, ata un máximo de 15 puntos, a razón de 0,10 puntos por mes completo traballado. - Valorarase a experiencia en postos de traballo de Auxiliar de Axuda no Fogar ou similar, desempeñado noutra Administración Pública, en empresas públicas ou Consorcios derivados de convenios de colaboración, e en empresas privadas ata un máximo 10 puntos, a razón de 0,10 punto por mes completo traballado. Entenderase por mes completo traballado 30 días naturais. Se os candidatos acreditasen días naturais soltos de traballo, como consecuencia de diversos contratos ou servizos prestados, estes sumaranse ata acadar 30 días naturais (1 mes completo). Se sobrasen días cuxa suma non chegue a 30 días naturais, desprezaranse na puntuación. Entenderase por posto de traballo similar aqueles que teñan por finalidade o coidado de persoas da terceira idade ou dependentes, como por exemplo, os desenvolvidos en centros de día ou residencias da terceira idade, etc. Só computarán os méritos acreditados na data de finalización de presentación de solicitudes. - Pola realización de cursos de formación relacionados co posto de traballo a desempeñar (non se valorará máis dun curso con igual contido), ata un máximo de 4 puntos: De menos de 10 horas: 0,10 puntos/ curso. De 11 a 50 horas lectivas: 0,50 puntos/ curso. De 51 a 100 horas lectivas: 1,00 puntos/curso De máis 100 horas lectivas: 1,50 puntos/curso A puntuación total virá determinada pola obtida no segundo exercicio máis a obtida no concurso de méritos. Poren, os méritos só puntuarán se se supera o exercicio teórico. No caso de empate nas puntuacións finais (concurso + oposición) entre dous o máis candidatos, desempatarase co candidato que teña máis servizos prestados neste concello. O tribunal elevará proposta de bolsa de emprego ao órgano competente cos candidatos que superaron o proceso ordeados por puntuación obtida. QUINTA.- DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA A APORTAR 1.- Para valorar a experiencia en postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar ou similar deberá inescusablemente aportarse a seguinte documentación, sen a cal non se valorarán os méritos: a) Contratos de traballo nos que se especifique os servicios para os que foi contratado. No caso de que non conste deberá aportarse un certificado da Administración ou empresa na que figure tal extremo. b) Vida laboral do traballador co fin de computar o tempo efectivo de traballo desenvolvido. No suposto de que non conste o tipo de traballo obxecto do contrato non se computará como mérito. c) Certificados ou diplomas dos cursos alegados polo candidato, no que conste o número de horas, título do curso, programa.

4

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

No caso de que no diploma non figure o programa e/ou o numero de horas, o candidato deberá aportar o programa do curso expedido pola entidade que organizou e impartiu o curso, ou no seu defecto a convocatoria, que debe corresponderse co titulo que conste no diploma no que figure o programa e/ou o número de horas. Só se valorarán os cursos que se correspondan coas funcións do traballo a desenvolver, e sempre que se acompañen dos datos indicados. d) Os candidatos para non ter que realizar o exame la lingua galega, deberá acreditar o CELGA 3 ou cursos de iniciación mediante os correspondentes diplomas ou certificados de posuir o citado nivel. SEXTA.- ANUNCIO DA CONVOCATORIA E SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES. As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web www.concellodocorgo.com As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo I da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/92 do 26 de novembro, do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, (en sucesivas mencións Lei 30/92), no seu artigo 38, no prazo de cinco (5) días hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día de prazo coincide con sábado, domingo ou festivo, entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Se no prazo de 2 días hábiles a contar desde o seguinte á finalización do prazo de presentación non se recibe a solicitude, esta quedará rexeitada, polo que se recomenda a súa presentación no rexistro xeral das oficinas municipais do Concello do Corgo. No caso de presentar a solicitude noutro lugar ou por outro medio, o interesado deberá acreditar o dito envío, remitindo o mesmo día copia da solicitude e do xustificante do pago da taxa ao fax 982302068 ou por mail a [email protected]. Sen este requisito a solicitude non será admitida en ningún caso. As solicitudes poderanse remitir, así mesmo, na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Faise constar que ao día da data a sede electrónica do concello do Corgo non se atopa habilitada. Na solicitude os aspirantes manifestarán que reúnen tódolos requisitos da convocatoria e aportarán a documentación acreditativa dos méritos que alegan, ben en orixinal ou ben en copia compulsada, achegándoos xunto coa súa solicitude, na que se relacionarán os méritos que se aportan. No suposto de que o interesado desexe aportar os documentos orixinais, o interesado terá dereito á expedición pola oficina do Rexistro deste concello dunha copia selada do documento orixinal no momento da presentación. Para o exercicio deste dereito, o interesado deberá aportar xunto co orixinal copia do mesmo, para que o funcionario, previo cotexo deste con aquel, o dilixencie cos datos que figuran no Art. 7 nº 2 do Real Decreto 772/1999, de 7 de maio. O cotexo non devengará ningunha taxa, segundo a ordenanza fiscal vixente deste concello. Pola contra, se o interesado preferise deixar unha copia do documento orixinal, en vez deste, esta deberá ser compulsada. No caso de prestar este servizo de compulsa neste concello, devengarase a taxa establecida na ordenanza municipal en vigor. Xunto coa solicitude, os aspirantes deberán achegar xustificante bancario de ingreso da taxa pola participación en procedementos selectivos de empregados públicos convocados por este concello, que de conformidade coa ordenanza municipal ascende a 15 €. O ingreso da taxa deberá realizarse na conta número ES9020800156473110000020. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e transcorridos os dous días hábiles para recibir a documentación presentada en Correos ou en Rexistros diferentes ao deste concello, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de 2 días hábiles, ordeando a publicación da lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as. Esta resolución publicarase unicamente no taboleiro de edictos da casa do Concello e na páxina web: www.concellodocorgo.com, sinalándose un prazo de dous (2) días hábiles, contados a partires do seguinte ao da súa publicación nos referidos medios, para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. No caso de presentarse noutros rexistros diferentes ao do concello, as emendas deberán recibirse nun plazo máximo de 2 días hábiles contados a partir do seguinte ao de finalización do prazo anterior. Se estes prazos finalizaran en sábado entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Na publicación indicarase o nome e apelido, DNI dos aspirantes, con indicación dos que non precisan a realización do exercicio de galego. Rematado o prazo de subsanación e transcorridos os dous días hábiles referidos anteriormente, ditarase resolución nun prazo máximo de 2 días hábiles, a contar a partir do seguinte á finalización do prazo anterior, elevando a definitiva a lista de admitidos e excluídos, así como os candidatos que teñan que realizar o exercicio de galego, e nela se sinalará a composición do tribunal cualificador. A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe e ordene a publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos.

5

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

Non obstante, o feito de figurar na lista definitiva de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos na base terceira das presentes bases. Os datos persoais (nome, apelidos e, no seu caso, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, é co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación. Contra a resolución do alcalde pola que se declaren definitivamente excluídos do proceso selectivo, o interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de un mes, a contar desde o día seguinte á publicación no taboleiro de anuncios da devandita resolución, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo, no de dous meses desde a citada data. Non se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo ata que sexa resolto expresamente o recurso de reposición ou se producise a súa desestimación presunta. SÉTIMA.- TRIBUNAL CUALIFICADOR. 7.1 Composición: De conformidade con canto se establece polo artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, o tribunal terá a seguinte composición: •Presidente: Un empregado público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. •Secretario: Un empregado público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. •Vogais: Tres empregados públicos con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ao posto convocado. O nomeamento dos membros do tribunal e os seus suplentes, realizarase por Decreto do alcalde, e publicarase no taboleiro de anuncios e na páxina web. O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do presidente e do secretario ou dos que legalmente os substitúan. O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Ditos asesores actuarán con voz e sen voto limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal. Os membros do tribunal, así como os asesores ou colaboradores, que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas, agás que estean prestando servizos nesta entidade local. 7.2 Adopción de acordos: O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a valoración dos méritos. Concluidas as probas, elevarase proposta de candidatos para a formalización da bolsa de emprego, complementaria da bolsa constituida en xullo de 2016. 7.3 Data e lugar de constitución do Tribunal O Tribunal constituirase na casa do concello nun prazo non superior a 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte á data na que se publique o seu nomeamento. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. Na constitución do tribunal fixarase a lugar, data e hora para a celebración da proba selectiva, que terá lugar, como máximo nun prazo de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte á data de constitución. A data, lugar e hora das probas publicarase no Taboleiro de edictos e na páxina web municipal: www.concellodocorgo.com. 7.4.- Abstención e Recusación. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no artigo 28 da Lei 30/92. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme ao artigo 29 da citada lei.

6

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

OITAVA.- APORTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DOS CANDIDATOS/AS. Os candidatos propostos integrados na lista, deberán achegar no prazo de 5 días, anteriores a súa contratación a seguinte documentación, salvo que xa a presentaran anteriormente, xunto a instancia de participación: -

Copia compulsada do DNI ou documento de identificación do estranxeiro cidadán dun Estado membro da UE.

-

Copia compulsada ou documento orixinal, para o seu establecidos na base terceira.

-

Certificado médico actualizado a datas inmediantamente anteriores á contratación acreditativo de posúir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

-

Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.

-

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, o acceso ó emprego público.

-

Declaración xurada de non encontrarse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión.

cotexo, da titulación esixida nos termos

Os aspirantes que fagan valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificado dos órganos competentes que acredite tal condición e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da administración sanitaria acreditativo de compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base, e agás nos caso de forza maior, ou cando do exame da mesma se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorreran por falsidade na solicitude de participación. NOVENA. IMPUGNACIÓN. Contra as presentes bases, sendo que o seu acordo aprobatorio é definitivo en vía administrativa, poderase interpor polos interesados lexitimados os seguintes recursos: Con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto recurrido no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. Se transcorrera un mes dende o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición, sen que este fora resolto, poderá entenderse que foi desestimado para interpor o recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses. Recurso contencioso-administrativo á súa elección ante o Xulgado do Contencioso administrativo de Lugo dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao da publicación das bases no BOP. Contra cantos actos administrativos se deriven das bases e da actuación do tribunal, poderán ser interpostos polos interesados os oportunos recursos nos casos e na forma establecidas na Lei 30/1992, e na Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa O Corgo, a 10 de agosto de 2017.- O ALCALDE, P. D. O 1º TENIENTE ALCALDE, Felipe Labrada Reija

7

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

ANEXO I. MODELO DE INSTANCIA

Dna/D………………………………………………...………………......................................………………....…, con DNI ou documento de estranxeiro nº …………………….......................….., con domicilio aos efectos de notificación en …………………………………………….......................……………………., nº de teléfono …………………………………. e e-mail……………………………………..,

EXPÓN: Que reúne todas as condicións esixidas polas bases da convotaria para participar no proceso selectivo para ………………………………………………….....……………. Convocatoria anunciada no BOP de Lugo nº …….……, de data………………………. En virtude do que solicito ser admitido para participar no proceso de selección da referida convocatoria, presentando a documentación seguinte: 1. Fotocopia compulsada do DNI ou tarxeta de estranxeiro. 2. Fotocopia compulsada do título esixido nas bases e do título CELGA 3 ou curso de iniciación. 3. Xustificante de ingreso de 15 € correspondentes á taxa pola participación en procesos selectivos. 4. Relación numerada dos méritos alegados cuxos títulos se achegan con esta solicitude:

O Corgo, ………………………. De ……………………….. de ………….

NOTA: os datos de carácter persoal poderán ser tratados para futuras contratacións, de conformidade coa Lei 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. SR ALCALDE DO CONCELLO DO CORGO

8

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

ANEXO II. TEMARIO 1. Hixiene e atención domiciliaria. Características e necesidades de atención hixiénico-sanitarias das persoas dependentes. 2. Administración de alimentos e tratamentos a persoas dependentes no domicilio. 3. Mantemento e rehabilitación psicosocial das persoas dependentes no domicilio. 4. Apoio ás xestións cotiás das persoas dependentes. 5. Interrelación e comunicación coa persoa depedente e o seu contorno. 6. Atención domiciliaria e alimentación familiar. Xestión, aprovisionamento e cociña da unidade familiar de persoas dependentes. 7. Mantemento, limpeza e organización do domicilio de persoas dependentes. R. 2446

GUITIRIZ Anuncio EXPOSICIÓN PÚBLICA CONTA XERAL 2016 Formada e rendida a Conta Xeral correspondente ao orzamento 2016, e informada pola Comisión Especial de Contas na súa sesión celebrada o 11 de agosto de 2017, exponse ao público cos documentos que a xustifican, na Secretaría desta Corporación, durante quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da inserción do presente anuncio no BOP, durante os cales, e oito (8) máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que estimen pertinentes, de conformidade co disposto nos artigos 116 de la Ley 7/1985, de 2 de abril, reguladora de las bases do réxime local, e o artigo 212.3 del Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, e demais disposicións concordantes. Guitiriz, 11 de agosto de 2017.- A ALCALDESA, Regina Polín Rodríguez R. 2449

LUGO Anuncio DECRETO NÚMERO 17006770 DO 26/07/2017 Excma. Sra. dona Lara Méndez López, Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de Lugo. No depósito municipal sito en Rúa dos Carros, Parcela E 4.I no Polígono Industrial do Ceao, nas instalacións da nave de CECHALVA, figuran depositados os vehículos que foron retirados da vía pública por atoparse en estado de abandono. Tendo en conta o disposto no artigo 2 da Lei 11/99, de 21 de abril, de modificación da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e outras medidas de desenvolvemento do Goberno Local, en materia de tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria e en materia de augas. No uso das atribucións conferidas ó Alcalde no artigo 124 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local segundo a redacción dada pola Lei 57/2003 de 16 de decembro de Modernización da Administración Local e normativa específica de aplicación, RESOLVO: PRIMEIRO: Requerir ós propietarios dos vehículos que se relacionan a través da publicación da presente resolución no Boletín Oficial da Provincia de Lugo para que no prazo de UN MES retiren os mesmos do depósito municipal sito en Rúa dos Carros, Parcela E 4,I do Polígono Industrial do Ceao, nas instalacións da nave de CECHALVA, previo aboamento dos gastos a que houbera lugar:

9

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

MATRÍCULA

MARCA-MODELO

9766-FHV

AUDI A4

CARECE

MERCEDES 300D

P-6445-BCM

VOLKSWAGEN GOLF

LU-5716-K

OPEL CORSA

6283-FMX

VOLKSWAGEN PASSAT

6364-BPR

MERCEDES 220CDI

M-0843-VD

VOLVO V40

C-2350-BY

FORD MONDEO

C-7598-AW

ROVER 114GTI

0164-BRK

OPEL CORSA

M-4547-SX

AUDI A4

PO-1429-BF

FORD TRANSIT

LU-1947-T

PEUGEOT 106

0780-DZT

MERCEDES VITO

9459-BYY

FORD TRANSIT

LU-5063-N

SEAT TOLEDO

VF33HRHRH 84031135

PEUGEOT 307SW

C-3779-BY

CITROEN XANTIA

M-0384-YC

HYUNDAI SONATA

LU-4143-H

RENAULT 4

LU-9811-O

RENAULT CLIO

8161-BNV

PEUGEOT PARTNER

3990-CKR

RENAULT KANGOO

LU-9073-P

FORD TRANSIT

B-3247-PP

RENAULT CLIO

J-3070-W

SEAT IBIZA

5257-DNP

HYUNDAI COUPE

0056-BMM

FIAT SEICENTO

LU-8302-N

FIAT TIPO

3434-BGH

SEAT IBIZA

BOP de Lugo

10

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

PO-8213-BM

RENAULT SCENIC

MA-5059-CY

BMW

V-8692-BY

PEUGEOT

C-6070-BF

RENAULT TWINGO

C-1438-AZ

AUDI 80

LU-4636-I

VOLKSWAGEN POLO

C-8703-CH

OPEL VECTRA

0598-BVF

CITROEN C5

C-7293-BN

PEUGEOT 306

M-1726-NZ

RENAULT

M-1681-IB

PEUGEOT 205

C-1820-BY

NISSAN MICRA

PO-4642-BT

DAEWOO NUBIRA

LU-2802-N

FORD FIESTA

OR-0701-K

PEUGEOT 405

5602-BZK

FORD ESCORD

CARECE

--------

C-2516-CB

FORD COUGAR

LU-8299-U

OPEL ASTRA

NA-2304-AV

CITROEN XSARA

PO-1772-BK

FORD ESCORD

LU-6819-S

OPEL CORSA

0494-CLH

FIAT STILO

LU-8778-W

HONDA CR-V

PO-3967-AU

VOLKSWAGEN POLO

M-9038-VH

AUDI A4

B-5399-TF

HYUNDAI COUPE

BOP de Lugo

SEGUNDO: Advertir que transcorrido o prazo citado procederáse ó traslado dos vehículos como residuo sólido urbano e a conseguinte poxa dos mesmos ou á sustitución da destrucción pola adxudicación do vehículo ós servizos de vixiancia e control do tráfico. TERCEIRO: Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poden interpoñer os seguintes recursos: recurso contencioso- administrativo nun prazo de DOUS MESES, contado a partir do día seguinte ó da notificación do presente acto, o cal pon fin á vía administrativa (artigo 46 da lei 29/1998, do 13 de xullo), ante o Xulgado do Contencioso- Administrativo de Lugo ( artigo 8 da mesma Lei), ou, a elección do demandante, ante aquel na circunscripción do cal teña o demandante o seu domicilio, cando o recurso teña por obxeto actos en materia de persoal, propiedades especiais e sancións ( artigo 14 da Lei que se cita).

11

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

No obstante o anterior, en con carácter previo, contra a presente resolución poderá interpoñer recurso potestativo de reposición previsto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ante a Alcaldía no prazo de UN MES contado dende o día seguinte ó da notificación do presente acto. De optarse por este recurso non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que non sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación do dito recurso de reposición, por silencio administrativo, o cal se producirá polo transcurso do prazo de un mes dende a data da sua interposición. Todo isto sen prexuízo de que poida vostede interpoñer calquera outro recurso ou reclamación que estime convinte ó seu dereito. Así mesmo, déase traslado ás dependencias e ós servicios municipais afectados. Cúmprase. R 2450

POL Anuncio Pola presente, faise público a seguinte resolución da Alcaldía, “DECRETO.- En Pol a 8 de agosto de 2017 Visto o resumo do Padrón da Taxa pola prestación do Servizo de Abastecemento de Auga correspondente ao segundo trimestre do ano 2016 que ascende á cantidade de 19.209,24 euros. RESOLVO: Primero.- Aprobar o padrón da taxa pola prestación do Servizo de Abastecemento de Auga correspondente ao segundo trimestre do ano 2016, por importe de 19.209,24 €. Segundo.- Expoñer ao público o padrón aprobado, mediante publicación de edicto no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios da Corporación, por un prazo de 15 días dende a publicación. Terceiro.- O prazo de cobro en período voluntario abarcará dende o día 16-08-2017 ao 16-10-2017 para o cobro de ditos padróns, aos contribuíntes que non o teñan domiciliado, os documentos de cobro seranlles enviados ao domicilio declarado do suxeito pasivo para que se efectúen o pago nas sucursais bancarias establecidas a tal efecto. Ordénao e asínao o Sr. Alcalde-Presidente, don Lino Rodríguez Ónega, do que eu, Secretario-Interventor, don Froilán Pallín Seco, certifico.” En Pol a 8 de agosto de 2017.- O Alcalde, Lino Rodríguez Ónega R. 2447

MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS (BDNS) - LUGO Anuncio AS BASES POLAS QUE SE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL EDUCATIVO NO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO ESCOLAR 2017-2018 BDNS(Identif.):359536 ESTRATO DO ACORDO Nº 11/501 DA XUNTA DE GOBERNO DO EXCMO. CONCELLO DE LUGO, DO 09/08/2017 POLO QUE SE APROBAN AS BASES POLAS QUE SE REGULA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A FAMILIAS CON ESCASOS RECURSOS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL EDUCATIVO NO SEGUNDO CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL PARA O CURSO ESCOLAR 2017-2018, INCLUÍDAS NO IV PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS DO EXCMO CONCELLO DE LUGO, POR ACORDO Nº 5/418 DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 5 DE XULLO DE 2017 BDNS (Identif.): 359536 De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extrato da convocatoria de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo no segundo ciclo de educación infantil para o curso escolar 2017-2018, cuxo texto completo podese consultar no BOP de Lugo nº 186 de 14 de agosto de 2017.

12

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

(http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_16662_1.pdf) 1º.- Obxecto e finalidade da subvención. Esta bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a familias con escasos recursos para a adquisición de libros de texto e material educativo (fichas, estoxos, mochilas e material de papelería) para educación infantil, para alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos. 2º.- Contía que se vai subvencionar. O importe inicial destinado a estas axudas ascende inicialmente a 36.500 €. A contía individual das axudas será de 100 €, consistente nun vale desconto para trocar nas librerías do Concello de Lugo. A convocatoria financiarase con cargo á partida 32600.48100 do vixente presuposto do Concello de Lugo. 3º.- Persoas beneficiarias. As axudas poderán ser solicitadas polas familias do alumnado que reúna os seguintes requisitos: 3.1. Estar empadroado no municipio de Lugo. A Área de Educación solicitará de oficio a Estatística os xustificantes de convivencia das/os membros da unidade familiar dos solicitantes destas axudas. 3.2. A orde de preferencia para a adxudicación das axudas será: Primeiro. Aquelas alumnas e aqueles alumnos cuxa renda “per cápita” neta anual do núcleo familiar non supere os 5.000 €, e establécese como único criterio de baremo a contía da renda de menor a maior. Segundo. No caso de que o número de solicitudes non supere o número de bolsas ofertadas, seguiranse dando bolsas a aqueles beneficiarios e beneficiarias cuxa renda sexa superior a 5.000 € pero que non supere os 6.000€. 3.3. Ter presentada a solicitude de reserva de praza ou solicitude de admisión para un posto escolar no centro sostido con fondos públicos no Concello de Lugo. 3.4. Non gozar doutras axudas, bolsas ou subvencións de igual ou semellante finalidade outorgada por organismos ou institucións públicas ou privadas, sendo polo tanto estas axudas incompatibles con calquera outra axuda. 4º.- Forma e prazo de presentación de solicitudes. As solicitudes das persoas interesadas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2005, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 20 DÍAS NATURAIS contados a partir do día seguinte ao da publicación dun extracto destas no BDNS, que tamén se publicarán no Boletín Oficial da Provincia e se inserirán no Taboleiro de Anuncios do Concello e na páxina web do Concello, acompañada dos documentos e informacións que procedan. 5º.- Procedemento. O procedemento para a concesión das subvencións previstas nestas bases axustarase ao establecido nos artigos 28, 29 e 30 da Ordenanza municipal de Subvencións . 6º.- Criterios de valoración. O único criterio de valoración será a contía da renda “per cápita” neta anual familiar referidos no punto 3.2. 7º.- Xustificación do gasto Unha vez ditada a resolución pola que se concede a axuda, procederase á entrega do “vale para libros”, durante 15 días naturais, despois da presentación da certificación onde conste que o/a alumno/a está matriculado/a para o curso 2017/2018, coa indicación do curso e do centro docente. As librerías onde se merquen os libros e material escolar presentarán no Rexistro Xeral do Concello escrito de presentación xunto a: - Albará do material mercado con cada vale, detallando o material ou libros mercados, con indicación do curso ao que fai referencia, así como o nome e os datos da persoa solicitante. - Os vales de desconto emitidos pola Área de Educación, indicando o nome, apelidos, firma e DNI da persoa solicitante. - Factura individualizada a nome de cada persoa beneficiaria. No caso que a persoa beneficiaria teña concedida mais dunha axuda poderase presentar factura única. A data límite para xustificar a subvención concedida será a do 30 de novembro, do exercicio económico correspondente á súa concesión, agás por causas forzosas e debidamente xustificadas, a criterio do servizo, que impidan a presentación da xustificación no prazo establecido.

13

Núm. 192 – martes, 22 de agosto de 2017

BOP de Lugo

No caso de circunstancias extraordinarias nas que o Concello non puidese cumprir os prazos mencionados no anterior parágrafo, as librerías deberán presentar a facturación sempre antes do 31 de decembro do exercicio económico correspondente á subvención. 8º.- Revogación A adxudicación das axudas será revogada totalmente no caso de que se comprobase que na súa concesión concorreu ocultación ou falsidade de datos, ou que existen incompatibilidades con outros beneficios desta clase procedentes doutras persoas físicas ou xurídicas. Lugo, 16 de agosto de 2017.- O Tenente de Alcalde Delegado da Área de Educación e Infraestructuras Urbanas . Asinante: Manuel Núñez López. R. 2456

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 22.08.2017 08:00:01 CEST Razón: Localización: España