VIERNES, 19 DE FEBRERO DE 2016
Nº 040
CONCELLOS ALFOZ Anuncio Por acordo do Pleno da Corporación adoptado na súa sesión ordinaria celebrada o día 29 de xaneiro de 2016 procedeuse a prestar aprobación á delegación de competencias no Concello de O Valadouro para a tramitación do expediente de contratación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia co seguinte contido: Primeiro. Delegar no Concello de O Valadouro a contratación conxunta do SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA. A delegación alcanza a todos os actos administrativos de tramitación do expediente de contratación, dende a fase de preparación ata a adxudicación definitiva, manténdose a titularidade municipal do servizo de tal forma que os respectivos contratos de servizos fomalizaranse entre a empresa adxudicataria e cada un dos concellos integrantes da contratación. Segundo. O Concello de Alfoz obrígase a formalizar o contrato coa empresa que resulte adxudicataria da contratación efectuada polo Concello de O Valadouro nos termos fixados no convenio. Terceiro. O Concello de O Valadouro poderá exercer a competencia delegada, nos termos do parágrafo primeiro deste acordo, mediante a tramitación do expediente de contratación de forma conxunta. Cuarto. Facúltase ampla e expresamente ao señor Alcalde-Presidente para que, en nome e representación deste Concello, asine o correspondente convenio no que se formalice a delegación de competencias e que transcrito di: PROPOSTA DE CONVENIO DE DELEGACIÓN REALIZADA POLO CONCELLO DE ALFOZ NO CONCELLO DE O VALADOURO PARA A CONTRATACIÓN CONXUNTA DO SERVICIO DE AXUDA NO FOGAR NA MODALIDADE DE DEPENDENCIA DOS CONCELLOS DE ALFOZ E O VALADOURO. No Concello de O Valadouro ás ………….. horas do día ………… de …………… de 2016. REUNIDOS: Os Señores Alcaldes dos seguintes concellos: CONCELLO DE O VALADOURO Don ………………………………….. CONCELLO DE ALFOZ Don …………………………………. Todos en nome e representación do seu referido Concello, en virtude do artigo 21 da Lei 7/1985, do 2 de abril reguladora das bases de réxime local (LRBRL) E o artigo 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da administración Local de Galicia (LALGA). O Concello de Alfoz na súa sesión ordinaria celebrada o día ………….. de ………….. de 2016 prestou aprobación á delegación no Concello de O Valadouro da contratación conxunta do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia sendo publicado o mesmo no Boletín Oficial da Provincia número …………… de data …………. de ………….de 2016 en cumprimento do establecido no artigo 15.3 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O Concello de O Valadouro na súa sesión extraordinaria celebrada o día …………. de …………. de 2016 prestou aprobación á aceptación da delegación efectuada polo Concello de Alfoz para a contratación conxunta do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia sendo publicado o mesmo no Boletín Oficial da Provincia número …………. de data …………… de ………….. de 2016 en cumprimento do establecido no artigo 15.3 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Os reunidos actúan no exercicio dos seus cargos e na representación que ostentan así como facultados polos acordos plenarios anteriormente mencionados e recoñécense capacidade para obrigarse nos termos do presente convenio de colaboración e para o efecto:
2
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
EXPOÑEN: Primeiro.-A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social. Segundo. A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española. Terceiro. A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar. Cuarto. Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal. Quinto. O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos. Sexto. O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira. Sétimo. O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. Oitavo. O artido 80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, reguladora da Administración Local de Galicia (LALGA), regula que o municipio, para a xestión dos seus intereses e no ámbito das súas competencias, poderá promover toda clase de actividades e prestar todos os servizos públicos que contribúan a satisfacer as necesidades e aspiracións da comunidade de veciños. O municipio exercerá, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e da Comunidade Autónoma. Noveno.- Os servizos sociais comunitarios, de carácter predominantemente local, están referidos a un territorio e a unha poboación determinados e constitúen o punto de acceso normalizado e o primeiro nivel de intervención do sistema galego de servizos sociais.(art. 9 da Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia). Garanten: a. O dereito de acceso universal ao sistema galego de servizos sociais nos termos recoñecidos no artigo 5 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia. b. A proximidade ás persoas usuarias e ás súas familias. c. O carácter integrador e coordinado de toda intervención social realizada con persoas ou grupos diversos. d. A intervención social personalizada nun contorno normalizado e, cando sexa o caso, a prescrición técnica para a derivación ao servizo social especializado máis idóneo ou a outros sistemas de protección social. e. A prevención comunitaria dos problemas sociais. f. A promoción e organización da solidariedade social na comunidade en que actúan. Décimo. De acordo co art. 10 da Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia (DOG nº 245 do 18/12/2008), os Servizos sociais comunitarios básicos 1. Teñen un carácter local, aberto e polivalente e constitúen a canle normal de acceso ao sistema de servizos sociais, co que se garante a universalidade do sistema e a súa proximidade ás persoas usuarias e aos ámbitos familiar e social. 2. Desenvolveranse desde os centros de servizos sociais polivalentes por medio de equipos interdisciplinares e coa estrutura organizativa que estableza a administración titular do servizo, sen prexuízo dos requisitos
3
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
e das dotacións mínimas se determinan no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento. (DOG nº 63 do 30/03/2012) Undécimo. O artigo 15 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común, establece a posibilidade da realización de actividades de carácter material, técnico ou de servizos da competencia dun Concello por encomenda a outros concellos cando existan razóns de eficacia ou cando non se posúan os medios técnicos idóneos para o seu desempeño. Duodécimo.- O artigo 15.4 da Lei 30/1992, regula a necesidade de formalizar a encomenda de xestión entre os distintos Concellos mediante a sinatura do correspondente convenio. Polo tanto constituíndo o aforro no gasto corrente municipal ligado á eficiencia na prestación dos servizos públicos unha esixencia permanente das Administracións máis evidente nos momentos de crise económica e considerando pois a confluencia de ambas administracións comparecentes e a fin de artellar as bases para a óptima colaboración e coordinación entre ambas formalizase o presente convenio con suxeición ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- OBXECTO. O obxecto do presente convenio é a delegación por parte do Concello de Alfoz no Concello de O Valadouro da contratación do servizo de axuda no fogar na modalidade de dependencia de ambos concellos. A delegación alcanza a todos os actos administrativos de tramitación do expediente de contratación, dende a fase de preparación ata a adxudicación definitiva, manténdose a titularidade municipal do servizo de tal forma que os respectivos contratos de servizos fomalizaranse entre a empresa adxudicataria e cada un dos concellos integrantes da contratación. Segunda.- COMPROMISOS DO CONCELLO DE ALFOZ. O Concello de Alfoz comprométese a: 1.- Facilitar ó Concello de O Valadouro canta documentación e información lle sexa precisa en calquera das fases do procedemento de contratación para unha correcta tramitación do mesmo. 2.- A formalizar o contrato coa empresa que resulte adxudicataria da contratación efectuada polo Concello de O Valadouro nos termos fixados na licitación e nos correspondentes pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas, e ao cumprimento estrico de todas e cada unha das obrigas que do mesmo se derivan. 3.- En especial o Concello de Alfoz obrígase a manter o contrato coa empresa que resulte adxudicataria polo prazo que se estableza nos pregos que será dun ano prorrogable por outro máis. Terceira.- COMPROMISOS DO CONCELLO DE O VALADOURO. O Concello de o Valadouro comprométese a : 1.- Exercer a competencia delegada nos termos deste convenio mediante a tramitación do expediente de contratación de forma conxunta, sen perxuízo de calquera outra forma de selección do contratista que estime. 2.- A facilitar, durante a tramitación do expediente de contratación canta información lle sexa requerida polo Concello de Alfoz, sobre o estado de tramitación do mesmo e calquera outra derivada do citado expediente. Cuarta.- NATUREZA DO CONVENIO NO QUE SE FORMALIZA A DELEGACIÓN. Este Convenio ten natureza administrativa, rexendo a súa interpretación e desenvolvemento no ordenamento xurídico administrativo, coa expresa submisión das partes á xurisdición contencioso-administrativa. Quinta.- INTERPRETACIÓN E INCUMPRIMENTOS. As dúbidas que se presenten na súa interpretación, resolveranse polo Concello de O Valadouro, previa audiencia ó Concello de Alfoz, poñendo fin á vía administrativa. Considéranse causas de extinción deste Convenio a denuncia por causas de interese público por calquera das dúas partes así como a paralización do procedemento que supoña o non ter adxudicado definitivamente o contrato nun prazo máximo de seis meses dende a firma do presente Convenio. Sexto.- VIXENCIA DO CONVENIO. Este convenio xurdirá efectos a partir da data da súa sinatura e manterá a súa vixencia ata a finalización do expediente de contratación. En proba de conformidade có expresado neste convenio, asínase polas partes comparecentes, por triplicado exemplar e para un só efecto, no lugar e data que se sinalan no encabezamento. O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 15.3 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
4
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
Alfoz, a 5 de febreiro de 2016.- O Alcalde-Presidente, Jorge Val Díaz R. 0359
Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión extraordinaria, celebrada o día 4 de febreiro de 2016, o Orzamento municipal para o exercicio 2016, exponse ó público na Secretaria deste Concello por prazo de quince días hábiles que empezará a contarse desde o seguinte o da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren oportunas, as cales deberán ser dirixidas o Sr. Presidente do Concello, en cumprimento do disposto no art. 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, polo que se aprobado o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. Alfoz, a 5 de febreiro de 2016.- O Alcalde, P. S. Decreto 154/2015 de data 16/06/2015.- O Tenente de Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez R. 0360
CERVO Anuncio Na sesión do Pleno que se celebrou o día 17 de decembro de 2015, aprobouse inicialmente o Regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal de Cervo, e foi exposto o anuncio, conforme co artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de bases de réxime local, durante un período de 30 días hábiles contados desde o día seguinte a súa publicación no BOP, para a presentación de reclamacións. Unha vez transcorrido o prazo sen que se presentara ningunha reclamación elévase a definitivo o seguinte regulamento: REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CERVO CAPÍTULO I.- OBXECTO É AMBITO DE APLICACIÓN Artigo 1.- Obxecto Este regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento da Escola Infantil Municipal de Cervo. Artigo 2.- Ámbito de aplicación Constitúe o ámbito de aplicación deste regulamento a Escola Infantil Municipal de Cervo, que se configura como un equipamento diúrno e de titularidade municipal, que ten como finalidade prestar unha atención de apoio aos pais ou titores dos/as nenos/as de entre 3 meses e 3 anos. Artigo 3.- Función A Escola Infantil cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando aos seus usuarios unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos nenos. A Escola Infantil colaborará estreitamente cas nais/pais, titoras/es ou representantes legais co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e acadar a mellor integración entre o centro e as familias. CAPÍTULO II.- DATOS IDENTIFICATIVOS Artigo 4.- Datos identificativos, titularidade e autorizacións A Escola Infantil Municipal de Cervo está situada en San Ciprián, Cervo, Avenida da Mariña número 1, teléfono 982 594 100. A titularidade da Escola Infantil é municipal, e está rexistrada como entidade prestadora de servizos sociais número E-655, data de inscrición 27.10.1994. O representante legal do centro é o alcalde do Concello de Cervo con enderezo en Cervo, Praza do Concello s/n, 27891 Cervo, Lugo A Escola Infantil ten concedida autorización de inicio de actividade pola Consellería de Traballo e Benestar con data 25.05.2015 , o número de identificación do centro é E-0655-C-2. A Escola Infantil Municipal de Cervo está inscrita no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios , segundo o Decreto 204/2012, do 4 de outubro , na sección correspondente á actividade 9803 “restauración social”.
5
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
Artigo 5.- Tipo de xestión A Escola Infantil Municipal de Cervo está xestionada directamente polo Concello de Cervo, sen prexuízo de que poda acordarse outro modo de xestión da mesma de acordo coa normativa aplicable. CAPITULO III. FUNCIONAMENTO Artigo 6.- Obxectivos Son obxectivos específicos deste centro: -
Promover e fomentar o desenvolvemento integral dos nenos e o aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno. Facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidarizade, respecto… Acadar un equilibrio afectivo satisfactorio. Respectar a singularidade e diversidade de cada neno. Posibilitar a integración progresiva dos nenos na cultura do seu medio. Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual do grupo nas aptitudes e nas actividades diarias. Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo un uso adecuado deles. Facilitar a integración dos nenos con necesidades educativas especiais. Potenciar a iniciativa dos nenos para que tenten resolver os seus problemas e adquiran maior autonomía. Acentuar os aspectos de colaboración en lugar de competencia, para inculcar nos nenos un sentido de grupo.
Artigo 7.- Capacidade A capacidade da Escola Infantil Municipal de Cervo é de 38 usuarios/as. O centro axustarase ao establecido no Decreto 329/2005, do 28 de xullo e contará coas seguintes unidades: Grupos
Unidades
Número máximo de nenos/as por unidade e adultos/a
Menores de 1 ano
1
8
De 1 a 2 anos
1
13
De 2 a 3 anos
1
17
Artigo 8.- Idades A idade mínima de ingreso queda establecida en 3 meses e a máxima nos tres anos ou ata que inicien o 2º ciclo de Educación Infantil. Non obstante, poderá eximirse do límite de idade aos nenos e nenas con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración , logo do organismo competente da Administración Autonómica. Artigo 9.- Horarios A Escola Infantil Municipal de Cervo poderá prestar servizos de luns a venres, ambos inclusive, durante todo o ano, agás os días festivos, sábados e domingos. A Escola Infantil permanecerá aberto de 8.30 a 19.00h. A Escola Infantil poderá pechar, en función da demanda, os meses de xullo ou agosto, ou reducir o seu horario de tarde durante este período. O horario máximo de permanencia dos nenos/as no centro será de 8 horas diarias. Tanto o calendario anual como o horario de apertura e peche figurarán no taboleiro de anuncios da Escola Infantil. Este poderá modificarse polas necesidades do servizo ou pola demanda e de acordo coas dispoñibilidades de recursos humanos e orzamentarios do concello. Artigo 10.- Servizos A Escola Infantil Municipal de Cervo conta con servizo de cociña, entendendo por tal a prestación consistente na achega dos medios persoais e materiais precisos para adecuada distribución e consumo dos alimentos que traen os/as propios/as usuarios/as.
6
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
Nos casos de períodos de lactación, a nai/pai deberán proporcionar ao centro a alimentación que veñan recibindo os menores, así como os elementos precisos para a súa subministración. As prestacións que inclúe este servizo e que se establecen no regulamento, poderán ser obxecto de ampliación nos termos permitidos pola lexislación aplicable e dentro das posibilidades orzamentarias e de persoal do Centro. Artigo 11.- Período de adaptación Independentemente do momento da incorporación dos/as nenos/as á escola, establecerase un período de adaptación co obxectivo de establecer unha bases sustentadas na confianza mutua e na comunicación entre os nenos/as, os educadores/as e as familias. Artigo 12.- Criterios de admisión Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicatario /a de praza na Escola Infantil Municipal de Cervo: a) b) c)
Que toda a unidade familiar da que forma parte o neno/a estea empadroado no Concello de Cervo. Que o neno ou nena teña unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso e a máxima de 3 anos ou ata que inicien o 2º ciclo de Educación Infantil. No caso de renovación de praza, estar ao día no pagamento das cotas mensuais.
As prazas adxudicaranse polo seguinte orde: 1. 2.
Renovación de praza Novo ingreso
Renovación de praza As nenas e os nenos escolarizados durante o curso anterior terán dereito á renovación da súa praza, sempre e cando reúnan os requisitos recollidos no artigo 12. Novo ingreso As prazas adxudicaranse en primeiro lugar as persoas solicitantes con irmán ou irmá no centro. As prazas que queden vacantes adxudicaranse ás persoas solicitantes segundo a puntuación obtida por aplicación do baremo seguinte, esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación de prazas: Baremo 1.- SITUACIÓN SOCIOFAMILIAR 1.1- Por cada membro da unidade familiar
2 puntos
1.2.- Por cada persoa que sen formar parte da unidade familiar estea ao seu cargo
1 punto
1.3.- No caso de que o/a neno/a para a cal se solicita a praza nacese nun parto múltiple
1 punto
1.4.- Por cada membro da unidade familiar afectado por discapacidade, enfermidade que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia
2 puntos
1.5.- Por condición de familia monoparental
3 puntos
1.6.- Pola ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais
6 puntos
1.7.- Pola condición de familia numerosa
3 puntos
1.8.- Outras circunstancias debidamente acreditadas
Ata 3 puntos
2.- SITUACIÓN LABORAL FAMILIAR 2.1.- Situación laboral de ocupación: Nai
6 puntos
Pai
6 puntos
2.2.- Situación laboral de desemprego (1): Nai
2 puntos
Pai
2 puntos
2.3.- Persoas que desenvolvan e perciban o tramo de inserción (Risga) Nai
3 puntos
Pai
3 puntos
(1) Valorarase tal condición co certificado emitido polo Servizo Público de Emprego (2) Só se poderá obter puntuación por unha das epígrafes anteriores
7
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
3.- SITUACIÓN ECONÓMICA Renta Percápita mensual da unidade familiar, referida ao indicador de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente -
Inferior ao 30% do IPREM Entre o 30% e inferior ao 50% do IPREM Entre o 50% e inferior ao 75% do IPREM Entre o 75% e inferior ao 100% do IPREM Entre o 100% e inferior ao 125% do IPREM Entre o 125% e inferior ao 150% do IPREM Entre o 150% e o 200% do IPREM Superior ao 200% do IPREM
+4 puntos +3 puntos +2 puntos +1 punto -1 punto -2 puntos -3 puntos -4 puntos
No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0.8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. Artigo 13.- Tramitación de solicitudes no período ordinario Anualmente publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Cervo así como no da propia escola, o anuncio sobre o prazo de reserva de praza, preinscrición e matrícula de usuarios/as da Escola Infantil. Artigo 14.- Solicitudes presentadas fóra de prazo As solicitudes presentadas fóra de prazo serán adxudicadas por orde de entrada no rexistro do Concello de Cervo, sempre e cando queden prazas vacantes. Artigo 15.- Lista de garda As baixas que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os solicitantes na lista de espera. Artigo 16.- Documentación No prazo indicado no anuncio de apertura do prazo de renovación ou reserva de praza, os interesados deberán presentar no rexistro xeral do Concello de Cervo, ou por calquera outro medio establecido na Lei 30/1992, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, os modelos de solicitude acompañados da seguinte documentación en orixinal ou copia cotexada: Renovación de praza: -
Certificado de empadroamento de toda a unidade familiar no caso de non autorizar ao Concello de Cervo para a súa obtención. No caso de producirse cambios que afecten a unidade familiar e poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.
Reserva de praza: a) Documentación acreditativa da situación familiar: Copia do DNI da nai, pai, titores/as ou representantes legais. Copia de todo o libro familia co fin de acreditar a composición da unidade familiar. De ser o caso título de familia numerosa. No caso de nenos/as con discapacidade ou necesidades educativas especiais, informe do equipo de valoración e orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia ou da Unidade de Atención Temperá segundo proceda. Certificado de empadroamento, recente, de todos os membros da unidade familiar no caso de non autorizar ao Concello de Cervo para a súa obtención De ser o caso sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución de medidas paterno- filiais, no caso de familia monoparental ou separación /divorcio dos pais. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento. Certificado de discapacidade ou do grao e nivel de dependencia da nai, do pai, do acolledor ou acolledora, do titor ou titora legal e/ou doutros membros da unidade familiar, de ser o caso Informe dos servizos sociais do concello para acreditar as responsabilidades familiares no caso de que existan membros que, non formando parte da unidade familiar, estean a cargo dela. Copia da resolución administrativa de acollemento, de ser o caso. Informe médico expedido polos servizos públicos de saúde, no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións dos membros da unidade familiar. Informe dos servizos sociais do concello, no caso de ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais
8
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016 b)
c)
d)
B.O.P de Lugo
Documentación acreditativa da situación laboral: - No caso das persoas desempregadas , certificado actualizado de ser demandante de emprego da nai, pai, da titora ou titor legal ou do acolledor ou acolledora, expedido polo Servizo Público de Emprego. - No caso de persoas ocupadas por conta allea, copia da última nómina, certificado de empresa ou da vida laboral. - No caso de traballadores por conta propia ou autónomas, copia do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social no réxime especial de traballadores por conta propia ou da correspondente mutualidade. Documentación acreditativa da situación económica: - Certificado de rendas emitido pola Axencia Tributaria de todos os membros da unidade familiar do ano anterior ao do inicio do curso escolar para o que se solicita a praza na escola infantil ou autorización ao Concello de Cervo para a súa obtención da Axencia Tributaria. Outra documentación: - Copia da tarxeta sanitaria do menor. - Certificado médico do neno ou nena que informe de que o menor non padece enfermidade infecto- contaxiosa. Tamén deberá constar si o menor manifesta algún tipo de alerxia alimentaria (lactosa, glutén…) ou física (aos materiais como pinturas, ceras…) , ou calquera outra información necesaria. - 2 fotografías tamaño carné.
Artigo 17.- Listaxes provisionais, procedemento de reclamacións e listaxes definitivas 1.- Unha vez realizada a baremación efectuarase una proposta inicial de persoas admitidas e de agarda. 2.- A relación provisional coa puntuación obtida de persoas admitidas e de agarda publicarase no taboleiro de anuncios do concello, así como no do Escola Infantil. 3.- As persoas solicitantes disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución das listaxes provisionais, para a presentación das reclamacións que estimen oportunas no rexistro xeral do concello. As reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva. 4.- No suposto de non presentarse reclamacións, as listaxes provisionais serán elevadas como listaxes definitivas de persoas admitidas e listaxe de agarda, sendo publicadas segundo se indica no punto 2 deste artigo. 5.- As vacantes que se vaian producindo ao longo do curso serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre os solicitantes na lista de espera. 6.- Unha vez esgotada a lista de espera e se quedan aínda prazas vacantes, poderán ser cubertas por aqueles que soliciten a súa incorporación ao centro unha vez comezado o curso escolar. Artigo 18.-Xestión das listaxes de agarda e cobertura de prazas vacantes. 1.- A listaxe de agarda resultante do proceso de baremación ordinario estará vixente ao longo de todo o curso escolar. 2.- Cando se oferte unha praza vacante, e a persoa, á que se lle adxudique, segundo a súa situación na listaxe de agarda, a rexeite, deberá facelo por escrito no prazo de 3 días contados desde a notificación da vacante. Dito rexeitamento suporá a perda do posto acadado na listaxe de agarda permitindo que a Escola Infantil proceda ao chamamento do/a neno/a que lle siga por orde de puntuación. CAPITULO IV.- BAIXAS NO CENTRO Artigo 19.- Baixas.Causarán baixas na Escola Infantil Municipal de Cervo por algunha da circunstancias seguintes: 1.- Por incumprimento da idade regulamentaria de permanencia no centro. 2.- A solicitude da nai/pai, titor/a ou representante legal. 3.- Por comprobación da falsidade nos documentos ou datos aprobados coa solicitude. 4.- Por incompatibilidade ou inadaptación absoluta para permanecer no centro (serán informadas polo persoal encargado da Escola Infantil). 5.- Por incumprimento reiterado das normas da Escola Infantil. 6.- A non asistencia, sen causa xustificada, durante un período de 30 días naturais. 7.- Pola falta de pago de 2 cotas consecutivas da tarifa aplicable pola prestación do servizo.
9
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
8.- Por non estar, toda a unidade familiar, empadroada no Concello de Cervo. As baixas producidas ao longo do curso escolar por calquera dos motivos anteriormente expostos cubriranse coas solicitudes que quedasen na lista de garda en cada grupo de idade por rigorosa orde. Artigo 20.- Baixas temporais Cando, por causa debidamente xustificada, previa solicitude e acreditación documental da circunstancia que a motiva e informe do persoal adscrito ao servizo, poderase autorizar, mediante resolución da alcaldía, que o neno deixe temporalmente de asistir ao centro temporalmente. CAPITUTO V.- ORGANIZACIÓN INTERNA Artigo 21.- Libro de reclamacións O centro terá a disposición dos usuarios e usuarias, dos seus representantes legais ou de calquera persoa que acredite un interese lexítimo, un libro de reclamacións para os efectos de que fagan constar nel cantas queixas poidan derivarse da situación e funcionamento do centro e das actuacións do persoal. Artigo 22.- Rexistro e expediente individual de usuarios No momento do ingreso do menor, levarase acabo a súa inscrición no rexistro de usuarios da Escola Infantil Municipal de Cervo, así como a apertura dun expediente individualizado, no que consten con carácter confidencial os datos de afiliación, sanitarios, dirección e teléfono para avisos en caso de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada. CAPITULO VI.- NORMAS DE CONVIVENCIA Artigo 23.-Normas de saúde 1.- Os/as nenos/as deberán acudir á Escola Infantil en condicións que non impliquen risco para si mesmos nin para outros/as nenos/as. No caso de que o neno/a teña febre, diarrea ou vómitos deberán deixalo na casa ata a súa completa curación. 2.- Non será admitidos no centro os nenos que padezan enfermidades infecto- contaxiosas en fase aguda de contaxio. A aparición desta enfermidade deberá ser comunicada polo pai/nai, titor/a ou representantes legais ao persoal do centro. 3.- No caso de observarse síntomas dun proceso infecto- contaxioso no/as nenos/as no propio centro, informarase á nai/pai, titor/a ou representantes legais, co fin de evitar a propagación da enfermidade entre os demais nenos/as. O reingreso no centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio e trala alta médica que acredite tal circunstancia. 4.- No caso de enfermidade ou accidente sobrevido no centro, despois das primeiras atencións e , á maior brevidade posible, poñerase a dita circunstancia en coñecemento da nai/pai, titor/a ou representantes legais e, se é o caso, procurarase que o neno/a reciba atención médica axeitada, estando facultado o persoal do centro para autorizar neste caso o desprazamento necesarios para tal fin. 5.- Cando se produza a falta de asistencia ao centro por un período a 1 semana, debido a enfermidade ou outras circunstancias, a nai/pai, titor/a ou representantes legais deberán comunicar este feito ao persoal da Escola Infantil. Artigo 24.- Administración de medicamentos Sempre e cando sexa posible , a familia axustará a dose dos medicamentos fóra dos tempos de permanencia na Escola Infantil. Só se administrarán medicamentos en caso moi excepcionais e sempre deben ir acompañadas de receitas médicas actualizadas, onde constará o nome do/a menor o nome do medicamento e a dose e frecuencia da súa administración. Xunto á receita deberá achegarse a correspondente autorización por escrito dos pais/nais/ representante legais para a administración dos mesmos, indicando as horas de administración. Artigo 25 .- Normas de hixiene persoal A nai/pai, titor/a ou representantes legais deberán proporcionar ao centro o material necesario para unha axeitada atención e hixiene dos menores (cueiros, toalliñas, babeiros, muda de roupa de reposto…) que deberá repoñer cando sexa necesario. Artigo 26.- Normas de alimentación 1.- Nos casos de períodos de lactación, a nai/pai deberá proporcionar ao centro a alimentación que veñan recibindo os menores, así como os elementos precisos para a súa subministración. 2.- Os nenos/as non poderán levar lambetadas á Escola Infantil.
10
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
Artigo 27.- Promoción da integración 1.- A Escola Infantil promoverá dentro das súas posibilidades, a integración dos nenos con necesidades educativas especiais, sempre e cando se conte cos recursos materiais e humanos necesarios. 2.- Neste caso requirirase o informe previo dos equipos de valoración e orientación dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, sobre o grao de discapacidade e a súa necesidade de integración. 3.- A integración de nenos con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais estará supeditada á existencia de condicións de infraestruturas idóneas e de persoal adecuado e suficiente no cadro de persoal do centro. En ningún caso poderá haber mais dun neno de integración por aula. A efectos de cómputo, estas prazas contabilízanse como dúas. Artigo 28.- Fomento da igualdade 1.- A Escola Infantil programará actividades para promover a igualdade entre os nenos e as nenas e evitar os comportamentos e as actividades discriminatorias por razón de sexo. 2.- A Escola Infantil poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se empregan como instrumentos de traballo. Así mesmo vixiará para que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias. 3.- Prestarase especial atención ao fomento da interculturalidade como instrumento de superación de desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo. Artigo 29.- Uso da lingua Nesta etapa da educación infantil 0-3 anos, o persoal da Escola infantil usará a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará que o alumnado adquira de forma oral o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia, dentro dos límites propios desta etapa. CAPITULO VII.- DEREITOS E OBRIGAS DOS USUARIOS Artigo 30.- Dereitos dos usuarios: Enténdese por persoa usuaria o neno /a matriculado na Escola Infantil e os pais,nais ou titores legais. As persoas usuarias terán os seguintes dereitos: 1.- Acceder ao centro e recibir sen discriminación por razón de sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. 2.- A consideración no trato debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal do centro como dos demais usuarios. 3.- O sixilo profesional acerca dos datos do historial sanitarios e socio- familiar. 4.- A intimidade persoal en función das condicións estruturais do centro. 5.- A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educación cultural e , en xeral, a todas as necesidades persoais que sexan precisas para conseguir o seu desenvolvemento integral. 6.- A ter unha atención individualizada coas súas necesidades específicas. 7.- A recibir educación na tolerancia, na igualdade e na convivencia democrática,e a posibilidade que poidan facer uso das súas opcións de xeito libre e persoal. Os pais, nais e titores legais: 1.- Ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles e a pedir explicación de canto afecte á educación dos seus fillos/as. 2.- Deixar de utilizar os servizos da Escola Infantil por vontade propia. 3.- A participar nas actividades previamente planificadas polo persoal docente, tanto relacionadas coas festas tradicionais como de calquera outra índole. 4.- A ter acceso á documentación interna da Escola Infantil: plan de actuación para casos de emerxencia, póliza de responsabilidade civil e de accidentes, programación xeral anual, libro de reclamacións e rexistro de usuarios/as e ao expediente individual do neno/a. Artigo 31.- Obrigas do usuarios 1.- Cumprir as normas de réxime interno establecidas para o bo funcionamento do centro. 2.- Manter e observar unha conduta inspirada no mutuo respecto, tolerancia e colaboración, encamiñada a facilitar unha mellor convivencia. 3.- Participar na vida da Escola Infantil, de acordo co que se dispoña neste regulamento. 4.- Responsabilizarse daquelas situacións en que por motivos de saúde ou malestar sexa conveniente que o neno/a abandone a Escola Infantil.
11
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
5.- Unha actitude de respecto e consideración co persoal do centro, así como respectar os dereitos establecidos no punto anterior. 6.- Colaborar cos/as mestres/as na execución de pautas educativas que requiran continuidade fóra do horario escolar. 7.- Os pais, nais ou titores do menor terán a obriga de comunicar ao centro calquera cambio na situación da custodia do neno. Os ditos cambios deberán acreditarse mediante sentencia xudicial ou documento que acredite a situación correspondente. CAPITULO VIII.- ESTRUTURA ORGÁNICA Artigo 32.- Persoal de atención directa aos nenos/as e de apoio 1.- A Escola Infantil contará en todo caso co persoal especializado para a atención directa dos/as nenos/as. 2.- O persoal de atención estará integrado por mestres coa especialidade en educación infantil técnicos superiores en educación infantil ou equivalente.
ou
3.- O persoal de apoio ademais das titulacións anteriores, poderá estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: técnico en atención sociosanitaria, técnico superior en animación sociocultural, técnico en coidados auxiliares de enfermería, diplomado/a en puericultura recoñecido pola consellería de sanidade ou aqueloutras recoñecidas como apropiadas polo órgano competente na autorización do centro. 4.- Todo o persoal que realice funcións de atención e coidado dos/as nenos/as deberá cumprir os requisitos funcionais recollidos no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia. 5.-A proporción deste persoal será igual ao número de unidades en funcionamento máis un. Este ratio estará ao disposto da normativa aplicable nesta materia ditada pola Xunta de Galicia. 6.- O persoal desempeñará entre outras as seguintes funcións: a) Coidar da orde, formación, seguridade, entretemento, alimentación e aseo persoal dos/as nenos/as. b) Elaborará unha memoria anual de actividades e o proxecto organizativo do centro que defina o horario, calendario, usuarios, a súa estrutura organizativa, o persoal e as súas funcións. c) Elaborar e documentar as actividades de xestión. d) Relación e coordinación cos pais, nais e titores, dun xeito individual. e) Calquera outra función que se lle encomende para o bo funcionamento da Escola Infantil. Artigo 33.- Dereitos do persoal Son dereitos do persoal: 1.- Presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento da Escola Infantil e a atención prestada aos menores. 2.- A que lle sexan proporcionados, dentro das posibilidades da Escola Infantil, os recursos e os medios precisos para desenvolver as súas funcións axeitadamente en beneficio dos menores que ten ao seu cargo. 3.- Desenvolver as súas funcións educativas segundo o seu criterio persoal, sempre que se axusten ao proxecto educativo e a á programación anual do centro. Artigo 34.- Obrigas do persoal Son obrigas do persoal: 1.- Cumprir e facer cumprir de acordo coas súa funcións o presente regulamento. 2.- Velar polo respecto dos dereitos dos/as menores recollidos o presente regulamento e aqueles outros recoñecidos na lexislación vixente. 3.- Gardar estrita confidencialidade sobre os datos persoais dos/as menores e das súas familiar aos que teñen acceso por razón das súas funcións. 4.- O cumprimento das tarefas e responsabilidade derivadas do seu posto de traballo. CAPITULO IX.- TARIFAS Artigo 35.- Tarifas O Concello de Cervo poderá establecer tarifas pola prestación deste servizo de asistencia infantil mediante a correspondente ordenanza fiscal, na que os prezos mínimos estarán establecidos tomando como referencia os fixados pola Xunta de Galicia.
12
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
Asemade na ordenanza fiscal recollerase o xeito no que realizarase o aboamento das cotas. CAPITULO X.-SEGUROS Artigo 36.- Pólizas de seguros O Concello de Cervo concertará unha póliza de seguro de danos necesaria para garantir a reparación dos sinistros do edificio, así como dunha póliza de seguro de responsabilidade civil e de accidentes que garante a cobertura das indemnizacións ás persoas usuarias e/ou a terceiros polos danos e prexuízos causados como consecuencia do servizo. Artigo 37.- Plan de actuación en casos de emerxencias O centro conta cun plan de autoprotección para a actuación para casos de emerxencias. Artigo 38.- Proxecto educativo da Escola Infantil Municipal de Cervo A Escola Infantil Municipal de Cervo conta cun proxecto educativo que está a disposición dos pais/nais, titores/as. CAPÍTULO XI.- PROTECCIÓN DE DATOS Artigo 39.- Protección de datos En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na solicitude de praza se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión da mesma. Os pais, titores ou representantes legais poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido ao Concello de Cervo, praza do Concello, s/n, 27891, Cervo. DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS PRIMEIRA.- RÉXIME XURÍDICO Ademais do previsto neste regulamento á Escola Infantil seralle de aplicación o Decreto 329/2005, polo que se regulan os requisitos específicos que deben reunir os centros de menores e os centros de atención á infancia, a lexislación de réxime local e a normativa de desenvolvemento, así como o Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais de Galicia e o Decreto 330/2009, de 4 de xuño, pola que se establecen o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. SEGUNDA.- MODIFICACIÓNS NORMATIVAS As referencias contidas neste regulamento a preceptos doutras normas legais ou regulamentarias entenderanse feitas de xeito automático a aqueles preceptos que os substitúan ou modifiquen. TERCEIRA.- APROBACIÓN DE MODELOS Facúltase ao alcalde do Concello de Cervo para aprobar mediante resolución os modelos de documentos a utilizar para as diversas xestións enunciadas neste regulamento. CUARTA.- DESENVOLVENTO DO REGULAMENTO Facúltase ao alcalde do Concello de Cervo a ditar cantos actos sexan necesarios para o desenvolvemento e interpretación deste regulamento. ANEXO REGRAS E DEFINICIONS PARA A DETERMINACIÓN DO BAREMO E A RENDA PER CAPITA MENSUAL 1.- UNIDADE FAMILIAR Enténdese por unidade familiar a formada polos/as cónxuxes non separados/as legalmente e: -
As fillas e os fillos menores, con excepción dos que, con consentimento das nais e/ou dos pais, vivan independentes destes. As fillas e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33%.
Entendese por familiar monoparental a unidade familiar aquela na que forma parte dela unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento. No caso de que algún dos proxenitores ou titores/as do/a menor non conviva no domicilio familiar deberá ser xustificado documentalmente mediante sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
13
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos pais, non se considerará ,membro computable aquel deles que non conviva coa persoa solicitante, sen prexuízo de que na renda familiar se inclúa a súa contribución económica. Terá a consideración de membro computable, se é o caso o/a novo/a cónxuxe ou persoa unida por análoga relación cuxas rendas e patrimonio se incluirán dentro do cómputo da renda e patrimonio familiares. No caso de separación ou divorcio dos proxenitores con custodia compartida, acreditada mediante sentenza xudicial, as rendas de ambos os proxenitores incluíranse dentro do cómputo da renda familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente ao 31 de decembro do ano anterior ao de inicio do curso escolar para o que se solicita a praza na escola infantil. 2.- INGRESOS COMPUTABLES Tomarase o importe dos ingresos totais de cada un dos membros da unidade familiar, que será o resultado da agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro. Para estes efectos tomarase os ingresos do ano anterior ao de inicio do curso escolar para o que se solicita a praza na escola infantil. 3.- CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA MENSUAL A renda percápita será o resultado de dividir os ingresos computables entre os membros da unidade familiar. No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0.8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. A renda percápita mensual será o resultado de dividir a renda percápita entre 12 meses. Non obstante, cando as circunstancias económicas concorrentes na data de devengo da declaración do IRPF non coincidan coas circunstancias do momento da presentación de solicitudes de praza, terase en conta estas últimas para o cálculo da renda per cápita así como para a aplicación do baremo e dos distintos descontos. En todo caso estas circunstancias deberán xustificarse documentalmente no momento da presentación da solicitude. Cervo, 8 de febreiro de 2016.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez
Aprobada inicialmente en sesión plenaria extraordinaria celebrada o 17 de decembro de 2015 a derrogación da Ordenanza Fiscal nº 36, reguladora da taxa polo servizo de Punto de Atención Infantil e a aprobación da Ordenanza Fiscal nº 36 reguladora da taxa pola prestación do servizo de Escola Infantil Municipal de Cervo, e entendéndose automaticamente elevada a definitiva tal modificación ao non terse presentado reclamacións contra a mesma, procédese a publicar o texto completo da correspondente ordenanza fiscal: “ORDENANZA FISCAL Nº 36, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE CERVO. Art. 1.- Fundamento e natureza. En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e, de conformidade co previsto nos artigos 15 a 19 e 57, en relación co artigo 20.4 o) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola prestación do servizo de Escola Infantil Municipal de Cervo, que se rexerá pola presente Ordenanza. Art. 2.- Feito impoñible. 1.- Constitúe o feito impoñible desta taxa a asistencia dos menores que, previa solicitude dos seus pais ou titores, sexan admitidos na Escola Infantil Municipal do Concello de Cervo. 2.- A Escola Infantil Municipal de Cervo, de conformidade e co disposto no Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, defínese como aquel equipamento diúrno de carácter educativo e asistencial, dirixido ao sector infantil da poboación de ata 3 anos de idade, que ten por obxecto o desenvolvemento harmónico e integral dos/as nenos/as, realizando ademais un importante labor de apoio á función educativa da propia familia á vez que facilita o acceso dos país ao mundo laboral. Art. 3.- Suxeitos pasivos. 1. Son suxeitos pasivos os pais/nais dos nenos en situación de alta na Escola Infantil Municipal de Cervo e, no seu defecto, os familiares ou titores legais a quen corresponda o exercicio da patria potestade. 2. Serán responsables da débeda tributaria xunto aos suxeitos pasivos ou debedores principais: a) Solidariamente as persoas ás que se refiren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria. b) Subsidiariamente as persoas ás que se refire o artigo 43 da lei Xeral Tributaria.
14
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
Art. 4.- Cota tributaria. 1.
A cota tributaria determinarase pola aplicación das tarifas seguintes:
Xornada completa Media xornada de mañá ou tarde
164,01 €/mes 82,00 €/mes
Art. 5.- Beneficios fiscais. 1.- Sobre a cota tributaria resultante da aplicación da tarifa establecida no artigo anterior aplicaranse as seguintes reducións, segundo a renda per cápita mensual da unidade familiar: Renda per cápita mensual da unidade familiar
% Redución
Cota/mes €
Menores ao 30% IPREM
100%
Entre 30% e inferiores ao 50% IPREM
100%
0,00 €
Entre 50% e inferiores a 75% IPREM
79,37%
33,83 €
Entre 75% e inferiores a 100% IPREM
58,75%
67,65 €
Entre 100% e inferiores a 125% IPREM
33,75%
108,65 €
Entre 125% e inferiores a 150% IPREM
21,25€
129,16 €
13,12 %
142,49 €
0%
164,01 €
Entre 150 e inferiores a 200% IPREM Superiores ao 200% IPREM
0,00 €
Enténdese por renda per cápita mensual da unidade familiar o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar. Enténdese por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e fillos menores de 18 anos ou fillos maiores de 18 anos cunha minusvalía superior ao 33% ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada. No caso de familias monoparentais e, para os efectos do cálculo da renda per cápita ao que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar. A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente ao 31 de decembro do ano anterior ao de inicio do curso escolar para o que se solicita a praza na escola infantil. Os ingresos serán os deducidos dos certificados das rendas emitidos pola Administración tributaria referidos ao ano anterior ao de inicio do curso escolar para o que se solicita a praza na escola infantil, calculadas segundo os criterios establecidos na normativa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, por agregación da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro. 2.- Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre a cota que resulte da aplicación das deducións establecidas no punto 1 aplicaranse as seguintes bonificacións, que non son acumulables entre si: 20% nenos pertencentes a familias numerosas. 20% nenos pertencentes a familias monoparentais. Cando asistan ao centro varios irmáns o segundo e sucesivos terán unha bonificación do 20%. 3.- Exencións de pagamento: a) As familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais gozarán da exención total da cota a partir da segunda filla ou fillo que acuda á mesma escola infantil. b) As familias acolledoras de menores con medidas administrativas de tutela ou garda gozarán, así mesmo, da exención total da cota. 4. As correspondentes tarifas actualizaranse cada curso escolar na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo índice de prezos de consumo (IPC) para a Comunidade Autónoma de Galicia no mes de xaneiro anterior ao do curso escolar en que se pretenda que produza efectos, mediante resolución, que se publicará do Diario Oficial de Galicia, do órgano competente en materia de familia e infancia. Art. 6.- Devengo. Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento en que, unha vez solicitado, sexa autorizada a prestación do servizo. Art. 7.- Normas de xestión. 1.- A débeda tributaria derivada da taxa liquidarase e recadarase mediante padrón que se aprobará mensualmente. No primeiro bimestre natural do ano aprobarase un Padrón comprensivo de todas as liquidacións,
15
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
que trala fiscalización pola Intervención, expoñerase ao público por período de 15 días, fixándose o prazo para interpoñer reclamacións en un mes. No caso de altas e baixas, temporais ou definitivas, a cota prorratearase por quincenas naturais. 2.- O período voluntario de cobranza establécese en dous meses, sendo preciso tan só, notificar as altas que se produzan nun mes con relación ao anterior. 3.- A falta de asistencia do neno/a ao centro non dará dereito á devolución de cantidade algunha nin á redución ou exención, mentres non se formalice a baixa correspondente. No caso de non realizarse a prestación do servizo por causa imputable ao Concello procederase á devolución da taxa. 4.- Cando, por causa debidamente xustificada, previa solicitude e acreditación documental da circunstancia que a motiva e o informe do persoal adscrito ao servizo, poderase autorizar, mediante resolución da alcaldía, que o neno deixe temporalmente de asistir ao centro sen que se devengue a obriga de aboar a cota mensual dende a o primeiro día do mes natural seguinte ao da ausencia do centro. A suspensión temporal durará ata o día primeiro do mes natural en que teña lugar a reincorporación do neno ao centro. 5.- A falta de pagamento de dúas cotas consecutivas orixinará a perda do dereito á praza. 6.- Para o non previsto nesta Ordenanza Fiscal será de aplicación o disposto no Decreto 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Art. 8.- Infraccións e sancións. As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e a súa normativa de desenvolvemento. DISPOSICIÓN FINAL. A presente Ordenanza, entrará en vigor e comezará a aplicarse o primeiro día do mes seguinte ao da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, e manterase en vigor en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación.” Cervo, 8 de febreiro de 2016.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez R. 0361
MONFORTE DE LEMOS Anuncio Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 9 de decembro de 2015, a derrogación da ORDENANZA REGULADORA PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN (ARI), aprobada polo Concello no ano 2010, e exposta esa decisión ao público por prazo de trinta días, segundo anuncio no B.O.P. nº 299, do 30 de decembro de 2015, sen que durante dito prazo se teña presentado ningunha reclamación ou suxestión, queda definitivamente adoptado (art. 49 da Lei 7/1985) o acordo municipal e por tanto queda derrogada a Ordenanza reguladora para a rehabilitación de edificios e vivendas na Área de Rehabilitación (ARI), deste Concello de Monforte de Lemos. Monforte de Lemos, 8 de febreiro de 2016.- O Alcalde, José Tomé Roca R. 0364
Anuncio Aprobación definitiva de modificación de Ordenanza sobre ficheiros de datos de carácter persoal Aprobada definitivamente a MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL POLA QUE SE CREAN E MODIFICAN FICHEIROS DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS, por aplicación do art.49 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, a non se ter presentado, no prazo de información pública, ningunha reclamación ou suxestión respecto á aprobación inicial polo Pleno municipal en sesión do 9 de decembro de 2015, procédese á súa publicación no B.O.P., segundo o disposto no art.70.2 da Lei citada. O texto íntegro da Ordenanza foi publicado no Boletín Oficial de Provincia nº 160 do 14 de xullo de 2015. As modificacións afectan no ANEXO II da Ordenanza aos ficheiros “Padrón de Habitantes”, “Padrón augas, lixo e rede de sumidoiros” e “Cemiterios”, que quedan do seguinte modo: I).- PADRÓN DE HABITANTES. 1.- Responsable do ficheiro o tratamento:
16
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
Encadrado dentro de “Administración e Organismos Públicos de Entidades Locais”, é o Concello de Monforte de Lemos (P2703100D), Campo de Santo Antonio, s/n, (27400), Monforte de Lemos (Lugo). 2.- Nome e descrición do ficheiro ou tratamento de datos: Denomínase PADRON DE HABITANTES e constan os datos dos veciños do Municipio de Monforte de Lemos. 3.- Sistema de tratamento: Ficheiro parcialmente automatizado. 4.- Medidas de seguridade: As Medidas de Seguridade adoptadas son de nivel BÁSICO. 5.- Estrutura básica e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro: -
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico) Datos de características persoais: estado civil, familia, data de nacemento, lugar de nacemento, idade, sexo, nacionalidade. Datos académicos e profesionais: formación e titulacións.
6.- Finalidade do ficheiro e usos previstos: A descrición detallada da finalidade e usos previstos é a xestión do Padrón Municipal de habitantes, e en canto á tipificación correspondente á finalidade e usos previstos: - Estatística: Padrón de habitantes. 7.- Persoas o colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: Habitantes empadroados no municipio de Monforte. 8.- Procedencia e procedemento de recollida de datos. -
Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal, outras persoas físicas distintas do afectado ou o seu representante, rexistros públicos, administracións públicas. Procedemento de recollida: formularios ou cupóns. Soporte utilizado para a obtención: soporte papel, soporte informático/magnético.
9.- Cesión o comunicación de datos: En canto aos supostos nos que se ampara a cesión ou a comunicación dos datos, non existe consentimento dos afectados, pero existe una norma reguladora que as autoriza, que é a Lei 7/1985, de Bases do Réxime Local. O tratamento non responde á libre e lexítima aceptación dunha relación xurídica cuxo desenvolvemento, cumprimento e control implique necesariamente a comunicación dos datos aos terceiros, pero corresponde a competencias idénticas ou que versan sobre as mesmas materias exercidas por outras Administracións Públicas. A comunicación ten por obxecto o tratamento posterior dos datos con fins históricos, estatísticos ou científicos. Non son datos obtidos ou elaborados con destino a outra Administración Pública, nin se trata de datos recollidos de fontes accesibles ao público. Terase en conta o previsto no art. 16.3 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases do Réxime Local, que di o seguinte: “Os datos do Padrón Municipal cederanse a outras Administracións públicas que o soliciten sen consentimento previo ao afectado soamente cuando lles sexan necesarios para o exercicio das súas respectivas competencias, e exclusivamente para asuntos nos que a residencia ou o domicilio sexan datos relevantes. Tamén poden servir para elaborar estatísticas oficiais sometidas ao secreto estatístico, nos termos previstos na Lei 12/1989, de 9 de maio, da Función Estatística Pública e nas leis de estatística das comunidades autónomas con competencia na materia.” 10.- Transferencias internacionais previstas a terceiros países: Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo. XI).- PADRÓN AUGAS, LIXO E REDE DE SUMIDOIROS. 1.- Responsable do ficheiro ou tratamento: Encadrado dentro de “Administración e Organismos Públicos de Entidades Locais”, é o Concello de Monforte de Lemos (P2703100D), Campo de Santo Antonio, s/n (27400), Monforte de Lemos (Lugo). 2.- Nome e descrición do ficheiro ou tratamento de datos: Denomínase AUGAS, LIXO E REDE DE SUMIDOIROS e constan datos dos cidadáns usuarios dos servizos de augas, lixo e rede de sumidoiros.
17
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
3.- Sistema de tratamento: Ficheiro parcialmente automatizado. 4.- Medidas de seguridade: As Medidas de Seguridade adoptadas son de nivel MEDIO. 5.- Estrutura básica e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro: -
Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico), teléfono. Datos económico- financeiros e de seguros: bancarios.
6.- Finalidade do ficheiro e usos previstos: A descrición detallada da finalidade e usos previstos é a xestión dos servizos de auga, lixo e rede de sumidoiros, e en canto á tipificación correspondente á finalidade e usos previstos: -
Facenda e xestión económico- financeira: xestión tributaria e de recadación, xestión fiscal.
7.- Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: Cidadáns usuarios dos servizos de augas, lixo e rede de sumidoiros. 8.- Procedencia e procedemento de recollida de datos. Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal. Procedemento de recollida: Enquisas ou entrevistas, formularios ou cupóns. Soporte utilizado para a obtención: soporte papel. 9.- Cesión ou comunicación de datos: Non se prevén cesións. 10.- Encargado do tratamento: Ten este carácter a empresa AQUALIA, concesionaria do servizo de augas. 11.- Transferencias internacionais previstas a terceiros países: Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo. XIX).- CEMITERIOS. 1.- Responsable do ficheiro ou tratamento: Encadrado dentro de “Administración e Organismos Públicos de Entidades Locais”, é o Concello de Monforte de Lemos (P2703100D), Campo de Santo Antonio, s/n (27400), Monforte de Lemos (Lugo). 2.- Nome e descrición do ficheiro ou tratamento de datos: Denomínase CEMITERIOS, e constan os datos dos titulares de sepulturas no cemiterio municipal. 3.- Sistema de tratamento: Ficheiro parcialmente automatizado. 4.- Medidas de seguridade: As Medidas de Seguridade adoptadas son de nivel BÁSICO. 5.- Estrutura básica e descrición dos tipos de datos de carácter persoal incluídos no ficheiro: Datos de carácter identificativo: DNI/NIF, nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico), teléfono. Datos económico financeiros e de seguros: datos bancarios 6.- Finalidade do ficheiro e usos previstos: A descrición detallada da finalidade e usos previstos é Xestión de tarifas do cemiterio e rexistro titularidade sepulturas, e en canto á tipificación correspondente á finalidade e usos previstos: - Xestión contable, fiscal e administrativa. 7.- Persoas ou colectivos sobre os que se pretenda obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministralos: Titulares de sepulturas no cemiterio de Monforte
18
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
8.- Procedencia y procedemento de recollida de datos. - Procedencia dos datos: o propio interesado ou o seu representante legal. - Procedemento de recollida: Enquisas ou entrevistas, formularios ou cupóns. - Soporte utilizado para la obtención: soporte papel. 9.- Cesión ou comunicación de datos: Non se prevén cesións. 10.- Transferencias internacionais previstas a terceiros países: Non se realizan ou non están previstos tratamentos de datos fóra do territorio do Espazo Económico Europeo. Monforte de Lemos, 8 de febreiro de 2016.- O Alcalde, José Tomé Roca R. 0365
Anuncio O Alcalde mediante resolución de Alcaldía de 11 de febreiro de 2016, Resolveu aprobar as Bases referente á convocatoria PARA A SELECCIÓN URXENTE DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A COBERTURA MEDIANTE CONTRATO DE INTERINIDADE DO POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL- COORDINADOR/A DOS SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS DURANTE AS VACANTES TEMPORAIS QUE SE POIDAN DAR DE DITA PRAZA As Bases estarán a disposición do/a/s interesado/a/s na páxina web do Concello e no taboleiro de anuncios do Concello. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais a contar dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no “Boletín Oficial da Provincia”. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases faranse públicos no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web (www.concellodemonforte.com). Monforte de Lemos, a 11 de Febreiro de 2016.- O ALCALDE, José Tomé Roca R. 0392
SARRIA Anuncio Exposición pública do Padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, saneamento e depuración de augas residuais; recollida de lixo do Concello de Sarria. Configurado pola empresa concesionaria do servizo de subministración domiciliaria de auga potable e saneamento -depuración; o padrón das taxas polos servizos de subministración de auga, conservación de contadores, canon da auga e recollida de lixo, correspondente ao cuarto trimestre de 2015, o citado padrón estará a disposición do publico durante 15 días a contar dende a data de publicación do presente anuncio no BOP na Oficina de ESPINA & DELFÍN, S.L. sita na rúa Peregrino nº 31 Portal 1 Baixo; en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, para que os interesados poidan examinalo, e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas. Contra os recibos que contén o padrón poderá formularse perante o Sr. Alcalde, o recurso de reposición previo ao contencioso - administrativo do artigo 14.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da finalización da exposición pública do padrón, nos termos previstos en dito precepto legal. Polo que respecta ao canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico - administrativa ante o órgano económico – administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia tamén no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación consonte co disposto no artigo 49.7 do Decreto 136/2012 polo que se aproba o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertido a sistemas públicos de depuración de augas residuais. Neste senso, a publicación no Boletín Oficial da Provincia deste anuncio, produce efectos: de notificación expresa ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria; e de anuncio de cobranza segundo o disposto no artigo 24 do Real decreto 939/2005, de 29 de xullo, que aproba o regulamento xeral de recadación. O pago poderá efectuarse nas oficinas da empresa ESPINA & DELFÍN, S.L. abertas ao público de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
19
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
Transcorrido o período voluntario de pago establecido, ata o 1 de abril de 2.016, as débedas pendentes esixiranse pola vía de constrinximento coa recarga de prema, os xuros de mora e as custas que se produzan. Polo que respecta ao canon da auga a vía de constrinximento será realizada pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. En Sarria, a 4 de Febreiro de 2.016.- A SRA. ALCALDESA, Pilar López Yañez R. 0385
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL Nº 3 DE LUGO Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrada da Administración e Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER: Que no PROCEDEMENTO 775/14 deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de D FERNANDO ORTIZ CARRASCO contra a empresa PANADERÍA FONSAGRADA S.L., sobre DESPEDIMENTO, ditouse sentenza en data 17/12/15, cuxa parte dispositiva se adxunta: “DECISIÓN.-1.Acollo a demanda formulada por Fernando Ortiz Carrasco contra PANADERÍA FONSAGRADA, SL polo que condeno a PANADERÍA FONSAGRADA, SL ó pagamento a Fernando Ortiz Carrasco da cantidade de 14.565,03 euros brutos, sobre os que se reportarán os xuros do 10 por cento.-2.As custas do procedemento (que incluirán os honorarios do/a letrado/agraduado/a social da parte actora ata o máximo de 600 euros) serán aboadas por PANADERÍA FONSAGRADA, SL.-Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que a mesma non é firme, e que contra a mesma cabe interpor un recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.-O devandito recurso deberá anunciarse ante este mesmo Xulgado mediante unha comparecencia ou un escrito no prazo dos cinco días hábiles seguintes ó da notificación da sentenza, realizando o depósito legal mediante o ingreso da cantidade na conta da entidade “Banesto” núm. 2324000065, indicando o número de procedemento.-De non se anunciar recurso, debe procederse ó arquivo das actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-Rubricado.-Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada-xuíza foi entregada, lida e publicada esta data e na miña presenza. Dou fe, como secretaria do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.María de los Ángeles López Carballo.-Rubricado”. E para que sirva de notificación en legal forma a PANADERÍA FONSAGRADA S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de LUGO. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. En LUGO, a 1 de Febreiro de 2016.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 0366
Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrada da Administración e Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER: Que no PROCEDEMENTO 756/15, deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de Dª NEREA ALFONSO MONLEON contra a empresa FRANCISCO MARTINEZ COUTO, sobre DESPEDIMENTO, ditouse sentenza en data 18/01/16, cuxa parte dispositiva se adxunta:DECISIÓN.1.Acollo a demanda formulada por Nerea Alfonso Monleón contra FRANCISCO MARTÍNEZ COUTO de tal xeito que: Declaro improcedente o despedimento con efectos dende o 15 de setembro de 2015.-Condeno a FRANCISCO MARTÍNEZ COUTO a que no prazo de cinco días a contar desde a notificación desta resolución opte, comunicándollo a este Xulgado, entre readmitir a Nerea Alfonso Monleón no seu posto de traballo ou a indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 375,21 euros.-Para o caso de optar pola readmisión, a demandada deberá aboar tamén, como salarios de tramitación por cada un dos días existentes entre o 15 de setembro de 2015 e a data de notificación desta resolución a cantidade de 34,11 euros.-Condeno a FRANCISCO MARTÍNEZ COUTO ao pagamento a Nerea Alfonso Monleón da cantidade de 864,68 euros, sobre a que se reportarán os xuros do 10 por cento.- 2.As cantidades anteriores serán asumidas polo FOGASA de conformidade cos requisitos legais e regulamentarios que, no seu caso, lle sexan de aplicación.-As custas do procedemento (que incluirán os honorarios do/a letrado/a/graduado/a social da actora ata o límite máximo de 600 euros) serán aboadas por FRANCISCO MARTÍNEZ COUTO.-Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que a mesma non é firme, e que contra a mesma cabe interpor un recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.-O devandito recurso deberá anunciarse ante este mesmo Xulgado mediante unha comparecencia ou un escrito no prazo dos cinco días hábiles seguintes ó da notificación
20
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
da sentenza, realizando o depósito legal mediante o ingreso da cantidade na conta da entidade “Banesto” núm. 2324000065, indicando o número de procedemento.-De non se anunciar recurso, debe procederse ó arquivo das actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-Rubricado.-Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada-xuíza foi entregada, lida e publicada nesta data e na miña presenza. MARÍA DE LOS ÁNGLES LÓPEZ CARBALLO dou fe, como letrada da Administración de Xustiza no Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-Rubricado E para que sirva de notificación en legal forma a FRANCISCO MARTÍNEZ COUTO, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de LUGO. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. En LUGO, a 27 de Xaneiro de dous mil quince.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 0367
Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrada da Administración e Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER: Que no PROCEDEMENTO 774/14 deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de Dª CARMEN LÓPEZ LÓPEZ contra a empresa PANADERÍA FONSAGRADA S.L., sobre CANTIDADE, ditouse sentenza en data 15/01/14, cuxa parte dispositiva se adxunta: “DECISIÓN.1.Acollo a demanda formulada por Carmen López López contra PANADERÍA FONSAGRADA, SL polo que condeno a PANADERÍA FONSAGRADA, SL ó pagamento a Carmen López López da cantidade de 12462,08 euros brutos, sobre os que se reportarán os xuros do 10 por cento.-2.As custas do procedemento (que incluirán os honorarios do/a letrado/a-graduado/a social da parte actora ata o máximo de 600 euros) serán aboadas por PANADERÍA FONSAGRADA, SL.-Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que a mesma non é firme, e que contra a mesma cabe interpor un recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.-O devandito recurso deberá anunciarse ante este mesmo Xulgado mediante unha comparecencia ou un escrito no prazo dos cinco días hábiles seguintes ó da notificación da sentenza, realizando o depósito legal mediante o ingreso da cantidade na conta da entidade “Banesto” núm. 2324000065, indicando o número de procedemento.-De non se anunciar recurso, debe procederse ó arquivo das actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-Rubricado.-Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada- xuíza foi entregada, lida e publicada esta data e na miña presenza. Dou fe, como secretaria do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-María de los Ángeles López Carballo.-Rubricado”. E para que sirva de notificación en legal forma a PANADERÍA FONSAGRADA S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de LUGO. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. En LUGO, a 27 de Xaneiro de 2016.-A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 0368
Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrada da Administración e Xustiza do Xulgado do Social nº 003 de LUGO, FAGO SABER: Que no PROCEDEMENTO 728/15, deste Xulgado do Social, seguidos a instancia de Dª MARÍA DEL VALLE EGEA contra a empresa DICA MONFORTE S.L., sobre DESPEDIMENTO, ditouse sentenza en data 11/12/15, cuxa parte dispositiva se adxunta: “DECISIÓN.-1.Acollo a demanda formulada por María del Valle Egea Villar contra DICA MONFORTE, SL de tal xeito que:Declaro improcedente o despedimento con efectos dende o 31 de agosto de 2015.-Condeno a DICA MONFORTE, SL a que no prazo de cinco días a contar desde a notificación desta resolución opte, comunicándollo a este Xulgado, entre readmitir a María del Valle Egea Villar no seu posto de traballo ou a indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 5.543,07 euros.-Para o caso de optar pola readmisión, a demandada deberá aboar tamén, como salarios de tramitación, por cada un dos días existentes entre o 31 de agosto de 2015 e a data de notificación desta resolución a cantidade de 37,39 euros.2.As custas do procedemento (que incluirán os honorarios do/a letrado/a/graduado/a social da actora ata o límite máximo de 600 euros) serán aboadas por DICA MONFORTE, SL.Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que a mesma non é firme, e que contra a mesma cabe interpor un recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.-O devandito recurso deberá anunciarse ante este mesmo Xulgado mediante unha comparecencia ou un escrito no prazo dos cinco días hábiles seguintes ó da
21
Núm. 040 – Viernes, 19 de Febrero de 2016
B.O.P de Lugo
notificación da sentenza, realizando o depósito legal mediante o ingreso da cantidade na conta da entidade “Banesto” núm. 2324000065, indicando o número de procedemento.-De non se anunciar recurso, debe procederse ó arquivo das actuacións, logo de dalas de baixa no libro correspondente.-Así o acordo, decido e asino.-DALILA DOPAZO BLANCO, maxistrada -xuíza do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-Rubricado.Publicación.- A anterior sentenza ditada pola maxistrada -xuíza foi entregada, lida e publicada esta data e na miña presenza. Dou fe, como secretaria do Xulgado do Social núm. 3 de Lugo.-María de los Ángeles López Carballo.-Rubricado”. E para que sirva de notificación en legal forma a DICA MONFORTE S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da Provincia de LUGO. Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento. En LUGO, a tres de Febreiro de dous mil dezaseis.- A LETRADA DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA R. 0369
MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO SIL. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/25873 José Deiros Vega, con domicilio en LU\ A Condomiña, s/n- San Miguel de Neira de Rei, 27680 - Baralla (Lugo), solicita autorización para realizar obras que afectan al Dominio Público Hidráulico. Las obras estarán situadas en la ribera derecha del Rego Xermil, en el lugar de A Condomiña, parcelas 34 y 67 del polígono 32, situadas en la parroquia de San Miguel de Neira de Rei, T.M. de Baralla (Lugo), y consistirán las mismas en la construcción de una escollera. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Baralla , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López R. 0370
Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 19.02.2016 08:00:01 CET Razón: Localización: España