concellos - Deputación de Lugo

28 ene. 2017 - Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, ... Teléfono 982 360 004 Fax 982 360 518 e.
297KB Größe 8 Downloads 65 vistas
SÁBADO, 28 DE ENERO DE 2017

Nº 023

CONCELLOS CASTROVERDE Anuncio Pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o día 18 de xaneiro de 2017, prestouse aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao cuarto trimestre do ano 2017: -

Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga (4º trimestre do ano 2016).

-

Padrón da taxa por recollida de lixo.

-

Padrón de sumidoiros.

Expóñense ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo. Recursos: Contra o acordo de aprobación dos padróns de: abastecemento de auga, recollida de lixo, rede de sumidoiros, e servizo de axuda no fogar, poderá interporse recurso de reposición. Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación. ANUNCIO DE COBRANZA Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, dende o día 20 de xaneiro de 2017 ata o 20 de marzo de 2017. Finalizado o prazo pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 de Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo. No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria. Castroverde, a 20 de xaneiro de 2017.- O ALCALDE, Xosé Mª Arias Fernández R. 0217

Anuncio Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 18 de xaneiro de 2017 prestouse aprobación ao Padrón do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de decembro de 2016, e exponse ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo

2

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria. Castroverde, a 20 de xaneiro de 2017.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández R. 0218

BECERREÁ Anuncio Acordo adoptado en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de Becerreá de data 11 de xaneiro de 2017. 1.

Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

Expediente: Contrato de servizos. 2. Obxecto do contrato: “prestación do servizo de limpeza de centros escolares e outras instalacións municipais”. 3.

Lugar de execución: Concello de Becerreá

Prazo de duración: dous anos prorrogable por outros dous máis. CPV: 90911200-8 e 90919000-2 4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto, un só criterio de adxudicación. 5. 6. IVE. 7.

Criterios de adxudicación: cláusula 12.1 do P.C.A.P. (prezo) Valor estimado por dous anos de vixencia do contrato: 48.536 euros sen IVE, 58.728,56 € co importe do O orzamento máximo de licitación se establece en:

826 euros/mensuais sen IVE, (826 euros/mensuais sen IVE máis 21% de IVE, 173,46 total 999,46 euros IVE incluído) para a limpeza do CEIP San Xoán de Becerreá e de 508 sen IVE/semestre para a limpeza dos cristais do centro de saúde (508 euros sen IVE máis 21% de IVE, 106,68 euros, total 614,68 euros IVE incluído), de 508 sen IVE/semestre para a limpeza dos cristais da Casa Consistorial (508 euros sen IVE máis 21% de IVE, 106,68 euros, total 614,68 euros IVE incluído) e de 508 sen IVE/semestre para a limpeza dos cristais da Biblioteca Telecentro (508 euros sen IVE máis 21% de IVE, 106,68 euros, total 614,68 euros IVE incluído). 8. Garantías: garantía provisional non se esixe, garantía definitiva dun 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido. 9.

Requisitos específicos do contratista: Non se esixen.

10. Obtención de información e documentación: Concello de Becerreá. Praza do Concello s/n 27640 Becerreá. Teléfono 982 360 004 Fax 982 360 518 e http://www.concellodebecerrea.com/perfil-contratista/ 11. Presentación de proposicións: dentro do prazo de quince días naturais (15) a contar do seguinte o da publicación no perfil ou do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, antes das 14:00 horas. Entenderase que o prazo se inicia a partires da derradeira publicación. Cando o derradeiro día do fin do prazo coincida con sábado, domingo ou festivo, se entenderá que remata o primeiro día hábil seguinte. Presentación por correo nos termos previstos no do P.C.A.P. 12. Documentación que se debe presentar: se detalla na cláusula 10 dos pregos de cláusulas administrativas particulares. Prazo no que o licitador debe manter a oferta: Tres meses. 13. Apertura das proposicións: O acto público de apertura de proposicións se celebrará o segundo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas, ás doce horas na Casa Consistorial do Concello de Becerreá. 14. Os gastos de publicación dos anuncios previstos no expediente, serán por conta do contratista adxudicatario. Becerreá, 19 de xaneiro de 2017.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez. R. 0202

3

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Anuncio Acordo adoptado en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de Becerreá de data 11 de xaneiro de 2017. 1.

Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

Expediente: Contrato de servizos. 2. 3.

Obxecto do contrato: “prestación do servizo de transporte de escolares ao CEIP e IES e usuarios do Centro de Servizos Sociais de Becerreá”. Lugar de execución: Concello de Becerreá

Prazo de duración: dous anos prorrogable por outros dous máis. CPV: 60112000-6. 4. 5. 6. 7.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto, un só criterio de adxudicación. Criterios de adxudicación: cláusula 12.1 do P.C.A.P. (prezo) Valor estimado por dous anos de vixencia do contrato: 85.168 euros sen IVE, 93.684,80 € co importe do IVE. O orzamento máximo de licitación se establece en: •

591 €/mes máis IVE facendo un total de 650,10 €/mes polo servizo de transporte de usuarios ao Centro Social.



1.420 €/mes máis IVE facendo un total de 1.562 €/mes polo servizo de transporte de escolares ao CEIP e IES (só 10 meses ao ano).

8.

Garantías: garantía provisional non se esixe, garantía definitiva dun 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido. 9. Requisitos específicos do contratista: Non se esixen. 10. Obtención de información e documentación:

Concello de Becerreá. Praza do Concello s/n 27640 Becerreá. Teléfono 982 360 004 Fax 982 360 518 e http://www.concellodebecerrea.com/perfil-contratista/ 11. Presentación de proposicións: dentro do prazo de quince días naturais (15) a contar do seguinte o da publicación no perfil ou do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, antes das 14:00 horas. Entenderase que o prazo se inicia a partires da derradeira publicación. Cando o derradeiro día do fin do prazo coincida con sábado, domingo ou festivo, se entenderá que remata o primeiro día hábil seguinte. Presentación por correo nos termos previstos no do P.C.A.P. 12. Documentación que se debe presentar: se detalla na cláusula 10 dos pregos de cláusulas administrativas particulares. Prazo no que o licitador debe manter a oferta: Tres meses. 13. Apertura das proposicións: O acto público de apertura de proposicións se celebrará o segundo día hábil seguinte ao de finalización do prazo de presentación de ofertas, ás once horas na Casa Consistorial do Concello de Becerreá. 14. Os gastos de publicación dos anuncios previstos no expediente, serán por conta do contratista adxudicatario. Becerreá, 19 de xaneiro de 2017.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez. R. 0203

Anuncio Acordo adoptado en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de Becerreá de data 11 de xaneiro de 2017. 1.

Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

Expediente: Contrato de servizos. 2. 3.

Obxecto do contrato: “prestación do servizo de Escola Infantil Municipal do Concello de Becerreá”. Lugar de execución: Concello de Becerreá Prazo de duración: 4 anos de vixencia do contrato incluídas as posibles prórrogas. CPV: 80000000-4.

4. 5. 6.

Forma e procedemento de adxudicación: procedemento aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación. Criterios de adxudicación: cláusula 12.1 do P.C.A.P. (prezo e mellor proposta técnica presentada) Valor estimado por catro anos de vixencia do contrato: 376.000 euros sen IVE.

4

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

7. 8.

O orzamento máximo de licitación se establece en 94.000 euros/ano. Garantías: garantía provisional non se esixe, garantía definitiva dun 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido. 9. Requisitos específicos do contratista: Non se esixen. 10. Obtención de información e documentación: Concello de Becerreá. Praza do Concello s/n 27640 Becerreá. Teléfono 982 360 004 Fax 982 360 518 e http://www.concellodebecerrea.com/perfil-contratista/

11. Presentación de proposicións: dentro do prazo de quince días naturais (15) a contar do seguinte o da publicación no perfil ou do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, antes das 14:00 horas. Entenderase que o prazo se inicia a partires da derradeira publicación. Cando o derradeiro día do fin do prazo coincida con sábado, domingo ou festivo, se entenderá que remata o primeiro día hábil seguinte. Presentación por correo nos termos previstos no do P.C.A.P. 12. Documentación que se debe presentar: se detalla na cláusula 10 dos pregos de cláusulas administrativas particulares. Prazo no que o licitador debe manter a oferta: Tres meses. 13. Apertura das proposicións: O acto público de apertura de proposicións se celebrará o segundo día hábil seguinte ó de finalización del prazo para a presentación de ofertas, ás dez horas na Casa Consistorial do Concello de Becerreá. 14. Os gastos de publicación dos anuncios previstos no expediente, serán por conta do contratista adxudicatario. Becerreá, 19 de xaneiro de 2017.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez. R. 0204

MONDOÑEDO Anuncio Elena Candia López, Alcaldesa-Presidente do Concello de Mondoñedo, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril expoño: Que na sesión do 25 de novembro de 2016, o Pleno da Corporación Municipal de Mondoñedo aprobou a ordenanza reguladora do prezo público de visita a talleres artesáns ubicados en locais municipais. E consonte co disposto no art. 17 do TRLHL, e máis do artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, iníciase un prazo de información pública dun mes, durante o cal os interesados poderán presentar cantas alegacións e reclamacións estimen oportunas. Transcorrido o dito prazo sen que se presentara alegación alguna, o acordó provisional entenderase elevado a definitivo. Mondoñedo, a 16 de xaneiro de 2017.- A Alcaldesa, Elena Candia López

Elena Candia López, Alcaldesa-Presidente do Concello de Mondoñedo, no exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 21.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril expoño: Que na sesión do 25 de novembro de 2016, o Pleno da Corporación Municipal de Mondoñedo aprobou a modificación da ordenanza fiscal nº 16 reguladora da taxa por ocupación privativa de locais municipais. E consonte co disposto no art. 17 do TRLHL, e máis do artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, iníciase un prazo de información pública dun mes, durante o cal os interesados poderán presentar cantas alegacións e reclamacións estimen oportunas. Transcorrido o dito prazo sen que se presentara alegación alguna, o acordó provisional entenderase elevado a definitivo. Mondoñedo, a 16 de xaneiro de 2017.- A Alcaldesa, Elena Candia López R. 0205

Anuncio Elevándose a definitivo o acordo adoptado polo Pleno do Concello, na sesión ordinaria de 28 de outubro de 2016, de aprobación provisional da “Ordenanza fiscal nº 1, Reguladora do Imposto de Bens Inmobles” non presentándose reclamacións durante o período de exposición ao público, dando cumprimento ao artigo 17.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, transcribe o texto íntegro da mesma:

5

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

ORDENANZA FISCAL Nº 1 Ordenanza fiscal Reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles Artigo 1º. - Obxecto. O Imposto sobre Bens inmobles esixirase neste Concello de conformidade co disposto nos artigos 60 a 77 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aplicándose sobre ditas disposicións os elementos determinantes da cota tributaria que se regulan nos artigos seguintes da presente Ordenanza fiscal. Artigo 2º. - Tipos de gravame. 1. O tipo de gravame aplicable os bens inmobles urbanos queda fixado no 0,50 por cento. 2. O tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de carácter rústico queda fixado no 0,65 por cento. 3. O tipo de gravame aplicable ós bens inmobles de características especiais queda fixado no 1,3 por cento. Artigo 3º.- Recargo aplicable ós inmobles desocupados con carácter permanente. Tratándose de inmobles de uso residencial que se atopen desocupados con carácter permanente, por cumprir as condicións que se determinen regulamentariamente, o Concello esixirá un recargo de un 50% na cuota líquida do imposto. Dito recargo, que se esixirá ós suxeitos pasivos de este tributo e ó que resultarán de aplicación as disposicións reguladoras do mesmo, devengarase o 31 de decembro fe liquidarase anualmente polo Concello, unha vez constatada a desocupación do inmoble, xuntamente co acto administrativo polo que esta se declare. Artigo 4º. - Exención por criterios de eficiencia e economía. O abeiro do disposto no artigo 62.4 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécese unha exención a favor dos bens inmobles urbanos e rústicos nos que a cota tributaria liquida non exceda de tres euros. Artigo 5º. - Bonificación para os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción ou promoción inmobiliaria. Terán dereito a unha bonificación do 90 por cento sobre o cota íntegra do imposto, sempre que así se solicite polos interesados antes do inicio das obras, os inmobles que constitúan o obxecto da actividade de empresas de urbanización, construción e promoción inmobiliaria tanto de obra nova coma de rehabilitación equiparable a esta, e non figuren entre os bens do seu inmobilizado. O prazo de aplicación desta bonificación abranguerá desde o período impositivo seguinte ó correspondente ó inicio das obras e ata o posterior ó remate das mesmas, sempre que durante ese tempo se realicen obras de urbanización ou construción efectiva, sen que, en ningún caso, a bonificación poida aplicarse a máis de tres períodos impositivos. Artigo 6º.-Bonificación para vivendas de promoción pública. Establécese unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto para as vivendas de promoción pública, unha vez transcorrido o prazo de disfrute da bonificación prevista no artigo 73.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, durante un prazo máximo de tres períodos impositivos. Dita bonificación concederase a petición do interesado, e surtirá efectos, no seu caso, dende o período impositivo seguinte a aquel en que se solicite. Artigo 7º.- Bonificación para terreos comprendidos dentro de núcleos rurais. Establécese unha bonificación do 20% na cota íntegra do imposto correspondente aos bens inmobles ubicados dentro do núcleos rurais delimitados polo planeamento urbanístico municipal, ao abeiro do establecido no artigo 74.1 do Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Artigo 8º.- Réxime de declaración e ingreso. 1. O imposto devengarase o primeiro día do período impositivo. 2. O período impositivo coincide co ano natural. 3. Os feitos, actos e negocios que deban ser obxecto de declaración ou comunicación ó Catastro Inmobiliario terán efectividade no devengo deste imposto no período impositivo inmediatamente posterior o momento en que produzan efectos catastrais. A efectividade das inscricións catastrais resultantes dos procedementos de valoración colectiva e de determinación de valor catastral dos bens inmobles de características especiais, coincidirá coa prevista nas normas reguladoras do Catastro Inmobiliario. DISPOSICIÓN TRANSITORIA Coa finalidade de facilitar o pago das cotas tributarias resultantes do proceso de regularización catastral, a Administración recoñecerá o dereito ao fraccionamento do pago das mesmas, sen necesidade de presentación de garantía, nas seguintes condicións: -

O importe da cota a regularizar deberá ser superior aos 300 euros.

6

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017 -

B.O.P de Lugo

O importe de cada pago fraccionado non poderá ser inferior aos 300 euros, salvo a correspondente á última anualidade. Será requisito para o fraccionamento a domiciliación bancaria do pago do imposto.

DISPOSICION FINAL A presente Ordenanza entrará en vigor o 1 de xaneiro do ano seguinte a aquel no que se produza a publicación da aprobación definitiva. En Mondoñedo, a 16 de xaneiro de 2017.- A Alcaldesa, Elena Candia López R. 0206

MONFORTE DE LEMOS Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de decembro de 2016, o Orzamento Xeral do Concello de Monforte para o exercicio económico 2017, integrado polo do propio Concello e o do seu Organismo Autónomo Instituto Municipal de Drogodependencias e transcorrido o período de exposición pública sen que se presentasen alegacións contra o mesmo, elévase a definitiva a aprobación inicial, polo que de conformidade co disposto no art. art. 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, os art. 127 o Texto Refundido aprobado polo RD Lex. 781/1986 e concordantes, publícase o resumo por capítulos de cada un dos dos presupostos que o integran así como a plantilla de persoal. ESTADO DE GASTOS 2017

2017

ORZAMENTO DA CORPORACIÓN

ORZAMENTO ORZAMENTO INSTITUTO MUNICIPAL XERAL DROGODEPENDENCIAS CONSOLIDADO

CAPITULO I

4.112.963,39

253.905,25

4.366.868,64

CAPITULO II

6.013.728,57

21.594,75

6.035.323,32

CAPITULO III

39.375,00

39.375,00

CAPITULO IV

990.788,85

715.288,86

CAPITULO V

0,00

0,00

TOTAL

11.156.855,81

275.500,00

11.156.855,81

CAPITULO VI

723.404,34

723.404,34

CAPITULO VII

206.977,89

206.977,89

CAPITULO VIII

6.000,00

6.000,00

326.601,80

326.601,80

CAPITULO IX TOTAL TOTAL XERAL CONSOLIDADO

1.262.984,03

0,00

1.262.984,03

12.419.839,84

275.500,00

12.419.839,84

ESTADO DE INGRESOS 2017

2017

ORZAMENTO DA CORPORACIÓN

ORZAMENTO ORZAMENTO INSTITUTO MUNICIPAL XERAL DROGODEPENDENCIAS CONSOLIDADO

CAPITULO I

4.951.149,12

4.951.149,12

CAPITULO II

80.000,00

80.000,00

CAPITULO III

2.063.133,26

2.063.133,26

CAPITULO IV

4.930.024,13

CAPITULO V

64.533,33

TOTAL

12.088.839,84

275.500,00

4.930.024,13 64.533,33

275.500,00

12.088.839,84

7

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

CAPITULO VI

0,00

0,00

CAPITULO VII

0,00

0,00

CAPITULO VIII

6.000,00

6.000,00

CAPITULO IX

325.000,00

325.000,00

TOTAL

331.000,00

0,00

331.000,00

12.419.839,84

275.500,00

12.419.839,84

TOTAL XERAL CONSOLIDADO PLANTILLA DE PERSOAL 2017: CONCELLO FUNCIONARIOS DE CARREIRA Denominación Praza

Nº Praza/s

Grupo

Subescala

Categoría

Situación

C. Específico

1.- Funcionarios de Habilitación Nacional Secretario/a

1

A1

Secretaría



Propiedade

31.327,59 €

Tesoureiro/a

1

A1

Int- Tes.



Propiedade

27.841,38 €

Interventor/a

1

A1

Int- Tes.



Vacante

31.327,59 €

Técnico/a

3

A1

Admón. Xeral

Técnica

Propiedade

12.520,26 €

Técnico/a

1

A2

Admón. Xeral

Técnica

Propiedade

11.584,20 €

Administrativo/a

3

C1

Admón. Xeral

Admtva.

Propiedade

9.820,23 €

13

C2

Admón. Xeral

Auxiliar

Propiedade

8.309,94 €

Bibliotecaria/a

1

A1

Admón. Esp.

Técnica

Propiedade

15.340,20 €

Aparellador/a

1

A2

Admón. Esp.

Propiedade

25.737,77 €

Técnico/a

1

A2

Admón. Esp.

Vacante

13.621,34 €

Inspector/a de Policía L.

1

A2

Admón. Esp.

Técnica Enx. Industrial Inspector

Propiedade

25.134,70 €

1

A2

Admón. Esp.

Inspector

Vacante

25.134,70 €

1

C1

Admón. Esp.

Oficial

Vacante

17.479,44 €

2

C1

Admón. Esp.

Axente

Vacante

13.381,25 €

15

C1

Admón. Esp.

Axente

Propiedade

13.381,25 €

Xefe/a de Equipo C. Espec.

1

C2

Admón. Esp.

Xefe de Equipo

Propiedade

23.505,37 €

Axente C. Esp.

6

C2

Admón. Esp.

Axente CE

Propiedade

14.107,28 €

Oficial

1

C2

Admón. Esp.

Oficial

Propiedade

6.979,93 €

Operario/a

1

E

Admón. Esp.

Operario

Propiedade

7.673,64 €

2.-Administración Xeral.

Auxiliar 3.- Administración Especial

Inspector/a de Policía (Segunda actividade)

L.

Oficial Policía Policía Local Actividade)

(Segunda

Policía Local

PERSOAL LABORAL FIXO

Denominación Praza



Grupo

Situación

Técnico/a de Grao Superior Servicios Sociais

1

A1

Vacante

Asesor Xurídico/a - Coordinador/a CIM

1

A1

Fixo

Técnico/a de Promoción Económica

1

A1

Vacante

8

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Traballador/a Social – Coordinador

1

A2

Fixo

Traballador/a Social

2

A2

Fixo

Técnico/a C.I.M.

1

A2

Fixo

Profesor/a Conservatorio Clarinete

1

A2

Vacante

Profesor/a Conservatorio Piano

4

A2

Fixo

Profesor/a Conservatorio Violín

1

A2

Vacante

Profesor/a Conservatorio Viento- Trombón

1

A2

Vacante

Profesor/a Conservatorio Guitarra

1

A2

Fixo

Profesor/a Conservatorio Saxo

1

A2

Fixo

Profesor/a Conservatorio Percusión

1

A2

Vacante

Técnico/a de Medio Ambiente

1

A2

Fixo

Animador/a Cultural

1

C1

Fixo

Profesor/a de Danza Escolas de Música

1

C2

Fixo

Capataz Urbanismo (Obras)

1

C2

Fixo

Capataz Servicios

2

C2

Fixo

Oficial de Urbanismo ( Obras)

3

C2

Fixo

Oficial de Urbanismo ( Cemiterio)

1

C2

Fixo

Oficial de servicios (Cultura)

1

C2

Fixo

Aux. Administrativo O.M.I.C.X.

1

C2

Fixo

Op. De Activ. e servicios culturais

1

E

Fixo

Peón de Urbanismo

1

E

Fixo

Peón de Urbanismo

1

E

Vacante

Peón de Parques e xardíns

2

E

Fixo

Peón de Parques e xardíns

2

E

Vacante

Peón de cemiterio

1

E

Fixo

Aux. de Electricista

1

E

Vacante

Limpador/a – Conserxe

1

E

Fixo

Subalterno/a

1

E

Vacante

PERSOAL LABORAL TEMPORAL Denominación Praza



Técnico/a de Grao Superior Servicios Sociais

1

Técnico/a Deportes

1

Profesor/a Conservatorio Clarinete

1

Profesor/a Conservatorio Violín

1

Profesor/a Conservatorio Saxo

1

Profesor/a Conservatorio Percusión

1

Educador/a de Familia

1

Profesor/a Escolas de Música

2

PERSOAL LABORAL EVENTUAL DE CONFIANZA Denominación Praza



Asesor/a Gabinete

1

ADICACIÓNS EXCLUSIVAS ADICACIÓN

BRUTO (14 PAGAS)

EXCLUSIVA

44.069,01 €

CONCELLEIRA FACENDA RÉXIME INTERNO SS E DISCAPACIDADE

PARCIAL

17.509,11 €

CONCELLEIRO MEDIO RURAL E SERVIZOS MUNICIPAIS

PARCIAL

17.509,11 €

ALCALDE PRESIDENTE

9

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

I.M. DE DROGODEPENDENCIA PERSOAL LABORAL TEMPORAL Denominación Praza



Directora Psiquiatra

1

Psicólogo/a

1

Educador/a Social

1

Traballador/a Social

1

Enfermeira/o

1

Auxiliar Adminstrativo

1

Monitor tempo Libre

1

Monforte de Lemos, 24 de xaneiro de 2017.- O Alcalde, José Tomé Roca R. 0234

A PONTENOVA Anuncio Por Resolución da Alcaldía número 2016-0329, de data 29 de decembro de 2016, o Sr. Alcalde D. Dario Campos Conde, delegaba no Segundo Tenente de Alcalde D. Don Francisco Martínez Bermúdez, con DNI.: 76.566.746-E, por motivos persoais, o exercicio das seguintes atribucións da Alcaldía: poder asinar o “CONVENIO DE COLABORACIÓN HORIZONTAL (PÚBLICO-PÚBLICO) PARA A REALIZACIÓN CONXUNTA POLO CONCELLO DE A PONTENOVA E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO DUNHA ACTIVIDADE NA QUE CONFLÚEN OS RESPECTIVOS TÍTULOS COMPETENCIAIS PARA O FIN COMÚN DE MELLORA DE ABASTECEMENTO DE AUGA NO NÚCLEO DE VILARXOANE”. Dado na Pontenova, a dez de xaneiro de 2017, data dos seus efectos ao día seguinte, sen prexuízo da súa publicación no BOP de Lugo e taboleiro de anuncios do concello.A Pontenova a 10 de xaneiro de 2017.- O Alcalde, Darío Campos Conde R. 0231

PORTOMARÍN Anuncio O Concello de Portomarín publica en cumprimento do que dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local- o texto integro da “ORDENANZA FISCAL DAS TAXAS POR APROVEITAMENTOS ESPECIAIS CON INSTALACIÓN DE POSTOS DE VENDA E/OU VEHICULOS-TENDA NA VIA PUBLICA E, EN XERAL, EN BENS DE DOMINIO PUBLICO MUNICIPAL, AUTORIZADOS O AMPARO DA ORDENANZA REGULADORA DE VENDA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA NO CONCELLO DE PORTOMARIN”. A aprobación inicial foi por acordo do Pleno da Corporación do 27 de setembro de 2016 e expúxose ao público mediante anuncio no taboleiro de edictos da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia número 236 do 14 de outubro de 2016, sen que houbera ningunha reclamación, alegación ou suxestión, razón polo que se entende aprobado definitivamente. ORDENANZA FISCAL DAS TAXAS POR APROVEITAMENTOS ESPECIAIS CON INSTALACIÓN DE POSTOS DE VENDA E/OU VEHICULOS-TENDA NA VIA PUBLICA E, EN XERAL, EN BENS DE DOMINIO PUBLICO MUNICIPAL, AUTORIZADOS O AMPARO DA ORDENANZA REGULADORA DE VENDA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA NO CONCELLO DE PORTOMARIN ÍNDICE Artigo 1. FEITO IMPOÑIBLE Artigo 2. SUXEITOS PASIVOS Artigo 3. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS Artigo 4. COTAS Artigo 5. DEVENGO E INGRESO

10

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Artigo 6. XESTIÓN Artigo 7. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS Disposición final Artigo 1. FEITO IMPOÑIBLE Constituirán feito impoñible destas taxas os aproveitamentos da vía pública soares ou espazos abertos, e en xeral bens de dominio público municipal, autorizados ó amparo da Ordenanza Reguladora de Venda ambulante ou non sedentaria no Concello de Portomarin. Artigo 2. SUXEITOS PASIVOS Serán suxeitos pasivos, obrigados ó pagamento das taxas reguladas nesta ordenanza aquelas persoas autorizadas a instalar postos segundo o disposto no artigo 1 desta ordenanza. Artigo 3. EXENCIÓNS E BONIFICACIÓNS Agás o previsto en normas con rango de lei ou tratados internacionais, non se admitirán exencións nin bonificacións nestas taxas. Artigo 4. COTAS As cotas que correspondan abonar en concepto das taxas reguladas nesta ordenanza determinaranse con arranxo ó cadro que segue: TARIFAS Venda ambulante en mercados periódicos: Son aqueles que se celebran con periodicidade preestablecida, xa sexa con ocasión da celebración de feiras tradicionais ou especificamente como mercado ambulante. Venda ambulante en mercados ocasionais: Son aqueles que se celebran de maneira non periódica en razón a festas ou acontecementos populares. Venda ambulante en camións-tenda con carácter itinerante nos lugares e cos itinerarios que se autoricen polo Concello.

Por ocupación de terreos de uso público por mesas, cadeiras e elementos auxiliares con finalidade lucrativa. (0,02 €/metro cadrado/día). + Por taxa por recollida, tratamento e eliminación de residuos sólidos urbans. (0,20 €/establecemento/ano). + Por solicitude de licenza de actividade inocua. (12,00 €/establecemento).

A superficie computable será a que ocupe o posto ou instalación máis a que determine unha franxa de 1 metro lineal paralela á liña exterior do mostrador ou fronte. Artigo 5. DEVENGO E INGRESO As taxas reguladas nesta Ordenanza fiscal percibiranse no momento en que se inicie o aproveitamento especial. Os solicitantes da licenza ingresarán no momento de formular aquela, as taxas que correspondan, polo procedemento de autoliquidación en impreso regulamentario que facilitará o Rexistro Xeral do Concello. A cota a ingresar determinarase segundo o disposto no artigo 4 desta ordenanza. Artigo 6. XESTIÓN 1.- Solicitarase a ocupación de vía pública, antes da efectiva instalación e poderá ser de dous tipos: 1.1.- En mercadillos periódicos (feiras tradicionais). Cando se solicite un posto nos mercadillos periódicos, a taxa aboarase por ano ou fracción mínima de un mes, e autorizarase para todas as feiras e mercados sinaladas na solicitude. 1.2.- En días de festas e eventos especiais. Cando se trate de aproveitamentos por postos de carácter illado situados na rúa, a taxa liquidarase no momento da solicitude, condición indispensable para que a autorización sexa concedida. Se como resultado dos informes dos técnicos a instalación non poida facerse no lugar solicitado se lle presentará unha ubicación alternativa e de non aceptala se lle reembolsará os cartos depositados. As tarifas establecidas serán aplicables integramente ás ocupacións solicitadas ou realizadas, sen prexuízo de que de acordo á normativa vixente incóese o oportuno expediente sancionador polos aproveitamentos que excedan das correspondentes autorizacións. 2.- Para a venta itinerante en vehículos-tenda, Solicitarase a ocupación de vía pública, antes da efectiva instalación e poderá ser de dous tipos: 2.1.- En mercadillos periódicos (feiras tradicionais).

11

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Cando se solicite un posto nos mercadillos periódicos, a taxa aboarase por ano ou fracción mínima de un mes, e autorizarase para todas as feiras e mercados sinaladas na solicitude. 2.2.- En días de festas e eventos especiais. Cando se trate de aproveitamentos por postos de carácter illado situados na rúa, a taxa liquidarase no momento da solicitude, condición indispensable para que a autorización sexa concedida. Se como resultado dos informes dos técnicos a instalación non poida facerse no lugar solicitado se lle presentará unha ubicación alternativa e de non aceptala se lle reembolsará os cartos depositados. As tarifas establecidas serán aplicables integramente ás ocupacións solicitadas ou realizadas, sen prexuízo de que de acordo á normativa vixente incóese o oportuno expediente sancionador polos aproveitamentos que excedan das correspondentes autorizacións. 2.3.- Venta itinerante con recorrido periódico. Cando se solicite un recorrido periódico de venta itinerante, a taxa aboarase por ano ou fracción mínima de un mes, e autorizarase para todas os días sinalados na solicitude. Artigo 7. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS No relativo a infraccións tributarias desta ordenanza, asi como as súas cualificacións e sancións, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria e restante normativa de aplicación. Disposición final No non previsto nesta ordenanza será de aplicación Lei Xeral Tributaria e restante normativa de aplicación. A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, comezará a aplicarse ao día seguinte da súa publicación no BOP, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. En Portomarín a 18 xaneiro de 2017.- O ALCALDE, Juan Carlos Serrano López R. 0207

Anuncio O Concello de Portomarín publica en cumprimento do que dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local- o texto integro da “ORDENANZA REGULADORA DE VENTA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA NO CONCELLO DE PORTOMARIN”. A aprobación inicial foi por acordo do Pleno da Corporación do 27 de setembro de 2016 e expúxose ao público mediante anuncio no taboleiro de edictos da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia número 236 do 14 de outubro de 2016, sen que houbera ningunha reclamación, alegación ou suxestión, razón polo que se entende aprobado definitivamente. ORDENANZA REGULADORA DE VENTA AMBULANTE OU NON SEDENTARIA NO CONCELLO DE PORTOMARIN EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A venda ambulante entendida como a realizada fora dun establecemento comercial permanente a través de mercados ou feiras ten unha ampla tradición e raizame no Concello de Portomarin. Na actualidade o mercado celebrase con carácter regular tódolos días nove de cada mes contando cunha media de aproximadamente 30 postos. Nos últimos tempos, debido o auxe do Camiño de Santiago Francés, no cal Portomarin é un punto clave do seu itinerario, vese incrementado o número de solicitudes ou consultas para poder realizar a venda ambulante ao longo do mesmo. Debido a que no Concello non dispón de normativa actualizada ao efecto, e para poder garantir, dunha parte, a realización desta actividade no marco dos principios que inspiran a regulación da actividade comercial e, de outra, o respecto e garantía dos lexítimos dereitos dos consumidores e usuarios e a racionalización da oferta en función da capacidade de consumo da poboación pero sen esquecer o contexto social no que se desenvolve e que xustifica a limitación do número de autorizacións ás persoas físicas e xurídicas. A Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, impón aos Estados a obriga de eliminar todas as trabas xurídicas e barreiras administrativas inxustificadas á liberdade de establecemento e de prestación de servizos que se contemplan nos artigos 49 e 56 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFE) respectivamente. A súa incorporación ao ordenamento xurídico español conduce á modificación da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio Retallista, e ineludiblemente á reforma dos conseguintes desenvolvementos regulamentarios, co obxecto de axeitar o seu contido ás esixencias de supresión de trámites innecesarios e de simplificación de procedementos administrativos no outorgamento das autorizacións pertinentes en materia de comercio.

12

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Aínda que con carácter xeral as actividades de servizos de distribución comercial non deben estar sometidas a autorización administrativa previa, no relativo ao exercicio da venda ambulante ou non sedentaria considerouse necesario o seu mantemento así como a introdución de certas modificacións, que a continuación exporanse, na medida que este tipo de actividade comercial require do uso de solo público que debe conciliarse con razóns imperiosas de interese xeral como a orde pública, a seguridade e a saúde pública. Por outra banda, dada a escaseza de solo público dispoñible, o número de autorizacións deberá ser necesariamente limitado. Por iso, o procedemento de concesión debe ser público e transparente de xeito que, a pesar de que as autorizacións teñan unha duración limitada no tempo, poidan proporcionar un resarcimento xusto dos investimentos acometidas polos seus titulares. Por todo o exposto establécese a necesidade de crear unha lexislación mediante unha ordenanza municipal adaptándose a regulación vixente aos principios e obxectivos da Directiva Europea 2006/123, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior e a lexislación estatal e autonómica pola que se traspón ao dereito interno a Directiva de Servizos, nomeadamente: -

Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizo e ao seu exercicio.

-

Lei 1/2010, do 1 de marzo, de reforma da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de Ordenación do Comercio Comerciante polo miúdo.

-

Real decreto 199/2010, do 26 de febreiro, polo que se regula o exercicio da venda ambulante ou non sedentaria.

-

Lei 13/2010 do 17 de decembro do Comercio Interior de Galicia.

-

Real Decreto-Lei 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da concorrencia.

-

Lei 3/2014, de 27 de marzo, pola que se modifica o texto refundido da Lei Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios.

-

Real Decreto-Lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a concorrencia e a eficiencia.

Capítulo I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1.- Títulos competenciais. A presentación ordenanza dítase en virtude das competencias que se atribúen ao municipio segundo dispón nos artigos 25.2. e 84.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; 22 a 27 Lei 10/1988, de 20 de xullo, de ordenación do comercio interior de Galicia; nos artigos 1 e 5 do Regulamento Servizos das Corporacións Locais e polos artigos 13 e ss do Decreto 194/2001, de 26 de xullo, de ordenación venda ambulante.

se da de de

Artigo 2.- Obxecto. Esta ordenanza ten por obxecto regular, con carácter xeral, a venda que se realice polos comerciantes fóra dun establecemento permanente, de forma habitual, ocasional, periódica ou continuada, dentro do termo municipal, en instalacións desmontables ou transportables, así como en vehículos tenda. Ademais do disposto pola presente ordenanza, a venda ambulante rexerase polo establecido na Lei 10/1988, de 20 de xullo, de Ordenación do Comercio interior de Galicia, no Decreto da Consellería de Industria e Comercio 194/2001, de 26 de xullo de ordenación da venda e polas normas sectoriais reguladoras da venda e comercialización de cada produto en concreto, en especial os regulamentos técnico sanitarios aplicables á produción e comercialización de cada produto. Artigo 3.- Concepto e modalidades de venda ambulante. Considérase venda ambulante a realizada polos comerciantes fóra dun establecemento comercial permanente, de forma habitual, ocasional, periódica ou continuada, en instalacións desmontables ou transportables, incluídos os camións-tenda e demais vehículos de venda ambulante. A venda ambulante só poderá realizarse baixo as seguintes modalidades: •

Venda ambulante en mercados periódicos: Son aqueles que se celebran con periodicidade preestablecida, xa sexa con ocasión da celebración de feiras tradicionais ou especificamente como mercado ambulante.



Venda ambulante en mercados ocasionais: Son aqueles que se celebran de maneira non periódica en razón a festas ou acontecementos populares.



Venda ambulante en camións-tenda con carácter itinerante nos lugares e cos itinerarios que se autoricen polo Concello.

A actividade comercial desenvolvida baixo algunha das modalidades de venda ambulante ou non sedentaria deberase efectuar con suxeición ao réxime xeral da Lei 7/1996, do 15 de xaneiro, de ordenación do comercio

13

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

retallista e na Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, sen prexuízo do cumprimento doutras normas que resulten de aplicación. Artigo 4.- Exclusións. De conformidade con canto se establece polo artigo 2.4 do Decreto 194/2001, de 26 de xullo non terá consideración de venda ambulante. •

Actividades comerciais reguladas pola Lei 1/1996, de 5 de marzo, de actividades feirais de Galicia e as normas de desenvolvemento.



Venda directa exercida polos agricultores do termo municipal ou nos termos limítrofes, limitada á súa propia produción.



Venda de obxectos artesáns realizados polos propios produtores, con motivo de festas, feiras ou acontecementos populares.



Venda puramente ocasional de xornais, plantas e flores, así como de obxectos usados de pertenza particular do vendedor.

Tampouco teñen a consideración de venda ambulante a venda a distancia nin a venda automática mediante máquinas preparadas para este efecto. Non obstante o exposto, os agricultores e artesáns que realicen este tipo de venda utilizando as vías públicas están suxeitos ás normas de funcionamento establecidas na presente ordenanza así como ás obrigas que se indican no Capítulo IV e, se é o caso, ao réxime de infraccións e sancións do Capítulo V. Artigo 5.-Produtos cuxa venda se autoriza. Produtos autorizados nos mercados periódicos ou ocasionais: Poderán ser ofrecidos á venda artigos téxtiles, de artesanía, bixutería, marroquinería, calzado, confección, droguería, artigos de coiro ou pel, de ornato de pequeno volume, así como produtos alimenticios que non estean expresamente prohibidos pola normativa vixente. Produtos dos que a venda se autoriza en camións-tenda: Pan, froita, queixos, produtos envasados, peixe fresco e conxelado, refrescos, xeados, bocadillos, churros, así como outros produtos alimenticios nos que a súa venda en réxime de ambulancia estea autorizada pola normativa estatal ou autonómica aplicable a estes. Capítulo II. NORMAS DE FUNCIONAMENTO Artigo 6.- Mercados ocasionais e camións-tenda. A organización, intervención e inspección da venda ambulante correspóndelle ao Alcalde-Presidente ou concelleiro en quen delegue. Mediante resolución da Alcaldía fixaranse os días de celebración dos mercados ocasionais, así como o lugar ou lugares e horarios de celebración destes. A venda en vehículos-tenda poderá realizarse en días laborais, das 9 ás 20 horas. A venda ambulante na modalidade de vehículos tenda só poderá autorizarse nos núcleos rurais de poboación, en datas fixas e lugares determinados, gardando como mínimo unha distancia de separación de 50 m a calquera establecemento comercial fixo coa regulamentaria licenza de actividade ou titulo habilitante municipal, excepto en festas, feiras ou días especiais sinalados mediante Resolución da Alcaldía ou concelleira en que delegue. A venda ambulante na modalidade de vehículos tenda nos núcleos rurais de poboación disposto o longo da trazado do Camiño de Santiago Francés no Concello de Portomarin, só poderá autorizarse previa autorización da Consellería competente en materia de conservación do Patrimonio Cultural segundo artigo 45 da Lei 5/2016, de 4 de maio, do Patrimonio cultural de Galicia. Queda prohibido en todo o concello de portomarin a venda ambulante que non se axuste o contido da presente ordenanza, asemade, queda prohibida a venda ambulante o longo do camiño de Santiago que discorre polo termo municipal de Portomarin que non se axuste o contido da presente ordenanza. A prohibición acada tanto as instalacións que se pretendan ubicar no camiño, lugar publico como en terreos particulares colindantes co mesmo. Para a delimitación de núcleo rural de poboación estarase o disposto na normativa urbanística vixente de aplicación. Artigo 7.- Mercados periódicos. O mercado periódico na vila de Portomarin celebrarase nas rúas Compostela, Fraga Iribarne, Peregrino, Lugo, Praza Condes de Fenosa e Campo da Feira, os días nove de cada mes e co seguinte horario de 8:00 a 15:00 h. Os lugares de colocación dos postos de venda serán obxecto de sinalización na correspondente autorización e a venda só poderá efectuarse no lugar asinado.

14

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Para supostos ou eventos excepcionais, por resolución da Alcaldía, poden habilitarse espazos distintos dos sinalados. Os postos desmontables non poderán situarse en accesos a edificios de uso público, establecementos comerciais, nin en lugares que dificulten o acceso e a circulación peonil. Artigo 8.- Requisitos xerais de produtos e postos. Os produtos frescos que vendan deberán estar en perfectas condicións hixiénicas e de calidade, sen que poidan ocasionarse riscos para a saúde ou seguridade dos consumidores. Deberán impedirse que os produtos alimenticios estean en contacto co chan, debendo adoptarse as medidas precisas de protección manual mediante luvas, tanto para o vendedor como para os compradores co fin de impedir o contacto directo das mans cos produtos. Os utensilios que se utilicen para a venda de produtos alimenticios, sen envasar, así como os mostradores, deberán estar en perfectas condicións hixiénicas. Artigo 9.- Requisitos dos vehículos tenda Os vehículos-tenda deberán cumprir os seguintes requisitos: En todo caso deberán contar con furgón separado fisicamente da cabina do condutor, e non poderán colocar aparellos tales como publicidade, mesas, cadeiras e similares fora da superficie autorizada. Vehículos destinados á venda de peixe fresco, deberán contar coas seguintes especificacións técnicas: • • • • • •

Vehículo isotermo homologado. Xeo cunha temperatura no centro das pezas entre 0 e 7 graos centígrados. Inclinación do chan para evacuación da auga de fusión. Superficies interiores lisas e unións redondeadas. Bidón auxiliar de auga potable en cantidade suficiente, toallas dun só uso e xabón líquido. Caldeiro para residuos ou bolsas de plástico.

Vehículos para a venda de peixe conxelado, deberán contar coas seguintes especificacións técnicas: • • • •

Vehículo frigorífico homologado. Temperatura dos produtos igual ou inferior a –18 graos centígrados. Rexistro gráfico de temperatura Superficies lisas e unións redondeadas.

Vehículos para a venda de masas fritas e outros produtos similares: deberán contar coas seguintes especificacións técnicas: •

• • • • • •

As unidades básicas de venta destinadas a expedición de masas fritas deberán contar con dispositivo ou sistema de extracción de fumes e mitigación de olores que permita a súa eliminación ambiental efectiva, que conte co correspondente visado oficial, e que requirirá previa conformidade por parte dos Servizos Técnicos Municipais. Queda prohibida a comercialización para consumo humano de aceites e graxas xa utilizados. Os aceites e graxas quentes e usados almacenaranse en recipientes adecuados e de uso exclusivo. En ningún caso serán vertidos a rede de rede de sumidoiros público ou contedores de lixo, sendo o seu destino a recollida por empresas autorizadas. Queda prohibida a utilización de graxas animais ou vexetais solas mesturadas con aceites vexetais autorizados. Queda prohibido refreir os produtos. Queda prohibido envolver os produtos con materiais como papeis de periódico, impresos, etc…, excluíndose o papel impreso novo que leve consignado o nome ou outras indicacións referentes ao produto ou vendedor sobre a cara que non vaia estar en contacto co alimento. Queda expresamente prohibida a venta de masa fritas con recheo, artigos de docería, pastelería, bolería e repostería, e demais produtos distintos dos autorizados.

Aparatos de combustión: • • • •

Prancha alimentada con gas butano: Deberase dispor e achegar certificado de revisión por empresa autorizada sobre os aparatos de combustión. Ventilación inferior da instalación. Extintor do CO2 de 5 kg de carga. Prancha alimentada con electricidade: Magnetotérmico de 25 AMP. Diferencial de 25 AMP e 30 msa de sensibilidade Cable de 6 mm e illamento segundo norma UNE Extintor do CO2 de 5 kg de carga. Os puntos anteriores terán ventilación natural cruzada do posto. Os extintores terán contrato en vigor e revisión anual.

15

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Vehículos para a venda de bocadillos, refrescos e outros produtos alimentarios que reúnan as condicións sanitarias para a súa expedición na vía pública: deberán contar coas seguintes especificacións técnicas: •



• • • • •

Contara cos medios e instalacións necesarias para o almacenamento e recollida selectiva dos residuos que a actividade xera, especialmente aqueles susceptibles de reciclarse. Os aceites e graxas quentes e usados almacenaranse en recipientes adecuados e de uso exclusivo. En ningún caso serán vertidos a rede de rede de sumidoiros público ou contedores de lixo, sendo o seu destino a recollida por empresas autorizadas. As unidades básicas de venta destinadas a produtos fritos deberán contar con dispositivo ou sistema de extracción de fumes e mitigación de olores que permita a súa eliminación ambiental efectiva, que conte co correspondente visado oficial, e que requirirá previa conformidade por parte dos Servizos Técnicos Municipais. Queda prohibida a comercialización para consumo humano de aceites e graxas xa utilizados. Queda prohibida a utilización de graxas animais ou vexetais solas mesturadas con aceites vexetais autorizados. Queda prohibido refreir os produtos. Queda prohibido envolver os produtos con materiais como papeis de periódico, impresos, etc…, excluíndose o papel impreso novo que leve consignado o nome ou outras indicacións referentes ao produto ou vendedor sobre a cara que non vaia estar en contacto co alimento. Queda expresamente prohibida a venta de masa fritas con recheo, artigos de docería, pastelería, bollería e repostería, e demais produtos distintos dos autorizados.

Aparatos de combustión: • • • •

Prancha alimentada con gas butano: Deberase dispor e achegar certificado de revisión por empresa autorizada sobre os aparatos de combustión. Ventilación inferior da instalación. Extintor do CO2 de 5 kg de carga. Ferro alimentada con electricidade: Magnetotermico de 25 AMP. Diferencial de 25 AMP e 30 msa de sensibilidade Cable de 6 mm e illamento segundo norma UNE Extintor do CO2 de 5 kg de carga. Os puntos anteriores terán ventilación natural cruzada do posto. Os extintores terán contrato en vigor e revisión anual.

O establecemento disporá do material e produtos necesarios para a limpeza e hixiene do local, os cales se almacenarán separadamente de calquera produto alimenticio ou alimentario. En caso de dispensar produtos alimenticios perecedoiros, deberase dispor das adecuadas instalacións frigoríficas, termómetros contrastados, os produtos deberán estar debidamente envasados ou protexidos con materiais autorizados (R.S.I.) e, disporán de lavamáns de accionamento non manual con mestura de auga fría e quente. Capítulo III. MODALIDADE DE INTERVENCIÓN Artigo 10.- A autorización previa 1. A venda ambulante constitúe un servizo que para o seu exercicio polos comerciantes esixe o uso especial do dominio público local, en especial na súas modalidades de mercadillos habituais ou non, con incidencia directa na seguridade viaria polo uso que para esa se fai das prazas e rúas, e na saúde pública, de maneira que todo control a posterior do seu exercicio devén ineficaz. As razóns imperiosas de interese xeral que concorren nesta actividade xustifican o réxime de autorización previa que se establece na presente ordenanza. O exercicio da venda ambulante, en calquera das súas modalidades, requirirá a previa autorización municipal correspondente, que será expedida polo Sr. Alcalde-Presidente ou órgano municipal no que delegue. 2. A autorización terá unha vixencia de CINCO ANOS, período que se considera suficiente para amortizar os custes en que se incorre polos vendedores, en especial nos supostos de vehículos tenda. 3. Atendendo á limitación do número de autorizacións e á temporalidade destas, a concesión delas estará sometida ao réxime de competencia competitiva. Artigo 11.- Da solicitude de autorización. 1. Poden exercer a actividade de venda ambulante as persoas físicas e xurídicas que teñan capacidade xurídica e de obrar e sexan titulares da autorización previa municipal. As persoas interesadas na obtención da correspondente autorización municipal para o exercicio da venda ambulante, presentarán ante o Concello solicitude de acordo co modelo normalizado que figura no anexo I da presente ordenanza, especificando os seus datos persoais e produtos que pretende comercializar.

16

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

2. Á solicitude deberá unirse unha declaración responsable, segundo o modelo establecido no anexo II desta ordenanza, na que se fará constar necesariamente os seguintes extremos: a) Que cumpre todos os requisitos establecidos para o exercicio da venda ambulante na Comunidade Autónoma de Galicia e que está inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia, regulado polo decreto 199/2001 de 26 de xullo, e que tal inscrición está vixente na data da declaración. b) Que está en posesión da documentación que así o acredita a partir do comezo da actividade. c) Que se compromete a manter o seu cumprimento no prazo da vixencia da autorización. A declaración responsable, comprenderá, ademais, os seguintes extremos: d) Estar dado de alta no epígrafe correspondente do imposto de actividades económicas e ao corrente no pagamento da tarifa. A circunstancia de estar dado de alta e ao corrente do pagamento do imposto de actividades económicas ou, se é o caso, no censo de obrigados tributarios, deberá ser acreditada a opción do interesado, ben por el mesmo ou ben mediante autorización á Administración para que verifique o seu cumprimento. e) Estar ao corrente no pagamento das cotizacións da Seguridade Social. f) Reunir as condicións esixidas pola normativa reguladora do produto ou produtos obxecto da venda ambulante ou non sedentaria. g) No caso de estranxeiros, deberá acreditarse, estar en posesión do permiso de residencia e de traballo, ou documentación que xustifique que está en trámite de obtela ante o organismo competente, así como os devanditos permisos. h) Cando o venda se realice por persoa distinta do titular da licenza, será necesaria a credencial do correspondente contrato laboral e alta na seguridade social. 3. Coa declaración responsable deberán achegarse os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos establecidos no parágrafo anterior que poderán ser substituídos pola credencial de estar inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia, agás o que se prevé na letra f), as como a demais documentación solicitada no anexo II desta ordenanza. Artigo 12.- Criterios para a adxudicación de postos de venda ambulante en mercadillos periódicos e ocasionais. Atendendo á limitación do número de autorizacións e a temporalidade das mesmas para a súa concesión articularase un procedemento de concorrencia competitiva. O procedemento concorrencial será convocado polo señor Alcalde-Presidente quen tamén aprobará as bases que rexerán a convocatoria. Entre os criterios a ter en conta estarán os seguintes: -

A experiencia demostrada no exercicio da profesión que asegure a correcta prestación da actividade comercial.

-

A dispoñibilidade de instalacións desmontables adecuadas e proporcionais ao desenvolvemento da actividade comercial ambulante.

-

No seu caso, estar en posesión do carné profesional de comerciante ambulante expedido pola Comunidade Autónoma ou haber solicitado a inscrición no Rexistro de comerciantes ambulantes de Galicia.

-

As dificultades para o acceso o mercado laboral do solicitante.

-

Número de persoas dependentes economicamente do solicitante.

-

Estar en posesión de algún distintivo de calidade recoñecido no ámbito do comercio ambulante.

-

A participación do solicitante en cursos, xornadas, conferencias ou outras actividades en materia de comercio ambulante.

-

O feito de non ter sido sancionado polo exercicio da venda ambulante no municipio.

Artigo 13.- Da autorización de venda ambulante. A autorización municipal será persoal e acreditarase mediante a entrega da correspondente tarxeta, segundo o modelo do Anexo II no que se fará constar: -

Nome e apelidos do titular, domicilio e DNI/NIF.

-

Actividade que desenvolve e artigos de venda.

-

Lugares e itinerarios para os que se autoriza a venda ambulante. A autorización sinalará no caso dos mercadillos a dimensión do posto adxudicado.

-

Determinación do número de persoas habilitadas para a venda baixo a dependencia do titular da autorización.

17

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

-

Referencia á obriga de cumprir a normativa xeral de ordenación do comercio, disciplina de mercado e protección do consumidor.

-

Condicións particulares ás que, se é o caso, quede suxeito o titular.

-

Período de vixencia da autorización.

O devandito carné ou copia cotexada deste, deberá ser exhibido polo comerciante durante o exercicio da actividade. Poderán exercer a actividade, ademais do titular, o seu cónxuxe e fillos autorizados no carné e as persoas vinculadas ao titular mediante contrato laboral. A solicitude resolverase no prazo de UN MES. De non recibir notificación da resolución expresa no prazo indicado entenderase que a solicitude foi desestimada por silencio negativo, atendendo canto establece o artigo 43 da Lei 30/1992, xa que a súa concesión supón transferir ao solicitante facultades sobre o dominio público local e afecta ás razóns imperiosas de interese xeral invocadas no artigo 10.1 desta ordenanza. A autorización será transmisible nos termos do artigo 3.2 do real decreto199/2010, do 26 de febreiro. O Concello de Portomarin poderá comprobar e inspeccionar, en todo momento, os feitos, actividades, transmisións e demais circunstancias da licenza concedida, notificando, se é o caso, aos órganos autonómicos de defensa da competencia os feitos dos cales teñan coñecemento no exercicio das súas función que poidan constituír infracción da lexislación de defensa da competencia. A transmisión dunha autorización non afectará o seu período de vixencia, que se manterá polo tempo que reste ata a finalización do prazo de duración. Capítulo IV. OBRIGAS Artigo 14.- Taxas. A venda ambulante, en todas as modalidades, devengará a taxa que, se é o caso, se impoña e regule mediante a correspondente ordenanza fiscal. Artigo 15.- Obrigas. Son obrigas dos titulares das autorizacións para o exercicio da venda ambulante así como calquera persoa que ocupe a vía pública para a venda, as seguintes: Ter colocada a lista de prezos en lugar visible para os consumidores. Ter colocada en lugar visible a tarxeta municipal de vendedor ambulante autorizado. Deixar limpo de residuos, desperdicios ou envoltorios o espazo do posto concedido no suposto de mercados ocasionais. Exercer pública e pacificamente a actividade sen producir molestias aos veciños. O comerciante terá a disposición dos servizos de inspección as facturas e comprobantes acreditativos das mercadorías e produtos obxecto do comercio ambulante. Os postos que expendan produtos ao peso ou medida deberán dispor de cantos instrumentos sexan necesarios para a súa medición. Acatar as ordes da Autoridade municipal ou da persoa encargada da boa orde de desenvolvemento da actividade facilitando toda a documentación que lle sexa requirida. Reparar os desperfectos que se ocasionen nos bens de titularidade municipal. Cumprir as disposicións da presente ordenanza e de todas aquelas obrigas que se deriven de cantas disposicións legais e regulamentarias fosen de aplicación. A autoridade municipal, os inspectores de sanidade ou de consumo, poderán decomisar os produtos que non cumpran tales condicións, podendo incoar, no seu caso, o oportuno expediente sancionador. Poderase acordar a intervención cautelar dos produtos. Así mesmo, queda prohibido usar aparellos de megafonía que polo seu volume molesten aos veciños. Capítulo V. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS Artigo 16.- Competencia sancionadora. Segundo a lexislación vixente correspóndelle ós Concellos a inspección e sanción en materia de venda ambulante, sen prexuízo das competencias atribuídas a outras administracións. As infraccións da presente ordenanza serán sancionadas segundo a normativa vixente, logo da instrución do expediente sancionador que será resolto polo Alcalde. Serán de aplicación ás infraccións recollidas nesta Ordenanza, as regras e principios sancionadores contidos na lexislación xeral sobre réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común.

18

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

En ningún caso se poderá impoñer una dobre sanción polos mesmos feitos e en función dos mesmos intereses públicos protexidos, se ben deberán esixirse as demais responsabilidades que se deduzan doutros feitos ou infraccións concorrentes. Artigo 17.- Clasificación das infraccións. As infraccións poden ser leves, graves ou moi graves. Son infraccións leves as seguintes: -

Incumprimento do horario. Incumprimento das obrigas de información ou publicidade fronte aos adquirentes: falta de lista de prezos ou tela en lugar non visible para o público. Incumprimento do deber de exhibir a autorización municipal para o exercicio da venda ambulante (tarxeta municipal de vendedor ambulante autorizado) Calquera outra infracción da presente ordenanza que non estea expresamente tipificada como infracción grave ou moi grave. As pequenas discusións. Non comunicar ao Concello os cambios de enderezo do titular da explotación. A ocupación do dominio público con vehículos cando non estea expresamente autorizada na tarxeta.

Son infraccións graves: -

-

A reiteración ou reincidencia nunha falta leve Falta de pagamento da taxa por ocupación da vía pública. Exercer a actividade por persoa non autorizada. A negativa ou resistencia a subministrar datos ou facilitar a información requirida polas autoridades competentes ou polos seus axentes para o cumprimento das funcións de información, vixilancia, investigación, tramitación e execución; así como o subministro de información inexacta ou documentación falsa. depósito de mercadorías fóra do camión-tenda. A venda fóra do lugar autorizado. Non deixar limpo ao remate do mercado o espazo ocupado polo posto. Verter directamente na rúa auga ou outros líquidos da cocción do polbo ou dos empregados para a limpeza xeral do posto. As discusións que produzan escándalo. Non cumpri-las normas de seguridade das instalacións e elementos. Non ter en sitio perfectamente visible os prezos dos artigos postos á venda.

Son infraccións moi graves: -

Reiteración ou reincidencia en calquera falta. Venda de artigos non autorizados, caducados ou en deficientes condicións hixiénico- sanitarias. Infraccións en materia sanitaria tanto no que respecta ao vehículo como aos produtos vendidos. A venda ambulante sen autorización ou con ela caducada. Os altercados ou alteracións da orde pública. exercicio da actividade por persoa diferente da autorizada ou do seu suplente. A venda de produtos en estado tal que poidan causar daño para a saúde. A venda de produtos que vulneren as leis de propiedade intelectual.

Artigo 18.- Reincidencia. Entenderase que existe reincidencia, cando se cometa unha infracción análoga á que motiva a sanción anterior no prazo do ano seguinte ao da notificación desta. En tal suposto requirirase que a primeira resolución sancionadora tivera adquirido firmeza en vía administrativa. Artigo 19.- Sancións. Pola comisión de infraccións poderán impoñerse as seguintes sancións: Por infracción leve: Multa de ata 300,00 euros. Por infracción grave: Multa de entre 300,00 euros e 900.00 euros. Por infracción moi grave: Multa de entre 900,00 euros e 1.500,00 euros. Como sanción accesoria poderá acordarse a revogación da autorización para realizar a venda ambulante para o caso de infraccións graves e moi graves. Artigo 20.- Graduación. Para a graduación das infraccións e sancións aplicables terase en conta a transcendencia social da infracción, o comportamento do autor, a contía global da operación obxecto de infracción, a afección á saúde, salubridade e ornato público, a contía do beneficio obtido con ela, a natureza dos produtos vendidos, a categoría e a solvencia económica do comerciante.

19

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Artigo 21.- Prescrición. As infraccións previstas nesta Ordenanza prescribirán se son leves aos dous meses, se son graves ao ano e as moi graves aos dous anos. Disposición adicional primeira.Os agricultores e gandeiros que vendan directamente os seus propios produtos non necesitarán autorización municipal de venda ambulante aínda que si deberán respectar as normas de funcionamento do mercado. Disposición transitoria primeira.As autorizacións en vigor na data de aplicación desta ordenanza, conservarán a súa vixencia durante os cinco anos seguintes contados desde a data de entrada en vigor desta ordenanza. Disposición final.A presente ordenanza entrará en vigor logo da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e teñan transcorridos os quince días a que fai referencia o artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. En Portomarín a 18 de Xaneiro de 2017.- O ALCALDE, Juan Carlos Serrano López

20

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

ANEXO I SOLICITUDE DATOS PERSOAIS: Primeiro Apelido:

Segundo Apelido:

Nome:

DNI.:

Tel Fixo:

Tel Móbil:

Primeiro Apelido:

Segundo Apelido:

Nome:

DNI.:

Tel Fixo:

Tel Móbil:

Correo electrónico: Domicilio a efectos de notificacións:

EN REPRESENTACIÓN DE (SE É O CASO):

Correo electrónico: Domicilio a efectos de notificacións:

EXPOÑO: Que considerando que cumpre os requisitos esixidos na lexislación vixente de aplicación asi como na ordenanza reguladora da venda ambulante deste Concello.

SOLICITO: Autorización para actividade que vou levar a cabo no Concello de Portomarin de venda ambulante sedentaria cos seguintes datos identificativos:

ou non

1.- Feira o mercado no que se pretende exercer a actividade:___________________________________________________________________________________________________ 2.- Actividade, oficio e/ou produtos de venda: _________________________________________________________________ 3.- Emprazamento solicitado: _______________________________________________________________________________ 4.- Dimensións, expresadas en m2 e metros lineais do espazo de ocupación que pretende, indicando, para este efectos, se a venda se pretende realizar en posto desmontable ou dende vehículo ou furgón____________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________________ 5.- A matrícula, marca, modelo e cor do vehículo que se utiliza para a venda ______________________________________________________________________________________________________________ Portomarín, ........... de ............................. de 2016. (Asinado)

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE PORTOMARÍN. En virtude da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais que proporcione serán tratados polo Concello de Portomarín coa única finalidade de tramitar a solicitude. Poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito a Concello de ANEXO IIPraza Conde de Fenosa, 1. C.P. 27170. Portomarín,

21

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

ANEXO II DECLARACIÓN RESPONSABLE DATOS PERSOAIS: Primeiro Apelido:

Segundo Apelido:

Nome:

DNI.:

Tel Fixo:

Tel Móbil:

Primeiro Apelido:

Segundo Apelido:

Nome:

DNI.:

Tel Fixo:

Tel Móbil:

Correo electrónico: Domicilio a efectos de notificacións:

EN REPRESENTACIÓN DE (SE É O CASO):

Correo electrónico: Domicilio a efectos de notificacións:

DATOS DA ACTIVIDADE DE VENDA AMBULANTE: Modalidade: Produtos: Declaro baixo a miña responsabilidade Que cumpre todos os requisitos establecidos para o exercicio da venda ambulante na Comunidade Autónoma de Galicia e que está inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia, regulado polo decreto 199/2001 de 26 de xullo, e que tal inscrición está vixente na data da declaración. Que está en posesión da documentación que así o acredita a partir do comezo da actividade. Que se compromete a manter o seu cumprimento no prazo da vixencia da autorización. Que está dado de alta no epígrafe correspondente do imposto de actividades económicas e ao corrente no pagamento da tarifa. Esta circunstancia deberá ser acreditada, a opción do interesado, ben por el mesmo ou mediante autorización á Administración para que verifique o seu cumprimento. Que está ao corrente no pagamento das cotizacións da Seguridade Social. Que o produto/os de venda reúnen as condicións esixidas pola normativa reguladora do destes para a súa venda ambulante ou non sedentaria. Achego a esta declaración responsable os documentos acreditativos do cumprimento dos requisitos antes declarados mediante copia destes ou, se é o caso, acreditación de estar inscrito no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia, agás o que se prevé na letra e) do artigo 11.2 desta ordenanza. Achego con esta declaración copia do contrato de traballo e acreditación da alta no réxime xeral da seguridade social das persoas empregadas para o desenvolvemento da venda ambulante. Nota.- No caso de estranxeiros, deberá acreditarse estar en posesión do permiso de residencia e de traballo ou documentación que xustifique que está en trámite de obtela ante o organismo competente, os devanditos permisos.

Portomarín, a ...... de ...... ...... .......... ... .. de 2.016 Asdo.:

ADVÍRTESELLE QUE consonte a lexislación vixente, a inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á solicitude comporta, logo de audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da mesma, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.

22

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo



Fotocopia do DNI do solicitante ou solicitantes.



Fotocopia do CIF do solicitante ou solicitantes.



Documento que acredite a capacidade do solicitante/s para actuar en nome da empresa, se é o caso.



Documento que acredite a situación de desempregado, se é o caso.



Escritura de constitución da sociedade e alta da empresa na Seguridade Social, se é o caso.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR RISCAR A QUE PROCEDA

□ Fotocopia compulsada do carné de manipulador de alimentos en vigor, de ser o caso de vender produtos alimenticios. □ Copia compulsada de póliza contratada en vigor sobre seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos que puidesen derivarse do exercicio da actividade. □ Certificación expedida por a xunta de Galicia da inscrición no Rexistro de Comerciantes Ambulantes de Galicia. □ Xustificante de estar dado de Alta e ao corrente do pagamento do imposto de actividades económicas ou, se é o caso, ou ben mediante autorización á Administración para que verifique o seu cumprimento. □

Certificación de estar ao corrente no pagamento das cotizacións da Seguridade Social .

□ De se-lo caso, nome e apelidos do cónxuxe, dos seus ascendentes ou descendentes directos maiores de 16 anos e das persoas vinculadas a el mediante contrato laboral, que desexe que quedan habilitadas para a venda ambulante. □

No caso de camións tenda, documentación do vehículo coa indicación da clasificación, permiso de circulación , póliza de seguro do vehículo, permiso de condución da persoa que o utilice, documento acreditativo de superar a correspondente I.T.V., certificado ATP en vigor asi como calquera outra documentación técnica necesaria.



Copia compulsada do carné de manipulador de alimentos en vigor, se é o caso.



Outros …………………………………………………………………………………………………………………………………… .............................................................................................................................................................. .........................................................................................................

23

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

ANEXO III DESEÑO DA TARXETA/LICENZA

Nome

Apelidos

domicilio

………………………………………………………………………………………………………………………………………. DNI/NIF. Actividade que desenvolve e artigos de venda: Lugares e metros cadrados do posto: Itinerarios, para o que se autoriza a venda ambulante (para camións-tenda): Persoas habilitadas para a venda: Condicións particulares: Período de vixencia da autorización: Cinco (5) anos.

24

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo R. 0208

Anuncio O Concello de Portomarín publica en cumprimento do que dispón o artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local- o texto integro da “ORDENANZA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA”. A aprobación inicial foi por acordo do Pleno da Corporación do 26 de outubro de 2016 e expúxose ao público mediante anuncio no taboleiro de edictos da Corporación e no Boletín Oficial da Provincia número 274 do 29 de novembro de 2016, sen que houbera ningunha reclamación, alegación ou suxestión, razón polo que se entende aprobado definitivamente. ORDENANZA DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA ÍNDICE CAPÍTULO 1. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN Artigo 1. Obxecto Artigo 2. Ámbito de aplicación CAPÍTULO 2. SISTEMAS DE IDENTIFICACIÓN E AUTENTICACIÓN Artigo 3. Sistemas de identificación e autenticación CAPÍTULO 3. SEDE ELECTRÓNICA Artigo 4. Sede electrónica Artigo 5. Catálogo de procedementos Artigo 6. Contido da sede electrónica Artigo 7. Taboleiro de edictos electrónico Artigo 8. Publicidade activa Artigo 9. Perfil de contratante CAPÍTULO 4. REXISTRO ELECTRÓNICO Artigo 10. Creación e funcionamento do rexistro electrónico Artigo 11. Natureza e eficacia do rexistro electrónico Artigo 12. Funcións do rexistro electrónico Artigo 13. Responsable do rexistro electrónico Artigo 14. Acceso ao rexistro electrónico Artigo 15. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións Artigo 16. Rexeitamento das solicitudes, escritos e comunicacións Artigo 17. Cómputo dos prazos CAPÍTULO 5. NOTIFICACIÓNS ELECTRÓNICAS Artigo 18. Condicións xerais das notificacións Artigo 19. Práctica das notificacións electrónicas DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA. Entrada en funcionamento da sede electrónica DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA. Entrada en funcionamento do rexistro electrónico DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA. Seguridade DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA. Protección de datos DISPOSICIÓN ADICIONAL QUINTA. Portelo único da Directiva de Servizos DISPOSICIÓN ADICIONAL SEXTA. Habilitación de desenvolvemento DISPOSICIÓN ADICIONAL SÉTIMA. Aplicación das previsións contidas nesta ordenanza DISPOSICIÓN FINAL. Entrada en vigor

25

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

CAPÍTULO I. OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN ARTIGO 1. Obxecto Esta ordenanza ten por obxecto a regulación dos aspectos electrónicos da Administración municipal, a creación e determinación do réxime xurídico propio da sede electrónica, do rexistro electrónico e da xestión electrónica administrativa, facendo efectivo o dereito dos cidadáns ao acceso electrónico aos servizos públicos municipais. ARTIGO 2. Ámbito de aplicación Esta ordenanza será de aplicación ao Concello e ás entidades de dereito público vinculadas o dependentes deste, e aos cidadáns nas súas relacións coa Administración municipal. CAPÍTULO II. SISTEMAS DE IDENTIFICACIÓN E AUTENTICACIÓN ARTIGO 3. Sistemas de identificación e autenticación Os sistemas de identificación e autenticación serán os establecidos no capítulo II da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Neste sentido, os cidadáns interesados en realizar a presentación de solicitudes no rexistro electrónico poderán utilizar algún dos sistemas de identificación electrónica: a) En todo caso, o DNI electrónico. b) Sistemas de firma electrónica avanzada baseados en certificados electrónicos recoñecidos. O Concello admitirá todos os certificados recoñecidos incluídos na "Lista de confianza de prestadores de servizos de certificación" (TSL) establecidos en España, publicada na sede electrónica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. c) Outros sistemas de sinatura electrónica, como a utilización de claves concertadas nun rexistro previo como usuario, a achega de información coñecida por ambas as partes ou outros sistemas non criptográficos, nos termos e condicións que en cada caso se determinen. CAPÍTULO III. SEDE ELECTRÓNICA ARTIGO 4. Sede electrónica Créase a sede electrónica do Concello, dispoñible no enderezo URL http://portomarin.sedelectronica.gal Correspóndelle ao Concello a súa titularidade, xestión e administración; a xestión e administración poderán ser encargadas a outras entidades, públicas ou privadas, mediante o oportuno instrumento xurídico. A sede electrónica deberá ser accesible aos cidadáns todos os días do ano, durante as vinte e catro horas do día. Só cando concorran razóns xustificadas de mantemento técnico ou operativo, poderase interromper, durante o tempo imprescindible, o acceso a ela. A interrupción deberase anunciar na propia sede coa antelación que, de ser o caso, resulte posible. Nos supostos de interrupción non planificada no funcionamento da sede, e sempre que sexa factible, o usuario visualizará unha mensaxe en que se lle comunique tal circunstancia. A sede electrónica está suxeita aos principios de publicidade oficial, responsabilidade, calidade, seguridade, dispoñibilidade, accesibilidade, neutralidade e interoperabilidade. ARTIGO 5. Catálogo de procedementos Tal e como establece a disposición derradeira terceira da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, os dereitos recoñecidos no artigo 6 desta lei poderán ser exercidos en relación cos procedementos e coas actuacións adaptados a ela. Para estes efectos, o Concello fará público e manterá actualizado o catálogo dos procedementos e actuacións na sede electrónica. ARTIGO 6. Contido da sede electrónica A sede electrónica terá o contido marcado na lexislación aplicable. En todo caso, deberán figurar: a) A identificación da sede, así como do órgano ou órganos titulares e dos responsables da xestión e dos servizos postos á disposición dos cidadáns nela. b) A información necesaria para a correcta utilización da sede, incluíndo o mapa da sede electrónica ou a información equivalente, con especificación da estrutura de navegación e das distintas seccións dispoñibles. c) O sistema de verificación dos certificados da sede e dos selos electrónicos. e) Un acceso ao rexistro electrónico e ás normas de creación do rexistro ou rexistros electrónicos accesibles desde a sede. f) A información relacionada coa protección de datos de carácter persoal. g) O inventario de información administrativa, co catálogo de procedementos e servizos prestados polo Concello.

26

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

h) A relación dos medios electrónicos aos que se refire o artigo 27.4 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. i) Unha ligazón para a presentación de suxestión e queixas ante os órganos que, en cada caso, resulten competentes. l) O acceso, de ser o caso, ao estado de tramitación do expediente, logo da identificación do interesado. m) A comprobación da autenticidade e integridade dos documentos emitidos polos órganos ou organismos públicos que abrangue a sede que fosen autenticados mediante código seguro de verificación. n) A indicación da data e hora oficial. ñ) O calendario de días hábiles e inhábiles para os efectos do cómputo de prazos. ARTIGO 7. Taboleiro de edictos electrónico A publicación no taboleiro de edictos da sede electrónica terá carácter complementario á publicación no taboleiro de anuncios municipal, sen prexuízo de que poida ser substituída pola dita publicación electrónica nos casos en que así se determine. O Concello garantirá, mediante os instrumentos técnicos pertinentes, o control das datas de publicación dos anuncios ou edictos, co fin de asegurar a constatación para os efectos de cómputos de prazos. ARTIGO 8. Publicidade activa O Concello publicará de forma periódica e actualizada a información cuxo coñecemento sexa relevante para garantir a transparencia da súa actividade relacionada co funcionamento e control da actuación pública, todo isto de acordo coa Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Neste sentido, o Concello publicará: - Información institucional, organizativa e de planificación. - Información de relevancia xurídica; isto é, normativa propia, tanto ordenanzas ou regulamentos como ordenanzas fiscais ou calquera outras disposicións de carácter xeral. - Información económica, orzamentaria e estatística. ARTIGO 9. Perfil de contratante Desde a sede electrónica accederase ao perfil de contratante do Concello, cuxo contido estará axustado ao disposto na normativa de contratación. CAPÍTULO IV. REXISTRO ELECTRÓNICO ARTIGO 10. Creación e funcionamento do rexistro electrónico Mediante esta ordenanza créase o rexistro electrónico do Concello e das súas entidades de dereito público dependentes, determínase o réxime de funcionamento e establécense os requisitos e condicións aos que se deberá atender na presentación e remisión de solicitudes, escritos e comunicacións que se transmitan por medios electrónicos. O funcionamento do rexistro electrónico réxese polo establecido na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, nesta ordenanza e, para o non previsto por estes, na normativa de dereito administrativa que lle sexa aplicable. ARTIGO 11. Natureza e eficacia do rexistro electrónico O rexistro electrónico do Concello intégrase no rexistro xeral, garantíndose a interconexión con este. A presentación de solicitudes, escritos e/ou comunicacións no rexistro electrónico terá os mesmos efectos que a presentación realizada no rexistro físico do órgano administrativo ao que se dirixan. ARTIGO 12. Funcións do rexistro electrónico O rexistro electrónico do Concello cumprirá as seguintes funcións: a) A recepción de escritos, solicitudes e comunicacións, así como a anotación do seu asento de entrada. b) A expedición de recibos electrónicos acreditativos da presentación dos ditos escritos, solicitudes e comunicacións. c) A remisión de comunicacións e notificacións electrónicas, así como a anotación do seu asento de saída. d) Calquera outras que se lle atribúan legal ou regulamentariamente. ARTIGO 13. Responsable do rexistro electrónico A responsabilidade da xestión deste rexistro corresponderalle á Alcaldía do Concello.

27

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

ARTIGO 14. Acceso ao rexistro electrónico O acceso ao rexistro electrónico realizarase a través da sede electrónica deste concello, que se atopa no seguinte enderezo URL: http://portomarin.sedelectronica.gal ARTIGO 15. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións O rexistro electrónico estará habilitado unicamente para a presentación de solicitudes, escritos e comunicacións respecto dos trámites e procedementos que se relacionen na sede electrónica. Os demais escritos carecerán de efectos xurídicos e non se terán por presentados, circunstancia que se lle comunicará ao interesado por se considera conveniente utilizar calquera das formas de presentación de escritos ante o Concello que prevé o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O rexistro electrónico permitirá a presentación de solicitudes, escritos ou comunicacións todos os días do ano durante as vinte e catro horas. O rexistro electrónico rexerase pola data e hora oficiais da sede electrónica. O rexistro electrónico xerará automaticamente un recibo da presentación realizada, en formato pdf e mediante algún dos sistemas de identificación admitidos, que deberá conter a data e a hora de presentación, o número de entrada do rexistro e a relación dos documentos adxuntos ao formulario de presentación. A falta de emisión do recibo acreditativo da entrega equivalerá á non recepción do documento, o que deberá poñerse en coñecemento do usuario. ARTIGO 16. Rexeitamento de solicitudes, escritos e comunicacións A Administración municipal poderá rexeitar aqueles documentos electrónicos que se presenten nas seguintes circunstancias: a) Que conteñan código malicioso ou un dispositivo susceptible de afectar a integridade ou a seguridade do sistema. b) No caso de utilización de documentos normalizados, cando non se cubran os campos requiridos como obrigatorios ou cando teñan incongruencias ou omisións que impidan o seu tratamento. Os documentos adxuntos aos escritos e comunicacións presentados no rexistro electrónico deberán ser lexibles e non defectuosos. Poderanse utilizar os formatos comunmente aceptados que se farán públicos na sede electrónica deste concello. Nestes casos, o remitente do documento será informado disto, con indicación dos motivos de rexeitamento, así como, cando iso sexa posible, dos medios de emenda de tales deficiencias. Cando o interesado o solicite, remitirase unha xustificación do intento de presentación, que incluirá as circunstancias de rexeitamento. ARTIGO 17. Cómputo dos prazos O rexistro electrónico rexerase, para os efectos de cómputo de prazos, vinculantes tanto para os interesados como para as administracións públicas, pola data e a hora oficiais da sede electrónica, que contará coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar visible. O rexistro electrónico estará á disposición dos seus usuarios as vinte e catro horas do día, todos os días do ano, con excepción das interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas. Para os efectos do cómputo do prazo fixado en días hábiles ou naturais, e no que se refire ao cumprimento de prazos polos interesados, deberase atender ao seguinte: — A entrada de solicitudes, escritos e/ou comunicacións recibidas en días inhábiles entenderase efectuada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte. Para isto, no asento de entrada inscribiranse como data e hora de presentación aquelas nas cales se produciu efectivamente a recepción, e constarán como data e hora de entrada a primeira hora do primeiro día hábil seguinte. — As solicitudes entenderanse recibidas no prazo establecido se se inicia a transmisión dentro do mesmo día e esta finaliza con éxito. Para os efectos de cómputo de prazos, será válida e producirá efectos xurídicos a data de entrada que se consigne no recibo expedido pola unidade de rexistro. — Non se dará saída, a través do rexistro electrónico, a ningún escrito ou comunicación en día inhábil. — Considéranse días inhábiles, para os efectos do rexistro electrónico da Administración municipal, os establecidos como días festivos no calendario oficial de festas laborais do Estado, da Comunidade Autónoma e polos da capitalidade do municipio. Para estes efectos poderase consultar o calendario publicado na sede electrónica. CAPÍTULO V. Notificacións electrónicas ARTIGO 18. Condicións xerais das notificacións Para que as notificacións administrativas poidan levarse a cabo a través de medios electrónicos, conforme o artigo 28 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, será preciso

28

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

que o interesado sinalase ou consentise expresamente o dito medio de notificación como preferente, salvo no caso en que o uso dos medios electrónicos sexa obrigatorio segundo a normativa aplicable. O consentimento dos interesados poderá ter carácter xeral para todos os trámites que os relacionen coa Administración municipal ou para un ou varios trámites, segundo se manifestase. O interesado poderá, así mesmo, durante a tramitación do procedemento, modificar a forma de comunicarse coa Administración municipal, optando por un medio distinto do inicialmente elixido, ben determinando que se realice a notificación a partir dese intre mediante vía electrónica ou revogando o consentimento de notificación electrónica para que se practique a notificación vía postal, caso en que deberá comunicalo ao órgano competente e indicar un domicilio postal onde practicar as sucesivas notificacións. Esta modificación comezará a producir efectos respecto das comunicacións que se produzan a partir do día seguinte á súa recepción no rexistro do órgano competente. ARTIGO 19. Práctica das notificacións electrónicas A práctica da notificación electrónica realizarase por comparecencia electrónica. A notificación por comparecencia electrónica consiste no acceso por parte do interesado, debidamente identificado, ao contido da actuación administrativa correspondente a través da sede electrónica da Administración municipal. Para que a comparecencia electrónica produza os efectos de notificación, segundo o artigo 28.5 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, requirirase que reúna as seguintes condicións: - Con carácter previo ao acceso ao seu contido, o interesado deberá visualizar un aviso do carácter de notificación da actuación administrativa que terá o dito acceso. - O sistema de información correspondente deixará constancia do dito acceso con indicación da data e hora, momento a partir do cal a notificación entenderase practicada a todos os efectos legais. O sistema de notificación permitirá acreditar a data e hora en que se produza a posta á disposición do interesado do acto obxecto de notificación, así como a de acceso ao seu contido. Cando, existindo constancia da posta á disposición, transcorran dez días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada, cos efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico e do procedemento administrativo común, e normas concordantes, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario comproben a imposibilidade técnica ou material do acceso. DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA. Entrada en funcionamento da sede electrónica Habilítase a Alcaldía-Presidencia para que adopte o acordo de entrada en funcionamento da sede electrónica. DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA. Entrada en funcionamento do rexistro electrónico Habilítase a Alcaldía-Presidencia para que adopte o acordo de entrada en funcionamento do rexistro electrónico. DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA. Seguridade A seguridade das sedes e rexistros electrónicos, así como a do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, rexeranse polo establecido no Esquema Nacional de Seguridade. O Pleno do Concello aprobará a súa política de seguridade, co contido mínimo establecido no artigo 11 do Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración electrónica. Deberase dar publicidade nas correspondentes sedes electrónicas ás declaracións de conformidade e aos distintivos de seguridade dos que se dispoña. Deberase realizar unha auditoría regular ordinaria, polo menos, cada dous anos. Cada vez que se produzan modificacións substanciais no sistema de información que poidan repercutir nas medidas de seguridade requiridas, deberase realizar unha auditoría con carácter extraordinario, que determinará a data de cómputo para o cálculo dos dous anos. O informe de auditoría terá o contido establecido no artigo 34.5 do Esquema Nacional de Seguridade. DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA. Protección de datos A prestación dos servizos e as relacións xurídicas a través de redes de telecomunicación desenvolveranse conforme o establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e as disposicións específicas que regulan o tratamento automatizado da información, a propiedade intelectual e os servizos da sociedade da información. DISPOSICIÓN ADICIONAL QUINTA. Portelo único da Directiva de Servizos O Concello garantirá, dentro do ámbito das súas competencias, que os prestadores de servizos poidan obter a información e formularios necesarios para o acceso a unha actividade e o seu exercicio a través do portelo único da Directiva de Servizos (www.eugo.es), así como coñecer as resolucións e o resto de comunicacións das

29

Núm. 023 – Sábado, 28 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

autoridades competentes en relación coas súas solicitudes. Con ese obxecto, o Concello impulsará a coordinación para a normalización dos formularios necesarios para o acceso a unha actividade e o seu exercicio. DISPOSICIÓN ADICIONAL SEXTA. Habilitación de desenvolvemento Habilítase a Alcaldía-Presidencia para que adopte as medidas organizativas necesarias que permitan o desenvolvemento das previsións desta ordenanza e poida modificar os aspectos técnicos que sexan convenientes por motivos de normalización, interoperabilidade ou, en xeral, adaptación ao desenvolvemento tecnolóxico. DISPOSICIÓN ADICIONAL SÉTIMA. Aplicación das previsións contidas nesta ordenanza As previsións contidas nesta ordenanza serán de aplicación tendo en conta o estado de desenvolvemento das ferramentas tecnolóxicas do Concello, que procurará adecuar as súas aplicacións ás solucións dispoñibles en cada momento, sen prexuízo dos períodos de adaptación que sexan necesarios. Cando estas estean dispoñibles, publicarase tal circunstancia na sede electrónica. DISPOSICIÓN DERROGATORIA. Esta ordenanza, derroga a ordenanza reguladora da administración electrónica piblicada no BOP núm. 067 de 24 de marzo de 2011. DISPOSICIÓN FINAL. Entrada en vigor Esta ordenanza, cuxa redacción definitiva foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión do día vinte e seis de outubro de dous mil dezaseis, publicarase no Boletín Oficial de Lugo, e non entrará en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. En Portomarín, a 18 de Xaneiro de 2017.- O Alcalde, Juan Carlos Serrano López R. 0209

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 28.01.2017 08:00:01 CET Razón: Localización: España