concellos - Deputación de Lugo

14 sept. 2017 - mediante a financiación da compra de material escolar destinado ó ... ou demáis material gráfico; bolsas, mochilas e outros elementos de ...
239KB Größe 9 Downloads 29 vistas
XOVES, 14 DE SETEMBRO DE 2017

N.º 212

CONCELLOS ALFOZ Anuncio APROBACIÓN PADRÓN DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR Por Resolución de alcaldía nº: 2017-0357 do 05 de setembro de 2017, préstase aprobación ao Padrón do Prezo Público pola prestación do servizo de axuda a domicilio correspondente ao mes de xullo de 2017 de acordo ao seguinte desglose: Dependencia: 2.734,13.-€ Libre concorrencia: 855,84.-€ Expóñense ao público por prazo de quince días, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalos e interpoñer contra este as reclamacións que consideren oportunas. Iniciase asemade o procedemento de recadación, e ao efecto determinase que o período de pagamento en voluntaria, de acordo co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria, é o comprendido entre o 15 de outubro e o 16 de decembro 2017. Ao día seguinte do vencemento do prazo de ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26,27 e 28 da Lei Xeral Tributaria. Contra as liquidacións que se deriven do presente padrón poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso administrativo, no prazo dun mes a contar desde a finalización do período de exposición ao público de conformidade co establecido no artigo 14.2.c) do real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contencioso administrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición. O que se anuncia e se fai público para xeral coñecemento do presente anuncio que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no artigo 24 do Regulamento Xeral de Recadación e 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tibutaria. Alfoz, 5 de setembro de 2017.- O Alcalde, Jorge Val Díaz R. 2636

BECERREÁ Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 30 de agosto de 2017, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de xullo de 2017 do prezo público pola prestación do servicio de axuda a domicilio. Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos. Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.

2

Núm. 212 – xoves, 14 de setembro de 2017

BOP de Lugo

Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. ANUNCIO DE COBRANZA De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 939/2005), do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 30/10/2017. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria. Becerreá, 5 de setembro de 2017.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez R. 2637

MONFORTE DE LEMOS Anuncio PROCESO SELECTIVO URXENTE PARA A SELECCIÓN COMA PERSOAL LABORAL TEMPORAL NO MARCO DO PROGAMA DEPUEMPREGO FINANCIADO POLA EXCELENTISIMA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. .- UN OFICIAL ELECTRICISTA O 80 % DA XORNADA DOS EMPREGADOS PÚBLICOS DURANTE 10 MESES. .- UN OFICIAL PARA O SERVIZO DE PARQUES E XARDINS DURANTE 6 MESES. .- UN TRABALLADOR/A SOCIAL, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, POR PERIODO DE 10 MESES E A XORNADA PARCIAL (4 horas día) .- UN AUXILIAR ADMINISTRATIVO, COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL, POR PERIODO DE 6 MESES. A Xunta de Goberno Local en sesión de data 7 agosto de 2017 aprobou as bases que han de rexer a selección urxente como persoal laboral temporal das indicadas prazas polo sistema de concurso oposición no marco do “Programa Depuemprego” financiado pola Excelentísima Deputación Provincial de Lugo. Dende a publicación deste anuncio as bases estarán a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal ( www.monfortedelemos.es). O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio. Os sucesivos anuncios relacionados coa convocatoria realizáranse no taboleiro de anuncios do Concello e na web municipal. Monforte de Lemos, 4 de setembro do 2017.- O Alcalde, José Tome Roca R. 2638

3

Núm. 212 – xoves, 14 de setembro de 2017

BOP de Lugo

MURAS Anuncio PROCEDEMENTO ABERTO CON MULTIPLICIDADE DE CRITERIOS DE VALORACIÓN PARA O PROXECTO DENOMINADO ACTUACIÓN EN ACCESOS A NÚCLEOS RURAIS DO CONCELLO DE MURAS. PLAN UNICO DA DEPUTACIÓN/2017 OBXECTO: Acceso a núcleos rurais do Concello de Muras TIPO DE LICITACIÓN: 111.209,35 euros máis 23.353,96 euros ive PROCEDEMENTO: aberto, tramitación ordinaria, con multiplicidade de criterios de valoración. PRAZO DE EXECUCIÓN: 2 meses GARANTÍA DEFINITIVA: 5% GASTOS PUBLICIDADE: os correspondentes a publicación no BOP (por determinar) PORCENTAXE SUBCONTRATACIÓN: 20% do prezo de adxudicación. COMPROMISO DE CONTRATAR A TRABALLADORES DESEMPREGADOS: si, 2 traballador CLASIFICACIÓN: non se esixe PRAZO PRESENTACIÓN PROPOSICIÓNS: 26 días contados a partir do seguinte ao de publicación do anuncio no Boletin Oficial da Provincia, na sede electrónica do Concello e no perfil do contratante. INFORMACIÓN: Secretaria Municipal e na páxina web do Concello (perfil do licitador) Muras, 9 de agosto de 2017.- O Alcalde, Manuel Requeijo Arnejo R. 2581

OUTEIRO DE REI Anuncio Convocatoria de Axudas á Escolarización 2017/2018.Dende fai algúns anos, e con soporte no xa derrogado artigo 28 da Lei 7/1985, de 2 de abril, o concello ven convocando anualmente a concesión de axudas á escolarización de nenos, identificando como gasto subvencionable o material escolar vencellado á escolarización obrigatoria. O artigo 28 foi derrogado pola Lei 27/2013, de racionalización e sostenibilidade de administración local, se ben o artigo 3.3.b. da Lei 5/2014, de 27 de maio, de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, de 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, permite seguir a prestar a actividade de fomento xa estrabrecida en exercicios anteriores, cal é o caso das axudas á escolarización. Por todo elo, a Xunta de Goberno Local, por unanimidade dos membros presentes, acorda: Aprobar a seguinte convocatoria de axudas á escolarización: Primeiro: Obxeto e condicións da concesión da subvención: A presente convocatoria ten por obxecto o fomento da escolarización dos nenos veciños de Outeiro de Rei, mediante a financiación da compra de material escolar destinado ó curso escolar 2017-2018. A tal fin, unicamente serán subvencionables os gastos de escolarización cuxa realización se xustifique mediante recibo do colexio firmado e selado donde estea matriculado o interesado e/ou factura orixinal expedida durante o presente ano 2017 e ata o remate do prazo de presentación de solicitudes. Os gastos de escolarización subvencionables serán os seguintes: cadernos de exercicios, bolígrafos, lápices ou demáis material gráfico; bolsas, mochilas e outros elementos de transporte de material escolar; dicionarios; atlas; libros; libretas; e outros materiais directamente relacionados co desenrolo de actividades formativas escolares. Segundo: Crédito orzamentario. A presente convocatoria implica unha autorización de creto de 4.000 euros, a imputar a partida orzamentaria 326.48, do estado de gastos do Orzamento Xeral do Concello de Outeiro de Rei para o exercicio 2017. Terceiro: Procedemento de outorgamento.

4

Núm. 212 – xoves, 14 de setembro de 2017

BOP de Lugo

O outorgamento das subvencións terá carácter reglado, non existindo concorrencia competitiva entre os solicitantes. O outorgamento da subvención verá dado, exclusivamente, pola acreditación dos requisitos a que se fai referencia no artigo seguinte. O órgano compente para o outorgamento da subvención será a Xunta de Goberno Local do Concello de Outeiro de Rei. O prazo para dictar e notificar a resolución do procedemento é de tres meses, que comezará a computar dende o día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido o citado prazo sen que se dictare e notificare a resolución definitiva, as solicitudes poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo. Contra a denegación por silencio administrativo da solicitude, o interesado poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Xunta de Goberno Local deste Concello no prazo de tres meses a contar dende o día seguinte ó que se produzan os efectos do silencio ou ben, interpoñer directamente recurso contencioso administrativo perante o xulgado do contencioso administrativo de Lugo, no prazo de seis meses a contar dende o día seguinte ó que se produzan os efectos do silencio. No caso de insuficiencia do creto autorizado para atender as solicitudes presentadas, o outorgamento das axudas farase por orde de presentación da solicitude no rexistro xeral da entidade, ata o agotamento do creto consignado. A publicación dos sucesivos actos do procedemento se realizará mediante a exposición de anuncios no taboeiro de edictos do Concello. Cuarto: Requisitos dos beneficiarios. Os beneficiarios das axudas deberán: -

Estar empadroados no Concello de Outeiro de Rei.

-

Estar cursando estudios de educación infantil de 2º ciclo, educación primaria, educación secundaria obrigatoria (E.S.O.) (P.C.P.I.), bacharelato, formación profesional de grado medio, ensinanza profesional de artes plásticas e deseño de grado medio, e as ensinanzas deportivas de grao medio.

-

Non obter axudas para o mesmo fin de outras administracións públicas.

Quinto: Prazo de presentación de solicitudes e documentación a presentar polos solicitantes. Os solicitantes das axudas deberán presentar nas oficinas municipais, no prazo máximo dun mes a contar dende o día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a seguinte documentación: -

Fotocopia do DNI de tódolos membros da unidade familiar.

-

Fotocopia de tódalas follas do libro de familia.

-

Última declaración da renta ou, no caso de non presentala, certificado negativo da delegación de economía e facenda.

-

Declaración xurada de outras axudas obtidas para a adquisición de libros de texto.

-

Certificado de estar o corrente nas obrigas tributarias municipais.

-

Certificado do centro escolar no que conste matriculado o interesado.

-

Facturas orixinais que acrediten o gasto realizado, e/ou recibo do colexio firmado e selado donde estea matriculado o interesado.

Sexto: Criterios obxetivos de concesión das axudas. As axudas determinaranse mediante a aplicación dos seguintes baremos, de xeito que, en función da renta acreditada da unidade familiar (cando presentase declaración do imposto sobre a renta das persoas físicas no exercicio 2.016, sumaranse a base impoñible xeral “recadro 392” e a base impoñible de aforro “recadro 445”; cando non presentase, sumaranse os ingresos netos obtidos durante o exercicio 2.016), subvencionarase por cada fillo (e en función do número de fillos que integren dita unidade familiar) o porcentaxe fixado da contía total xustificada. NIVEL DE RENTA

NUMERO DE FILLOS. 1 fillo

2 fillos

3 fillos ou máis

Ata 10.000 euros

60%

70%

80%

De 10.000,01 a 20.000 euros

50%

60%

70%

De 20.000,01 a 30.000 euros

40%

50%

60%

5

Núm. 212 – xoves, 14 de setembro de 2017

BOP de Lugo

A contía máxima xustificada por beneficiario non poderá superar a cantidade de 200 euros. Non obstante, no caso de que os beneficiarios cursen estudos de bacharelato, formación profesional de grado medio, ensinanza profesional de artes plásticas e deseño de grado medio, e as ensinanzas deportivas de grao medio, a contía máxima xustificable será de 250 euros. Outeiro de Rei, 08 de setembro de 2.017.- O Alcalde, José Pardo Lombao. R. 2650

PANTÓN Por Decreto de Alcaldía Nº 159/2017 de 31 de agosto apróbanse as Bases do proceso selectivo e convocatoria para o nomeamento dun funcionario interino pertenecente á escala de administración xeral, subescala auxiliar, no supostos previsto no artigo 10.c) do RD Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da lei do estatuto básico do empregado público: -

Un auxiliar administrativo

Prazo de presentación de instancias: vinte días naturais a contar dende o día seguinte a publicación deste anuncio (de 9:00 a 14:00 horas, no Rexistro xeral do concello), tamén poderán remitirse na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido na base sétima. Bases do proceso de selección: publicadas na páxina web do concello www.concellodepanton.es e no Taboleiro de Edictos da Casa do concello. Pantón, 31 de agosto de 2017.- O Alcalde, José Luis Álvarez Blanco R. 2639

MANCOMUNIDADE TERRA CHÁ Anuncio Mediante Resolución de 30 de agosto do 2017 o Sr Presidente acordou, de conformidade co establecido nos artigos 47.2 e 44.1 e 2 do ROF: Delegar en D. Francisco Javier Balado Teijeiro, Vicepresidente da Mancomunidade todas as competencias e funcións que ten atribuidas esta Alcaldía, para que poida proceder e substituílo os días sinalados no período comprendido entre o 01 ate o 15 de setembro do 2017. Cospeito, 30 de agosto de 2017.- Presidente da Mancomunidade, Armando Castosa Alvariño R. 2640

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL N.º 5 A CORUÑA Anuncio CITACION Por la presente y en virtud de lo acordado en esta fecha por el ILTMO. SR. JUEZ DE LO SOCIAL NUMERO CINCO DE A CORUÑA, en los autos registrados con el nº po 76/16 de orden, seguidos a instancia de MARIA AMPARO CASATRO TASENDE contra SANCHEZ CORUÑA, V Y S ELABORACION DE PRODUCTOS DEL MAR, ELABORADORA DE FEFALOPODOS SA CIA DE SEGUROS REALE SEGUROS , EMPRESA SOLUCIONES EN GESTION,TEMPORAL DE TRABAJO TEMPORAL SL (SOLGEST), empresa SYNERGIE TT EMPRESA DE TRABAJO TEMPORAL SAU, EMPRESA GALIEMPREGO EMPRESA DE TRABAJO TEMPORAL SL, EMPRESA ABSIDE RECURSOS HUMANOS, EMPRESA DE TRABAJO TEMPORSL SA, EMPRESA EUROFIRMS GROUP SLU, EMPRESA MANPOWER TEAM EMPRESA DE TRABAJO TEMPORAL SA, en reclamación de CANTIDAD, se cita y requiere a la representación legal de las EMPRESAs SOLUCIONES EN GESTION,TEMPORAL DE TRABAJO TERMPORAL SL (SOLGEST), EMPRESA GALIEMPREGO EMPRESA DE TRABAJO TEMPORAL SL, EMPRESA ABSIDE RECURSOS HUMANOS, EMPRESA DE TRABAJO TEMPORAL SA, que tiene su domicilio DESCONOCIDO, para que el día DIECIOCHO DE OCTUBRE DE 2017 A LAS DIEZ HORAS Y TREINTA MINUTOS comparezca en la Sala de este Juzgado, sito en la calle Monforte número Uno (edificio Nuevos Juzgados) al objeto de PRESTAR CONFESION JUDICIAL bajo el apercibimiento de poder ser tenido por confeso (art. 91 de la L.P.L.) y que la infracción a este deber de comparecencia se sancionará, previa audiencia de cinco días, con multa de 180 a 600 euros, como ordena el art. 304 en relación con el 292 de la Ley Enjuiciamiento Civil.

6

Núm. 212 – xoves, 14 de setembro de 2017

BOP de Lugo

Se hace saber que el interrogatorio habrá de responderse por su representante en juicio siempre y cuando hubiera intervenido en los hechos controvertidos. En caso contrario, tal circunstancia habrá de alegarse con suficiente antelación al acto de juicio, identificando a la persona que intervino en nombre de la entidad, para su citación al juicio. Si tal persona no formase parte ya de la entidad, podrá solicitar que se la cite en calidad de testigo. Apercibiéndose de que, en caso de no cumplir lo anteriormente señalado o no identificar a la persona interviniente en los hechos, ello podrá considerarse como respuesta evasiva y tenerse por ciertos los hechos a que se refieran las preguntas. En todo caso deberá acreditar documentalmente su carácter de representante legal de la empresa. Dado en A Coruña a, 1 de septiembre ARENAS

de 2017.- EL SECRETARIO JUDICIAL, MARIA JESUS HERNANDO R. 2623

MINISTERIO DE FACENDA E ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS (BDNS) - LUGO Anuncio Extracto do Acordo número 1/517 da Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión celebrada o 23/08/2017, polo que se convocan subvencións a asociacións e persoas xurídico privadas sen ánimo de lucro que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais BDNS(Identif.):361682 De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b. e 20.8.a. da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións. Primeiro. Requisitos para ser entidades beneficiarias de subvención. Poderán acollerse a esta convocatoria de subvencións todas as asociacións ou entidades xurídico-privadas sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos: a) Estar legalmente constituídas e domiciliadas no concello de Lugo. Con carácter excepcional, tamén poderán incluírse aquelas entidades foráneas que pretendan executar, dentro deste termo municipal, un proxecto para o desenvolvemento de accións ou actividades que beneficien as veciñas e veciños de Lugo que se encontren en situación de desvantaxe. Este punto acreditarase a través dunha memoria que se achegue para os efectos. b) Figurar inscritas no Rexistro municipal de Asociacións do Concello de Lugo ou no seu caso no Rexistro público de Fundacións ou calquera outro rexistro público que proceda. c) Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas, locais e da Seguridade Social. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá quedar acreditado para estes efectos, coa declaración responsable incluída no anexo IV destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das certificacións ás que se refire o parágrafo f) do artigo 10 destas bases. d) Non estar incursas nos supostos previstos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como nos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. e) Ter xustificados debidamente os gastos correspondentes a subvencións concedidas con anterioridade polo Concello de Lugo. f) Desenvolver actividades e/ou programas que beneficien a persoas e/ou colectivos en situación de desvantaxe: xoves menores de 25 años demandantes do primeiro emprego e que abandonaran prematuramente a formación regrada ou que presenten fracaso escolar; persoas paradas de longa duración, familia, infancia, persoas maiores, persoas con discapacidade física, psíquica e/ou sensoriais, reclusas e/ou ex- reclusas; marxinadas sen fogar e transeúntes, toxicómanas (alcohólicas e drogodependentes), refuxiadas e asiladas, inmigrantes, enfermas psiquiátricas non institucionalizadas, enfermas terminais, etc., e minorías étnicas, así como actividades e/ou programas que complementen a programación de animación sociocultural realizada dende o Concello de Lugo. g) Non percibir, durante este exercicio económico, nominativamente en 2017.

subvención municipal ningunha das previstas

h) Non poderán solicitar subvención por un importe superior ao 95 % do custo total da acción para a que solicita subvención, segundo o orzamento presentado, xa que o 5 % restante é de obrigada asunción pola entidade e non pode ser subvencionado por parte doutras entidades públicas ou privadas, nacionais ou estranxeiras. A esixencia de xustificación de gastos referente ao 5% refírese ao 5% do orzamento da actividade presentada con independencia do gasto efectivo total devindicado.

7

Núm. 212 – xoves, 14 de setembro de 2017

BOP de Lugo

i) Ter presentado na Oficina de Participación Cidadá o orzamento, memoria de actividades anual e renovación dos membros da directiva. Segundo. Bases reguladoras As bases xerais reguladoras da concesión de subvencións a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro , que desenvolven a súa actividade no eido dos servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral e sectorial e para o mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas nas que se levan a cabo estes programas e actividades, exercicio económico 2017, aprobounas a Xunta de Goberno local do Concello de Lugo, Acordo número 1/517, na sesión ordinaria que tivo lugar o 23 de agosto de dous mil dezasete, e publicáronse no BOP de Lugo número 206,do 7 de setembro de 2017. Terceiro. Contía No orzamento municipal para o exercicio de 2017 existe consignación orzamentaria para a concesión de subvencións segundo a continuación se indica: Servizo Partida orzamentaria Importe Servizos Sociais 23179.48900 38.000 € A concesión ou denegación das subvencións, así como a súa cuantificación económica, efectuarase tendo en conta os seguintes criterios: Criterio de valoración Puntuación Interese xeral da actividade ou programa. Valorarase especialmente a súa incidencia real na colectividade. Ata 3 Especialización na atención a colectivos aos que vai dirixida a actividade. Ata 2 Carácter permanente e continuo da actividade ou programa. Ata 1 Que se trate de entidades ou asociacións que presenten, a xuízo da comisión de avaliación unha traxectoria de coordinación e colaboración nas súas actuacións co Concello. Ata 1 Orixinalidade e carácter innovador da actividade. Ata 1 Que se trate de actuacións dirixidas a colectivos en especial situación de desvantaxe ou con especiais dificultades de inserción social. Ata 3 Que a entidade conte cunha vogalía ou departamento de muller ou igualdade. 3 puntos Que se trate de programas en zonas do municipio con menor incidencia da acción e participación social, fundamentalmente na zona rural. Ata 2 Puntuación máxima 16 A puntuación máxima outorgable será de 16 puntos. Para obter subvención será imprescindible acadar ou superar o 30% da puntuación máxima esixida. (4,80 puntos) Unha vez sumada a puntuación obtida por todos os expedientes, é necesario achar o valor punto. Para isto, divídese o importe total para repartir entre o número total de puntos obtidos por todas as accións subvencionadas.

8

Núm. 212 – xoves, 14 de setembro de 2017

BOP de Lugo

A cantidade para outorgar a cada entidade será a resultante de multiplicar o valor punto polo número de puntos obtidos por esta, sen que poida superar individualmente os 3.000 €. Se a cantidade resultante desta operación fose superior á subvención solicitada e subvencionable, concederáselle esta última. O importe sobrante distribuirase con idéntico criterio. Cuarto. Forma e prazo de presentación das solicitudes - As solicitudes de subvención, xunto coa documentación precisa, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. - O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados dende o día seguinte publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conduto da BDNS. Lugo, 8 de setembro de 2017.- A Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Mª González Abelleira R. 2648

Anuncio Extracto do Acordo número 2/518 da Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión celebrada o 23/08/2017, polo que se convocan subvencións para persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos de transporte en taxi adaptado BDNS(Identif.):361685 De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b. e 20.8.a. da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións. Primeiro. Requisitos das persoas solicitantes Poderán solicitar estas axudas as persoas que reúnan os seguintes requisitos: 1.- Ter unha idade mínima de 4 anos. 2.- Estar empadroado/a no Concello de Lugo cunha antigüidade mínima de 1 ano anterior á presentación da solicitude e durante a percepción da axuda. 3.- Ter recoñecida a condición legal de discapacidade que afecte gravemente á súa mobilidade non podendo utilizar os transportes públicos colectivos e así se acredite no certificado oficial de discapacidade, emitido polo Equipo de Valoración e Orientación (EVO) dependente da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. 4.- Non ser propietario/a de vehículo nin a persoa solicitante nin ningún membro da unidade de convivencia. Situacións especiais: as persoas con discapacidade que pola súa situación de discapacidade exercitaran dereitos e obtido beneficios sobre a adquisición e/ou adaptación dun vehículo poderán solicitar estas axudas soamente para os períodos e/ou viaxes en que, por causas sobrevidas e debidamente xustificadas, se vexan imposibilitadas para utilizar este. Todo isto sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nesta disposición. 5.- Para as persoas que traballen, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo do dito beneficio. 6.- Non dispor duns recursos económicos persoais superiores a 2 veces o IPREM vixente, 12 pagas (12.908,06 € anuais, incremento IPREM aprobado conforme aos orzamentos xerais do estado ano 2017) 7-. Certificacións de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria (Delegación de Facenda en Lugo sita na rúa da Raíña), pola Delegación de Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia (edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na ronda da Muralla), Dirección Territorial do Instituto Nacional da Seguridade Social (sito na ronda Músico Xosé Castiñeira) respectivamente. No momento da solicitude da subvención, este aspecto poderá ser acreditado para estes efectos, coa declaración responsable incluída no ANEXO II destas bases, e no momento da xustificación da axuda deberá acreditarse mediante a presentación das correspondentes certificacións. 8.- Ter regulamentariamente xustificadas as subvencións concedidas, con anterioridade polo Concello de Lugo, para o cumprimento de fins análogos, durante os dous exercicios económicos anteriores. 9.- Non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario/a das subvencións de conformidade co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

9

Núm. 212 – xoves, 14 de setembro de 2017

BOP de Lugo

10.- Ter solicitada a axuda transporte sanitario facilitada polo SERGAS, cando o desprazamento veña motivado por razóns de saúde e sexa facilitado polo SERGAS. A dita comprobación e verificación levarase a cabo pola unidade xestora e realizarase no prazo de xustificación, comportará a perda da axuda municipal no caso de non terse solicitado ou terse concedida a través do SERGAS. 11.- Non ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade. Segundo. Bases reguladoras As bases reguladoras do programa de axudas económicas a persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade para gastos do transporte en taxi adaptado, exercicio 2017, aprobounas a Xunta de Goberno local do Concello de Lugo, Acordo número 2/518, na sesión ordinaria que tivo lugar o 23 de agosto de dous mil dezasete, e publicáronse no BOP de Lugo número 206,do 7 de setembro de 2017. Terceiro. Contía da Axuda e criterios de avaliación. Esta convocatoria conta cun crédito orzamentario de 5.000 € na partida orzamentaria de 23179.48900. A contía máxima da axuda a cada persoa solicitante será de 800 € anuais a excepción das persoas empadroadas na zona rural, no dito caso o límite máximo da contía subvencionable establécese en 1.000 € anuais. Se polo número de solicitudes que reúnen os requisitos a cantidade que correspondería a todas as persoas solicitantes superase a cantidade consignada nos orzamentos para esta finalidade, a adxudicación da axuda individual farase en primeiro lugar primando as persoas solicitantes que residan na zona rural e en segundo as que teñan menos ingresos. Non obstante, o órgano competente para resolver poderá proceder ao rateo entre as persoas beneficiarias da subvención do importe global máximo establecido na convocatoria, segundo se establece no artigo 22 da Lei 38/2003. Cuarto. Forma e prazo de presentación das solicitudes As persoas interesadas presentarán as súas solicitudes en modelo normalizado (ANEXO I das bases reguladoras) no Rexistro Xeral do Concello de Lugo ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP, por conduto da BDNS. Lugo, 8 DE SETEMBRO DE 2017.- A Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Benestar Social, Igualdade e Inclusión , Ana Mª González Abelleira R. 2649

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 14.09.2017 08:00:00 CEST Razón: Localización: España