concellos - Deputación de Lugo

31 dic. 2015 - exacción das cales rexerase ademais polo disposto na presente ordenanza fiscal. ... A presente ordenanza aprobada por acordo do Pleno da Corporación ...... ADMVO (ACUMULACION TAREFAS). 1 ... Pasivos financieros.
1MB Größe 5 Downloads 98 vistas
JUEVES, 31 DE DICIEMBRE DE 2015

Nº 300

CONCELLOS BALEIRA Anuncio O Sr. Alcalde do Concello de Baleira o 21/12/2015 aprobou os padróns das taxas pola prestación do servicio de abastecemento de auga, recollida de lixo, taxa de alcantarillado e canon da auga correspondientes ó 6º bimestre do 2015. Durante o prazo de 15 días os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións. Contra o acordo de aprobación do referido padrón e as liquidacións incorporadas a el poderase interpor recurso de reposición ante O Sr. Alcalde, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interporse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda) no prazo de un mes dende a presente publicación. - De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b) do Regulamento xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 01/01/2016 e 29/02/2016 ámbolos dous inclusive. Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias a partir do día 01/01/2016. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago. Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento (no caso do canon da auga pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia) e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se produzan. - Publica-la aprobación do padrón e o anuncio de cobranza no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e Taboleiro de Edictos do Concello. Ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, a publicación terá os efectos de notificación colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos. Baleira, 21/12/2015. O Alcalde. Ángel Enrique Martínez-Puga López R. 4696

BARALLA Anuncio Aprobado incialmente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 28 de decembro de 2015, o presuposto xeral para o exercicio económico de 2016, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo para dito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais disposicións concordantes, exponse ao público na Secretaría deste concello, polo prazo de quince días hábiles, que comezará a contarse dende o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente da Corporación. Baralla, 28 de Decembro de 2015.- O ALCALDE, Manuel Jesús González Capón R. 4711

2

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

BÓVEDA Anuncio Aprobado inicialmente en sesión ordinaria de Pleno deste Concello, de data vinte e oito de decembro de 2015, o Orzamento Xeral, Bases de Execución, e o cadro de persoal funcionario, laboral e eventual para o exercicio económico 2016, de acordo ao previsto no artigo 169 do Texto Refundido da lei Reguladora de Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo e o artigo 20 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, exponse ao público o expediente e a documentación preceptiva por prazo de quince días desde a publicación deste anuncio, aos efectos de reclamacións e alegacións. De conformidade co acordo adoptado o Orzamento considerarase definitivamente aprobado, se durante o citado prazo non son presentadas reclamacións. En Bóveda, a 28 de decembro de 2015.- O Alcalde-Presidente, José M. Arias López R. 4725

COSPEITO Anuncio ELEVACIÓN AUTOMÁTICA A DEFINITIVO DO ACORDO PROVISIONAL DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DO CONCELLO DE COSPEITO. 1º. Transcorrido o prazo de exposición ao público do Acordo provisional de modificación da Ordenanza fiscal do imposto sobre Bens Inmobles polo que se fixa o tipo de gravame así como as exencións e bonificacións potestativas establecidas adoptado por acordo do Pleno da Corporación en sesión celebrada o 4 de novembro de 2015, e non sendo presentada, dentro do mesmo, reclamación algunha, elévase a definitivo dito Acordo de conformidade co establecido no artigo 17.3. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 2º. O Acordo de modificación e o texto integrado da referida Ordenanza que se recolle no texto anexo publicarase no Boletín Oficial da Provincia, a partir da data que señala a súa Disposición final. 3º. De conformidade co establecido no artigo 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, contra o presente Acordo os interesados lexítimos poderán interpoñer directamente recurso contencioso -administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo da Provincia de Lugo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de publicación deste acordo e do texto integrado da Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia. ANEXO ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DO CONCELLO DE COSPEITO.Artigo 1º. Natureza e fundamento. 1. O Imposto sobre Bens Inmobles é un tributo directo de carácter real establecido con carácter obrigatorio na Lei reguladora das Facendas Locais (texto refundido aprobado mediante Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo) e regulado de conformidade co establecido nos seus artigos 60 a 77 ambos inclusive. 2. O Concello de Cospeito, de conformidade cos citados artigos, co número 2 do artigo 15, e o apartado s) do número 1 do artigo 59 do referido texto refundido, fai uso das facultades que lle confire o mesmo, en orde a fixación dos elementos necesarios para a determinación das cotas tributarias do Imposto sobre Bens Inmobles, a exacción das cales rexerase ademais polo disposto na presente ordenanza fiscal. Artigo 2º. Exencións. En aplicación do artigo 60.4. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e en razón de criterios de eficiencia e economía na xestión recadatoria do tributo quedarán exentos de tributación no imposto os recibos e liquidacións correspondente a bens inmobles rústicos cuxa coita líquida agrupada correspondente aos bens dun mesmo suxeito pasivo sitos no termo municipal sexa inferior a 6,00 €. Artigo 3º. Tipo de gravame e cota. En aplicación do establecido no artigo 72 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, o tipo de gravame será: 1. Para os bens inmobles urbanos....................................................0,53 por 100 2. Para os bens inmobles rústicos....................................................0,66 por 100 3. Para os bens inmobles de características especiais........................0,60 por 100 Artigo 4º. Modificación normativa.

3

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

A ordenanza fiscal do Imposto sobre Bens Inmobles publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 297 do 29 de decembro de 2011, queda modificada polo presente texto regulador, a partir da súa entrada en vigor. Artigo 5º. Data de aprobación e vixencia. A presente ordenanza aprobada por acordo do Pleno da Corporación Municipal en sesión celebrada o 4 de novembro de 2015 entrará en vigor o día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2016, permanecendo en vigor ata súa modifica ou derogación expresa. Cospeito a 29 de decembro de 2015.- O ALCALDE –PRESIDENTE, Armando Castosa Alvariño R. 4712

Anuncio ELEVACIÓN AUTOMÁTICA A DEFINITIVO DO ACORDO PROVISIONAL DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS DO CONCELLO DE COSPEITO. 1º. Transcorrido o prazo de exposición ao público do Acordo provisional de modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo municipal de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos do Concello de Cospeito, adoptado por acordo do Pleno da Corporación en sesión celebrada o 4 de novembro de 2015, e non sendo presentada, dentro do mesmo, reclamación algunha, elévase a definitivo dito Acordo de conformidade co establecido no artigo 17.3. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. 2º. O Acordo de modificación da referida Ordenanza que se recolle no texto anexo publicarase no Boletín Oficial da Provincia, e entrara en vigor de acordo có establecido na súa disposición final. 3º. De conformidade co establecido no artigo 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, contra o presente Acordo os interesados lexítimos poderán interpoñer directamente recurso contencioso -administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo da Provincia de Lugo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de publicación deste acordo e do texto integrado da Ordenanza no Boletín Oficial da Provincia. ANEXO ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO SERVIZO MUNICIPAL DE RECOLLIDA DOMICILIARIA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBANOS DO CONCELLO DE COSPEITO ARTIGO 1.- FUNDAMENTO E NATUREZA En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Ley 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e seguintes do RD Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Ley Reguladora das Facendas Locais, o Concello de Cospeito establece a taxa pola prestación do servizo de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos. ARTIGO 2.- FEITO IMPOÑIBLE Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exerzan actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos no termo municipal de Cospeito, e o seu transporte ós centros de eliminación e posterior tratamento. Consideranse incluidos no servizo obxecto de gravame a recollida de mobles, aparellos ou trastos inútiles e calquera outro producto ou material no caso en que se solicite a prestación dos servizos municipais. Quedan fora do ámbito de aplicación da presente ordenanza os residuos que estean considerados, legal ou regulamentariamente como tóxicos ou perigosos. ARTIGO 3.- CARÁCTER OBRIGATORIO DO SERVIZO O Servizo de recollida domiciliaria de lixo e de uso e recepción obrigatoria para ocupantes de vivendas ou locais situados nun radio de acción de 200 metros do itinerario habitual dos vehículos do servizo. ARTIGO 4.- OBRIGA DE CONTRIBUIR A obriga de contribuir nace desde o momento en que se presta o servizo na zona na que se sitúa a vivenda ou establecemento. ARTIGO 5.- SUXEITOS PASIVOS Son suxeitos pasivos desta taxa a título de contribuintes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Ley 38/2003, Xeral Tributaria que ocupen ou utilicen calquera clase de vivenda ou

4

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

local, ben sexa a título de propietario, de arrendatario, precario ou calquera outro dereito. Tamén terán a consideración de suxeito pasivo os propietarios de vivendas ou locais desocupados, xa que a non utilización do servizo non invalida a obrigatoriedade da prestación municipal e de recepción por tales propietarios. Son suxeitos pasivos substitutos do contribuinte o propietario das vivendas ou locais, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios dos mesmos, beneficiarios do servizo. No caso de establecementos comerciais, presumirase que é suxeito pasivo, a persoa a nome da cal figure a comunicación previa, a declaración de conformidade ou licenza de apertura e os restantes tributos municipais que gravan a actividade desenvolvida. ARTIGO.-6 RESPONSABLES 1- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas as que se refire o artigo 42 da Ley 58/2003, Xeral Tributaria. 2- Responderán subsidiariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas xurídicas ás que se refire o artigo 43 da Ley 58/2003, Xeral Tributaria. ARTIGO.-7 COTAS TRIBUTARIAS A cota tributaria determinarase por aplicación das seguintes tarefas trimestrais: 1- Vivendas, garaxes privados e locais sen actividade: 13,06 euros 2- Hoteis, moteis, hoteis-apartamento de 5 e 4 estrelas: 9,55 euros por habitación. 3- Hoteis, moteis, hoteis-apartamento de 3 e 2 estrelas: 7,17 euros por habitación. 4- Pensións e casas de hospedaxe: 5,34 euros por habitación. 5- Establecementos de restauración, restaurantes, whiskerías, e pubs: 35,93 euros. 6- Tabernas, bares e cafeterías: 29,93 euros. 7- Establecementos de espectáculos, cines, teatros, salas de festa, discotecas, salas de bingo: 41,98 euros. 8- Establecementos de alimentación, supermercados, economatos, cooperativas, almacéns ao por maior de froitas, verduras, hortalizas, pescaderías, carnicerías e similares: 39,93 euros. 9- Outros locais industriais ou mercantes, centros oficiais, oficinas bancarias, grandes almacéns e demáis establecementos non especialmente tarifados: 45 euros. 10. Despachos profesionais: 24,53 euros. No caso en que se desenvolva nun mesmo local máis de unha actividade, tributarase pola tarefa máis elevada. As tarefas mencionadas aplicaranse ás zonas urbanas. Teñen a consideración de zonas urbanas os núcleos poboacionais de Feira do Monte e Muimenta. As restantes zonas terán, aos efectos da presente ordenanza, a consideración de rústicas e aplicaráselle, xa que a periodicidade da recollida resulta inferior, unha reducción do 20% na contía resultante de aplicar a tarefa trimestral. ARTIGO.-8 PERIODO IMPOSITIVO E DEVENGO O periodo impositivo coincide co trimestre natural e a él referiranse as cotas sinaladas no artigo 7 da presente ordenanza. A taxa devengarase o primeiro día do periodo impositivo. ARTIGO.-9 COBRANZA A cobranza realizarase en recibo conxunto coa taxa da rede de sumidoiros e do servizo de abastacemento domiciliario de auga potable. ARTIGO 10.- ALTAS, BAIXAS E DECLARACIÓNS A)

ALTAS

Trimestralmente formarase un padrón no que figurarán os contribuíntes afectados e as cotas respectivas que se liquiden, que a tódolos efectos terán a consideración de liquidacións definitivas. Dito padrón, aprobado polo órgano competente, e que será conxunto cas cotas liquidadas de abastecemento de auga e sumidoiros, exporase ao público simultáneamente co anuncio do inicio do periodo de cobro en voluntaria, dentro dos plazos fixados polo calendario fiscal aprobado anualmente, constituíndo a tódolos efectos a notificación colectiva. Todo elo sen prexuizo das reclamacións que sobre as liquidacións aprobadas podan presentar os interesados en calquera momento do procedemento recadatorio ao abeiro do establecido nos artigos 32 e 220 da Lei 58/2003,

5

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no artigo 14 do RD 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. No suposto en que a realización do feito impoñible se iniciase ó longo do exercicio, o suxeito pasivo estará obrigado a presentar declaración de alta no padrón municipal do lixo. Esta declaración realizarase mediante a presentación no Rexistro do Concello dos impresos regulamentarios aprobados. Estas altas surtirán efectos a partir do momento da realización do feito impoñible prorrateándose a cota por meses naturais, sen ter en conta o mes de realización da alta. B)

MODIFICACIONS

Os suxeitos pasivos e, no seu caso, o substituto do contribuínte, estarán obrigados a comunicar as variacións de orde físico, xurídico ou económico que se produzan nos inmobles ou actividades gravadas pola taxa. Esta declaración deberá realizarse antes de que finalice o trimestre natural de facturación. Si se solicita a modificación por cambio do suxeito pasivo ou do uso, deberán aportarse os documentos que xustifiquen tal modificación, a fin de que no expediente obren os datos oportunos. C)

BAIXAS

Si se solicita a baixa deberá acompañarse documentación acreditativa de que o inmoble foi declarado en estado ruinoso ou o título de transmisión do inmoble, salvo que, neste último caso, se solicite a modificación do suxeito pasivo. Fora dos supostos sinalados non se admitirá baixa algunha. ARTIGO 11.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e á determinación das sancións que resulten procedentes en cada caso estarase ó desposto nos artigos 178 e seguintes da Ley 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. DISPOSICIÓN DEROGATORIA Queda derogada a Ordenanza Fiscal do servizo municipal de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos do Concello de Cospeito publicada no BOP número 299, de 31 de decembro de 2007. DISPOSICIÓN FINAL A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor o primeiro día natural do trimestre seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Cospeito a 29 de decembro de 2015.- O ALCALDE –PRESIDENTE, Armando Castosa Alvariño R. 4713

FOLGOSO DO COUREL Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello en sesión ordinaria de data 28 de decembro de 2015 o Orzamento municipal para o exercicio 2016, bases de execución, cadro de persoal e demais documentación que obra no expediente, con arreglo ó disposto no artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, e no artigo 20 do Real Decreto 500/1990, exponse ao público na Secretaría deste Concello polo prazo de 15 días hábiles –que empezará a contarse dende o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP-co fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes. O devandito documento considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións; no caso contrario, o Pleno disporá dun prazo dun mes para resolvelas. Folgoso do Courel, a 28 de decembro de 2015.- A Alcaldesa, Dolores Castro Ochoa R. 4726

A FONSAGRADA Anuncio DECRETO DE ALCALDÍA NÚM. /2015 Considerando que corresponde aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde.

6

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Considerando que o Sr. Alcalde atoparase ausente do Municipio durante 14 días. Por todo iso, en virtude do disposto nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo cos artigos 44 e 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, RESOLVO PRIMEIRO. Delegar en D. José Ángel Fernández Carrín, Primeiro Tenente de Alcalde, a totalidade das funcións da Alcaldía, nos termos do artigo 23.3 Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, durante o período de 14 días, entre o día 04.01.2016 e 17.01.2016. SEGUNDO. A delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, así como a de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros. TERCEIRO. O órgano delegado ha de informar a esta Alcaldía, a posteriori, e, en todo caso, cando se lle requira para iso, da xestión realizada e das disposicións ditadas no período de referencia, e con carácter previo daquelas decisións de transcendencia, tal e como se prevé na o artigo 115 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. CUARTO. A delegación conferida no presente Decreto requirirá para a súa eficacia a aceptación do órgano delegado, entendéndose esta outorgada tacitamente se non se formula ante esta Alcaldía expresa manifestación de non aceptación da delegación no termo de tres días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que lle sexa notificada esta resolución. QUINTO. A presente resolución será publicada no Boletín Oficial da Provincia, dándose conta do seu contido ao Pleno da Corporación na primeira sesión que esta celebre. SEXTO. No non previsto expresamente nesta resolución aplicaranse directamente as previsións da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en canto ás regras que para a delegación establécense en devanditas normas. Mándao e asina o Sr. Alcalde, D. Argelio Fernández Queipo, en A Fonsagrada, a 28 de decembro de 2015, do que, como Secretaria, dou fe. O alcalde, Argelio Fernández Queipo R. 4714

FOZ Anuncio Aprobación e exposición pública de Padróns fiscais e apertura do período de cobramento. Por Resolución desta Alcaldía foron aprobados os seguintes Padróns de contribuíntes: Padrón Prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar dos meses de setembro e outubro de 2015 Taxa pola prestación do servizo de escolas deportivas do mes de outubro de 2015

Data resolución aprobación

Período de cobramento en voluntaria

4 de decembro de 2015

15 de decembro de 2015 a 15 de febreiro de 2016

22 de decembro de 2015

22 de decembro de 2015 a 22 de febreiro de 2016

Expóñense ao público por prazo de vinte días hábiles, segundo o establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, ao obxecto de que aqueles que se consideren interesados poidan examinalos e interpoñer contra estes as reclamacións que consideren oportunas. Iníciase asemade o procedemento de recadación, e ao efecto determínanse os períodos de pagamento en voluntaria reflectidos. Ao día seguinte do vencemento do prazo do ingreso en período voluntario iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas as recargas do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria. Contra as liquidacións de carácter tributario que se deriven dos presentes padróns poderase interpoñer recurso de reposición previo ao contencioso-administrativo, no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública de conformidade co establecido no artigo 14.2.c) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

7

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os órganos e na forma e prazos determinados na Lei reguladora desta Xurisdición. Foz, 22 de decembro de 2016.- O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA R. 4715

GUNTÍN Anuncio Aprobado inicialmente por el Pleno de la Corporación el Presupuesto General para el Ejercicio económico de 2.016, la plantilla de personal y la relación de puestos de trabajo para dicho ejercicio, en cumplimiento de lo dispuesto en el art. 169.1 del R.D. Legislativo 2/2004, de 5 de marzo y disposiciones concordantes, se expone al público en la Secretaría de este Ayuntamiento, por plazo de quince días hábiles, que empezarán a contarse desde el siguiente al de la inserción del presente edicto en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que durante el mismo puedan formularse las reclamaciones que se consideren pertinentes, las cuales deberán ser dirigidas al Sr. Alcalde-Presidente de esta Corporación. Guntín, 23 de diciembre de 2.015.- El Alcalde, Jesús Carreira Ferreiro. R. 4678

Anuncio O Pleno do Concello de Guntín en sesión ordinaria celebrada o 23 de decembro de 2015, acordou a aprobación inicial da ordenanza que se di: ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO PREZO PÚBLICO DO PUNTO DE ATENCIÓN Á INFANCIA DO CONCELLO DE GUNTÍN. O expediente completo estará exposto ao público, aos efectos de que os interesados poidan examinalo e presentar, no seu caso, as reclamacións que estimen oportunas, dentro do prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, e segundo o disposto no artigo 49 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Guntin, 23 de decembro de 2.015.- O Alcalde, Jesús Carreira Ferreiro. R. 4679

LÁNCARA Anuncio Información pública Aprobadas polo Pleno do concelo en sesión extraordinaria realizada o día 28 de decembro, as bases para a cobertura en propiedade do posto de traballo de Secretaría-Intervención do Concello de Láncara, exponse ao público durante o prazo de quince (15) días a efectos do disposto no artigo 27 do Decreto 49/2009, de 26 de febreiro. Os interesados poderán examinar o expediente na Secretaría Municipal, en horario de oficina. A Pobra de Xiao (Láncara), a 29 de decembro de 2015.- O alcalde, Darío Antonio Piñeiro López R. 4716

Anuncio APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO XERAL 2016 O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria realizada o día 28 de decembro de 2015 aprobou inicialmente o Orzamento Xeral do exercicio de 2016. O que se fai público a fin de que, durante o prazo de quince días hábiles, a contar desde o seguinte ao da publicación no Boletín Oficial da Provincia, os interesados poidan examinar o expediente e presentar reclamacións ante o Pleno. O Orzamento Xeral do Concello de Láncara entenderase definitivamente aprobado se durante o devandito prazo non se presentaran reclamacións; no caso contrario, o Pleno disporá do prazo dun mes para resolvelas.

8

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

A Pobra de San Xiao (Láncara), 29 de decembro de 2015.- O alcalde, Dario Antonio Piñiero López R. 4717

LOURENZÁ Anuncio Aprovada a ORDENANZA REGULADORA DAS AXUDAS DA ÁREA DE REHABILITACIÓN INTEGRAL DE LOURENZÁ, en sesión ordinaria do 17/09/2015, sometida a exposición pública durante trinta días hábiles no taboleiro de anuncios do Concello de Lourenzá e no Boletín Oficial da Provincia número 233 do 10/10/2015, ábrese o prazo de presentación de solicitudes de AXUDAS PARA ACOLLERSE AO PROGRAMA DE REXENERACIÓN E RENOVACIÓN URBANAS DO PLAN ESTATAL 2013-2016 NO A.R.I. DE LOURENZÁ. A presentación das solicitudes levarase a cabo nas Oficina Municipal de Rehabilitación, nas dependencias municipais, de luns a venres en horario de 8:00 h. a 15:00 h. Establécese un prazo de tres meses para formular solicitudes dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio. O que se fai público para xeral coñecemento Lourenzá, 22 de decembro de 2015.- A ALCALDESA, Rocío López García R. 4697

LUGO Anuncio A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 16 de decembro de 2015, aprobou a forma de adxudicación mediante procedemento aberto para CONTRATACIÓN DAS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO PASEO INTERIOR DA MURALLA ROMANA. TRAMO TRASEIRA RÚA CLÉRIGOS. ACTUACION INCLUÍDA NO PROXECTO URBAN ( INICIATIVA URBANA) SUSCEPTIBLE DE RECIBIR O 80% DE COFINANCIACION DA UNIÓN EUROPEA A TRAVERSO DO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL ( PO FEDER GALICIA 2007-2013). Proxecto 10UR3105 URBAN Paseo interior da muralla ( EXPTE. REF 29-2015) Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio. 2.- Obxecto do contrato. a)Descrición do obxecto: obras de ACONDICIONAMENTO DO PASEO INTERIOR DA MURALLA ROMANA.TRAMO TRASEIRA RÚA CLÉRIGOS conforme proxecto elaborado polo arquitecto arquitecto don Oscar López Alba. Esta actuacion incluída no proxecto URBAN ( iniciativa urbana) susceptible de poder contar co 80% de cofinanciacion da Unión Europea a traverso do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (PO FEDER GALICIA 2007-2013). Proxecto 10UR3105 URBAN Paseo interior da Muralla b) Prazo de execución: O prazo máximo de execución de DOUS MESES contados a partires do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación de replanteo 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinario b) Procedimiento: aberto 4.- Tipo de licitación a) Orzamento máximo do Contrato: O valor estimado do contrato é de 112.219,71 euros mais o 21% de IVE (23.566,14 euros), polo que o orzamento máximo de licitación ascende á cantidade de 135.785,85 euros (CENTO TRINTA E CINCO MIL SETECENTOS OITENTA E CINCO EUROS CON OITENTA E CINCO CÉNTIMOS), que inclúe gastos xerais e beneficio industrial 5.- Garantías: a) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluido o IVE,

9

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

6. Condiciones especiales de execución: Ver cláusulas décimo sétima e décimo oitava do prego de cláusulas administrativas particulares 7. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio. b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-45. e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.gal (Zona de servicios: perfil do contratante) g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de proposicións. 8.- Requisitos específicos do contratista. a) Outros requisitos: Os sinalados no prego de condicións 9.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partires da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil. b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula décima do prego de condicións. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos. 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 2 meses. 10.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta) c) Localidade: Lugo d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo. 11.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións. 12.- Gastos dos anuncios: 81,25 euros que serán por conta dos adxudicatarios. Lugo, 23 de decembro de 2015.- O ALCALDE,TENENTA-ALCALDE DA AREA, DE ECONOMIA, EMPREGO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto

E

R. 4718

MEIRA Anuncio O artigo 20 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), establece que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das Administracións públicas só poderá facerse por medio de disposición xeral publicada no "Boletín Oficial do Estado" ou diario oficial correspondente, mandato desenrolado polos artigos 52 a 54 do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenrolo da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro. De conformidade con seu artigo 54.2 do regulamento a disposición ou acordo de modificación do ficheiro deberá indicar as modificacións producidas en calquera dos extremos que se conteñen en ditos ficheiros. Dada conta do requirimento de susanación remitido pola Axencia Española de Protección de Datos de data 21 de febreiro de 2014, reiterado o 29 de outubro de 2015, unha vez que se procedeu a inscrición dos ficheiros

10

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

creados por acordo de Peno de data 26 de novembro de 2013, a proposición da Alcaldía, o Pleno do Concello de Meira en sesión ordinaria de 28 de decembro de 2015, entre outros, adoptou o seguinte acordo: Primeiro.- Modificar o ficheiro 2.- CONTABILIDADE no seus apartados: b) Finalidade e usos previstos: Xestión contable, fiscal e administrativa, e k) Nivel do ficheiro: medio. Segundo.- Modificar o ficheiro 10.- CATASTRO no seus apartados: b) Finalidade e usos previstos: Facenda pública e xestión de administracións tributarias e k) Nivel do ficheiro: medio. Terceiro.- Publicar no Taboleiro de Anuncios do Concello e no BOP de Lugo o anuncio de aprobación para información pública. Cuarto.- En cumprimento do previsto no artigo 20 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro e o 52 e seguintes do Real Decreto 1720/2007, de 21 de decembro, procede a inscrición no Rexistro Xeral da Axencia Española de Protección de Datos unha vez efectuada a publicación da modificación dos ficheiros referidos. Meira, a 28 de decembro de 2015.- O Alcalde, Antonio de Dios Alvarez R. 4698

Anuncio O Pleno do Concello de Meira en sesión extraordinaria de data 13 de novembro de 2015 aprobou inicialmente a Ordenanza reguladora do procedemento de comunicación previa do Concello de Meira, dita ordenanza foi sometida a información pública de conformidade co artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, mediante anuncio no BOP de Lugo, de data 17 de novembro de 2015,non habéndose formulado alegacións á mesma , elévase a definitivo o acordo provisional, procedéndose á publicación do texto íntegro de dita ordenanza, entrando en vigor o mesmo dia da súa publicación no BOP. ORDENANZA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE COMUNICACIÓN PREVIA PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DO CONCELLO DE MEIRA EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A intervención no ámbito urbanístico da administración municipal na actividade dos particulares, veuse realizando tradicionalmente mediante a previa verificación da súa adecuación á ordenación urbanística e normativa sectorial vixente na materia, o que dá lugar á conseguinte concesión de licenza urbanística, regulada no artigo 194 e seguintes da Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. A licenza urbanística é unha autorización municipal de carácter regulado que, sen prexuízo de terceiros, permite a execución de obras e a implantación de usos que os instrumentos urbanísticos prevexan. Esta técnica de intervención administrativa baséase no control previo á execución de actos de edificación e uso do chan, para garantir a adecuación e sometemento á legalidade e ao planeamento urbanístico. Fronte a este marco legal, nos últimos anos asistimos a unha evolución lexislativa que se inicia coa Directiva 2006/123/CE do parlamento Europeo e do Consello aprobada con data 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, mediante a cal preténdese fixar o obxectivo de alcanzar un auténtico mercado único de servizos na Unión Europea, a través da eliminación de barreiras legais e cargas administrativas, de forma que desapareza normativa innecesaria e inxustificada que actualmente limita o desenvolvemento de actividades de servizos. O Estado Español traspuxo a citada Directiva coa aprobación da Lei 17/2009 de 23 de novembro, que regula o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, norma que supón un novo marco de referencia. Para alcanzar os principios plasmados na anterior Lei foi necesario reformar o marco regulador, dando lugar á aprobación da Lei 25/2009 de 22 de decembro de modificación de diversas leis para a súa adaptación á lei sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio. Mediante esta Lei introdúcense diversas reformas da lexislación estatal, dentro das cales atópanse, as novas fórmulas de intervención na actividade dos cidadáns, como son a comunicación previa e declaración responsable, que aparecen na nova redacción dada ao artigo 84 da Lei 7/1985 reguladora das Bases de Réxime Local, así como no artigo 71-bis, que modifica a lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Máis recentemente a lexislación autonómica, a través da Lei 9/2013, de 19 de decembro, de emprendemento e competitividade de Galicia, operou unha nova regulación que pivota; por un lado, na desaparición da técnica de intervención previa mediante licenza na apertura de actividades con carácter xeral, excepto no ámbito das actividades sometidas a autorización ambiental integrada e no sector dos establecementos e espectáculos públicos, e por outro, na nova redacción do artigo 194.2 da LOUGA, de forma que estarán sometidas a licenza urbanística municipal soamente aquelas obras ou actos de uso do solo e do subsolo expresamente previstas polo mesmo, quedando o resto e usos de solo e subsolo sometidas ao réxime de Comunicación Previa. Co fin de adecuar a normativa municipal ás disposicións legais citadas que conforman o marco normativo ao que debe axustarse a potestade normativa municipal, elaborase a presente ordenanza.

11

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Artigo 1.- Obxecto. A presente ordenanza ten por obxecto a regulación do procedemento, realizado por escrito diante do Concello, de Comunicación Previa, para acometer a realización de actos de edificación, uso do e do subsolo, sen prexuízo das posteriores actuacións municipais de intervención, control, inspección e verificación que se realizarán a posteriori. Artigo 2.- Ámbito de aplicación. 1.O procedemento que regula a presente ordenanza será de aplicación a todo acto de edificación, uso de solo e subsolo municipal que se executen con ocasión da instalación e apertura de actividades económicas, empresariais, profesionais, industriais ou comerciais, excepto as sometidas a autorización ambiental integrada. Cando as obras e instalacións necesarias para a apertura da actividade sometida a autorización ambiental integrada no precisen proxecto técnico, de conformidade coa Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, o réxime aplicable as mesmas será o de Comunicación Previa. 2. Será igualmente de aplicación para toda edificación, uso do solo e subsolo para os que a Norma urbanística non exixa licenza urbanística previa. 3. Concretamente inclúense as seguintes actuacións: 1. Obras de conservación e mantemento das edificacións, sempre que estas non supoñan en ningún caso aumento do volume e non conleven a modificación de ningún elemento estrutural nin modificación de fachada ou afección a elementos catalogados ou en trámite de catalogación. Inclúense as seguintes obras: a) Obras de limpeza e pintura interior dos edificios ou patios. b) Reparación puntual de cubertas e azoteas, e aquelas consistentes na reparación de problemas de humidades, filtracións, etc., a condición de que non afecten a elementos estruturais. c) Pintura e acabados de fachadas ou medianeiras así como a reparación de paramentos e/ou a substitución de elementos danados de fachadas (barandillas, molduras e similares). d) Reparación ou substitución de carpintería exterior da mesma dimensión, sen modificar os ocos, así como a colocación de rexas e toldos en fachadas. e) Reparación de tuberías de instalacións, desaugues e obras que inclúen albañilería no interior do edificio. 2. Obras de mera reforma no interior de edificios, construcións e instalacións de uso residencial que non incidan na estrutura nin na fachada do mesmo que teñan por obxecto o acondicionamento e conservación de elementos comúns e/ou privativos, cando non modifiquen o uso nin o volume existente, nin modifiquen as condicións de habitabilidade, accesibilidade, salubridade e de seguridade, contra incendios, etc.). Están incluídas en xeral as seguintes obras: a)

Reforma, reparación, renovación ou modificación de revestimentos.

b)

Cambio ou substitución de carpintería interior e de aparellos sanitarios.

c)

Reparación, renovación ou modificación parcial das instalacións interiores.

d)

Obras que impliquen pequenos cambios puntuais na distribución interior.

3. En edificios ou locais con uso terciario comercial ou de oficinas, poderanse levar a cabo as obras sinaladas no apartado 2 anterior. 4. Limpeza e roza de solares sempre que non alteren a rasante natural do terreo. 5. As actuacións provisionais de sondaxe e prospeccións en terreos de dominio privado e estudos xeotécnicos. 6. Axardinamento, pavimentación, soleiras de patios, beirarrúas perimetrais en terreos de dominio privado e sempre que non afecte a ningún servizo ou instalación pública nin a condutos xerais, nin se altere a rasante natural do terreo. 7. Pequenos momentos de terra 8. Execución e reparación das seguintes actuacións: -

Construción e reforma de vallas e cerramentos de parcela en solo urbano e en núcleo rural cando non se afecten cerramentos tradicionais.

-

Construción de terrazas exteriores sobre soleira (non cubertas con elementos permanentes e que non afecten a elementos de dominio público).

-

Casetas para botellas de gas e depósitos de GLP.

12

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

-

Execución de pozos filtrantes.

-

Reparación de cubertas, impermeabilización e substitución de pezas de cobertura.

-

Reparación e/ou substitución de elementos e instalacións comúns do edificio (ascensores, caldeiras, equipos de bombeo, escaleiras, portais, porteiros automáticos, etc.) sen afección estrutural.

9. Calquera outra para as que a Norma urbanística non esixa licenza urbanística municipal. Artigo 3.- Exclusións. Quedan excluídas do ámbito de aplicación da presente ordenanza aquelas actuacións nas que concorra algunha das seguintes circunstancias: 1. Obras que requiran proxecto técnico segundo a Lei 38/1999, de 5 de novembro, de Ordenación da Edificación; entre outras, as obras de edificación de nova construción, de ampliación, modificación, reforma ou rehabilitación, así como as obras que teñan o carácter de intervención total en edificios, elementos ou espazos catalogados ou que dispoñan dalgún tipo de protección de carácter ambiental ou histórico artístico, e aqueloutras de carácter parcial que afecten aos elementos ou partes obxecto de protección. 2.

As demolicións.

3.

Muros de contención de terras.

4.

Grandes movementos de terra e explanacións.

5. As actuacións parciais dunha intervención xeral dun edificio ou local, suxeitas a licenza e á normativa vixente. 6. Actuacións en edificacións ou instalacións situadas en terreo clasificado como rústico, calquera que sexa a categoría á que pertenzan. 7.

Obras privadas que se pretendan desenvolver en espazo libre público.

8. No caso de que o inmoble no que se pretenda executar as obras este sometido ao réxime de edificacións en situación de fóra de ordenación, só poderá formular Comunicación Previa quen ostente a titularidade do mesmo. A formulación da Comunicación Previa para a execución de obras neses inmobles, implica que quen a formula renuncia de forma expresa ao incremento que, respecto o valor de expropiación do inmoble- poida representar a execución de devanditas obras. 9. Actuacións que teñan por finalidade o cambio do uso global dun edificio ou de parte do mesmo, ou a modificación do número de vi vendas ou locais. 10. Inmoble catalogado ou en trámite de catalogación. 11. Parcelacións, segregacións e outros actos de división de leiras en calquera clase de solo, cando non formen parte dun proxecto de reparcelación urbanística. 12. O uso utilización do dominio público mediante conducións, valas, contedores, andamios, etc., con motivo da execución de obras sometidas ao réxime de Comunicación Previa. 13. A primeira ocupación de edificios. 14. Corta de masas arbóreas ou de vexetación arbustiva en terreos incorporados a procesos de transformación urbanística e, en todo caso, cando dita talla derive da lexislación de protección do dominio público. Artigo 4.-Documentación a aportar. 1- Con carácter xeral para todos os supostos: -

Impreso de Comunicación previa que se realizará acordo ao modelo normalizado anexo a esta ordenanza.

-

Acreditación, no seu caso, da representación cando se actúe en nome doutra persoa física ou xurídica.

-

Plano de situación da obra referido á cartografía da Normativa Municipal e plano catastral.

-

Esbozo acoutado das obras que se pretende realizar, con indicación exacta da situación das obras dentro da edificación ou das parcelas.

-

Descrición das obras a realizar, con relación de materiais e acabados que se van a utilizar.

-

Fotografías do interior e fachadas do estado actual de local ou vivendas nos que se intervén.

-

Orzamento da obra, no que se indique o número de unidades de obra a realizar e o seu custo de execución material.

13

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

-

B.O.P de Lugo

Autoliquidación do imposto sobre construcións, instalacións e obras e das taxas que correspondan, así como xustificante de pago dos tributos correspondentes cando sexan preceptivo conforme ás ordenanzas fiscais deste concello.

2- Nas obras que teñan por obxecto o peche de parcela e solares, deberase de incorporar a seguinte documentación. -

Nos peches de parcelas situadas en chan clasificado como urbano e chan de núcleo rural, deberase incorporar plano de aliñacións axustando o peche a éstas.

-

No solo clasificado como núcleo rural, xustificarase mediante fotografías a non existencia de muros ou peches de tipo tradicional.

3- Nas obras de acondicionamento de locais, que modifiquen a distribución, así como nas obras de adecuación funcional de vivenda, deberase presentar documentación asinada por técnico competente. 4- Nas obras de substitución de carpintería exterior, que difiran do modelo, material e cor existente, incorporásese acordo da comunidade de propietarios, no que se comprometen a adaptarse á nova proposta, en sucesivas substitucións. Artigo 5.- Procedemento. A tramitación das Comunicacións Previas deberá axustarse ao seguinte procedemento: 1.

Documentación:

a) A Comunicación Previa deberá efectuarse en documento normalizado conforme ao modelo do anexo I da presente Ordenanza acompañada da documentación que para cada actuación concreta especifíquese no referido anexo. b) A Comunicación Previa deberá de realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles á data en que pretende levar a cabo ou comezar a actuación de que se trate. c) Copia das restantes autorizacións e, no seu caso, concesións administrativas cando foren legalmente exixibles ao solicitante. d)

Documento de avaliación ambiental, de requirila o uso ao que vaian destinadas as obras.

e)

Copia da autorización ou ditame ambiental.

f)

Copia das autorizacións, concesións ou informes sectoriais cando fosen legalmente exixibles.

g)

Acreditación, no seu caso, do cumprimento da normativa sobre ruídos.

h) Estudio básico de seguridade e saúde ou, no seu caso, o documento técnico previsto na lexislación sectorial sobre a materia. 2. O rexistro da documentación completa no órgano competente para coñecer da actuación de que se trate, equivalerá a tómaa de coñecemento por parte da Administración Municipal. 3. Analizada a documentación, e en función da adecuación ou non do seu contido ao ordenamento urbanístico e ás prescricións da presente ordenanza, a tramitación dos actos suxeitos a Comunicación Previa finalizase dalgunha das seguintes formas: a) Transcorridos 15 días hábiles desde a presentación da Comunicación Previa cumprindo todos os requisitos esixidos a mesma constitúe título habilitante para o inicio dos actos de edificación e uso do chan e subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das facultades de comprobación, control e inspección posteriores por parte do Concello. b) Cando a documentación aportada sexa insuficiente ou incompleta, o Concello requirirá a subsanación ou completo da mesma, adoptando no seu caso, as medidas provisionales que se estimen necesarias para evitar a alteración da realidade en contra da ordenación urbanística aplicable no prazo de dez días comunícase ao interesado que se absteña de executar a súa actuación, concedéndolle prazo de subsanación da documentación exixible. c) Dentro dos quince días seguintes á presentación da Comunicación previa o Concello poderá declarar completa a documentación presentada. d) Cando se estime que as obras obxecto da Comunicación Previa non están incluídas entre as previstas para ser tramitadas por este procedemento, no prazo de quince días hábiles, notificásese ao solicitante de que se absteña de executar a súa actuación, procedendo a continuarse a tramitación mediante o procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas. e) Cando a actuación comunicada non se axuste á normativa vixente, no prazo de quince días hábiles notificarase esta circunstancia ao interesado, indicándolle que debe absterse a continuar coa actuación e paralizar de inmediato as obras e instalacións iniciadas.

14

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

3.- No suposto de apertura de actividades aportarase igualmente a memoria ou proxecto da actividade correspondente que se tramitarán nun único procedemento con preferencia do procedemento de concesión de licenza ou comunicaron previa da apertura da actividade. 4.- A Comunicación Previa non supón en ningún caso que as actuacións na mesma previstas non poidan entenderse suxeitas á potestade de intervención administrativa, que adoptase a fórmula de comprobación, control e inspección posterior para a verificación do axuste entre o executado e o comunicado. 5.- O Concello ditará a orde de execución que proceda para garantir a plena adecuación do acto ou actos á ordenación urbanística dentro dos quince días seguintes á data de adopción de calquera medida provisional. A orde que dite terá os efectos propios da licenza urbanística. Artigo 6.- Consulta previa. Con carácter previo á presentación da Comunicación Previa o interesado poderá efectuar consulta ao Concello acerca do sometemento ou non das obras a realizar ao réxime de Comunicación Previa regulado na presente ordenanza. O resultado desta consulta, que se resolverá no prazo máximo dun mes desde a súa presentación, non terá carácter vinculante para o Concello. Artigo 7.- Prazos para a execución de obras sometidas ao réxime de Comunicación Previa. As obras poderán comezar pasados 15 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da presentación da Comunicación Previa, non en tanto: 1. Os prazos para iniciar e concluír as obras sometidas a Comunicación Previa, serán os establecidos na lexislación urbanística e no Plan Xeral de Ordenación de Ordenación Municipal para as licenzas. 2. Unha vez transcorridos sen que se levaron a cabo as actuacións para as que foi presentada a Comunicación Previa ou ben non se finalizaron as mesmas, producirase a extinción, previa audiencia ao interesado, do dereito que lle asiste, e en caso de querer iniciar ou continuar as obras, deberá presentar de novo unha Comunicación Previa con toda a documentación necesaria. 3. Non se admitirá ningún tipo de prórroga naquelas actuacións urbanísticas que se tramiten a través da Comunicación Previa, agás paralización por forza maior ou xusta causa. Disposición Adicional Primeira.

As obrigacións tributarias derivadas das actuacións que se autoricen polo procedemento aquí regulado rexeranse pola ordenanza fiscal correspondente. Disposición Transitoria. A presente normativa non será de aplicación a aqueles procedementos que se iniciaron con anterioridade á data da súa entrada en vigor. Disposición derrogatoria Quedan derrogadas aquelas disposicións municipais de igual ou inferior rango, que se opoñan ao establecido na presente ordenanza. Disposición final A presente ordenanza entrará en vigor aos quince días, a contar desde o día seguinte á súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia, de conformidade co establecido no artigo 70 da Lei 7/85 de reguladora das Bases de Réxime Local.

15

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

ANEXO COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRAS E AUTOLIQUIDACIÓN DA TAXA SOLICITANTE: Nome e apelidos ou razón social:

NIF/CIF:

Teléfono:

Enderezo:

Concello e Provincia:

e-mail:

Nome e apelidos ou razón social:

NIF/CIF:

Teléfono:

Enderezo:

Concello e Provincia:

e-mail:

REPRESENTANTE:

OBRA OU ACTIVIDADE URBANÍSTICA A DESENROLAR: Situación ou emprazamento:

Referencia Catastral:

Descrición da obra a realizar:

Orzamento de execución material:

Tarifa Aplicable:

IMPORTE A INGRESAR (€):

A persoa solicitante ou o seu representante declara baixo a súa responsabilidade que é certo todo o que subscribe e ademais: Que as características indicadas anteriormente reflexan as obras a levar a cabo. Que as obras solicitadas non afectan ao volume ou a estrutura do inmoble. Que non se altera a distribución interior das vivendas nin as condicións de habitabilidade. Que se respectarán as normas de boa construción, convivencia cidadá e descanso dos veciños. Que se cumprirán os requisitos da normativa específica de tratamento de residuos. Que non se van a realizar obras suxeitas ao deber previo de obtención de licenza. Que conta coas autorizacións para a ocupacións do dominio público ou sectoriais preceptivas e necesarias. Que achega toda a documentación preceptiva. AUTORIZA aos efectos da normativa vixente de protección de datos de carácter persoal, a esta Administración á comprobación telemática con outras Administracións Públicas de datos declarados e demais circunstancias relativas ao exercicio da actividade a levar a cabo. E COMUNICA que iniciará as obras a partir do día_______________(a comunicación deberá realizarse cunha antelación mínima de 15 días hábiles) e a obra terá un prazo de execución de____________ días. ADVÍRTESELLE que acordo ao artigo 194.5 da Lei 9/2002, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia: ―A inexactitude, falsidade u omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se aporta ou incorpora á comunicación previa comporta, trala audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercicio do dereito ou da actividade afectada desde o momento en que se coñece, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos. A resolución administrativa que constata as circunstancias a que se refire o número anterior comportará o inicio de las correspondentes actuacións e a esixencia de responsabilidades e poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercicio do dereito ou ao inicio da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento durante un período de tempo determinado entre tres meses e un ano‖. Conforme ao disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, os seus datos serán tratados de maneira confidencial e poden ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Meira. En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición, comunicándoo por escrito, no Rexistro do Concello.

16

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MEIRA DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACOMPAÑAR Á COMUNICACIÓN PREVIA: Copia do NIF ou CIF do promotor das obras. Xustificante do pagamento das taxas e do ICIO (Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras). Memoria na que se describan as obras a realizar Orzamento de execución material das obras. Plano de situación acordo á cartografía aplicable. Se existe división horizontal, sinalización concreta do inmoble/s sobre nos que se pretende levar a cabo a actuación urbanística. Identificación da parcela ou ben inmoble no que se vai a producir a intervención (recibo do IBI ou consulta gráfica e descritiva do Catastro). Fotografías do estado actual do inmoble ou parcela. No caso de Comunidades de Propietarios identificación do Presidente ou Administrador da Comunidade, xunto co acordo ou autorización oportuno. No caso de peches de parcelas, croquis no que quede suficientemente clara a ubicación respecto das propiedades lindantes e vías de acceso, indicando materiais a empregar, alturas e retranqueos. No caso de obras en fachadas que necesiten estadas ou andamios, certificado técnico compentente no que se indique a colocación e que se fai baixo a súa dirección e que reunirán as debidas condicións de seguridade unha vez instaladas. No caso de presentar documentación técnica, declaración responsable ou certificado colexial do técnico competente no que figuren os seus datos profesionais de xeito que permita a súa identificación e no que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade. No caso de actuacións urbanísticas que acordo ás normas urbanísticas e planeamento aplicables se atopen no ámbito de protección do órgano competente en materia de Patrimonio, copia da autorización ou informe favorable emitido ao respecto da actuación a levar a cabo. No caso de actuacións afectadas ou incluídas dentro do ámbito de protección en materia de augas, estradas ou outros organismos públicos que teñan establecido algún tipo de protección ou afección ao respecto da actuación a levar a cabo, copia ou ditame favorable. Autorización ambiental ou ditame preceptivo ao respecto nos casos en sexa esixible. A documentación solicitada ten carácter enunciativo e non exhaustivo nin excluínte de calquera outra que o técnico informante crea necesaria requirir, sempre antes dos 15 días hábiles, para unha correcta avaliación da actuación pretendida. Meira, 28 de decembro de 2015.- O alcalde, Antonio de Dios Alvarez R. 4699

Anuncio APROBACIÓN INICIAL DO ORZAMENTO DO CONCELLO DE MEIRA PARA O ANO 2016 O Pleno do Concello de Meira, reunido na sesión do día 28/12/2015 acordou a aprobación inicial do Expediente do Orzamento Xeral para o exercicio 2016. O que se fai público, de conformidade co establecido no artigo 20.1 do R.D. 500/1990, de 20 de abril, en relación co el artigo 169.1 do Texto Refundido de la Reguladora das Facendas Locais, aprobado mediante o R.D. Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, aos efectos de que os interesados poidan examinalo e presentar as reclamacións que estimen oportunas, durante o prazo de QUINCE DIAS HABILES, contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no BOP de Lugo, significándose que o expediente atópase exposto ao público nas dependencias do Concello. Dicho expediente considerarase definitivamente aprobado, se ao remate do periodo de exposición pública non se houberan presentado reclamacións, tal e como se dispón no artigo 169.1 do indicado texto lexislativo. En Meira, a 28 de decembro de 2015.- O ALCALDE, Antonio de Dios Álvarez R. 4700

17

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Anuncio O Pleno do Concello de Meira en sesión ordinaria de data 28 de decembro de 2015 aprobou definitivamente a nova redacción e modificación das seguintes ordenanzas fiscais: Taxa por prestación do servizo da piscina municipal Taxa pola entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento, carga e descarga de mercadorías Taxa pola expedición de documentos administrativos Taxa por expedición de licenza de primeira ocupación e cambios de uso Taxa por licenzas urbanísticas Taxa por licenzas de apertura de establecementos Taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, materiais de construción, cascallos, vallas, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas Taxa pola apertura de calicatas ou zanxas en terreos de uso público e calquera remoción do pavimento ou beirarrúas das vías públicas Taxa pola ocupación de terreos de uso público para usos hostaleiros Taxa pola prestación do servizo de rede de sumidoiros Taxa pola prestación dos servizos de recollida de lixo Taxa pola subministración de auga Prezo público para a prestación do servizo de visitas guiadas ao patrimonio monumental e cultural. De conformidade co artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, procédese á publicación do texto íntegro de ditas ordenanzas para a súa entrada en vigor. 1.- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DA PISCINA MUNICIPAL DO CONCELLO DE MEIRA ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora de Bases de réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 17 a 20 e 20.4. o) do real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, este Concello establece unha nova taxa pola prestación do servizo da piscina municipal, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal. ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo da piscina municipal. ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS 1.—Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral tributaria, que soliciten persoalmente ou a través de representación o uso das instalacións da piscina municipal. ARTIGO 4. RESPONSABLES Os supostos de responsabilidade, xa sexa subsidiaria ou solidaria, serán os previstos na normativa tributaria. ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS Aplicaranse só os beneficios fiscais que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais. ARTIGO 6. COTA TRIBUTARIA A cota tributaria será a resultante da aplicación da seguinte tarifa: 1.

Pases Diarios: Adultos: 2 € Nenos ata 12 anos: 1,50 € Nenos ata 3 anos: gratis

2.

Bonos de tempada: Adultos: 30 € Xubilados: 20 € Nenos ata 12 anos: 10 € Bono para familias numerosas (un ou dous ascendentes e tres ou máis fillos): 55 €

18

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Bono para familias non numerosas: 40 € 3.

Aluguer de tumbonas e parasoles: 3 €

ARTIGO 7. DEVENGO O devengo da taxa prodúcese cando se soliciten: A entrada na piscina A solicitude do bono O aluguer dos elementos indicados no artigo anterior A obriga do pago da taxa e cobro da mesa producirase no momento do devengo. O pago da taxa realizarase por ingreso directo no momento de entrada na piscina ao persoal. No caso dos bonos, por ingreso directo nas entidades bancarias nas que o Concello mantén abertas contas, unha vez que foi solicitado nas oficinas municipais. ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN 1/ Os pases diarios serán polo tempo en que se permanece no recinto, ao igual que o aluguer das tumbonas e parasoles. 2/ Os bonos permiten a entrada no recinto na tempada en que se adquiren. Rematado este período caducan. Para a súa obtención deberase presentar: Solicitude, indicando enderezo e teléfono. Fotocopia de D.N.I., no caso de persoas adultas Fotocopia do libro de familia para nenos/as e para a obtención de bonos familiares. Fotocopia de documentación que acredite a condición de xubilado. Pago da taxa. 3/ Non se poderá acceder aos recinto da piscina municipal en tanto non se efectúe ou acredite o pago, baixo a responsabilidade do persoal ao servizo da piscina municipal. 4/ O pago das tarifas non exime do abonamento das indemnizacións que puidera esixir o Concello en caso dun uso indebido das instalacións. 5/ A acreditación da condición de familia numerosa farase acordo ás normas establecidas pola Xunta de Galicia ao respecto. DISPOSICIÓN DERROGATORIA. A partir da entrada en vigor da presente Ordenanza queda derrogada la Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa pola prestación do servizo da piscina municipal publicada no BOP da provincia de Lugo de data 15/07/05. DISPOSICIÓN FINAL. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP da provincia de Lugo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. 2.- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DAS BEIRARRÚAS E RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE DO CONCELLO DE MEIRA Artigo 1º.- Fundamento. En uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, o artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local, e o artigo 331 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia, de conformidade cos artigos 17 a 20 e 58 do RD.2/2004, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especiais por entrada de vehículos a través das beirarrúas e a reserva da vía pública para aparcamentos exclusivos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase, que se rexerá pola presente ordenanza. Artigo 2º.- Feito impoñible. Constitúe o feito impoñible da taxa é o beneficio obtido das reservas e aproveitamentos no dominio publico local, por entrada de vehículos a través das beirarrúas e a reserva da vía pública para aparcamentos exclusivos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase. Artigo 3º. Suxeito pasivo.

19

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

1.- Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten persoalmente ou a través de representación as reservas ou aproveitamentos indicados. 2.- Son suxeitos pasivos sustitutos do contribuínte as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria que figuren no expediente como propietarios do ben inmoble dende o que se pretenda facer uso de eses aproveitamentos. Art. 4º.- Responsables. 1.- Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas ás que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria. 2.- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quiebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, no supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria. Artigo 5º.- Cota tributaria. 1.—A cota da taxa son as seguintes: a) Por concesión de vado: 25 €. b) Por rebaixe de rasante realizado polos operarios municipais e pintado de borde en amarelo ademais do sinalado no apartado anterior: 60 € por metro lineal. c) Pintado de amarelo do borde realizado polos operarios municipais, sen rebaixe de rasante: 12€ por metros lineal. d) Por placa homologada de vado permanente: 25€. e) Por reserva de aparcamento exclusivo na vía pública (vado permanente): o

Particulares: 35 € por metro lineal/ano.

o Comunidades de Propietarios e negocios (máis de 4 prazas de garaxe): 35 € por metro lineal/ano, incrementado en 20 €/ano por cada praza de garaxe a partires de catro. f)

Por acceso a garaxes por enriba das beirarrúas: 12€ por metro lineal/ano.

g)

Por reserva para carga e descarga na vía pública: 30 € metro lineal/ano.

2.— Aos efectos previstos para a aplicación das tarifas, as vías públicas deste Concello clasifícanse nunha única categoría, e a distancia computarase no punto de maior anchura ou amplitude para o aproveitamento. 3.—As contías do apartado 1 son independentes unhas das outras. 4.—O pago destas tarifas non exime do aboamento das indemnizacións que puidera esixir este Concello no caso dun uso indebido do aproveitamento. 5.—As actuacións dos apartados 1º b) e c) efectuaranse unicamente polos operarios municipais, previa solicitude do interesado. Artigo 6º.- Periodo impositivo e Devengo da taxa. 1. O periodo impositivo comprende o ano natural, agas o inicio ou cese no aproveitamento que será prorroteado por semestres naturais. 2. A obriga de pago da taxa regulado nesta ordenanza nace: -

Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da vía pública, no momento de iniciarse o aproveitamento.

-

Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados, o día primeiro de cada ano natural.

3. O pago da taxa realizarase por ingreso directo nas arcas municipais: -

Tratándose de novos aproveitamentos, tra-la concesión dos mesmos.

-

Tratándose de concesións de aproveitamentos xa realizados e prorrogados, unha vez incluídos nos padróns ou matrículas desta taxa, por anos naturais.

Artigo7º.- Normas de xestión: Declaración e liquidación.Placas de sinalización. 1. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos regulados nesta ordenanza deberán solicitar previamente a correspondente licencia, acompañando un plano detallado do aproveitamento e da súa situación dentro do Concello.

20

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

2. Finalizada a actividade municipal, de concederse ditas reservas e/ou aproveitamentos, practicarase a liquidación correspondente pola taxa, que se notificará ó suxeito pasivo para o seu ingreso directo nas arcas municipais, utilizando os medios de pagamento e os prazos que sinala o Regulamento Xeral de Recaudación. 3. Unha vez autorizada a ocupación entenderase prorrogada mentres nos se presente a declaración da baixa polo interesado, que producira efectos no semestre seguinte procedendose ao prorrateo da cota. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar abonando a taxa. 4. As cantidades esixibles segundo as tarifas, liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado. 5. Se se deran diferencias, entre o solicitado e o aproveitado, previa comprobación tecnica, notificaranse as mesmas aos interesados, para previa audiencia, conceder as autorizacións corrixidas as diferencias e xiraranse, no seu caso, as liquidacións complementarias que procedan ou, de selo caso, os ingresos complementarios que procedan. 6. Nos vaos permanentes o Concello, previo pago polo interesado, facilitara ó usuario unha placa ou sinal homologado unha vez concedida a licencia correspondente. A falla de sinalización ou emprego da placa impedira ao interesado o aproveitamento. Art. 8º .- Infraccións e sancións No relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como as sancións que a elas correspondan en cada caso, estaráse ó disposto na Lei Xeral Tributaria. Disposición adicional primeira A taxa devengada pola realización do feito impoñible e aplicación das tarifas resulta independente das que se poidan esixir por outros motivos ou debidas a outras autorizacións que se precisen. Disposición adicional segunda: As tarifas do artigo 5 poderán ser actualizadas anualmente segundo o I.P.C. Disposición final. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP da provincia de Lugo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. 3.-ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR EXPEDICIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS Artigo 1º.- Fundamento. No uso das facultades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, o artigo 106 da Lei 7/1985, e de conformidade cos artigos 17 a 20 e 58 do RD.2/2004, que aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a presente taxa, que se rexerá por esta ordenanza. Artigo 2º.- Feito impoñible. 1.Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa municipal derivada de expedición de documentos a solicitude dos interesados, asi como aqueles que se precisen nun expediente a tramitar a instancia do particular, e que redunden no seu beneficio. 2. Non constitue o feito impoñible: - expedición de copias aos señores concelleiros da documentación obrantes nos archivos municipais. - expedición de copias aos interesados da documentación obrante nos expedientes municipais pendentes de resolución. - expedición ou remisión de documentación onde os interesados sexan organismos ou entidades públicas - as notificacións de actos administrativos. Artigo 3º. Suxeito pasivo. Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas que soliciten, persoalmente ou a través de representación, a expedición da documentación indicada ou que sexan interesados nos expedientes que se estean a tramitar e onde se precisen ditos documentos. Art. 4º.- Responsables. Serán responsables os que correspondan segundo a Lei Xeral Tributaria. Artigo 5º.- Cota tributaria. 1.- A cota tributaria desta taxa será a que resulte de aplicar o seguinte: a) Certificados de empadroamento, convivencia e residencia: 2 €

21

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

b) Altas, baixa e outras modificacións no padrón de habitantes: 2 € c) Certificados sobre datos de padróns de habitantes en soporte informático: 3 € d) Certificados sobre datos de padróns tributarios: 3 € e) Certificados de actos e acordos municipais adoptados nos últimos 2 anos: 5€ f) Certificados de actos e acordos municipais adoptados en data anterior a 2 anos: 10 € g) Certificados de informes municipais obrantes nas oficinas municipais: 25 € h) Compulsa de documentos dirixidos ao Concello: 1€/páxina i) Compulsa de documentos para dirixir a outras administracións: 2€/páxina j) Informe ou cédula urbanística: 30€/finca k) Informes técnicos en procedementos alleos a concesión de licenzas: 60€ l) Bastanteo de poderes ante á Administración municipal: 50€ m) Documentación gráfica catastral (SIXPAC): 2€/finca n) Certificados electrónicos de datos catastrais e cartografía catastral: 20€/finca ñ) Traspasos de licenzas non previstas nas ordenanzas específicas: 60€ o) Expedientes de declaración de ruína: 90€ p) Fotocopias de documentos municipais non incluídas en puntos anteriores e incluídas en ordenanzas e regulamentos municipais: 0,25€/folla q) Fotocopias de documentos municipais en DIN A-3: 4€/plano 2.- De requirirse dita documentación con urxencia (derterminada segundo o volume e dificultade da mesma en determinado prazo) a tarifa será incrementada nun 50%. 3º. Bonificación: -

do 100% para os suxeitos pasivos que pertenzcan a unha familia numerosa, previa acreditación.

-

do 100% cando se lles requiran para a prestación de asistencia social.

Artigo 6º.- Devengo da taxa. O devengo producese coa solicitude de expedición de documentos, momento no que nace a obriga de pago da taxa e cobro da mesma por ingreso directo nas oficiñas municipais. Non se iniciará a tramitación solicitada ata dito ingreso. No caso de documentos precisos para a tramitación de expedientes a instancia dos interesados, terá lugar trala adopción da correspondente resolución do mesmo, sexa favorable ou non, non entregandose o solicitado ata ese intre sen prexuizo de notificacións. Permitese o abono anticipado a conta. Artigo 7º.- Normas de xestión: A liquidación efectuarase polos servizos administrativos municipais nos termos da lei xeral Tributaria e demais normativa concordante. Disposición adicional primeira As tarifas desta ordeanza poderán ser actualizadas anualmente segundo o I.P.C. Disposición final. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP da provincia de Lugo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. 4.- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA EXPEDICIÓN DE LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN E CAMBIOS DE USO DO CONCELLO DE MEIRA ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 e 20.4.h) do Real decreto lexislativo 2/2004 polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, establécese a taxa por expedición de licenzas de primeira utilización de edificios e cambio de uso. ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE 1.-Constitúe o feito impoñible desta taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, necesaria para o outorgamento da licenza de primeira utilización e verificar se os actos de uso do solo se axustan á

22

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

licenza de obra concedida. Sen a obtención desta licenza, e sen prexuízo das normas legais que en cada caso sexan de aplicación, non se poderá proceder á conexión dos servizos de electricidade, auga, gas e evacuación de augas residuais. 2.-Constitúe, tamén, o feito impoñible desta taxa a actividade municipal, tanto técnica como administrativa, necesaria para autorizar ó cambio de uso urbanístico. ARTIGO 3.DEVENGO 1.-Devengarase a taxa, correspondente ó feito impoñible definido no artigo 2.1, e nacerá a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da oportuna solicitude. 2.-Devengarase a taxa, correspondente ó feito impoñible definido no artigo 2.2, e nacerá a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o feito impoñible. Para estes efectos, entenderase iniciada esta actividade na data de presentación da oportuna solicitude. 3.-A obriga de contribuír, unha vez nacida, non se verá afectada pola denegación da licenza solicitada ou pola concesión desta condicionada á modificación das condicións do establecemento. Tampouco verase afectada a obriga de contribuír pola renuncia ou desistimento do solicitante unha vez transcorridos dez días dende a presentación da solicitude da oportuna licenza municipal. ARTIGO 4.SUXEITOS PASIVOS Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003 xeral tributaria, solicitantes da corresponde licenza de vaos ou da autorización para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase. Acordo co art. 23.2.b) do RDL 2/2004, terán a consideración de substitutos do contribuínte os construtores e contratistas das obras, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobres os respectivos beneficiarios. ARTIGO 5. RESPONSABLES 1.- Serán responsables solidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003 xeral tributaria. 2.- Serán responsables subsidarios da débeda tributaria as persoas ou entidades a que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003 xeral tributaria. ARTIGO 6. BASE IMPOÑIBLE E COTA TRIBUTARIA A cota tributaria do feito impoñible definido no artigo 2 determínase por unha tarifa fixa. No caso de expedición de licencias de 1ª utilización determinarase en función da superficie construída da correspondente edificación. a) Taxa pola intervención municipal expedición de licencias de 1ª utilización en función da seguinte táboa: SUPERFICIE (metros cadrados) 0-500 501-1.000 1.001-2000 2.001-5.000 5.001-10.000 A partir de 10.000

TAXA 100 € 150 € 200 € 300 € 400 € 600 €

b) Taxa pola intervención municipal desenrolada para autorizar ó cambio de uso urbanístico: 60 € ARTIGO 7. EXENCIÓNS, REDUCIÓNS E DEMAIS BENEFICIOS LEGALMENTE APLICABLES 1.-De conformidade co disposto no Real decreto lexislativo 2/2004, non se recoñece beneficio tributario ningún, salvo os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais ou os previstos en normas con rango de lei. 2.-O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigados ao pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do domino público polos aproveitamentos inherentes aos servizos públicos de comunicacións que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional. ARTIGO 8. NORMAS DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E INGRESO 1.-Ao tempo de presentar a correspondente solicitude, os interesados procederán a efectuar a autoliquidación que corresponda.

23

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

2.-O pago da autoliquidación presentada polo interesado terá o carácter de provisional e será a conta da liquidación definitiva que, no seu caso, proceda. O pago da autoliquidación realizarase nas contas bancarias, que a tal efecto, se faciliten nas dependencias municipais. ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. DISPOSICIÓN FINAL. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP da provincia de Lugo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. 5.-ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OUTORGAMENTO DE LICENZAS URBANÍSTICAS. Artigo 1.- Fundamento legal. Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e no artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Rexime Local, e de conformidade cos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, establece a taxa polo outorgamento de licenzas urbanisticas, que rexerase pola presente ordenanza fiscal, cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004. Artigo 2.- Feito impoñible. En virtude do establecido no artigo 2.2 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, artigo 20.4.h) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e artigo 6 da Lei 8/1989, de13 de abril, de Taxas e Prezos Publicos, o feito imponible da taxa ven determinado pola actividade municipal, tecnica e administrativa, que ten a finalidade de verificar se os actos de edificacion e uso do solo son conformes coas previsions da lexislacion e o planeamento urbanistico vixentes. Artigo 3.- Suxeitos pasivos. Teran a consideración de suxeitos pasivos as persoas fisicas e xurídicas, as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xuridica, constituen unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptibles de imposición, que soliciten, provoquen ou en cuxo interese redunde a actividade administrativa referenciada no feito imponible. Asi mesmo, de conformidade co artigo 23.2.b) do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, teran a consideracion de substitutos do contribuinte nas taxas establecidas polo outorgamento das licenzas urbanisticas previstas na normativa sobre solo e ordenacion urbana, os construtores e os contratistas de obras. Artigo 4.- Responsables. Seran responsables solidarios das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas fisicas e xuridicas mencionadas no artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. Responderan subsidiariamente os administradores das sociedades e os sindicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. Artigo 5.- Cota tributaria. 1.-A cota tributaria resultará de aplicar á base impoñible que conste na solicitude de licenza ou na presentación da comunicación previa os seguintes tipos de gravame: a) 1% do orzamento de execución material nas obras consideradas como maiores. b) 1% do orzamento de execución material nas obras consideradas como menores, cun máximo de 60 €. c) No caso de desestimento formulado polo solicitante con anterioridade á concesión da licenza, as cotas a liquidar serán do 10% das sinaladas no número anterior, sempre que a actividade municipal se iniciara efectivamente. Artigo 6.- Exencións e bonificacións. Non se concedera exención nin bonificación algunha na exacción da taxa, salvo causas de interese xeral motivadas e aprobadas en cada caso polo órgano competente. Artigo 7.- Devengo.

24

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Devengase a taxa e nace a obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitue o feito impoñible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentacion da oportuna solicitude da licenza urbanistica ou da comunicación previa ou declaración responsable, nos casos en que fose procedente. Cando as obras se teñan iniciado ou executado sen ter obtido a oportuna licenza ou sen presentar a correspondente declaración responsable ou comunicación previa, a taxa devengarase cando se inicie efectivamente a actividade municipal de verificar se os actos de edificacion ou uso do solo son conformes coas previsions da lexislacion e o planeamento urbanistico vixente. Artigo 8.- Declaración. As persoas interesadas na obtencion dunha licenza urbanistica, presentaran a oportuna solicitude no Rexistro Xeral do Concello no modelo habilitado ao efecto. Artigo 9.- Normas de xestión. Os suxeitos pasivos estan obrigados a presentar a correspondente declaración tributaria nos impresos habilitados polo Concello e realizar o ingreso da liquidación resultante nas entidades bancarias autorizadas. O pago da liquidacion, efectuado polo suxeito pasivo ou da liquidacion orixinaria por actuacion de oficio da Administracion Local tera caracter provisorio e sera a conta da liquidacion definitiva que proceda. A Administracion Local, unha vez realizadas as actuacions motivadas polos servizos urbanisticos prestados, despois da comprobacion destes e das liquidacions, practicara, no seu caso, as correspondentes liquidacions definitivas, esixindo do suxeito pasivo ou reintegrandolle a cantidade diferencial que resulte. Artigo 10.- Infraccións e sancións. En todo o relativo a cualificacion de infraccions tributarias, asi como das sancions que as mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e disposicions que a desenvolvan. Artigo 11.- Disposición final. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP da provincia de Lugo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas. 6.- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR LICENCIAS DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS DO CONCELLO DE MEIRA Artigo 1.- Natureza e fundamento. En uso das facultades conferidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitucion Espanola e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases de Rexime Local, e segundo o disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais e artigo 331 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administracion Local de Galicia, este Concello establece a Taxa pola intervencion municipal nas comunicacions previas e declaracions responsables e no outorgamento de licenzas de apertura de establecementos, de conformidade co previsto nos artigos 20.4.i) e 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais. Artigo 2.- Feito impoñible. 1.- Constitue o feito imponible da Taxa as actuacions municipais desenvolvidas con motivo da apertura de establecementos para verificacion de que os mesmos reunen as condicions requiridas polas Ordenanzas municipais, lexislacion urbanistica e sectorial de aplicacion. Ditas actuacions municipais realizaranse con caracter previo a tramitacion das licenzas de actividade e posteriormente no caso de presentacion de comunicacions previas e declaracions responsables. 2.- Estan suxeitas a esta taxa todos os supostos que, regulados na Ordenanza Municipal reguladora da apertura de establecementos, requiriran a solicitude e obtencion de licenza ou, no seu caso, a presentacion de declaracion responsable de inicio de actividade ou comunicacion previa de cambio de titularidade e, entre outros, os seguintes: a) A primeira instalacion dun establecemento ou actividade comercial, industrial ou de servizos. b) Os traslados de locais. c) Os cambios de actividade desenvolvida nos locais, ainda que continue o mesmo titular ou a ampliacion das actividades exercidas no establecemento. d) Os traspasos, transmisions, cesions, cambios de forma societaria, unions e fusions de empresas e cambios de denominacion social. e) Reforma de establecementos con licenzas de apertura, sen cambio de uso.

25

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

f) Reapertura de establecemento ou local, por reiniciar a mesma o titular que obtivo licenza no seu dia, se a licenza non caducase. g) A presentacion de declaracion responsable previa a posta en funcionamento da actividade que a precise de acordo co disposto na Ordenanza Municipal reguladora de apertura de establecementos. h) A posta en conecemento da administracion de calquera modificacion dunha actividade que xa realizou a preceptiva declaracion responsable. 3.- Aos efectos desta taxa entenderase por establecemento toda edificacion, instalacion ou recinto cuberto ou ao aire libre, estea ou non aberto ao publico, ou como complemento ou accesorio doutro establecemento ou actividade principal, destinado, habitual ou temporalmente, ao exercicio de actividades economicas por conta propia. Artigo 3.- Suxeitos pasivos e responsables. 1.- Son suxeitos pasivos, a efectos de contribuintes, as persoas fisicas e xuridicas e as entidades as que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, titulares da actividade que se pretende desenvolver ou, no seu caso, que de feito se desenvolva. 2.- Responderan solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas fisicas e xuridicas a que se refiren os paragrafos a) e b) do artigo 42.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. 3.- Seran responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os sindicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. Artigo 4.- Base impoñible. 1.- Constitue a base imponible da taxa os metros cadrados do establecemento que se ocupa coa actividade. 2.- A cota tributaria determinarase multiplicando a superficie do local, en metros cadrados, polas tarifas previstas na ordenanza. Artigo 5.- Tarifas. 1.

A tarifa desta taxa aplicarase por unha soa vez e acordo ao seguinte:

1.1. Nos casos de primeiro establecemento, cambio de actividade e traslado dos locais: TARIFA A: a)

Actividades sometidas a licenza municipal de acordo co establecido na Lei 17/2009, de 23 de novembro, sobre libre acceso as actividades de servizos e o seu exercicio na normativa de espectáculos públicos ou em calqueira outra normativa de caracter xeral : 2,5 €/metro cadrado, sendo o mínimo aplicable a cantidade de 200 €.

b)

Actividades suxeitas ao trámite de incidencia, efecto ou impacto ambiental de acordo coa normativa autonômica de aplicación: 5 €/metro cadrado, sendo o mínimo aplicable a cantidade de 400 €, agás o disposto para as tarifas reguladas no apartado B, b).

TARIFA B: a)

Cotas especiais. Serán de aplicación as cotas seguintes para os establecementos citados a continuación, sempre e cando este importe sexa superior ao das tarifas A: Sucursais de Bancos e Caixas de Aforro: 2.000 € Discotecas: 1.000 € Pubs: 600 € Gasolineiras: 3.000 € Supermercados con superficie inferior a 200 metros cadrados: 300 €. Supermercados ou tendas co superficie igual ou superior a 200 metros cadrados: 1.000 € Hipermercados: 6.000 € Sucursais de entidades aseguradoras: 600 € Actividades industriais (nas que a xestión do expediente sexa especialmente complexa: IPPC, Avaliación ambiental,...): 3.000 €

26

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

b)

B.O.P de Lugo

Cotas singulares: Para explotacións agrícolas e gandeiras, aplicarase unha tarifa fixa de 300 €.

1.2. Caso de variación parcial ou ampliación da actividade: Actividades non sometidas a incidencia, efecto ou impacto ambiental: 1,50 €/metro cadrado, cun mínimo de 50 €. Actividades sometidas a trámite de incidencia, efecto ou impacto ambiental: 2,50 € por metro cadrado, cun mínimo de 100 €. 1.3. No caso de ampliación do establecemento e calquera alteración que se leve a cabo neste e que afecte ás condicións, esixindo unha nova verificación das mesmas: Actividades non sometidas a incidencia, efecto ou impacto ambiental2 €/metro cadrado, cun mínimo de 60 €. Actividades sometidas a trámite de incidencia, efecto ou impacto ambiental: 3 € por metro cadrado, cun mínimo de 150 €. 1.4. No caso de ampliación temporal no exterior do establecemento: 10 €/metro cadrado/mes para terrazas, demais ubicacións das cafeterías e para expositores de produtos. 2.

No casos de cambio de titularidade da licenza de apertura: Actividades non sometidas a incidencia, efecto ou impacto ambiental: 60 € Actividades sometidas a trámite de incidencia, efecto ou impacto ambiental: 150 € Se a transmisión ten lugar tras cinco anos do outorgamento da licenza, incrementaranse nun 10% as tarifas anteriores por cada ano a partir do sexto.

No caso de que unha actividade non sometida a incidencia, efecto ou impacto ambiental poida relevarse como actividade suxeita a ese trámite ambiental, previa tramitación do expediente dirixido a adoptar as medidas correctoras ou modificacións que procedan, liquidarase a tarifa que corresponda de conformidade con este artigo e o artigo 1.1 tarifa A. b) e 1.1 tarifa B.b) desta ordenanza, no caso de outorgamento da licenza. Artigo 6.- Exencións e bonificacións. De conformidade co disposto no artigo 9 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, non se reconece ningun beneficio tributario, coa salvedade dos que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou venan en normas con rango de lei, ou por razóns de interese público debidamente motivadas e acordadas en cada caso polo órgano competente. Artigo 7.-Devengo. 1.- Devengase a taxa e nace a correspondente obriga de contribuir cando se inicie a actividade municipal que constitue o feito imponible. A estes efectos, entenderase iniciada dita actividade na data de presentacion da oportuna solicitude de licenza de apertura, declaracion responsable ou comunicacion previa ou cando se leve a cabo a actuacion inspectora nos casos de regularizacion de actividades que se estean desenvolvendo sen a corr 2.- A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se vera afectada en ningun xeito pola clausura da actividade, suspension temporal daquela, desestimento ou renuncia. Non obstante, se antes de ditarse a correspondente resolucion que poña fin ao procedemento de obtencion de licenza ou antes de iniciarse o procedemento de inspección, comprobación e control se produce a desistencia da solicitude, por escrito, a cota tributaria reducirase ao 50%. Artigo 8.- Normas de xestión. 1.-Ao tempo de solicitar a correspondente licenza ou presentar a declaracion responsable ou comunicacion previa, os interesados procederán a efectuar a correspondente autoliquidación no modelo determinado pola Administración Municipal e a ingresar o seu importe na conta habilitada ao efecto. Finalizada a actividade municipal practicarase, se procede, a liquidación definitiva correspondente, que sera notificada ao suxeito pasivo. 2.- Cando se proceda a apertura do establecemento sen ter aboado a taxa, e a infracción se descubra mediante denuncia ou investigacion, a debeda tributaria sera liquidada pola Intervención municipal.

27

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

3.- As autoliquidacions presentadas polo contribuinte, aos efectos desta Ordenanza, estan sometidas a comprobacion administrativa. 4.- A obriga de contribuir, unha vez nacida, non se vera afectada en modo algun pola concesion ou non da licenza ou polo resultado da comprobacion tecnica nas declaracions responsables. Artigo 9.- Infraccións e sancións. En todo o relativo a cualificacion de infraccions tributarias, asi como a determinacion de sancions que polas mesmas correspondan en cada caso, aplicarase o rexime regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicions que a complementan e desenvolven. Disposición adicional única. Modelos de documentos. Facultase ao Sr. Alcalde para a aprobacion e modificacion de cantos modelos normalizados de documentos requira o desenvolvemento desta Ordenanza. Disposición final. Esta Ordenanza fiscal entrara en vigor o dia da sua publicacion no Boletin Oficial da Provincia, e comezara a aplicarse ese mesmo dia, permanecendo en vigor ata a sua modificacion ou derrogacion expresa.‖ 7.- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO, CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, CASCALLOS, VALAS, PUNTAIS, ASNILLAS, ANDAMIOS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS. Artigo 1º.-Fundamento e Réxime. De conformidade co previsto no artigo 58 en relación co artigo 20.3.g), ambos da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, segundo a modificación establecida polo artigo 66 da Lei 25/1998, do 13 de xullo, de modificación do Réxime Legal das Taxas Estatais e Locais e de Reordenación das Prestacións Patrimoniais e de Carácter Público, este Concello establece a taxa por utilizacións privativas ou aproveitamentos especais do dominio público local por ―ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, cascallos, valas, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas‖, que se rexerá pola presente Ordenanza. Artigo 2º.-Feito impoñible. 1. Constitúe o feito impoñible desta Taxa a ocupación de terreos de uso público local con: a) Cascallos, terras, areas, materiais de construcción, leña ou calquera outros materiais análogos. b) Valas, andamios e outras instalacións adecuadas para protección da via pública das obras colindantes. c) Puntais, asnillas, e en xeral toda clase de apeos de edifícios. 2.De conformidade co previsto no artigo 24.5 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificado pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se producisen desperfectos no pavimento, instalacións da via pública ou bens de uso publico, os titulares de aqueles están obrigados a reparar ou reconstruir os danos causados con independencia do pagamento da taxa. Se os danos fosen irreparables o Concello será indemnizado. A indemnización fixarase nunha suma igual ó valor das cousas destruídas. Artigo 3º.-Suxeito pasivo. Están obrigadas ó pagamento da taxa pola ocupación de terreos de uso público con mercadorias, materiais de construcción, cascallos, valas, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, a cuxo favor se outorgue a licenza ou quen se beneficien do aproveitamento se se actuou sen a preceptiva autorización. Artigo 4º.-Base impoñible. A base estará constituída polo tempo de duración dos aproveitamentos e pola superfície en metros cadrados ocupada polos materiais depositados, os metros cadrados delimitados polas valas, andamios, puntais ou outras instalacións adecuadas empregadas no apeo de edifícios. Artigo 5º.-Cota tributaria. 1.- A contía da Taxa regulada nesta Ordenanza Fiscal será a resultante da aplicación da seguinte táboa: CONCEPTO

UNIDADE

Valas Andamios Puntais Mercadorías

Metros Metros Metros Metros

cadrados cadrados cadrados cadrados

CATEGORÍA RUA única única única única

DA

TARIFA POR DÍA 2,5 2,5 2,5 2,5

€ € € €

TARIFA TRIMESTRE 100 € 100 € 100 € 100 €

POR

TARIFA ANUAL 300 € 300 € 300 € 300 €

28

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

Materiais de construción e cascallos

Metros cadrados

Única

2,5 €

B.O.P de Lugo

100 €

300 €

En todo caso establécese un máximo anual de 2.000 € pola ocupación de vía pública mediante as distintas formas recollidas na táboa anterior. Artigo 6º. Devengo. A obligación do pagamento nace: a)

Tratándose de concesións de novos aproveitamentos da via pública: no momento de solicitar correspondente licenza.

a

b)

Tratándose de concesións de aproveitamentos xa autorizados: o día primeiro de cada un dos períodos naturais de tempo sinalados na Tarifa.

O pagamento da taxa efectuarase:

a)

Tratándose de concesións de novos aproveitamentos: por ingreso directo na Caixa da Tesourería Municipal con anterioridade á entrega da correspondente licenza ou autorización.

O ingreso efectuado terá caracter de depósito previo, elevándose a definitivo ao concederse a correspondente licenza ou autorización. b)

Tratándose de concesión de aproveitamentos xa autorizados e prorrogados: unha vez incluídos nos padróns ou matrículas da taxa, por trimestres naturais nas oficinas de Recadación Municipal dende o dia 16 do primeiro mes do trimestre, ata o dia 15 do segundo mes.

Artigo 7º.-Responsables. 1.

Serán responsables solidariamente das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción tributaria. Nos supostos de declaración consolidada, todas as sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas neste réxime de tributación.

2.

Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demáis entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións tributarias de ditas entidades.

3.

Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda tributaria no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións tributarias infrinxidas, consentiran no incumprimento por quen dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Así mesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións tributarias que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.

4.

Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimento das obrigacións tributarias devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos suxeitos pasivos.

Artigo 8º.-Exencións e bonificacións. De conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 39/88, do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario ningún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou os previsto nas normas con rango de Lei. O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais non estarán obrigados ó pagamento das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servizos públicos de comunicacións que exploten directamente e por todos os que inmediatamente interesen á seguridade cidadá ou á defensa nacional. Artigo 9º.-Normas de xestións. 1. As cantidades esixibles liquidarante por cada aproveitamento solicitado ou realizado, sendo irreducibles polo período autorizado. 2. As persoas ou entidades interesadas na concesión de aproveitamentos deberán solicitar previamente a correspondente licenza, realizar o correspondente depósito previo, de conformidade co artigo 26.1.a, da Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificado pola Lei 25/1998, do 13 de xullo, e formular declaración na que conste: nome, apelidos, DNI, domicilio actual e profesión.

29

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

3. Comprobadas as declaracións formuladas, concederanse as autorizacións de non existiren diferencias. No suposto de existiren diferencias serán notificadas ós interesados, xirándose as liquidacións complementarias que procedan, as autorizacións concederanse unha vez subsanadas as diferencias e realizado o ingreso complementario. 4. Os interesados no suposto de denegación da autorización, poderán solicitar a devolución do importe do depósito previo. 5. Non se permitirá a ocupación ata tanto non sexa ingresado o importe do depósito previo e fora concedida a autorización. 6. Autorizada a ocupación entenderase prorrogada automáticamente, ata que se solicite a baixa polo interesado ou se declare a súa caducidade. 7. A presentación da baixa surtirá efectos a partir do día primeiro do mes seguinte do período autorizado. 8. A non presentación da baixa determinará a obrigación de seguir aboando a taxa. 9. De conformidade co prevido no artigo 24.5 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, modificado pola Lei 25/1998, de 13 de xullo, cando con ocasión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza se producisen desperfectos no pavimento, instalacións da via pública, ou bens de uso público, os titulares de aqueles están obrigados a reparar ou reconstruír os danos causados con independencia do pagamento da taxa. Se os danos fosen irreparables o Concello será indemnizado. A indemnización fíxarase nunha suna igual ó valor das cousas destruídas. Artigo 10º.- Categoría das rúas. Os efectos previstos para a aplicación da tarifa do apartado 1 do artigo 5º, as vías públicas deste Concello clasifícanse nunha única categoría. Artigo 11º.- Infraccións e sancións. En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e sancións, ademáis do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demáis normativa aplicable. Disposición final. Esta Ordenanza fiscal entrara en vigor o dia da sua publicacion no Boletin Oficial da Provincia, e comezara a aplicarse ese mesmo dia, permanecendo en vigor ata a sua modificacion ou derrogacion expresa.‖ 8.- ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR APERTURA DE CALICATAS OU ZANXAS EN TERREOS DE USO PÚBLICO E CALQUERA REMOCIÓN DO PAVIMENTO OU BEIRARRÚAS NAS VÍAS PÚBLICAS Artigo 1º: - FUNDAMENTO E NATUREZA. En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a "Taxa por apertura de sondaxes ou gabias en terreos de uso público e calquera remoción do pavimento ou beirarrúas nas vías públicas. Artigo 2º: - FEITO IMPOÑIBLE. Constitúe o feito impoñible da Taxa, a utilización privativa ou aproveitamento especial do domínio público pola apertura de calicatas ou zanxas en terreos de uso público e calquera remoción do pavimento ou beirarrúas nas vías públicas. Artigo 3º:- SUXEITOS PASIVOS. Son suxeitos pasivos a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei xeral tributaria, a favor de quen se outorgue as licenzas, ou quen se beneficie do aproveitamento, se se procedeu sen a oportuna autorización. Artigo 4º: - RESPONSABLES. 1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas ás que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria. 2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinale o artigo 43 da Lei xeral tributaria. Artigo 5º: - COTA. 1.- Por metro lineal ou fracción de gabia ou sondaxe aberta, sexa cal sexa a clase de pavimento que exista onde se realiza a obra. Prezo diario de 2 €. 2.- Por metro cadrado ou fracción de pavimento ou beirrarúa removido na vía pública. Prezo diario de 2 €.

30

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Con carácter mínimo e sempre que por aplicación de presente tarifa non se acade o prezo que se fixa, percibiranse 60 €. Artigo 6º: - NORMAS DE XESTIÓN. 1.- A liquidación practicada, conforme ós datos facilitados polo solicitante, realizarase unha vez que recaiga resolución sobre a concesión da licencia. 2.- Consideraranse caducadas as licencias se despois de concedidas transcorren trinta días sen comezar as obras. Unha vez iniciadas éstas, deberán seguir sen interrupción. 3.- Cando se trate de obras que deben ser executadas inmediatamente polos graves prexuízos que a demora poidera producir (fugas de gas, fusión de cables, etc.), poderán iniciarse as obras sen obter a autorización municipal coa obrigación de solicitar a licencia dentro das vintecatro horas seguintes ao comezo das obras e xustificar a razón da súa urxencia. 4.- A reparación do pavimento ou terreo removido será, en todo caso, do exclusivo cargo e conta de quen sexa beneficiara dos mesmos. En garantía de que polo interesado se proceda á perfecta reparación de aquelos, o concello poderá esixir a constitución da correspondente fianza, dependendo das circunstancias concretas da solicitude. 5.- No caso de que, efectuada a reposición do pavimento polo concesionario da licencia, os Servicios Municipais estimen, previas as comprobacións pertinentes, que as obras non se realizaron de acordo coas esixencias técnicas correspondentes, o Concello poderá proceder á demolición e nova construcción das obras defectuosas, vindo obrigado o concesionario da licencia a satisfacer os gastos que se produzan pola demolición, recheo de zanxas e nova reposición do pavimento. 6.- Se transcorrido o prazo autorizado, continuara aberta ésta ou non quede totalmente reparado o pavimento e en condicións de uso normal, liquidaranse novos dereitos, de conformidade coa Tarifa, sen prexuízo das sancións que poidan impoñerse pola Alcaldía. Artigo 7º: - DEVENGO. 1.- Devéngase a Taxa e nace a obrigación de contribuír no momento da concesión da licencia para realizar calquera clase de obra na vía pública ou dende que se realice a mesma, se se procedeu sen autorización. 2.- O pago da taxa realizarase nas entidades bancarias correspondentes, conforme ás indicacións que figure na liquidación que se realizará polo concello. DISPOSICIÓN FINAL. Esta Ordenanza fiscal entrara en vigor o dia da sua publicacion no Boletin Oficial da Provincia, e comezara a aplicarse ese mesmo dia, permanecendo en vigor ata a sua modificacion ou derrogacion expresa.‖ 9.- ORDENANZA FICAL REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO PARA USOS HOSTALEIROS ARTIGO 1º.- FUNDAMENTO E RÉXIME XURÍDICO No uso das potestades conferidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e ao abeiro do disposto no artigo 20.3 I) do Real Decreto Legislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aprobou o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a Taxa por ocupación de terreos de uso público local para usos propios ou auxiliares ou anexos á actividade hostaleira con finalidade lucrativa, que se rexerá pola presente Ordenanza, redactada conforme ao disposto no artigo 16 do dito R.D.L 2/2004. ARTIGO 2º.- FEITO IMPOÑIBLE Constitúe o feito impoñible desta taxa o aproveitamento de espazos públicos afectos ao dominio público, que sexan de uso público, de titularidade municipal ou sobre os que o Concello exerza competencias de policía, mediante a ocupación dos mesmos para usos propios ou auxiliares ou anexos á actividade hostaleira, tales como a instalación de terrazas, veladores, etc., con mesas, cadeiras e outros elementos análogos, con finalidade lucrativa. ARTIGO 3º.- SUXEITOS PASIVOS Serán suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades á que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que utilicen ou se beneficien do aproveitamento do dominio público municipal, segundo o previsto no artigo anterior, ostenten ou non a preceptiva autorización municipal previa ao devandito uso. ARTIGO 4º.- RESPONSABLES En materia de sucesión e responsabilidade serán aplicables os artigos 39 a 43 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, e a normativa que a desenvolve ou complemente. ARTIGO 5º.- BENEFICIOS FISCAIS

31

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Non se recoñece ningún beneficio fiscal nesta taxa, consorte ao previsto no art. 9.1 do R.D.L. 2/2004, agás os que estean previstos en normas con rango de Lei ou nos Tratados internacionais validamente subscritos polo Reino de España e publicados no B.O.E. ARTIGO 6º.- TARIFAS E COTA TRIBUTARIA 1.- A contía da taxa regulada nesta Ordenanza Fiscal farase efectiva conforme ás seguintes tarifas: a) Ocupación anual por mesa: 150 €/ano. b) Ocupación mensual por mesa: 35 €/mes. c) Ocupación por días soltos: 3 €/día. 2.- Aos efectos do presente artigo entenderase por mesa o conxunto que forma a mesma, con unhas dimensións máximas de 1*1 metros de superficie útil, e un máximo de catro cadeiras auxiliares. ARTIGO 7º.- REPORTE Repórtase a taxa e nace, polo tanto, a obriga de contribuír, no momento do outorgamento da autorización, ou no caso de que o uso se inicie antes de obtela, desde a data na que se inicie o aproveitamento do dominio público. ARTIGO 8º.- NORMAS DE XESTIÓN 1.- O aproveitamento do dominio público suxeito á imposición pola presente Ordenanza atópase suxeito á obtención da previa autorización municipal. De tal xeito, as persoas interesadas na concesión dos aproveitamentos deberán solicitar previamente a oportuna autorización, nos termos sinalados na ordenanza reguladora da instalación de terrazas no Concello de Meira. 2.- As cotas tributarias resultantes da aplicación da tarifa regulada no artigo anterior liquidaranse por cada aprobeitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes. 3.- De conformidade co disposto no artigo 24.4 do R.D.L. 2/2004, do 5 de marzo, cando o aproveitamento especial regulado nesta Ordenanza teña como cosecuencia a destrución ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, se prexuízo do pago da taxa correspondente, estará obrigado ao reintegro do custo toal dos respectivos gastos de construcción ou reparación e ao depósito previo do seu importe. Se os danos fosen irreparables, a entidade será indemnizada nunca cantidade igual ao valor dos bens destruídos ou danados. 4.- A liquidación da taxa –só a primeira de incorporación ao Padrón nos supostos de autorización anual- será aprobada no mesmo acto de concesión da autorización e notificarase de inmediato ao suxeito pasivo. 5.- As taxas por autorización anual constitúen un ingreso de retribución periódica e cobro mediante recibo, polo que só se xirará a primeira liquidación de alta no respectivo Padrón Fiscal, entendéndose renovada a autorización nos termos concedidos inicialmente para o exercicio seguinte, salvo renuncia do titular nos termos que sinale o Texto refundido da Ordenanza reguladora da instalación de terrazas no Concello de Meira. Cando se producise calquera alteración a instancia de parte nos elementos tributarios que determinen a variación do importe anual a satisfacer, só se xirará nova liquidación cando esta variación se teña producido con posterioridade á emisión e posta ao cobro do respectivo Padrón Fiscal. Se se producise con anterioridade á aprobación do Padrón, séra notificada a autorización, pero non a liquidación, incorporándose a nova contía á liquidación que se inclúa no Padrón Fiscal dese mesmo ano. 6.- Nos supostos de alta ou baixa de autorizacións anuais, a taxa será prorrateable por trimestres naturais. ARTIGO 9º.- INFRACCIÓNS E SANCIÓNS No tocante á calificación das infraccións tributarias, así como as sancións que correspondan en cada caso, estarase ao disposto na Lei Xeral Tributaria. DISPOSICIÓN ADICIONAL. Delégase no Alcalde – Presidente da Corporación a facultade de mediante Decreto, establecer un sistema de autoliquidación para o ingreso desta taxa nos supostos do art. 8.4. O devandito Decreto será obxecto de publicación no Boletín Oficial Provincial, entrando en vigor o sistema ao día seguinte ao da devandita publicación. DISPOSICIÓN TRANSITORIA PRIMEIRA.Os aproveitamentos que gocen de autorización concedida antes da entrada en vigor da presente Ordenanza seguiranse rexendo pola normas vixentes ao momento de súa autorización ata que finalice a vixencia de autorización concedida. DISPOSICIÓN TRANSITORIA SEGUNDA.Aos aproveitamentos do dominio público que non gocen de autorización e continúen realizándose á entrada en vigor da presente Ordenanza, seralles de aplicación a nova tarificación contida na mesma dende o día da súa entrada en vigor.

32

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

DISPOSICIÓN DERRADEIRA. Esta Ordenanza fiscal entrara en vigor o dia da sua publicacion no Boletin Oficial da Provincia, e comezara a aplicarse ese mesmo dia, permanecendo en vigor ata a sua modificacion ou derrogacion expresa.‖ 10.-ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS DA REDE DE SUMIDOIROS DO CONCELLO DE MEIRA ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora de Bases de réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, este Concello establece unha nova taxa da rede de sumidoiro, a que se refire o artigo 20.4.r) do citado real Decreto Lexislativo, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal, e cuxas normas atenden ao prevido no artigo 57 do mesmo texto legal. ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE 1.—Constitúe o feito impoñible desta taxa: a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autorizar a acometida á rede de sumidoiros municipal. b) A prestación dos servizos de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, a través da rede de sumidoiros municipal, e o seu tratamento para depuralas. 2.—Non estarán suxeitas á taxa os inmobles derruídos, declarados ruinosos ou que teñan a condición de solar ou terreo, sempre que non fagan uso da rede de sumidoiros. ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS 1.—Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral tributaria que se atopen nos supostos seguintes: a) Cando se trate da concesión de licenza de acometida á rede, o propietario, usufrutuario ou titular do dominio útil do inmoble. b) No caso de prestación de servizos do número 1.b) do artigo anterior, os ocupantes ou usuarios dos inmobles do termo municipal, beneficiarios de devanditos servizos, calquera que sexa o título polo que o faga. 2.—En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do contribuínte, o propietario do inmoble, quen poderá repercutir, no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servizo. ARTIGO 4. RESPONSABLES Os supostos de responsabilidade, xa sexa subsidiaria ou solidaria, serán os previstos na normativa tributaria. ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS Aplicaranse só os beneficios fiscais que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais. ARTIGO 6. BASE IMPOÑIBLE Tomarase como base para a determinación do importe desta taxa os custos directos e indirectos necesarios para garantir o mantemento e desenvolvemento razoable do servizo da rede de sumidoiro. No referente á evacuación de excretas, augas residuais e pluviais, a base impoñible estará constituída polos metros cúbicos de auga consumida ou polos metros cúbicos de auga vertida á rede municipal de sumidoiros. ARTIGO 7. COTA TRIBUTARIA 1.—A cota da taxa regulada será a que figura no anexo desta Ordenanza 2.—As vivendas onde ademais se realice unha actividade económica, tributarán pola tarifa máis alta que lles corresponda. 3.—As vivendas unifamiliares onde se realice unha actividade económica tributarán cada un polo seu uso sempre que o local dispoña de acceso directo dende a rúa independente da vivenda. Ao cesar a actividade, causará baixa no padrón fiscal, tributando só a vivenda. ARTIGO 8. DEVENGO a) Cando se trate de servizos non periódicos: Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se presente a solicitude de prestación do servizo. b) Cando se trate de servizos periódicos:

33

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír o primeiro día de cada ano natural, excepto no momento da alta no padrón, en cuxo caso, devengarase a partires dese momento. ARTIGO 9. PERÍODO IMPOSITIVO Cando se trate de servizos periódicos, o período impositivo coincidirá co ano natural, salvo no caso de alta no servizo que abranguerá desde o día da alta ata a finalización do período impositivo, e no caso de baixa, desde o primeiro día do período impositivo ata o día da baixa. ARTIGO 10. TAXA POR ACOMETIDA: LIQUIDACIÓN E INGRESO DE TAXAS POLA PRESTACIÓN DESTE SERVIZO 1. A taxa esixirase en réxime de declaración ou de autoliquidación, de acordo co exposto no art. 27.1 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais. 2. As persoas interesadas na obtención dunha licenza de acometida, previamente á presentación da oportuna solicitude, practicarán a correspondente declaración ou autoliquidación e efectuarán o seu ingreso nas contas bancarias indicadas e presentarán xuntamente coa súa solicitude xustificante bancario do ingreso efectuado. 3. Si se realiza a prestación do servizo ou actividade sen mediar solicitude de licenza de acometida, procederase a liquidar e notificar a taxa tan pronto se detecte esta situación. Nestes supostos o ingreso efectuarase nos prazos e lugares que se indiquen na notificación da liquidación e nos prazos previstos na normativa tributaria, para liquidacións de contraído previo, sen prexuízo da apertura do oportuno expediente sancionador por infracción tributaria no último dos supostos referidos. Unha vez autorizada a acometida, a xestión e recadación desa taxa acomodarase ao procedemento previsto para os valores recibo (Padrón). En tódolos casos a conexión realizarase polos servizos operativos municipais, mediante pezas homologadas, unha vez feita a solicitude e previo pago das taxas correspondentes. ARTIGO 11. DECLARACIÓNS 1. Presentarase ante o Concello as declaracións de alta, baixa ou modificacións no servizo. As declaracións producirán efectos dende a súa presentación no suposto de baixa, e dende a efectividade da alta ou modificación nos demais supostos. 2.—Toda declaración de alta deberá achegar: a) Identificación do contribuínte (achegando copia do NIF) ou no seu caso, substituto do contribuínte (achegando copias do NIF do mesmo e do contribuínte). b) Copia do título de propiedade do ben obxecto do servizo. 3. Nas declaracións de modificación (de calquera tipo), deberanse achegar os documentos que a xustifiquen. 4. O substituto do contribuínte, estará obrigado a comunicar as variacións de orde físico, xurídico ou económico que se produzan nos inmobles ou actividades gravadas pola taxa, que teñan repercusións aos efectos da exacción da taxa. Ditas declaracións deberán presentarse no concello dentro dos 15 días naturais Seguintes á efectividade da modificación da situación inicial. ARTIGO 12.—PADRÓN DA TAXA 1. A exacción desta taxa efectuarase mediante recibo ao contribuínte, ou no seu caso, ao substituto do contribuínte. 2. O cobro dos recibos poderase facer: a) En metálico, nas entidades que se sinalen nos recibos emitidos. b) Ou mediante domiciliación bancaria. 3. O cobro das cotas realizarase anualmente. 4. Os padróns emitidos, unha vez aprobados polo órgano competente exporanse ao público polo prazo dun mes no taboleiro de anuncios deste Concello. En todo caso exporase os anuncios de exposición no Boletín Oficial da Provincia. ARTIGO 13. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA. Cando existan os convenios de colaboración ós que fai referencia o artigo 7 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, os procedementos de liquidación e recadación regulados nos artigos 8 e 9 desta ordenanza cederán ante a regulación prevista nos convenios.

34

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

DISPOSICIÓN DERROGATORIA. A partir da entrada en vigor da presente Ordenanza queda derrogada la Ordenanza Fiscal Reguladora de la taxa de recollida de lixo publicada no BOP da provincia de Lugo de data 25/10/2000. DISPOSICIÓN FINAL. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP da provincia de Lugo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. ANEXO 1. Alta na rede de sumidoiros, esixirase nunha soa vez o importe en función do inmoble acordo a seguinte cadro: Vivenda unifamiliar Actividades comerciais menores, servizos, pequenos talleres e similares Cafeterías, Restaurantes e demais establecementos hostaleiros Actividades Industriais

80 € 100 € 150 € 300 €

Os prezos establecidos no cadro anterior incrementaranse en 20 euros por cada metro cadrado de lonxitude nos que o Concello teña que levar a cabo obras de conexión ou enganche que excedan de tres metros desde a propiedade ata a rede municipal de sumidoiros. 2.

Uso da rede, esixirase:

INMOBLE Vivenda unifamiliar Actividades comerciais menores, servizos, pequenos talleres e similares Cafeterías, Restaurantes e demais establecementos hostaleiros Actividades Industriais

Cota en función de metros cúbicos de auga consumida por bimestre 0,15 € 0,25 € 0,80 € 1,30 €

11.-ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA RECOLLIDA DOMICILIARIA DE LIXO DO CONCELLO DE MEIRA ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA No uso das facultades contidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución, polo artigo 106 da Lei 7/1985, de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 20.4 s) en relación cos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece unha nova taxa pola recollida de lixo, que estará suxeita ao establecido nesta Ordenanza Fiscal cuxas normas atenden ao previsto no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 2/2004. ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE Constitúe o feito impoñible da taxa, a prestación do servizo, de recepción obrigatoria, de recollida do lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos en vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde exércense actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos, sexa tanto no casco urbano como no medio rural. ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS Son suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas, así como as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais ubicados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas en que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufrutuario, habitacionista, arrendatario, ou incluso de precario. Con relación á responsabilidade solidaria e subsidiaria da débeda tributaria, estarase suxeito ao establecido nos artigos 42 e 43, respectivamente, da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. ARTIGO 4. COTA TRIBUTARIA A cota tributaria da taxa determinarase pola aplicación do seguinte cadro de tarifas:

35

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

CONCEPTO Vivendas Cafeterías, bares, tabernas, pubs, discotecas, hostais, hoteis, casas turismo rural e outros establecementos hostaleiros Locais comerciais, oficinas bancarias e talleres Oficinas e despachos profesionais

B.O.P de Lugo

TARIFA BIMENSUAL (€) 7 40 30 20

ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS Non se concederán mais beneficios fiscais respecto desta taxa que os que veñan impostos por Tratados ou Acordos internacionais ou en normas con rango de Lei. ARTIGO 6. DEVENGO Devéngase a taxa e nace a obrigación de contribuír dende o momento en que se inicie a prestación do servizo, entendéndose iniciada, dada a natureza da recepción obrigatoria do mesmo, cando estea establecido e, en funcionamento o servizo municipal de recollida de lixo domiciliario, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais empregados polos contribuíntes suxeitos á Taxa. ARTIGO 7. DECLARACIÓN E LIQUIDACIÓN 1. A Taxa liquidarase cando se presente a solicitude de alta no Padrón correspondente. 2. Si se usa o servizo sen mediar solicitude darase de alta de oficio no Padrón, liquidarase taxa e notificarase a mesma aos interesados, todo elo sen prexuízo da apertura no correspondente expediente sancionador por infracción tributaria. 3. Igualmente darase de alta de oficio e liquidarase a correspondente taxa respecto daquelas vivendas e locais comerciais que aínda que non estando ocupados considérense habitables a todos os efectos, entendendo por estes os que conten con servizos tales como auga, luz, etc. A habitabilidade ou non dunha vivenda ou local corresponderá determinala aos servizos Técnicos do Concello, ben de oficio ou ben previa solicitude do interesado. 4. Unha vez producida a alta no correspondente Padrón a liquidación da Taxa acomodarase ao procedemento previsto para os valores recibo (Padrón, censo, matrícula…) ARTIGO 8. INGRESO 1.—As cotas desta Taxa liquidaranse e esixiranse no momento de presentar a correspondente solicitude polos períodos non declarados, producíndose ao mesmo tempo a alta no correspondente Padrón. 2.—Unha vez producida a alta, a Taxa exaccionarase por Padrón esixíndose o importe da mesma de conformidade cos prazos establecidos no calendario fiscal do Órgano de Recadación, e de conformidade co disposto na Lei Xeral Tributaria e no Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 939/2005 de 29 de xullo. ARTIGO 9. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. DISPOSICIÓN DERROGATORIA. A partir da entrada en vigor da presente Ordenanza queda derrogada la Ordenanza Fiscal Reguladora de la taxa de recollida de lixo publicada no BOP da provincia de Lugo de data 20/12/2005. DISPOSICIÓN FINAL. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP da provincia de Lugo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. 12.-ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA SUBMINISTRACIÓN DE AUGA DO CONCELLO DE MEIRA ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, reguladora de Bases de réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de Marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas Locais, este Concello establece unha nova taxa pola prestación do servizo de distribución de auga, a que se refire o artigo 20.4.t) do citado real Decreto Lexislativo, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal. ARTIGO 2. FEITO IMPOÑIBLE

36

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación do servizo de distribución de auga a domicilio para usos domésticos, industriais ou especiais, incluídos os dereitos de acometida á rede e colocación e mantemento/utilización de contadores e instalacións análogas precisas para a conexión á rede de abastecemento. ARTIGO 3. SUXEITOS PASIVOS 1.—Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos situados nos lugares, prazas, rúas ou vías públicas nos que se preste o servizo, calquera que sexa o título polo que o faga. 2.—Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte, os propietarios dos inmobles, que poderán repercutir no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daqueles, beneficiarios do servizo. ARTIGO 4. RESPONSABLES Os supostos de responsabilidade, xa sexa subsidiaria ou solidaria, serán os previstos na normativa tributaria. ARTIGO 5. BENEFICIOS FISCAIS Aplicaranse só os beneficios fiscais que veñan establecidos nas normas con rango de lei ou deriven de tratados ou acordos internacionais. ARTIGO 6. BASE IMPOÑIBLE A base do presente tributo estará constituída por: No subministro e distribución de auga: os metros cúbicos de auga consumida no inmoble no que se preste o servizo Nas acometidas á rede do servizo: pola conexión á mesma. ARTIGO 7. COTA TRIBUTARIA 1.- A cota da taxa regulada será a que figura no anexo desta Ordenanza. 2.- As vivendas onde ademais se realice unha actividade económica, tributarán pola tarifa máis alta que lles corresponda. 3.- As vivendas unifamiliares onde se realice unha actividade económica tributarán cada un polo seu uso sempre que o local dispoña de acceso directo dende a rúa independente da vivenda. Ao cesar a actividade, causará baixa no Padrón fiscal, tributando só a vivenda. ARTIGO 8. DEVENGO a) Cando se trate de servizos non periódicos: Devengarase a taxa e nacerá a obriga de contribuír cando se presente a solicitude de prestación do servizo ou actividade, dado que estamos nun suposto de devengo instantáneo. b) Cando se trate de servizos periódicos: Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír o primeiro día de cada semestre natural, excepto no momento da alta no padrón, en cuxo caso, devengarase a partires dese momento. ARTIGO 9. PERÍODO IMPOSITIVO Cando se trate de servizos periódicos, o período impositivo será de semestres naturais, salvo no caso de alta no servizo que abranguerá desde o día da alta ata a finalización do período impositivo, e no caso de baixa, desde o primeiro día do período impositivo ata o día da baixa. ARTIGO 10. NORMAS DE XESTIÓN 1) A obrigación do pago da taxa regulada neste ordenanza nace desde que se realizase a prestación do servizo, e a súa facturación e cobro farase con periodicidade bimensual . A liquidación e pago dos dereitos de acometida ou enganche á rede xeral de abastecemento realizarase no momento de presentar a solicitude.

2) Se se realiza a prestación do servizo sen mediar solicitude, liquidarase e notificarase a taxa tan pronto como se detecte esta situación, esixíndose, o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación do contraído previo, sen prexuízo de abrir o oportuno expediente sancionador por infracción tributaria. 3) Cando remate a necesidade do servizo, por cambio de propietario ou declaración de ruína do inmoble, os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de baixa no Padrón da taxa e surtirá

37

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

efectos no período natural seguinte ó da súa presentación, podendo, no seu caso, prorratearse polo período de liquidación das tarifas. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa 4) As contas liquidatorias e non satisfeitas no período voluntario, e a súa prórroga faranse efectivas pola vía executiva, con suxeición ás normas do Regulamento Xeral de Recadación. 5) As persoas ou entidades interesadas na prestación dos servizos que se citan no artigo segundo desta ordenanza, deberán presentar as declaracións contempladas no artigo seguinte. En tódolos casos a conexión realizarase polos servizos operativos municipais, mediante pezas homologadas, unha vez feita a solicitude e previo pago das taxas correspondentes. A solicitude de conexión á rede municipal de augas, unicamente será atendida cando se trate de vivendas unifamiliares, colectivas ou comercios, industrias ou negocios. Non se poderán realizar conexións en fincas, solares ou predios, salvo nos casos en que conten con licenza de obra municipal en vigor. Así mesmo poderase solicitar o enganche na rede cando se trate de obras de construción, nese caso os interesados quedarán obrigados a facer efectiva a cota de enganche correspondente, prorrateando o importe a pagar entre os meses obxecto do servizo e segundo a lectura do contador instalado. 6) A falta de pagamento entenderase como renuncia do interesado á prestación do servizo co conseguinte cobro da subministración con audiencia do interesado. ARTIGO 11. DECLARACIÓNS As persoas ou entidades interesadas na prestación dos servizos que se citan no artigo segundo desta ordenanza, deberán presentar as declaracións, de acordo cos seguintes requisitos: 1.—Presentarase ante o Concello as declaracións de alta, baixa ou modificacións no servizo. As declaracións producirán efectos dende a súa presentación no suposto de baixa, e dende a efectividade da alta ou modificación nos demais supostos. 2.—Toda declaración de alta deberá achegar: a) Identificación do contribuínte (achegando copia do NIF) ou no seu caso, substituto do contribuínte (achegando copias do NIF do mesmo e do contribuínte). b) Copia do título de propiedade do ben obxecto do servizo. 3.—Nas declaracións de modificación (de calquera tipo), deberanse achegar os documentos que a xustifiquen. 4.—O substituto do contribuínte, estará obrigado a comunicar as variacións de orde físico, xurídico ou económico que se produzan nos inmobles ou actividades gravadas pola taxa, que teñan repercusións aos efectos da exacción da taxa. Ditas declaracións deberán presentarse no rexistro xeral deste Concello, dentro dos 15 días naturais seguintes á efectividade da modificación da situación inicial. 5.—Nos casos nos que proceda, establécese un sistema de xestión común da presente taxa coas taxas pola xestión da rede de sumidoiros. ARTIGO 12. PADRÓN DA TAXA 1.—A exacción desta taxa efectuarase mediante recibo ao contribuínte, ou no seu caso, ao substituto do contribuínte. 2.—O cobro dos recibos poderase facer: a) En metálico, nas entidades que se sinalen nos recibos emitidos. b) Ou mediante domiciliación bancaria. 3.—O cobro das cotas realizarase bimensualmente. 4.-Os padróns emitidos, unha vez aprobados polo órgano competente exporanse ao público polo prazo dun mes no taboleiro de anuncios deste Concello. En todo caso exporase os anuncios de exposición no Boletín Oficial da Provincia. ARTIGO 13. LIQUIDACIÓN E INGRESO DE TAXAS POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE DEVENGO INSTANTÁNEO Cando se trate de servizos ou actividades cuxa cuantificación sexa posible no momento da presentación da solicitude de prestación, será liquidada nese mesmo momento ou en momento posterior, pero sempre con carácter previo á prestación do servizo ou realización da actividade. Si se realiza a prestación do servizo ou actividade sen mediar solicitude, procederase a liquidar e notificar a taxa tan pronto se detecte esta situación. Nestes supostos o ingreso efectuarase nos prazos e lugares que se indiquen na notificación da liquidación e nos prazos previstos na normativa tributaria, para liquidacións de contraído previo, sen prexuízo da apertura do oportuno expediente sancionador por infracción tributaria no último dos supostos referidos. Cando se trate de liquidacións periódicas, nos prazos e nos lugares que se sinalen no edicto de exposición ó público.

38

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

ARTIGO 14. INFRACCIÓNS E SANCIÓNS En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como ás sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA. Cando existan os convenios de colaboración ós que fai referencia o artigo 7 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, os procedementos de liquidación e recadación regulados nos artigos 8 e 9 desta ordenanza cederán ante a regulación prevista nos convenios. DISPOSICIÓN DERROGATORIA. A partir da entrada en vigor da presente Ordenanza queda derrogada la Ordenanza Fiscal Reguladora de la taxa de recollida de lixo publicada no BOP da provincia de Lugo de data 31/12/1998. DISPOSICIÓN FINAL. A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor e comezará a aplicarse o día da súa publicación no BOP da provincia de Lugo, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas. ANEXO 3.

Alta na rede de auga, esixirase nunha soa vez o importe en función do inmoble acordo a seguinte cadro:

Vivenda/uso doméstico Actividades comerciais menores, servizos, pequenos talleres e similares Actividade Agropecuarias Cafeterías, Restaurantes e demais establecementos hostaleiros Actividades Industriais

80 € 100 € 125 € 150 € 300 €

Os prezos establecidos no cadro anterior incrementaranse en 20 euros por cada metro cadrado de lonxitude nos que o Concello teña que levar a cabo obras de conexión ou enganche que excedan de tres metros desde a propiedade ata a rede municipal de auga. 4. Uso da rede, esixirase: Vivendas/uso doméstico:  Mínimo por metro cúbico/aboado/mes: 0,20€  Tramo de consumo de 10 a 20 metros cúbicos/aboado/mes: 0,30€  Tramo de consumo de máis de 20 metros cúbicos/aboado/mes: 0,5€ Actividades comerciais, agropecuarias e industriais:  Mínimo por metro cúbico/aboado/mes: 0,20€  Tramo de consumo de 10 a 20 metros cúbicos/aboado/mes: 0,30€  Tramo de consumo de máis de 20 metros cúbicos/aboado/mes: 0,5€ 13.- ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE VISITA GUIADA AO PATRIMONIO MONUMENTAL E CULTURAL DO CONCELLO DE MEIRA ARTIGO 1. CONCEPTO De conformidade con lo disposto en el art. 41 en relación co 127 do RDL 2/2004 del Texto Refundido de la Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a ordenanza do prezo público pola prestación do servizo de visitas guiadas ao patrimonio monumental e cultural do Concello de Meira. ARTIGO 2. NATUREZA A contraprestación económica pola prestación do servizo público de visitas guiadas á Igrexa de Santa María de Meira, Sacristía, Coro e Salón Parroquial, ten natureza de prezo público por ser unha prestación de servizo público da competencia deste Concello e non concurrir nengunha das circunstancias especificadas no art. 20.1 B do RDL 2/2004. ARTIGO 3. OBRIGADOS AO PAGO Están obrigados ao pago do prezo público establecido en esta ordenanza quen, previa solicitude, se beneficien dos servicios ou actividades que se presten por las visitas guiadas ao patrimonio cultural e arquitectónico existente no Concello de Meira. ARTIGO 4. DEVENGO 1. A obriga de pagar o prezo público nace desde que se inicia a prestación do servizo público de visitas guiadas.

39

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

2. Cando por causas non imputables ao suxeito pasivo, o servicio público non se preste procederá a devolución do importe correspondente. A débedas que se produzan por esta ordenanza serán esixidas polo procedemento de prema. ARTIGO 5. TARIFA A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a fixada nas tarifas contidas neste apartado: a) Visita guiada á Igrexa de Santa María de Meira: -Persoas físicas: 1,50 euros/persoa -Axencias, grupos de particulares e Asociacións, sendo o grupo mínimo de cinco persoas: De 5 a 10 persoas: 1 euro/persoa. De 10 a 50 ou máis persoas: 0,50 euros/persoa. Grupos escolares: Gratis -Nenos menores de 10 anos acompañados dun adulto: Gratis b) Visita á Sacristía, Coro e Salón Parroquial: As tarifas reguladas no apartado anterior incrementaranse en 1,5 €. ARTIGO 6. XESTIÓN Corresponde ao Concello, que poderá delegar na Oficina Municipal de Turismo, o cobro así como o establecemento dos horarios e estrutura das visitas. DISPOSICIÓN FINAL A presente Ordenanza, aprobada por el Pleno de la Corporación, entrará en vigor a partir do día seguinte da súa publicación definitiva no Boletín Oficial de la Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación o derrogación expresa acordo co previsto nos artigos. 16.2 del RDL 2/2004, 107.1 e 111 da Lei 7/1985, de 2 de abril. Meira, 28 de decembro de 2015.- O alcalde, Antonio de ¨Dios Alvarez R. 4701

MONFORTE DE LEMOS Anuncio LICITACIÓN De conformidade co Acordo alcanzado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de 21.12.2015, por medio do presente anuncio se efectúa convocatoria do procedemento aberto para a adxudicación do contrato do Servizo de Recollida de Animais Domésticos Abandonados do Concello de Monforte de Lemos. 1.

ENTIDADE ADXUDICADORA

a.

Organismo: Concello de Monforte de Lemos.

b.

Dependencia tramitadora: Secretaría/Servizo de Contratación.

c.

Número de expediente: (EXP.009-SERV15-ter-)

2.

OBXECTO DO CONTRATO

a. Descrición do obxecto: Servizo integral de recollida e aloxamento de animais domésticos abandonados dentro do termo municipal do Concello de Monforte de Lemos. b.

Prazo de duración: 3 anos.

c.

Admisibilidade de prórrogas: Sí, ata un máximo de 4 anos.

3.

TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN

a.

Tramitación: Ordinaria.

b.

Procedemento: Aberto.

4.

ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN

a.

Orzamento neto: 6.000,00.-€/ano (IVE excluído).

b.

1.260,00.-€ (IVE 21%).

40

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

c.

Total.- 7.260,00.-€ (IVE engadido).

5.

GARANTÍAS

a.

Provisional.- Non se esixe.

B.O.P de Lugo

b. Definitiva.- Subscrición polo licitador dun contrato de seguros que cubra a indemnización por riscos profesionais (Responsabilidade Civil) cunha cobertura mínima de 150.000,00.-€ por sinistro. 6.

OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN

a.

Perfil do contratante: www.monfortedelemos.es

b.

Entidade: Concello de Monforte de Lemos.

c.

Enderezo: Campo de San Antonio, s/n -27400-Monforte de Lemos (Lugo).

d.

Teléfono: 982.402.501 (Ext.262).

7.

CLASIFICACIÓN E SOLVENCIA

a.

Clasificación.- non se esixe.

b.

Solvencia técnico-económica.- a través dos medios previstos na cláusula 4.2 do PCAP.

8.

PRESENTACIÓN DAS OFERTAS

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeneral de Entrada do Concello de Monforte de Lemos sito no Campo de Santo Antonio s/n, na localidade de Monforte de Lemos, CP. 27400 (LUGO), en horario de 9.00 a 14.00 horas, dentro dos 15 DÍAS HÁBILES seguintes a aquel en que apareza o anuncio de licitación publicado no BOP. Se o último día de prazo finaliza en sábado ou festivo entenderase prorrogado ao inmediato hábil seguinte. Cando as proposicións se envíen por correo, o interesado deberá xustificar a data e hora de imposición do envío da oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación, dentro da data e hora establecidos como prazo de presentación, a remisión da oferta mediante Fax (núm. 982.40.48.12) ou telegrama no que se consigne o título completo do contrato e o nome do licitador. Sen a concorrencia de ambos os requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación, con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcorridos dez días naturais seguintes á indicada data sen recibirse a documentación, esta non será admitida en ningún caso. 9.

APERTURA DE OFERTAS

a. No perfil do contratante da páxina web municipal publicarase o lugar e a data e hora de apertura das ofertas. 10. CRITERIO BASE PARA A ADXUDICACIÓN a.

Documentación técnica................ata 40 puntos.

Deberá recollerse o Proxecto integral de organización e prestación do servizo de recollida no que se debera incluír os seguintes extremos A estrutura organizativa do servizo, con expresión detallada das labores a realizar, tempos de resposta, o programa de traballo, coordinación cos servizos técnicos do Concello de Monforte de Lemos, destino ou tratamento de cadáveres (ata 10 puntos). Medidas de protección ambiental (ata 10 puntos). Propostas de resolución de problemas en situacións de incerteza ou extrema dificultade (ata 10 puntos). Medidas de benestar animal (ata 10 puntos). O proxecto incluirá os cadros, gráficos e esquemas necesarios para describir fielmente a natureza do servizo e o seu modo de realización. b.

Oferta conómica...............ata 60 puntos.

GASTOS DE ANUNCIOS a.

Serán pola conta do licitador que resulte adxudicatario ata o límite máximo de 600,00.€.

Monforte de Lemos, 21 de decembro de 2015.-O Alcalde, José Tomé Roca. R. 4719

41

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Anuncio LICITACIÓN De conformidade co Acordo alcanzado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de 21.12.2015, por medio do presente anuncio se efectúa convocatoria do procedemento aberto para a adxudicación do contrato do Servizo de Explotación do Espazo Gastronómico ―A Picota‖ da Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos. 1.

ENTIDADE ADXUDICADORA

a.

Organismo: Concello de Monforte de Lemos.

b.

Dependencia tramitadora: Secretaría/Servizo de Contratación.

c.

Número de expediente: (EXP.011-SERV15-ter-)

2.

OBXECTO DO CONTRATO

a. Descrición do obxecto: Servizo de Explotación do Espazo Gastronómico ―A Picota‖ da Praza de Abastos do Concello de Monforte de Lemos. b.

Prazo de duración: 2 anos.

c.

Admisibilidade de prórrogas: Sí, ata un máximo de 4 anos.

3.

TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN

a.

Tramitación: Ordinaria.

b.

Procedemento: Aberto.

4.

ORZAMENTO AO ALZA DE LICITACIÓN

a.

Orzamento neto: 6.600,00.-€/ano (IVE excluído).

b.

1.386,00.-€ (IVE 21%).

c.

Total.- 7.986,00.-€ (IVE engadido).

5.

GARANTÍA DEFINITIVA

Subscrición polo licitador dun contrato de seguros que cubra a responsabilidade locativa, así como a Responsabilidade Civil que cubra as continxencias que podan sufrir os usuarios da actividade por un importe non inferior a 300.000,00.-euros. 6.

OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN

a.

Perfil do contratante: www.monfortedelemos.es

b.

Entidade: Concello de Monforte de Lemos.

c.

Enderezo: Campo de San Antonio, s/n -27400-Monforte de Lemos (Lugo).

d.

Teléfono: 982.402.501 (Exts. 261-262).

7.

CLASIFICACIÓN E SOLVENCIA

a.

Clasificación.- non se esixe.

b.

Solvencia técnico-económica.- a través dos medios previstos nas cláusulas 9.1 e 9.2 do PCAP.

8.

PRESENTACIÓN DAS OFERTAS

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeneral de Entrada do Concello de Monforte de Lemos sito no Campo de Santo Antonio s/n, na localidade de Monforte de Lemos, CP. 27400 (LUGO), en horario de 9.00 a 14.00 horas, dentro dos 15 DÍAS HÁBILES seguintes a aquel en que apareza o anuncio de licitación publicado no BOP. Se o último día de prazo finaliza en sábado ou festivo entenderase prorrogado ao inmediato hábil seguinte. Cando as proposicións se envíen por correo, o interesado deberá xustificar a data e hora de imposición do envío da oficina de correos e anunciar ao órgano de contratación, dentro da data e hora establecidos como prazo de presentación, a remisión da oferta mediante Fax (núm. 982.40.48.12) ou telegrama no que se consigne o título completo do contrato e o nome do licitador. Sen a concorrencia de ambos os requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación, con posterioridade á data e hora de terminación do prazo sinalado no anuncio de licitación. En todo caso, transcorridos dez días naturais seguintes á indicada data sen recibirse a documentación, esta non será admitida en ningún caso.

42

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

9.

B.O.P de Lugo

APERTURA DE OFERTAS

a. No perfil do contratante da páxina web municipal publicarase o lugar e a data e hora de apertura das ofertas. 10. CRITERIO BASE PARA A ADXUDICACIÓN CRITERIOS DEPENDENTES DUN XUÍZO DE VALOR. Mellor adecuación da Memoria de explotación ás finalidades do contrato, debendo axustar o seu contido ás características e os estándares mínimos recollidos na cláusula 2 do prego de condicións técnicas......................................................................................................................................(40 puntos). CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS MATEMÁTICAS. a. Maior incremento no prezo fixo, establecido inicialmente na cantidade de 7.986,00 €/anuais (IVE engadido) ...................................................................................................................................(45 puntos). b. Maior desconto sobre a lista de prezos exposto ao público e previamente aprobada, respecto dos eventos e actividades organizadas polo Concello, expresado nunha porcentaxe sobre os prezos da lista ..................................................................................................................................................(5 puntos) c. Maior investimento en equipamento complementario e/ou acondicionamento das instalacións, definido polo licitador e avaliado economicamente a prezos de mercado sobre os recollidos no prego técnico, valorándose coa máxima puntuación a oferta que recolla o maior orzamento..................................................................................................................................(5 puntos). d. Maior canon variable: maior porcentaxe de participación correspondente ao Concello no beneficio neto obtido pola explotación do espazo gastronómico da praza de abastos, segundo resulte da conta anual de explotación..................................................................................................................................(5 puntos). 11. GASTOS DE ANUNCIOS a.

Serán pola conta do licitador que resulte adxudicatario ata o límite máximo de 600,00.-€.

Monforte de Lemos, 21 de diciembre de 2015, El Alcalde.- José Tomé Roca. R. 4720

O PÁRAMO CORRECCIÓN DE ERRO NA APROBACIÓN INICIAL PRESUPOSTO XERAL EXERCICIO 2016 (PAG. 9, R. 4603) Detectado erro material na aprobación inicial do presuposto xeral para o exercicio 2016; visto o artigo 105.2 da Lei 30/92 do Rexime Xurídico de Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, procédese a súa corrección do seguinte xeito: ONDE DÍ: Na sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 19 de decembro de 2014, o Concello de O Páramo acordóu aprobar inicialmente o orzamento xeral para o exercicio 2015, as bases para a súa execución, así como a plantilla do persoal para dito exercicio. O expediente exponse ó público na Secretaría Xeral deste Concello por o prazo de quince (15) días hábiles, contados dende o seguinte o da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan realizar as reclamacións que estimen oportunas. Si durante o citado prazo non se presentaran reclamacións, o orzamento para o exercicio 2015 entenderase definitivamente aprobado, dacordo co disposto no Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locales. DEBE DICIR: Na sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 17 de decembro de 2015, o Concello de O Páramo acordóu aprobar inicialmente o orzamento xeral para o exercicio 2016, as bases para a súa execución, así como a plantilla do persoal para dito exercicio. O expediente exponse ó público na Secretaría Xeral deste Concello por o prazo de quince (15) días hábiles, contados dende o seguinte o da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os interesados poidan realizar as reclamacións que estimen oportunas. Si durante o citado prazo non se presentaran reclamacións, oorzamento para o exercicio 2016 entenderase definitivamente aprobado, dacordo co disposto no Texto Refundido da Lei reguladora das facendas locales. O Páramo a 29 de decembro de 2015.- El Alcalde-Presidente, Gumersindo A. Rodríguez Liz R. 4727

43

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

PEDRAFITA DO CEBREIRO Anuncio APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO XERAL DO CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO 2016 O Pleno da Corporación na sesión extraordinaria celebrada o 3 de decembro de 2015 aprobou inicialmente os orzamentos, bases de execución, cadro de persoal e anexos do exercicio 2016. Conforme ao artigo 169 do TRLRFL someteuse a información pública por un período de 15 días. Ao non presentarse reclamacións durante este período, enténdense definitivamente aprobados. En cumprimento do que dispón o punto 3 do devandito artigo, faise público que dito orzamento ascende en gastos e ingresos a NOVECENTOS SESENTA E DOUS MIL TRESCENTOS NOVE EUROS CON NOVE CÉNTIMOS (962.309,09 €) Correspondendo a cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan, segundo o seguinte detalle: ESTADO DE GASTOS: CAPÍTULO 1 2 3 4

DENOMINACIÓN . . .

IMPORTE

Gastos de persoal Gastos en bens correntes e servizos Gastos financeiros Transferencias correntes .

.. ..

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES 6 7 8 9

677.368,01 241.141,08 100,00 14.000,00 932.609,09

.Inversións reais . Transferencias de capital Activos financeiros Pasivos Financeiros

29.700,00 0,00 0,00 0,00

TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL

29.700,00

TOTAL ORZAMENTO DE GASTOS

962.309,09

ESTADO DE INGRESOS CAPÍTULO 1 2 3 4 5

DENOMINACIÓN Impostos directos Impostos indirectos Taxas e outros ingresos Transferencias correntes Ingresos patrimoniais

IMPORTE 187.162,52 0,00 77.484,37 646.966,36 36.295,84

TOTAL OPERACIÓNS CORRENTES 6 7 8 9

947.909,09

Enaxenación de inversións reais Transferencias de capital Activos financeiros Pasivos financeiros

0,00 14.400,00 0,00 0,00

TOTAL OPERACIÓNS DE CAPITAL

14.400,00

TOTAL ORZAMENTO DE INGRESOS

962.309,09

De acordo co que se establece no artigo 127 do RD 791/1986, do 18 de abril, reprodúcese a continuación o cadro de persoal para o exercicio 2016 1.- CADRO DE PERSOAL. 1.1.- FUNCIONARIO DENOMINACIÓN NÚM. DE POSTOS SECRETARIA-INTERVENCION 1

GRUPO A1

NIVEL 24

SITUACION ACUMULACIÓN

1.2.- PERSOAL LABORAL FIXO: DENOMINACIÓN

Nº POSTOS

CARACTERÍSTICAS

DURACIÓN

ADMINISTRATIVO CONTABLE

1

XORNADA COMPLETA

12 MESES

44

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

1.3.- PERSOAL LABORAL TEMPORAL: Para o exercicio 2016, mera estimación de contratos a formalizar en función das subvencións ou convenios que se concreten con outras administracións públicas, así coma das necesidades puntuais de persoal. DURACIÓN

DENOMINACIÓN

Nº POSTOS

CARACTERÍSTICAS

PEÓN LIMPEZA DE SERVIZOS PÚBLICOS

2

TÉCNICO DE AUGAS

1

XORNADA PARCIAL (25H/SEM) 12 MESES 12 MESES XORNADA COMPLETA

ADMVO (ACUMULACION TAREFAS)

1

XORNADA COMPLETA

1 MES

AXENTE DE EMPREGO LOCAL

1

XORNADA COMPLETA

12 MESES

TRABALLADOR SOCIAL

1

XORNADA COMPLETA

12 MESES

TÉCNICO PROMOCIÓN ECONÓMICA E MEDIO RURAL 1

XORNADA PARCIAL(20H/SEM)

12 MESES

AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

3

XORNADA COMPLETA

12 MESES

AUXILIARES DE AXUDA NO FOGAR

7

XORNADA PARCIAL

12 MESES

SOCORRISTA

1

XORNADA PARCIAL(35H/SEM)

2 MESES

INFORMADOR TURÍSTICO

1

XORNADA COMPLETA

4 MESES

OF. 1ª ALBANEL

5

XORNADA COMPLETA

12 MESES

OF 1ª ALBANEL

1

XORNADA COMPLETA

6 MESES

OF. 1ª CONDUTOR INCENDIOS

3

XORNADA COMPLETA

3 MESES

PEÓNS BRIGADAS INCENDIOS

5

XORNADA COMPLETA

3 MESES

XEFE DE BRIGADA DE INCENDIOS

1

XORNADA COMPLETA

3 MESES

OFICIAL 2º ALBANEL

1

XORNADA COMPLETA

12 MESES

OFICIAL 2ª ALBANEL

1

XORNADA COMPLETA

6 MESES

PEÓN ELECTRICISTA

1

XORNADA COMPLETA

12 MESES

PEÓN

4

XORNADA COMPLETA

6 MESES

PEÓN

4

XORNADA COMPLETA

3 MESES

CONDUTOR CAMIÓN LIXO

1

XORNADA COMPLETA

12 MESES

Total número persoal temporal do Concello: 48. En Pedrafita do Cebreiro, a 26 de decembro de 2015.- O alcalde, José Luis Raposo Magdalena R. 4721

A PONTENOVA Anuncio Aprobado definitivamente o expediente administrativo de modificación de créditos- Transferencia entre aplicacións de distinta áreas de gasto- Expediente 386/2015- por importe de 3.267,00 euros (tres mil douscentos sesenta e sete) dentro do vixente Orzamento do Concello da Pontenova para o ano 2015, ao non presentarse ningunha reclamación no período de exposición ao público de aquel (BOP nº 232 de data 9/10/2015), en aplicación do disposto nos artigos 169,170, 171 e 179 do R.D. 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas locais e do R.D. 500/90 de 20 de abril, faise público que despois do devandito expediente (incluindo os expedientes administrativos de modificación de crédito aprobados ata esta data), o resumo por capitulos do orzamento de gastos quedaría da seguinte forma : GASTOS Consignación Final € CAPÍTULO I. Gastos de persoal

1.098.205,55

CAPÍTULO II. Gastos correntes en bens e servizos CAPÍTULO III. Gastos financieiros CAPÍTULO IV. Transferencias correntes CAPÍTULO VI. Inversións reais

698.560,23 8.524,61 56.727,00 662.647,76

CAPÍTULO VII. Transferencias de capital

0,00

CAPÍTULO VIII. Activos financieros

0,00

CAPÍTULO IX. Pasivos financieros

41.917,79 TOTAL €…………………………………………………………...2.566.582,94

45

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Contra a aprobación definitiva do expediente administrativo de modificación de créditos -Expediente 386/2015- no orzamento para o ano 2015, os interesados/as debidamente lexitimados poderan interpor recurso contencioso administrativo consonte ao establecido no artigo 171 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais R.D. 2/2004 de 5 de marzo. O que se fai público para xeral coñecemento e efectos . Na Pontenova, a 28 de decembro do 2015.- O Alcalde, Darío Campos Conde R. 4722

Anuncio A Xunta de Goberno Local, trala aceptación de competencias delegadas polo Concello Pleno (24/06/2015) e Alcaldía (Decreto nº 2015-0088 do 16/06/2015)), mediante acordo acadado na sesión extraordinaria de 22/12/2015 , presta aprobación as seguintes: LISTAXES DE CONTRIBUÍNTES DO PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E DA ESCOLA DE MUSICA; CORRESPONDENTE Ó MES DE NOVEMBRO DE 2015. A devandita listaxe estará exposta nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presentar as reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose definitivamente aprobada se transcorrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra estes. Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior ó contencioso - administrativo, perante a Xunta de Goberno no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública das listaxes. Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle: A) Prazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo de Axuda no Fogar: do 29 de xaneiro de 2016 ao 29 de marzo de 2016, ámbolos dous inclusive. B) Prazo de ingreso en periodo voluntario do prezo público da Escola de Música: do 25 de xaneiro de 2016 ao 25 de marzo de 2016, ámbolos dous inclusive B) Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-413110000025 que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova. Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha vez rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento. A Pontenova, 28 de decembro de 2015.- O alcalde, Darío Campos Conde R. 4728

RIOTORTO Anuncio Transcríbese o acordo plenario adoptado en sesión extraordinaria celebrada o día 23/10/15 xunto coa ordenanza aprobada definitivamente. 3.- ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE RIOTORTO. APROBACIÓN SI PROCEDE. Pola Presidencia infórmase ao pleno do estado actual do expediente para a aprobación da Ordenanza municipal do Servizo de Axuda no Fogar. Considerando que a ordenanza consta no oportuno expediente obrante na Secretaría municipal. Considerando que se emitiu informe pola Secretaría municipal, informe unido ao expediente respectivo. Vista a proposta da Alcaldía na que se sinala. -

Que se aprobe a ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello de Riotorto.

-

Expoñer a citada ordenanza o público por un período de 30 días hábiles mediante anuncios insertos no BOP e no Taboleiro de Anuncios para a presentación de reclamacións ou suxerencias, dándose audiencia durante o citado prazo aos interesados. As reclamacións e suxerencias serán resoltas polo Pleno.

-

En caso de non presentarse reclamacións ou suxerencias entenderase aprobado o acordo ata entón provisional e en consecuencia aprobada definitivamente a ordenanza.

46

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

Sometida a aprobación a proposta municipal do P.P. votan a favor da mesma os cinco concelleiros deste grupo, e en contra o portavoz do grupo municipal do BNG- Asambleas Abertas, absténse a concelleira do grupo municipal PSdG-PSOE, sendo en consecuencia a proposta aprobada. ORDENANZA MUNICIPAL DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE RIOTORTO EXPOSICIÓN DE MOTIVOS CAPITULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º-. Concepto Artigo 2º-. Ámbito de aplicación Artigo 3º-. Natureza, definición e obxectivos do servizo Artigo 4º-. Contido do servizo Artigo 5º-. Persoas destinatarias Artigo 6º-. Dereitos das persoas usuarias Artigo 7º-. Deberes das persoas usuarias Artigo 8º-. Causas de extinción e modificación do servizo Artigo 9º-.Causas de suspensión temporal do servizo CAPITULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO SECCIÓN 1º-. DISPOSICIÓNS COMÚNS Artigo 10º-. Formas de prestación do servizo Artigo 11º-. Requisitos específicos SECCIÓN 2º-. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO Artigo 12º-. Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento Artigo 13º-. Desenvolvemento da prestación do servizo Artigo 14º-. Intensidade na prestación do servizo Artigo 15º-. Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia Artigo 16º-. Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros Servizos que impliquen copagamento Artigo 17º-. Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar Artigo 18º-. Participación das persoas usuarias no financiamento doutros servizos que impliquen copagamento Artigo 19º-. Afectación dos ingresos municipais polo copagamento dos servizos Artigo 20º-. Da coordinación coas entidades privadas que atendan a persoas usuarias financiados total ou parcialmente con fondos públicos Artigo 21º-. Obrigados ao pagamento Artigo 22º-. Nacemento da obriga de pago Artigo 23º-. Infraccións e sancións DISPOSICIÓN DERROGATORIA DISPOSICIÓN DERRADEIRA ÍNDICE DE ANEXOS

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS A Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local (BOE nº 80, do 3 de abril de 1985), establece no seu artigo 25.2 k) que os concellos exercerán, en todo caso, competencias nos termos da lexislación do Estado e das Comunidades Autónomas en materia de prestación de servizos sociais e de promoción e reinserción social.

47

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, regula o dereito de todas as persoas aos servizos sociais, correspondéndolles aos poderes públicos garantir este dereito, posibilitando así que as liberdades e igualdades entre individuos sexan reais e efectivas, tal e como consagra a propia Constitución Española. A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, establece no seu capítulo II, o catálogo de servizos sociais, onde define o servizo de axuda no fogar coma un servizo consistente en ofrecerlles un conxunto de atencións ás persoas ou familias no seu propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e permanencia no seu contorno habitual. Esta mesma lei establece no seu artigo 11.f) que é función dos servizos sociais comunitarios básicos a xestión da axuda no fogar. Coa entrada en vigor da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como a normativa estatal e galega que a desenvolve, fíxose necesario establecer un novo marco regulador de carácter básico dos contidos, formas de prestación e aspectos procedementais e organizativos de axuda no fogar de maneira que coa aprobación da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, se estableceron pautas de carácter xeral para asegurar un nivel equitativo de atención a todas as persoas que tiñan limitada a súa autonomía persoal. O Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia, establece no seu artigo 7. b) como requisito xeral dos centros e programas de servizos sociais, dispoñer dunhas normas de funcionamento, visadas polo órgano competente, en materia de autorización e inspección de servizos sociais da Xunta de Galicia, que garanta o respecto ao dereito das persoas usuarias e establezan as condicións de prestación e desenvolvemento dos servizos. O Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, faise necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar co fin de dar cumprimento ao establecido na disposición derradeira primeira. O Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, dálle unha nova redacción aos artigos 14.2, 59 e 61 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, polo que se fai necesario adaptar a normativa municipal existente en materia de axuda no fogar ao establecido nos mencionados artigos. En consecuencia e coa finalidade de garantir unha equidade, calidade e intensidade homoxéneas nos tipos de atención e os criterios de participación económica das persoas usuarias, o Concello de Riotorto, de conformidade co marco normativo referenciado que confire aos concellos a potestade regulamentaria e de autoorganización dentro da esfera das súas competencias, regula os requisitos e condicións da prestación do servizo de axuda no fogar municipal a través da presente ordenanza. CAPÍTULO I: DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1º.- Obxecto É obxecto desta ordenanza a regulación do servizo de axuda no fogar desenvolvido polo concello de Riotorto. Artigo 2º.- Ámbito de aplicación O establecido nesta ordenanza é de aplicación ao servizo de axuda no fogar que se desenvolve no concello de Riotorto. Artigo 3º.- Natureza, definición e obxectivos do servizo 1.

O servizo de axuda no fogar é un servizo público de carácter local, consistente en ofrecer un conxunto de atencións ás persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio, para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu contorno habitual.

2.

O servizo de axuda no fogar poderá prestarse a calquera persoa ou unidade de convivencia, para as cales, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu medio inmediato.

3.

O servizo de axuda no fogar ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, dende unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestructuración familiar.

Son obxectivos do servizo de axuda no fogar: a)

Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b)

Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.

c)

Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

48

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

d)

Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

e)

Previr situacións de dependencia ou exclusión social.

f)

Retardar ou evitar a institucionalización.

g)

Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

B.O.P de Lugo

Artigo 4º.- Contido do servizo 1. De conformidade coa valoración técnica realizada en cada caso polos servizos sociais, no marco do servizo de axuda no fogar poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico: a.

Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como: I. Asistencia para levantarse e deitarse. II.

Tarefas de coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.

III. Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse. IV. Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos. V. Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal. VI. Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia. VII. b.

Outras tarefas para favorecer a atención integral da persoa usuaria.

Acompañamento persoal na realización doutras actividades complementarias: I. Seguimento das intervencións realizadas polo sistema sanitario. II.

c.

Apoio en trámites urxentes de carácter administrativo, xudicial e similares.

Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda, tales como: I. Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda. II.

Compra de alimentos e outros productos de uso común.

III. Preparación dos alimentos. IV. Lavado e coidado das pezas de vestir, así como do enxoval doméstico. V. Apoio á unidade familiar. VI. Coidados e mantemento básico da vivenda. Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso, por programas específicos de lavandaría ou alimentación a domicilio. d.

Atencións de carácter psicosocial e educativo: intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estructuración familiar.

2. Con carácter complementario, unha vez garantido o nivel básico de atención, o servizo de axuda no fogar poderá incorporar, entre outros, as seguintes actuacións e servizos: a.

Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables.

b.

Servizo de préstamo de axudas técnicas para persoas en situación de dependencia ou dependencia temporal. Para estes efectos enténdese por axuda técnica calquera produto, dispositivo, equipamento, instrumento, tecnoloxía ou software, fabricado especialmente ou dispoñible no mercado, para previr, compensar, controlar, mitigar ou neutralizar deficiencias ou limitacións na actividade e restriccións na participación social das persoas.

c.

Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares.

d.

Adaptacións funcionais do fogar.

e.

Servizo de podoloxía.

f.

Servizo de fisioterapia.

3. Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e calidade de vida.

49

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

4. En todo caso, as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se falicite e promova a súa autonomía. 5. En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo: a.

A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

b.

Actuacións, que polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo.

Artigo 5º.- Persoas destinatarias 1. O servizo de axuda no fogar estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular, o servizo atenderá persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores, en que se observe a necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social. 2. En todo caso, darase prioridade de acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia. Artigo 6.- Dereitos das persoas usuarias As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito: 1.

A seren tratadas co respecto debido á súa dignidade, intimidade e autonomía.

2.

A accederen e utilizaren o servizo en condicións de igualdade e non discriminación.

3.

A recibiren unha atención individualizada e adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración determinadas en cada caso.

4.

A recibiren unha información de xeito áxil, suficiente, veraz e comprensible sobre os recursos e as prestacións do sistema galego de servizos sociais, así como a que sexan asistidas e orientadas nos trámites necesarios de cara ao seu acceso aos demais sistemas de benestar social.

5.

A teren asignada unha persoa profesional de referencia que actúe como interlocutora principal e que asegure a coherencia da intervención.

6.

A coñeceren a organización e o regulamento do servizo.

7.

Ao tratamento confidencial dos seus datos, de acordo co disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

8.

A coñeceren a situación do seu expediente.

9.

A seren informadas, de xeito claro e preciso, sobre a intervención prevista e elixir libremente, dentro da capacidade de oferta do sistema e logo da valoración técnica, o tipo de medidas ou de recursos adecuados para o seu caso, así como a participar na toma de decisións que modifiquen o proceso de intervención acordado.

10. Á calidade dos servizos recibidos e a presentaren queixas e suxestións á persoa coordinadora do servizo. 11. Ao respecto dos seus dereitos lingüísticos, garantindo, en todo caso, o desenvolvemento da actividade do servizo dende a práctica dunha oferta positiva do idioma galego. Artigo 7º.- Deberes das persoas usuarias As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se establecen no artigo 7 da Lei 13/2008, de servizos sociais de Galicia, e, se é o caso, na lexislación vixente sobre o procedemento administrativo común, terán os seguintes deberes: 1.

Cumprir as normas, requisitos e procedementos para o acceso aos diferentes servizos.

2.

Facilitar a información precisa e veraz sobre as circunstancias determinantes para o acceso e utilización dos servizos, así como comunicar ao persoal de referencia, os cambios de circunstancias familiares, sociais ou financeiras que puideran resultar relevantes na asignación, modificación, suspensión ou extinción das prestacións ou servizos.

3.

Cumprir coas condicións do servizo, facilitando e colaborando na execución das tarefas do persoal ao seu cargo e poñendo á súa disposición, cando se trate dun servizo realizado no domicilio, os medios materiais necesarios.

50

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

4.

Colaborar co persoal encargado do seu caso, acudindo ás entrevistas programadas, seguindo as orientacións e participando no desenvolvemento das actividades incluídas no servizo, centro ou programa en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso.

5.

Manter unha actitude positiva de colaboración coas persoas profesionais dos servizos sociais comunitarios, participando activamente no proceso pautado de mellora, autonomía persoal e inserción social.

6.

Facilitar e cooperar no seguimento, avaliación e inspección do servizo.

7.

Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que lles presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais.

8.

Participar no pagamento do servizo nos termos que establezca a ordenanza reguladora do servizo no Concello de Riotorto.

9.

A comunicar, con dez días de antelación, en circunstancias ordinarias e previsibles, calquera ausencia temporal que puidese impedir ou dificultar a execución dos servizos que, se fose o caso, se prestasen no seu domicilio.

Artigo 8º.- Causas de extinción e modificación do servizo 1. Son causas de extinción do servizo de axuda no fogar as seguintes: a.

A renuncia da persoa usuaria.

b.

O cambio de programa individual de atención ou do proxecto de intervención que implique un cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidad co servizo de axuda no fogar.

c.

Traslado definitivo da súa residencia a outro concello.

d.

Falecemento da persoa usuaria.

e.

Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo.

f.

A falta reiterada de pagamento do servizo.

g.

Desaparición das causas que motivaron a prestación do servizo.

2. Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo, poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual, mediante un novo informe social. 3. Cando se trate dun servizo público de axuda no fogar, asignado a persoas en situación de dependencia, na correspondente resolución de Programa Individual de Atención, consonte ao establecido na Orde de 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento do sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, modificado polo Decreto 148/2011, do 7 de xullo, a incoación por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo, deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para ditar resolución de Programa Individual de Atención. Artigo 9º.- Causas de suspensión temporal do servizo Son causa de suspensión temporal do servizo, logo de tramitación do correspondente expediente e informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen: 1.

Ausencia temporal do domicilio: neste caso o servizo poderá suspenderse por un máximo de tres meses para as persoas usuarias que accedan ao servizo polo sistema de libre concorrencia e por un máximo de dous meses para as persoas usuarias de dependencia, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia.

2.

Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circusntancias causante da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e a atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na correspondente normativa reguladora.

51

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

CAPÍTULO II. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO SECCIÓN 1ª. DISPOSICIÓNS COMÚNS Artigo 10º.- Formas de prestación do servizo O servizo público de axuda no fogar será prestado polo concello de Riotorto ben directamente, ou ben mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos, regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público, a través de entidades privadas debidamente autorizadas. Artigo 11º.- Requisitos específicos 1.

Existirá un profesional de referencia, que actuará como coordinador do servizo e que deberá estar en posesión dunha cualificación mínima de diplomatura universitaria na área de servizos sociais. No caso de que o número de persoas usuarias sexa menor de 50, o persoal técnico mínimo exixible será de 0,02 profesionais en cómputo de xornada completa por persoa usuaria. Nos demais casos aplicarase a seguinte táboa:

Número de persoas usuarias 50 a 99 100 a 199 200 a 399 Incrementos sucesivos

Persoal técnico mínimo 1 técnico/a titulado/a xornada completa 2 técnicos/as titulados/as a xornada completa 3 técnicos/as titulados/as a xornada completa Por cada grupo de 200 persoas usuarias corresponderá un incremento de 1 técnico/a titulado/a a xornada completa

2.

O persoal que presta atención directa nos domicilios das persoas usuarias estará formado por auxiliares de axuda no fogar, que, no caso de prestar o servizo a persoas en situación de dependencia valorada, deberán estar en posesión do título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente, regulado no Real Decreto 1593/2011, do 4 de novembro, ou en posesión do certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente, regulado no Real Decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen os certificados de profesionalidade da familia profesional de servizos socioculturais e á comunidade.

3.

O seguemento da prestación do servizo nos domicilios das persoas usuarias realizarase polo persoal coordinador, sempre que as circunstancias o fagan necesario e, como mínimo, con carácter bimestral. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, o contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

4.

O Concello de Riotorto, e de ser o caso, a entidade prestadora en réxime privado do servizo, abrirá un expediente por cada persoa usuaria ou por cada unidade de convivencia á que presta o servizo, no cal constará, cando menos: a.

Un informe social, asinado por un traballador ou traballadora social da servizo.

entidade titular do

b.

Un proxecto de intervención, asinado polo técnico responsable, segundo o Anexo V desta ordenanza.

c.

Un acordo de servizo asinado entre o Concello de Riotorto e a persoa usuaria, segundo o Anexo IV desta ordenanza.

d.

Informes de seguemento periódicos, que terán un carácter bimestral, ou extraordinarios, cando as circunstancias así o aconsellen.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes, realizarase de acordo coa Lei 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. SECCIÓN 2ª. DA PRESTACIÓN DO SERVIZO Artigo 12º.- Modalidades de acceso ao servizo, organización e procedemento O acceso ao servizo de axuda no fogar municipal producirase de acordo co seguinte: 1.

O acceso será prioritario e directo para as persoas que, tendo recoñecida unha situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución de programa individual de atención, e consonte a aplicación do programa de asignación de recursos, establecido no título II do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos. Para estes efectos, o concello de Riotorto, cando sexa o caso, procederá a dar de alta as persoas en agarda, de acordo coa orde de prelación establecida no programa de asignación de recursos. As persoas para as que o programa individual de atención, determine o servizo de axuda no fogar como recurso principal ou idóneo terán, en todo caso, preferencia sobre aquelas ás que se lles asigne o servizo de axuda no fogar como respiro do coidador.

52

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

2.

B.O.P de Lugo

Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia, ou non as asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia, segundo o calendario de implantación que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo, logo da prescrición técnica do profesional de referencia resolverase en réxime de libre concorrencia, segundo o seguinte procedemento: a.

Presentación da solicitude, segundo o anexo I desta ordenanza, dirixida ao Alcalde no Rexistro Municipal do Concello, acompañada da seguinte documentación: I. Fotocopia do DNI da persoa beneficiaria do servizo e das persoas que convivan no mesmo domicilio, de ser o caso. II.

Fotocopia da tarxeta sanitaria da persoa solicitante.

III.

Certificado de convivencia.

IV. Informe médico ou clínico sobre o seu estado de saúde. V. Certificado de discapacidade e/ou certificado do grao de dependencia, de ser o caso. VI. Xustificantes de ingresos da persoa solicitante e do resto dos membros da unidade de convivencia: 1.

Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de imputacións do IRPF, expedido pola Axencia Tributaria correspondente.

2.

Certificados de todos os ingresos procedentes de salarios, pensións, subsidios e outros bens que posúan

3.

Xustificante de aluguer de vivenda, de ser o caso.

4.

Calquera outra documentación que sexa requerida polo traballador/a social para a valoración do seu expediente.

En todo caso, o tratamento da información contida nos expedientes individuais, realizarase de acordo coa normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. As solicitudes incompletas contarán cun prazo de 10 días para enmendar deficiencias; en caso de non facelo, serán arquivadas sen máis trámite tal como se establece na lexislación que regula o procedemento administrativo. b.

As solicitudes presentadas serán valoradas polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do Concello, que, unha vez realizada a correspondente visita domiciliaria, determinará, mediante o informe técnico, a idoneidade do servizo, así como a intensidade recomendable para cada caso concreto, tendo en conta todas as circunstancias de necesidade e a aplicación do baremo establecido a tal fin, segundo anexo II

c.

O departamento de Servizos Sociais elaborará un Informe – proposta que será elevado ao órgano competente para dictar resolución. O prazo máximo para resolver será de tres meses.

No caso de que sexa favorable, a mesma terá a consideración de alta no servizo. En caso de non existir dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrarse na lista de agarda, nunha orde de prioridade determinada pola puntuación que obtivese na aplicación do baremo. No caso de empate da puntuación, atenderase por orde temporal da demanda. d.

Cando concorran circunstancias que aconsellen a intervención inmediata do servizo, a Alcaldía resolverá o expediente, á vista do informe-proposta do/a traballador/a social. Este informe conterá as causas que motiven a tramitación pola vía de urxencia. O procedemento de urxencia terá validez mentres se manteña a situación desencadeante. A desaparición desta, levará consigo a extinción do servizo e a tramitación pola vía ordinaria.

e.

Para o inicio da prestación do servizo será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV desta ordenanza

f.

Anualmente, farase unha revisión de todas as persoas beneficiarias do servizo, co fin de comprobar que cumpre as condicións para a continuidade do mesmo. Para a renovación anual do servizo, as persoas beneficiarias deberán presentar a documentación establecida no apartado a) deste artigo, agás aquela que xa conste no seu expediente individual.

Artigo 13º.- Desenvolvemento da prestación do servizo 1.

O prazo de alta no servizo, será como máximo dunha semana, dende que a persoa usuaria se lle asigna o recurso dende o Programa de Asignación de Recursos para as persoas que acceden ao servizo na modalidade de dependencia, ou dende que se dita resolución por parte da Alcaldía, para as persoas que

53

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

acceden ao servizo na modalidade de libre concorrencia. Para as persoas usuarias ás que se lles concede o servizo, pola vía de urxencia, o prazo de alta será como máximo de dous días. 2.

Previo ao inicio do servizo, o persoal técnico realizará unha avaliación da situación e establecerá un consenso coa persoa usuaria, sobre as actuacións e tarefas a desenvolver no domicilio. Designarase tamén a persoa profesional de referencia.

3.

A asignación do persoal de atención directa farase en base ao perfil requerido para cada caso concreto, e realizarase unha visita domiciliaria para a presentación do persoal de atención directa á persoa usuaria.

Se a persoa beneficiaria, rexeita ao/á auxiliar de axuda no fogar que se lle asigna, sen razón suficientemente xustificada, pasará á lista de agarda ata que se lle asigne outro/a auxiliar, sempre que sexa técnicamente posible. Os cambios no persoal técnico asignado, así como nos horarios de prestación do servizo, que deban efectuarse por circunstancias de necesidades de organización do servizo, comunicaranse á persoa beneficiaria, seguindo en vigor o acordo asinado. 4.

Para o inicio da prestación do servizo, será requisito previo asinar o acordo de servizo, segundo o modelo establecido no anexo IV desta ordenanza.

5.

O persoal técnico elaborará un proxecto de intervención, segundo o anexo V desta ordenanza, que deberá conter: días da semana de atención, horario concreto no que se desenvolverá a prestación, identidade do persoal de atención directa responsable da execución do proxecto, obxectivos e tarefas a desempeñar no domicilio, e o seguimento efectivo da prestación no domicilio do usuario, con carácter mínimo bimestral.

6.

Farase entrega á persoa usuaria dunha copia da ordenanza municipal de axuda no fogar, debidamente visada polo órgano competente.

7.

Así mesmo, entregarase á persoa usuaria e ao persoal de atención directa o documento que conteña as tarefas a desenvolver no domicilio.

8.

Informarase ás persoas usuarias da existencia dun libro de reclamacións, que estará á súa disposición para calquera queixa ou reclamación. No caso de queixa ou reclamación, facilitarase unha copia da queixa á persoa usuaria e remitirase o orixinal ao servizo de inspección no prazo de tres días, xunto cun informe do caso, segundo establece o artigo 6.i) do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

Artigo 14º.- Intensidade na prestación do servizo 1.

A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico.

2.

A intensidade do servizo de axuda no fogar, para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia, estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme co proxecto de intervención, de xeito que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 4.1º a) da Orde de 22 de xaneiro de 2009, pola que se regula o servizo de axuda no fogar, todos os días da semana.

3.

Nos restantes casos, a intensidade do servizo, virá determinada na prescrición efectuada polo departamento de servizos sociais do concello.

Artigo 15º.- Determinación da capacidade económica do sistema de atención a persoas usuarias da dependencia. 1. A capacidade económica das persoas dependentes, valoradas con dereito recoñecido de atención, mediante o servizo de axuda no fogar, calcularase de acordo coas normas de valoración contidas no capítulo II do título III do Decreto 149/2013, do 5 de setembro, polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e a atención ás persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, observándose as normas de aplicación á materia, vixentes en cada momento, polo órgano competente en materia de servizos sociais da Xunta de Galicia . 2. O resultado do cálculo da capacidade económica, correspondente ás persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido no servizo de axuda no fogar, constará na resolución do plan individualizado de atención que se desenvolva en cada caso, de conformidade co que establece o artigo 38 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

54

Núm. 300 – Jueves, 31 de Diciembre de 2015

B.O.P de Lugo

3. Establécese como mínimo vital ou contía mínima para gastos persoais e quedará íntegramente á disposición do seu perceptor unha contía equivalente ao 49% dos ingresos líquidos percibidos, calculados en cómputo anual. Garantiráselle á persoa usuaria unha dispoñibiilidade anual mínima de 2.653 euros, no suposto de que a persoa usuaria traballe nun centro especial de emprego, este importe será actualizado anualmente consonte a variación interanual do IPREM. 4. Nos ingresos da persoa usuaria non se terán en consideración como renda a contía das prestacións de análoga natureza e finalidade recollidas no artigo 31 da Lei 39/2006, do 14 de decembro. As ditas prestacións sumaranse á contía calculada de acordo cos criterios de participación do servizo ata o 100% do custe de referencia do servizo. Artigo 16º.- Determinación da capacidade económica das persoas usuarias doutros servizos que impliquen copagamento No servizo de axuda no fogar prestado a persoas ou unidades de convivencia distintas ás referidas no artigo anterior, o cómputo da capacidade económica farase de acordo cos seguintes criterios: 1.

Computarase a renda de todas as persoas residentes na mesma unidade de convivencia. Para estes efectos considérase renda a suma de calquera das modalidades de ingreso a que se refire o artigo 6.2 da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

2.

Computarase, así mesmo, o patrimonio neto de todas as persoas residentes na unidade de convivencia. Para estes efectos, enténdese por patrimonio neto o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexan titulares, determinados consonte as regras de valoración recollidas na Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, con dedución das cargas e gravames de natureza real que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais das cales deba responder. Igualmente, para o cómputo do patrimonio neto deberán terse en conta as exencións que prevé a Lei 19/1991, do 6 de xuño, do imposto sobre o patrimonio, ao respecto da vivenda habitual e doutros bens e dereitos.

3.

A capacidade económica calcularase sumando todas as rendas computables, modificadas á alza pola suma dun 5% do patrimonio neto en cómputo anual, e dividindo o resultado da dita suma entre o total de persoas que convivan no fogar.

Artigo 17º.- Participación no financiamento do servizo das persoas dependentes con dereito de atención recoñecido como usuarias do servizo de axuda no fogar 1.- No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido, sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas a efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo. 2.- Nos demáis supostos, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado: Capacidade económica (referenciada ao IPREM) Ata

Grao I

Grao II

Grao III