Xermade - Deputación de Lugo

31 may. 2017 - Salario Bruto mensual (inclue a prorrata da paga extra): 1.060,50 € .- Funcións: Atención doméstica, atención persoais e axuda ás persoas ...
435KB Größe 8 Downloads 51 vistas
XOVES, 31 DE MAIO DE 2017

Nº 123

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO RECURSOS HUMANOS Anuncio PUBLICACION DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ADOPTADO EN SESIÓN CELEBRADA O DÍA 19 DE MAIO DE 2017 AO OBXECTO DE APROBAR A CONVOCATORIA PARA PROVISTAR, MEDIANTE FUNCIONARIOS INTERNINOS, A PRAZA DE TÉCNICO DE XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL (GRUPO A/SUBGRUPO A2) E AS CORRESPONDENTES BASES ESPECÍFICAS. Visto o contido do acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de 23/01/2015 sobre a convocatoria, entre outras, da praza de Técnico de Xestión Medioambiental (Grupo A/Subgrupo A2), así como as Bases xerais e específicas que rexerán os procedementos selectivos, mediante o sistema de concurso-oposición libre para a cobertura con funcionarios interinos de diversas prazas, entre as que se atopa a de Técnico de Xestión Medioambiental, ata tanto non se cubran con carácter definitivo ou deixe de ser necesario e urxente a súa cobertura transitoria ou se decida a súa amortización. O devandito acordo da Xunta de Goberno publicouse no Boletín Oficial da Provincia nº 021 de data 27/01/2015. Vista a Sentenza nº 00226/2015 do Xulgado do Concencioso-Administrativo nº 2 de Lugo de data 15/12/2015 recaída no Procedemento Abreviado 0000085/2015 seguido a instancia do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, o cal interpuxo con data 24/03/2015 diante o devandito Xulgado o correspondente recurso contencioso-administrativo contra o acordo, anteriormente referenciado, da Xunta de Goberno da Deputación de data 23/01/2015. O fallo da Sentenza en cuestión sinala literalmente: “En consecuencia, condénase á Deputación de Lugo a incluír no dito punto 5 das bases específicas, o título de enxeñería forestal na súa actual denominación de enxeñería técnica forestal e do medio natural, coa necesaria retroacción das actuacións do proceso selectivo no que se refire á provisión deste só posto”. Vista a Sentenza nº 00135/2017 ditada pola Sección 001 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia recaída sobre o Recurso de Apelación 303/16 interposto pola Deputación Provincial de Lugo e por Dna. Andrea Macho Benito contra a Sentenza nº 00226/2015 de data 15/12/2015 ditada no procedemento abreviado 0000085/2015 polo Xulgado do Contenciso-Administrativo nº 2 de Lugo en relación ao mencionado acordo da Xunta de Goberno desta Deputación de data 23/01/2015. O fallo da Sentenza nº 00135/2017 determina: “Desestimar o recurso de apelación interposto por Dna. Andrea Macho Benito e a Deputación Provincial de Lugo e confirmar a sentenza apelada, ditada polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Lugo de data 15 de decembro de 2015.”. Visto o Decreto de data 08/05/2017 ditado pola Sección 001 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que se declara a firmeza da Sentenza nº 135/2017 de data 07/03/2017. Por todo o anteriormente exposto, e en execución da Sentenza nº 00226/2015 do Xulgado do ConcenciosoAdministrativo nº 2 de Lugo de data 15/12/2015, procede a adopción, pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, de acordo de aprobar a convocatoria ao obxecto de provistar, mediante funcionario interino a praza de Técnico/a de Xestión Medio Ambiental (Grupo a/Subgrupo A2) e da modificación das correspondentes bases específicas no tocante ao contido do seu punto 5, co alcance determinado no fallo na Sentenza nº 00226/2015 ditada polo o Xulgado do Concencioso-Administrativo nº 2 de Lugo de data 15/12/2015. En todos os demais extremos continuará vixente o contido da convocatoria aprobada pola Xunta de Goberno de data 23/01/2015 e publicada no Boletín Oficial da Provincia nº 021 de data 27/01/2015. Por conseguinte, á Xunta de Goberno acorda a aprobación do contido seguinte: Con fundamento no exposto con anterioridade; considerando que os motivos de excepcionalidade, necesidade urxente e inaprazables da incorporación deste efectivo está suficientemente xustificada no expediente instruído ao efecto e que se trata de prestar funcións de carácter prioritario; considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015 do 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016, en uso das atribucións que lle confire á Xunta de Goberno a Lei Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 59.5 do Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 56, de 10 de marzo de 2011),

2

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

ACORDA: 1º.- Aprobar a modificación introducida nas Bases Específicas, aprobadas mediante acordo Xunta de Goberno de data 23/01/2015, por execución da Sentenza nº 00226/2015 ditada polo o Xulgado do ConcenciosoAdministrativo nº 2 de Lugo de data 15/12/2015, as que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso - oposición libre para a cobertura con funcionario interino da indicada praza mentres non se cubra definitivamente ou deixe de ser necesario e urxente a súa cobertura transitoria ou se decida a súa amortización. Con respecto ás Bases Xerais que rexerán neste procedemento selectivo estarase ás aprobadas por acordo da Xunta de Goberno na súa sesión do día 23 de xaneiro de 2015 (publicadas no BOP nº 021 de data 27/01/2015). 2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar no proceso selectivo co obxecto de provistar de forma interina a praza de Técnico/a de Xestión Medioambiental (Grupo A, subgrupo A2). 3º.- Ordenar que se realicen cantos trámites sexan necesarios para desenvolver o procedemento selectivo. Contra o presente Acordo, que pon fin a vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recuso de reposición ante a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo no prazo de 1 mes dende a publicación do presente Acordo no Boletín Oficial da Provincia ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado contencioso-administrativo de Lugo no prazo de 2 meses dende a publicación da presente publicación na forma prevista na Lexislación reguladora da dita Xurisdicción, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro que se considere oportuno. Prazo Provincial de Lugo, 25 de maio de 2017.- O SECRETARIO, Cristobal Victor Fraga Bermejo. R. 1483

CONCELLOS BARREIROS Anuncio PREGO DE CONDICIONS PARA A ADXUDICACIÓN DE CASETAS MÓBILES PARA TEMPADA ESTIVAL 1.- OBXETO DO CONTRATO. Constitúe o obxecto do contrato a cesión de uso de TRES casetas móviles, propiedade do concello de Barreiros, durante a tempada estival (15 de xuño a 15 de setembro). As casetas adxudicaranse con ubicación libre, si ben os adxudicatarios deberán contar coas autorizacións correspondentes para a súa ubicación. O transporte das casetas dende a nave municipal á súa ubicación definitiva será por conta do adxudicatario. 2.- NATUREZA XURÍDICA. Tratase dunha cesión de uso temporal de bens patrimoniais de titularidade municipal. Independientemente dos dereitos e obrigas comprendidos no presente prego, o adxudicatario queda sometido a calquera norma xurídica de ámbito municipal, autonómico ou estatal en vigor ou que poda ditarse, que afecte ó obxecto e contido da cesión. A autorización considerarase outorgada deixando a salvo o dereito de propiedade ou calquera outro dereito real que poda existir sobre os terreos obxecto da ocupación. 3.- PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACIÓN. O procedemento a seguir será o ABERTO, para posibilitar que todo interesado poda presentar unha proposición. 4.- PRAZO DA CONCESION. A cesión será pola tempada estival, dende o 15 de xuño ó 15 de setembro. O concello por razóns de interese público poderá suprimir a cesión, previo o oportuno expediente. 5.- CANON A SATISFACER Ó CONCELLO. Os licitadores interesados ofrecerán, conforme ó modelo de proposición que se inxire ó final do presente prego, o canon a abonar ó concello de Barreiros, que en ningún caso podrá ser inferior a CEN EUROS (100 €). 6.- INSTALACIÓNS, MANTEMENTO, REPARACIÓNS E REPOSICIÓNS.

3

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

a)

O adxudicatario deberá aportar todos os elementos necesarios para exercer a actividade que corresponda dentro da correspondente caseta, que deberán ser retirados polo mesmo á finalización da cesión, ó obxecto de deixar os bens no seu estado orixinario.

b)

As reparacións que deban efectuarse debido a averías imputables ó uso dos elementos será a cargo do adxudicatario.

c)

Os traballos de mantemento e conservación dos espazos ocupados polas intalacións serán executados polo adxudicatario do presente contrato.

d)

O adxudicatario non poderá realizar cambios nas instalación ou no seu entorno, salvo casos de necesidade técnica debidamente xustificados e aprobados polos técnicos municipais.

e)

Os gastos de consumo de electricidade, serán de cargo do adxudicatario. Instalarase un contador individual para cada caseta con este fin. O custo será o que teña o concello nese suministro durante a época de consumo. O adxudicatario deberá depositar unha fianza de 100 € ó inicio do contrato para garantir o pago destes gastos.

f)

Non se poderán almacenar na caseta productos inflamables, gases ou calquera outro de carácter perigoso, sendo responsable o adxudicatario dos danos que poidese causar o incumplimento neste punto.

g)

Será por conta do adxudicatario o orde e a limpeza diarios das zonas onde se ubique a instalación, así como o seu entorno inmediato. Queda prohibida a utilización de productos ou materiais ácidos, corrosivos, abrasivos ou deslizantes, ou ben que na súa aplicación produza estes efectos. Calquera deterioro nas dependencias ou instalación que se deriven directamente do uso destes productos obligará ó adxudicatario a repoñer ou reparar os deterioros ó seu cargo.

h)

Calquera deterioro do espazo público onde se ubique a caseta e o seu entorno, que sexa consecuencia desta actividade, deberá ser reparado polo adxudicatario antes da finalización da cesión.

7.- CONDICIÓNS HIXIÉNICO-SANITARIAS. Será esixible ós alimentos e bebidas que se expidan o cumprimento das condicións de hixiene, sanidade, calidade e seguridade alimentaria estipuladas nas disposicións vixentes. Para isto:

-

Existirá un lugar separado para o almacenamento de residuos e lixo. Asimesmo, existirán elementos de recollida de lixo que impidan ensuciar o espazo público.

-

Todos os productos alimenticios se depositarán en estanterías de forma que se impida o contacto co chan.

-

As mesas, bandexas ou estanterías, superficies de traballo ou calquera clase de recipiente, serán de material liso, anticorrosivo, de fácil limpeza e desinfección e que non transmita propiedades nocivas ou orixine reaccións químicas.

-

As instalación deberán manterse nas debidas condicións de limpeza e desinfectarse periódicamente.

-

Prohíbese a permanencia e estancia de animais domésticos nas instalación.

-

Existirán dispositivos dosificadores e envolturas individuais, segundo dos casos, para os elementos a disposición dos clientes, tales como servilletas, palillos, ….

-

Deberá evitarse tocar os alimentos coas mans, empregaránse na medida do posible utensilios axeitados a cada tarefa (pinzas, cucharas, …).

8.- DESALOXO E REVERSIÓN DAS INSTALACIÓNS. Ó extinguirse a cesión de uso, independentemente da causa que o orixine, o adxudicatario queda obrigado a deixar libre e a disposición do concello a caseta correspondente, dentro do prazo de quince días sin necesidade de requerimento algún. O adxudicatario recoñece a potestade do concello para acordar e executar o lanzamento por propia autoridade e sin necesidade de apercibimento ou requerimento algún cando, tanscorrido o prazo indicado, os bens non quedasen a libre disposicón do concello. 9.- OBRIGAS DO ADXUDICATARIO. -

A caseta deberá ser transportada e instalada polo adxudicatario.

-

Deberase explotar directamente a actividade polo adxudicatario, sin que poda subrogar a ningunha persoa, arrendar, subarrendar ou ceder, directa ou indirectamente, en todo ou en parte a explotación, salvo que por causa xustificada, que será apreciada libremente polo concello, se autorice a subrogación

4

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

a favor dun terceiro, o cal asumirá todos os dereitos e obrigas derivados do contrato. Non obstante será lícito que a actividade poda ser exercida por familiares do adxudicatario. -

No seu caso, tomar ó seu servizo o persoal que precise, co que concertará os correspondentes contratos de traballo. O adxudicatario será responsable de forma exclusiva do pago das obrigas laborais e tributarias do persoal que no seu caso se contrate, sin que dito persoal teña relación algunha co concello de Barreiros.

-

Colocar e manter en lugar ben visible a lista de prezos selada.

-

Ter a disposición dos usuarios o modelo de folla oficial de reclamacións, cuxa existencia se anunciará en lugar fácilmente visible polos mesmos, quedando obrigado a dar conta ó concello, dentro das 24 horas seguintes, de cada reclamación que conste na mesma.

-

Conservar o espazo ocupado e as instalación en bon estado de seguridade, salubridade e ornato público. Efectuar o pago do canon na forma que se acorde. Contar con un seguro de responsabilidade civil cun importe mínimo de 50.000 € para facer fronte ás posibles responsabilidades ante terceiros polo funcionamento da actividade.

-

10.- DEREITOS DO ADXUDICATARIO. Exercer a actividade nos termos previstos neste prego e na oferta realizada. Usar a caseta de forma privativa para exercer a actividade para a que está autorizado e ser mantido neste uso e disfrute mentres o contrato estea en vigor. Percibir do público usuario da actividade o importe dos artigos á venda, conforme ós prezos fixados en cada artigo. Obter compensación económica do concello polos danos e prexuízos que ocasione ó adxudicatario a supresión da explotación, salvo por motivos de interese público debidamente acreditados. Neste caso corresponderalle ó contratista a proba da determinación e cuantificación dos danos e prexuízos que invoque, que teñen que ser concretos e actuais. 11.- DEREITOS E DEBERES DO CONCELLO. -

O concello ten as prerrogativas para interpretar o contrato, resolver as dúbidas que ofreza o seu cumprimento, modificalo por razóns de interese público, acordar a súa resolución e determinar os seus efectos. A orde xurisdiccional contencioso-administrativa será a competente para coñecer as cuestión que podan suscitarse en orde á concesión.

-

O concello terá dereito a reubicar a localización das instalacións, por razóns de intesere público, sin que se xenere dereito algún a indemnización. O concello queda obrigado a manter ó concesionario no uso e disfrute dos dereito concedido, e indemnízalo nos casos en que proceda.

-

12.- INSPECCIÓNS. O concello reservase a potestade de inspeccionar e vixiar as condicións técnicas e hixiénico-sanitarias das instalación, os productos ofertados e o persoal contratado, no seu caso, así como o cumprimento de todas as obrigas establecidas neste prego. 13. CAPACIDADE PARA CONTRATAR. Poderán presentar ofertas as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en prohibicións de contratar, e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica. 1. A capacidade de obrar dos empresarios acreditarase: a) A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas, mediante a escritura ou documento de constitución, os estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate. No caso de persoas físicas, copia do DNI. b) A capacidade de obrar dos empresarios non españois que sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos, ou mediante a presentación dunha declaración xurada ou un certificado, nos termos que se establezan regulamentariamente, de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación. c) Os demais empresarios estranxeiros, con informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da Oficina Consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio da empresa. 2. A proba por parte dos empresarios da non concorrencia dalgunha das prohibicións de contratar do artigo 60 do Texto Refundido la Lei de Contratos do Sector Público, realizarase mediante unha declaración xurada. 14. PRESENTACIÓN DE OFERTAS.

5

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

As ofertas presentaranse no Concello de Barreiros, C/ Vila nº 63, en horario de atención ao público, dentro do prazo de DEZ DÍAS NATURAIS contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As proposicións poderán presentarse, por correo ou por outros medios, en calquera dos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Cando as proposicións se envíen por correo, o remitente deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax ou telegrama no mesmo día, consignándose o título completo do obxecto do contrato e nome do licitador. Cada licitador non poderá presentar máis dunha proposición. Tampouco poderá subscribir ningunha proposta en unión temporal con outros se o fixo individualmente ou figurase en máis dunha unión temporal. A infracción destas normas dará lugar á non admisión de todas as propostas por el subscritas. A presentación dunha proposición supón a aceptación incondicionada polo empresario das cláusulas do presente Prego. Os interesados poderán consultar e obter fotocopias do presente Prego, así como solicitar cantas aclaracións consideren pertinentes desde a publicación da convocatoria da licitación ata o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións, solicitándoo no Concello, en días e horas de oficina. As proposicións para tomar parte na licitación, presentaranse en dous sobres pechados, asinados polo licitador e con indicación do domicilio a efectos de notificacións, nos que se fará constar a denominación do sobre e a lenda «CASETAS PARA TEMPORADA ESTIVAL. ». A denominación dos sobres é a seguinte: — Sobre «A»: Documentación Administrativa. — Sobre «B»: Proposición Económica e demais criterios de valoración. Os documentos a incluír en cada sobre deberán ser orixinais ou copias compulsadas, conforme á Lexislación en vigor. Dentro de cada sobre incluirase os seguintes documentos así como unha relación numerada dos mesmos: SOBRE «A» DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA a) Documentos que acrediten a personalidade xurídica do licitador (DNI, escritura de constitución de empresa, CIF,…) b) Documentos que acrediten a representación. — Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro, presentarán copia notarial do poder de representación. — Se o licitador fose persoa xurídica, este poder deberá figurar inscrito no Rexistro Mercantil, cando sexa esixible legalmente. — Igualmente a persoa con poder a efectos de representación, deberá acompañar fotocopia compulsada administrativamente ou testemuño notarial do seu documento nacional de identidade. c) Declaración responsable de non estar incurso nunha prohibición para contratar das recollidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ao corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo licitador a cuxo favor se vaia efectuar esta. (Anexo I). d) As empresas estranxeiras presentarán declaración de someterse á Xurisdición dos Xulgados e Tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ao licitador. SOBRE «B» PROPOSICIÓN ECONÓMICA E DEMAIS CRITERIOS DE VALORACIÓN. a)

Proposición económica.

Presentarase conforme ao modelo que se inclúe no anexo II. 15. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase o CANON OFERTADO respectando sempre o canon anual mínimo de 100 € establecido no prego. Si se producen empates realizarase unha negociación presencial cos interesados que se atopen nesa situación ata chegar a unha adxudicación definitiva.

6

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

16. ORGANO DE CONTRATACIÓN. O órgano de contratación será a Xunta de Goberno Local. 17. APERTURA DE PROPOSICIÓNS E PROPOSTA DE ADXUDICACIÓN. O órgano de contratación reunirase trala finalización do prazo de presentación das proposicións, e procederá á apertura dos Sobres «A» e cualificará a documentación administrativa contida nos mesmos. Se fose necesario, concederáse un prazo non superior a tres días para que o licitador corrixa os defectos ou omisións corrixibles observados na documentación presentada. Posteriormente, procederá á apertura e exame do sobre “ B”. Si se detectasen erros ou omisións na documentación presentada neste sobre, a Mesa concederá para efectuala un prazo inferior a sete días. Unha vez vistas as ofertas económicas, procederase á adxudicación das casetas polo orde correspondente e requerirase ó licitador para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquél en que recibise o requerimento, presente a documentación xustificativa de hacharse o corrente no cumprimento das suas obrigas tributarias e coa Seguridade Social. Os correspondentes certificados poderán ser expedidos por medios electrónicos, informáticos ou telemáticos. De non cumplimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retira a sua oferta, procedendose nese caso a recabar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que tiveran quedado clasificadas as ofertas. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. O contrato formalizarase en documento administrativo, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte ó da presentación de dita documentación. O adxudicatario poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo da sua conta os correspondentes gastos. Cando, por causas imputables ó contratista, non se tivese formalizado o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. 19. FACULTADE DA CORPORACION DE DEIXAR SIN EFECTO O CONTRATO. O concello reservase a facultade de deixar sin efecto o contrato, antes de cumprirse o prazo polo que se outorga, si así o xustifican causas sobrevenidas de interese público, en cuxo suposto procederá a devolución da parte proporcional adiantada do canon satisfeito, sin dereito a ningunha outra clase de indemnización. Quedará extinguido o contrato: A_ Por renuncia voluntaria do seu titular a seguir exercendo a actividade obxecto deste prego. B_ A falta de pago do canon ou calquera outro incumprimento das obrigas do adxudicatario, declarados polo órgano que otorgou a mesma. C_ Mutuo acordo entre o concello e o adxudicatario. D_ Caducidade por vencemento do prazo da cesión. E_ Falecemento, incapacidade, suspensión de pagos ou quiebra do adxudicatario, sin que exista dereito a indemnización algunha. F_ Cando de forma sobrevida ó momento da formalización do contrato, o titular incurra en algún dos supostos do art. 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público para contratar coa Administración. 20. REXIME XURÍDICO DO CONTRATO. Este contrato ten carácter administrativo e a súa preparación, adxudicación, efectos e extinción rexerase polo establecido neste Prego, e para o non previsto nel, será de aplicación o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro; artigos vixentes do Real Decreto 817/2009, do 8 de maio, que desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, do 30 de outubro de contratos do sector público; artigos vixentes do Real Decreto 1098/2001, de 12 de ocutubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, e a restante lexislación non derrogada polas disposicións vixentes en materia de contratación local.; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. Ademais, o presente contrato está regulado pola Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e polo Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.

7

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

ANEXO I. DECLARACIÓN RESPONSABLE. D/Dª ______________________________________________________________________________________________________, con DNI n____________________________, con domicilio a efecto de notificacións en ____________________________________________________________________________, cp ______________, personalmente (ou en representación da Entidade____________________________________________________________________________, con CIF n.º ____________________ ), DECLARA: I.- Que no está comprendido en ningunha das prohibicións e incompatibilidades para contratar sinaladas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. II.- Que está ó corrente no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.

En Barreiros, a ___ de ________ de 2017.

Sinatura do licitador,

Asdo.: _________________.

8

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

ANEXO II. PROPOSICIÓN ECONÓMICA.

D/Dª _________________________________________________________________, con DNI n.º _________________, con domicilio a efecto de notificacións en _______________________________________________________________________, cp_____________________,personalmente

(ou

en

representación

da

Entidade

_____________________________________________________, con CIF n.º ____________________ ), informado da convocatoria de oferta, para a cesión de uso temporal de casetas de titularidade municipal para a tempada estival, fago constar que coñezo o Prego que sirve de base á adxudicación e o acepto integramente, tomando parte da licitación e comprometéndome a abonar un CANON DE ……………… € pola tempada do ano 2017.

En Barreiros, a ___ de ________ de 2017.

Sinatura do licitador,

Asdo.: _________________.

9

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

R. 1431

O CORGO Anuncio ADXUDICACIÓN DE CONTRATO En cumprimento do disposto no artigo 151.4 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a adxudicación do contrato que a continuación se sinala: 1.

Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Concello do Corgo. B)

Dependencia na que se tramita o expediente: Secretaría.

2.

Obxecto do contraro:

A) Tipo do contrato: contrato de obras. B)

Descrición do obxecto: “PISCINA DE APRENDIZAXE CON TOBOGANES ACUÁTICOS NA PRAIA FLUVIAL DO RÍO CHAMOSO”.

3.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: urxente. B)

Procedemento:aberto

C) Criterios de adxudicación: oferta económicamente máis vantaxosa cun único criterio de valoración: o prezo. 4.

Tipo de licitación:

A) Orzamento de licitación: 371.900,82 €, IVE 78.099,17 € 5.

Adxudicación: Pleno do 27 de xaneiro de 2017

A) Contratista: Construcciones Piornedo S.L. B)

Nacionalidade: Española

C) Prezo de adxudicación: 319.500 (IVE incluido) D) Prazo de execución: 8 meses. O Corgo, 10 de maio de 2017.- O ALCALDE, José Antonio Ferreiro González R. 1433

COSPEITO Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación, o límite de gasto non financeiro, o orzamento xeral e o cadro de persoal do Concello para a exercicio 2017, en sesión celebrada o día 23 de maio de 2017, de conformidade co disposto no artigo 169.1 do Real decreto legislativo 2/2004, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante ese prazo poderán os interesados formular as reclamacións que estimen pertinentes. No caso de que transcorrido o prazo de información pública non se tivesen presentado reclamacións, o Orzamento considerarase definitivamente aprobado. En caso contrario, o Pleno disporá dun mes para resolvelas. Cospeito 25 de maio de 2017.- O alcalde, Armando Castosa Alvariño R. 1536

10

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

O INCIO Anuncio ALLEAMENTO DE VEHÍCULO MEDIANTE POXA Á ALZA A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 12 de maio de 2017, aprobou o procedemento de licitación para o alleamento, polo procedemento de poxa pública á alza, con posibilidade de presentar ofertas en sobre pechado, do vehículo seguinte: Marca: DAF Modelo: FA 45160 CT Matrícula: C4373BD O vehículo pode ser examinado polos licitadores interesados ata o día anterior ó remate do prazo da licitación nas dependencias anexas á Casa Consistorial (antigo mercado gandeiro). As bases do procedemento atopanse a disposición dos interesados nas oficinas do Concello de O Incio e na sede electrónica no portal de transparencia (http://concellooincio.sedelectronica.gal/transparency/6bfc8477c1c6-40da-9b26-0d7ee0a1b236). O Incio, 24 de maio de 2017.-A ALCALDESA, Laura Celeiro García R. 1515

LUGO Anuncio O Excmo. Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o 25 de maio de 2017, acordou aprobar os seguintes expedientes: 1.- APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL NÚM. 152, REGULADORA DAS TAXAS POR APROVEITAMENTOS ESPECIAIS DA VÍA PÚBLICA. 2.- APROBACIÓN INICIAL DO ESTABLECEMENTO E IMPLANTACIÓN DO PREZO PÚBLICO NÚMERO 406, REGULADOR DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO MUNICIPAL DE COMEDOR NOS CENTROS EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA. Os citados acordos iniciais estarán expostos ao público durante o prazo de trinta días mediante Edicto no Taboleiro de Anuncios da Corporación, e os expedientes administrativos poderán ser examinados nas dependencias de Facenda Local (Ronda da Muralla 197, 2º andar), para que durante o mesmo prazo os interesados poidan presentar as reclamacións que estimen oportunas. A dita exposición pública anunciarase no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e nun dos diarios de maior difusión da provincia, comezando a contar o prazo a partir do día seguinte ó da última destas dúas publicacións referidas; entendéndose como definitivos os acordos provisionais, de non se presentaren reclamacións a aqueles durante o dito período. O presente anuncio publícase para os efectos previstos no artigo 17 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. Lugo, 25 de maio de 2017.- A Vicesecretaria, María García Ferro.A Tenenta de Alcalde-Delegada da Área de Economía,Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto Nieto R. 1486

MONDOÑEDO Anuncio CONVOCATORIA DE EMPREGO O Excmo. Concello de Mondoñedo na Xunta de Goberno Local de data 19 de maio de 2017 aprobou a convocatoria e as bases para o seguinte proceso selectivo: .- Número e denominación do emprego: constitución dunha bolsa de emprego para a prestación do SAF .- Título académico: técnico en coidados auxiliares de enfermería (FP), Técnico de atención sociosanitaria (FP), certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; atención sociosanitaria a persoas no domicilio, ou equivalente homologado.

11

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

.- Outros requisitos: Dispor de permiso de conducir B e de vehículo para desprazarse .- Modalidade da contratación: contrato por obra ou servizo determinado .- Xornada: en función das necesidades do servizo .- Salario Bruto mensual (inclue a prorrata da paga extra): 1.060,50 € .- Funcións: Atención doméstica, atención persoais e axuda ás persoas dependentes. .- Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, desde o seguinte á publicación do presente anuncio no BOP. As persoas interesadas teñen á súa disposición as bases deste proceso, nas oficinas do Concello, de luns a venres de 08 a 15 h. No caso de solicitudes por correo, rógase aviso por fax ao 982 507 421. Mondoñedo.- 19 de maio de 2017.- A Alcaldesa, Mª. Elena Candia López R. 1523

OUROL Anuncio O Pleno do concello de Ourol, en sesión extraordinaria celebrada o día doce de maio de dous mil dezasete, aprobou provisionalmente o expediente de modificación de orzamento, crédito extraordinario/suplemento de crédito, con cargo ao remanente líquido de tesourería polo importe de cento vinte mil seiscentos euros, (120.600,00 €). En cumprimento do disposto no artigo 177.2, en relación co 169.1 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, exponse ao público polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría do Concello, coa finalidade de que durante este período de tempo, que comezará a contar dende o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se estimen pertinentes, as que deberán ser dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello. Ourol, doce de maio de dous mil dezasete.- O Alcalde-Presidente, José Luis Pajón Camba R. 1434

PARADELA Anuncio CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, 3 POSTOS DE OPERARIOS CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DO CONCELLO DE PARADELA, MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN. O Concello de Paradela, aprobou por Resolución da Alcaldía de data 18 de maio de 2017, as seguintes bases para a selección de persoal laboral temporal, para 3 postos de operarios condutores do vehículo motobomba do Concello de Paradela: “BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL, DE TRES (3) OPERARIOS CONDUTORES DO VEHÍCULO MOTOBOMBA DO CONCELLO DE PARADELA, EN CUMPRIMENTO DO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E A ENTIDADE LOCAL DE PARADELA, PARA A PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DURANTE OS ANOS 2016, 2017 E 2018, COFINANCIADO PARCIALMENTE CO FONDO EUROPEO AGRÍCOLA DE DESENVOLVEMENTO RURAL (FEADER) NO MARCO DO PDR DE GALICIA 2014-2020. ACTUACIÓN VEHÍCULO MOTOBOMBA EXERCICIO 2017. 1.

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

1.1 Obxecto É obxecto das presentes bases a contratación de persoal laboral temporal de tres (3) Operarios condutores do vehículo motobomba do Concello de Paradela, en cumprimento do convenio de colaboración subscrito coa Consellería do Medio Rural, por un período de tres meses no exercicio 2017. 1.2. Normas de aplicación: O proceso de selección regularase polo previsto nas presentes bases e no convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Paradela para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co FEADER no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e no non previsto nelas, polo establecido no Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei

12

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

do Estatuto Básico do Empregado Público; na Lei 30/84, de 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública; na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril; na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da Administración Local de Galicia; na Lei 2/2015, de 29 de abril ,de emprego público de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia no que non se opoña á Lei 2/2015,de emprego público de Galicia; Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado; Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e demais disposicións aplicables. 1.3. O sistema de selección da/os aspirantes será o de concurso – oposición. 1.4. A presente convocatoria e as bases publicaranse no boletín oficial da provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na páxina web www.paradela.es. 2.

MODALIDE DO CONTRATO.

2.1 O contrato de traballo temporal que se formalizará coas persoas seleccionadas será coas cláusulas específicas de obra ou servizo determinado, a tempo completo, previsto no artigo 15.1 a) do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores (TRET) e no artigo 2 do Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro. O réxime xurídico da relación laboral será de carácter laboral. Respecto a xornada dos operarios condutores, segundo o establecido no mencionado convenio que literalmente di así: “Manter operativo/s o/s vehículos motobombas durante cada un dos meses de vixencia do convenio, estando operativo/s dito/s vehículo/s polo menos 16 horas ao día, tendo plena dispoñibilidade, incluíndo nela os traballos en domingos, festivos e festas locais, así como as quendas de noite necesarias durante a vixencia do convenio, realizando labores de prevención e defensa contra os incendios forestais, sempre que non sexan requirido/s para a extinción destes”. 3.

FUNCIÓNS.

As funcións dos contratos laborais temporais que se celebren a resultas do proceso de selección dos 3 postos de operarios condutores do vehículo motobomba, serán as establecidas no convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de Paradela, para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marzo do PDR de Galicia 2014-2020. 4.

REQUISITOS DA/OS ASPIRANTES.

Para participar no proceso selectivo, a/os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes: a) Nacionalidade: a.1) Ter a nacionalidade española. a.2) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. a.3) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, e dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estivesen separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de 21 anos ou maiores de dita idade dependentes. b) Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. A/os aspirantes con discapacidade, farán constar na súa instancia se precisan adaptación para as obras. Segundo o establecido no convenio obxecto deste proceso de selección, os aspirantes seleccionados deberán realizar previamente á súa contratación un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, declararase ao aspirante decaído do seu dereito á contratación. c) Idade: ter cumpridos 18 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. d) Habilitación: non ter sido separada/o mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no

13

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. e) Titulación: Non se esixe estar en posesión de ningunha das titulacións do sistema educativo. f) Estar en posesión do permiso de conducir tipo C. 5.

SOLICITUDES

5.1. A solicitude para tomar parte no proceso de selección axustarase ao modelo que figura como Anexo II ás presentes Bases, que se facilitará no Rexistro Xeral do Concello e dirixirase ao Sr. Alcalde do Concello de Paradela, no prazo de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na súa páxina web www.paradela.es. Xunto coas instancias solicitando participar no proceso, deberá presentarse a seguinte documentación, orixinal ou copia compulsada: a) Documento nacional de identidade,pasaporte ou tarxeta de residente. A/os familiares dos anteriores, visado, e de selo caso, documentación acreditativa do vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa do cónxuxe ou ascendente do que dependa de que non está separado de dereito ou de que a/o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo. b) Permiso de conducir tipo C. c) Declaración responsable, asinado pola/o aspirante, de non estar afectada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administración públicas e de non ter sido separada/o do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, ou para exercer funcións similares ás que se desempeñaba no caso do persoal laboral, así mesmo declaración de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións, segundo o modelo que se insire nestas bases como Anexo II. No caso de ser nacional doutro Estado, declaración responsable, asinada pola/o aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. d) Relación - anexo III segundo a orde que se establece na base oitava dos méritos que a/os aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na mencionada base. 5.2. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de entrada do Concello de Paradela (Lugo), en horario de 9:00h a 14:00h de luns a venres, poderanse así mesmo, remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. A/os aspirantes que non presenten as solicitudes no rexistro do Concello de Paradela, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir unha comunicación por fax ao Concello de Paradela (982541232) ou correo electrónico [email protected], comunicando a presentación da solicitude co selo de correos ou do rexistro correspondente. 6.

ADMISIÓN DE ASPIRANTES.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de un mes, declarando aprobada a lista provisoria de admitida/os e excluída/os coa especificación do motivo da exclusión. Esta resolución publicarase de xeito integro no taboleiro de edictos da casa do Concello e na páxina web www.paradela.es, sinalándose un prazo de 5 días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. No caso de non haber excluídos nin que precisen do trámite de emenda, ditarase unha soa resolución coa lista definitiva de aspirantes admitidos, composición do tribunal, lugar e hora de realización das probas. Unha vez transcorrido o devandito prazo, o Alcalde ditará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na páxina web www.paradela.es, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou poderase interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no art. 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa. Nesta mesma resolución sinalarase o lugar e hora de realización das probas de oposición e a composición do tribunal cualificador. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesada/os a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o procedemento selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, a/os interesada/os decaerán en todos os dereitos que puideran derivar da súa participación no procedemento.

14

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

Os datos persoais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados unicamente para o fin do presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación. 7. ÓRGANO DE SELECCIÓN. O tribunal estará constituído por un número impar de membros, funcionaria/os de carreira ou persoal laboral fixo, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de suplentes, un da/os cales actuará coma presidente/a e outro coma secretario/a do tribunal. O Alcalde nomeará por decreto aos membros do tribunal e os seus suplentes e fixará a data da súa constitución, axustándose ao previsto no artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público, que será publicado no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na páxina web www.paradela.es Consonte ao establecido no devandito artigo o tribunal terá a seguinte composición: Presidente/a: Un/ha funcionaria/o de carreira ou persoal laboral pertencente ao grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada. Secretaria/o: a/o da Corporación ou persoa que faga as súas veces. Vogais: Tres funcionaria/os de carreira ou persoal laboral pertencentes ao grupo de clasificación profesional de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso á praza convocada. Na designación dos membros do tribunal garantírase a súa composición paritaria entre homes e mulleres, con só unha diferenza de un entre ambos os dous sexos, ao ser a súa composición impar. A/os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público. Así mesmo, a/os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas nas presentes bases, conforme o artigo 24 da Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia da/o presidente/a e da/o secretaria/o ou dos que legalmente os substitúan. O procedemento de actuación do tribunal axustarase ao disposto na Lei 40/2015, de 1 de outubro,de Réxime Xurídico do Sector Público, levantando acta de cada sesión. Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal. Os membros do tribunal así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas. O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias. 8. PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN. O procedemento de selección será o de concurso - oposición: 1) FASE DE OPOSICIÓN: PRIMEIRO EXERCICIO DE CARÁCTER OBRIGATORIO. Realización dun exercicio que consistirá en contestar por escrito a un cuestionario tipo test, de 10 preguntas con respostas alternativas das que só unha é correcta, baseadas no contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO I, durante un período de 20 minutos e determinado polo Tribunal. Esta proba puntuarase de 0 a 10 puntos, as respostas correctas valoraranse cada unha con 1,00 puntos. As non contestadas ou contestadas incorrectamente non penalizarán. 2) FASE DE CONCURSO: O baremo de méritos fíxase do seguinte xeito: A puntuación máxima total do concurso establécese en seis (6) puntos e será o resultado de sumar os méritos que se enumeran nos seguintes apartados cos límites que se sinalan para cada un deles: a) Experiencia profesional. Máximo (5,00) puntos. - Desempeñar ou ter desempeñado o posto de traballo obxecto deste proceso de selección, en calquera Administración Pública ou organismos autónomos de carácter administrativo dependentes da mesma, con contratos ou nomeamento feito pola propia Administración: 0,20 puntos por cada mes completo. Para acreditar estes traballos os interesados deberán presentar unha certificación da Administración de que se trate -excepto aqueles aspirantes que traballaron no Concello de Paradela, os cales unicamente terán que facelo constar e non terán que presentar a certificación a que fai referencia este parágrafo-, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada do nomeamento ou contrato de traballo subscrito para o

15

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

efecto e modelo oficial de vida laboral. De non presentarse a citada documentación, ou si se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos. - Desempeñar ou ter desempeñado o posto de traballo obxecto deste proceso de selección, en entidades privadas: 0,10 puntos por cada mes completo. Para acreditar estes traballos os interesados deberán presentar modelo oficial de vida laboral, onde conste o tempo traballado na categoría á que se opta, así como copia compulsada do contrato de traballo subscrito para o efecto. De non presentarse a citada documentación ou si se presenta outra diferente á aquí referida, a cualificación nesta alínea será de 0 puntos. Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes, en caso de contratación a tempo parcial valoraranse os servizos prestados de forma proporcional. b.) Formación. Máximo 1,00 puntos: Cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo, impartidos pola Administración Pública ou entidades delas dependentes ou homologados. Os cursos que, a xuízo do tribunal, non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcións propias do posto, non serán puntuados. - Cursos de 10 a 40 horas: 0,25 puntos. - Cursos de 41 a 75 horas: 0,50 puntos. - Cursos de 76 a 100 horas:0,75 puntos. - Cursos de máis de 100 horas: 1,00 puntos Forma de acreditar os méritos: Deberá presentar o título ou certificación expedido pola administración pública que o impartiu e /ou financiou, acreditativo da súa realización. Deberá estarse en posesión dos méritos alegados, como máximo, na data de expiración do prazo concedido para a presentación de instancias. O Tribunal, en ningún caso, poderá valorar o non achegado e probado pola/os aspirantes na documentación aportada coa solicitude, sen que sexa admisible a concesión de prazo ningún para emendas ou subsanacións con posterioridade ao día de remate do prazo de presentación daquela 9.

DESENVOLVEMENTO DO PROCESO DE SELECCIÓN.

O exercicio realizarase no prazo máximo de 20 días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas, anunciándose con tres días naturais de antelación, como mínimo, o comezo do primeiro exercicio, no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela e na páxina web www.paradela.es, o día, hora e lugar onde se celebrará a proba. Os anuncios sucesivos publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, na páxina web www.paradela.es e no lugar onde se realice o exercicio. Os aspirantes deberán presentarse para a realización do exercicio provistos de DNI ou documento oficial e fidedigno (pasaporte, carné de conducir,etc), acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal correspondente coa finalidade de acreditar a súa personalidade. A/os aspirantes serán convocados en único chamamento, sendo excluídos da oposición a/os que non comparecesen, agás nos casos debidamente xustificados e libremente valorados polo tribunal. As xustificacións ou probas formularanse dentro das vinte e catro (24) horas seguintes á celebración do exercicio ao que non compareceran. A/os opositores poderán desenvolver os exercicios de que conste o procedemento selectivo tanto en lingua galega como en lingua castelá, a súa libre elección. Para establecer a orde en que haberán de actuar os aspirantes naqueles exercicios nos que non poidan facelo conxuntamente, estarase ao resultado do sorteo publicado pola Resolución correspondente, que se realizou ao abeiro do establecido no Art. 9 do Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección de persoal de administración da Comunidade Autónoma de Galicia. O resultado final do proceso de selección, será a suma das dúas fases oposición e concurso, en caso de empate de puntuacións resolverase a favor dos aspirantes que acaden maior número de puntos na fase de oposición. De persistir o empate resolverase a favor dos aspirantes que acaden maior número de puntos no primeiro e segundo apartado, sucesivamente da fase de concurso. Se persiste o empate, resolverase por sorteo público. O Tribunal publicará no taboleiro de anuncios do Concello de Paradela, na páxina web www.paradela.es e no lugar onde se realizou o exercicio, a puntuación total do proceso selectivo (puntuación fase oposición, fase concurso e puntuación total), os aspirantes disporán dun prazo de 5 días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación, para efectuar as alegacións pertinentes. Rematado o prazo e tras resolver as alegacións efectuadas no seu caso, elevarase dita relación ao Sr. Alcalde-Presidente, que aprobará a relación de candidatos pola súa orde de prelación aos efectos da provisión dos postos de traballo obxecto deste proceso de selección, para a formalización dos correspondentes contratos laborais. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ao de postos que se convocan. Non obstante o anterior, e co fin de asegurar a cobertura dos mesmos cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados ou calquera outra circunstancia antes da formalización do contrato ou despois de celebrar o correspondente contrato laboral, así como para a cobertura

16

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

de posibles baixas, substitucións ,etc, o órgano convócante poderá requirir ao órgano de selección relación complementaria da/os aspirantes que sigan aos propostos, para a súa posible contratación. 10. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN E FORMALIZACIÓN DO CONTRATO. A/os aspirantes seleccionada/os deberán realizar previamente á súa contratación, un recoñecemento médico e unha proba física de esforzo para garantir as súas condicións de saúde para o traballo a realizar. De non superar o recoñecemento médico e a proba física de esforzo, se declarará o/a aspirante decaído do seu dereito á contratación. Igualmente a/os aspirantes seleccionados deberán realizar un curso teórico - práctico de formación sobre prevención e defensa contra os incendios forestais de 16 horas. Este curso será obrigatorio, aínda que os compoñentes do equipo do vehículo motobomba xa o recibisen en anos anteriores. Trala superación do recoñecemento médico e a proba de esforzo, a/os candidata/os propostos para seren contratada/os deberán achegar no prazo máximo de 2 días hábiles, a seguinte documentación, agás que xa a presentaran anteriormente xunto coas instancias de participación: a) Copia compulsada da tarxeta da Seguridade Social. A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base e agás nos casos de forza maior ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 4ª, non poderán ser contratados sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude de participación. Neste caso se procederá a notificar ao candidata/o que obtivese a seguinte maior puntuación para que aporte a referida documentación, procedéndose do mesmo xeito que no suposto anterior. Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesada/os, o Sr. Alcalde resolverá o proceso e se formalizarán os contratos de traballo temporal, coas cláusulas específicas de obra ou servizo determinado por un período de 3 meses, a xornada completa, vinculados ao convenio subscrito entre a Consellería do Medio Rural e a entidade local de Paradela para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, actuación dun vehículo motobomba. 11. IMPUGNACIÓN. Estas bases, a súa convocatoria e cantos actos administrativos deriven da mesma, así como as actuacións do Tribunal poderán ser impugnadas pola/os interesada/os nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa . En Paradela, a 18 de maio de 2017.- O Alcalde-Presidente, José Manuel Mato Díaz ANEXO I.-TEMARIO Tema 1 Concello de Paradela. Termo municipal. Poboación. Datos de interese do municipio. Distribución xeográfica e parroquial. Tema 2 Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (PLADIGA),

17

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

ANEXO II ) MODELO DE INSTANCIA PARA PARTICIPAR NO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DE TRES (3) POSTOS DE TRABALLO DE OPERARIOS CONDUTORES DO VEHICULO MOTOBOMBA DO CONCELLO DE PARADELA, EN RÉXIME DE DEREITO LABORAL TEMPORAL, MEDIANTE O SISTEMA DE CONCURSO-OPOSICIÓN. D/ª.........................................................................................................................................provisto/a de D.N.I. nº...................................... con enderezo na R/................................................................................... nº................................piso................,C.Postal..........................................Localidade.................................... Municipio..............................Provincia......................Teléfono.................................... Enterado/a da convocatoria pública realizada polo Concello de Paradela para a contratación laboral temporal (coas clausulas específicas de obra ou servizo determinado), a xornada completa, de tres (3) postos de traballo de Operarios condutores do vehiculo motobomba do Concello de Paradela en cumprimento do convenio de colaboración subscrito entre a Conselleria do Medio Rural e o Concello de Paradela, para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais, mediante a actuación dun vehículo motobomba, por un período de tres meses no exercicio 2017. DECLARO: PRIMEIRO.- Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reúno tódalas condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo. SEGUNDO.- Que non estou afectada/o por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico, que me impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes a praza á que opto e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, ás Comunidades Autónomas ou ás Entidades Locais, nin estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas; -no caso de ser nacional doutro Estado, de que non estou inhabilitado ou en situación equivalente, nin estou sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que me impida, no meu Estado, nos mesmos termos, o aceso ao emprego público. TERCEIRO.- Que autorizo ao Concello do Paradela para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e D.N.I.) e das posibles causas de exclusión, no taboleiro de anuncios do concello, na páxina web www.paradela.es, lugar de realización dos exercicios e calquera outro medio que se estime, ao ser a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección. CUARTO.- Solicita/o ser admitida/o a participar no referido procedemento comprometéndome a someterme ás bases que o regulan e presentando a documentación seguinte: (TACHAR O QUE PROCEDA) o DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia o Permiso de condución en vigor tipo C. o Relación dos méritos que alego para a súa valoración - Anexo III, e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido na base oitava. …………………………............................................, ...... de.................de 2017

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PARADELA En relación co establecido na L.O.P.D de Carácter persoal o CONCELLO DE PARADELA, procede a informarlle que os datos obtidos no noso formulario serán incorporados a un ficheiro de datos, do que é responsable o CONCELLO DE PARADELA, con domicilio social na R/ CABALEIROS DE SANTIAGO, 15.- 27611.- PARADELA.LUGO. Sendo os datos obtidos co consentimento do interesado, art. 6 L.0.P.D. o obxecto de dito tratamento será para a xestión das relacións contractuais establecidas entre o Concello e o solicitante. O interesado gozará en todo momento dos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición garantidos pola Lei vixente.O titular dos datos comprométese a comunicar por escrito o CONCELLO DE PARADELA, calquera modificación que se produza nos datos aportados.

18

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

ANEXO III (RELACIÓN DETALLADA DOS MÉRITOS APORTADOS E ACREDITADOS) EXPERIENCIA PROFESIONAL Servizos realizados como Operario condutor vehículo motobomba para a prevención e defensa contra incendios forestais. Categoría

Administracións Públicas/Entidades privadas

Duración contrato ou nomeamento

Data inicio

FORMACIÓN Denominación

Data: O/A solicitante Asdo: “

Centro impartición

Duración

Data Remate

19

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

R. 1435

RIOTORTO Anuncio A Xunta de Goberno Local deste Concello, aprobou as bases en sesión ordinaria celebrada o día 09 de maio de 2017 que han de rexer no outorgamento de subvencións para o ano 2017. Obxecto: O obxecto das subvencións é a realización de actividades culturais e deportivas, segundo a definición contida no artigo 9 da Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Riotorto, publicada no B.O.P. de 8 de marzo de 2007 e realizadas dende o 01/01/2017 ata o 30/11/2017. Requisitos que deben reunir os beneficiarios: As persoas físicas ou xurídicas que realicen actividades de carácter cultural ou deportivo, así como as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos ou actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Deberán ter o seu domicilio fiscal no concello de Riotorto. Partida presupostaria: 334-480. Prazo de presentación de solicitudes: As solicitudes de subvención deberanse presentar no Rexistro Xeral do Concello de Riotorto, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Tamén poderá presentarse na forma establecida na Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Modelo de solicitude: Obrante na Secretaría Municipal. BOP de publicación da ordenanza xeral de subvención: 8 de Marzo de 2007, 27 de Marzo de 2007 e 19 de Xaneiro de 2009. Riotorto, 16 de maio de 2017.- O Alcalde, Clemente Iglesias González. R. 1436

XERMADE Anuncio Por Decreto de Alcaldía de 24 de maio de 2017, foron aprobadas as bases específicas para a selección e posterior contratación de cinco traballadores/as para a formación dunha “brigada de prevención e defensa contra incendios”, ao abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Xermade para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, para os seguintes postos: - 1 Xefe de brigada. - 1 Peón condutor. - 3 Peóns de brigada. Duración dos contratos: 3 meses Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes ao de publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Máis información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica. Este proceso selectivo está exento de taxas. Xermade, 24 de maio de 2017.- O alcalde, Roberto García Pernas R. 1537

20

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

MINISTERIO DE AGRICULTURA E PESCA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA De conformidad con lo establecido en el Art. 164 del Reglamento del Dominio Público Hidráulico de 11 de abril de 1.986 (B.O.E de 30 de abril) y sus posteriores modificaciones, la Confederación Hidrográfica del Cantábrico ha acordado iniciar de oficio expedientes de extinción del derecho al uso privativo de las aguas por haber expirado el plazo concesional, correspondientes a las concesiones de aprovechamiento de aguas, sobre los que no constan servidumbres, cuyos datos registrales se relacionan a continuación: EXPEDIENTE

TITULAR

RÍO

MUNICIPIO

CAUDAL (l/seg)

RESOLUCIÓN Fecha/Autoridad

Nº INSCRIPCIÓN

A/27/03212

Comunidad de Usuarios de Aguas de As Boucigas

Manantial Lavandeira

A Pontenova

..........

20/03/1995

4033

Lo que se hace público a efectos de notificación para general conocimiento, por un plazo de UN MES, contado a partir de la fecha de publicación en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren afectos por la extinción de las referidas concesiones, incluidos los titulares del derecho puedan manifestar lo que consideren conveniente, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de A Pontenova o bien en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España, nº 2, 33071- Oviedo). Oviedo. La Titulada Superior de Gestión y Servicios Comunes. R. 1439

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA De conformidad con lo establecido en el Art. 164 del Reglamento del Dominio Público Hidráulico de 11 de abril de 1.986 (B.O.E de 30 de abril) y sus posteriores modificaciones, la Confederación Hidrográfica del Cantábrico ha acordado iniciar de oficio expedientes de extinción del derecho al uso privativo de las aguas por haber expirado el plazo concesional, correspondientes a las concesiones de aprovechamiento de aguas, sobre los que no constan servidumbres, cuyos datos registrales se relacionan a continuación: EXPEDIENTE

TITULAR

RÍO

MUNICIPIO

A/27/035512

Julio Mera

Cubilledo

Baleira

Dorado

CAUDAL (l/seg)

RESOLUCIÓN Fecha/Autoridad

Nº INSCRIPCIÓN

24/02/1995

4050

Lo que se hace público a efectos de notificación para general conocimiento, por un plazo de UN MES, contado a partir de la fecha de publicación en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren afectos por la extinción de las referidas concesiones, incluidos los titulares del derecho puedan manifestar lo que consideren conveniente, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Baleira, o bien en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España, nº 2, 33071- Oviedo). Oviedo. La Titulada Superior de Gestión y Servicios Comunes. R. 1440

CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/01661 El Ayuntamiento de Cospeito, con domicilio en AV\ da Terra Chá nº 77,- A Feira do Monte, 27377 - Cospeito (Lugo), solicita la modificación de características de la concesión de un caudal de 28,03 l/s de agua procedente

21

Núm. 123 – Xoves, 31 de maio de 2017

BOP de Lugo

de Fonte dos Reás, Fonte de Fontoira, Fonte O Barreiro y un pozo, situados en el término municipal de Cospeito (Lugo), con destino al abastecimiento de Rioveso, Goá, Seixas, Sistallo, Santa Cristina, Roás, Vilapene, Cospeito, Pino, Xermar, Támoga, Lamas, Vilar, Arcillá, Bestar y Sisoi. La captación se realiza desde cuatro puntos diferentes: Fonte dos Reás, Fonte de Fontoira, Fonte O Barreiro y un pozo. El agua de la captación Fonte dos Reás se recibe a través del lecho filtrante y se recoge con dos pozos receptores que se comunican entre sí con un tercer pozo de bombeo. Estas aguas van directamente a las ETAP y desde aquí salen hacia el depósito de Pino de 1.500 m3 de capacidad. Las aguas de Fonte de Fontoira se captan en el propio manantial y se conducen mediante tubería al depósito de regulación. Las aguas de la Fonte de Barreiro, se recogen mediante una arqueta en la que se aloja una tubería por la que circulan las aguas; todo esto se encuentra dentro de una caseta. Las aguas de estos dos últimos manantiales se recogen en el depósito regulador en “Ponte Felín”, para posteriormente ser bombeadas al depósito regulador (intermedio) situado en la entrada del núcleo de Feira do Monte, que sirve como regulador de caudal para el depósito de abastecimiento. A este depósito también llegan las aguas del pozo de 90 m de profundidad situado a su lado. Por último está el depósito de Feira do Monte, que es circular de 15 m de diámetro, el cual recibe las aguas del depósito regulador (intermedio). Desde éste depósito las aguas son distribuidas al núcleo de Feira do Monte y parroquias cercanas. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Cospeito , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 12 de mayo de 2017.- EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López R. 1441

Anuncio Expediente: A/27/24380 De acuerdo con lo previsto en el artículo 116 del Reglamento de Dominio Público Hidráulico aprobado por Real decreto 849/1986 de 11 de abril (B.O.E. del día 30), se hace público, para general conocimiento, que por resolución de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, de fecha 09 de marzo de 2017 y como resultado del expediente incoado al efecto, le ha sido otorgada a la Comunidad de Usuarios de Agua de las Fontes do Rocho de Ferreiro, la oportuna concesión para aprovechamiento de 0,166 l/s de agua procedente de 2 manantiales, en el lugar de Fontabuín, parroquia de A Veiga (Santiago), T.M. de Sarria (Lugo), con destino a uso doméstico, ganadero y riego de 0,008 has, en el lugar de Larín, parroquia de Larín (San Salvador), T.M. de Láncara (Lugo). Lugo, 12 de mayo de 2017.- EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López R. 1442

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 31.05.2017 15:17:14 CEST Razón: Localización: España