2016 - Deputación de Lugo

28 abr. 2016 - 1-LMT soterrada a 20KV con orixe nun paso aéreo a soterrado sobre celosía metálica proxectada .... O Alcalde, José Angel Santos Sánchez.
460KB Größe 9 Downloads 150 vistas
JUEVES, 28 DE ABRIL DE 2016

Nº 097

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO Anuncio Resolución do 12 de abril do 2016 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, asi como a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica “Modificado n.º. 1 ao proxecto para desdobre actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-Centro de reparto Morin” no concello de Monforte de Lemos (exp. 002/2016 AT.) Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) en relación co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, (BOE núm. 310 do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na citada lei 24/2013, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa, e de construción, asi como a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica: Denominación: Modificado n.º. 1 ao proxecto desdobre actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-Centro reparto Morin. Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A. Domicilio social: A Batundeira 2-Velle-Ourense. Finalidade: Mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona. Características técnicas principais: 1-LMT soterrada a 20KV con orixe nun paso aéreo a soterrado sobre celosía metálica proxectada (C-16/4500) D36-31, e final no centro de reparto proxectado Morín, cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo RHZ-240. 2-LMT soterrada a 20KV con orixe no centro de reparto proxectado Morín e final en conexión en punto de acceso a rede proxectado coa LMT soterrada existente cara o CT existente Guntiar, cunha lonxitude de 11 metros en condutor tipo RHZ-240. 3- LMT soterrada a 20KV con orixe no centro de reparto proxectado Morín e final en conexión en punto de acceso a rede existente coa LMT soterrada existente MOF810, cunha lonxitude de 161 metros en condutor tipo RHZ-240. 4-Centro de reparto prefabricado Morín, cunha potencia de 250KVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V no cal se instalan tres celas de liña e unha de proteción. 5- RBT soterrada con orixe no centro de reparto proxectado Morín e final nun paso aéreo a soterrado da RBT do centro de reparto proxectado Morín, cunha lonxitude de 286 metros en condutor tipo XZ1. 6-RBT aérea con orixe nun paso aéreo a soterrado da RBT do centro de reparto proxectado Morín e final en conexions coa RBT aérea existente, cunha lonxitude de 42 metros en condutor tipo RZ. A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro). A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución. Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Ronda da Muralla 70)

2

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles a contar dende o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual. Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde. Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito aos únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño) Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE núm. 285, do 27 de novembro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954. Lugo, 12 de abril de 2016.- A xefa territorial, Pilar Fernández López REF. CATASTRAL PARC Nº

1

CULTIVO

2605012PH2120N

Prado

PROPIETARIO LUGAR

NOME, APELIDOS E ENDEREZO

Hrdos. de D. Luis Barreira Pérez rpta. José Luis Valcarce López y Teresa Rodríguez Ranverde Pérez Avda. Alfonso Rguez. Castelao 1-2º A 32004 Ourense

AFECCIÓN APOIO C.T. CASETA Sup Pleno dominio Nº Ocupada m2 m2

1

4

34

R. 1157

Anuncio Resolución do 12 de abril de 2016 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (Expediente IN407A 2015/111-2, 8304-AT) Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE nº.. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro,(BOE nº. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe: - Solicitante: Unión Fenosa Distribución S.A. - Domicilio Social: A Batundeira 2- Velle- Ourense - Denominación: Adecuación liña eléctrica aérea de 20 kV. CHA810. - Situación: concello de Chantada. - Características Técnicas: 1-Liña de media tensión aérea a 20 kV. con orixe no apoio n.º. 13 existente da LMT CHA810 e final no apoio n.º. 16 proxectado, cunha lonxitude de 591 metros en condutor LA-110. 2-Liña de media tensión soterrada a 20 kV. con orixe no apoio n.º. 16 proxectado e final no apoio n.º. 17 proxectado, cunha lonxitude de 330 metros en condutor tipo RHZ1-240. 3-Liña de media tensión aérea a 20 kV. con orixe no apoio n.º. 17 proxectado da LMT CHA810 e final no apoio n.º. 18 existente, cunha lonxitude de 272 metros en condutor LA-110. Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na Rolda da Muralla nº. 70-baixo 2- Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

3

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

Lugo, 12 de abril de 2016.- Pilar Fernández López, Xefa territorial de Lugo R. 1158

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Inés Escourido Novás solicita de Augas de Galicia un caudal de 0,0405 l/seg de augas procedente dun pozo, no lugar de Canelas, da parroquia de Portocelo, no concello de Xove (Lugo), con destino a rega. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 109 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.A27.50180. As características do aproveitamento son: SOLICITANTE:

Inés Escourido Novás

CAUDAL:

0,0405 litros/segundo

DESTINO:

rega

ORIXE:

pozo (na parc. 257 do pol. 62)

LUGAR:

Canelas

PARROQUIA:

Portocelo

CONCELLO:

Xove

Descrición: A auga extraese dun pozo de barrena cunha bomba somerxible de 0,55 cv de potencia. Bombéase a un depósito de poliéster na parte superior da finca 257 do polígono 62 dende onde se usan para regar. O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días naturais a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Xove ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla nº 70-2º andar, 27071, Lugo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 14 de abril de 2016.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 1159

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Álvaro Prieto García, solicita de Augas de Galicia autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.52748. As obras solicitadas consisten na ampliación e rehabilitación dunha vivenda unifamiliar no lugar de Alamparte na zona de policía do río Alemparte na parroquia de Cangas do concello de Foz (Lugo). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Foz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 14 de abril de 2016.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 1160

4

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN Anuncio No Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 041 do día 19 de febreiro de 2008, publicanse as Bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión, inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, asi como o alcance e contido da delegación efectuada, entre outros polo Concello de PANTÓN, sendo tamén publicado no Diario Oficial de Galicia número 46 do día 5 de marzo de 2008. No Boletín Oficial da Provincial número 286 do día 13 de decembro de 2008 publicase a reforma das citadas bases. O Concello de PANTÓN amplía a delegación de competencias, a cal foi aprobada polo acordo adoptado polo Pleno da Corporación Municipal en sesión plenaria extraordinaria, celebrada o día 28 de abril de 2015, que é aceptada pola Deputación Provincial (decreto núm. 0550 de data 17 de marzo de 2016), segundo o tenor literal seguinte: “PRIMEIRO.- Incorporar ao acordo de delegación de competencias a favor da Deputación Provincial de Lugo en materia de xestión, inspección e recadación, en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, aprobado polo Pleno do Concello en data 02/03/2013 o seguinte punto: - Imposto sobre incremento de valor de terreos de natureza urbana SEGUNDO.- Remitir certificado do presente acordo á Deputación Provincial de Lugo para o seu coñecemento e demais efectos. TERCEIRO.- Facultar o alcalde para a sinatura de canto documento sexa necesario para a execución do presente acordo”. Lugo, 20 de abril de 2016.- O PRESIDENTE, P. D. Decreto nº 2616/2015, de data 26-10-2015, A Deputada Delegada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mª del Pilar García Porto.O Secretario Xeral, Manuel Castiñeira Castiñeira R. 1175

CONCELLOS FRIOL Anuncio Por acordo da Xunta de Goberno Local na sesión celebrada o día 11 de abril de 2016, acordouse a adxudicación das obras de “Construcción de edificio para centro social en A Purreira “. O que se fai público aos efectos previstos no art. 154 do R.D Lexislativo 3/2011 de 14 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de contratos do sector público. 1.- Entidade Adxudicataria : Construcciones Cholo S.L. 2.- Obxeto do contrato: Construcción de edificio para Centro Social en A Purreira. 3.- Procedemento negociado sen publicidade polo precio de 59.600,00 € e 12.516,00 € de IVE o que fai un total de 76.116,00 €, e un prazo de garantía (a maiores do esixido) de 20 meses. 4.- Formalización del contrato: 14.04.2016 Friol, a 18 de abril de 2016.- O Alcalde, José Angel Santos Sánchez R. 1162

GUITIRIZ Anuncio DELEGACION DAS ATRIBUCIONS DE ALCALDIA Por resolución de alcaldía do día 19/04/2016 delegouse na primeira tenente de alcalde, dona Laura Ageitos Miragaya, as atribucións de alcaldía entre os días 20 a 24 de abril, ámbolos dous inclusive. No caso de ausencia da primeira tenente de alcalde, exercerá as atribucións de alcaldía o segundo tenente de alcalde, don Carlos Plácido Buján López. O que se publica de acordo co previsto no artigo 44.2 do RD 2568/1896, de 28 de novembro.

5

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

Guitiriz, 19 de abril de 2016.- A ALCALDESA, Regina Polín Rodríguez R. 1176

GUNTÍN Anuncio Aprobado definitivamente o expediente administrativo de modificación de crédito 2/2016, no orzamento do Concello de Guntín para o ano 2016, ao non presentarse ningunha reclamación no período de exposición ao público de aquel (BOP Nº073 de data 31/03/2016) en aplicación do disposto no artigo 169, 170, 171 e 179 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e do R.D. 500/90 de 20 de abril, faise público que despois do devandito expediente, o resumo por capítulos do orzamento de gastos quedaría da seguinte forma: ESTADO DE GASTOS CAPÍTULO 1 2 3 4 6 9

DENOMINACIÓN A)OPERACIÓNS CORRENTES Gastos de Persoal Gastos correntes en Bens e servizos Gastos financieiros Transferencias correntes B)OPERACIÓNS DE CAPITAL Inversións reais Pasivos financieiros TOTAL GASTOS

IMPORTE 542.404,44 780.621,12 0,00 82.400,00 232.635,52 0,00 1.638.061,08€

Contra o presente acordo, en virtude do disposto no artigo 171 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo na forma e prazos establecidos nos artigos 25 a 42 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora de dita xurisdicción. Sen prexuízo disto, a tenor do establecido no artigo 171.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, a interposición de dito recurso non suspenderá por si soa a efectividade do acto ou acordo impugnado. En Guntín a 20 de abril de 2016.. O Alcalde, Jesús Carreira Ferreiro. R. 1163

SARRIA Anuncio RESOLUCIÓN Nº 27/2016. RESOLUCIÓN DA VICEPRESIDENCIA APROBANDO AS BASES E A CONVOCATORIA Visto o Decreto Nº 09/14 del OO.AA. Residencia de Maiores “NOSA SEÑORA DO CARME”, polo que se establece o protocolo polo que se rixen os chamamentos das persoas incluídas nas bolsas de emprego para cubrir ó persoal do OO.AA. Residencia de Maiores “NOSA SEÑORA DO CARME “ e vistas as listas de contratación na cal non existen aspirantes que se encontren de alta nas mesmas para cubrir as distintas necesidades de servizo esixidas pola inspección de Asuntos Sociais para cubrir a rateo mínima de persoal de atención directa esixida pola normativa de atención a persoas dependentes, procédese a apertura das mesmas nas diferentes categorías profesionais recollidas no Convenio Colectivo do OO.AA. Visto que é necesario cubrir prazas de Camareira Limpiadora en réxime de persoal laboral temporal, mediante o sistema de concurso-oposición, en vista da necesidade de dispoñer do persoal necesario para cubrir as baixas, vacacións, e demais supostos nos que sexa necesario complementar o suplir ó persoal da Residencia de Anciáns “A Nosa Señora do Carme”, Organismo Autónomo do Concello de Sarria. Examinadas as bases da convocatoria para o acceso á Bolsa de Emprego de Camareira Limpiadora, en relación coa selección de persoal comentada, e de conformidade co artigo 7 dos Estatutos deste Organismo Autónomo. RESOLVO PRIMEIRO. Aprobar as seguintes bases reguladoras das probas selectivas para cubrir a/s praza/s arriba referenciada/s, en réxime de persoal laboral, mediante o sistema de concurso-oposición.

6

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

BASES PARA A CONVOCATORIA ACCESO Á BOLSA DE EMPREGO PRIMEIRA. Obxecto da Convocatoria O Obxecto das presentes Bases é a convocatoria para o acceso á Bolsa de Emprego de Camareira Limpiadora, á os efectos de dispoñer do persoal necesario para cubrir as baixas, vacacións, e demais supostos nos que sexa necesario complementar o suplir ó persoal da Residencia de Anciáns “A Nosa Señora do Carme”, Organismo Autónomo do Concello de Sarria. As prazas referidas están adscritas a Residencia de Maiores de Sarria e as funcións que teñen encomendadas son as seguintes: Realizará o seu traballo ás ordenes da gobernanta ou da Dirección. Desenvolverá, entre outras, as seguintes funcións: Facer as camas dos residentes que non están encamados. Realiaza-las tarefas propias de comedor, servizos de camareira e atención ós residentes nos locais do centro. Realiza-las función propias de lavandería, lencería, uso e atención da maquinaria, dándolle-la mellor utilización ós materiais. Realiza-las tarefas propias da limpeza dos cuartos e zonas común procurando ocasionarlles tan poucas molestias como poida ós residentes. Comunicaralle ó seu xefe inmediato ou a Dirección as anomalías ou defectos, desorde manifesto, avarías, etc,. Que observou no desenvolvemento das súas tarefas. SEGUNDA. MODALIDADE DO CONTRATO A modalidade do contrato é temporal, segundo o establecido no Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores. A retribución neta será fixada segundo o Convenio Colectivo da Residencia de Anciáns. TERCEIRA. CONDICIÓNS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES De conformidade co artigo 56 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público., para poder participar nos procesos selectivos será necesario: Ter a nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo seguinte. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso do persoal laboral, no que fose separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. Estar en posesión do Graduado Escolar ou Certificado da E.S.O. Ter realizado o curso de Manipulador de Alimentos . Curso de Limpeza e hixiene. Estar en posesión do carné de conducir clase B, e dispoñibilidade de vehículo para as necesidades do servizo. CUARTA. FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES Os que desexen participar na selección deberán solicitalo mediante a instancia que se achega, nos 5 días seguintes á publicación do anuncio da presente convocatoria no BOP, podendo examinar as bases na páxina WEB do Concello de Sarria e no Taboleiro de anuncios da Residencia de Maiores “Nosa Señora do Carmen” e no portal de transparencia. Dirixirase á Presidenta/o do Organismo Autónomo da Residencia de Maiores “Nosa Señora do Carmen”, e poderase presentar no Rexistro desta entidade local, nos días laborais (o horario de oficina é das 9:00-14:00 horas de luns a venres e ata as 13:00 horas os sábados); ou por calquera medio dos previstos na Lei 30/92 de Rexime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, segundo o modelo oficial que se xunta como Anexo I das presentes bases. No caso de non presentarse por rexistro, o/a interesada comunicará a súa solicitude de participación no proceso selectivo mediante fax: 982530916 Os/as aspirantes que precisen adaptacións no tempo e medios para a realización das probas, por estar afectados por algunha discapacidade, indicarano, a fin de que podamos adoptar as medidas oportunas. Á instancia xuntarase a fotocopia do DNI, os documentos que xustifiquen os méritos alegados na fase de concurso, e o currículum vitae. Neste último especificaranse os seguintes apartados:

7

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

a) Titulacións académicas que se posúen. b) Diplomas dos cursos recibidos que estean vinculados ás funcións do posto de traballo, co número de horas de formación. c) Experiencia profesional, especificando a categoría profesional, a duración da xornada ou o número de horas, no caso de tratarse de prácticas. A acreditación deste apartado realizarase mediante contrato de traballo e o informe da vida laboral da TXSS; ou ben a través do certificado que emita o órgano competente da empresa ou a Administración correspondente onde se desenvolveu a actividade profesional ou as prácticas: orixinal ou fotocopia. QUINTA. ADMISIÓN DE ASPIRANTES Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, publicarase no taboleiro do Concello, na web e no portal de transparencia, a lista de admitidos e excluídos e sinalarase a causa de exclusión. O prazo para a subsanación de defectos será de 3 días. No caso de non haber aspirantes excluídos omitirase este prazo. Na dita resolución determinaranse os extremos seguintes:

- Lugar, data e hora de comezo do exercicio - Composición do Tribunal - Lugar en que permanecerá exposta a lista definitiva - Relación de aspirantes excluídos. Os aspirantes serán convocados para o exercicio en chamamento único. De non asistir, quedarán decaídos no seu dereito. A publicación dos anuncios das probas efectuarase polo tribunal no taboleiro desta entidade local. SEXTA. TRIBUNAL CUALIFICADOR Os Tribunais cualificadores estarán constituídos por: — Presidente. — Secretario. — Tres Vogais. Así mesmo, segundo o artigos 59 Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia e 60 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, os tribunais que xulguen as probas selectivas non poderán estar compostos maioritariamente por persoal funcionario dos corpos ou escalas de que se trate, así mesmo ningunha persoa integrante terá titulación inferior á esixida para a admisión ás probas. A abstención e recusación dos membros do Tribunal será de conformidade cos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. SÉTIMA. SISTEMAS DE SELECCIÓN E DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS

A) FASE OPOSICIÓN (6 PUNTOS): Único exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio: Consistirá na realización de unha proba de aptitude eliminatoria e obrigatoria para os/as aspirantes, proposta polo Tribunal, atendendo ás características típicas do posto de traballo. O exercicio será cualificado entre O e 6 por cada un dos integrantes do Tribunal. A nota media resultante de todas as notas individuais determinará o resultado nesta fase. Será preciso obter unha cualificación igual ou superior a tres puntos para superar este exercicio. Os candidatos deberán acudir provistos do DNI ou, no seu defecto, pasaporte ou carné de conducir.

B) FASE DE CONCURSO (4 PUNTOS): Para pasar á fase de concurso, os/as aspirantes deberán superar previamente a fase de oposición. A fase de concurso valorarase ata un máximo de 4 puntos en función da documentación que achegen os/as aspirantes. Non serán obxecto de cualificación aqueles méritos que non se presentaran no tempo e na forma prescrita. O baremo que será utilizado é o seguinte: 1.- EXPERIENCIA PROFESIONAL: Por estar desempeñando ou haber desempeñado postos de traballo relacionados co obxeto das bases da convocatoria: 0,10 PUNTOS por cada mes de servizo en postos similares, ata un máximo de 2 PUNTOS.

8

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

Os servicios prestados acreditaranse mediante presentación do modelo oficial de vida laboral e as copias compulsadas dos contratos acreditativos da relación laboral do/da aspirante. En todo caso o/a aspirante deberá acreditar as funcións ou tarefas que desempeñaba. (punto cuarto destas bases) 2.- FORMACION COMPLEMENTARIA: Por outros cursos relacionados co posto de traballo, ata un máximo de 1,5 PUNTOS. Coa seguinte valoración: De ata 50 horas, 0,10 puntos. De máis de 51 horas, 0,20 puntos. Os cursos acreditaranse mediante a presentación de certificacións ou dos diplomas xustificativos da sua realización. 3.- CURSOS DE GALEGO: ● Iniciación ou certificación de aptitude do Celga 3, 0,25 PUNTOS ● Perfeccionamento ou certificado de aptitude do Celga 4, 0,5 PUNTOS A PUNTUACIÓN MÁXIMA SERÁ DE 0,5 PUNTOS E VALORARASE SÓ O DE MAIOR PUNTUACIÓN. Os cursos acreditaranse mediante a presentación de certificacións ou dos diplomas xustificativos da sua realización. OITAVA. RELACIÓN DE APROBADOS, PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS E NOMEAMENTO. Unha vez concluida a realización e cualificación dos exercicios e valorados os méritos, o Tribunal publicará no Taboleiro de anuncios deste concello, a relación de aprobados por orden de puntuación que, para cada aspirante, será a suma das puntuacións obtidas no exercicio da fase de oposición incrementada coa correspondente á fase concurso; así como o orden de composición da bolsa de traballo por rigoroso orden de puntuación obtida. No suposto de igual puntuación, atenderase a maior puntuación obtida no exercicio práctico. De persistir o empate resolverase a favor do de maior idade. Os aspirantes propostos aportarán ante a Administración, dentro do prazo de cinco días naturais, os documentos acreditativos das condicións de capacidade e requisitos esixidos na convocatoria. Aqueles que dentro do prazo indicado, e salvo os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou da mesma deducísese que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación. DÉCIMA. FUNCIONAMENTO DA BOLSA DE TRABALLO. Todas as persoas que superen o proceso de selección serán incluídas nunha bolsa de traballo para as futuras contratacións que resulten necesarias a fin de cubrir vacantes por baixas, vacacións, e demais supostos nos que sexa necesario complementar o suplir ó persoal da Residencia de Anciáns “A Nosa Señora do Carme”, Organismo Autónomo do Concello de Sarria, ordenadas segundo a puntuación obtida. 1. Os seleccionados serán chamados mediante un sistema de dobre chamada telefónica, na cal si o aspirante non responde, realizarase un segundo intento deixando transcorrer un tempo de quince minutos. Si efectuado o segundo intento non responde a chamada, o aspirante perde o dereito a ese contrato e pasará a ocupar o último lugar da bolsa de emprego. 2. O integrante da bolsa de emprego que obteña un contrato a través da mesma causará baixa na mesma ata que finalice dito contrato. Unha vez finalizado volverá a causar alta na bolsa de emprego no posto da mesma que lle corresponda en relación os puntos obtidos. 3. A renuncia a un posto ofertado suporá o pase do aspirante ao último lugar da bolsa de emprego, salvo que concorra unha das seguintes circunstancias: Parto, baixa por maternidade ou situacións asimiladas. Enfermidade grave que impida a asistencia ao traballo, sempre que se acredite debidamente. Exercicio de cargo público representativo que imposibilite a asistencia ao traballo 4. O aspirante que se encontre nalgunha das circunstancias anteriores causará baixa na bolsa de emprego ata que a causa desapareza e se acredite debidamente ante a Dirección ou responsable do Organismo Autónomo, volvendo de este xeito a causar alta na bolsa de emprego no mesmo posto que se encontraba. 5. Cando se produza unha renuncia a un posto ofertado, o aspirante deberá persoarse no Organismo Autónomo “Nosa Señora do Carme “dentro de 3 días hábiles o para firmar a renuncia ou ben presentar unha acreditación correspondente de encontrarse nalgún dos supostos mencionados no punto 3. E de non ser así será expulsado da bolsa de emprego. 6. Asuma de tres renuncias nas que non se de ningunha das circunstancias concretadas anteriormente citadas supoñerá a expulsión da bolsa de emprego. UNDÉCIMA. INCIDENCIAS. As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas de conformidade co establecido na Lei 30/1992,

9

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

de 26 de novembro, de Réxime Xurídico da Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O chamamento realizarase seguindo a orde de puntuación que fose obtida polos aspirantes. Notificado o mesmo, o prazo para que se presente será de dous días. Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer polos interesados recurso de reposición no prazo dun mes ante a Presidencia do Organismo Autónomo, previo ao contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Provincia correspondente. No non previsto nas bases será de aplicación a Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, a Lei 7/1985, de 2 de abril, de Bases do Réxime Local; o Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local; a Lei 30/1984, de Medidas para a Reforma da Función Pública, e o Real Decreto Lexislativo 1/1995, de 24 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores e no que non estea reservado á lexislación do Estado será de aplicación.

10

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

ANEXO I (MODELO DE SOLICITUDE)

D/ Dna. _________________________________________________________, con DNI n.º ________________, e con domicilio a efectos de notificacións en __________________________________________________________________ , Código Postal , _____________ , e tfno.______________________ , EXPÓN PRIMEIRO. Que reúno todas e cada unha das condicións esixidas nas bases referidas á data de expiración do prazo de presentación da instancia. SEGUNDO. Que declara coñecer as bases xerais da convocatoria relativas ás probas de selección para constituír a bolsa de traballo para ............................. TERCEIRO. Que aporto todos os documentos que se relacionan nas bases e toda a xustificativa da fase de concurso:

documentación

Por todo iso, SOLICITA

Que se admita esta solicitude para as probas para o proceso de selección para a constitución dunha bolsa de traballo para .......................................

En _________________, a _____ de ____________ de 20__.

O Solicitante,

Asdo.: ________________.

11

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

SEGUNDO. Publicar o texto íntegro das bases reguladoras das probas selectivas no Boletín Oficial da Provincia de LUGO e no Taboleiro de Anuncios do Concello de Sarria e demais portais conforme determina o artigo 4 das presentes bases. Mándao e asínao o Vicepresidente D. Efren Castro Caloto en Sarria a 15 de abril de 2016; do que, como Secretario, dou fe. Ante min, O Secretario, José Antonio Carro Asorey .- O Vicepresidente, Efren Castro Caloto R. 1164

Anuncio De conformidade co acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria realizada o 16 de Marzo do 2.016, a medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente mais ventaxosa, varios de criterios de adxudicación do " SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE SARRIA" conforme aos seguintes datos: 1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información: a) Organismo: Concello de Sarria b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria c) Obtención de documentación e información: 1. Dependencia: Contratación 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 3. Localidade e Código Postal. 27.600-SARRIA 4. Teléfono 982-53.50.00 5. Telefax 982-53.09.16 6. Correo electrónico: [email protected] 7. Dirección de internet do Perfil de Contratante:www. contratosdegalicia.es/ ou www.sarria.es 8. Data límite de obtención de documentación e información: Ata o último día de presentación de proposicions. 2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: " SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR DO CONCELLO DE SARRIA." Código CPV: 85312000-9: Servizos de Asistencia Social sen aloxamento. b) División por lotes e número de lotes/unidades: non c) Lugar de execución: Concello de Sarria d) Duración do contrato: DOUS (2) ANOS 3. Tramitación e procedemento. a) Tramitación:Ordinaria b) Procedemento: Aberto c) Criterios de Adxudicación: Os fixados no apartado 15º do prego de cláusulas: Oferta económica: A proposición que oferte o prezo/hora de servizo máis baixo sen ter en conta o IVE (0-55 puntos). Servicios complementarios: Servizos previstos no apartado b) da cláusula DÉCIMOQUINTA do prego de cláusulas (0-45 puntos) 4.- A) O orzamento base de licitación: Modalidade básica de libre concurrencia: 12,02 euros (1,20 euros de IVE) euros/hora Ive incluído.

o que fai un total de 13,22

Modalidade de dependencia valorada: , 12,02 euros (0,48 euros de IVE) o que fai un total de euros/hora, Ive incluído. B) Valor estimado do contrato :

12,50

731.152,56 euros sen IVE .

5. Garantía esixidas.Definitiva 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE calculado conforme ao disposto

12

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

na cláusula oitava do prego de cláusulas. 6. Requisitos específicos do contratista: a)

Clasificación: Non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: Acreditaranse conforme ao estipulado no apartado 12º E ) do prego de cláusulas. 7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Presentación de proposicións : No prazo de QUINCE (15 DIAS) naturais contados a partires do seguinte á derradeiro publicación no BOP de Lugo ou no perfil do contratante do Concello de Sarria.. b) Lugar de presentación: 1. Dependencia: No Rexistro Xeral do Concello de Sarria de 9 a 14 horas. 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 1ª planta. 3. Localidade e Código Postal:27.600 c) Admisión de variante: Non 8. Apertura de documentación administrativa e proposiciones económicas:Será comunicada a traveso do perfil do contratante. 9.

Gastos de Publicidade: Importe máximo de 600 euros.

A Alcaldesa-Presidenta, R. 1165

Anuncio De conformidade co acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria realizada o 30 de Marzo do 2.016, a medio do presente anuncio efectúase a convocatoria da licitación por Lotes, mediante procedemento aberto, oferta economicamente mais ventaxosa, varios de criterios de adxudicación do "SERVIZO DE LIMPEZA DA CASA DO CONCELLO, DEMAIS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS E CENTROS DEPENDENTES DO CONCELLO DE SARRIA " conforme aos seguintes datos: 1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información: a) Organismo: Concello de Sarria b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria c) Obtención de documentación e información: 1. Dependencia: Contratación 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 3. Localidade e Código Postal. 27.600-SARRIA 4. Teléfono 982-53.50.00 5. Telefax 982-53.09.16 6. Correo electrónico: [email protected] 7. Dirección de internet do Perfil de Contratante:www. contratosdegalicia.es/ ou www.sarria.es 8. Data límite de obtención de documentación e información: Ata o último día de presentación de proposicions. 2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: "SSERVIZO DE LIMPEZA DA CASA DO CONCELLO, DEMAIS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS E CENTROS DEPENDENTES DO CONCELLO DE SARRIA ." b) CODIGO CPV: 90911200-8 Servicios de limpieza de edificios 90911300-9 Servicios de limpieza de ventanas. 90919200-4 Servicios de limpieza de oficinas 90919300-5 Servicios de limpieza de escuelas. c) División por lotes e número de lotes/unidades: SI d) Número de Lotes: 5.

13

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

e) Lugar de execución: Concello de Sarria f) Duración do contrato: DOUS (2) ANOS 3. Tramitación e procedemento. a) Tramitación:Ordinaria b) Procedemento: Aberto c) Criterios de Adxudicación: Os fixados no apartado 15º do prego de cláusulas: - Prezo Ofertado: Aplicando a fórmula prevista no apartado 15.1 do prego de cláusulas: Ata 50 puntos. - Bolsa de horas extraordinarias gratuitas.Aplicando o baremo previsto no apartado 15.2 do prego de cláusulas: Ata 30 puntos. - Prezo €/hora por servicios extraordinarios ou especiais a que se refire o apartado 5.1 do PPT. Aplicando o baremo previsto no apartado 15.3 do prego de cláusulas: Ata 15 puntos. -Investimentos propostos e relacionados cos medios materiais descritos no apartado 6.8 do PPT: Aplicando o baremo previsto no apartado 15.4 do prego de cláusulas: Ata 5 puntos. 4.- O orzamento base de licitación: A) LOTE I: CASA DA CULTURA E TELECENTRO: 23.566,02 EUROS DE VALOR ESTIMADO E 4.948,86 EUROS DE IVE O QUE FAI UN TOTAL DE 28.514,88 EUROS. B) LOTE II: CASA DO CONCELLO E SERVICIOS SOCIAIS: 24.206,88 EUROS DE VALOR ESTIMADO E 5.083,44 EUROS DE IVE O QUE FAI UN TOTAL DE 29.290,32 EUROS. C) LOTE III: CEIP FREI LUIS DE GRANADA, CEIP DE OURAL, CEI MARQUÉS DE UXENA: 112.447,34 EUROS DE VALOR ESTIMADO E 23.613,94 EUROS DE IVE O QUE FAI UN TOTAL DE 136.061,28 EUROS. D) LOTE IV: CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER, CASA DO MARQUÉS E CÁRCERE COMARCAL: 3.909,82 EUROS DE VALOR ESTIMADO E 821,06 EUROS DE IVE O QUE FAI UN TOTAL DE 4.730,88 EUROS. E) LOTE V: ESCOLA DE MÚSICA: 3.909,82 EUROS DE VALOR ESTIMADO E 821,06 EUROS DE IVE O QUE FAI UN TOTAL DE 4.730,88 EUROS B) Valor estimado total do contrato : 168.039,88 euros e 35.288,36 euros de IVE 5. Garantía esixidas.Definitiva 5% do importe de adxudicación de cadanseu lote adxudicado, excluído o IVE 6. Requisitos específicos do contratista:

a)

Clasificación: Non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: Acreditaranse conforme ao estipulado nos apartados 9.2 e 9.3 do prego de cláusulas. 7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Presentación de proposicións : No prazo de QUINCE (15 DIAS) naturais contados a partires do seguinte á derradeiro publicación no BOP de Lugo ou no perfil do contratante do Concello de Sarria.

b) Lugar de presentación: 1. Dependencia: No Rexistro Xeral do Concello de Sarria de 9 a 14 horas. 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 1ª planta. 3. Localidade e Código Postal:27.600 c) Admisión de variante: Non 8. Apertura de documentación administrativa e proposicións económicas: Será comunicada a traveso do perfil do contratante. 9. Gastos de Publicidade: Gastos publicación BOP por importe de 87,88 Euros , prorrateado entre os adxudicatarios de cadanseu lote. A Alcaldesa-Presidenta R. 1166

14

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

Anuncio De conformidade co acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria realizada o 13 de Abril do 2.016, a medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente mais ventaxosaun único criterio de adxudicación dos " SERVICIOS DE RECEPCION E TRATAMENTO POR CENTRO XESTOR AUTORIZADO DOS RESIDUOS VOLUMINOSOS PROCEDENTES DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE SARRIA (LUGO)" conforme aos seguintes datos: 1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información: a) Organismo: Concello de Sarria b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria c) Obtención de documentación e información: 1. Dependencia: Contratación 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 3. Localidade e Código Postal. 27.600-SARRIA 4. Teléfono 982-53.50.00 5. Telefax 982-53.09.16 6. Correo electrónico: [email protected] 7. Dirección de internet do Perfil de Contratante:www. contratosdegalicia.es/ ou www.sarria.es 8. Data límite de obtención de documentación e información: Ata o último día de presentación de proposicions. 2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: "SERVICIOS DE RECEPCION E TRATAMENTO POR CENTRO XESTOR AUTORIZADO DOS RESIDUOS VOLUMINOSOS PROCEDENTES DO PUNTO LIMPO DO CONCELLO DE SARRIA (LUGO)" Código CPV: 90513000-6 Servicios de tratamento e eliminación de desperdicios e residuos non perigosos. b) División por lotes e número de lotes: non c) Lugar de execución: Concello de Sarria d) Duración do contrato: DOUS (2) ANOS máis dúas posibles prórrogas. 3. Tramitación e procedemento. a) Tramitación:Ordinaria b) Procedemento: Aberto c) Criterios de Adxudicación: Os fixados no apartado 14º do prego de cláusulas: económica, aplicándo a fórmula prevista no apartado 14.1 do prego de cláusulas.

Oferta

4.- A) O orzamento base de licitación: Establécese como prezo tipo de licitación a cantidade máxima de 90 €/Tm. mái-lo 10% de IVE. B) Valor estimado do contrato :

28.895,24 euros sen IVE .

5. Garantía esixidas.Definitiva: 722,38 euros, equivalente ao 5% do importe de licitación, excluído o IVE 6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: Non se esixe. b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: Acreditaranse conforme ao estipulado nos apartados 5.2 e 5.3 do prego de cláusulas. 7. Presentación de ofertas : a) Presentación de proposicións : No prazo de QUINCE (15 DIAS) naturais contados a partires do seguinte á derradeiro publicación no BOP de Lugo ou no perfil do contratante do Concello de Sarria. b) Lugar de presentación: 1. Dependencia: No Rexistro Xeral do Concello de Sarria de 9 a 14 horas. 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 1ª planta. 3. Localidade e Código Postal:27.600

15

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

c) Admisión de variante: Non 8. Apertura de documentación administrativa: a) Data e hora: Será comunicada a traveso do perfil do contratante. b) A apertura das proposiciones económicas , será comunicada a traveso do perfil do contratante. 9.

Gastos de Publicidade: Importe máximo de 600 euros.

A Alcaldesa-Presidenta R. 1167

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL N.º 3 DE LUGO Anuncio DOÑA MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, letrada de la Administración de Justicia del Juzgado de lo Social nº 003 de LUGO, HAGO SABER: Que en el procedimiento EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 36/2016 de este Juzgado de lo Social, seguido a instancia de DON MANUEL POTENTE LOPEZ, contra la empresa “MANUEL PRADOS VEIGA, sobre DESPIDO, se ha dictado AUTO, en fecha 19.04.16, cuya parte dispositiva es del tenor literal siguiente: “Declárase extinguida a relación laboral que unía a DON MANUEL POTENTE LÓPEZ, coa empresa “MANUEL PRADOS VEGA”, condenando a ésta a que abone a aquél as cantidades seguintes: NOME TRABALLADOR: DON MANUEL POTENTE LÓPEZ INDEMNIZACIÓN: 12.338,85 EUROS SALARIOS: 9.335,44 EUROS MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a presentar dentro dos TRES DÍAS hábiles seguintes ao da súa notificación, previa consignación de 25 EUROS na conta deste xulgado 2324/0000/30/0036/16, coas excepcións previstas na Disposición Adicional decimoquinta da Lei Orgánica 1/2009 de 3 de novembro. A súa interposición non suspenderá a execución do que se acorda. (Art. 186.3 da LRXS) Así o acorda e asina a S.S.Ilma. Dona Dalila Dopazo Blanco, Maxistrada do Xulgado do Social nº 3 de Lugo e a sua provincia; dou fe.” Y para que sirva de NOTIFICACIÓN EN LEGAL FORMA a la EMPRESA "MANUEL PRADOS VEGA", en ignorado paradero, expido el presente para su inserción en el Boletín Oficial de LUGO Se advierte al destinatario que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o de la cédula en el tablón de anuncios de la Oficina judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia, o cuando se trate de emplazamiento. LUGO, diecinueve de abril de dos mil dieciséis. LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 1171

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/17066 El Ayuntamiento de Paradela con domicilio en Cabaleiros de Santiago nº15, 27611 - Paradela (Lugo), solicita la mod. caract. de un aprov de 1,42 l/s de agua (3,4 l/s 10 horas) del río Loio, en A Gándara, parroq. de San Salvador, T.M. de Paradela (Lugo) para abto de Loio (San Xoán) y As Cortes (San Salvador), incrementando el caudal y ampliación abto Loio (San Xoán). La captación de aguas se realiza en el río Loio, en el que se ha construido una arqueta, desde la cual se conducen las aguas a un depósito, desde el que son distribuidas a Loio (San Xoán) y As Cortes (San Salvador).

16

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Paradela , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 11 de abril de 2015.- EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López R. 1172

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/25303 El Ayuntamiento de Cospeito, con domicilio en AV\ da Terra Chá, 77 - A Feira do Monte, 27377 - Cospeito (Lugo), solicita la concesión de un caudal de 15,977 l/s de agua procedente del río Miño, en el área recreativa de Muimenta, T.M. de Cospeito (Lugo), con destino a abastecimiento del núcleo de Muimenta, uso ganadero e industrial (polígono industrial). La captación se realiza en el río Miño desde el que se bombean las aguas hasta los depósitos, desde los que se reparten a las zonas a abastecer. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Cospeito , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 12 de abril de 2016.- EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López R. 1173

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA A/27/18457 Segundo Fernández Calvo y Josefa Daparte Albor, con domicilio en LU\ Nandulfe 2, Pedrafita, 27500 - Chantada (Lugo), solicita la modificación de características de un aprovechamiento de 0,084 l/s de agua procedente de 2 manantiales y 1 pozo en Nandulfe, parroquia de Pedrafita, T.M. Chantada (Lugo) para usos domésticos, ganaderos y riego, consistente en la renuncia del pozo. La captación se realiza en dos manantiales de los que parten dos tuberías por las que discurren las aguas por gravedad hasta dos depósitos desde los que se distribuyen a las zonas a abastecer. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Chantada , o en las oficinas de la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, sitas en Lugo, Ronda de la Muralla, 131-2ª planta, donde estará de manifiesto el expediente. Lugo, 18 de abril de 2016.- EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López R. 1161

COMUNIDADE DE USUARIOS DA PENA DA ROCA Anuncio CONVOCATORIA COMUNIDADE DE USUARIOS DE AUGAS DA PENA DA ROCA De acordo co establecido no artigo 201 do RD 849/1986 do 11 de abril, polo que se aproba o RDPH, e en relación coa tramitación da solicitude de concesión de augas de tres mananciais nos montes da Pena da Roca con destino a uso doméstico para Prado, Barbeitas e Maariz, e dando cumplimento do acordo tomado na reunión de comuneiros do pasado 15 de abril de 2016, convoco ós interesados á Sesión Constitutiva para decidir sobre a constitución e características da comunidade de usuarios de augas, Lugar: As Airas (Maariz) (garaxe de Jaime) Data: 15/05/2016

17

Núm. 097 – Jueves, 28 de Abril de 2016

B.O.P de Lugo

Hora: 16:00h en primeira convocatoria e 16:30h en segunda convocatoria. ORDE DO DÍA: 1. - Decidir sobre a constitución e características da comunidade. 2. - Formalizar a relación de usuarios. 3. - Bases para a elaboración de estatutos. 4. - Nomeamento da comisión encargada de redacta-los estatutos e do presidente. 5. - Rogos e Preguntas. Mondoñedo, 21 de abril de 2016.- D. José Ledo López. Pedáneo de Maariz. Concello de Mondoñedo R. 1174

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 28.04.2016 08:00:00 CEST Razón: Localización: España