Foz - Deputación de Lugo

26 jul. 2017 - que imparta a docencia nas Escolas de Música e de danza da ..... A relaxación: técnicas necesarias para a actividade musical vocal, ...
364KB Größe 49 Downloads 18 vistas
MÉRCORES, 26 DE XULLO DE 2017

N.º 170

CONCELLOS BALEIRA Anuncio Tendo previsto ausentarme do Termo Municipal de Baleira dende o día 15 de xullo ó 21 de agosto de 2017, de conformidade co regulado nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, do 02 de abril Reguladora das bases de réxime local, artigo 63 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e artigo 47 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais RESOLVO: Delegar a totalidade das funcións desta Alcaldía, ós efectos de que me sustitúa durante o devandito período (dende o día 15 de xullo ó día 21 de agosto de 2017), no Primeiro Teniente de Alcalde D. Alberto Núñez Fernández. Publicar a presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Taboleiro de Edictos do Concello. Dar conta da presente Resolución á Corporación Municipal en Pleno. Notifíqueselle o interesado. Baleira, 13 de xuño de 2017.- O Alcalde,Angel Enrique Martínez-Puga López. R. 2175

FOZ Anuncio BASES POLAS QUE SE REXE A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER INTERINO DO POSTO DE INTERVENTOR DO CONCELLO DE FOZ O Alcalde do Concello de Foz, con data 12-7-2017 ditou a seguinte Resolución, publicándose aos efectoscorrespondentes. RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA De acordo co establecido no artigo 34 do Real Decreto 1732/1994, do 29 do xullo, sobre provisión de postos reservados a funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional, e no artigo 21.1 g) da Lei 7/1985, de 2 de abril de Bases de Réxime Local, RESOLVE: Primeiro.- Realizar unha convocatoria para a selección con carácter interino do posto de interventor desta Corporación, por encontrarse vacante na actualidade. Segundo.- Aprobar as bases que rexerán esta convocatoria que se xuntan como anexo. Terceiro.- Darlle publicidade a esta convocatoria a través do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de anuncios e napáxina web: www.concellodefoz.es.

2

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

ANEXO: BASES POLAS QUE SE REXE A CONVOCATORIA PÚBLICA PARA A PROVISIÓN CON CARÁCTER INTERINO DO POSTO DE INTERVENTOR DO CONCELLO DE FOZ 1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto do proceso selectivo será a cobertura, por persoal interino por concurso de méritos, do posto de Interventor desta Corporación reservado a funcionarios/as da subescala de Intervención, Categoría de Entrada Grupo A1, nivel 30 de Complemento de destiño. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable a Real Decreto Legislativo 5/2015, de 30 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley del Estatuto Basico del Empleado Público, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, o Real Decreto 1732/1994, do 29 do xullo, sobre provisión de postos reservados a funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria. Para seren admitidos á realización das probas selectivas os/as aspirantes deberán posuír, no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionarios interinos, os seguintes requisitos: a)

Ter a nacionalidade española. Ser nacional dalgú

2ª.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES. n dos estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais realizados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, e o dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes. b)

Ter cumpridos 16 anos de idade e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa.

c) Estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias, do título de Licenciado en Derecho, Licenciado en Ciencias Políticas y de la Administración, Licenciado en Sociología, Licenciado en Administración y Dirección de Empresas, Licenciado en Economía, Licenciado en Ciencias Actuariales y Financieras o el título de Grado correspondiente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. A estes efectos, establécese a igualdade de condicións das persoas diminuídas cos demais aspirantes, non podendo fixarse con carácter xeral limitacións físicas ou psíquicas senón nos casos en que sexan incompatibles co normal desempeño do traballo correspondente, adoptándose polo Tribunal Cualificador medidas e medios para a realización das probas, de forma que gocen de igualdade de oportunidades cos demais participantes. A condición de minusvalía e a súa compatibilidade acreditarase con certificación expedida polo organismo competente. e)

Non incorrer en causa de incompatibilidade ou de incapacidade, conforme á normativa vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. 3ª.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES. As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao señor Alcalde, en modelo que estará a disposición de todos/as os que desexen participar no proceso no Rexistro Xeral do Concello e na páxina web municipal www.concellodefoz.es, e nas que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na Base Segunda desta convocatoria. Os aspirantes con algunha capacidade diminuída terán que indicalo na solicitude, acompañada da correspondente documentación acreditativa da minusvalía. Así mesmo, terán que solicita-las posibles adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios nos que esta adaptación sexa necesaria. As solicitudes presentaranse no citado Rexistro (os días laborais de 8 a 14 horas) durante o prazo de 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; neste caso, os aspirantes deberán

3

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

comunicalo mediante telegrama ou telefax (Fax do Concello de nº) durante o mesmo prazo que o de presentación de instancias. O prazo de presentación de solicitudes é tamén para que os funcionarios con habilitación de carácter nacional interesados en dito posto, manifesten por escrito ao Alcalde o seu interese no desempeño do mesmo. Polo que, si existise un funcionario/a con habilitación de carácter nacional interesado, o procedemento suspenderase ata facer efectivo o nomeamento deste, momento no que se deixara sen efecto. Non obstante, si finalmente non recaese nomeamento en funcionario con habilitación de carácter nacional interesado, continuara o procedemento de selección de nomeamento interino. Xunto coa solicitude para tomar parte neste inescusablemente, a seguinte documentación:

proceso selectivo os aspirantes deberán achegar,

a) Xustificante acreditativo de ter ingresado na Tesourería Municipal a cantidade de 35,00 euros en concepto de matrícula. O dito importe poderase facer efectivo ben directamente nas arcas municipais ou ben mediante xiro postal ou telegráfico, así como mediante ingreso na seguinte conta municipal (cos datos persoais do aspirante e praza á que se opta), número de conta do BBVA:01826219520000001281, e será devolto unicamente no caso de que o aspirante non sexa admitido ao proceso selectivo por falta dos requisitos esixidos para participar no mesmo ou por presenta-la solicitude fóra de prazo. En ningún caso a presentación e pago da taxa por dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación da instancia. b) Copia simple do Documento Nacional de Identidade ou documento identificativo. c) Copia compulsada da titulación académica esixida na letra c) da Base 2ª. Para que teñan validez neste proceso selectivo, tódolos documentos que se presenten deberán estar expedidos nalgunha das linguas oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia (galego ou castelán). No caso de tratarse de documentos expedidos noutras Comunidades Autónomas do Estado Español, para que teñan validez deberán estar redactados en lingua castelá ou traducidos polo organismo competente da respectiva Comunidade. Tratándose de documentos expedidos nun país estranxeiro, deberán estar debidamente traducidos, validados e apostilados pola correspondente oficina diplomática española ou organismo competente. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os interesados aceptan e acatan todas e cada unha das Bases desta convocatoria. 4ª.- ADMISIÓN DOS ASPIRANTES. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará Resolución no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación, se é o caso, das causas de exclusión. Na lista deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de documento nacional de identidade. Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello, http://concellodefoz.sedelectronica.es,(taboleiro de edictos e portal de transparencia). Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de 5 días, contado desde o seguinte ó da publicación da antedita resolución, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Unha vez finalizado o prazo de presentación de rectificacións e/ou enmendas, o Alcalde ditará resolución definitiva,contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación na sede electrónica do Concello, http://concellodefoz.sedelectronica.es,(taboleiro de edictos e portal de transparencia) ou poderá interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data. De non presentarse ningunha reclamación ou enmenda, considerarase definitivamente aprobada a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as. Publicarase nana sede electrónica do Concello, http://concellodefoz.sedelectronica.es,(taboleiro de edictos e portal de transparencia). Nesta resolución indicarase, así mesmo, a data, hora e lugar de comezo das probas e, si fora necesario, a orde de actuación dos aspirantes. A inclusión dos aspirantes nas listas de admitidos non supón, en ningún caso, o recoñecemento por parte da administración municipal de que aqueles reúnen os requisitos esixidos para o seu nomeamento. 5ª.- TRIBUNAL. A composición do órgano terá que axustarse aos principios de imparcialidade e profesionalidade dos seus membros e tenderá á paridade entre muller e home. Non poderá formar parte do tribunal o persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos nin o persoal eventual. Todos os membros do Tribunal, a excepción de quen actúe como secretario, teñen dereito a voz e voto. O Tribunal se constituirá coa asistencia, como mínimo, da metade máis un dos seus membros. En todo caso será necesaria a presenza do Presidente e o Secretario.

4

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

A pertenza aos órganos selectivos será sempre a título individual, sen que se poida ostentar en representación ou por conta de ninguén. O tribunal poderá dispoñer a incorporación á súas tarefas de asesores/as especialistas para todas ou algunha das probas sinaladas. Estes asesores, que non terán a condición de membros do tribunal, e polo tanto con voz pero sen voto, limitarán a súa actuación a prestar a súa colaboración nas respectivas especialidades técnicas, baixo a dirección do órgano de selección. O tribunal poderá contar co auxilio material de empregados municipais, para asistilo nas tarefas de vixilancia, control e organización material do proceso de selección. Esta colaboración se reflexarase no acta da correspondente sesión deste órgano. Os auxiliares colaboradores han de actuar baixo o sometemento estrito das instrucións que reciban do órgano de selección 5. 2. Requisitos xerais dos membros do Tribunal ou Órgano de Selección Os membros do Tribunal deberán posuír unha titulación igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas obxecto de cada convocatoria. Deberase garantir a idoneidade de acordo co tipo de praza que se haxa de prover e se ha de velar polo cumprimento do principio de especialización. 5. 3. Designación dos membros do Tribunal ou Órgano de Selección. A designación nominal dos membros do Tribunal incluirá a dos respectivos suplentes, e se realizará por resolución do Alcalde da Corporación ou Concelleiro delegado nesta materia e se publicará conxuntamente co anuncio da aprobación do listado definitivo de admitidos/as e excluídos/as, no suposto de que non se publicase xunto coas bases específicas de cada convocatoria. A abstención e recusación dos membros do órgano de selección se axustará ao previsto nos artigos 23 e 24 da Ley 40/2015, de 1 de octubre, de RegimenJuridico del Sector Publico. 5. 4. Autonomía funcional O órgano de selección actuará con plena autonomía funcional, garantindo a legalidade do procedemento e a obxectividade da decisión selectiva. O tribunal está facultado para resolver cantas dúbidas ou discrepancias se orixinen na aplicación destas bases e no desenvolvemento do proceso de selección, establecendo os criterios que se teñan que adoptar en todo aquilo que no se previse nas bases da convocatoria. Os membros dos órganos de selección han de observar a confidencialidade ou o sixilo en todo o que faga referencia aos temas tratados nas reunións deliberatorias, sen que podan utilizar fóra deste ámbito a información que posúan en función da súa condición. A mesma reserva se estende aos asesores e ao persoal auxiliar do órgano de selección. 5. 5. Toma de decisións As decisións do tribunal se tomarán por maioría de votos dos membros presentes, resolvendo en caso de empate o voto do que actúe como Presidente do Tribunal. 5. 6. Confidencialidade Toda a documentación do proceso selectivo se arquivará e custodiará na sede do tribunal ou unidade de colaboración, baixo a custodia do Secretario/a, non podéndose dispoñer fóra deste ámbito para finalidades diferentes ás do propio proceso selectivo. Unha vez finalizado este, o Secretario remitirá toda a documentación que constitúa o expediente á unidade competente en materia de persoal para o seu arquivo 6ª.- PROCESO DE SELECCIÓN. O sistema de selección é o de concurso-oposición. 6.1.- FASE DE OPOSICIÓN. Consistirá na realización dos seguintes exercicios: A) Primeiro exercicio, obrigatorio e eliminatorio, consistirá na realización por escrito dun ou varios supostos prácticos determinados polo Tribunal inmediatamente antes da súa realización de entre as materias do programa anexo. Tempo máximo para a realización desta proba será de 3 horas. Durante o desenvolvemento desta proba os/as aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos, non permitíndose o manexo de textos comentados nin libros de formularios Deberá ser lido e defendido ante o Tribunal en sesión pública. Cualificarase entre 0 e 20 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 10 puntos para superalo e poder realizar a seguinte proba. B) Segundo exercicio sobre coñecemento do idioma galego.

5

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

Este exercicio será obrigatorio e eliminatorio para aqueles aspirantes que non acrediten, xunto coa solicitude de participación, o nivel de Celga 4, expedido polo órgano competente da Xunta de Galicia ou equivalente. Está destinada a avaliar un grado de coñecemento do galego equivalente ao acadado coa obtención do Celga 4 ou equivalente, valorándose a corrección fonética, gramatical e estilística, así como o emprego dun léxico adecuado ao tema exposto. Consistirá en traducir nun tempo máximo de 45 minutos e sen axuda de dicionario, un texto de castelán a galego proposto polo Tribunal. O tribunal disporá os medios que estime oportunos para garantir o anonimato dos aspirantes na realización deste exercicio. Cualificarase de apto ou non apto. 6.2.- FASE DE CONCURSO. Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirantes que superasen a fase de oposición. Non terá carácter eliminatorio e nela valorarase o seguinte: A) Superación de probas selectivas (puntuación máxima 2,5 puntos): a) Por cada exercicio obrigatorio e eliminatorio da subescala intervención- tesourería aprobado: 0,50 puntos. b)

Por cada exercicio obrigatorio e eliminatorio da subescalasecretaria-intervención: 0,25 puntos.

Non se puntuarán os exercicios realizados en procesos de selección para cubrir prazas ou postos de forma interina. Só se puntuarán as probas selectivas superadas cunha anterioridade non superior a 8 anos, referida a data de presentación da solicitude. Acreditaranse mediante fotocopia compulsada da certificación expedida polo órgano competente da administración pública de que se trate de ter superado algún dos exercicios das probas selectivas para prazas de secretario-interventor ou interventor-tesoureiro que se convocaran para obter unha praza destas categorías como funcionario de carreira. B) Experiencia profesional (puntuación máxima 2,5 puntos): a) Por cada mes completo de servizos prestados na administración pública en postos de intervención reservados a subescala de intervención-tesourería: 0,05. b) Por cada mes completo de servizos prestados na administración pública en postos de secretaríaintervención reservados a subescala de secretaría-intervención: 0,025. Os servizos prestados acreditaranse mediante fotocopia compulsada do certificado do órgano de xestión de persoal da administración pública competente e certificación da vida laboral expedida pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, con especificación de categoría laboral en todo caso. C) Formación académica(puntuación máxima 1 punto). Valoraranse outras titulacións académicas distintas da esixida como requisito para ser incluído na lista de reserva, segundo o seguinte baremo: a) Titulación de doutor: 1 punto. b) Titulación universitaria superior: 0,5 puntos. Non se terán en conta aquelas titulacións que foran requisito para acceder á titulación superior. D) Formación profesional (puntuación máxima 1 punto). Só se valorarán os cursos de formación e perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias do posto de traballo de interventor e tesoureiro ao que se aspira, incluídos os cursos de coñecemento do idioma galego, sempre que os cursos foran impartidos por unha Administración Pública, un Centro Oficial de Formación ou unha institución homologada para impartir formación profesional continua, e segundo o establecido no seguinte baremo: a) Por cada curso con duración igual ou superior a 300 horas lectivas: 0,4 puntos. b) Por cada curso con duración igual ou superior a 150 horas lectivas: 0,3 puntos. c) Por cada curso con duración igual ou superior a 50 horas lectivas: 0,2 puntos. d) Por cada curso con duración igual ou superior a 20 horas lectivas: 0,1 puntos.

6

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

Os cursos que veñan cuantificados por créditos deberán especificar as horas que correspondan a cada crédito. Non se valorarán neste apartado os cursos sobre coñecemento de idioma galego especificados no apartado seguinte (letra E). A xustificación deste apartado realizarase mediante copia compulsada do correspondente título ou diploma no que debe constar a duración do curso en horas e como mínimo o título do mesmo e a correspondente homologación de ser o caso, ou ben certificación expedida polo organismo que o impartiu no que se fagan constar os mesmos datos. Os cursos que non especifiquen o número de horas ou a equivalencia entre o número de créditos e número de horas non se poderán valorar. E) Coñecemento do Idioma Galego (puntuación máxima 1 punto). a) Por ter acreditado o nivel Celga 1 ou equivalente: 0,20 puntos. b) Por ter acreditado o nivel Celga 2 ou equivalente: 0,40 puntos. c) Por ter acreditado o nivel Celga 3 ou equivalente (iniciación): 0,60 puntos. d) Por ter acreditado o nivel Celga 4 ou equivalente (perfeccionamento): 0,80 puntos. e) Por ter acreditado o nivel Celga 5 ou equivalente: 1 punto. A posesión dun nivel superior en Celga exclúe aos niveis inferiores a efectos de baremación. Tódolos méritos alegados deberán de posuírse no momento de terminación do prazo de presentación de instancias. Os aspirantes deberán presentar copias compulsadas da documentación acreditativa dos méritos alegados. A lista que conteña a valoración dos méritos farase pública no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello unha vez celebrada a sesión de valoración polo Tribunal. 7ª.- CALIFICACIÓN FINAL. A cualificación final do proceso selectivo virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso, non podendo resultar aprobados un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas. Rematado o proceso de selección a Corporación Local elevará proposta á consellería competente en materia de réxime local xunto co expediente completo, para, una vez comprobado o cumprimento dos requisitos esixidos e non existindo funcionario/a con habilitación de carácter estatal interesado/a, efectuar o mencionado nomeamento 8ª.- LISTA DE PERSOAS APROBADAS E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. 1. Publicación do listado de persoas aprobadas Finalizada a cualificación dos aspirantes polo tribunal ou órgano seleccionador, se publicará a relación de aprobados por orde de puntuación final no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello, non podendo rebasar en ningún caso o número de prazas convocadas. 2. Publicación do listado de persoa/s proposta/s Simultaneamente á publicación do listado de persoas aprobadas, o órgano seleccionador ou tribunal fará público no taboleiro de anuncios do Concello, e na sede electrónica do Concello, a persoa proposta paraa praza convocada obxecto desta convocatoria, que será o primeiro da lista de puntuacións finais. 3. Casos de empate nas puntuacións finais do proceso En caso de empate nos procesos de concurso oposición, se priorizará ao aspirante que obtivese a maior puntuación na fase de oposición. Se aínda así persistira o empate, se priorizará de acordo coa puntuación obtida na proba práctica. Se aínda persistirá o empate, se faculta ao órgano seleccionador para programar unha proba de aptitude relacionada coas funcións propias das prazas convocadas que determinen qué aspirante dispón dunha maior capacidade para o seu desenvolvemento. 4. Presentación de documentación orixinal ou fotocopias compulsadas O/os aspirante/s proposto/s aportarán ante o Departamento de Recursos Humanos do Concello, dentro do prazo de 5 días naturais desde que se faga pública a proposta de aspirante/s á/s prazas obxecto desta convocatoria e antes do seu nomeamento como funcionario interino, orixinal ou copia compulsada de todos os documentos referidos na base 4.9 desta convocatoria e declaración de non estar incurso nos supostos de incompatibilidade previstos na Lei 53/1984, de 26 do decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas.

7

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

5. Acreditación da discapacidade Os/as aspirantes discapacitados/as que foran propostos/as deberán aportar un certificado médico que acredite o tipo e grao de discapacidade que presenten, así como documento que certifique a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas propias da praza a prover. 6. Efectos da non presentación ou falsidade da documentación aportada O/a aspirante que dentro do prazo fixado, excepto en casos de forza maior, non presente a documentación requirida, ou ben se comprobe que non cumpre con algún dos requisitos sinalados tanto nas bases xerais como nas correspondentes bases específicas, non poderá ser nomeado ou contratado en firme, en cada caso, e quedarían anuladas todas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade da instancia solicitando tomar parte das probas selectivas. 7. Documentación en lingua estranxeira En caso de presentar documentación en lingua estranxeira, deberá acompañarse da correspondente tradución xurada. 9ª.- NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN Esgotado o proceso de presentación de documentos, e no prazo máximo dun mes, o/a Alcalde do Concello nomeará funcionarios ao aspirante proposto polo tribunal. Este nomeamento serán notificado á persoa interesada. No prazo máximo de 10 días desde a referida notificación deberá tomar posesión como funcionario interino. 10ª.- INCOMPATIBILIDADES Réxime de incompatibilidades A persoa seleccionada nesta convocatoria lle será de aplicación a normativa vixente en materia de incompatibilidades recollida na Lei 53/1984, de 26 do decembro, de Incompatibilidades do Persoal ao Servizo das Administracións Públicas. 11ª.- RÉXIME DE IMPUGNACIONES A presente convocatoria e cantos actos administrativos se deriven da mesma poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos pola Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e Lei 29/1998, de 13 do xullo, Reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. 12ª.- LISTA DE RESERVA. Finalizado o proceso selectivo, o Alcalde-Presidente da Corporación, de acordo coa proposta do Tribunal, fará pública no taboleiro de anuncios do Concello e na sede electrónica do Concello: www.concellodefoz.sedelectronica.es.unha resolución definitiva contendo a relación de aspirantes que non obtendopraza, superasen os exercicios eliminatorios de oposición. Con esta Resolución constituiraseunha lista de seleccionados por orde decreciente de puntuación, e por ordedaqueles que maior puntuación obtivesen. Os integrantes desta lista poderán ser chamados, conforme áorde establecida na lista, para proveer mediante nomeamento interino en caso de vacante do posto de traballo de intervención deste Concello, cando non fose posible a provisión polos procedementos de nomeamento provisional, acumulación o comisión de servizos con funcionarios con habilitación de carácter nacional. Cando sexa necesario proceder aos correspondentes chamamentos ofertarase ao primeiro da lista que estea pendente de chamar, enviándolle un telegrama, burofax ou aquel outro sistema de comunicación fehaciente equivalente, dándolle un prazo de 48 horas para que acepte ou renuncie ao ofertado. Así mesmo tentarase comunicar por teléfono coa finalidade de acurtar os prazos. Se non se recollese o telegrama ou comunicación efectuada equivalerá á renuncia ao ofertado e procederase a chamar ao seguinte da lista. Cando se produza o cesamento dun integrante da lista, este reincorporarase ao posto da lista que lle corresponda por puntuación. O prazo máximo de vixencia da lista de traballo creada a resultas deste proceso será de 2anos a contar desde a publicación da listaxe, sempre que non se efectuase nova convocatoria e o aspirante siga reunindo as condiciónsesixidasnamesma. A lista que resulte deste proceso, deixarásen efecto a que puidese existir ata ese momento e extinguirase no momento que se cubra a posto de traballo mediante nomeamento definitivo. Con carácter xeral, a non aceptación ou renuncia a unha cobertura dará lugar as seguintes medidas: - Primeira renuncia: seis meses de exclusión. - Segunda renuncia: exclusión definitiva da lista. A renuncia non será causa de exclusión da lista, nin temporal nin definitiva, cando se deba a algunha das seguintes situacións no momento do chamamento:

8

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

- Enfermidade do interesado, debidamente acreditada por medio de parte oficial de baixaou certificado médico oficial. - Parto oumaternidade durante o período de descanso ou permiso establecido. - Estar a ocupar un posto de traballo en Administración Pública ou empresa privada no momento da renuncia. Deberá acreditarse mediante copia de contrato laboral ou certificado de empresa e vida laboral. ANEXO. PROGRAMA DE MATERIAS PARA A FASE DE OPOSICIÓN. 1.

O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e forma.

2. A eficacia dos actos administrativos: o principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra administración. A demora e retroactividade da eficacia. 3. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración: supostos. A acción de nulidade, procedemento, límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito. 4. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos. Clases de interesados no procedemento. Dereito dos administrados. A iniciación do procedemento: clases, corrección e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. Ordenación. Instrución: intervención dos interesados, proba e informes. A administración electrónica. Regulación do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. 5. Terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa: principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. A desistencia e a renuncia. A caducidade. 6. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptíbeis de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. As reclamacións administrativas previas ao exercicio de acciones civís e laborais. As reclamacións económico-administrativas. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe. 7. A xurisdición contencioso-administrativa. Natureza, extensión e límites. Órganos da xurisdición e as súas competencias. As partes: lexitimación. O obxecto do recurso contencioso-administrativo. 8. A centralidade do cidadán. Participación da cidadanía. Transparencia e acceso a información. O bo goberno. 9. A potestade sancionadora: concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. O procedemento sancionador e as súas garantías. Medidas sancionadoras administrativas. 10. Réxime xurídico dos contratos do sector público: especial referencia ás Administracións Públicas. Entes excluídos e incluídos na lexislación estatal de contratos. Clases de contratos: contratos administrativos e privados. Características dos contratos de obras, de concesión de obras públicas, de xestión de servizos públicos, de subministro e de servizos. Invalidez dos contratos. Recursos en materia de contratos. Partes nos contratos. Capacidade, solvencia, prohibicións e clasificación. Os órganos de contratación. 11. Preparación e actuacións preparatorias nos contratos. Selección do contratista e adxudicación dos contratos: especial referencia os procedementos de adxudicación e criterios de valoración. Sistemas para a racionalización da contratación do sector público. Garantías. Efectos, cumprimento e extinción dos contratos administrativos. 12. A responsabilidade da Administración pública: caracteres. Os presupostos da responsabilidade. Danos resarcíbeis. A acción e o procedemento administrativo en materia de responsabilidade. A responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ao servizo das Administracións públicas. 13. Os bens das entidades locais. Clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. Os bens comunais. O inventario. Os montes veciñais en man común. 14. As fontes do dereito local. Regulación básica do Estado e normativa das comunidades autónomas en materia de réxime local. A incidencia da lexislación sectorial sobre o réxime local. A potestade regulamentaria das entidades locais: regulamentos e ordenanzas. Procedemento de elaboración. O regulamento orgánico. Os bandos. 15. O Municipio: concepto e elementos. O termo municipal: o problema da planta municipal. Alteracións de termos municipais. Lexislación básica e lexislación autonómica. A poboación municipal. O padrón de habitantes. O estatuto dos veciños. Dereito dos estranxeiros. 16. A organización municipal. Órganos necesarios: o Alcalde, Tenentes de Alcalde, o Pleno e a Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios: Comisións Informativas e outros órganos. Municipios de gran

9

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

poboación: municipios de aplicación, organización e funcionamento dos órganos municipais necesarios e xestión económica-financeira. Os grupos políticos. O Concello aberto. Outros réximes especiais. 17. As competencias municipais: sistema de determinación. Competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias. A sostenibilidade financeira como presuposto do exercicio das competencias. Os convenios sobre exercicio de competencias e servizos municipais. Os servizos mínimos. 18. Réxime de sesións e acordos dos órganos de Goberno local. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. O rexistro de documentos. 19. A función pública local. Clases de empregados públicos locais. Os instrumentos de organización do persoal. Subescalas, categorías e funcións. Selección e provisión. Peculiaridades do seu réxime xurídico. Os funcionarios propios das corporacións locais. O persoal laboral ao servizo das entidades locais. O persoal eventual. Os directivos públicos locais. 20. Réxime Xurídico dos funcionarios de habilitación con carácter nacional. Os postos de traballo de secretaría, intervención e tesourería. Clasificación dos postos e funcións dos mesmos. 21. A relación de servizos dos funcionarios públicos locais. Dereito, deberes e situacións administrativas. Dereitos económicos e seguridade social. Negociación colectiva. Réxime de incompatibilidades. Réxime disciplinario. 22. A liberdade de establecemento e liberdade de circulación de servizos e mercadorías. A garantía de unidade de mercado. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa local na actividade privada. As licencias e autorizacións administrativas: as súas clases. A directiva 2006/123/CE, do Parlamento e do Consello de 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior: transposición ao dereito interno. A actividade de fomento na esfera local. 23. A iniciativa pública económica das entidades locais e a reserva de servizos. O servizo público nas entidades locais. Os modos de xestión. Especial referencia á concesión de servizos e á empresa pública local. O consorcio. 24. Evolución histórica da lexislación urbanística española: desde a Lei do Chan de 1956 ata o Texto Refundido de 2015. O marco constitucional do urbanismo. A doutrina do Tribunal Constitucional. Competencias do Estado, das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais. 25. As Facendas Locais en España: principios constitucionais. O réxime xurídico das Facendas Locais. Incidencia estatal e autonómica na autonomía financeira local. A coordinación das Facendas Estatal, Autonómica e Local. 26. O Orzamento Xeral das Entidades Locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do Orzamento Xeral. A prórroga orzamentaria. 27. A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación. 28. A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagos a xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual.A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado: especial referencia ás desviacións de financiamento. 29. A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesourería: concepto e cálculo. Análise do remanente de tesorería para gastos con financiamento afectado e do remanente de tesourería para gastos xerais. A consolidación orzamentaria. 30. Estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, de débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións locais: establecemento e consecuencias asociadas ao incumprimento. Os Plans económico-financeiros: contido, tramitación e seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Fornezo de información financeira das Entidades Locais. 31. A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagos: prelación, procedementos e medios de pago. O cumprimento do prazo nos pagos: o período medio de pago. O estado de conciliación.

10

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

32. A planificación financeira. O plan de tesourería e o plan de disposición fondos. A rendabilización de excedentes de tesourería. As operacións de tesourería. O risco de tipos de interese e de cambio nas operacións financeiras. 33. A contabilidade das entidades locais e os seus organismos autónomos: os modelos normal, simplificado e básico. As Instrucións dos modelos normal e simplificado de contabilidade local: estrutura e contido. Particularidades do modelo básico. 34. A Conta Xeral das Entidades Locais: contido,formación,aprobación e rendición. Outra información a fornecer ao Pleno, aos órganos de xestión,aos órganos de control interno e a outras Administracións Públicas. 35. Marco integrado de Control Interno (COSO). Concepto de control interno, e o seu aplicabilidade ao sector público. O control interno da actividade económico-financeira das Entidades Locais e os seus entes dependentes. A función interventora: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo e modalidades. Especial referencia aos reparos. 36. Os controis financeiro, de eficacia e de eficiencia: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo, procedementos e informes. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro. As Normas de Auditoría do sector público. 37. O control externo da actividade económico-financeira do sector público local. A fiscalización das entidades locais polo Tribunal de Contas e os órganos de control externo das Comunidades Autónomas. As relacións do Tribunal de Contas e os órganos de control externo das Comunidades Autónomas. Organizacións internacionais de entidades fiscalizadoras: as normas INTOSAI. 38. A responsabilidade contable: concepto e réxime xurídico. O carácter obxectivo da responsabilidade contable. Supostos básicos de responsabilidade contable: alcances contables, malversacións e outros supostos. Compatibilidade con outras clases de responsabilidades. Os suxeitos dos procedementos de responsabilidade contable. 39. A relación xurídica tributaria: concepto e elementos. Feito impoñible. Devengo. Exencións. Suxeito activo. Suxeitos pasivos. Responsables. A solidariedade: extensión e efectos. O domicilio fiscal. A representación. A transmisión da débeda. 40. A base impoñible. Métodos de determinación. A base liquidable. O tipo de gravame: concepto e clases. A cota tributaria. A débeda tributaria: contido. 41. A xestión tributaria: delimitación e ámbito. O procedemento de xestión tributaria. A liquidación dos tributos. A declaración tributaria. Os actos de liquidación: clases e réxime xurídico. A consulta tributaria. A proba nos procedementos de xestión tributaria. 42. A extinción da obrigación tributaria. O pago: requisitos, medios de pago e efectos do pago. A imputación de pagos. Consecuencias da falta de pago e consignación. Outras formas de extinción: a prescrición, a compensación, a condonación e a insolvencia. 43. A recadación dos tributos. Órganos de recadación. O procedemento de recadación en período voluntario. O procedemento de recadación en vía de prema: iniciación, títulos para a execución e providencia de prema. Adiamento e fraccionamento do pago. 44. Desenvolvemento do procedemento de prema. O embargo de bens. Alleamento. Aplicación e imputación da suma obtida. Adxudicación de bens ao Estado. Terminación do procedemento. Impugnación do procedemento. 45. As garantías tributarias: concepto e clases. As garantías reais. Dereito de prelación. Hipoteca legal tácita. Hipoteca especial. Afección de bens. Dereito de retención. As medidas cautelares. 46. A inspección dos tributos. Actuacións inspectoras para a xestión dos tributos: comprobación e investigación, obtención de información, a comprobación de valores e informe e asesoramento. Réxime xurídico das funcións inspectoras. O procedemento de inspección tributaria. Potestades da Inspección dos Tributos. Documentación das actuacións inspectoras. As actas de inspección. A inspección dos recursos non tributarios. 47. As infraccións tributarias: concepto e clases. As sancións tributarias: clases e criterios de graduación. Procedemento sancionador. Extinción da

11

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

responsabilidade por infraccións. 48. A revisión en vía administrativa dos actos de xestión tributaria no ámbito estatal e autonómico. Procedementos especiais de revisión. O recurso de reposición. As reclamacións económico-administrativas 49. Os recursos das Facendas Locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 50. A xestión, inspección e recadación dos recursos das Facendas Locais. A revisión en vía administrativa dos actos de xestión tributaria ditados polas Entidades Locais, en municipios de réxime común e de gran poboación .A xestión e recadación de recursos por conta doutros entes públicos. 51. O Imposto sobre Bens Inmobles. Natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións e bonificacións. Base impoñible. Base liquidable. Cota, devengo e período impositivo. Xestión catastral. Xestión tributaria. Inspección catastral. 52. O Imposto sobre actividades económicas. Natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Cota: as tarifas. Devengo e período impositivo. Xestión censal e xestión tributaria. O recargo provincial. O Imposto sobre construcións, instalacións e obras. 53. O Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. 54. Taxas e prezos públicos. Principais diferenzas. As contribucións especiais: anticipo e adiamento de cotas e colaboración cidadá. 55. A participación de municipios e provincias nos tributos do Estado e das Comunidades Autónomas. Criterios de distribución e regras de evolución. Réximes especiais. A cooperación económica do Estado e das Comunidades Autónomas aos investimentos das Entidades Locais. Os Fondos da Unión Europea para Entidades Locais. 56. Actividade subvencional das Administracións Públicas. Procedementos de concesión e xestión das subvencións. Reintegro de subvencións. Control financeiro. Infraccións e sancións administrativas en materia de subvencións. 57. O crédito local. Clases de operacións de crédito. Natureza xurídica dos contratos: tramitación. As operacións de crédito a longo prazo: finalidade e duración, competencia e límites e requisitos para a concertación das operacións. As operacións de crédito a curto prazo: requisitos e condicións. A concesión de avales polas Entidades Locais. 58. A lexislación mercantil. A empresa mercantil. O patrimonio da empresa e a súa protección xurídica. O comerciante individual. Concepto, capacidade, incapacidade e prohibicións. As sociedades mercantís en xeral. 59. A lexislación laboral. O contrato de traballo. Concepto, clases e modalidades. Modificación, suspensión e extinción da relación laboral. Dereito e deberes de traballadores e empresarios. 60. Os convenios colectivos. O dereito de folga e o seu exercicio. A adopción de medidas de conflito colectivo. A representación dos traballadores na empresa” Foz, 18 de xuño de 2017.- O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA R. 2193

Anuncio O Pleno do Concello de Foz en sesión ordinaria celebrada o día 29 de xuño de 2017, acordou a aprobación inicial da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa polo aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos instalados na fachada de establecementos bancarios e con acceso directo desde a vía pública, e en cumprimento do disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente a información pública polo prazo de 30 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, a efectos de exame e alegacións.

12

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

Se transcorrido dito prazo non se tiveran presentado alegacións algunha, considerarase aprobado definitivamente o devandito acordo. En Foz (Lugo) a, 3 de xullo de 2017.- O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA R. 2194

A FONSAGRADA Anuncio APROBACIÓN INICIAL DA MODIFICACIÓN DE CRÉDITO 6/2017 O Pleno do Concello da Fonsagrada en sesión ordinaria celebrada o día 13.07.2017, acordou a aprobación inicial do expediente nº6/2017, de Modificación de Créditos para concesión de Créditos Extraordinarios. E en cumprimento do disposto no artigo 169.1 por remisión do 179.4 do Real Decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente a información pública polo prazo de quince días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Se transcorrido devandito prazo, non se presentaron alegacións, considerarase aprobado definitivamente devandito Acordo. A Fonsagrada, 14 de xullo de 2017.- O alcalde, Argelio Fernández Queipo R. 2176

Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 12.07.2017, aprobouse o padrón fiscal correspondente ao mes de xuño de 2017 do Servizo de Axuda no Fogar a través da Lei de Dependencia polo importe de 6.263,46 € e Programa Básico de Axuda no Fogar por un importe de 1.924,80 € . Exposición: O Padrón quedará exposto ao público no Concello durante o prazo de 15 días, a contar dende o seguinte á publicación do anuncio no BOP. Recursos: Durante o período de exposición pública os interesados poderán examinalo e formular, contra o acto que se notifique perante a Xunta de Goberno Local, o recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, no PRAZO DUN MES contado dende o día seguinte ao de finalización do devandito período de exposición pública do Padrón Fiscal. Contra a resolución recaída no recurso administrativo, no PRAZO DE DOUS MESES contados dende o día seguinte ao da notificación da devandita resolución. De non recaer resolución no PRAZO DUN MES a contar dende o día seguinte ao da presentación do desestimado, con efectos xurídicos establecidos nos artigos 24 e 25 da Lei 39/2015, de 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común. Nembargantes, se se considera conveniente, poderán utilizar e exercitar calquera outro recurso que estimen pertinente. Carga de recibos domiciliados: Os recibos correspondentes a esta cobranza que figuren correctamente domiciliados, enviaranse ás respectivas entidades de depósito para que sexan adebedados nas contas dos seus clientes. O que se anuncia e se fai público para xeral coñecemento do presente ANUNCIO que ten carácter de notificación colectiva, en cumprimento do disposto no artigo 24 do Regulamento Xeral de Recadación e 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. A Fonsagrada, 12 de xullo de 2017.- O alcalde, Argelio Fernández Queipo R. 2177

LOURENZÁ Anuncio Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 14-07-17 o Padrón da Taxa de Recollida de Residuos Sólidos Urbanos do segundo trimestre de 2017, exponse ao público na Secretaría do Concello por prazo de quince días

13

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

a efectos de exame e reclamacións, quedando elevada a definitiva dita aprobación no caso de que non se presentaran reclamacións. Establécese como período de cobro en voluntaria do 1 o 21 de agosto de 2017. Lourenzá, 14 de xullo do 2017.- A ALCALDESA, Rocio López García R. 2178

MONDOÑEDO Anuncio Por Resolución de Alcaldía – Presidencia nº 75/2017, de data 13 de xullo de 2017, acordase a ampliación do prazo de presentación de solicitudes das Bases Reguladoras e Convocatoria de subvencións para a Área de Rexeneración e Renovación do Casco Histórico de Mondoñedo e Barrios Históricos de San Lázaro e Os Muíños que se publicaron no B.O.P. núm. 112, de data 18 de maio de 2017, durante o prazo dun mes máis a contar dende o día seguinte a data de publicación. Mondoñedo, a 14 de xullo de 2017.- A ALCALDESA, María Elena Candia López R. 2179

MONTERROSO Anuncio DECRETO.- 12072017. Tendo previsto ausentarme do término municipal por vacacións ente os días 1 e 31 de agosto, ambos incluídos, e de acordo co establecido nos artigos 63 da Lei de Administración Local de Galicia e 47.1 e 2 do Regulamento de Organización, funcionamento e réxime xurídico das Corporacións Locais. RESOLVO: Que me substitúa na totalidade das miñas funcións o primeiro tenente de alcalde, don Marcelino Vázquez García. Notifícaselle o interesado. Déase conta ao Pleno da Corporación e publíquese no BOP. Mándao e asínao o señor alcalde, do que eu, secretario dou fe. Monterroso, 12 de xullo de 2017.- O alcalde Miguel Rico Gómez, A Secretaria Acctal Blanca Mª Vázquez Enríquez R. 2180

RÁBADE Anuncio De conformidade co disposto nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 47 do regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, faise público para xeral coñecemento que, por ausentarme do Concello entre os días 22 de xullo a 6 de agosto de 2017, ambos inclusive, substituirame nas funcións da Alcaldía deste Concello o primeiro tenente de alcalde don Alejandro Martínez Campos. Rábade, 13 de xullo de 2017.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes. R. 2181

RIBADEO Anuncio BASES ESPECIFICAS REGULADORAS DO ACCESO A POSTOS DE TRABALLO DE OPERARIO DE PROFESOR DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE RIBADEO, FIXOS DISCONTINUOS DE CARACTER INTERINO.

14

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA.O obxecto das presentes bases é a cobertura baixo o réxime de interinidade de 2 postos de traballo da RPT municipal sinalados cos números 602, vacantes na actualidade, de Profesor da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. 2.-CARACTERÍSTICAS DO POSTO: Grupo. Asimilado ao Grupo A2 de funcionarios. Clasificación: Cadro de Persoal Laboral, Administración Especial. Persoal Laboral Fixo descontinuo a tempo parcial/total. Adscripción: Area de Cultura. Escola Municipal de Música. Postos: 602 (1-7) da RPT municipal vixente. Postos do Cadro de Persoal laboral anexo ao Orzamento municipal de 2017 coa xornada durante o curso lectivo que se fixa no apartado anterior para o presente curso e coas retribucións que se sinalan no referido orzamento, sen prexuízo das modificacións que por razóns obxectivas, de matrícula ou doutra índole se poidan producir. Nº prazas

1 1

Especialidade ou disciplina

Música e Movemento Saxofón

Período da actividade Curso lectivo. Xornada a tempo parcial (nº de semanais 2017-2018) 10 h.30 minutos semanais 8 h. 45 minutos semanais.

horas

3.FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO. As funcións do posto de traballo que se convoca serán: Correspóndenlle as funcións propias na súa categoría profesional no ámbito da Escola Municipal de Música concretamente a impartición durante o curso das clases pertinentes ndisciplina ou especialidade correspondente á praza á que se opta, e no seu caso a impartición doutras materiais musicais complementarias, suplencia de baixas, así como o desenvolvemento das labores inherentes ao posto relativas á xestión e colaboración administrativa e demais traballos materiais necesarios conforme ás directrices que se fixen ao longo do período lectivo pola Dirección da Escola e Concellaría-Delegada correspondente. Os postos estarán sometidos ao réxime de incompatibilidades segundo o disposto na Lei 53/1984,de 26 de decembro de incompatibilidades do persoal das Administracións Públicas, no Estatuto Básico do Empregado Público e demais disposicións de aplicación. 4. SISTEMA DE SELECCIÓN: concurso-oposición . 5.NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: DÚAS 6.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. a)Xerais:Os establecidos con carácter xeral no artigo 56 e concordantes do Estatuto Básico do Empregado Público (RDL 5/2015 de 30 de outubro polo que se aproba o TR da Lei). b) Específicos. Titulación académica: Será necesario estar en posesión da titulación correspondente ao grao medio de música e danza (art. 8º da Orde de 11 de marzo de 1993 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) ou de calquera das titulacións sinaladas na Circular 12/2006 pola que se establecen as titulacións que deberá posuír o profesorado que imparta a docencia nas Escolas de Música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia. Todos os requisitos esixidos deben posuílos os/as aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como persoal interino, no seu caso. 7,- PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA E DAS SÚAS BASES.A convocatoria anunciarase no DOG e as Bases no Boletín Oficial da provincia de Lugo e farase pública tamén no taboleiro de anuncios do Concello e sede electrónica da web municipal. www.ribadeo.gal Os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal www.ribadeo.gal. Non se efectuarán notificacións individuais. Os aspirantes ás probas obxecto desta convocatoria quedarán enterados do desenvolvemento do proceso mediante as publicacións pertinentes no taboleiro de anuncios do Concello e sede electrónica da web municipal. 8.PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.Ás instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse á Alcaldía-Presidencia.

15

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo debidamente cumprimentadas, durante o prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOE. Poderán así mesmo remitirse na forma establecida na Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para ser admitidas e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas, as persoas aspirantes manifestarán nas súas solicitudes que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas Bases, referidos sempre como máximo ao día no que remate o prazo de presentación de instancias. Os aspirantes con minusvalía igual ou superior ao 33% deberán indicalo expresamente na solicitude. Igualmente as persoas aspirantes comprométense, no caso de ser propostos para o correspondente nomeamento, a prestar xuramento ou promesa de acordo co que determina o Real Decreto 707/1979, de 5 de abril. Á instancia acompañarase inescusablemente a seguinte documentación: - Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente. - Unha fotografía a cor tamaño carné. - Titulación, no seu caso, que acredite o cumprimento deste requisito. - Acompañarase unha relación circunstanciada dos méritos que aleguen pola orde que se estableza na correspondente convocatoria, uníndose a dita relación os documentos xustificativos dos mesmos (orixinais ou fotocopias compulsadas), e non se tomarán en consideración nin serán valorados aqueles que non queden debidamente acreditados en tódolos seus extremos, no momento de remate do prazo de presentación de solicitudes. 9.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS. Rematado o prazo de presentación de solicitudes ditarase resolución pola que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, así como o prazo para subsanación que será de 10 días, de conformidade co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro do PACAAPP. A corrección de erros, poderase emendar de oficio ou a instancia de parte de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro. Dita resolución será publicada no Boletín Oficial da Provincia así como no Taboleiro de anuncios do Concello. Quen non presente a solicitude de subsanación ou reclamación no indicado prazo decaerá no seu dereito sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes. Rematado o prazo ditarase resolución pola que se aproba a lista definitiva, resoltas as reclamacións que no seu caso se produzan, e indicarase igualmente o lugar e data de comezo do 1º exercicio e orde de actuación dos aspirantes así como a composición do Tribunal, publicándose estes anuncios e calquera outro anuncio sucesivo en relación a este proceso selectivo no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal. Se en calquera momento posterior á aprobación da lista definitiva, incluso durante a celebración das probas se advertise nas solicitudes inexactitutde ou falsidade que fora causa de exclusión esta considerarase defecto insubsanable e resolverá dita exclusión. Dende a terminación dunha proba e ata o comezo da seguinte deberá transcorrer un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días. 10.DESENVOLVEMENTO DO PROCESO SELECTIVO.A)Fase de concurso: Cualificarase esta fase de acordo cos méritos aportados polos aspirantes e segundo se especifica no ANEXO I destas Bases e sen que a cualificación poida exceder de 4 puntos na súa totalidade. Esta fase non ten carácter eliminatorio nin se terá en conta para supera-las probas da fase de oposición. Esta fase cualificarase o mesmo día fixado para a oposición e antes da celebración desta. B)Fase de oposición: Serán 3 exercicios.1º Exercicio. Teórico.Consiste no desenvolvemento por escrito de tres temas (un da 1ª parte e 2 da segunda), a elixir polo aspirante de entre seis propostos polo Tribunal (2 da 1º parte e 4 da 2ª), sobre as materias que figuran no anexo II-Fase de oposición- aínda que sen aterse necesariamente a epígrafes concretos do mesmo. Este exame ten por obxecto apreciar a formación xeral e específica en materia musical do candidato sobre as materias do programa. Os aspirantes contarán cun máximo de 90 minutos para o desenvolvemento do mesmo. Este exercicio será lido publicamente ante o Tribunal. Cualificarase o coñecemento e formación xeral que o aspirante demostre posuir sobre os temas.

16

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

Este exercicio cualificarase polo tribunal de 0 a 10 puntos e serán eliminados aqueles aspirantes que non alcancen un mínimo de 5 puntos. 2º Exercicio. Práctico. Consistirá na elaboración e posterior exposición oral ante o Tribunal dunha Unidade Didáctica relacionada coa especialidade á que se presenta. Disporá dun tempo máximo de 45 minutos para a súa elaboración e posteriormente deberá facer unha exposición oral sobre a mesma nun tempo máximo de 10 minutos. Este exercicio cualificarase polo tribunal de 0 a 10 puntos e serán eliminados aqueles aspirantes que non alcancen un mínimo de 5 puntos. 3º. Exercicio. Idioma Galego. Consistirá na realización dunha tradución do castelán ao galego dun texto que se escollerá polo Tribunal, nun tempo máximo de 20 minutos. Valorarase a corrección gramatical e ortográfica do texto así como a identidade deste co facilitado polo Tribunal. Este exercicio cualificarase cun máximo de 1 punto. *Quedarán exentos de celebrar este exercicio aqueles aspirantes que aporten antes da súa celebración título oficial de coñecemento do galego, nivel de perfeccionamento ou equivalente ou Celga 4, que se valorará con 1 punto. Cualificación final: A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso selectivo será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do Tribunal ou a determinada de común acordo polo conxunto dos seus membros. A puntuación total do proceso selectivo será a suma das cualificacións da fase de concurso e dos dous exercicios da fase de oposición. 11.ORGANO DE SELECCIÓN.Estará constituído polas seguintes persoas: Presidente: Titular e suplente correspondente. Un funcionario de categoría ou escala igual ou superior á praza que se convoca, designado pola Alcaldía-Presidencia. Vogais: 3 funcionarios de categoría ou subescala igual ou superior ao posto que se convoca e os seus suplentes correspondentes. Secretario: O Secretario Xeral do Concello de Ribadeo e como suplente do mesmo un funcionario do Concello con categoría igual ou superior ao posto que se convoca. Actuará con voz e sen voto. O Tribunal queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten no non previsto nestas bases e para toma-los acordos necesarios para a boa orde das probas. Aplicarase igualmente a lexislación básica do Estado sobre Función Pública e o R.D. 896/1991 polo que se establecen as regras e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de persoal funcionario de Administración Local. No non previsto nelas, a regulamentación para o ingreso na Función Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e supletoriamente, o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado. 12.- RELACIÓN DE APROBADOS.Unha vez rematada a cualificación das persoas aspirantes o Tribunal publicará por orde de puntuación a relación de aprobados e elevará dita relación ao órgano competente do Concello aos efectos da tramitación do correspondente nomeamento. O Tribunual cualificador non poderá propoñer o acceso á condición de funcionario interino a un número superior de aprobados ao de postos ou prazas convocadas, neste caso unha. 13.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. A persoa proposta aportará, dentro do prazo dun mes contado a partir da publicación da lista de aprobados, os seguintes documentos: 1.- Fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para compulsar) do seu Documento Nacional de Identidade ou documento que o substitúa. 2.- Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse co seu orixinal para compulsar) do título ou no seu caso, diploma en base ao cal se procedeu á súa admisión ou xustificante de ter cumpri-los requisitos para a expedición do mesmo.

17

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

3.- Certificado acreditativo de posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira. No supostos de persoas con discapacidade observarase tamén o que establece o apartado da Base duodécima. 4.-Certificado de antecedentes penais. 5.-Declaración complementaria de conduta cidadá. 6.- Declaración responsable de non ter sido separado do servizos do Estado, das Comunidades Autónomas ou das Entidades Locais mediante expediente disciplinario nin e atopar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme. 7.- Declaración responsable de non se atopar incurso en ningún dos supostos de incapacidade específica conforme á normativa vixente. 8.- Declaración responsable de non incorrer en ningún dos supostos de incompatibilidade do persoal ao servizo das Administracións Públicas segundo a Lei53/1984, de 26 de decembro e normativa de desenvolvemento da mesma. 9.- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social (para o caso de haber estado de alta na mesma). 8.- Número de conta bancaria. O aspirante cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% que supere a oposición deberá ademais acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes así como a compatibilidade eco desempeño das tarefas do posto. Para o suposto de que tivera a condición de funcionario ou empregado público, estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento debendo presentar certificación do Ministerio ou Organismo de que dependa, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servizos. 14. SINATURA DE CONTRATO LABORAL.Quen no prazo indicado non presente a documentación indicada (salvo casos de forza maior), non poderá asinar o contrato laboral de interinidade, quedando anuladas todalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que poida incorrer por falsedade na instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo. O nomeamento como empregado laboral de carácter interino/a será publicado no BOP de Lugo. 15.-LEXISLACIÓN DE APLICACIÓN.RDL 5/2015 de 30 de outubro, polo que se aproba a Lei do Estatuto básico do empregado público. RDL 2/2015 de 23 de outubro, de aprobación do TR da Lei do Estatuto dos traballadores. Lei 2/2015 de 29 de abril do emprego público de Galicia. Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local. R.D. Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Decreto 95/1991, do 20 de marzo, da Comunidade autónoma de Galicia pola que se aproba o Regulamento de selección de persoal e Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado. Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, que aproba as regras básicas e programas mínimos a que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios da administración local. Lei 39/2015, de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. ANEXO I a) Experiencia en postos semellantes no ámbito da Administración Pública Local, ata un máximo de 1 puntos: 0,05 puntos por mes ou fracción. *Deberá acreditarse coa correspondente certificación do organismo ou Administración b) Valorarase neste apartado as titulacións académicas de nivel superior distintas e independentes da requirida na convocatoria para o acceso, computándose unicamente o título de maior nivel dos alegados, ata un máximo de 1 punto. 1) Título de Doutor.......................................................................1,00 puntos. 2) Título de Grao Superior musical, Licenciado Universitario,.......0,50 puntos.

18

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

c)Participación en cursos, xornadas ou seminarios, relacionados directamente coa materia musical e coas funcións propias dos postos, organizados por Administracións Locais, Ministerios, Consellerías de Comunidade Autónoma, Universidades, Fundacións ou calquera outra Administración Pública ou Organismo delas dependentes, ata un máximo de 2 puntos. A valoración dos cursos efectuarase en proporción ao número de horas acreditadas no mesmo, do seguinte xeito: -Cursos, xornadas, seminarios, etc. de ata 20 horas, 0, 15 puntos por cada un. -Cursos, xornadas, seminarios, etc. de 21 h. ata 50 horas, 0,25 puntos por cada un. -Cursos, xornadas, seminarios,etc. de 51 horas a 100 horas, 0, 50 puntos por cada un. -Cursos, xornadas, seminarios, etc. de 101 a 150 horas, 1,00 punto por cada un. Non se valorarán os cursos, xornadas, seminarios, etc. que carezan de acreditación do número de horas. ANEXO II-FASE DE OPOSICIÓN TEMARIO 1ª parte.- Xeral. 1.A constitución española de 1.978. Principios xerais e estrutura. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. 2. Os dereitos sociais na Constitución. 3. A Organización territorial do Estado na Constitución. 4. A Comunidade Autónoma de Galicia. Organización Institucional. Estatuto de Autonomía. 5. O Municipio. Competencias municipais. O Alcalde, os Tenentes de Alcalde, os Concelleiros Delegados de servizos. 6. A organización municipal. Atribucións dos seus órganos principais. Réxime de funcionamento dos Órganos colexiados municipais.Tipos de sesións. 7. Normas fundamentais reguladoras da función pública. O personal ao servizo das Administracións Púbilcas. Clases. Dereitos e deberes. Réxime disciplinario. 8. O procedemento administrativo local: fases do procedemento. Recursos administrativos. 9. Formas da acción administrativa. Os servizos públicos locais. Formas de xestión. 10. Os bens das Entidades Locais. Clases e réxime xurídico dos mesmos. Protección dos bens públicos. 11. A contratación na Administración Local: clases de contratos. Formas e procedementos de contratación. 12. O orzamento municipal: contido e estrutura. Elaboración e aprobación. Execución e modificacións do mesmo. 13. As facendas locais. 14. A responsabilidade patrimonial das Administracións Públicas. Responsabilidade da Administración e dos empregados públicos. 2ª parte. Específica.1. Socioloxía da música. Relación música-sociedade. Función social da música. 2. O entorno socio-cultural e a súa influencia no desenvolvemento da sensibilidade musical. A música no mundo de hoxe.Música e consumo. 3. A música como parte do desenvolvemento integral do neno/a. 4. Fundamentos psicopedagóxicos da educación musical. 5. A actividade musical como compensadora das desigualdades educativas. Principios básicos de intervención. Atención á diversidade. 6. Música e movemento: Parámetros do movemento. O xesto na música.

19

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

7. O ritmo. Pulso e métrica. 8. O son. A percepción do son e a creación musical.A melodía. Tema, motivo e deseño melódico. A articulación melódica. 9. A música na LOMCE, Regulación das ensinanzas musicais. 10. O fraseo. Relación entre harmonía, ritmo e articulación. Cadencias: Tipos e funcións. 11. Función e obxectivos das Escolas de Música. 12. Ensinanzas das Escolas de Música. Condicións para o funcionamento das Escolas. 13. Bandas de música. Antecedentes e evolución da banda de música ata a actualidade. Formacións famosas na xeografía europea. Repertorio e formas musicais máis empregadas nas Bandas de Música. 14. A figura do director. Xestos, transmisión de ideas ao músico, comportamento en ensaios e actuacións. Colocación e extensión dos instrumentos da Banda. 15. A audición musical: A súa didáctica. 16. Desenvolvemento da compresión auditiva no alumnado. Obxectivos e actividades. 17. Programación de audicións para o alumnado da Escola de Música. 18. Os instrumentos musicais e as súas características organolóxicas. Familias de instrumentos. Agrupacións instrumentais. 19. Práctica instrumental. Criterios de selección e sistematización do repertorio instrumental na educación primaria. 20. Obxectivos e contidos da actividade instrumental na aula. Metodoloxía e recursos didácticos no proceso de ensinanza e aprendizaxe dunha peza instrumental. 21. O desenvolvemento da percepción auditiva: altura, duración, intensidade, timbre e forma. Técnicas e métodos. 22. A discriminación auditiva. Recursos didácticos de exploración e investigación sonora. 23. A música como linguaxe e como medio de expresión. Valor formativo da música. Creador, creado, intérprete e oínte. Importancia da música na Educación. 24.- O xogo como actividade de ensinanza e aprendizaxe na educación musical. 25. A relaxación: técnicas necesarias para a actividade musical vocal, instrumental e de movemento. 26.A forma musical. Distintas características ao longo da historia. 27. A improvisación como forma de expresión libre e como procedemento compositivo. 28. A avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Tipos e criterios de avaliación. 29. A práctica en grupo. Dinámica, metodoloxía e actividades. 30. Escritura musical dende o século XIX ata a actualidade. Distintas grafías. 31. Pequenas agrupacións máis representativas no eido da música clásica. Descrición, evolución e repertorio. 32. Técnicas de concienciación corporal. Relaxación física e mental. Hábitos posturais, visualización e medo escénico. 33. Orientación do traballo individual. Desenvolvemento da autonomía. 34. Interrelación entre materias teórico-prácticas e de instrumento na escola de música. 35. A análise como ferramenta para o aprendizaxe musical. Aplicación na aula. 36. Primeira toma de contacto cos alumnos. Avaliación inicial e recursos didácticos. 37. Criterios para a mellor resolución de dificultades que poidan presentar problemas específicos, tales como técnica instrumental, vocal, etc. 38. A práctica seccional. A sección de madeiras, metais e percusión. Características propias das mesmas. 39. A música no barroco. Características estéticas, organolóxicas e de repertorio. Compositores destacados. 40. A música no clasicismo. Características estéticas, organolóxicas e de repertorio. Compositores destacados. 41. A música no romanticismo. Características estéticas, organolóxicas e de repertorio. Compositores destacados.

20

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

42. As correntes musicais nacionalistas no século XIX. A recuperación do folclore. 43. A música no século XX. Características estéticas, organolóxicas e de repertorio. Compositores destacados. 44. A banda infantil. Características do seu proceso formativo. Aspectos a desenrolar na programación. Criterios da selección do repertorio. 45. A música popular e tradicional aplicada ao ensino na escola de música. Repertorio e metodoloxía. 46. Aplicación das TICs na ensinanza na escola de música.. Criterios de avaliación: Temarios. A duración desta proba será de 90 minutos. Avaliaranse os coñecementos propios e específicos do ámbito cultural ou artístico amosados no tema tratado.Avaliarase a orixinalidade no desenrolo do tema. -

Avaliarase a presentación e que a letra sexa lexible.

-

Avaliarase, de ser o caso, o desenrolo de todos e cada un dos epígrafes do tema tratado.

Programación e unidade didáctica. A duración máxima da proba será de 45 minutos. -

Avaliarase a adecuación da programación ao currículo da nosa comunidade.

Avaliarase a actitude pedagóxica do aspirante, así como o coñecemento das técnicas necesarias para o exercicio docente. -

Avaliarase a adecuación da programación presentada cas esixencias da presente convocatoria.

-

Avaliarase a practicidade e utilidade na aula da unidade didáctica exposta.

-

Avaliarase a idoneidade dos obxectivos expostos na unidade didáctica.

-

Avaliarase a idoneidade dos contidos e a súa relación cos obxectivos expostos.

Avaliarase a practicidade e orixinalidade das actividades de ensinanza-aprendizaxe propostas na unidade didáctica. Avaliarase a claridade dos criterios de avaliación e a súa adecuación aos contidos, obxectivos e actividades de ensinanza-aprendizaxe expostas. Ribadeo, data sinatura electrónica. Ribadeo, 18 de xuño de2017.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA R. 2218

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL N.º 3 LUGO Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrado de la Administración de Justicia del Juzgado de lo Social nº 003 de LUGO, HAGO SABER: Que en el procedimiento EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 91/2017 de este Juzgado de lo Social, seguido a instancia de Dª MARTA MARIA DIAZ DIAZ, contra “TRAFER, C. B.”, DON LUCIANO FERNANDEZ LUIS Y DON ISAAC FERNANDEZ LUIS, sobre ORDINARIO, se ha dictado DECRETO, en fecha 11.07.17, cuya parte dispositiva es del tenor literal siguiente: ACUERDO:- Retener los saldos a favor del ejecutado, TRAFER CB, DON LUCIANO FERNANDEZ LUIS, DON ISAAC FERNANDEZ LUIS, en las siguientes entidades que obran en la consulta integral realizada, y ello en cuanto sea suficiente para cubrir la suma de las cantidades reclamadas, a saber:- 2178.04 euros, de principal e intereses ordinarios y 435,61 euros, presupuestados para intereses y costas.- Librar el/los oficios necesarios en las entidades bancarias y/o de crédito donde se hará constar la orden de retención con los apercibimientos legales que para el caso de incumplimiento de esta orden pudiera incurrir el receptor de la misma quien deberá expedir recibo acreditativo de la recepción de la orden y quien deberá hacer constar las cantidades que el ejecutado, en ese instante, dispusiere en tal entidad. Dicho acuse de recibo se remitirá directamente a este órgano judicial.Notifíquese a las partes, haciéndoles saber que en aplicación del mandato contenido en el artículo 53.2 de la LJS, en el primer escrito o comparecencia ante el órgano judicial, las partes o interesados, y en su caso los profesionales designados, señalarán un domicilio y datos completos para la práctica de actos de comunicación. El domicilio y los datos de localización facilitados con tal fin, surtirán plenos efectos y las notificaciones en ellos intentadas sin efecto serán válidas hasta tanto no sean facilitados otros datos alternativos, siendo carga procesal de las partes y de sus representantes mantenerlos actualizados. Asimismo deberán comunicar los

21

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

cambios relativos a su número de teléfono, fax, dirección electrónica o similares, siempre que estos últimos estén siendo utilizados como instrumentos de comunicación con el Tribunal.- MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interponer ante quien dicta esta resolución, en el plazo de TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación con expresión de la infracción que a juicio del recurrente contiene la misma, sin que la interposición del recurso tenga efectos suspensivos con respecto a la resolución recurrida.- LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA,” Y para que sirva de NOTIFICACIÓN EN LEGAL FORMA a "TRAFER, C. B.", DON ISAAC FERNÁNDEZ LUÍS Y DON LUCIANO FERNÁNDEZ LUÍS, en ignorado paradero, expido el presente para su inserción en el Boletín Oficial de LUGO. Se advierte al destinatario que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o de la cédula en el tablón de anuncios de la Oficina judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia, o cuando se trate de emplazamiento. En LUGO, a trece de julio de dos mil diecisiete.- LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA, R. 2184

Anuncio Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, Letrado de la Administración de Justicia del Juzgado de lo Social nº 003 de LUGO, HAGO SABER: Que en el procedimiento EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES 93/2017 de este Juzgado de lo Social, seguido a instancia de Dª ANA MARIA FERNANDEZ GARCIA, contra GUINKO DIABO MAHAMADI, sobre ORDINARIO, se ha dictado Decreto, en fecha 11.07.17, cuya parte dispositiva es del tenor literal siguiente: ACUERDO:- Retener los saldos a favor del ejecutado, MAHAMADI GUINKO DIABO, en las entidades que obran en la consulta integral realizada, y ello en cuanto sea suficiente para cubrir la suma de las cantidades reclamadas, a saber: 5.106,64 euros, de principal, y 1.021,33 euros, presupuestados para intereses y costas.- Librar el/los oficios necesarios en las entidades bancarias y/o de crédito donde se hará constar la orden de retención con los apercibimientos legales que para el caso de incumplimiento de esta orden pudiera incurrir el receptor de la misma quien deberá expedir recibo acreditativo de la recepción de la orden y quien deberá hacer constar las cantidades que el ejecutado, en ese instante, dispusiere en tal entidad. Dicho acuse de recibo se remitirá directamente a este órgano judicial.- Notifíquese a las partes, haciéndoles saber que en aplicación del mandato contenido en el artículo 53.2 de la LJS, en el primer escrito o comparecencia ante el órgano judicial, las partes o interesados, y en su caso los profesionales designados, señalarán un domicilio y datos completos para la práctica de actos de comunicación. El domicilio y los datos de localización facilitados con tal fin, surtirán plenos efectos y las notificaciones en ellos intentadas sin efecto serán válidas hasta tanto no sean facilitados otros datos alternativos, siendo carga procesal de las partes y de sus representantes mantenerlos actualizados. Asimismo deberán comunicar los cambios relativos a su número de teléfono, fax, dirección electrónica o similares, siempre que estos últimos estén siendo utilizados como instrumentos de comunicación con el Tribunal.- MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interponer ante quien dicta esta resolución, en el plazo de TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación con expresión de la infracción que a juicio del recurrente contiene la misma, sin que la interposición del recurso tenga efectos suspensivos con respecto a la resolución recurrida.- LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA,” Y para que sirva de NOTIFICACIÓN EN LEGAL FORMA a GHINKO DIABO MAHAMADI, en ignorado paradero, expido el presente para su inserción en el Boletín Oficial de LUGO. Se advierte al destinatario que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o de la cédula en el tablón de anuncios de la Oficina judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia, o cuando se trate de emplazamiento. En LUGO, a trece de julio de dos mil diecisiete.- LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA, R. 2185

Anuncio D/Dª MARIA DE LOS ANGELES LOPEZ CARBALLO, LETRADO DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 003 DE LUGO. HAGO SABER: Que por resolución dictada en el día de la fecha, en el proceso seguido a instancia de D/Dª MUTUA GALLEGA DE ACCIDENTES DE TRABAJO contra INSTITUTO SOCIAL DE LA MARINA, FRISKO LUMITANG , CAMPON PESCA SL, en reclamación por SEGURIDAD SOCIAL, registrado con el nº 0000896 /2015 se ha acordado,

22

Núm. 170 –Mércores, 26 de xullo de 2017

BOP de Lugo

en cumplimiento de lo que dispone el artículo 59 de la LJS, citar a FRISKO LUMITANG, en ignorado paradero, a fin de que comparezca el día 11/9/2017 a las 10:00 horas, en Planta 4 - Sala 8 - Edif. Xulgados, para la celebración de los actos de conciliación y en su caso juicio, pudiendo comparecer personalmente o mediante persona legalmente apoderada, y que deberá acudir con todos los medios de prueba de que intente valerse, con la advertencia de que es única convocatoria y que dichos actos no se suspenderán por falta injustificada de asistencia. Se advierte al destinatario que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o de la cédula en el tablón de anuncios de la oficina judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia, o cuando se trate de emplazamiento. En caso de que pretenda comparecer al acto del juicio asistido de abogado o representado técnicamente por graduado social colegiado, o representado por procurador, pondrá esta circunstancia en conocimiento del juzgado o tribunal por escrito, dentro de los dos días siguientes al de su citación para el juicio, con objeto de que, trasladada tal intención al actor, pueda éste estar representado técnicamente por graduado social colegiado, o representado por procurador, designar abogado en otro plazo igual o solicitar su designación a través del turno de oficio. La falta de cumplimiento de estos requisitos supone la renuncia de la parte al derecho de valerse en el acto de juicio de abogado, procurador o graduado social colegiado. Y para que sirva de citación a FRISKO LUMITANG, se expide la presente cédula para su publicación en el Boletín Oficial de la Provincia y colocación en el tablón de anuncios. En LUGO, a doce de julio de dos mil diecisiete.- EL/LA LETRADO DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 2186

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 26.07.2017 08:00:08 CEST Razón: Localización: España