Friol - Deputación de Lugo

7 feb. 2017 - Para ser admitidos/as no proceso selectivo, os/as aspirantes .... Valoraranse en todo caso os cursos sobre prevencións de riscos laborais e ...
402KB Größe 14 Downloads 24 vistas
MARTES, 7 DE FEBRERO DE 2017

Nº 031

CONCELLOS FRIOL Anuncio BASES PARA A PROVISIÓN TEMPORAL DE PERSOAL PARA O SERVIZO DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS E ESPACIOS PÚBLICOS.1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.- constitúe o obxecto da convocatoria a provisión temporal en réxime laboral de seis traballadores, xornada do 75% (6 Horas) e por un período de oito meses para o servizo de mantemento de zonas naturais e espacios públicos, no marco do programa “Depuemprego 2016-2017” financiado pola Deputación Provincial de Lugo ao amparo do convenio de colaboración asinado entre o Concello de Friol e a Deputación Provincial de Lugo en data 23/09/2016. Ocupación

Nº Postos

Servizo

Duración da Contratación

Xornada

Peón

6

Mantemento de Zonas Naturais e Espacios Públicos

8 Meses

75 %

A presente convocatoria e bases será obxecto de publicación no B.O.P. de Lugo, no taboleiro de anuncios, na páxina web do Concello de Friol (www.concellodefriol.es) e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo, de conformidade co disposto na cláusula quinta do Convenio de Colaboración asinado coa Deputación Provincial de Lugo para a execución de obras, servizos e emprego ao abeiro do programa Depuemprego. O resto de actos do proceso selectivo que deban ser obxecto de publicidade serán publicados no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Friol. As presentes contratacións serán financiadas 100% polo Convenio de Colaboración asinado entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Friol para a execución de obras, servizos e emprego ao abeiro do programa Depuemprego, por dar cumprimento á competencia de servizos municipais mínimos ou outros servizos, xerando oportunidades de emprego. Serán funcións a desempeñar polos/as contratados/as as que se lle poidan encomendar pola Alcaldía ou polos concelleiros delegados que garden relación co posto a desempeñar, según as necesidades dos servizos e na procura dunha boa marcha dos mesmos. 2.- MODALIDADE DO CONTRATO.- A modalidade dos contratos laborais serán de duración determinada regulados no artigo 15.1 do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de Outubro. O carácter do contrato é por tanto temporal, respecto á xornada do servizo anteriormente mencionado e as retribucións, detallase seguidamente: Ocupación PEÓN

Servizo Mantemento de Zonas Naturais e Espacios Públicos

Xornada Parcial. 75%

Retribucións 967,52€ Brutos/Mes. Incluída a prorrata da paga extra.

3.- REQUISITOS DOS/AS ASPIRANTES.- Para ser admitidos/as no proceso selectivo, os/as deberán reunir os seguintes requisitos:

aspirantes

a) Ter a nacionalidade española ou atoparse comprendido no eido de aplicación do artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Emprego Público. b) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, se é o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

2

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

c) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas do emprego a que se aspira, non padecendo enfermidade, nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das súas funcións. A persoa que resulte seleccionada aportará antes da sinatura do contrato certificación médica ou equivalente, acreditativa de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño das correspondentes funcións (a non presentación con levará a perda do posto). No caso de que se teña condición de discapacitado/a, a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin se atopar en estado de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que se desempeñaban no caso de persoal laboral, do que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos termos, o acceso ao emprego público. e) Cumprir os requisitos para exercer as funcións que lle poidan ser encomendadas ao previsto regulamentariamente. f) Estar en posesión do permiso de conducir clase B. 4.- FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS CANDIDATOS.4.1 Os que desexen formar parte no proceso selectivo, deberán presentar solicitude no modelo oficial que estará a disposición dos interesados nas dependencias administrativas do Concello de Friol e na páxina web do Concello de Friol (www.concellodefriol.es), dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Friol, ou por medio dos restantes medios admitidos legalmente. 4.2 Para ser admitido ao proceso de selección os aspirantes manifestarán na súa solicitude de participación, que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas no apartado 3ª das presentes bases. 4.3 Coas instancias deberanse acompañar tódolos documentos xustificativos dos méritos alegados conforme ao baremo que figura na convocatoria. A falta de acreditación dos méritos alegados na correspondente instancia, determinará a imposibilidade de valoración dos mesmos. 4.4. O prazo de presentación de instancias será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte a publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ademáis da publicación no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Friol. No caso de que o proceso remate en día inhábil, entenderase prorrogado ao día hábil seguinte. 4.5 As instancias presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Friol (Praza de España, 4 de Friol), ou ben nos lugares e na forma que determina o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Xunto coa instancia deberase presentar a seguinte documentación, orixinal ou copia cotexada: -

Fotocopia do D.N.I.

-

Fotocopia do Carné de Conducir.

-

Declaración responsable, asinada polo/a aspirante, de cumprir os requisitos no apartado 3ª das presentes bases, segundo o modelo que figura nestas bases como Anexo I.

-

Fotocopia da documentación acreditativa dos méritos que os/as aspirantes aleguen para a súa valoración no concurso e os documentos xustificativos

-

Certificación, de ser o caso, acreditativa do grao de discapacidade.

-

Certificación, de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.

-

De ser o caso, as persoas que aleguen ser vítima de violencia de xénero, acreditarase a situación segundo o artigo 5 la Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Se a solicitude se presentara por correo ou nun rexistro diferente ao do Concello de Friol se deberá remitir ao Fax do Concello de Friol (982375206) antas de data de expiración do prazo o documento xustificativo correspondente. 5.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Alcaldía ditará resolución, declarando aprobada a lista provisoria de admitidos/as e excluídos/as.

3

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

Esta resolución publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Friol e na páxina web (www.concellodefriol.es), sinalándose un prazo de tres días hábiles contados a partires do seguinte ao da publicación da resolución para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou a petición do interesado. De non presentar a solicitude de rectificación ou reclamación no indicado prazo, decaerá no seu dereito, sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes. Unha vez transcorrido o devandito prazo, o Alcalde ditará resolución definitiva, contra a cal se poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, ou poderase interpoñer directamente o recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados dende a mesma data, de conformidade co disposto no art. 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa. Nesta mesma resolución sinalarase o lugar e hora de realización das probas de oposición e a composición do Tribunal Cualificador. Os datos persoais (nome, apelidos, enderezo aos efectos de notificación) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados unicamente para o fin do presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente lexislación. 6.- TRIBUNAL CUALIFICADOR.O Tribunal cualificador encargado da valoración dos méritos, así como da proba tipo test para a provisión dos postos de seis operarios para o servizo denominado “Mantemento de zonas naturais e espacios públicos” estará composto por: -

Presidente/a: O persoal funcionario da Corporación que se nomee.

-

Secretario/a: O Secretario da Corporación ou funcionario da Corporación que lle substitúa.

-

Vogais: Tres vogais persoal funcionario ou laboral fixo dunha administración local designados/as pola Alcaldía.

Os membros do tribunal deberán posuír titulación ou especialización iguais ou superiores aos esixidos para o acceso ao posto convocado. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público. O tribunal non poderá consituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do/a presidente/a e do/a secretario/a ou dos que legalmente os substitúan. Os tribunais poderán dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto, limitándose ao exercicio doas especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal. Os membros do tribunal terán dereito a asistencias pola súa participación nas sesións do tribunal de acordo co disposto nos artigos 1.1 d) e 27.1b), 29 30 e Anexo IV do RD 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo. 7.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN.O procedemento de selección será o de concurso-oposición. 7.1 Fase de Oposición (Puntuación Máxima 10 Puntos) Realizarase un exercicio que consistira en contestar por escrito a un cuestionario tipo test, de 10 preguntas con tres respostas alternativas das que só unha será correcta, referidas ao contido do programa da convocatoria relacionado no ANEXO II. O tempo máximo para a realización deste exercicio será de 30 minutos. O exame calificarase de 0 a 10 Puntos, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superar a proba. As respostas correctas valoraranse cada unha con 0,5 puntos. As non contestadas ou contestadas incorrectamente non penalizarán. Este exercicio será cualificado de apto ou non apto, sendo eliminados aqueles aspirantes que non sexan declarados aptos. 7.2 Fase de Concurso (Puntuación Máxima 12,00 Puntos) A)

Experiencia profesional: (Puntuación Máxima 5,00 Puntos) -

Por servizos prestados na Administración Pública Local ou nos seus organismos en postos relacionados co obxecto da convocatoria (obras e servizos) a razón de 0,07 puntos por mes ata un máximo de 2,50 puntos.

4

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

-

Por servizos prestados na administración pública estatal ou autonómica en postos relacionados co obxecto da convocatoria (obras e servizos), a razón de 0,06 puntos por mes ata un máximo de 1,50 puntos.

-

Por servizos prestados na empresa privada en postos relacionados co obxecto da convocatoria (obras ou servizos), a razón de 0,05 puntos por mes ata un máximo de 1,00 punto. Os méritos do apartado A) acreditaranse mediante informe de vida laboral acompañado de contratos de traballo ou de certificación expedida por autorizado ou funcionario que acredite a situación laboral do solicitante.

B)

Formación: (Puntuación Máxima 3,00 Puntos) Valoraranse os títulos e curso de formación e perfeccionamento recibidos relacionados coas funcións a desenvolver, impartidos por organismos ou institucións oficiais dependentes das administracións públicas ou homologadas por estas: -

0,10 puntos por curso de ata 10 horas ou que non especifiquen o número de horas.

-

0,20 puntos por curso de 11 a 30 horas.

-

0,30 puntos por curso de 30 horas en adiante.

1. Valoraranse en todo caso os cursos sobre prevencións de riscos laborais e seguridade e hixiene no traballo. Os que a xuízo do tribunal non estean acreditados ou non garden relación co posto de traballo, non serán valorados. C) Colectivos con dificultade inserción laboral: (Puntuación Máxima 3,00 Puntos): De acordo co esixido no Convenio de Colaboración asinado coa Deputación Provincial de Lugo que financia estas contratacións ao abeiro do programa Depuemprego, valoraranse as seguintes circunstancias de colectivos con especiais dificultades de inserción laboral: -

Ser muller: 1 Punto.

-

Ter máis de 45 anos de idade: 1 punto.

-

Persoa con discapacidade: 1,50 Puntos.

-

Desempregado de longa duración (Máis de 12 meses inscrito na oficina de emprego ininterrompidamente): 1,50 Puntos.

-

Persoa vítima de violencia de xénero: 1,50 Puntos.

D) Entrevista Persoal: (Puntuación Máxima 1,00 Punto) Entrevista persoal realizada polo órgano de selección a fin de concretar a idoneidade do candidato para o adecuado desenvolvemento das funcións inherentes ao posto de traballo ofertado, a criterio ponderado do órgano de selección ata un máximo de 1,00 punto. 7.3 Puntuación Total A puntuación total de cada aspirante no proceso selectivo virá determinada pola suma dos puntos acadados na fase de concurso e na fase de oposición. O tribunal de selección determinará a lista provisional de aprobados e a orde provisional, que será publicada no taboleiro de anuncios do Concello de Friol e na páxina web do Concello de Friol (www.concellodefriol.es) a efectos de posibles reclamacións durante un período de tres días, que serán resoltas polo tribunal. 8.- LISTA DE APROBADOS.Rematada a fase anterior o Tribunal publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web do Concello de Friol (www.concellodefriol.es) a lista definitiva de aprobados por orden de puntuación obtida. En caso de empate será nomeado o aspirante que tivese maior puntuación na fase de oposición, e se persiste o empate o aspirante que tivera maior puntuación no apartado A) da fase de concurso. De persistir o empate, o aspirante que obtivera maior puntuación no apartado B) da fase de concurso e de persistir o empate o que obtivera maior puntuación no apartado C) da fase de concurso. Se persiste o empate, por sorteo. 9.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN.Os aspirantes seleccionados, no prazo de tres días naturais contados dende o día seguinte se fixese pública a lista definitiva de aprobados, deberá presentar na Secretaría do Concello de Friol, os seguintes documentos, agás os que xa obren no expediente: a)

Certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións do posto de traballo.

b)

Fotocopia da tarxeta sanitaria.

5

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

c)

BOP de Lugo

Certificado de número de conta bancario.

Os que dentro do prazo sinalado, agás nos casos de forza maior, non presentasen a documentación esixida, non poderán ser contratados, neste caso poderá ser sustituída pola seguinte da relación do proceso selectivo, situación que sucederá igual no caso de ser necesario cubrir algunha praza por razóns de baixa, enfermidade, etc. 10.- DISPOSICIÓN FINAL.- O tribunal está facultado para resolver as dúbidas e incidencias que se presenten, así como para adoptar os acordos necesarios para o bo desenvolvemento do proceso selectivo, en todo aquilo non previsto expresamente nestas bases. Asimesmo a xurisdición competente para resolver a as controversias en relación cos efectos e resolución do contrato será a xurisdición social. As presentes bases e convocatoria poderán ser impugnadas, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común. Contra a convocatoria e as súas bases, que esgotan a vía administrativa, pode interpoñer, alternativamente, ou un recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao de publicación do anuncio no taboleiro de anuncios do Concello de Friol e na súa páxina web (www.concellodefriol.es), ante o Alcalde do Concello de Friol, de conformidade co descrito na Lei 39/2015, ou un Recurso ContenciosoAdministrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ao de publicación do anuncio no taboleiro de anuncios do Concello de Friol e na súa páxina web (www.concellodefriol.es), de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optase por interpoñer un recurso de reposición potestativo, non poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo isto sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro recurso que puidese consideran máis conveniente para o seu dereito. Tocante ao non previsto nas bases, será de aplicación a Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, o Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de Outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Emprego Público, o Real Decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, así como pola restante normativa Estatal ou Autonómica vixente que sexan de aplicación por razón de materia. En Friol a 26 de Xaneiro de 2017.- O Alcalde, José Ángel Santos Sánchez

6

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

ANEXO I: SOLICITUDE PARA TOMAR PARTE NA CONVOCATORIA DO CONCELLO DE FRIOL PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE SEIS TRABALLADORES PARA A REALIZACIÓN DO SERVIZO “MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS E ESPACIOS PÚBLICOS” AO ABEIRO DO CONVENIO ASINADO COA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO – “PROGRAMA DEPUEMPREGO”

D./Dª__ con D.N.I. número __, con enderezo a efectos de notificación en____ no lugar de _____ parroquia de ___, co núm. de teléfono ___________

Enterado/a da convocatoria pública realizada polo Concello de Friol para a contratación laboral temporal de seis traballadores, a xornada parcial do 75% e de oito meses de duración.

DECLARO:

PRIMEIRO: Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reúno todas as condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo.

SEGUNDO: Que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico, que me impida o correcto desempeño das súas funcións e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin se atopar en estado de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que se desempeñaban no caso de persoal laboral, do que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro estado, non estar inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu estado e nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

TERCEIRO: Que autorizo ao Concello de Friol para a publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e D.N.I.) e das posibles causa de exclusión, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Friol (www.concellodefriol.es)

CUARTO: Solicito ser admitido/a a participar no referido procedemento comprometéndome a someterme ás bases que o regulan, presentado a documentación seguinte:

-

D.N.I., pasaporte ou tarxeta de residencia.

-

Permiso de conducir en vigor tipo B.

-

Relación dos méritos que alego para a súa valoración e os documentos xustificativos dos mesmos segundo o establecido nas presentes bases.

Friol a ____ de febreiro de 2017

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE FRIOL.-

7

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

ANEXO II: TEMARIO: 1.

A Organización Municipal: Órganos e Competencias.

2.

Concello de Friol: Poboación, Situación Xeográfica, Parroquias, Barrios e Vías de Comunicación, Turismo e Patrimonio.

3.

Maquinaria, útiles e ferramentas do peón de obras.

4.

Nocións básicas de seguridade e hixiene no traballo. Obrigas dos traballadores en materia de prevención de riscos laborais.

5.

Coñecemento de materiais e ferramentas utilizadas no servizo de limpeza viaria. R. 0290

PEDRAFITA DO CEBREIRO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 19 de xaneiro de 2017, prestouse aprobación inicial o padrón correspondente ao cuarto trimestre do ano 2016 das: Taxa polo subministro de auga. Taxa pola recollida de lixo. Taxa canon de auga. Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago das taxas, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente edito no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentalas reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos. Así mesmo, de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso- administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida Xurisdición. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. ANUNCIO DE COBRANZA. De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 1684/1990, do 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario ata o 30/04/2017. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ao enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectuar o pago en calquera oficina de Caixa Galicia. No caso de non recibilos, o obrigado ao pagamento deberá persoarse nas Oficinas Municipais, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria e no seu caso das costas do procedemento de apremio. No caso do Canon da auga a falta de pago no periodo voluntario suporá a esixencia do mesmo pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano correspondente da Xunta de Galicia no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación. A presente publicación ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do establecido no artigo 102.3 da indicada Lei Xeral Tributaria. En Pedrafita do Cebreiro, a 26 de xaneiro de 2017.- O alcalde, José Luis Raposo Magdalena. R. 0304

8

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

A PONTENOVA Anuncio A Xunta de Goberno Local, trala aceptación de competencias delegadas polo Concello Pleno (22/06/2011) e Alcaldía (14/06/2011), mediante acordo acadado na sesión extraordinaria de 26/01/2017, presta aprobación as seguintes: LISTAXES DE CONTRIBUÍNTES DO PREZO PÚBLICO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR E DA ESCOLA DE MUSICA, CORRESPONDENTES Ó MES DECEMBRO DE 2016. A devandita listaxe estará exposta nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas, durante o prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da súa publicación no BOP de Lugo, para os efectos de que poida ser examinada e presenta-las reclamacións que se estimen pertinentes, entendéndose definitivamente aprobada se transcorrido o devandito prazo non se formularan suxestións contra estes. Contra as liquidacións comprendidas na listaxe de contribuíntes poderase formular recurso de reposición, anterior ó contencioso - administrativo, perante a Xunta de Goberno no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da finalización da exposición pública da listaxe. Así mesmo, acórdase a apertura do prazo de recadación en período voluntario que será segundo o seguinte detalle: A) Prazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo de Axuda no Fogar: do 17 de febreiro de 2017 ao 17 de abril de 2017, ámbolos dous inclusive. B) Prazo de ingreso en período voluntario do prezo público do Servizo da Escola de Música: do 17 de febreiro de 2017 ao 17 de abril de 2017, ámbolos dous inclusive. C) Os recibos, non domiciliados, poderanse facer efectivos na conta bancaria ES78-2080-0137-413110000025 que este Concello ten aberta na oficina de ABANCA, sucursal de A Pontenova. Transcorrido o prazo de ingreso voluntario, sen que se efectuaran os pagamentos correspondentes, e unha vez rematado este, os recibos pendentes pasarán ó cobro pola vía executiva de constrinximento. A Pontenova, 26 de xaneiro de 2017.- O alcalde, Darío Campos Conde R. 0305

RÁBADE Anuncio O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o 26 de decembro de 2016, aprobou inicialmente os Presupostos, Cadro de Persoal e Relación de Postos de Traballo do exercicio 2017. Conforme ao artigo 169 do TRLFL someteuse o expediente a información pública por prazo de 15 días. Non producíndose alegacións durante o citado período resultan definitivamente aprobados os Presupostos, Cadro de persoal e Relación de Postos de Traballo do exercicio 2017. En cumprimento do que dispón o apartado 3 do artigo 169 do TRLFL, faise público que dito presuposto ascende en gastos e ingresos a 1.407,250,00 euros. Correspondendo a cada capítulo as cantidades que a continuación se expresan según o seguinte detalle: CAPÍTULO

DENOMINACIÓN

IMPORTE

OPERACIÓNS CORRENTES 1

Gastos de persoal

435,460,00 €

2

Gastos en bens correntes

779.700,00 €

3

Gastos financieiros

4

Transferencias correntes

3.500,00 € 44.950,00 €

OPERACIÓNS DE CAPITAL 6

Inversións reais

7

Transferencias de capital

0,00 €

8

Activos financieiros

0,00 €

9

Pasivos financieiros

27.840,00 €

TOTAL

115.800,00 €

1.407.250,00 €

9

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

ESTADO DE INGRESOS

CAPÍTULO

DENOMINACIÓN

IMPORTE

OPERACIÓNS CORRENTES 1

Impostos directos

410.000,00 €

2

Impostos indirectos

3

Taxas e outros ingresos

328.900,00 €

4

Transferencias correntes

613.350,00 €

5

Ingresos patrimoniais

15.000,00 €

4.000,00 €

OPERACIÓNS DE CAPITAL 6

Enaxenación de inversións reais

0,00 €

7

Transferencias de capital

8

Activos financieiros

0,00 €

9

Pasivos financieiros

0,00 €

36.000,00 €

TOTAL

1.407.250,00 €

CADRO DE PERSOAL DESTA ENTIDADE PARA O EXERCICIO 2017 A/ FUNCIONARIOS DE CARREIRA: PRAZA/POSTO DE TRABALLO Escala de Habilitación Estatal Subescala Secretaría-intervención Praza: Secretario-interventor Escala de Administración Xeral Subescala administrativa Praza: Administrativo Escala de Administración Especial Subescala técnica Praza: Traballador/a social Escala de Administración Especial Subescala técnica Praza: Animador/a sociocultural Escala de Administración Especial Subescala servizos especiais Praza: Policía local

Nº PRAZAS

GRUPO

C.D.

SITUACIÓN

1

A1

28

Cuberta

1

C1

22

Cuberta

1

A2

22

Cuberta

1

A2

22

Cuberta

1

C1

18

Cuberta

Nº PRAZAS

GRUPO

C.D.

SITUACIÓN

1

C2

18

Cuberta

B/ PERSOAL LABORAL FIXO:

POSTO DE TRABALLO Encargado/a de obras e servizos RESUMO: Número de funcionarios de carreira: 5 Número total de persoal laboral fixo: 1

10

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

RELACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO PARA O EXERCICIO 2016

A)

FUNCIONARIOS

DENOMINACIÓN

DOT

NCD

C.E.

T. P.

F. P.

SecretaríaIntervención Policía Municipal

1

28

1.831,15

S

C

Cuberta

1

18

534,02

S

OP

Cuberta

Administrativo

1

22

669,99

N

OP

Cuberta

Traballador/a social Animador/a sociocultural

1

22

431,30

N

C-OP

Cuberta

1

22

431,30

N

C-OP

Cuberta

ADSCRICIÓN Grupo-Esc.-Subes.

TITULACIÓN FORMACIÓN ACADÉMICA ESPECÍFICA

A1-Habilitación Estatal-Secretaríaintervención C1-Administración especialServizos especiais C1-Administración xeral-Subescala administrativa A2-Administración especialSubescala técnica A2-Administración especialSubescala técnica

Titulado universitario RD 834/2003

DENOMINACIÓN SecretaríaIntervención Policía Municipal Administrativo Traballador/a social Animador/a sociocultural

OBSERVACIÓNS

Bacharelato superior Bacharelato superior Diplomatura en traballo social Técnico animación sociocultural/diplomado en educación social/ título de maxisterio.

DOT.: Dotación NCD.: Nivel Complemento Destino C.E.: Complemento Específico mensual T.P.: Tipo de posto (S) = Singularizado, (N) = Non singularizado F.P.: Forma de provisión (C) Concurso, (OP) Oposición, (C-OP) Concurso-oposición.

B) PERSOAL LABORAL FIXO DENOMINACIÓN

DOT

NCD

C.E.

T. P.

F. P.

1

18

534,02

N

OP

OBRAS E SERVIZOS -Encargado

DENOMINACIÓN OBRAS E SERVIZOS -Encargado

OBSERVACIÓNS Cuberta

ADSCRICIÓN GRUPO

TITULACIÓN FORMACIÓN ACADÉMICA ESPECÍFICA

C2

F.P.2. Rama electricidade

DOT.: Dotación NCD.: Nivel Complemento Destino C.E.: Complemento Específico mensual T.P.: Tipo de posto (S) = Singularizado, (N) = Non singularizado F.P.: Forma de provisión (C) Concurso, (OP) Oposición, (C-OP) Concurso-oposición.

C) PERSOAL LABORAL TEMPORAL.- Para o exercicio 2017, mera estimación de contratos a formalizar en función das subvencións ou convenios que se concreten con outras administracións públicas. CARGO - Técnico local de emprego - Auxiliar de axuda a domicilio - Administrativo de 1ª (PROG. DEPUEMPREGO)

Nº POSTOS

CARACTERÍSTICAS

DURACIÓN

1 2 1

Xornada Completa Xornada Completa Xornada Parcial

12 meses Por obra Ata 27/10/2017

11

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

BOP de Lugo

- Peón especialista (PROG. DEPUEMPREGO)

1

Xornada Parcial

- Peón mantemento e limpeza (APROL RURAL)

3

Xornada Completa

Ata 27/10/2017 Ata 26/04/2017

Rábade, a 30 de xaneiro de 2017.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes. R. 0306

RIBADEO Anuncio APROBACIÓN PROVISIONAL ORDENANZA FISCAL T10 REGULADORA DA TAXA POR TRAMITACIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS E/OU COMUNICACIÓN PREVIAS ESIXIDAS POLA LEXISLACIÓN DO SOLO E POR TRAMITACIÓN DE PROXECTOS DE URBANIZACIÓN, AUTORIZACIÓN DE GUINDASTRES, SEGREGACIÓNS E AGREGACIÓNS O Pleno do Concello de Ribadeo, en sesión ordinaria celebrada o día 25/01/2017, acordou provisionalmente a derrogación da actual ORDENANZA FISCAL T10 REGULADORA DA TAXA POR LICENZAS URBANÍSTICAS e a aprobación da nova ORDENANZA FISCAL T10 REGULADORA DA TAXA POR TRAMITACIÓN DE LICENCIAS URBANÍSTICAS E/OU COMUNICACIÓN PREVIAS ESIXIDAS POLA LEXISLACIÓN DO SOLO E POR TRAMITACIÓN DE PROXECTOS DE URBANIZACIÓN, AUTORIZACIÓN DE GUINDASTRES, SEGREGACIÓNS E AGREGACIÓNS. En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar desde o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas. Se non se presentan reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, e procederase á súa publicación, xunto co texto íntegro da ordenanza no BOP, non entrando en vigor ata que esta teña lugar. En Ribadeo, a 25 de xaneiro de 2017.- ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA R. 0307

VILALBA Anuncio Para os efectos do establecido no art. 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e no art. 17 do RD Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo (TR Lei r/ das facendas locais), expóñense ó público, durante o prazo de 30 días hábiles, os expedientes do “Regulamento de réxime interior da escola infantil municipal do Excmo. Concello de Vilalba. Ordenanza núm. 15”, e da “Ordenanza núm. 21, reguladora do prezo público pola prestación do servizo de escola infantil municipal do Excmo. Concello de Vilalba”, que se aprobaron polo Pleno, na súa sesión ordinaria celebrada o día 26/01/2017, ó obxecto de que, a partir do día siguiente ó da súa inserción, os interesados poidan examinalos e/ou presentar as reclamacións que estimen oportunas, que de ser o caso, haberán de dirixirse ó mesmo órgano que os aprobou, e entenderanse elevados a definitivos se non se presentase ningunha reclamación. Vilalba, 30/01/2017.- O alcalde, Agustín Baamonde Díaz R. 0308

VIVEIRO Anuncio Resolución do Concello de Viveiro pola que se anuncia a licitación denominada “Aluguer de equipos informáticos para o Concello de Viveiro mediante a modalidade de renting”. 1.

2.

APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN a)

Órgano: Xunta de Goberno Local

b)

Data: sesión de 23 de xaneiro de 2017

ENTIDADE ADXUDICADORA a)

Organismo: Concello de Viveiro

12

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

3.

4.

b)

Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación

c)

Domicilio: Praza maior 19-20 / 27850 Viveiro / Lugo

BOP de Lugo

OBXECTO DO CONTRATO a)

Tipo de contrato: contrato de subministración

b)

Descrición do obxecto: “Aluguer de equipos informáticos para o Concello de Viveiro mediante a modalidade de renting”

c)

Número de expediente: CT 18/2016

d)

Duración do contrato: 4 anos, sen posibilidade de prórroga.

TRAMITACIÓN, PROCEDEMENTO E FORMA DE AXUDICACIÓN a) Tramitación: ordinaria b) Procedemento: aberto

5.

TIPO DE LICITACIÓN a)

Tipo de licitación do contrato: 74.000 €, IVE incluido, durante as catro anualidades de duración do contrato, desglosados do seguinte xeito: Importe base 61.157,02 €

b)

6.

21% IVE 12.842,98 €

Importe total 74.000,00 €

O prezo do contrato quedará determinado pola oferta presentada polo contratista adxudicatario, que deberá realizarse á baixa da anterior cantidade. Quedarán automáticamente eliminadas aquelas ofertas que superen o importe do tipo de licitación do contrato.

GARANTÍAS a)

Provisoria: Non se esixe.

b) Definitiva: 5% de adxudicación do contrato 7.

8.

OBTENCIÓN DE DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN a)

Entidade: Concello de Viveiro / Servizo de Contratación

b)

Enderezo: Praza Maior núm. 19-20

c)

Código postal e localidade: 27850 Viveiro

d)

Teléfono: 982.56.04.24

e)

Fax: 982.56.11.47

f)

Correo electrónico: [email protected]

g)

Poderanse tamén consultar ou obter os pregos, así como outra información, na sección do perfil do contratante do Concello de Viveiro (www.viveiro.es  oficina virtual  perfil do contratante).

h)

Data límite para a obtención de documentos e información: ata o día de remate de presentación de proposicións.

REQUISITOS ESPECÍFICOS

Solvencia económica, financeira e técnica ou profesional. Ver cláusula 24.2 do prego de cláusulas administrativas particulares. 9.

PRESENTACIÓN DE OFERTAS a) Data límite de presentación: quince días naturais (15), contados a partir do día seguinte ao da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día coincidira en sábado ou festivo entenderase prorrogado o prazo ata o inmediato día hábil seguinte. b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día natural de presentación de proposicións. c) Documentación a presentar: a establecida na cláusula 18 do prego de cláusulas administrativas particulares (“Forma de presentación das proposicións”). d) Lugar de presentación: -

Entidade: Rexistro Xeral do Concello de Viveiro.

-

Domicilio: Praza maior núm. 19-20, andar baixo.

13

Núm. 031 – Martes, 7 de febrero de 2017

-

BOP de Lugo

Código postal e localidade: 27850 Viveiro (Lugo)

e) O licitador estará obrigado a manter a súa oferta. Unha vez presentada a proposición, non poderá ser retirada baixo ningún concepto. 10. APERTURA DAS OFERTAS a)

Órgano: Mesa de Contratación

b)

Domicilio: Sala de Xuntas / Praza maior núm. 19-20, primeiro andar

c)

Localidade: Viveiro

d)

Data e hora: será comunicada aos licitadores coa suficiente antelación.

e)

Criterios de valoración de ofertas: os sinalados na cláusula 21 do prego de cláusulas.

11. GASTOS DE ANUNCIOS: serán por conta do adxudicatario. Viveiro, 24 de xaneiro de 2017.- A Alcaldesa, María Loureiro García R. 0309

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 07.02.2017 08:00:01 CET Razón: Localización: España