XUNTA DE GALICIA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

20 jul. 2016 - Electricista concello. 1. Xornada completa. 12 meses. Limpadora concello. 1. Xornada completa. 12 meses. Limpadora polideportivo. 1.
400KB Größe 5 Downloads 56 vistas
MIÉRCOLES, 20 DE JULIO DE 2016

Nº 166

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO AUGAS DE GALICIA – SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA La Fuente de Valdelaguna, 19 S.L. solicita de Augas de Galicia a autrización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.53318 As obras solicitadas consisten na rehabilitación nunha vivenda unifamiliar situada na zona de policía do río Baos, no lugar de Avda Calvo Sotelo 15, parroquia de Stª María, no concello de Lourenzá, (Lugo). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Lourenzá ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º Lugo, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 28 de xuño de 2016.- A xefa do servizo territorial, Mª Carmen Quintero Serrano R. 2104

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SECCIÓN DE ACTAS Anuncio Visto o sinalado no artigo 29 do Regulamento Orgánico vixente nesta Excma. Deputación Provincial, en relación coas declaracións de bens patrimoniais dos Sres. Deputados Provinciais, que dí: “Artigo 29: Ambas as dúas declaracións, efectuadas nos modelos aprobados pola Xunta de Goberno, realizaranse antes da toma de posesión, con ocasión do cesamento e cando se modifiquen as circunstancias de feito. Tales declaracións inscribiranse no Libro Rexistro de Intereses na Deputación; e publicaranse no Boletín Oficial da Provincia”. Polo que, en cumprimento do citado artigo 29, faise pública a declaración de bens patrimoniais e de actividades de Dª. Mayra García Bermúdez, que tomou posesión do cargo de Deputada Provincial na sesión extraordinaria de vinte e sete de xuño de dous mil dezaseis. Dª. MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ. Grupo Provincial Socialista. BENS E RENDAS RENDAS PERCIBIDAS Percepcións netas de tipo salarial, soldos, honorarios, aranceis e outras retribucións, calquera que sexa a súa denominación. Retribución bruta anual Concello de Trabada: 18.861,75 €.

2

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

IRPF: Recadro 732 do modelo IRPF 100: 423,62. DEPOSITOS EN CONTAS CORRENTES OU DE AFORRO, CONTAS FINANCEIRAS E OUTROS TIPOS DE IMPOSICIÓNS: Conta corrente Abanca. Saldo: 4.152,44 € VEHÍCULOS, EMBARCACIÓNS E AERONAVES Audi A3. Adquirido no ano 2013. ACTIVIDADES ACTIVIDADES PUBLICAS DESEMPEÑADAS Cargos Públicos desempeñados: Alcaldesa do Concello de Trabada. INGRESOS CON CARGO Ó SECTOR PÚBLICO Retribución anual bruta atribuída ao desempeño das funcións da Alcaldía do Concello de Trabada en réxime de adicación parcial de 18.861,75 €. O que se fai público para os oportunos efectos. Lugo, sete de xullo de dous mil dezaseis.- O PRESIDENTE, Darío Campos Conce. O SECRETARIO, Manuel Castiñeira Castiñeira.

R. 2105

SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN Anuncio DEPUTACIÓN DE LUGO “SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN” ANUNCIO ASUNCIÓN POLA DEPUTACIÓN DE LUGO DE COMPETENCIAS EN MATERIA DE XESTIÓN TRIBUTARIA. A Deputación de Lugo no Pleno que tivo lugar o día 27 de novembro de 2007 adoptou o acordo polo que aproba a "Proposta de Reforma das bases que rexen a aceptación e asunción, por delegación expresa, de competencias en materia de xestión,inspección e recadación en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público”, e que foi modificado polos acordos de 28 de outubro de 2008 e do 29 de decembro de 2015. As novas bases son as seguintes: BASE PRIMEIRA. - Obxecto da delegación A Excma. Deputación Provincial de Lugo de conformidade co disposto no art. 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das bases do réxime local e o art. 7 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, asume, por delegación expresa dos concellos da Provincia, as competencias que se concretan nas bases seguintes, en relación aos tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público. BASE SEGUNDA- Réxime Xurídico Para o exercicio das competencias delegadas, a Deputación Provincial aterase ao disposto nas presentes bases, ao ordenamento xurídico local e demais lexislación aplicable de conformidade coa normativa reguladora das facendas locais, así como normativa en materia de xestión, inspección e recadación que puidese ditar a Excma. Deputación Provincial de Lugo, en uso da potestade regulamentaria prevista no art. 106.2 da Lei 7/1985 do 2 de abril. A Deputación Provincial, segundo o réxime de competencias dos seus órganos, poderá ditar disposicións sobre interpretación ou aplicación da normativa anterior, e aprobar os períodos de cobramento de cada un dos tributos. BASE TERCEIRA. - Contido e alcance da delegación.

3

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

Os concellos que desexen delegar na Deputación Provincial competencias nesta materia podrán facelo co seguinte contido: -Todas as competencias que os concellos teñan atribuídas en materia de xestión, inspección e recadación, tanto en período voluntario coma en período executivo, reguladas no vixente texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, xa estean atribuídas, directamente, pola propia norma, ou sexan asumibles en virtude dos convenios de delegación ou acordos de colaboración que a Deputación Provincial puidese celebrar con calquera das Administracións públicas, dos seguintes impostos: 1- Imposto sobre Bens Inmobles 2- Imposto sobre Actividades Económicas 3- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica - Os concellos, a maiores, poderán delegar as seguintes competencias, sempre que a Deputación Provincial dispoña dos medios personais e materiais necesarios para asumilas, que aceptará unha vez incorporados o medios citados: 1- As competencias que teñen atribuídas en materia de xestión, inspección e recadación, tanto en período voluntario coma en período executivo, do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana. 2-As competencias que, teñen atribuídos en materia de recadación, en período voluntario e período executivo, en relación a tributos, prezos públicos e outros ingresos de dereito público, todos eles de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón. O devandito padrón anual poderá, como máximo, fraccionarse en dúas cotas semestrais, sempre que o concello titular recolla esta circunstancia na correspondente ordenanza fiscal municipal. 3-As competencias de xestión recadatoria en período executivo de todas aquelas débedas derivadas de liquidacións periódicas, ou non periódicas, realizadas polos concellos en período voluntario, incluídas as sancións e aquelas outras derivadas dun acto administrativo, en virtude do cal houbese de satisfacerse cantidade líquida BASE CUARTA. - Alcance do exercicio das competencias delegadas. A delegación de competencias supón que, a Deputación Provincial, asume a totalidade de funcións e atribucións, tanto en relación a actuacións materiais, como executivas. Os concellos poderán avocar para si, coa conformidade da Deputación Provincial, a tramitación de determinados expedientes que, pola súa repercusión económico-social, resulte aconsellable. Calquera outra actuación do concello no ámbito das competencias delegadas suporía un incumprimento das presentes bases. En ambos os dous supostos, por parte da Deputación, procederase a formular data das liquidacións ou cargos a afectados, e quedará exenta de responsabilidades que puidesen producirse no futuro, e sen que poidan ser cursadas de novo para continuar o procedemento. En particular sinálanse como competencia da Deputación: -Declaración de insolvencias e créditos incobrables. -Actuacións xudiciais en relación a procedementos realizados pola Deputación no marco destas bases, e actuacións xudiciais en materia concursal. BASE QUINTA. - Mellora da xestión tributaria dos concellos A Excma. Deputación Provincial de Lugo poderá, directamente ou mediante convenio con outras administracións públicas, prestar a súa colaboración para a mellora da xestión tributaria dos concellos, podendo proceder á contratación, con empresas especializadas, de traballos de asistencia técnica, ás condicións da cal poderán acollerse os concellos interesados. BASE SEXTA. - Formas de xestión. A Deputación Provincial poderá exercer as competencias delegadas a través de calquera das formas de xestión de servizos previstos pola Lei. BASE SÉTIMA. - Contías mínimas Non se procederá á xestión (liquidación ou recadación) daquelas débedas inferiores á contía que se estime ou fixe como insuficiente para a cobertura do custo que a súa exacción ou recadación represente, segundo os criterios que estableza o Ministerio de Economía y Hacienda en desenvolvemento do art. 16 da Lei 47/2003, de 26 de novembro, xeral presupostaria, ou norma que a puidese substituír. Non obstante poderanse acumular aquelas débedas inferiores á citada contía, referidas a un contribuínte e concepto, polo mesmo exercicio económico. BASE OITAVA- Cargos en período executivo

4

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

Os cargos que realicen os concellos para a súa xestión recaudatoria en período executivo, haberán de acompañarse dun soporte informático no que se incorporen todos os elementos das débedas tributarias. Os devanditos cargos haberán de ser remitidos á Deputación Provincial, como tempo máximo, no exercicio seguinte a aquel en que se realizara a cobranza en período voluntario. BASE NOVENA. - Colaboración dos concellos Os concellos prestarán á Deputación Provincial de Lugo a colaboración que resulte necesaria para a boa prestación do servizo. BASE DÉCIMA. - Compensación económica Polo exercicio das funcións delegadas a Deputación Provincial de Lugo percibirá unha compensación económica consistente en: a) O 1% do principal e dos xuros recadados en período voluntario. b) O 75% da recarga en período executivo procedente, e dos xuros recadados neste período BASE UNDÉCIMA- Entregas a conta A Deputación Provincial realizará entregas mensuais, sen custo para o Concello, a conta da recadación en período voluntario das débedas de notificación colectiva por padrón, que ha de recadar en cada exercicio, segundo competencias delegadas. O importe das entregas a conta calcularase sobre o 90% da recadación, por padróns do exercicio anterior, repartido en 12 mensualidades. O importe da recadación do exercicio anterior sobre a que se realizará o cálculo do 90 % poderase axustar en aqueles importes de liquidacións que modifiquen de forma certa o padrón do exercicio no que se realiza o anticipo. BASE DUODÉCIMA- Liquidacións provisionais e definitiva LIQUIDACIÓN PROVISIONAL A Deputación Provincial, para os efectos informativos, practicará liquidacións provisionais coa seguinte periodicidade: - Mensual: recadación en período voluntario de padróns. -Trimestral: recadación en período voluntario de liquidacións individuais e recadación en período executivo. LIQUIDACIÓN DEFINITIVA No primeiro trimestre do exercicio seguinte practicarase liquidación anual e definitiva e producirase o ingreso do importe definitivo de recadación do que se deducirá: -O importe das entregas a conta mensuais. -Devolucións de ingresos indebidos. -A compensación económica a que se refire a base décima pola prestación do servizo. -Calquera outro importe que proceda, relacionado coas competencias delegadas. En relación a esta liquidación anual, unha vez comunicada ao concello este poderá, no prazo dun mes, alegar o que estime pertinente, así como achegar calquera tipo de documentación. Transcorrido o prazo sinalado, sen que se presenten alegacións, a liquidación anual entenderase definitivamente aprobada. Polo Presidente da Deputación, resolverase sobre as alegacións formuladas e sobre a aprobación definitiva da liquidación anual. BASE DÉCIMO TERCEIRA- Réxime de vixencia 1-As presentes bases terán unha vixencia a contar dende a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e o Diario Oficial de Galicia e finalizando o día 31 de decembro de 2018. 2- O prazo inicial de delegación renovarase, automaticamente, por períodos iguais, se ningunha das partes manifesta, expresamente, a súa vontade en contra, mediante acordo plenario adoptado, e comunicado cun mínimo dun ano de antelación á data de vencemento. 3- Durante a vixencia da delegación, e sen que afecte ao período sinalado nesta, calquera concello poderá ampliar o seu contido dentro do marco establecido nestas bases, mediante acordo plenario comunicado á Deputación Provincial e producirá efecto dende a data da súa publicación no BOP e o DOG. 4- Naqueles supostos, debidamente acreditados, en que existan contratos vixentes, ou compromisos ineludibles, adquiridos con anterioridade, entre algún concello e terceiros, procederase igualmente

5

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

segundo as presentes bases, quedando en suspenso a efectividade da delegación en relación a aquelas competencias que estuvieren afectadas polos citados contratos ou acordos, durante a súa vixencia. 5- Estas bases manterán a súa vixencia naqueles supostos de cambios normativos que non varíen o réxime de delegación, ou establezan tributos ou outros ingresos públicos que substitúan os actuais. 6- Calquera concello que se incorpore, con posterioridade, ao réxime de delegación destas bases farao por un período de vixencia que finalizará na mesma data que o resto de delegacións. 7- De non ser aceptadas estas bases por algún concello, manterase a delegación vixente, en réxime de transitoriedade, ata a súa finalización. BASE DÉCIMO CUARTA.- Procedemento de delegación e aceptación 1-A aprobación das presentes bases supón a aceptación da delegación que efectue cada concello, se o acordo municipal se axusta a estas. 2-Cada concello adoptará un acordo, do Pleno, de delegación de competencias, que se comunicará á Deputación mediante certificación expedida polo seu secretario. 3- A Deputación e cada un dos concellos delegantes formalizarán o compromiso, de delegación e aceptación, mediante a sinatura dun convenio que subcribirán os respectivos presidentes. O Concello de FOZ adheríuse ás anteriores bases adoptando os correspondentes acordos de delegación co alcance e contido seguintes: 1-Todas as competencias que o Concello de Foz ten atribuidas en materia de xestión, inspección e recadación, tanto en período voluntario coma en período executivo, reguladas no vixente texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, xa estean atribuídas, directamente, pola propia norma, ou sexan asumibles en virtude dos convenios de delegación ou acordos de colaboración que a Deputación de Lugo puidese celebrar con calquera das Administracións públicas, dos seguintes impostos: 1.1- Imposto sobre Bens Inmobles 1.2- Imposto sobre Actividades Económicas 1.3- Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica 2.- As competencias de xestión recaudatoria en período executivo de todas aquelas débedas derivadas de liquidacións periódicas, ou non periódicas, realizadas polo concelllo en período voluntario, incluídas as sancións e aquelas outras derivadas dun acto administrativo, en virtude do cal houbese de satisfacerse cantidade liquida. Lugo, 12 de xullo de 2016.- O PRESIDENTE P. D. Decreto nº 2616/2015, de data 26-10-2015.- A Deputada Delegada de Economía, Recadación e Facenda, Mayra García Bermúdez R. 2156

CONCELLOS BECERREÁ Anunicio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO Por Decreto da Alcaldía de data 1 de xullo de 2016, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de xullo de 2016 da taxa pola prestación do servicio de Gardería Infantil. Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos. Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

6

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

ANUNCIO DE COBRANZA De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 939/2005), do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 31/08/2016. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. Para o resto dos contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectúa-lo pago en calquera oficina de Abanca. No caso de non recibilos, obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria. Becerreá, 8 de xullo de 2016.- O Alcalde accidental, Claudio Vázquez Pérez R. 2106

CASTROVERDE Anuncio Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 6 de xullo de 2016 prestouse aprobación ao Padrón do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de xuño de 2016, e exponse ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria. Castroverde, a 11 de xullo de 2016.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández R. 2158

Anuncio Pola Xunta de Goberno, na sesión celebrada o día 6 de xullo de 2016, prestouse aprobación inicial aos seguintes padróns, correspondentes ao segundo trimestre do ano 2016: -

Padrón da taxa polo abastecemento de auga a domicilio, no que se inclúe o canon da auga (2º trimestre do ano 2016).

-

Padrón da taxa por recollida de lixo.

-

Padrón de sumidoiros.

Expóñense ao público polo pazo de 15 días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no BOP de Lugo. Recursos: Contra o acordo de aprobación dos padróns de: abastecemento de auga, recollida de lixo , rede de sumidoiros, e servizo de axuda no fogar, poderá interporse recurso de reposición. Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día seguinte ao da finalización do período de exposición ao público dos padróns. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, que no seu caso se formule, poderá interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establezan na Lei Reguladora da referida xurisdicción. A repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de un mes dende que se entende producida a notificación.

7

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

ANUNCIO DE COBRANZA Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de dous meses, dende o día 1 de agosto de 2016 ata o 30 de setembro de 2016. Finalizado o prazo pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 de Lei 58/2003 de 17 de decembro, Facenda Pública, Lei Xeral Tributaria, a través do Servizo Provincial de Recadación da Excma. Deputación Provincial de Lugo. No tocante ao canon da auga, a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria. Castroverde, a 11 de xullo de 2016.- O ALCALDE, Xosé María Arias Fernández R. 2159

CERVO Anuncio Convocatoria en orde á selección de persoal laboral temporal, de un (1) auxiliar de axuda no fogar do Concello de Cervo ao 42,67 % da xornada durante 6 meses. Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro Xeral do Concello de Cervo de luns a venres, ou a través de calquera dos medios que prevé a Lei 30/1992, de 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no seu artigo 38, no prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No suposto de que o último día de presentación das solicitudes coincidise en sábado, domingo ou festivo o prazo terminará o primeiro día hábil seguinte. Cando as solicitudes se presenten fora do rexistro do Concello de Cervo, co fin de axilizar os trámites, deberase remitir unha comunicación por fax ao Concello (982557729) comunicando a presentación da solicitude, co selo de correos ou do rexistro correspondente. Sen a concorrencia de ambos requisitos non será admitida a solicitude. O prazo de presentación será de 5 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. As bases íntegras e os restantes actos que integran o procedemento de selección publicaranse mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello de Cervo e na súa páxina web (www.concellodecervo.com). Cervo, 13 de xullo de 2016.- O alcalde, Alfonso Villares Bermúdez R. 2183

FOZ Anuncio Concello de Foz. Aprobación inicial Modificación de Créditos 17/2016, Modalidad “Suplemento de crédito 01/2016”. O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2016, prestoulle aprobación inicial aosuplemento de crédito 01/2016. De acordoco establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese a exposición pública polo período de quince días hábiles, a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examina-lo na Intervención Xeral do Concello e presenta-las reclamacións que consideren oportunas. Se ó termino do período de exposición ó público non se presentaran reclamacións, considerarase definitivamente aprobada devandita modificación orzamentaria. O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA R. 2107

8

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

Anuncio Concello de Foz. Aprobación inicial Modificación de Créditos 18/2016, Modalidad “Suplemento de crédito 02/2016” O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2016, prestoulle aprobación inicial ao suplemento de crédito 02/2016. De acordoco establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese a exposición pública polo período de quince días hábiles, a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examina-lo na Intervención Xeral do Concello e presenta-las reclamacións que consideren oportunas. Se ó termino do período de exposición ó público non se presentaran reclamacións, considerarase definitivamente aprobada devandita modificación orzamentaria. O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA R. 2108

Anuncio Concello de Foz. Aprobación inicial Modificación de Créditos 19/2016, Modalidad “Suplemento de crédito 03/2016 para inversións”. O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 30 de xuño de 2016, prestoulle aprobación inicial aosuplemento de crédito 03/2016. De acordoco establecido nos artigos 112.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e 169.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese a exposición pública polo período de quince días hábiles, a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examina-lo na Intervención Xeral do Concello e presenta-las reclamacións que consideren oportunas. Se ó termino do período de exposición ó público non se presentaran reclamacións, considerarase definitivamente aprobada devandita modificación orzamentaria. O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA R. 2109

LUGO Anuncio VENDA POR XESTIÓN DIRECTA De acordo có establecido no artigo 107 do Regulamento Xeral de Recadación, a Tesoureira do Concello de Lugo, Dona María del Rosario Vázquez Fernández dispón o inicio do procedemento de enaxenación directa dos bens mobles que se describen a continuación, có fin de proceder a adxudicación dos mesmos nas mellores condicións económicas. NOME/CIF

NIF

NºEXPEDIENTE

MATRICULA

MARCA/MODELO

BASTIDOR

VALORACION

CAR RENTING 2009 SL

B27367804

2011EXP47003561 5188GMF

NISSAN MICRA

SJNFBAK12U2246680

1260,00

CARREIRA ARIAS ANGEL

33341988S

2008EXP47000676 3113CVV

BMW 530

WBANC71050B150868

5499,00

CIURAIU CORINA

Y0351268A 2014EXP47005866 5528HSR

FORD FOCUS

WF0NXXGCDNYL84958

1200,00

CORTIÑAS GARCIA ADOLFO

33345388B

2011EXP47002466 8221DSJ

FORD MONDEO

WF04XXGBB45M75448

3281,00

COUSO GOMEZ ALBERTO

33338156R

2007EXP47000253 7018DSN

MITSUBISHI

4MBMND32AVE000506

2465,00

DA CONCEICAO ALINE CRISTIANE

9090226M

2012EXP47000111 LU3920W

BMW 325 TDS

WBACC31090EN11744

2070,00

DA CUNHA FERNANDES BRITO AGOSTINHO

2490529C

2002EXP47001503 LU8624W

AUDI 80

WAUZZZ8AZMA317930

3162,00

DHAIMINI MOHAMMED

34306471Q

2003EXP47000603 LU8273U

SEAT CORDOB VAR 1.9SDI VSSZZZ6KZWR163572

1080,00

FONTAO PEDROSA

33330725E

2004EXP47001377 9721GNN

RENAULT CLIO

VF1BR1G0H41295813

4046,00

INTRES INFORMACION INMOBILIARIA

B27254002

2013EXP47002451 0582CMM

FORD

WF0BXXGCDB3E17345

1160,00

LOPEZ RUIZ JAIME

33305933R

2002EXP47000052 LU8418W

FORD MONDEO 4 PUERTAS WF0FXXGBBFXD28023

1110,00

MUJIN ABUIN JOSE LUIS

33553554G

2010EXP47002473 9012CDP

PEUGEOT PARTNER

VF3GBWJYB96015594

1370,00

PEREZ LEYDI ISAURA

34308587Q

2014EXP47001507 LU3621S

PEUGEOT 106

VF31AVJZ251103138

PUENTE LOPEZ JUAN CARLOS

33313127L

2008EXP47001217 4747BJK

DAEWOO LANOS

KLATF69TEYB555074

840,00

RODRIGUEZ FOLLANA LUIS

33348277W 2015EXP47003123 3028BGP

NISSAN ALMERA

SJNFDAN16U0127558

1440,00

YAÑEZ CABALEIRO PEDRO

33858175J

2000EXP47000107 S6454AP

RENAULT CLIO

VF1C5750506764208

1100,00

ROSSO PIÑA MILAGROS

34283053N

2011EXP47004437 LU2115P

SEAT IBIZA 1 9 D

VSSZZZ6KZZR058543

SERVIRENT GALICIA SL

B27348473

2009EXP47003531 2763DFB

OPEL COMBO

W0L0XCF0643002852

ALFONSO

600,00

730,00 2249,00

9

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

Procederá a enaxenación mediante adxudicación directa, cando se trate de bens perecedeiros ou cando existan outras razón de urxencia, xustificadas no expediente. Cando os bens nos fosen obxecto de poxa ou concurso, serán valorados con referencia ós precios de mercado e intentará obterse, cando menos, tres ofertas. Si as ofertas non acadan o valor sinalado, poderán adxudicarse sin precio mínimo, nembargantes, si a mesa de adxudicación estimase desproporcionada a diferencia, entre o valor asignado ós bens ou lotes por tasación, e o precio ofrecido por calquer persoa interesada, podería declarar inadmisible a oferta, có fin de non favorecer o enriquecemento inxusto do comprador en detrimento do propietario dos bens. As ofertas presentaranse en sobre pechado no Concello de Lugo, en horario de 9.00 a 14.00 horas. O sobre conterá escrito firmado polo ofertante ou representante con poder suficiente e bastante, no que debidamente identificado, se indique o precio da oferta para a adxudicación directa do ben ou lote polo que se desexe optar. Para poder participar no procedemento será necesaria a constitución dun depósito en efectivo por importe de 200 euros. O mesmo efectuarase no número de conta de ABANCA: ES59 2080 0101 5631 1000 0947, indicando en concepto: Depósito adxudicación directa de vehículos: nome e DNI do ofertante e matrícula do vehículo polo cal realiza a oferta. En función das ofertas presentadas formularase, no seu caso, proposta de adxudicación, que se formalizará mediante acta. Os bens serán entregados ó adxudicatario unha vez que éste faga efectivo, o importe da mesma, no prazo máximo de 15 días desde a data de notificación do decreto de adxudicación directa do ben. Transcorrido este prazo sin que sexa efectivo o ingreso, entenderase decaído no seu dereito, procedéndose á adxudicación á seguinte mellor oferta. Fíxase o prazo dun MES, dende a data de publicación do presente edicto, para recibir as ofertas de adquisición. Este prazo prorrogarase tácitamente, polo mesmo período, se non se producisen ofertas ou estas consideráranse insuficientes pola Mesa de Poxa. Transcorrido o plazo máximo de seis meses sin que se ditase acordo de alleamento, darase por concluido dito trámite, iniciándose os trámites de adxudicación dos bens ou dereitos non adxudicados ó Concello acreedor consonte ós artigos 108 e 109 do Regulamento Xeral de Recadación. Publíquense anuncios en medios de comunicación, así como no Tablón de Edictos do Excmo. Concello de Lugo. O que se fai público para o seu xeral coñecemento. Lugo, 27 de xuño de 2016.- A Tesoureira, María del Rosario Vázquez Fernández. R. 2014

Anuncio A Ilma. Sra. Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, en virtude de delegación da Xunta de Goberno Local segundo o seu acordo número 4/455, do 7 de xullo de 2015, dictou o Decreto número 16005248, polo que se aproba o padrón de contribuíntes obrigados ó pagamento do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica para o ano 2016, e o Decreto número 16005247, polo que se aproba o padrón de Taxas por aproveitamentos especiais da vía pública con entradas de vehículos do exercicio 2016. Conforme ó disposto no art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria e no art. 63 da Ordenanza Fiscal Xeral, os padróns aprobados quedan expostos ó público (no Servizo de Facenda Local, sito no Centro de Servicios Municipais da Ronda da Muralla, 197, 2º andar, en horario de 9:00 a 14:00), durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinalos e formular as alegacións ou reclamacións que estimen pertinentes. No caso da non recepción ou extravío dos recibos, expediranse duplicados nas oficinas de Facenda Local do Centro de Servizos Municipais, sito na Ronda da Muralla, 197, 2º andar, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, mediante atención personalizada, debendo os interesados acreditar tal condición, para os efectos de facilitarlles o acceso á información tributaria correspondente, por tratarse de datos protexidos de conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Así mesmo, e de conformidade co artigo 223.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Ilma. Tenenta de Alcalde-Delegada da Área no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ó da finalización do período voluntario de pagamento, sen prexuízo do disposto no art. 63 da Ordenanza Fiscal Xeral. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ó abeiro do art. 102.3 da Lei Xeral Tributaria.

10

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

Asinado pola Ilma. Sra. Tenenta de Alcalde-Delegada da Área de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, dona Ana Prieto Nieto. R. 2110

Anuncio Por Decreto núm. 16005619 do día 15 de xullo aprobouse, entre outros o procedemento de licitación para a LICITACIÓN PARA A AUTORIZACIÓN DA INSTALACIÓN DAS CASETAS E CALDEIROS DO POLBO DURANTE AS FESTAS DE SAN FROILÁN DOS ANOS 2016 A 2019. APROBACIÓN DAS BASES E A ADXUDICACIÓN POR PROCEDEMENTO ABERTO. APERTURA DO PROCEDEMENTO DE LICITACIÓN. (exp-29-2016) Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento. 2.- Obxecto do contrato. a)Descrición do obxecto: É obxecto destas bases regular a concesión de autorizacións para a instalación de casetas e caldeiros do polbo números 1, 2, 3 e 4, do plano do proxecto da Feira, no recinto feiral durante as Festas do San Froilán, nos anos 2016, 2017, 2018 e 2019. b) Prazo de duración: Durante os anos 2016, 2017, 2018 e 2019. 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinaria b) Procedimiento: aberto. 4.- Tipo de licitación: Os prezos mínimos para a licitación das casetas e caldeiros do polbo serán os que a continuación se detallan: CASETAS: CASETA Nº 1 Nº 2 Nº 3 Nº 4

PREZO MÍNIMO DE LICITACIÓN 18.772,79 euros 17.700,06 euros 16.627,33 euros 16.627,33 euros

CALDEIROS: CALDEIRO Nº 1 Nº 2 Nº 3 Nº 4

PREZO MÍNIMO DE LICITACIÓN 11.714,22 euros 11.044,84 euros 10.375,46 euros 10.375,46 euros

5.- Garantías: a) Definitiva: O licitador que presente a oferta máis ventaxosa estará obrigado a depositar unha garantía do 5% do importe anual ofertado. 6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento. b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-71-45, 29-73-01, 29-73-01 e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.gal (perfil do contratante) g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

11

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

7.- Requisitos específicos do contratista. a) Outros requisitos: Os sinalados nas bases técnicas e administrativas 8.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: O prazo de presentación de proposicións será TRINTA DÍAS HÁBILES contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula sétima das Bases. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou enviadas por correo postal 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197, planta baixa (oficina de Rexistro) 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 9.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta) c) Localidade: Lugo d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo. 10.- Outras informacións: As que se recollen nas bases técnicas e administrativas 11.- Gastos: 142,74 euros aproximadamente, que se repartirán de xeito proporcional. Lugo, 15 de xullo de 2016.- O ALCALDE, P.D. A TENENTA DE ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO, Ana Prieto Nieto R. 2184

Anuncio Por Decreto aprobouse a forma de adxudicación mediante procedemento aberto a CONTRATACIÓN MEDIANTE LOTES DO ALUGUER DE STANDS PARA A INSTALACIÓN DE POSTOS DE VENDA NO SAN FROILÁN 2016: POSTOS AVENIDA RODRÍGUEZ MOURELO (LOTE 1), POSTOS PRAZA MAIOR (LOTE 2), POSTOS AVENIDA DR. GARCÍA PORTELA (LOTE 3) E POSTOS NA RÚA PURO CORA (LOTE 4). EXPDTE. 30-2016. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio. 2.- Obxecto do contrato. a)Descrición do obxecto: O aluguer, montaxe e desmontaxe dos stands para a instalación de postos de venda no San Froilán 2016: postos Avenida Rodríguez Mourelo (lote 1), postos Praza Maior (Lote 2), postos Avenida Dr. García Portela (Lote 3) e postos na rúa Cora (Lote 4), todo elo segundo as bases técnicas elaboradas pola Xefa se sección de cultura. b) Prazo de execución: Para todos os lotes a duración da instalación será do 24 de setembro ao 13 de outubro de 2016, ámbolos dous incluído. Poderá iniciarse a montaxe a partires do 24 de setembro segundo indicacións da Sección Municipal de Cultura do Concello. A desmontaxe dos stands deberá realizarse entre os días 13 a 17 de outubro de 2016. Os contratos poden ser obxecto de prórroga, por acordo previo adoptado polo órgano de contratación, cunha antelación mínima de dous meses ás Festas de San Froilán 2017 e nas datas concretas que se indiquen polo responsable do contrato. 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinario b) Procedimiento: aberto

12

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

4.- Tipo de licitación O valor estimado do contrato ascende a 96.280 euros. Para ver prezo de cada lote, ver claúsula cuarta do prego de condicións. 5.- Garantías: b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluido o IVE, 6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio. b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-71- 27, 29-71-45. e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.es (Zona de servicios: perfil do contratante) g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de proposicións. 7.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados a partires da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. No caso de que o último día coincidise en sábado ou festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil. b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula décima do prego de condicións. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos. 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 2 meses. 8.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta) c) Localidade: Lugo d) Data: ó primeiro día hábil ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo. 9.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións. 10.- Gastos dos anuncios: 158,08 euros que serán por conta dos adxudicatarios. Lugo, 13 de xullo de 2016.- O ALCALDE, A TENENTA ALCALDE DELEGADA DA ÁREA DE ECONOMÍA, EMPREGO E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO Ana Prieto Nieto R. 2185

A PASTORIZA Anuncio A Xunta de Goberno Local en sesión de data 5 de maio de 2016 aprobou os padróns das taxas polo abastecemento de auga e por recollida de lixo e canon de saneamento do 1º trimestre do exercicio 2016 Durante o prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ao da inserción do presente anuncio no BOP os padróns estarán expostos ao público nestas oficinas municipais para o seu exame e posibles reclamacións. Contra o acordo de aprobación dos referidos padróns e as liquidacións incorporadas a eles poderase interpor recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se

13

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

formulen poderán interporse recurso contencioso administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición A falla de pagamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura no periodo voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuinte pola vía de constrinximento pola Consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A repercusión do canon da auga e do coeficiente de vertedura poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes dende esta notificación. anuncio de cobranza De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei xeral tributaria e o no artigo 68.1 b) do Regulamento xeral de recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre o 15/07/2016 e o 15/09/2016 ámbolos dous inclusive. Aos contribuíntes que teñan domiciliados os recibos seranlles cargados nas súas respectivas contas bancarias a partir do día 15/07/2016. Ao resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas municipais onde se lles facilitarán os correspondentes recibos para efectuar o pago. Transcorrido o prazo de ingreso en período voluntario as débedas serán esixidas por vía de constrinximento e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, xuros de demora e, no seu caso, costas que se produzan. A presente publicación, ao amparo do artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, terá os efectos de notificación colectiva das respectivas liquidacións tributarias de cada un dos suxeitos pasivos. A Pastoriza, a 6 de xullo de 2016.- O alcalde, Primitivo Iglesias Sierra R. 2137

QUIROGA Anuncio O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 30 de maio de 2016, aprobou o orzamento xeral para o exercicio 2016, xunto co cadro de persoal para dito exercicio. O acordo foi sometido a exposición pública mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 134, do 11 de xuño de 2016. Ao non presentarse reclamacións durante o período de exposición pública, enténdese definitivamente aprobado. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, faise público o resume por capítulos, segundo o seguinte detalle:

ESTADO DE INGRESOS Económica

Importe Euros

Capítulo 1. Impostos Directos

1.155.000,00

Capítulo 2. Impostos Indirectos

12.000,00

Capítulo 3. Taxas e outros ingresos

451.000,00

Capítulo 4. Transferencias Correntes

1.495.000,00

Capítulo 5. Ingresos patrimoniais

13.000,00

Total Ingresos correntes

3.126.000,00

Capítulo 7. Transferencias de Capital

424.000,00

Capítulo 9. Pasivos Financeiros

0,00

Total Ingresos de capital

424.000,00

Orzamento de Ingresos 2016

3.550.000,00

14

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

ESTADO DE GASTOS Clasificación Económica

Importe Euros

Capítulo 1. Gastos de persoal

1.749.000,00

Capítulo 2. Compra de bens correntes e servizos

970.000,00

Capítulo 3. Gastos financeiros

52.000,00

Capítulo 4. Transferencias correntes

143.000,00

Capítulo 5. Fondo de continxencia

10.000,00

Total Gastos correntes

2.924.000,00

Capítulo 6. Investimentos reais

481.000,00

Capítulo 7. Transferencias de capital

20.000,00

Capítulo 9. Pasivos financeiros

125.000,00

Total Gastos de Capital

626.000,00

Orzamento de Gastos 2014

3.550.000,00

Do mesmo xeito faise público o cadro de persoal, co seguinte detalle: ANEXO DE PERSOAL I - Persoal funcionario

Denominación

Escala

Subescala

Categoría

Grupo Nivel

Situación

Secretaría

Hab. Nacional

Secretaría-Intervención Terceira

A1/A2 26

Propiedade

Auxiliar Admón. Xeral

Admón. Xeral

Auxiliar Admtva.

C2

18

Propiedade

Auxiliar Admón. Xeral

Admón. Xeral

Auxiliar Admtva.

C2

18

Propiedade

Auxiliar Admón. Xeral

Admón. Xeral

Auxiliar Admtva.

C2

18

Propiedade

Secretaría Dirección

Admón. Xeral

Auxiliar Admtva.

C2

18

Propiedade

Policía Mpal.

Admón. Especial Servizo Especial

Garda

C1

17

Propiedade

Policía Mpal.

Admón. Especial Servizo Especial

Garda

C1

17

Propiedade

Aux. Administrativo

Admón. Especial Auxiliar Admtva.

C2

17

Propiedade

Director Museo

Admón. Especial Técnica

Téc.Superior A1

22

Propiedade

Enx. Técnico Agrícola

Admón. Especial Técnica

Téc. Medio

A2

22

Propiedade

Traballadora Social

Admón. Especial Servizos

Téc. Medio

A2

22

Propiedade

Dirección Casa Cultura

Admón. Especial Técnica

Téc. Medio

A2

22

Propiedade

Subalterno

Admón. Especial Servizos

Subalterna

E

13

Propiedade

Subalterno

Admón. Especial Servizos

Subalterna

E

13

Vacante (*)

Peón de limpeza

Admón. Especial Servizos

Subalterna

E

13

Propiedade

ANEXO DE PERSOAL II - Persoal laboral fixo

Emprego

Postos

Tipo de xornada

Grupo asimilación

Técnico actividades deportivas

1

Xornada completa

C1

Subalternos - Conserxe Casa da Cultura (*)

1

Xornada completa

E

Encargado Servizo de Augas

1

Xornada completa

E

15

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

(*) Praza ocupada por persoal laboral fixo, en proceso de funcionarización.

ANEXO DE PERSOAL III - Persoal laboral temporal

Emprego

Postos

Tipo de xornada

Duración estimada

Orientación laboral

1

Xornada completa

12 meses

Arquitecta Técnica

1

Xornada completa

12 meses

Electricista concello

1

Xornada completa

12 meses

Limpadora concello

1

Xornada completa

12 meses

Limpadora polideportivo

1

Media xornada

12 meses

Servizos administrativos

2

Xornada completa

12 meses

Auxiliar Admtva. A.R.I.

1

Xornada completa

12 meses

Conserxe Colexio

1

Media xornada

9 meses

Operador de cámara

1

Xornada completa

12 meses

Operador de cámara

1

Xornada completa

12 meses

Operador de cámara

1

Media xornada

12 meses

Técnico Medio Ambiente

1

Xornada completa

12 meses

Xardineiro

1

Xornada completa

12 meses

Limpeza colexio

1

Xornada completa

12 meses

Peón Servizo de Augas

1

Xornada completa

12 meses

Grupo Emerxencia Supramunicipal

6

Xornada completa

12 meses

Director Centro Social 3ª idade

1

Xornada completa

12 meses

Camareira - limpadora C. Social 3ª idade

3

Xornada completa

12 meses

Educadora familiar

1

Xornada completa

12 meses

Auxiliar de axuda a domicilio

12

Xornada completa

12 meses

Auxiliar de axuda a domicilio

1

Media xornada

12 meses

Auxiliar de axuda a domicilio

1

2 horas/día

12 meses

Psicóloga CIM

1

Media xornada

12 meses

Avogada CIM

1

Xornada completa

12 meses

Quiroga, a 6 de xullo de 2016.- O Alcalde, Julio Álvarez Núñez R. 2112

O SAVIÑAO Anuncio 1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información: a) Organismo . Concello de O Saviñao ( Lugo ) b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. c) Obtención de documentación e información. 1. Dependencia : Secretaría. 2. Enderezo: Praza de España, 1 3. Localidade e código postal. O Saviñao ( Lugo ), 27540 4. Teléfono. 982452061 5. Telefax. 982453048 6. Enderezo de correo electrónico : [email protected] 7. Dirección perfil del contratante : www.concellodosavinao.com

16

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

2. Obxecto do contrato: a) Tipo. Administrativo especial b) Descrición : Enaxenación de catro parcelas do polígono industrial O Peago. 3. Tramitación e procedemento. a) Tramitación. Ordinaria b) Procedemento. Aberto c) Criterios de adxudicación. Varios criterios de adxudicación. 4. Orzamento base de licitación: Parcela 1 ( 0957801PH1105N0001LK )15.280 € más IVA ; parcela 2 (0957802PH1105N0001TK ) : 16.600 € más IVA ; parcela 10 ( 0957810PH1105N0001RK ): 21.060 € más IVA e parcela 11 ( 0957811PH1105n0001DK ) : 21.500 € más IVA . 5. Garantías esixidas : según prego. 6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación. Quince días naturais, contados a partir da publicación deste anuncio no DOGA . b) Lugar de presentación: 1. Dependencia. Concello de O Saviñao . Rexistro xeral 2. Enderezo. Praza de España, 1 3. Localidade e código postal. O Saviñao ( Lugo ), 27540. 4. Enderezo electrónico. www.concellodosavinao.com O Saviñao ( Lugo ) , 01 de xullo de 2016.- O Alcalde, Joaquín González González R. 2113

XOVE Anuncio Pola Xunta de Goberno Local na súa sesión de data 8 de xullo adoptouse acordo de modificación do Acordo regulador do Prezo público pola realización de actividades formativas, de ocio e tempo libre, do seguinte xeito: 1.- Modificación dos artigos 4º e 5º do Acordo Regulador, quedando redactado como segue: Artigo 4º.- A contía do prezo público regulado no presente Acordo, ven determinado en función das actividades que a continuación se relacionan: Actividade 1.-Ximnasia de mantemento, pilates e aerobic ou outras similares 2.-Ioga 3.-Actividades do Programa Xove Concilia 4.-Kartódromo de Tapia de Casariego 5.-Bailes de salón 6.-Bordado á man 7.-Encaixe de bolillos

Prezo/mes/actividade* sen IVE 10,00 € 15,00 € 20,00 € 5,00 12,40 8,26 8,26

€ € € €

IVE -€ -€ -€

Prezo total/mes 10,00 € cada actividade 15,00 € 20,00 €

-€ 21% (2,60 €) 21% (1,74 €) 21% (1,74 €)

5,00 15,00 10,00 10,00

€ € € €

Os prezos sen IVE poderán variar se como consecuencia dun cambio da normativa do Imposto, variase o tipo de IVE, de tal xeito que o prezo total/mes a aboar polos usuarios se manteña inalterable. Os prezos serán por mes, agás no caso da asistencia ao kartódromo de Tapia que será por actividade. O importe dos prezos así establecidos terá carácter irreducible, salvo nos meses de comenzo e fin das actividades de xeito que o prezo quedará reducido á metade sempre que a actividade se preste por un periodo inferior a quince días. Do mesmo xeito, para que a renuncia á realización da actividade dea lugar á anulación da exacción, aquela deberá efectuarse con carácter previo ao comenzo da actividade. Non procederá a exacción do prezo cando a actividade non se realice, o que sucederá se non se acada un mínimo de 10 usuarios por actividade.

17

Núm. 166 – Miércoles, 20 de Julio de 2016

B.O.P de Lugo

Artículo 5º.- Para os casos 1, 2, 5, 6 e 7 do acrtículo anterior, as persoas solicitantes que teñan a condición de minusválido debidamente acreditada ous os xoves que estean en posesión do Carné Xove ou Carné Máis, terán unha reducción do 20% do prezo total mensual. Para o caso 3 do artigo anterior, as persoas solicitantes desfrutarán de unha reducción do 50% da tarifa no caso do segundo e sucesivos nenos matriculados na actividade Xove Concilia. O que se fai público para xeral coñecemento, advirtíndose que ditos acordos poñen fin á vía administrativa, podendo interpoñerse contra os mesmos, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano, no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ou alternativamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses desde a data indicada. Todo elo en virtude do disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, e os artigoa 8 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo. Caso de interpoñerse recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata a resolución expresa de aquel ou da súa desestimación presunta. Todo elo sen prexuízo de que os interesados podan exercitar, no seu caso, calquera outro recurso que estimen procedente. Xove, a 8 de xullo de 2016.- O Alcalde, Demetrio Salgueiro Rapa R. 2138

CONSORCIO PARA A XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA REDE BÁSICA DE ABASTECEMENTO AOS CONCELLOS DE CERVO E BURELA Anuncio Formada a conta xeral do exercicio 2015 do Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento de auga aos Concellos de Cervo e Burela cos estados e contas a que se refire o artigo 209 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e as regras 44 a 51 da Instrución do modelo normal de Contabilidade para a Administración Local aprobada por Orde HAP/1781/2013, do 20 de setembro, e informada pola Comisión Executiva en sesión celebrada o 7 de xullo de 2016, exponse ao público, xunto cos documentos que a xustifican, na Intervención do Concello de Cervo dado que a sede do Consorcio se atopa na Praza do Concello s/n de Cervo, por período de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia. Durante dito prazo e oito máis, os interesados lexítimos poderán examinala e formular por escrito as alegacións que estimen pertinentes de conformidade co disposto no artigo 212 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo. En Cervo, a 7 de xullo de 2016.- O presidente en función Juan Pablo Barrio Martín R. 2114

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 20.07.2016 08:00:01 CEST Razón: Localización: España