XUNTA DE GALICIA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

30 sept. 2016 - de dispositivos baixo sistema operativo Windows. Tema 12.- Redes de área local. Aspectos ... Open Data. Tema 39: Igualdade de xénero non ...
302KB Größe 15 Downloads 56 vistas
VIERNES, 30 DE SEPTIEMBRE DE 2016

Nº 226

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS. AUGAS DE GALICIA Anuncio Número Expte.: DH.A27.50170 De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento de dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público, para xeral coñecemento, que por resolución da dirección de Augas de Galicia de data 23 de agosto de 2016 e como resultado do expediente incoado ó efecto, outorgóuselle a Nérida Sobrado García unha concesión de 274 m3 anuais de auga procedente dun pozo situado no lugar da Escrita, na parroquia de Olveda (Santa María), no concello de Antas de Ulla (Lugo), con destino a uso doméstico. Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2016.- A xefa do Servizo de Tramitación Técnico-Administrativa do Dominio Público Hidráulico, María Luísa Boquete Pumar R. 2873

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS Anuncio INFORMACION PUBLICA Polo órgano competente desta Deputación foron tomados en consideración os proxectos das obras: .-EX009OB16AB VILALBA.- REHABILITACION SUPERFICIAL DE FIRME TRAMO ANTIGUO LU-P-6502 DE VILALBA, POR A BALSA A CHAVIN,P.K.4+670 AO 5+490. .-EX010OB16AB A PONTENOVA.- REHABILITACION SUPERFICIAL DE FIRME LU-P-1904 DE FONSAGRADA A PONTENOVA, P.K. 16+500 AO 27+570 .-EX011OB16AB LUGO.- REHABILITACION SUPERFICIAL DE FIRME LU-P- 2904 DE CONTURIZ A PARAMO, 0+000 O 2+900 .-EX012OB16AB TRABADA.- REHABILITACION SUPERFICIAL DE FIRME LU-P- 5204 DE CEDOFEITA POR ARANTE Y VIDAL A REGOCORTO, P.K. 6+757 AO 9+787. .-EX013OB16AB POL.- REHABILITACION SUPERFICIAL DE FIRME LU-P- 4603 DE TORNEIROS, POR HERMUNDE, A POL P.K. 3+510 AO 5+010. .-EX014OB16AB RIBAS DO SIL.- REHABILITACION SUPERFICIAL DE FIRME LU-P- 5303 DE SAN CLODIO, POR TORBEO, AL LIMITE PROVINCIAL, P.K. 1+000 AO 2+485, P.K. 3+875 AO 9+100 E P.K. 12+700 AO 16+150. .-EX015OB16AB A PASTORIZA.- REHABILITACION SUPERFICIAL DE FIRME LU-P- 3006 DE MERIA A PASTORIZA, P.K. 1+920 AO 2+831 E LU-P- 4404 DE RIOCABO, POR PIÑEIRO Y ALDURFE, AS RODRIGAS 0+000 AO 9+825. .- EX016OB16AB AS NOGAIS.- MEJORA LU-P- 3702 DE AS NOGAIS POR NULLAN, A LAMAS P.K. 0+195 AO 2+200. En cumprimento do que se dispón no art. 93 do T.R.R.L aprobado por R.D.L. 781/86, ábrese un período de información pública para os efectos de alegacións, reclamacións ou suxestións por parte de persoas ou entidades lexitimadas, por espazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste edicto. Palacio Provincial de Lugo a 23 de setembro de 2016. O PRESIDENTE, Darío Campos Conde. O SECRETARIO, Manuel Castiñeira Castiñeira.

2

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

O PRESIDENTE, P.D. Decreto nº 1357/2016,de data 01-07-2016, O VICEPRESIDENTE, Álvaro Santos Ramos R. 2887

CONCELLOS FOLGOSO DO COUREL Anuncio Queda aprobada definitivamente a modificación mediante suplemento de crédito MC 7/2016 SC1 do vixente Orzamento Municipal, ó non haber reclamación no prazo de exposición ao público do acordo inicial de aprobación da mesma en sesión plenaria de 26 de agosto de 2016, publicado no BOP nº 201 de 1 de setembro de 2016 e en aplicación dos artigos 177.2 e 169.3 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e 38.2 en relación 20.1 do Real Decreto 500/1990, de 20 de abril, polo que se aproba o Regulamento orzamentario.O resumo por capítulos do estado de gastos e ingresos é o seguinte: ESTADO DE GASTOS ORZAMENTO DE GASTOS 1.Gastos de persoal 2.Gtos. en bens ctes e serv. 3.Gastos financieiros 4.Transferencias correntes 6.Investimentos reais 7.Transferencias de capital 8.Activos financieiros 9.Pasivos financieiros TOTAL

ANTERIOR 577.171,36 334.744,05 500,00 3.800,00 217.572,13 592,60 0,00 0,00 1.134.380,14

MODIFICACION

ANTERIOR 128.118,74 10.000,00 55.461,76 777.595,74 2.520,00 0,00 160.683,90 0,00 0,00 1.134.380,14

MODIFICACION

TOTAL 577.171,36 334.744,05 500,00 3.800,00 222.817,59 592,60 0,00 0,00 1.139.625,60

5.245,46

5.245,46

ESTADO DE INGRESOS ORZAMENTO DE GASTOS 1.Impostos directos 2.Impostos indirectos 3.Taxas e outros ingresos 4.Transferencias correntes 5. Ingresos patrimoniais 6.Alleamento de investimentos 7.Transferencias de capital 8.Activos financieiros 9.Pasivos financieiros TOTAL

TOTAL

19.000,00

19.000,00

128.118,74 10.000,00 55.461,76 796.595,74 2.520,00 0,00 160.683,90 0,00 0,00 1.153.380,14

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contenciosoadministrativo no prazo de dous meses, contados a partir da presente publicación, tal como dispón o artigo 46.1 da Lei 29/1998 de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente. Folgoso do Courel, 22 de setembro de 2016.- A Alcaldesa-Presidenta, Dolores Castro Ochoa R. 2874

FOZ Anuncio Por parte deste Concello vaise proceder á seguinte contratación laboral temporal: 1 operario de obras-oficial 1ª, Grupo V (grupo profesional), para realizar un contrato de relevo, (a tempo parcial e de duración determinada) por xubilación parcial do titular da praza. Área de adscrición: obras, limpeza e servizos múltiples. Prazo de presentación de instancias: 7 días naturais, a contar desde o día seguinte en que apareza publicado o anuncio-extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Bases para a selección completas publicadas en el portal de transparencia do Concello de Foz (carpeta 1.7.2): http://concellodefoz.sedelectronica.es/transparency/

3

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

O Alcalde, Javier Jorge Castiñeira. R. 2875

Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 7 de setembro de 2016, aprobaronse os Padróns da Taxa por subministro de auga, canon de auga, recollida de lixo e depuración, correspondentes ao 4º bimestre de 2016, así como a apertura dun período de información pública por prazo de vinte días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no B.O.P. para consultar o seu contido e presentar as alegacións que estimen oportunas, rematado este prazo sen presentarse reclamacións, entenderanse definitivamente aprobados. O período de cobro en período voluntario fíxase entre o 15 de setembro e o 15 de novembro de 2016. Contra este acto e as liquidacións correspondentes poderase presentar recurso de reposición, previo ao contencioso-administrativo, no prazo de un mes a contar dende o día seguinte á finalización do prazo de exposición pública dos Padróns, sendo procedente no caso do canon da auga a reclamación económicoadministrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Conselleria de Facenda) no prazo de un mes dende que se entenda producida a notificación. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o procedemento executivo e o administrativo de constrinximento, e devengarán as débedas os recargos do período executivo así como os correspondentes xuros de mora en virtude dos artigos 26, 27 e 28 da Lei Xeral Tributaria. No caso do canon da auga a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia. O presente anuncio ten carácter de notificación colectiva ó amparo do establecido no artigo 201.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro. Foz, a 21 de setembro de 2016.- O ALCALDE, JAVIER JORGE CASTIÑEIRA R. 2876

RÁBADE Anuncio Por resolución da Alcaldía-presidencia do Concello de Rábade de data 19 de agosto de 2016 prestouse aprobación ao Padrón da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de agosto de 2016, o cal se expón ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria. Rábade, a 19 de setembro de 2016.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes. R. 2878

RIBADEO Anuncio Faise público que por resolución desta Alcaldía de data 20/09/2016 se prestou aprobación ás Bases que rexirán o proceso selectivo para cobertura de xeito interino dun posto de Axente TIC, funcionario interino para desenvovemento dun programa durante 3 anos e cuxo texto se transcribe de seguido: BASES ESPECIFICAS REGULADORAS DO ACCESO A UN POSTO DE AXENTE TIC CON CARACTER DE FUNCIONARIO INTERINO. (Art. 10. 1.c) do EBEP). 1.-OBXECTO DA CONVOCATORIA.O obxecto das presentes bases é a cobertura baixo o réxime de interinidade (art. 10. 1 c. do Estatuto Básico do Empregado Público) dun posto de Axente TIC para o desenvolvemento dun programa segundo se sinala na base 3. 2.-CARACTERÍSTICAS DO POSTO.Grupo. (Segundo artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público) Grupo C, Subgrupo “C1”. Clasificación:Escala de Administración Especial.Subescala técnico Informático.

4

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

Adscripción: Áreas de Desenvolvemento Local e turismo. Servizos Xerais da Corporación. 3.FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO. O desenvolvemento durante o período de 3 anos (sen prexuízo da posibilidade de prórroga por un ano mais) a contar dende a toma de posesión dun Programa que comprenderá os seguintes apartados:

-

Implantar, explotar, e levar o mantemento de requirimentos de baixo e medio nivel dos sistemas informáticos e outros relacionados en que se apoia a xestión e administración do Concello de Ribadeo, prestando soporte directo ou de primeira liña aos usuarios finais, e aplicando e cumprindo cos requisitos legais vixentes no sector. Implantar e administrar redes locais e xestionar a conexión do sistema informático a redes extensas. Implantar e facilitar así como asesorar na utilización de paquetes informáticos de propósito xeral e aplicacións específicas. Solución de incidencias dos usuarios finais. Creación, xestión e mantemento de paxinas web ou similares do Concello ou organismos colaboradores ou asociados. Propoñer e coordinar cambios para mellorar a explotación do sistema e as súas aplicacións. Asesorar as compras asociadas á súa área de coñecemento. Outras relacionados co mantemento e coordinación do sistema informático e a súa infraestrutura do Concello de Ribadeo. Deseño, planificación, execución, control, avaliación e mellora continúa das actividades da dinamización social e programas relacionados coa Sociedade da Información e o Coñecemento no telecentro de Ribadeo. Deberá ser a ligazón entro o Centro e a cidadanía do municipio promovendo a programas relacionados coa Cidadanía, Inclusión, innovación e Participación dixital, segundo o potencial e perfil de cada usuarix e/ou colectivo. Fomentar a participación cidadá dos habitantes do municipio en todos aspectos da vida pública, mediante o uso das TICs. Deberá , entre as distintas funcións e tarefas a realizar, establecer unha canle de comunicación permanente cos/as usuarios/as, escoitando activamente as súas dúbidas e inquedanzas, así como formar ao/as cidadán/as e colectivos no uso das Tics, atendendo ás necesidades e ritmos de cada usuario/a, impartindo cursos de forma periódica, a todos os niveis, sempre en función das necesidades reais. Deberá igualmente fomentar o coñecemento tecnolóxico como parte natural das habilidades da cidadanía, integrándoas na súa actividade cotiá persoal e/ou profesional. Estender o coñecemento e uso pola cidadanía dos servizos de administración electrónica de Ribadeo Impulsar e fomentar a creación de contidos para internet por parte da cidadanía ribadense. Organizar, e xestionar, no marco de Plan de inclusión galego 2020 o centro da Rede Cemit de Ribadeo., elaborando un programa de traballo anual, obxectivos, contidos deseño dos grupos de usuario/as destinatarios en función da realidade e necesidades sociais da localidade de Ribadeo. Fomentar e colaborar cos cursos, seminarios , conferencias , charlas , coloquios e demais actividades que se realicen e servizos que se presten no centro, así como os métodos de inscrición e/ou reserva necesarios para poder participar nos mesmos. Colaborar cos demais departamentos do Concello de Ribadeo. Realizar un rexistro pormenorizado dos datos de cada usuario/a (idade, sexo,ocupación, perfil, etc.) co obxectivo de poder xerar e analizar as estatísticas correspondentes á utilización dos recursos. Coidar do cumprimento por parte dos/as usuarios/as das normas de funcionamento,acceso, horario e optimización de uso e ocupación dos recursos do Centro. Conseguir que o centro sexa un punto de referencia na vida sociocultural do territorio veciñal. Cumprir coas obrigacións no que respecta aos labores de xestión do Centro Promover iniciativas de innovación social e participativas dirixidas á cidadanía desde o Centro de Ribadeo.

4. SISTEMA DE SELECCIÓN: Oposición .

5.NÚMERO DE PRAZAS QUE SE CONVOCAN: Unha. 6.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES. a)Xerais:Os establecidos con carácter xeral no artigo 56 e concordantes do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Específicos. Titulación académica: Titulo Ciclo Superior de Informática, equivalente ou superior en calquera das ramas de informática-ofimática. Todos os requisitos esixidos deben posuílos os/as aspirantes o día que remate o prazo para presentar as solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como funcionario interino, no seu caso. 7,- PUBLICIDADE DA CONVOCATORIA E DAS SÚAS BASES.A convocatoria anunciarase no DOG e as Bases no Boletín Oficial da provincia de Lugo e farase pública tamén no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal. www.ribadeo.gal

5

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

Os sucesivos anuncios relativos á convocatoria publicaranse no tablón de anuncios do Concello e sede electrónica da web municipal. Non se efecturán notificacións individuais. Os aspirantes ás probas obxecto desta convocatoria quedarán enterados do desenvolvemento do proceso mediante as publicacions pertinentes no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal (artígo 59.5 da Lei 30/1992, de 26 de noviembre, de RXAPPAC). 8.PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.Ás instancias, solicitando tomar parte no proceso selectivo, dirixiranse á Alcaldía-Presidencia. Presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ribadeo debidamente cumprimentadas, durante o prazo de vinte días naturais contados dende o seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no D.O.G. Poderán asimesmo remitirse na forma establecida na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. Para ser admitidas e, no seu caso, tomar parte nas probas selectivas, as personas aspirantes manifestarán nas súas solicitudes que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos nestas Bases, referidos sempre como máximo ao día no que remate o prazo de presentación de instancias. Os aspirantes con minusvalía igual ou superior ao 33% deberán indicalo expresamente na solicitude. Igualmente as persoas aspirantes comprometense, no caso de ser propostos para o correspondente nomeamento, a prestar xuramento ou promesa de acordo co que determina o Real Decreto 707/1979, de 5 de abril. Á instancia acompañarase inexcusablemente a seguinte documentación: - Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente. - Unha fotografía a cor tamaño carné. - Titulación, no seu caso, que acredite o cumprimento deste requisito. 9.-ADMISIÓN DE ASPIRANTES. DATA E LUGAR DE CELEBRACIÓN DAS PROBAS. Rematado o prazo de presentación de solicitudes ditarase resolución pola que se declarará aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, así como o prazo para subsanación que será de 10 días, de conformidade co desposto no art. 71 da Lei 30/1992, de 26 de novembro. A corrección de erros, poderase enmendar de oficio ou a instancia de parte de acordo co art. 105.2 da lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das AA.PP. e do Procedemento Administrativo común. Dita resolución será publicada no Boletín Oficial da Provincia así como no Taboleiro de anuncios do Concello. Quen non presente a solicitude de subsanación ou reclamación no indicado prazo decaerá no seu dereito sendo excluído definitivamente da lista de aspirantes. Rematado o prazo ditarase resolución pola que se aproba a lista definitiva, resoltas as reclamacións que no seu caso se produzan, e indicarase igualmente o lugar e data de comezo do 1º exercicio e orde de actuación dos aspirantes así como a composición do Tribunal, publicándose estes anuncios e calquera outro anuncio sucesivo en relación a este proceso selectivo no taboleiro de anuncios do Concello e web municipal. Se en calquera momento posterior á aprobación da lista definitiva, incluso durante a celebración das probas se advertise nas solicitudes inexactitutde ou falsedade que fora causa de exclusión ésta considerarase defecto insubsanable e resolverá dita exclusión. Dende a terminación dunha proba e ata o comezo da seguinte deberá transcurrir un prazo mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días. 10. EXERCICIOS.Serán 3 exercicios. Primeiro Exercicio.- De carácter obrigatorio e eliminatorio consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de unha hora, dous temas determinados polo Tribunal inmediatamente antes de comezar o exercicio e relacionados coas materias comprendidas no Programa do ANEXO I, aínda que non se ateñan a un epígrafe concreto daquel. O Tribunal proporá catro temas aos aspirantes dos que deberán elexir dous que deberán contestar obrigatoriamente. Os aspirantes terán liberdade en canto á forma de exposición se refire, valorándose polo Tribunal a formación xeral , a claridade de ideas así como o rigor e precisión na exposición. Posteriormente ou no propio acto serán convocados oportunamente para proceder por sí mesmos á lectura pública dos exercicios no caso de que así o decida o Tribunal cualificador, Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superalo e poder pasar ao seguinte.

6

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

Segundo exercicio. Práctico. Este exercicio terá carácter práctico, e consistirá en resolver un suposto práctico, cunha duración máxima de 60 minutos no que o opositor/a deberá propoñer un proceso de resolución do problema ou problemas plantexados sobre materias incluídas na parte específica do Temario do Programa (Temas 8 a 40). Neste exercicio terase en conta a idoneidade do método seguido para a resolución do problema plantexado, a claridade e corrección na exposición do proceso de resolución e o resultado que se obtería seguindo o procedemento plantexado polo opositor. Este exercicio cualificaranse de 0 a 10 puntos e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superalo. Terceiro exercicio.- De carácter obrigatorio e non eliminatorio consistirá na traducción direta do castelán ao galego ou á inversa dun texto proposto polo Tribunal inmediatamente antes de celebrarse o exercicio, nun tempo máximo de 30 minutos, e sen axuda de diccionario. Este exercicio cualificarase cun máximo de 2 puntos. *Quedarán exentos de celebrar este exercicio aqueles aspirantes que aporten antes da súa celebración título oficial de coñecemento do galego, nivel de perfeccionamento ou equivalente (Celga 3), que se valorará con 2 puntos. Cualificación final: A cualificación de cada aspirante nos diferentes exercicios do proceso selectivo será o resultado da media aritmética das puntuacións outorgadas por todos os membros do Tribunal ou a determinada de común acordo polo conxunto dos seus membros. A puntuación total do proceso selectivo será a suma das cualificacións da fase de concurso e dos dous exercicios da fase de oposición. 11.ORGANO DE SELECCION. Estará constituído polas seguintes persoas: Presidente: Titular e suplente correspondente. Un funcionario de categoría ou escala igual ou superior á praza que se convoca, designado pola Alcaldía-Presidencia. Vogais: 3 funcionarios de categoría ou subescala igual ou superior ao posto que se convoca e os seus suplentes correspondentes. Secretario: O Secretario Xeral do Concello de Ribadeo e como suplente do mesmo un funcionario do Concello con categoría igual ou superior ao posto que se convoca. Actuará con voz e sen voto. O Organo de seleccion queda autorizado para resolver as dúbidas que se presenten no non previsto nestas bases e para toma-los acordos necesarios para a boa orde das probas. Aplicarase igualmente a lexislación básica do Estado sobre Función Pública e o R.D. 896/1991 polo que se establecen as reglas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección de persoal funcionario de Administración Local. No non previsto nelas, a regulamentación para o ingreso na Función Pública da Comunidade Autónoma de Galicia e supletoriamente, o Regulamento Xeral de Ingreso do Persoal ao Servizo da Administración do Estado. 12.- RELACIÓN DE APROBADOS.Unha vez rematada a cualificación das persoas aspirantes o Tribunal publicará por orde de puntuación a relación de aprobados e elevará dita relacion ao órgano competente do Concello aos efectos da tramitación do correspondente nomeamento. O Tribunual cualificador non poderá propoñer o acceso á condición de funcionario interino a un número superior de aprobados ao de postos ou prazas convocadas, neste caso unha. 13.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. A persoa proposta aportará, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os seguintes documentos: 1.- Fotocopia (que deberá presentarse co orixinal para compulsar) do seu Documento Nacional de Identidade ou documento que o substitúa. 2.- Copia autenticada ou fotocopia (que deberá presentarse co seu orixinal para compulsar) do título ou no seu caso, diploma en base ao cal se procedeu á súa admisión ou xustificante de ter cumpri-los requisitos para a expedición do mesmo. 3.- Certificado acreditativo de posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais do posto ao que aspira. No supostos de persoas con discapacidade observarase tamén o que establece o apartado da Base duodécima. 4.-Certificado de antecedentes penais.

7

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

5.-Declaración complementaria de conduta cidadá. 6.- Declaración responsable de non ter sido separado do servizos do Estado, das Comunidades Autónomas ou das Entidades Locais mediante expediente disciplinario nin e atopar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas por sentenza firme. 7.- Declaración responsable de non se atopar incurso en ningún dos supostos de incapacidade específica conforme á normativa vixente. 8.- Declaración responsable de non incurrir en ningún dos supostos de incompatibilidade do persoal ao servizo das Administracións Públicas segundo a Lei53/1984, de 26 de decembro e normativa de desenvolvemento da mesma. 9.- Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social (para o caso de haber estado de alta na mesma). 8.- Número de conta bancaria. O aspirante cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% que supere a oposición deberá ademais acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes así como a compatibilidad eco desempeño das tarefas do posto. Para o suposto de que tivera a condición de funcionario ou empregado público, estará exento de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrados para obte-lo seu anterior nomeamento debendo presentar certificación do Ministerio ou Organismo de que dependa, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal ou folla de servizos. 14. NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN.Quen no prazo indicado non presente a documentación indicada (salvo casos de forza maior), non poderá ser nomeado funcionario interino, quedando anuladas todalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades en que poida incorrer por falsedade na instancia solicitando tomar parte no proceso selectivo. O aspirante nomeado funcionario deberá tomar posesión no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao que lle sexa notificado o nomeamento, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixese dentro do prazo sinalado. O nomeamento como funcionario/a interino/a será publicado no BOP de Lugo. 15.-LEXISLACIÓN DE APLICACIÓN.O RDL 5/2015, de 5 de outubro de aprobación do TR da Lei do Estatuto básico do empregado público. A Lei 2/2015, de 29 de abril de Emprego Público de Galicia. Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do réxime local. R.D. Lexislativo 781/1986, do 18 de abril, que aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local. Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia. Decreto 95/1991, do 20 de marzo, da Comunidade autónoma de Galicia pola que se aproba o Regulamento de selección de persoal e Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración do Estado. Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, que aproba as regras básicas e programas mínimos a que se debe axustar o procedemento de selección dos funcionarios da administración local. Orde APU/1461/2002, do 6 de xuño, pola que se establecen as normas para a selección e nomeamento de persoal funcionario interino e demais disposicións concordantes de aplicación. ANEXO I- TEMARIO TEMARIO a) Parte Xeral. Tema 1.A Constitución Española de 1978: Estrutura e contido. Principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Tema 2.-. A organización do Estado na Constitución: Organización institucional ou política e organización territorial. A Coroa. As Cortes Xerais: Referencia ao Defensor do Pobo e ao Tribunal de Contas. O Poder Xudicial. Tema 3. O Goberno e a Administración. Principios de actuación da Administración Pública. A Administración Xeral do Estado. As Comunidades Autónomas: O Estatuto de Autonomía de Galicia. Tema 4. A Administración Local. As Entidades Locais. Clases. Competencias. Organización: órganos necesarios e órganos complementarios. Tema 5.O Municipio. O termo municipal. A poboación. O empadroamento.

8

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

Tema 6. Sometemento da Administración á Lei e ao dereito. Fontes do Dereito Administrativo: Especial referencia á Lei e aos Regulamentos. A potestade regulamentaria na esfera local; Ordenanzas, Regulamentos e Bandos; procedemento de elaboración e aprobación. Tema 7. Lei 39/2015, de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das AA.PP. O Procedemento Administrativo.Concepto. Clases. Fases do procedemento. O silencio administrativo. b) Parte Específica. Tema 8. Dinamización Social. O papel do persoal dinamizador e a súa contextualización dentro dá Rede Cemit e de Ribadeo. Tema 9. Concepto de informática e evolución histórica: esquema xeral e compoñentes dun computador. Tipos de computadores. Tema 10 Internet: Orixe, evolución e estado actual. Servizos da internet. Tema 11.Administración do sistema operativo e software de base. Funcións e responsabilidades. Control de cambios dos programas dunha instalación. Administración de redes de área local. Xestión de usuarios. Xestión de dispositivos baixo sistema operativo Windows. Tema 12.- Redes de área local. Aspectos xerais relacionados con: a) Compoñentes.; b) Topoloxías c) Estándares; d) Protocolos; e ) sistemas de cableado. f) Dispositivos de interconexión: repetidores, hubs, bridges, routers, gateways, etc. Tema 13.Deseño de páxinas web,blogues, vídeo, fotografía dixital, etc. Tema 14- Hardware. Conceptos xerais. Organización xeral dun sistema microprocesador. Estrutura básica. Arquitectura de procesadores. Arquitectura de memoria. Almacenamento. Tema 15.- Sistemas Operativos. Conceptos básicos relacionados con: a) evolución e tipos; b) Procesos; c) Administración de sistemas; d) Xestión de memoria; e) Entrada/Saída; f) Sistema de Ficheiros; f) Protección e Seguridade. Tema 16. A seguridade en redes. Control de accesos. Técnicas criptográficas. Mecanismos de firma dixital. Control de Intrusións.. Seguridade en nivel de aplicación: protección de servizos web, bases de datos e interfaces de usuario. Tema 17.- Internet. WWW. Elementos fundamentais dunha páxina web. Conceptos xerais sobre HTML, XHTML, Javascript, CSS, contidos web dinámicos con acceso a bases de datos e accesibilidade/usabilidade na web. Tema 18 .- Ofimática. OpenOffice. Introdución á Ofimática. Ferramentas de xestión Tema 19.- Software de código aberto. Concepto. Uso. Vantaxes. Aplicacións en contorna ofimática e servidores Web. Tema 20 Accesibilidade e usabilidade. W3C. Deseño universal Tema 21 . Protocolos de transporte: tipos e funcionamento. A familia de protocolos TCP/IP. O protocolo IPv6. MPLS. Voz sobre IP Tema 22 O correo electrónico. Servizos de directorio. Tema 23 .- Bases de datos. Conceptos xerais. Estruturas. Modelos. Tema 24 : Plan de inclusión dixital de Galicia. 2020 Tema 25 : Ribadeo. Poboación. Economía. Asociacións de Ribadeo. Unha aproximación á realidade social de Ribadeo Tema 26 : Formación e capacidades didácticas do persoal formador Tema 27 .- A Lei 11/2007, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, Lei Orgánica e Regulamento de Protección de Datos de Carácter Persoal. Obxecto, ámbito de aplicación e contido. Coñecementos básicos. Tema 28 : Educar para protexer : familia e Tics Tema 29 : Certificado dixital. Seguridade Informática Tema 30 : Administración electrónica Tema 31 . Participación cidadá e Tics. Aplicacións de participación cidadá. Tema 32 . Innovación social e Tics Tema 33 . Diagnose dá realidade social, planificación e xestión e dirección de proxectos. Tema 34 : Comercio electrónico. Mecanismos de pago. Xestión do negocio. Factura electrónica. Pasarelas de pago. Tema 35 : Redes sociais.

9

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

Tema 36 : Comercio polo miúdo, Turismo innovación e Tics Tema 37 . A xestión da compra pública de tecnoloxías da información. Tema 38 . Xestión dos datos corporativos. Almacén de datos (Data-Warehouse). Arquitectura OLAP. Minería de datos. Big Data. Open Data. Tema 39: Igualdade de xénero non desenvolvemento e xestión de proxectos. Tema 40. Inclusión, diversidade e Tics. Ribadeo, 20 de setembro de 2016.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA .- O SECRETARIO EN FUNCIONS, JOSÉ RODIL VEIGA R. 2879

SAMOS Anuncio Publicidade formalización do contrato da obra “Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións no Concello de Samos. Manxar a Romelle; acceso a Lourido e acceso a Quintá” incluída no marco do Programa de Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020. En cumprimento do disposto no artigo 154 do RD Lex. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, a través do presente anuncio faise pública a formalización do seguinte contrato: - Tipo de contrato: Contrato de obras. - Denominación: “Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións no Concello de Samos. Manxar a Romelle; acceso a Lourido e acceso a Quintá”. - Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local. - Procedemento de adxudicación: NEGOCIADO SEN PUBLICIDADE. - Tramitación: ordinaria. - Orzamento de licitación: 82.241,28 € IVE INCLUÍDO - Data da adxudicación: 30.08.2016 - Adxudicatario: JESÚS Y PARAMO S.L. - Importe da adxudicación: 82.000,50 € (IVE incluído ao 21%) - Data da formalización: 07.09.2016 Samos, a 20 de setembro de 2016.- O alcalde, Julio Gallego Moure. R. 2880

MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DA MARIÑA LUGUESA Anuncio Expediente nº 27/2016 En cumprimento do artigo 169.1, por remisión do 177.2, do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, xa que non se presentaron alegacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o acordo plenario do día 26 de xullo de 2016, sobre o expediente de modificación de créditos núm. 4/2016, que se fai público que trala modificación o Orzamento resumido por capítulos queda como sigue: RESUME POR CAPÍTULOS INGRESOS Capítulos

Denominación

euros

A) OPERACIONS CORRENTES 1.- Impostos directos..............

......

0

2.- Impostos indirectos.................. 3.- Taxas e outros ingresos...........

0 ...

0

10

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016 4.- Transferencias correntes............

B.O.P de Lugo

41.750,13

5.- Ingresos patrimoniais

500,00

B) OPERACIONS DE CAPITAL 6.- Alleamento de inversións reais.......

0

7.- Transferencias de capital............

0

8.- Activos financeiros.................

7.728,72

9.- Pasivos financeiros.................

0

TOTAL INGRESOS...........................

49.978,85

======================== GASTOS Capítulos

Denominación

euros

A) OPERACIONS CORRENTES 1.- Gastos de persoal.....................

31.074,41

2.- Gastos en bens correntes e de servizos............

.............

18.704,44

3.- Gastos financeiros...................

0

4.- Transferencias correntes..............

100,00

B) OPERACIONS DE CAPITAL. 6.- Inversións reais......................

100,00

7.- Transferencias de capital.............

0

8.- Activos financeiros..................

0

9.- Pasivos financeiros..................

0

TOTAL GASTOS..............................

49.978,85

======================= Contra este acordo, segundo o disposto no artigo 171 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, os interesados poderán interpor directamente un recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos establecidos nos artigos 25 a 42 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición. Sen prexuízo disto, consonte o establecido no artigo 171.3 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a interposición do dito recurso non suspenderá por si soa a efectividade do acto ou acordo impugnado. Barreiros, 16 de setembro de 2016.- O Presidente, Alfredo Llano García R. 2881

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL N.º 2 DE LUGO Anuncio CEDULA DE NOTIFICACION Mª DEL CARMEN VARELA REBOLO, LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 2 DE LUGO, HAGO SABER: Que en la EJECUCIÓN DE TÍTULOS JUDICIALES 33/16, de este Juzgado de lo Social, seguida a instancia de ENRIQUE PIN LÓPEZ contra la empresa NERGO INTERORISMO SLU, se ha dictado Decreto que declara la insolvencia, el día 20 de septiembre de 2016, cuya parte dispositiva literalmente dice: “Acuerdo:

11

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

a) Declarar al/a los ejecutado/s NERGO INTERIORISMO SLU, en situación de INSOLVENCIA TOTAL por importe de 583 euros en concepto de costas causadas en el Procedimiento Ordinario 1024/14, insolvencia que se entenderá, a todos los efectos, como provisional. b) Archivar las actuaciones previa anotación en el Libro correspondiente, y sin perjuicio de continuar la ejecución si en lo sucesivo se conocen nuevos bienes del ejecutado. Notifíquese a las partes, haciéndoles saber que en aplicación del mandato contenido en el artículo 53.2 de la LJS, en el primer escrito o comparecencia ante el órgano judicial, las partes o interesados, y en su caso los profesionales designados, señalarán un domicilio y datos completos para la práctica de actos de comunicación. El domicilio y los datos de localización facilitados con tal fin, surtirán plenos efectos y las notificaciones en ellos intentadas sin efecto serán válidas hasta tanto no sean facilitados otros datos alternativos, siendo carga procesal de las partes y de sus representantes mantenerlos actualizados. Asimismo deberán comunicar los cambios relativos a su número de teléfono, fax, dirección electrónica o similares, siempre que estos últimos estén siendo utilizados como instrumentos de comunicación con el Tribunal. MODO DE IMPUGNACIÓN: Contra la presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interponerse ante quien dicta la resolución en el plazo de TRES DÍAS hábiles siguientes a la notificación de la misma con expresión de la infracción cometida en la misma a juicio del recurrente, art. 188 LJS. El recurrente que no tenga la condición de trabajador o beneficiario de régimen público de la Seguridad Social deberá hacer un depósito para recurrir de 25 euros, en la cuenta nº 2323 en el BANCO SANTANDER, LUGO debiendo indicar en el campo concepto, "recurso" seguida del código "31 Social-Revisión de resoluciones Letrado de la Administración de Justicia". Si el ingreso se hace mediante transferencia bancaria deberá incluir tras la cuenta referida, separados por un espacio con la indicación "recurso" seguida del "31 Social-Revisión de resoluciones Letrado de la Administración de Justicia". Si efectuare diversos pagos en la misma cuenta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso si obedecen a otros recursos de la misma o distinta clase indicando en el campo de observaciones la fecha de la resolución recurrida utilizando el formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos de su abono en todo caso, el Ministerio Fiscal, el Estado, las Comunidades Autónomas, las Entidades locales y los Organismos Autónomos dependientes de ellos.” Y para que le sirva de NOTIFICACION EN LEGAL FORMA a la empresa NERGO INTERIORISMO SLU, en ignorado paradero, con último domicilio conocido en C/ Santiago Castelo 1, de Lugo, a la que se advierte que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o cédula en el tablón de anuncios de la Oficina Judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia o cuando se trate de emplazamiento, expido y firmo el presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, en LUGO, a 20 de septiembre de 2016. LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 2882

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO CANTÁBRICO. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio Expediente número: A/27/21026. Asunto: Solicitud de concesión de un aprovechamiento de aguas. Peticionario: José Luis Díaz Álvarez. Nombre del río o corriente: Manantiales Pico dos Lameiros (2). Caudal solicitado: 0,07 l/seg. Punto de emplazamiento: Escanlar (Córneas). Término Municipal y Provincia: Baleira (Lugo). Destino: Abastecimiento a vivienda y uso ganadero. BREVE DESCRIPCION DE LAS OBRAS: Dos arquetas de captación, arqueta de reunión, y conducción por tubería hasta depósito del que se abastecerán vivienda y establo. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contado a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de Baleira, o en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España nº 2, -33071-OVIEDO), donde estará de manifiesto el expediente.

12

Núm. 226 – Viernes, 30 de Septiembre de 2016

B.O.P de Lugo

Oviedo, 13 de septiembre de 2016.- EL TITULADO SUPERIOR DE GESTIÓN Y SERVICIOS COMUNES. Pedro Granda Rodríguez. R. 2796

Anuncio Expediente número: A/27/21076. Asunto: Solicitud de concesión de un aprovechamiento de aguas. Peticionario: Comunidad de Usuarios de Sanxés Nombre del río o corriente: Manantial Val da Abella. Caudal solicitado: 0,5 l/seg. Punto de emplazamiento: Parcela 575 del polígono 6, Val de Abella (Bogo). Término Municipal y Provincia: A Pontenova (Lugo). Destino: Abastecimiento de agua a Sanxés. BREVE DESCRIPCION DE LAS OBRAS: Arqueta de hormigón de 1,2 x 0,95 x 0,95 m y conducción por tubería hasta depósito de 57,50 m3 de capacidad del que partirá la red de distribución. Lo que se hace público para general conocimiento por un plazo de TREINTA DÍAS, contado a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones, durante el indicado plazo, en el Ayuntamiento de A Pontenova, o en la Confederación Hidrográfica del Cantábrico (Comisaría de Aguas, Plaza de España nº 2, -33071-OVIEDO), donde estará de manifiesto el expediente. Oviedo, 13 de septiembre de 2016. -EL TITULADO SUPERIOR DE GESTIÓN Y SERVICIOS COMUNES. Pedro Granda Rodríguez. R. 2797

Anuncio Expediente: A/27/20724 De acuerdo con lo previsto en el artículo 116 del Reglamento de Dominio Público Hidráulico aprobado por Real Decreto 849/1986 de 11 de abril (B.O.E. del día 30) y sus posteriores modificaciones, se hace público, para general conocimiento, que por resolución de la Confederación Hidrográfica del Cantábrico, de fecha 16 de septiembre de 2016 y como resultado del expediente incoado al efecto, le ha sido otorgada a Alfredo González Valcarce, la oportuna concesión para aprovechamiento de agua del manantial Fonte de Edreiro, en Monte de Edreiro, Vilanova do Pedregal T.M. de Cervantes (Lugo) con destino a usos ganaderos. Oviedo, 16 de septiembre de 2016.- EL JEFE DE ÁREA, David Pérez Méndez-Castrillón R. 2885

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 30.09.2016 08:00:00 CEST Razón: Localización: España