JUEVES, 3 DE NOVIEMBRE DE 2011
Nº 251
XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE LUGO Anuncio Resolución do 17 de outubro de 2011 da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no Concello de Ribeira de Piquín (Expediente IN407A 2011/75-2-7913-AT) Para os efectos previstos na Lei 54/1997 do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita: - Solicitante: BEGASA - Domicilio Social: R/ CIDADE DE VIVEIRO, 4, 1º, 27002 LUGO - Denominación: OCR CASETA OUVIAÑA - Situación: CONCELLO DE RIBEIRA DE PIQUÍN - Características Técnicas: LMTS a 20 kv, con orixe no apoio metálico existente nº 84/S-27331 da LMTA ST Meira- Fonsagrada e final no OCR Ouviaña proxectado, formada por tres circuitos, cunha lonxitude de 25 metros de condutor proxectado tipo RHZ-150. OCR Ouviaña en edificio prefabricado tipo PF-201, no cal se instalan dúas celdas de liña, unha celda de liña con interruptor automático motorizada e unha celda de liña con transformador de servizos auxiliares SSAA. Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días. Lugo, 17 de outubro de 2011. O xefe territorial.: José Manuel Vázquez Leirado R.4982
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SECCIÓN DE ACTAS Anuncio Aprobado inicialmente polo Pleno desta Corporación en sesión ordinaria celebrada o día vinte e cinco de outubro de dous mil once, a modificación do Regulamento Orgánico da Excma. Corporación Provincial de Lugo, exponse ao público na Secretaría desta Entidade Provincial, durante o prazo de trinta días, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente, e presentar as reclamacións e suxestións que estimen oportunos, de conformidade co sinalado no art. 49 da Lei 7/85, de 2 de Abril, Reguladora das Bases do Réxime Local. Lugo, vinte e seis de outubro de dous mil once.- O PRESIDENTE, José Ramón Gómez Besteiro. O SECRETARIO, José Antonio Mourelle Cillero. R.4983
2
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO UNIDADE DE OBRAS E PLANS Anuncio ADXUDICACIÓN E DE FORMALIZACION DE CONTRATO CONTRATACIÓN: Nº 75 P.O.S. 2011 VIVEIRO- OUROL .- ACDTº DE LA LU- P- 6602 DE RUANOVA, POR SIXTO A MURAS, P.K. 0,000 AL 5,150 Entidade adxudicadora: Organismo: Deputación Provincial de Lugo Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Fomento. Unidade de Obras e Plans. Nº de expediente: EX 040 OB 11 NC Dirección web:. www.deputacionlugo.org (perfil do contratante). Obxecto do contrato: Tipo: Contrato de obras. Descrición do obxecto: VIVEIRO- OUROL .- ACDTº DE LA LU- P- 6602 DE RUANOVA, POR SIXTO A MURAS, P.K. 0,000 AL 5,150 CPV: 45233223-8 Medio publicación anuncio licitación: B.O.P e perfil do contratante. Data publicación anuncio licitación: 9 AGOSTO 2011 Tramitación e procedemento: Tramitación: Ordinaria. Procedemento: Negociado con publicidade Orzamento base da licitación: Importe neto 232.038,98 euros. IVE ( 18%) 41.767,02 euros. Importe total: 273.806,00 euros. Formalización del contrato: Data de adxudicación: 21 outubro de 2011 Data de formalización do contrato: 28 outubro de 2011 Contratista: COMFICA Soluciones Integrales S.L. Importe neto: 227.282,18 euros. IVE: 40.910,79 euros. Importe total: 268.192,97 euros. Melloras de obra:2.552,43 (IVE non engadido). Plan de comunicación: 535,00 € ( IVE excluido). Prazo de execución: 1.5 MESES Lugo, a. 24 outubro de 2011.O SECRETARIO XERAL. José Antonio Mourelle Cillero. R.5002
Anuncio ADXUDICACIÓN E FORMALIZACION DE CONTRATO CONTRATACIÓN: OBRA nº 72 P.O.S. 2011 BARALLA- BECERREA- BALEIRA – NAVIA DE SUARNA- A FONSAGRADA.- Acdtº de la LU- P- 0708 De Cereixal a Louxas, p.k.19,000 al 26,500. Entidade adxudicadora: Organismo: Deputación Provincial de Lugo Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Fomento. Unidade de Obras e Plans. Nº de expediente: EX 044 OB 11 NC Dirección web:. www.deputacionlugo.org (perfil do contratante). Obxecto do contrato: Tipo: Contrato de obras.
3
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
Descrición do obxecto: nº 72 P.O.S. 2011 BARALLA- BECERREA- BALEIRA – NAVIA DE SUARNA- A FONSAGRADA.- Acdtº de la LU- P- 0708 De Cereixal a Louxas, p.k.19,000 al 26,500. CPV: 45233223-8 Medio publicación anuncio licitación: B.O.P e perfil do contratante. Data publicación anuncio licitación: 9 agosto de 2011 Tramitación e procedemento: Tramitación: Ordinaria. Procedemento: Negociado con publicidade Orzamento base da licitación: Importe neto 450.932,20 euros. IVE ( 18%) 81.167,80 euros. Importe total: 532.100,00 euros. Formalización del contrato: Data de adxudicación: 21 outubro 2011 Data de formalización do contrato: 28 outubro de 2011 Contratista: Construcciones Isidro Otero S.L. Importe neto: 450.932,20 euros. IVE: 81.167,80 euros. Importe total: 532.100,00 euros. Prazo de execución: 3 meses Lugo, a. 24 outubro de 2011.O SECRETARIO XERAL. José Antonio Mourelle Cillero R.5003
Anuncio ADXUDICACIÓN E FORMALIZACION DE CONTRATO CONTRATACIÓN: Nº 73 POS 2011.- NAVIA DE SUARNA.-ACONDICIONAMIENTO DE LA LU-P-3508 “DE RAO, POR MURIAS, A VALOUTA” P.K. 0-7,419 Entidade adxudicadora: Organismo: Deputación Provincial de Lugo Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Fomento. Unidade de Obras e Plans. Nº de expediente: EX039OB11NC Dirección web:. www.deputacionlugo.org (perfil do contratante). Obxecto do contrato: Tipo: Contrato de obras. Descrición do obxecto: 73 POS 2011 NAVIA DE SUARNA.-Acondicionamiento de la LU-P-3508 “De Rao, por Murias, a Valouta, p.k. 0-7,419. CPV: 45233223-8 Medio publicación anuncio licitación: BOP e perfil do contratante. Data publicación anuncio licitación: 9 de Agosto de 2011. Tramitación e procedemento: Tramitación: Ordinaria. Procedemento: Negociado con publicidade Orzamento base da licitación: Importe neto 457.627,12 euros. IVE ( 18%) 82.372,88 euros. Importe total: 540.000,00€ Formalización del contrato: Data de adxudicación: 21 de outubro de 2011 Data de formalización do contrato: 28 de outubro de 2011 Contratista: ASOGAL CONSTRUCCIONES S.L.
4
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
Importe neto:457.204,00 euros.IVE: 82.296,72 euros. Importe total: 539.500,72€ Melloras de obra: 3.000,00€ (IVE excluído). Plan de comunicación: 300,00€. (IVE excluído) Prazo de execución: 2,5 meses Lugo, a. 24 de outubro de 2011.O SECRETARIO XERAL. José Antonio Mourelle Cillero R.5004
Anuncio ADXUDICACIÓN E FORMALIZACION DE CONTRATO CONTRATACIÓN: Nº 74 POS 2011.- SARRIA.- ACONDICIONAMIENTO DE LA LU-P-5703 DE MESÓN DE ALVAREDO A S. MARTÍN DE LOUREIRO, P.K. 0-5,075 Entidade adxudicadora: Organismo: Deputación Provincial de Lugo Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Fomento. Unidade de Obras e Plans. Nº de expediente: EX041OB11NC Dirección web:. www.deputacionlugo.org (perfil do contratante). Obxecto do contrato: Tipo: Contrato de obras. Descrición do obxecto: nº 74 pos 2011.- SARRIA.- Acondicionamiento de la LU-P-5703 de Mesón de Alvaredo a s. Martín de Loureiro, p.k. 0-5,075 CPV: 45233223-8 Medio publicación anuncio licitación: BOP e perfil do contratante. Data publicación anuncio licitación: 9 de Agosto de 2011. Tramitación e procedemento: Tramitación: Ordinaria. Procedemento: Negociado con publicidade Orzamento base da licitación: Importe neto 253.389,82euros. IVE ( 18%) 45.610,18 euros. Importe total: 299.000,00€ Formalización del contrato: Data de adxudicación: 21 de outubro de 2011 Data de formalización do contrato: 28 de outubro de 2011 Contratista: CONSTRUCCIONES RAFER S.L Importe neto:253.220,00 euros.IVE: 45.579,60 euros. Importe total: 298.799,60€ Melloras de obra: 636,41€ (IVE excluído). Plan de comunicación: 55,93€. (IVE excluído) Prazo de execución: 1 MES Lugo, a. 24 de outubro de 2011.O SECRETARIO XERAL. José Antonio Mourelle Cillero R.5005
Anuncio INFORMACION PUBLICA Polo órgano competente desta Deputación foron tomados en consideración os proxectos modificados das obras: Nº 538 P.O.L. 2066 LANCARA.- Depuración, depósito e distribución de auga en Mourillón LUGO.- Terminación de accesos ó parque de Paradai-Rúa Pedáneo Xoan DIego
5
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
En cumprimento do que se dispón no art. 93 do T.R.R.L aprobado por R.D.L. 781/86, ábrese un período de información pública para os efectos de alegacións, reclamacións ou suxestións por parte de persoas ou entidades lexitimadas, por espazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación deste edicto. Palacio Provincial de Lugo a 25 de outubro de 2011. O PRESIDENTE, José Ramón Gómez Besteiro. O SECRETARIO, José Antonio Mourelle Cillero. R.5006
GABINETE DE FORMACIÓN Anuncio CONVOCATORIA DE CURSOS DO PLAN AGRUPADO DE FORMACIÓN CONTINUA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA O ANO 2011
Por Resolución da Presidencia de 7 de setembro de 2011 foron aprobadas as accións formativas de Formación Continua da Deputación de Lugo para o ano 2011; esta Presidencia en uso das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e Lei 11/99 de 21 de abril, de modificación da anterior RESOLVE: Primeiro.- Convocar para a súa realización as seguintes accións formativas:
PROCESOS INFORMÁTICOS EN MATERIA DE XESTIÓN E RECADACIÓN TRIBUTARIA XESTIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTOS LOCAIS (EIEL) REDACCIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS Segundo: Ordena-la publicación da súa convocatoria, bases e anexos no BOP.
As características e contidos específicos destes cursos detállanse no anexo I e desenvolveranse de acordo coas seguintes: BASES XERAIS Primeira.- Solicitudes: 1.- O persoal que desexe participar nestes cursos presentará cuberta, en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia segundo o modelo oficial publicado no BOP, debendo a mesma contar co informe da Entidade Local, sinatura e selo do superior xerárquico (Presidente, Alcalde, Xefe de Servicio….). 2.- A falsidade ou ocultación dos datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso. 3.- O prazo de presentación das solicitudes rematará o 9 de novembro 2011 ás 13:00 h 4.- A dita documentación dirixirase ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación Provincial de Lugo, Gabinete de Formación, por: • Presentación directa: No Rexistro Xeral da Deputación de Lugo. • Correo postal: Rúa San Marcos, 8 - 27001 Lugo. • Fax: 982 260 169 / 982 260 165 • Correo electrónico:
[email protected] • E demáis lugares de conformidade co artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común Segunda.- Acceso e participación nas accións formativas: 1.- Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos no anexo I. 2.- O Gabinete de Formación poñerase en contacto cos peticionarios, asemade poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando ós números de teléfono 982 260 065 / 982 260 035. 3º A non comparecencia ou abandono dun participante admitido a unha acción formativa terá como consecuencia que, durante dous anos, non será admitido ás distintas accións formativas convocadas pola Deputación Provincial de Lugo. Terceira.- Certificacións: Se expedirá certificado de asistencia ou certificado de asistencia e aproveitamento ós alumnos/as que asistan ó curso. Unha inasistencia superior ó 15% no cómputo total das horas programadas, imposibilitará a expedición da certificación acreditativa.
6
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
a) Certificación de asistencia, ou b) Certificación de asistencia con aproveitamento: trala superación das probas pertinentes, as cales, terán carácter voluntario: En calquera dos supostos só se expedirá unha única Certificación. Cuarta.- Modificacións: A Deputación Provincial de Lugo, poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos co obxecto de adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir. Lugo, 27 de outubro de 2011.- O Presidente: José Ramón Gómez Besteiro. O Secretario: José Antonio Mourelle Cillero. ANEXO I CARACTERÍSTICAS E CONTIDOS ESPECÍFICOS Código A. F.: 01.22.01.11 Denominación: PROCESOS INFORMÁTICOS EN MATERIA DE XESTIÓN E RECADACIÓN TRIBUTARIA Destinatarios: Persoal da administración local da provincia de Lugo que necesiten afondar no coñecemento desta aplicación informática en xestión e recadación tributaria Nº de edicións: 01 Participantes por edición: 20 Horas por edición: 20 Calendario previsto: 21, 22, 23, 24 e 28 de novembro de 2011 Horario: Das 16:30 h. ás 20:30 h. Lugar celebración: Aulas de Formación Deputación Lugo -
OBXECTIVOS: Coñecemento e manexo dun programa informático no ámbito da xestión e recadación dos tributos.
PROGRAMA: Configuracións Xestión tributaria 2.1. IVTM Liquidacións e autoliquidacións Intercambio e información con tráfico Mantemento e xestión do padrón 2.2. IBI Natureza urbana Natureza rústica Bices Liquidacións Intercambio de información co catastro Mantemento e xestión do padrón 2.3. IAE Liquidacións Intercambio de información coa AEAT Mantemento e xestión do padrón 2.4. Exaccións Mantemento e xestión do padrón 3. Xestión recaudatoria 3.1. Recadación en período voluntario liquidacións, padróns, domiciliacións, etc... 3.2. Recadación en período executivo expedientes, procesos de embargo,etc.. 3.3. Cadernos bancarios 3.4. Notificacións 3.5. Sicer 3.6. Aprazamentos e fraccionamentos 3.7. Suspensións e baixas 4. Documentos, equipos, listados, etc.
1. 2.
Código A. F.: 01.23.01.11 Denominación: XESTIÓN DA ENQUISA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTOS LOCAIS (EIEL)
7
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
Destinatarios: Técnicos ou responsables de xestión dalgunha infraestrutura ou equipamento dentro dos concellos do EIEL na provincia de Lugo e que estean interesados no manexo das ferramentas SIX Nº de edicións: 01 Participantes por edición: 10 Horas por edición: 40 Calendario previsto: Do 21 de novembro ó 2 de decembro de 2011 Horario: Das 17:00 ás 21:00 h. Lugar celebración: Aula Cactus. Campus Universitario -
OBXECTIVOS: O curso pretende difundir a EIEL, facilitar a xestión da información e a prestación de servizos por parte da administración local e contribuír á difusión da utilización das ferramentas SIX.
PROGRAMA:Emprego de tecnoloxías SIX aplicadas á xestión municipal, aproveitando os datos da enquisa de infraestrutura e equipamentos locais (EIEL) aplicado sobre software libre GVSIG 1.9. -
O curso será na súa maioría práctico, incidindo naqueles aspectos que teñen maior demanda por parte dos usuarios. Acompáñase con exemplos prácticos de grande utilidade tendo como base os datos recollidos na EIEL para cada concello da provincia de Lugo.
Código A. F.: 01.25.02.11 Denominación: REDACCIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS Destinatarios: Empregados públicos locais da provincia de Lugo pertencentes ós grupos C1 e C2 Nº de edicións: 01 Participantes por edición: 20 Horas por edición: 15 Calendario previsto: 12, 13, 14, 15 decembro de 2011 Horario: Das 17:00 h. ás 20:45 h. Lugar celebración: Concello de Viveiro -
-
OBXECTIVOS: Facer un repaso e unha actualización práctica da ortografía da lingua galega. Abastecer o persoal das ferramentas para a mellora do uso da linguaxe administrativa galega no posto de traballo PROGRAMA: Criterios lingüísticos para a comunicación administrativa Modelo lingüístico para a comunicación empresarial A produción da comunicación escrita administrativa Documentos de inicio de procedementos Documentos de uso durante o procedemento Actas e certificados Comunicacións Correspondencia Código A. F.: 01.25.03.11 Denominación: REDACCIÓN DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS Destinatarios: Empregados públicos locais da provincia de Lugo pertencentes ós grupos C1 e C2 Nº de edicións: 01 Participantes por edición: 20 Horas por edición: 15 Calendario previsto: 28, 29, 30 novembro e 1 de decembro 2011 Horario: Das 17:00 h. ás 20:45 h. Lugar celebración: Concello de Monforte OBXECTIVOS:
8
-
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
Facer un repaso e unha actualización práctica da ortografía da lingua galega. Abastecer o persoal das ferramentas para a mellora do uso da linguaxe administrativa galega no posto de traballo
-
B.O.P de Lugo
PROGRAMA: Criterios lingüísticos para a comunicación administrativa Modelo lingüístico para a comunicación empresarial A produción da comunicación escrita administrativa Documentos de inicio de procedementos Documentos de uso durante o procedemento Actas e certificados Comunicacións Correspondencia
9
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
ANEXO II
Gabinete de Formación
1. Acción formativa.
Código A.F.
2. Datos personais Nome:
Primeiro Apelido
Segundo Apelido
Enderezo particular:
Localidade
3. Datos profesionais Posto de traballo: Grupo:
A1
A2
B
Enderezo posto traballo
Funcionario
C1
C2
Provincia
Nivel:
E
Localidade
Correo electrónico
Persoal
N.I.F.
Minusvalía física
F. Interino
P. Eventual
Entidade
Dependencia
Provincia Si
Laboral Indefinido
Non
Teléf. Particular
Data ingreso
Teléf. Traballo
Preferencia realización curso
Laboral Temporal
Horario traballo
Fax traballo Mañá
Tarde
Mañá
Tarde
Funcións que desempeña:
4. Datos Académicos. Certificado de Escolaridade ou títulos equivalentes. Graduado Escolar / Graduado en ESO / FP I ou títulos equivalentes. Bacharelato Superior / BUP / FP II ou títulos equivalentes Diplomado Universitario / Enxeñeiro Técnico ou títulos equivalentes Licenciado Universitario / Enxeñeiro Superior ou títulos equivalentes. 5. Declaración. Declaro baixo a miña responsabilidade, que son certos os datos que aporto á solicitude que abaixo asino. 6. Informe Entidade Local Favorable
Desfavorable
Sinatura e selo (Alcalde, Presidente, Xefe de Servicio…)
SOLICITO realiza-la acción formativa ou actividade de referencia.
a
de
de
2011
Sinatura
ILMO. SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO Gabinete Provincial de Formación. R/ San Marcos, 8. 27001 Lugo. Telf: 982 260 065 / 982 260 035. Fax 982 260 169. e-mail:
[email protected]
1. De conformidade coa Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informámoslle que os datos de carácter persoal que se solicitan no presente formulario serán incorporados a un ficheiro inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, do cal é responsable a Excma. Deputación Provincial de Lugo, e serán tratados para a xestión de accións formativos. Vostede ten a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei dirixíndose ao Servizo de Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Rúa San Marcos, 8 en Lugo
R.5041
10
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
Anuncio CONVOCATORIA CURSOS PLAN INTERADMINISTRATIVO INAP-DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ANO 2011 Asinándose o 18 de xaneiro de 1997 o Convenio Marco de Colaboración entre o Ministerio de Administracións Públicas e a Deputación Provincial de Lugo para a realización en Lugo de accións formativas para o persoal ó servicio das Corporacións Locais. Asinándose, asemade, o 21 de marzo de 1997 o Convenio de Colaboración en materia de formación entre a Deputación Provincial de Lugo e o Colexio Oficial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Lugo, e á vista da Resolución de 13 de outubro de 2011 do INAP, pola que se convocan cursos incluidos no plan de Formación en Administración Local para o ano 2011 en execución descentralizada, esta Presidencia en uso das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 7/1985, Reguladora das Bases de Réxime Local, modificada pola Lei 11/99 de 21 de abril, RESOLVE: 1º.- Ordena-la publicación no Boletín Oficial da Provincia da Resolución do INAP de 13 de outubro de 2011 no referido á convocatoria do curso:
FUNCIÓNS PÚBLICAS E RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.
2º.- Autorizar ó Gabinete de Formación a realiza-los trámites necesarios para desenvolve-lo acordo ao que se chegou coa Subdirección de Programas Formativos en Administración Local do Instituto Nacional de Administración Pública. As características e contidos específicos destes cursos detállanse no ANEXO desta convocatoria. Os citados cursos desenvolverase de acordo coas seguintes bases: 1. Solicitudes.- Os interesados en asistir ós cursos deberán solicitalo a través da inscrición telemática que se encontra na páxina web do INAP http://www.inap.es entrando no enlace "Formación" e a continuación "Formación en Administración Local", "Formación en colaboración/oferta formativa 2011". Nesta páxina publicarase a información relativa aos cursos en execución, en cada un dos cales se terá acceso ao formulario de solicitude, no que poderán cumprirse os campos oportunos. Unha vez realizado, deberá executarse a opción: "gravar e enviar" para completar a transmisión de datos telemática. O envío da solicitude telemática debidamente cumprida supón a aceptación expresa das bases, normas e procedementos que rexen cada un dos cursos. 2. Requisitos dos participantes.- Poderán solicitar a asistencia a estes cursos o persoal ó servizo das Corporacións Locais que cumpran os requisitos esixidos no apartado de destinatarios de cada un dos cursos. 3. Prazo de presentación de solicitudes.- O prazo de presentación de solicitudes rematará dez días naturais antes do comezo dos cursos. 4. Selección.- A Subdirección de Programas Formativos en Administración Local seleccionará, entre as solicitudes que cumpran os requisitos, os asistentes atendendo ao perfil dos candidatos en relación cos obxectivos do curso, e a proposta das Entidades colaboradoras. Dacordo coas previsións do Plano de Igualdade de xénero na Administración Xeral do Estado, nos cursos de formación de directivos, reservarase ao menos un 40% das prazas a melleres, que reúnan os requisitos establecidos. O Real Decreto 2271/2004, de 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, aproba a aplicación de distintas medidas que teñen por obxecto favorecer a integración das persoas con discapacidade, mediante a facilidade de acceso á formación destas persoas. Por este motivo, na selección de participantes aos cursos formativos, facilitaráse a participación a quenes se atopen afectados por unha discapacidade cuxo grao de minusvalía sexa igual ou superior ó 33%.
De conformidade co establecido no Acordo de Formación para o Emprego das Administracións Públicas (AFEDAP), do 22 de marzo de 2010, fomentaranse as medidas, en materia de formación, que tendan a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral, así como a participación dos empregados públicos con calquera tipo de minusvalidez. Así mesmo, os empregados públicos poderán recibir e participar en cursos de formación durante os permisos de maternidade, paternidade, así como durante as excedencias por motivos familiares. 5. Información adicional.- Poderase solicitar información adicional chamando aos números de teléfono 982 260 065 e 982 260 035, do Gabinete de Formación da Deputación de Lugo.
11
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
6. Réxime de asistencia.- Os/as alumnos/as haberán de asistir con regularidade ao curso. Unha inasistencia superior ao 10 por 100 no cómputo total de horas lectivas programadas imposibilitará a expedición da certificación establecida no Anexo e dará lugar á baixa no curso, con perda de todos os dereitos. 7. Valoración dos cursos.- Para os efectos previstos no artigo 1, apartado D), da Orde de 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a funcionarios da Administración Local con habilitación de carácter nacional, en relación co establecido na Resolución do Instituto Nacional de Administración Pública de 26 de outubro de 1994 (Boletín Oficial do Estado de 8 de novembro), a valoración é a sinalada no Anexo para cada curso. ANEXO
CURSO: FUNCIÓNS PÚBLICAS E RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS Identificación do curso: FL11-2087 Datas realización: 28, 29, 30 de novembro e 1 de decembro 2011 Obxectivos: Exame das causas da posible crise do sistema dende a perspectiva das principais funcións e ámbitos de intervención da administración local. Destinatarios: Funcionarios e empregados públicos en xeral destinados na Administración provincial, insular e local, que teñan relación funcional co ámbito propio da materia, se ben polas súas características, pode resultar apropiado para o conxunto de empregados públicos, sexa cal sexa o seu destino. Programa: Introdución. Réxime Xurídico, análise dos períodos 1963-1978, 1978 a 1992, 1992 ao momento actual. Xurisdición competente, exame histórico e perspectiva actual. Órganos xurisdicionais e procedementos xudiciais aplicables. Responsabilidade patrimonial das Administracións públicas no marco da prestación dos servizos públicos, funcionamento da vialidade, acceso ao emprego público e en relación coa provisión de postos de traballo. Exame doutrinal e xurisprudencial do dano indemnizable, nexo causal, intervención de terceiro, prazo de actuación. Responsabilidade patrimonial da Administración local no marco da intervención urbanística. Plan, xestión e especialmente en materia de disciplina urbanística, revogación de licenzas. Exame doutrinal e xurisprudencial do dano indemnizable, nexo causal, prazo, casuística. Responsabilidade patrimonial da Administración pública durante a execución dos contratos. Especialmente en materia de obras públicas, xestión de servizos públicos e en a execución dos contratos de servizos e de consultoría e asistencia. A figura do contratista e do concesionario, solución prevista na Lei de Contratos das Administracións Públicas, procedemento aplicable e xurisdición competente. Certificación: Outorgarase certificado de asistencia. Número de prazas: 35 Valoración: 0,26 puntos Duración: 26 horas lectivas Horario: Mañá e tarde Lugar impartición: Aulas de Formación Deputación Lugo. Rúa San Marcos, 8. Lugo Lugo, 27 de outubro de 2011. O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro. O Secretario, José Antonio Mourelle Cillero. R.5042
CONCELLOS BARALLA Anuncio En sesión plenaria celebrada o 29 de Xullo de 2011, o Concello aprobou inicalmente a modificación do Regulamento para a prestazón de Axuda no Fogar. O acordo da súa aprobación expúxose ao público no BOP número 206 de data 8 de Setembro de 2010, sen que se presentara ningunha reclamación durante o prazo de exposición, polo que o devandito Regulamento modificado considérase definitivamente aprobado de conformidade co disposto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e publícase no Boletín Oficial da Provincial o seu texto íntegro.
12
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
REGULAMENTO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO AXUDA NO FOGAR. ÍNDICE. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS. CAPÍTULO I- DISPOSICIÓNS XERAIS. Artigo 1º.- Lexislación aplicable. Artigo 2º- Obxecto. Artigo 3º- Ámbito de actuación. Artigo 4º- Definición do servizo de axuda no fogar. Artigo 5º- Obxectivos do servizo de axuda no fogar. Artigo 6º- Principios xerais. Artigo 7º- Uso simultáneo de servizos de prestacións. CAPÍTULO II- O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. Artigo 8º- Características do servizo de axuda no fogar. Artigo 9º- Actuacións incluídas. Artigo 10º- Actuacións excluídas. CAPÍTULO III- FORMAS DE PRESTACIÓN DO SERVIZO, PROFESIONAIS QUE INTERVEÑEN E PERSOAS DESTINATARIAS. Artigo 11º- Formas de prestación do servizo de axuda no fogar. Artigo 12º- Profesións que interveñen no servizo. Artigo 13º- Persoas desinatarias. CAPÍTULO IV- DEREITOS E OBRIGAS DAS PERSOAS DESTINATARIAS E DA ENTIDADE PRESTADORA. Artigo 14º- Dereitos das persoas destinatarias. Artigo 15º- Obrigas das persoas destinatarias. Artigo 16º- Dereitos da entidade prestadora. Artigo 17º- Obrigas da entidade prestadora. CAPITULO V- PROCEDEMENTO DE ACCESO. Artigo 18º- Requisitos xerais para acceder ao servizo. Artigo 19º- Tramitación das solicitudes. Artigo 20º- Sobre o trámite de urxencia. Artigo 21º- Seguimento do servizo. CAPÍTULO VI- SUSPENSIÓN E EXTINCIÓN DO SERVIZO. Artigo 22º- Causas de suspensión temporal do servizo de axuda no fogar. Artigo 23º- Causas de extinción e modificación do servizo de axuda no fogar. CAPÍTULO VII- PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS. Artigo 27º- Procedemento de reclamacións. DISPOSICIÓN FINAL. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS. A vontade reiterada das persoas en permanecer o maior tempo posible no seu propio domicilio, mantendo a rede social de referencia que tiveron ao longo de toda a vida, é algo prioritario na consideración e determinación dos servizos de apoio ás persoas na progresiva dependencia. Pero o contorno domiciliario, os seus accesos, os servizos de apoio na comunidade, etc esixen a toma en cuestión de moitos aspectos que condicionan e determinan as posibilidades da persoa dependente ou dicapacitada no exercicio do seu desenvolvemento vital. Independentemente da materialización doutros servizos ou elementos de protección e apoio que faciliten as actividades da vida diaria, a necesidade dun servizo integral adaptable ás necesidades máis variadas e fracionables en tempos, que asume intervencións de urxencia e pode responder axilmente ás modificacións da
13
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
necesidade do servizo, é algo inustible como recurso central da atención á dependencia e discapacidade no contorno domiciliario e comunitario de quen o precise. Dende o Concello de Baralla adquírese o compromiso de promover axudas e servizos que contribúan a que os seus habitantes disfruten da convivencia, con especial atención a aqueles que por circunstancias persoais e/ou familiares vexan limitada esta convivencia no seu propio fogar. O Servizo de Axuda no Fogar (en adiante SAF) do que dispón o Concello dende hai varios anos, integra un conxunto de atencións orientadas a esta finalidade. A Administración Pública debe garantir a igualdade de oportunidades de acceso en función dos niveis de necesidade, e debe determinar, asimesmo, o nivel económico de participación da persoa usuaria en función dos seus ingresos. Xunto a isto debe ofrecer á cidadanía un marco claro do servizo e dos dereitos que o amparan. Todo sobre a base do entramado normativo vixente. O presente Regulamento é o documento que pretende recoller todos estes aspectos, ofrecendo ás persoas que queiran ser beneficiarias do citado servizo, uns elementos definitorios claros, operativos e que lles axuden a comprender os seus dereitos e obrigas. CAPÍTULO I.- DISPOSICIÓNS XERAIS. Artigo1º- LEXISLACIÓN APLICABLE. - As seguintes normas recoñecen o Servizo de Axuda no Fogar como unha prestación básica e encomendan ás corporacións locais a súa regulación, recoñecemento e xestión: - Lei 7/1985 de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, que establece a competencia municipal determinando o seu carácter obrigatorio no que a concellos de máis de 20.000 habitantes se refire (art. 26.1.c). - Lei 13/2008 de Servizos Sociais de Galicia (D.O.G. 18/12/2008). - Decreto 240/1995 do 28 de xullo que regula o Servizo de atención primaria de Galicia; na sección segunda define os Programas de Axuda no Fogar en Galicia (D.O.G. núm. 22 de 2 de febreiro). -Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción de Autonomía Persoal e Atención as Persoas en Situación de Dependencia. - Orde do 17 de decembro de 2007 pola que establece os criterios de elaboración dos Programas Individual de Atención, réxime de compatibilidades e xestión das prestacións economicas, así como a determinación da capacidade econñomica das persoas dependentes. No que non estea previsto no presente regulamento, será de aplicación a citada normativa, ou aquela outra que se aprobe en materia de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a lexislación vixente en materia de réxime local e procedemento adminsitrativo común. As cuestións litixiosas xurdidas da aplicación do presente regulamento resolveranse polo órgano competente do Concello, poñendo os seus acordos fin á vía administrativa. Contra os mesmos poderá interpoñer recurso contencioso administrativo, conforme ao previsto na Lei reguladora da devandita xurisdición, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer potestativamente recurso de repossición ante o órgano que emita a resolución obxecto de impugnación. Artigo 2º- OBXECTO. O presente Regulamento ten como obxecto a regulación do SAF e os requisitos e procedementos necesarios para acceder ao mesmo, no municipio de Baralla. Artigo 3º- ÁMBITO DE ACTUACIÓN. O SAF desenvolverase no termo municipal de Baralla, dentro do ámbito das competencias municipais en materia de servizos sociais, sendo a súa sede oficial as dependencias da “Casa do Concello” destinadas aos servizos sociais. Artigo 4º- DEFINICIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. O SAF ten por obxecto prestar un conxunto de atencións ás persoas no seu domicilio, desde unha perspectiva integral e normalizadora, naquelas situacións nas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou nos casos de desestruturación familiar, facilitando a permanencia no seu propio contorno de convivencia, favorecendo a súa calidade de vida e evitando ou retardando a súa posible institucionalización. O SAF poderá incluír intervencións de carácter persoal, doméstico, socio-educativo e preventivo, que deberán ser conformes coa valoración técnica realizada polos servizos sociais. Os coidados e atencións a prestar no fogar das persoas e unidades de convivencia serán realizados por persoal cualificado e con supervisión técnica directa por parte dos servizos sociais municipais. Artigo 5º- OBXECTIVOS DO SAF. - Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.
14
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
- Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual. - Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio. - Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social. - Previr situacións de dependencia ou exclusión social. - Retardar ou evitar a institucionalización. - Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social. Artigo 6º. PRINCIPIOS XERAIS - Principio de normalización e integración: O servizo prestarase no ámbito doméstico, familiar, social e cultural das persoas usuarias, utilizando na medida do posible, os recursos utilizados existentes. - Principio de autonomía: Deberase fomentar ao máximo posible a autonomía da persoa usuaria. - Principio de participación: Deberase fomentar a participación da persoa na elaboración do plan de atención. - Principio de globalidade: A atención que se preste deberase integrar, ofrecendo unha axuda de carácter polivalente para a cobertura dunha ampla gama de necesidades das persoas usuarias. - Principio de profesionalización: Tanto os responsables do servizo coma o persoal de atención directa deberán ter as competencias profesionais correspondentes. - Principio de individualización: Todas as persoas beneficiarias deste servizo, previa valoración e diagnóstico da súa situación poderán dispoñer dun plan de atención individualizado adaptado as súas necesidades. - Principio de complementariedade: Este servizo poderá articularse con outras prestacións técnicas, económicas ou tecnolóxicas. - Principio de prevención: A prestación do servizo deberá ter en conta o aspecto preventivo para evitar o deterioro da persoa usuaria e a consecuente institucionalización. - Principio de inclusión: A prestación do servizo poderá prever accións para a inclusión individual e/ou familiar no medio comunitario. Artigo 7º- USO SIMULTÁNEO DE SERVIZOS E PRESTACIÓNS. O SAF será compatible cos servizos de prevención da dependencia, promoción da autonomía e apoio ás persoas coidadoras, co servizo de teleasistencia, co servizo de centro de día e de noite ou, no seu caso, coa prestación económica vinculada á prestación de cada un destes últimos servizos e coa prestación económica de asistencia persoal e nos termos establecidos no presente Regulamento. Tamén será compatible o SAF, nos termos establecidos no presente Regulamento, coa prestación económica para coidados no contorno familiar da Lei 39/2006 de 14 de decembro de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de Dependencia. Nos supostos nos que se compatibilice o SAF con outros servizos ou prestacións, a súa intensidade estará determinada no Plan Individual de Atención do usuario. O SAF é incompatible co servizo de atención residencial ou prestación vinculada a este servizo. CAPÍTULO II- O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. Artigo 8º- CARACTERÍSTICAS DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. O SAF prestarase no domicilio particular da persoa beneficiaria dentro do termo municipal de Baralla. 1. A intensidade do servizo determinarase, con carácter xeral, en horas mensuais de atención, distribuidas en función das necesidades da persoa usuaria e do informe técnico expresado no artigo 18º.4 deste Regulamento. 2.- A intensidade do SAF para as persoas atendidas no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia estará predeterminada no seu programa individualizado de atención. A súa aplicación horaria será flexible e conforme ao proxecto de intervención, de maneira que, cando menos, se garanta a cobertura das necesidades de atención de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, relacionadas no artigo 7º 1.a), tódolos días a semana (incluíndo domingos e festivos). - Nos restantes casos, a intensidade do servizo virá determinada na prescripción efectuada polos correspondentes servizos sociais municipais. Artigo 9º- ACTUACIÓNS INCLUÍDAS. 1. De conformidade coa valoración técnica realizada polos servizos sociais no marco do SAF poderán prestarse os seguintes tipos de atención de carácter básico: a). Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria, tales como: - Asistencia para levantarse e deitarse.
15
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
- Apoio no coidado e hixiene persoal e así como para vestirse. - Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse. - Supervisión cando proceda das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos. - Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal. - Apoio a persoas afectadas por problemas de incontinencia. b) Atencións de carácter persoal na realización doutras actividades da vida diaria tales como: - Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos dentro do termo municipal. - Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes. c) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda tales como: - Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda - Compra de alimentos e outros productos de uso común. - Preparación dos alimentos. - Lavado e coidado das prendas de vestir. - Coidados básicos da vivenda. Este tipo de atención poderá ser facilitado en parte, se é o caso por programas específicos de lavandería ou alimentación a domicilio. - O usuario proveerase dos medios necesarios. d) Atencións de carácter psicosocial e educativo, intervencións técnico-profesionais formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar. 2.- Con carácter complementario o SAF poderá incorporar, entre outros, os seguintes tipos de atención: a) Actividades de acompañamento, socialización e desenvolvemento de hábitos saudables. b) Prestación de atención a distancia mediante dispositivos de teleseguimento, teleasistencia e similares. c) Adaptacions funcionais do fogar. d) Servizo de podoloxía. e) Servizo de fisioterapia. 3.- Poderán integrarse, ademais, dentro do servizo de axuda no fogar, determinadas atencións e actividades que se desenvolvan fóra do marco do domicilio da persoa usuaria, sempre que, de acordo coa prescrición técnica sobre o contido do servizo, incidan de maneira significativa na posibilidade de permanencia no fogar e na mellora da autonomía e da calidade de vida. 4.- En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía. Artigo 10º- ACTUACIÓNS EXCLUÍDAS. Actividades domésticas non incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo. Actuacións que polo seu carácter sanitario deben en todo caso ser realizadas por persoal facultativo. CAPITULO III- FORMAS DE PRESTAZÓN DO SERVIZO, PROFESIO-NAIS QUE INTERVEÑEN E PERSOAS BENEFICIARIAS. Artigo 11º- FORMAS DE PRESTAZÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR. O SAF prestarase polo Concello de Baralla ou por entidades privadas debidamente autorizadas ou, de ser o caso, acreditadas mediante as diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos regulados na normativa vixente sobre contratos do sector público. Artigo 12º- PROFESIONAIS QUE INTERVEÑEN NO SERVIZO. 1- Traballador social. É o profesional que recibe a demanda, fai o estudo e valoración da situación presentada, deseña o proxecto de intervención adecuado a ela e será responsable do seguimento e avaliación. As súas funcións e tarefas concretas son:
16
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
- Programación, planificación e avaliación xeral do servizo, no marco da programación xeral dos Servizos Sociais Municipais. - Difusión e información sobre o servizo. - Detección, estudo e diagnóstico dos casos. - Formular proposta vinculante para o órgano de resolución de concesión ou denegación do SAF ao órgano competente. - Definir os obxectivos da intervención, elaborar o plan de coidados, e asignar aos profesionais necesarios. - Dar a coñecer o servizo ao usuario e acordar o compromiso das partes. - Información, asignación e supervisión de tarefas das auxiliares de Axuda no Fogar. - Seguimento e avaliación dos casos atendidos. - Estimular e favorecer a responsabilidade da familia. - Formular propostas de ampliación, redución ou suspensión do servizo se fose necesario. - Movilizar recursos alternativos e complementarios. - Coordinación con outros servizos existentes na zona. 2. Auxiliar de axuda no fogar. É o profesional que realiza tarefas de carácter asistencial e educativo en contacto directo co usuario do servizo, a súa familia e o seu contorno. As súas funcións son: A. Asistenciais, de atención persoal e doméstica. B. De orientación en actividades da vida cotiá, favorecendo unha normalización no funcionamento do fogar. C. Educativas, potenciando o protagonismo do usuario, non substituíndoo en aquelas tarefas que poida realizar por sí mesmo e facilitándolle as canles de comunicación co seu contorno. D. De colaboración co traballador social na coordinación e avaliación do servizo. Normas de actuación das auxiliares. 1.- Axustarse ao programa establecido. 2.- O servizo non limitaría o dereito á intimidade do usuario. A auxiliar non se acompañará de ninguén cando acuda ao seu traballo, nin fará comentarios fóra do fogar do usuario. 3.- Non traballar no domicilio en ausencia deste. 4.- Non manexar diñeiro agás nas compras. As tarefas a realizar son as relacionadas no artigo 7º do presente Regulamento. 2.1 Procedemento a seguir en caso de cambio de auxiliar. Os supostos que motivarán o cambio de auxiliar de axuda no fogar serán: a) Circunstancias fundamentadas na mellora da calidade do servizo: Itinerarios de desprazamentos, tipo de prestación, tarefas, duración do servizo. b) Petición do beneficiario do SAF solicitando o cambio de persoal auxiliar que presta o dito servizo, xustificándoo convenientemente. O procedemento a seguir no caso de cambio de auxiliar é o seguinte: Nos supostos a) e b) previstos no apartado anterior, emitirase informe do traballador social valorando as circunstancias que motivan o cambio. Todos os supostos someteranse á resolución do órgano competente e posterior notificación ao usuario e persoal auxiliar. 3. Outros profesionais coordinados co traballador social, tales como técnico superior en integración social, educador social, psicólogo e profesionais doutros servizos que poidan colaborar no SAF. Nas funcións que corresponden ao eido sanitario como curas persoais, inxeccións, sondaxes, podoloxía e todas aquelas referentes á saúde, será precisa unha estreita colaboración sociosanitaria, coordinando o SAF cos servizos sanitarios de coidados a domicilio desenvolvidos dende o centro de saúde, hospital ou servizos sanitarios correspondentes.
17
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
4. Voluntarios: Son aquelas persoas que actúan de forma solidaria, sen expectativas de remuneración económica e dentro do programa de intervención correspondente, complementando de forma coordinada as funcións e tarefas do persoal anteriormente relacionado. Dado o seu carácter de relación interpersoal, de diversidade, de flexibilidade de horarios e dispoñibilidade de tempo libre, as tarefas que puideran desempeñar os voluntarios serán as de compaña, fomento de relacións e comunicación e ocupación do tempo libre, tanto dentro como fóra do fogar, e outras que contribúan ao fomento da autoestima. A tal fin deberán ser formados convenientemente. Artigo 13º- PERSOAS DESTINATARIAS. 1.- O SAF estará aberto a todas as persoas ou unidades de convivencia para as que, de acordo coa valoración técnica correspondente, supoña un recurso idóneo de atención. De xeito particular atenderá a persoas maiores con déficits de autonomía e persoas con discapacidade, especialmente cando carezan de apoio persoal no seu contorno inmediato, así como fogares con menores en que se observe necesidade dunha intervención de carácter socioeducativo. Tamén poderá dar unha resposta preventiva e socializadora a diversas situacións de familias en risco de exclusión social. 2.- En todo caso, darase prioridade no acceso ao servizo ás persoas que teñan un dereito recoñecido de atención dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia. En xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar avaliada tecnicamente, que xustifique a prestación do servizo. CAPÍTULO IV- DEREITOS E OBRIGAS DAS PERSOAS DESTINATARIAS E DA ENTIDADE PRESTADORA. Artigo 14º- DEREITOS DAS PERSOAS DESTINATARIAS. As persoas usuarias do servizo, no marco dos dereitos que con carácter xeral se lle recoñecen na lexislación aplicable sobre servizos sociais e, se é o caso, sobre o procedemento administrativo común, terán dereito: 1. A seren tratados co respecto debido á súa dignidade. 2. A recibiren unha atención adaptada ás súas necesidades, coa calidade e duración prescritas en cada caso. 3. A coñeceren a organización e o Regulamento do
servizo.
4. A coñeceren a situación do seu expediente. 5. Ao respecto a súa intimidade e á absoluta confidencialidade dos seus datos, de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, así como de cantos aspectos da súa vida persoal, familiar, económica ou social poidan ser coñecidos como consecuencia da tramitación ou prestación do servizo. 6. A recibiren información precisa e clara sobre as posibles modificacións sobrevidas durante a prestación efectiva do servizo. 7. A presentaren queixas e suxestións ao persoal coordinador do servizo cando expresaren reclamacións ou fixeren suxestións sobre a súa prestación efectiva. Artigo 15º- OBRIGAS DAS PERSOAS DESTINATARIAS: As persoas usuarias, no marco dos deberes que con carácter xeral se recollen no artigo 7 da Lei 13/2008 do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia, terán os seguintes deberes: - Cumprir coas condicións do servizo, facilitándolle a execución das tarefas do persoal a cargo e poñendo á súa disposición, se é o caso, os materiais necesarios. - Colaborar, na medida das súas posibilidades, no desenvolvemento do servizo en función das súas capacidades e nos termos acordados en cada caso. - A facilitar e colaborar no seguimento e avaliación do servizo. - Respectar a dignidade persoal e profesional das persoas que presten o servizo, así como respectar os límites das súas obrigas laborais. - Informar dos cambios de calquera circunstancia que impliquen unha modificación na súa capacidade económica, así como de circunstancias relevantes de carácter persoal ou familiar que puidesen dar lugar á modificación, suspensión ou extinción na prestación do servizo. - Participar no pagamento do servizo nos termos que se establezan na ordenanza municipal reguladora do prezo pola prestación do servizo. - Comunicar, en circunstancias ordinarias e previsibles, con 10 días de antelación, calquera ausencia temporal do domicilio que puidese impedir a prestación do servizo. Artigo 16º. DEREITOS DA ENTIDADE PRESTADORA.
18
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
- Acceso á vivenda onde se desenvolva o SAF polos profesionais que interveñen no servizo, co obxecto da avaliación, prestación e seguimento do mesmo. - Requerir a documentación e información necesaria para o desenvolvemento do servizo. - Realizar as actuacións de comprobación necesarias para o correcto desenvolvemento do servizo. - Percibir o pagamento que lle corresponde ao usuario pola prestación do servizo. Artigo17º- OBRIGAS DA ENTIDADE PRESTADORA. - Prestar o servizo de conformidade co Regulamento Municipal. - Respectar o prezo do servizo estipulado na Ordenanza Municipal. - Tratamento dos datos persoais dos usuarios de conformidade coa Lei 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. - Someterse ás inspeccións e ao réxime sancionador vixente en materia de servizos sociais. - Dispoñer dun expediente individualizado de cada usuario, cos seus datos sociais e sanitarios. - Estar debidamente autorizada de conformidade co establecido no Decreto 143/2007 do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e centros de servizos sociais. CAPÍTULO V- PROCEDEMENTO DE ACCESO. Artigo 18º- REQUISITOS XERAIS PARA ACCEDER AO SERVIZO. O acceso ao servizo producirase a través dos servizos sociais municipais, de acordo coas seguintes modalidades: 18.1. O acceso será directo para persoas que, tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na correspondente resolución do Programa Individual de Atención, ao abeiro ao establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema na CC.AA. de Galicia, así como na Orde do 17 de decembro de 2007, pola que se establecen os criterios para a elaboración do Programa Individual de Atención, fixación das intensidades de protección de servizos, réxime de incompatibilidades das prestacións e xestión das prestacións económicas. 18.2. Para as persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia ou non lles asista o dereito de acceso efectivo ao catálogo de servizos de atención á dependencia segundo o calendario de implantación do sistema que se establece na Lei 39/2006, o acceso ao servizo logo de prescrición técnica favorable dos servizos sociais municipais resolverase en réxime de libre concorrencia de acordo cos criterios establecidos neste Regulamento municipal. 18.3 De igual maneira á expresada no punto anterior procederase nas situacións nas que a problemática principal esté relacionada con aspectos convivenciais e socioeducativos. 18.4 Nos supostos recollidos nos números 2 e 3 deste artigo empregarase o baremo recollido neste Regulamento. Os requisitos xerais para ser beneficiario do SAF, polo réxime de libre concorrencia, son os seguintes: - Estar empadroado no municipio. - Solicitar a prestación do servizo. - Manifestar a necesidade do dito servizo. - Non estar recibindo o SAF de ningunha entidade pública ao privada salvo que se acredite a necesidade da prestación do servizo tamén por parte do Concello. - Asinar o acordo de integración do SAF. Artigo 19º- TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES. 19.1 No acceso directo ao servizo para as persoas usuarias con dependencia valorada, a resolución relativa ao programa individualizado de atención, terá a consideración de resolución de asignación e incorporación ao servizo. Neste suposto só terán que presentar a documentación necesaria e que non esté en poder dos servizos sociais municipais. 19.2 No acceso polo réxime de libre concurrencia o procedemento iniciarase por instancia de parte, de conformidade cos principios xerais recollidos na Lei 30/1992 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións e do Procedemento Administrativo Común. Cando circunstancias debidamente acreditadas no expediente así o xustifiquen, o procedemento de acceso ao servizo poderá iniciarse de oficio.
19
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
Os solicitantes poderán dirixirse aos servizos sociais municipais, onde se lles facilitará o modelo de solicitude normalizada, que xunto coa documentación esixida se presentará no Rexistro Xeral do Concello, asinada polo/a solicitante do servizo ou pola persoa que o represente. Asimesmo, o traballador social proporcionará información personalizada, gratuita e confidencial relacionada coa demanda do servizo e as súas condicións e, no caso de necesidade, ofrecerá apoio para que tanto a solicitude como a documentación a presentar se realice de forma adecuada. 19.3 Documentación a achegar coa solicitude: - Fotocopia do DNI do solicitante ou calquera outro documento oficial acreditativo da súa identificación. - Fotocopia da tarxeta sanitaria. -Certificado de empadroamento e de convivencia. - Informe do médico de atención primaria. -Certificado de minusvalía, no seu caso, da persoa solicitante e membros da unidade familiar. - Resolución da valoración de grao e nivel de dependencia Dependencia e do Plan Individual de Atención, se é o caso.
emitida
pola
Unidade
de
Valoración
da
-Se é o caso aluguer da vivenda onde reside o solicitante. -Xustificantes dos ingresos da unidade familiar, entendéndose por tal o solicitante, cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores desta idade en situación de discapacidade que dependesen económicamente do solicitante: - Certificado de todos os ingresos procedentes de pensións. - Fotocopia da última declaración da renda, ou no seu defecto, certificado de Facenda de non estar obrigado a declarar. - Declaración de imposto sobre o patrimonio ou certificado de Economía e Facenda de non estar obrigado a declarar. - Canta documentación se considera oportuna solicitar dende os Servizos Sociais do Concello ós efectos de pedir axeitadamente a situación económica, familiar e social da unidade de convivencia do solicitante da prestación do SAF. - Con carácter excepcional e naqueles casos nos que o solicitante non poida dispoñer da documentación acreditativa anteriormente mencionada, aportarase declaración xurada na que se faga constar a carencia absoluta de rendas familiares ou contías das mesmas, así como de bens patrimoniais. Respecto das solicitudes con documentación incompleta formuladas por persoas que cumpran con todos os requisitos para solicitar o servizo, os interesados serán requeridos para que no prazo de 10 días subsanen tales deficiencias, con apercibimento de que se non o fixeran, o expediente será arquivado sen máis trámite. Só en casos extraordinarios que requiran unha intervención urxente, especificamente valorados como tales no informe social realizado polos servizos sociais, poderá tramitarse e resolverse unha solicitude na que falte algún dos documentos a emitir polas Administracións Públicas, co compromiso expreso de aportalo no prazo máis breve posible. 19.4. Dende os servizos sociais municipais, o traballador social elaborará un informe social vinculante para o órgano de resolución da concesión do servizo, co carácter de ditame técnico, que servirá de base para establecer a prioridade das resolucións, no que se considerarán todas as circunstancias de necesidade ás que se refiere o presente Regulamento, así como a aplicación do baremo contido no mesmo e a elaboración do proxecto de intervención. 19.5. O informe social que os servizos sociais municipais emitirán, en relación con cada unha das solicitudes, deberá conter: - Valoración da situación persoal, socio-económica e familiar. - Puntuación obtida tras a aplicación do baremo. - Proposta de resolución, que no caso de ser favorable á demanda, deberá incluír o plan de coidados e a achega económica do usuario. 19.6. A Alcaldía ou concelleiro delegado, á vista das solicitudes, e en base á correspondente proposta de resolución e á prioridade que estableza o informe técnico emitido polo traballador/a social, resolverá cada unha delas. A resolución deberá producirse no prazo máximo de tres meses dende a data de entrada da solicitude no Rexistro Municipal, o dito prazo suspenderase cando se requira a subsanación das solicitudes polo tempo que medie entre a notificación e o seu cumprimento ou, no seu defecto, o transcurso do prazo concedido e no resto dos supostos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que resulten de aplicación.
20
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
Transcorrido o prazo previsto no apartado anterior sen que se adoptara resolución expresa e sen prexuízo da obriga de resolver, poderase entender desestimada a solicitude a efectos de permitir ao interesado a interposición do recurso potestativo de reposición ou contencioso administrativo. En caso de resolución positiva, a mesma terá a consideración de orde de alta no servizo, será necesaria a sinatura de acordo de servizo entre o usuario e a entidade prestadora. Se non existira dispoñibilidade, a solicitude pasará a integrar a lista de espera nunha orde de prioridade que virá determinada pola puntuación que obtivera na aplicación do baremo elaborado para a concesión do servizo. A resolución da Alcaldía incluirá, no caso de ser favorable, indicación expresa do número de horas a prestar, relación de tarefas que se levarán a cabo e a porcentaxe do custo que deberá pagar o solicitante. Se se trata de resolución desfavorable, a resolución deberá indicar expresamente as circunstancias ou incumprimentos que determinan a mesma. En todo caso, a resolución da Alcaldía será comunicada ao usuario, según o establecido na Lei 30/1992 de 26 de novembro. 19.7. No caso de non poder atender tódalas demandas, elaborarase unha lista de espera a que se accederá por orde de puntuación, considerando sempre prioritarios os dependentes. En caso de igualdade en puntos en libre concorrencia, terá prioridade o rexistro de entrada no concello e no caso de dependentes a data de resolución do PIA. Artigo 20º- SOBRE O TRÁMITE DE URXENCIA. Mediante resolución motivada do alcalde ou do membro da Corporación responsable en materia de servizos sociais poderase iniciar de oficio a prestación do servizo de maneira inmediata, por proposta do servizos sociais municipais e sen prexuízo da posterior instrucción do correspondente expediente. A súa xustificación estará motivada por: - Presentarse a necesidade de forma imprevista. - Situacións de alto risco. - Enfermidade grave (se o beneficiario non ten familiares). - O falecemento do cónxuxe ou doutra persoa que se esté facendo cargo do beneficiario. - Outras causas semellantes. O procedemento de urxencia terá validez só mentras se manteña a situación desencadeante. A desaparición desta levará consigo a extinción do SAF, e se é o caso pasará á lista de espera. Artigo 21º- SEGUIMENTO DO SERVIZO. O traballador social garantirá unha supervisión do servizo efectivamente prestado, que será realizada sempre que as circunstancias a fagan necesaria e, como mínimo, cunha periodicidade de tres meses. Da supervisión realizada quedará constancia no correspondente expediente individual. Mediante esta supervisión revisarase e axustarase, se fose o caso, ao contido das prestacións expresado no proxecto de intervención e no acordo do servizo. CAPÍTULO VI- SUSPENSIÓN E EXTINCIÓN DO SERVIZO. Artigo 22º- CAUSAS DE SUSPENSIÓN TEMPORAL DO SAF. Son causa de suspensión temporal do servizo, previo informe razoado do persoal técnico coordinador do servizo, que deberá incorporarse ao expediente persoal, as que seguen: - A ausencia da persoa titular no domicilio habitual por un período inferior a dous meses, debendo acreditar a persoa usuaria as causas que motivan a súa ausencia. - Modificación temporal das causas que motivaron a necesidade do servizo: Poderá suspenderse o servizo en tanto persista o cambio de circunstancias causantes da suspensión, coa excepción das prazas vinculadas a un dereito exercido dentro do sistema de autonomía e atención á dependencia, suposto no que se estará ao disposto na normativa reguladora. Artigo 23º- CAUSAS DE EXTINCIÓN E MODIFICACIÓN DO SAF. 1.- Son causas de extinción do SAF as seguintes: - O cambio do Plan Individual de Atención ou do Proxecto de Intervención que implique o cambio de asignación de recurso e a súa incompatibilidade co SAF - O falecemento da persoa usuaria. - O traslado definitivo da súa residencia fóra do térmo municipal. - A renuncia da persoa usuaria.
21
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
- Incumprimento reiterado dos deberes e obrigas establecidas para as persoas usuarias na prestación do servizo. - Ingreso con carácter definitivo en centro residencial. - A falta reiterada do pagamento do servizo. - A desaparición das causas que deron orixe á concesión do servizo. - Máis de dous meses de baixa temporal sen causa xustificada. 2.- Ademais, con carácter xeral, a alteración das circunstancias tidas en conta para a concesión do servizo poderá dar lugar á modificación das condicións de prestación nas que fora concedido inicialmente. Os cambios de circunstancias, en calquera caso, deberán substanciarse no expediente individual mediante un novo informe social. 3.- Cando se trate dun servizo axuda no fogar asignado a persoas en situación de dependencia na correspondente resolución do Programa Individual de Atención, consonte o establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema na Comunidade Autónoma de Galicia, a incoación, por parte da entidade titular do servizo, dun expediente de extinción ou modificación das condicións de prestación do servizo deberá notificarse en todo caso ao órgano competente para dictar resolución de Programa Individual de Atención. CAPÍTULO VII- PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS. Artigo 24.- PROCEDEMENTO DE RECLAMACIÓNS. O libro de reclamacións estará a disposición dos usuarios nas dependencias da “Casa do Concello” destinadas aos servizos sociais. Presentada a reclamación, entregaráselle unha copia ao usuario, e outra, se así se considerase, ao Servizo de Inspección correspondente da Xunta de Galicia. A avaliación da reclamación realizaraa o/a traballador/a social, e informará ao órgano competente, previas as actuacións e informes que estimen procedentes. De considerarse procedente, analizarase a necesidade de tomar medidas que solucionen o problema ao reclamante. De non considerarse procedente, informarase ao reclamante da improcedencia, debidamente motivada. En ambos os dous supostos, o órgano competente para resolver dará traslado da resolución que se produza ao reclamante. DISPOSICIÓN FINAL A presente Ordenanza entrará en vigor e producirá efectos a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, unha vez trascorrido o prazo a que se refire o artigo 65 da Lei 7/85 de 2 de abril, reguladora das bases de Réxime Local, mantendo a súa vixencia ata a súa modificación ou derogación. Baralla, 24 de Outubro de 2011. O ALCALDE. Asdo. Manuel Jesús González Capón R.4989
Anuncio De conformidade co disposto no artigo 51 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, faise público o acordo adoptado na sesión plenaria de 30 de setembro de 2011, cuia parte dispositiva di: “Delegación de competencias específicas do Pleno na Xunta de Goberno Local” A Corporación por maioría absoluta co voto en contra do concelleiro do BNG D. Xosé Manuel Becerra Pardo e a abstención do concelleiro do PS de G-PSOE ACORDOU: Delegar na Xunta de Goberno Local a competencia regulada no artigo 103.2 a) da Lei reguladora das Facendas Locais. Baralla, 20 de Outubro de 2011. O ALCALDE.- Asdo. Manuel Jesús González Capón. R.4991
22
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
CASTROVERDE Anuncio A Xunta de Goberno Local na sesión de 19 de outubro de 2011 aprobou o padrón de contribuíntes da taxa por recollida domiciliaria de lixo, abastecemento de auga a domicilio e rede de sumidoiros, 3º trimestre do ano 2011 que os interesados poden examinar na Secretaría do Concello e presentar as reclamacións oportunas durante o prazo de vinte dias. Se neste prazo non se presentan reclamacións o padrón quedará aprobado definitivamente sen necesidade de novo acordo. Tamén acordou que o prazo de pago en período voluntario será dende o 20 de outubro ó 20 de decembro do presente ano. Os recibos non pagados no periodo voluntario remitiranse ó Servizo de Recadación da Excelentísima Deputación Provincial para o seu cobro na vía de constrinximento. Contra o acordo de aprobación do referido padrón poderá interpoñerse recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletin da Provincia. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpor recurso contencioso administrativo ante o Xulgado de Lugo nos prazos e na forma que establece a Lei reguladora desa xurisdición. A publicación do padrón surtirá os efectos de notificación colectiva da liquidación tributaria polas taxas citadas. Castroverde 24 de outubro de 2011. O Alcalde.: Asdo: Xosé Maria Arias Fernández R.5018
CERVO Anuncio Por Resolución de Alcaldía de data 21 de outubro de 2011, aprobáronse os padróns correspondentes ás mensualidades de agosto de 2011 das cotas de socio do C.D. Riocobo e das liquidacións do prezo público polo servizo de Axuda no Fogar, tamén o padrón de setembro da Piscina Municipal así como ás taxas polos Servicios de Abastecemento de Auga, Recollida de Lixo e Saneamento do 4º bimestre do ano 2011. O prazo de ingreso en período voluntario abarcará dende 7 de novembro ata o 13 de xaneiro de 2012. Unha vez transcorrido o mesmo sen ter efectuado o pago, éste esixirase polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do debedor. Formas de pagamento: Mediante domiciliación bancaria. En calqueira oficina de Caixa Galicia, Banesto ou BBVA provistos do documento de ingreso que se lles remitirá ou poderán solicitar no Concello. Cervo, 21 de outubro de 2011.O Alcalde, Asdo.: Alfonso Villares Bermúdez. R.5019
COSPEITO Anuncio CORRECCIÓN DE ERROS Ditada Resolución da Alcaldía núm. 601/2009, do 29 de xullo, pola que se aproban os padróns de contribuíntes das Taxas pola prestación dos servizos de abastecemento de auga, sumidoiros e recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos correspondentes ao ano 2008 e 1º trimestre 20009. Ditada igualmente, Resolución 2011.10.11, pola que se rectifica a anterior, como consecuencia da comisión dun erro material de feito, consistente na incorrecta determinación da data de remate do período de cobro en voluntaria do padrón de contribuíntes das Taxas pola prestación dos servizos de abastecemento de auga, sumidoiros e recollida domiciliaria residuos sólidos urbanos correspondente ao 1º T do 2008. De conformidade co establecido no artigo 105.2. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común, faise constar para público coñecemento, a comisión dun erro material de feito no anuncio núm. R04441 publicado no BOP núm. 185/2009, do 13/08, e a súa rectificación nos termos que se recolle a continuación:
23
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
No cadro de períodos voluntarios de cobro, na primeira liña onde di: “ Do 05/01/2012 ao 05/06/2012” debe dicir “Do 05/01/2012 ao 05/03/2012”. Cospeito a 11 de outubro de 2011. O ALCALDE –PRESIDENTE, Asdo.: Armando Castosa Alvariño R.4993
A FONSAGRADA Anuncio Considerando que corresponde aos Tenentes de Alcalde, en canto tales, substituír na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións, así como desempeñar as funcións do Alcalde nos supostos de vacante na Alcaldía ata que tome posesión o novo Alcalde. Considerando que o Sr. Alcalde atoparase ausente do Municipio durante tres días. Por todo iso, en virtude do disposto nos artigos 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo cos artigos 44 e 47 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, aprobado por Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, RESOLVO PRIMEIRO. Delegar en D. Jose Antonio Fernández Carrín, Primeiro Tenente de Alcalde, a totalidade das funcións da Alcaldía, nos termos do artigo 23.3 Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, durante o período tres días, dende o 25 ao 27 de outubro. SEGUNDO. A delegación comprende as facultades de dirección e de xestión, así como a de resolver os procedementos administrativos oportunos mediante a adopción de actos administrativos que afecten a terceiros. TERCEIRO. O órgano delegado ha de informar a esta Alcaldía, a posteriori, e, en todo caso, cando se lle requira para iso, da xestión realizada e das disposicións ditadas no período de referencia, e con carácter previo daquelas decisións de transcendencia, tal e como se prevé na o artigo 115 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. CUARTO. A delegación conferida no presente Decreto requirirá para a súa eficacia a aceptación do órgano delegado, entendéndose esta outorgada tácitamente se non se formula ante esta Alcaldía expresa manifestación de non aceptación da delegación no termo de tres días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que lle sexa notificada esta resolución. QUINTO. A presente resolución será publicada no Boletín Oficial da Provincia, dándose conta do seu contido ao Pleno da Corporación na primeira sesión que esta celebre. SEXTO. No non previsto expresamente nesta resolución aplicaranse directamente as previsións da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en canto ás regras que para a delegación establécense en devanditas normas. Contra este Decreto, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co que establece o artigo 52 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de acordo co que dispón o artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, poderá interporse, con carácter previo e potestativo, Recurso de Reposición ante a Alcaldía deste Concello, no termo dun mes a contar desde o día seguinte á recepción da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no termo de dous meses a contar desde o día seguinte á recepción da súa notificación. No entanto, poderá interpor calquera outro, se o considera conveniente. Mándao e asina o Sr. Alcalde, D. Argelio Fernández Queipo, en A Fonsagrada, a 24 de outubro de 2011, do que, como Secretaria, dou fe. O alcalde, Argelio Fernández Queipo. A secretaria, que dou fe.: María del Pilar Darriba Muñoz R.4994
LUGO Anuncio Por Decreto número 722/2011 do libro de resolucións en materia de contratación e patrimonio dictadas pola Ilma. Sra. Tenenta de Alcalde Delegada da Área de Economía e Emprego, de data do 14 de outubro de 2011, aprobouse a forma de adxudicación mediante procedemento restrinxido e regulación armonizada para a
24
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE MANTEMENTO, CONSERVACIÓN E EXPLOTACIÓN DOS SISTEMAS DE CONTROL DE TRÁFICO. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Patrimonio. 2.- Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: É a prestación do servizo de mantemento, conservación e explotación dos sistemas de control de tráfico de Lugo. b) Prazo de execución: 4 anos, podendo ser obxecto de prórroga ata un máximo de dúas. 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinario b) Procedimiento: restrinxido 4.- Tipo de licitación a) Orzamento máximo do Contrato: O valor estimado do contrato ascende a 1.877.238 euros, a razón de 312.873 euros anuais, ós que sumando o IVE 18% (56.317,14 euros), ascende a 369.190,14 euros 5.- Garantías: a) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluido o IVE 6. Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio. b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-45. e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.es (perfil do contratante) g) Data límite de obtención de documentos e información: 21/11/2011 7.- Requisitos específicos do contratista. a) Outros requisitos: Os sinalados nos pregos de condicións 8 .- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: Ata o día 23-11-2011 b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula décima do prego de clausulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares establecidos nos pregos 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 2 meses. 8.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Centro de Servicios Municipales b) Domicilio: Ronda Muralla 197- 3ª planta c) Localidade: Lugo d) Data: 25-11-2011 9.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións.
25
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
10.- Gastos dos anuncios: 114,40 euros que serán por conta do contratista adxudicatario. 11.- Data de envío de anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 23 de outubro de 2011 Lugo, 24 de outubro de 2011O ALCALDE, P.D. TENENTA-ALCALDE DA AREA ( Decreto Alcaldía nº 60/2011) Asdo.: Sonia Mendez Garcia R.5020
MEIRA Anuncio Aprobada no pleno de 24 de outubro de 2011 a creación dun ficheiro municipal de datos persoais para usuarios da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Meira, sométense a información pública por prazo de trinta días, durante os cales os interesados poderán formular as reclamacións ou suxerencias que se estimen oportunas, sendo os datos do ficheiro os seguintes: “6.- USUARIOS DA AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL. Créase este ficheiro coas seguintes especificacións: Finalidade dese ficheiro: Posibilitar o coñecemento do perfil dos usuarios da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Meira, das súas solicitudes, consultas e trámites realizados. Persoas ou colectivos sobre os que se pretende obter datos de carácter persoal ou que resulten obrigados a subministrados: usuarios do servizo da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Meira. Procedemento de recollida de datos: Os datos recóllense dos distintos formularios cumplimentados pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Meira. Estructura básica do ficheiro e descrición dos tipos de datos de carácter identificativo: nome, apelidos, DNI, nacionalidade, data de nacemento, domicilio, teléfono, empadroamento e residencia, datos económicos, circunstancias sociais, laborais, académicas, profesionais. Cesión de datos de carácter persoal e, no seu caso, as transferencias de datos que se prevean a países ou terceiros: Os datos de carácter persoal contidos neste ficheiro serán cedidos á Consellería competente na materia, actualmente a de Traballo e Benestar. Órgano da Administración responsable do ficheiro: o Alcalde-Presidente, como xefe superior de todo o persoal e impulsor de todos os servizos administrativos é o responsable do ficheiro, que se manterá, conservará e actualizará pola Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Meira. A Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Meira será a persoa perante quen se poderán executar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición destes datos. As medidas de seguridade son de carácter básico. No caso de que sexa necesario, daranse as instruccións precisas de índole técnica e organizativa que garantan a seguridade dos citados datos.” En Meira, a 24 de outubro de 2011. O Alcalde.: D. Ramiro Pérez Freijo R.4997
PARADELA Anuncio O Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada en data 24 de outubro de 2011, aprobou provisionalmente as seguintes Ordenanzas fiscais: - Ordenanza nº 1, Ordenanza fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM). - Ordenanza nº 2, Ordenanza Fiscal reguladora do imposto de bens inmobles. (IBI). - Ordenanza nº 4, Ordenanza fiscal reguladora da taxa por expedición de documentos e tramitación administrativa a instancia de parte, - Ordenanza nº 5, Ordenanza fiscal reguladora da taxa por outorgamento de licenzas urbanísticas. - Ordenanza nº 6, Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo. - Ordenanza nº 7, Ordenanza fiscal reguladora da taxa por outorgamento de licenzas de apertura de establecementos. - Ordenanza nº 8, Ordenanza fiscal de licenzas de AUTO-TAXI.
26
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
- Ordenanza nº 9, Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de subministro de auga. - Ordenanza nº 10, Ordenanza fiscal da taxa por ocupacións do subsolo, solo e voo da vía pública de empresas explotadoras de servizos de subministros. - Ordenanza nº 14, Ordenanza fiscal reguladora de entradas de vehículos a través de beirarrúas e as reservas da vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercadorías de calquera clase. Ordenanza nº 18, Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de tanatorio municipal. En cumprimento do disposto no artigo 17 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora de Facendas Locais, ábrase un trámite de información pública, por prazo de trinta días, a contar dende o seguinte ao da publicación do presente edicto no BOP, dentro dos cales os interesados poderán examinar o expediente na Secretaría municipal e presentar as reclamacións que estimen oportunas. No caso de que non se presenten reclamacións, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional. Paradela, 25 de outubro de 2011. O Alcalde-Presidente.: Asdo. José Manuel Mato Díaz R.5029
RIBAS DE SIL Anuncio Aprobadas por Decreto de Alcaldía de 18 de outubro de 2011 as bases polas que se regula a concesión de subvencións para a compra dos libros de texto dos alumnos de Educación Infantil, Curso 2011-2012, expóñense ao público durante oito días seguintes ó da publicación do presente anuncio para a presentación de reclamacións, en maior garantía do interesado. Simultaneamente procédese á súa convocatoria, se ben a licitación aprazarase cando resulte necesario, de presentarse reclamacións en contra das bases e seren admitidas. BASES REGULADORAS PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS PARA COMPRA DOS DOS ALUMNOS DE EDUCACIÓN INFANTIL. CURSO 2011-2012
LIBROS DE TEXTO
1º EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O Concello de Ribas de Sil, consciente do esforzo económico que supón afrontar os gastos derivados da adquisición de libros de texto para as familias é polo que instaura unha liña de axudas para que os alumnos de Educación Infantil no CEIP do Concello de Ribas de Sil de cara ao curso escolar 2011-2012 para facer fronte a este tipo de gastos e facilitarlles a compra dos libros de texto. Con esta medida preténdese ademais favorecer o asentamento poboacional pois o despoboamento das zonas rurais é un dos graves problemas desta sociedade. Quedan excluídos desta convocatoria os alumnos de educación primaria do Concello de Ribas de Sil, ao estar a adquisición de libros de texto subvencionada pola Xunta de Galicia. 2º OBXECTO DA CONVOCATORIA Estas bases teñen por obxecto establecer as condicións reguladoras que rexerán as axudas de pago para a adquisición de libros de texto para os alumnos de Educación Infantil no CEIP de San Clodio, único centro docente sostido con fondos públicos do término municipal de Ribas de Sil. 3º RÉXIME APLICABLE Serán de aplicación os artigos 40 e 41 das Bases de execución do orzamento municipal para o exercicio 2011, a Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, a Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e demais normativa concordante na súa aplicación ás entidades locais. 4º FINALIDADE DA AXUDA 1.- A finalidade destas axudas é proporcionar apoio económico ás familias ante o gasto que supón o curso escolar dos alumnos de Educación Infantil, mediante unha axuda económica para comprar os libros de texto. 2.- Para a consecución desta finalidade, o Concello de Ribas de Sil conta con consignación no seu orzamento para o ano 2011, na aplicación orzamentaria 3.48 con un importe de 2.000 euros que se destinan ás axudas que se establecen nas presentes bases. 5º BENEFICIARIOS
27
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
Teñen a condición de beneficiarios os alumnos/as matriculados/as no CEIP de San Clodio en calquera curso de Educación Infantil e que acrediten os requisitos que se esixen no seguinte apartado das presentes bases reguladoras. 6º REQUISITOS Serán requisitos necesarios para a concesión de axuda para a compra de libros de texto de Educación Infantil, os seguintes: - Cursar estudos de Educación Infantil no CEIP de San Clodio. - Estar empadroado no Concello de Ribas de Sil o solicitante e o/as fillo/as beneficiario/as cun ano de antigüidade. - Estar ao día no pago das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter débedas pendentes co Concello de Ribas de Sil, esta última cuestión será comprobada de oficio. Só se subvencionará a compra de libros de texto de educación infantil, no la de material escolar. 7º CUANTÍA DA AXUDA A axuda consistirá no 100% do custe dos libros de texto. 8º SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN As solicitudes para a concesión da presente axuda formalizarase no modelo de solicitude establecido a tal fin e presentarse no rexistro xeral do Concello ou dalgunha outra forma establecida no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e deberá acompañarse da seguinte documentación: - Fotocopia compulsada do D.N.I do solicitante - Fotocopia compulsada do DNI ou libro de familia, no caso de que os nenos/as aínda non o teñan. - Declaración responsable de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e co Concello. - Declaración de outras axudas solicitadas ou concedidas para a mesma actuación. - Certificado de empadroamento no Concello de Ribas do Sil solicitante e do/as beneficiario/as. - Fotocopia da matrícula oficial de estudos ou certificado expedido polo centro, acreditativo de que o solicitante cursa estudos no mesmo. - Datos bancarios do beneficiario ou representante legal para recibir a subvención. - Factura xustificativa no que figure o nome do solicitante e do neno/a beneficiario/a da axuda e detalle da compra dos libros correspondente ao curso escolar 2011/2012. A solicitude implicará a declaración responsable de reunir os requisitos contidos nesta convocatoria, de non atoparse incurso o solicitante nin ningún dos membros da unidade familiar en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, así como de encontrarse ao corrente das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e exento de débedas no Concello de Ribas de Sil. Calquera variación que poida producirse ata o momento de realizarse a proposta de pago no contido da declaración efectuada en relación coas anteriores prohibicións e obrigas, deberá ser comunicada inmediatamente ao Concello de Ribas de Sil. A declaración errónea, falsa ou con ocultación de datos relevantes suporá a denegación ou revogación da axuda. . 9º TRAMITACIÓN 1.- O órgano instrutor será unha Comisión de Valoración, integrada polos seguintes membros: Presidente: O Alcalde da Corporación. Vocais: A traballadora social. A Concelleira Delegada de Asuntos Sociais, Familia e Terceira Idade e a concelleira delegada de Muller e Xuventude. Secretario: A da Corporación. As actividades de instrución comprenderán as seguintes actividades: -Petición de cantos informes se estimen necesarios resolver. -Avaliación das solicitudes ou peticións.
28
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
2.- A Comisión de Valoración comprobará que todas as solicitudes reúnan os requisitos esixidos nas presentes bases, requirindo ao interesado por escrito a enmenda de defectos que houbese, con indicación de que se non enmendan os erros no prazo de 10 días, terase por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. 3.- Revisada a documentación e completada, se fora o caso, remitirase a correspondente proposta de resolución que determinará os beneficiarios e a cantidade a percibir por cada un de eles que en ningún caso poderá superar o importe dos libros de texto que se subvencionan e que deberá estar debidamente acreditado. Non se admiten pagos anticipados. 10º RESOLUCIÓN. O órgano municipal competente para resolver sobre a concesión ou denegación de axuda será o Alcalde, sendo vinculante a tal efecto a proposta de resolución emitida pola Comisión de Valoración. A resolución definitiva ditarase antes do 31 de decembro do 2011, e conterá a relación de solicitantes para os que se propón a concesión da subvención, así como as contías. A lista coas condicións e denegacións publicarase no taboleiro de anuncios do Concello de Ribas de Sil, non se notificará de forma expresa aos interesados. 11º COMPATIBILIDADE Esta subvención será compatible con calquera outra establecida polas administracións públicas ou calquera dos seus organismos pero en ningún caso poderá ser de tal contía que, ailladamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada. 12º XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO. Dada a especifidade desta convocatoria, enténdese que a xustificación se cumpre coa presentación da documentación prevista na base oitava. O aboamento da subvención realizarase mediante ingreso por transferencia bancaria na conta sinalada polo beneficiario. O órgano concedente poderá realizar os controis administrativos e inspeccións que considere oportunos a fin de comprobar a veracidade dos datos consignados na documentación presentada, así como o cumprimento dos requisitos para a percepción da axuda. Ribas de Sil, dezaoito de outubro de dous mil once. O Alcalde-Presidente, Asdo. Miguel Ángel Sotuela Vega
29
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
SOLICITUDE 1º.- DATOS DO SOLICITANTE. .- Nome: .- NIF/CIF nº: .- Enderezo para notificacións: .- Localidade: .- Código Postal: .- Provincia: .- Teléfono: .- Fax/ Correo electrónico: .- Proxenitor/a ou Representante dos/as seguintes rapaces/zas alumnos/as de Educación Infantil no CEIP de San Clodio
* *
2º.- DATOS DA AXUDA SOLICITADA .- Denominación da actividade: .- Finalidade: .- Contía solicitada, o importe da factura dos libros de Educación Infantil. 3º.- DECLARO BAIXO A MIÑA RESPONSABILIDADE .- Que non me atopo en ningunha das circunstancias de prohibición para a obtención da condición de beneficiario da axuda ou subvención, previstas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, de 17 de novembro de 2003. .- Que na data de hoxe estou ao corrente do cumprimento das obrigas fiscais co Concello. .- Que non percibín nin solicitei ningunha outra axuda para a mesma actuación. 4º.- DOCUMENTACIÓN QUE SE ACOMPAÑA 1º.- Fotocopia compulsada do DNI do solicitante 2º.- Fotocopia compulsada do DNI ou libro de familia, no caso de que os/as nenos/as aínda non o teñan. 3º.- Certificado de empadroamento do solicitante e do/as fillos/as empadroados no Concello e beneficiarios/as desta axuda. 4º.- Certificado de escolaridade dos/as rapaces/zas aos que lles afecta esta subvención. 5º.- Certificado do nº de conta corrente onde se fará o ingreso. 6º.- Factura ou fotocopia compulsada do custo dos libros obxecto da subvención. 7º.- Declaración de non atoparse incurso en ningunha das circunstancias de prohibición para a obtención da condición de beneficiario de axuda ou subvención, previstas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvenciones, e de atoparse ao corrente do cumprimento das obrigas fiscais con este concello. En Ribas de Sil, a........................ de dous mil once. O solicitante/representante legal
Asdo.-
SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE RIBAS DE SIL
30
Núm. 251 – Jueves, 3 de Noviembre de 2011
B.O.P de Lugo
R.4998
Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 03.11.2011 08:00:01 CET Razón: Localización: España