XUNTA DE GALICIA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

17 sept. 2014 - 2.-OBXECTO . As presentes Bases Xerais teñen por obxecto establecer o procedemento xeral polo que se rexerán os procesos selectivos ...
445KB Größe 7 Downloads 61 vistas
MIÉRCOLES, 17 DE SEPTIEMBRE DE 2014

Nº 214

XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA DE LUGO Anuncio Resolución do 3 de setembro de 2014 da Xefatura Territorial de Lugo pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no Concello de Lugo. (Nº expte:IN407A 2014/24-2-8160-AT) Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita: -

Solicitante: BEGASA

-

Domicilio Social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo

-

Denominación: LMTS (20 KV) a CD Auditorio Lugo

-

Situación: concello de Lugo

-

Características Técnicas:



LMTS en canalización existente e proxectada (expediente: 8161-AT), consistente en anelar o CD Auditorio Lugo proxectado no expediente 8161-AT entre o CD A. Olga 13 (5402) e o CD A. Olga 14 (11958), cunha lonxitude de 120 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real Decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta Xefatura Territorial resolve: Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustaran en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente. Lugo, 3 de setembro de 2014.- A xefa territorial, Pilar Fernández López R. 3497

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO ÁREA DE RECURSOS HUMANOS Anuncio CONVOCATORIA E BASES XERAIS E ESPECÍFICAS PARA A PROVISIÓN DEFINITIVA POLO SISTEMA DE OPOSICIÓN, ACCESO LIBRE, DE UNHA PRAZA DE LICENCIADO EN CIENCIAS DO TRABALLO E UNHA PRAZA DE TÉCNICO DE XESTIÓN DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO, CORRESPONDENTES Á OFERTA DE EMPREGO DE 2014.

2

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Por Decreto da Presidencia de data 12 de xuño de 2014, apróbase a Oferta de Emprego Pública para o ano 2014 da Deputación Provincial de Lugo, a cal publicouse no Boletín Oficial da Provincia número 175 de 1 de agosto de 2014, na que se inclúen as seguintes prazas: Nº VAC.

DENOMINACIÓN

1

Licenciado en do Traballo

1

Técnico de Xestión

Ciencias

CLASIFICACIÓN

COTA Xeral

GRUPO SUBGRUPO A-A1

FORMA PROVISIÓN Oposición Libre

Escala Admón. Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores. Escala Admón. Xeral, Subescala Xestión.

Xeral

A-A2

Oposición Libre

Constatándose a necesidade de prover definitivamente as citadas prazas, a Xunta de Goberno da Deputación provincial de Lugo, en sesións celebradas os días 22 de agosto e 12 de setembro de 2014, aproba as bases xerais e específicas que rexerán os procesos selectivos para a provisión definitiva, polo sistema de oposición, acceso libre, de 1 praza de Licenciado en Ciencias do Traballo e 1 praza de Técnico de Xestión, do cadro de persoal funcionario, correspondentes á Oferta de Emprego Público de 2014; convocar públicamente a quen desexe participar nos correspondentes procesos selectivos e ordena a publicación da presente convocatoria e das Bases xerais e específicas no Boletín Oficial da Provincia, enviando extracto da convocatoria ao DOG e ao BOE, e realizar cantos trámites sexan necesarios para levar a cabo os citados procesos selectivos. Luns, 15 de setembro de 2014.- O SECRETARIO, José Antonio Mourelle Cillero

BASES XERAIS QUE REGULAN A CONVOCATORIA DOS PROCESOS SELECTIVOS PARA CUBRIR PRAZAS VACANTES DE PERSOAL FUNCIONARIO, NESTA DEPUTACIÓN DE LUGO, PARA ACCESO LIBRE. 1.- NORMAS XERAIS 1.1.- NORMAS DE APLICACIÓN. Ás presentes probas selectivas seranlles aplicables a Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e no que resulte vixente a Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL); Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, Texto Refundido das Disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local (TRRL); Lei 30/84, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública (LMRFP); Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o proceso de selección dos funcionarios da Admón. Local, o Real Decreto 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei da Función Pública de Galicia e Decreto 95/1991, de 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, as Bases da Convocatoria e o Acordo Marco Único para persoal funcionario da Deputación e do INLUDES. 1.2.- CONVOCATORIA. Aprobadas as Bases polo Sr. Presidente, este ordenará a convocatoria do procedemento selectivo publicándose, xunto coas presentes Bases Xerais e mailas Bases Específicas correspondentes a praza convocada no BOP, enviando extracto da convocatoria ao Diario Oficial de Galicia (DOG) e ao Boletín Oficial do Estado (BOE). 2.-OBXECTO . As presentes Bases Xerais teñen por obxecto establecer o procedemento xeral polo que se rexerán os procesos selectivos para acceder ás distintas escalas, subescalas, clases e categorías de persoal funcionario desta Deputación, vacantes no Cadro de Persoal Funcionario, dotadas orzamentariamente e incluídas na correspondente Oferta de Emprego, para prover mediante acceso libre. 3.-SISTEMA DE SELECCIÓN. O sistema de selección será o determinado nas bases específicas para cada praza. 4.- PRAZAS QUE SE CONVOCAN . O número de prazas ofertadas establecerase na convocatoria, determinando o número de prazas reservadas ao sistema de acceso xeral e, se é o caso, as que se reservan para ser cubertas por persoas con discapacidade, con grao de minusvalía igual ou superior ao 33%.

3

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

5.- INCOMPATIBILIDADES. As persoas que obteñan as prazas ás que se refire a convocatoria, estarán sometidas ao réxime de incompatibilidades que determinan as disposicións vixentes (Lei 53/84, de 26 de decembro de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións públicas). 6.- REQUISITOS XERAIS DOS ASPIRANTES. 6.1.- Para poder participar nos procesos selectivos os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos . Ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea ou dos nacionais dalgún Estado ao cal, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, sempre que non estean separados de dereito. Así mesmo, coas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes. Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas da praza á que aspira. Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder da idade máxima de xubilación forzosa. Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario no que houbese estado separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido nas bases específicas para ingresar na praza. No caso de Titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. Cumprir, no momento da toma de posesión, os requisitos esixidos na Lei 53/1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Os aspirantes que viñeran desempeñando unha actividade pública ou privada, deberán solicitar o recoñecemento de compatibilidade unha vez que o Tribunal formalice a toma de posesión. De non ser compatible a actividade que viñeran desenvolvendo coa relación de servizo á Deputación, os aspirantes seleccionados comprométense a renunciar á mencionada actividade. No caso de que exista cota para persoas discapacitadas, ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%. Ter ingresado na Tesourería da Deputación ou na conta bancaria ES04- 2080 0163 85 3110000423 de ABANCA a cantidade fixada como taxa por participación en procedementos selectivos (base 7.6.1) Cumprir os demais requisitos esixidos para o ingreso nas respectivas bases específicas. 6.2.- Todos os requisitos esixidos no apartado anterior deberán posuílos os aspirantes o día que remate o prazo de presentación de solicitudes e conservalos, polo menos, ata a data do seu nomeamento como funcionarios de carreira. 7.- SOLICITUDES. 7.1.- FORMA. As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas deberán presentar a solicitude, que figura como Anexo I destas Bases Xerais e que estará a disposición de todos os que queiran participar no proceso selectivo na páxina web www.deputacionlugo.org, manifestando que reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos nestas, en particular na Base Xeral 6 e na Base Específica 4. Deberá constar nesta solicitude o compromiso, no caso de obter a praza, de xurar ou prometer lealdade ao Rei, respecto aos dereitos das persoas, estrita observancia da Lei e gardar e facer gardar a Constitución como Norma Fundamental do Estado.

4

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Os aspirantes cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33%, a que se refire a base 6.1.h), deberán indicalo expresamente na solicitude, especificando claramente o tanto por cento de discapacidade recoñecido polo órgano competente, e poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria. Os aspirantes so poderán participar, no caso de que exista cota de discapacitados nun dos dous sistemas. Se da instancia que se presente non se deduce a súa opción, incluiranse, por defecto, na lista provisional do sistema xeral. Polo tanto, tras a publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos non se permitirá ningún cambio de quenda posterior ou calquera tipo de corrección ou aclaración ao respecto. A solicitude deberá ser debidamente cumprimentada e se acompañará a mesma cos documentos sinalados na base 7.6. 7.2.- ÓRGANO A QUEN SE DIRIXE. As instancias correspondentes dirixiranse ao Sr. Presidente da Excma. Deputación Provincial. 7.3.- PRAZO DE PRESENTACIÓN. O prazo de presentación será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación do extracto desta Convocatoria no Boletín Oficial do Estado. 7.4.- LUGAR DE PRESENTACIÓN. A presentación de solicitudes farase no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Lugo, ou a través das formas establecidas no artigo 38 da vixente Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As solicitudes que se presenten a través da oficina de correos, deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado do Servizo de Correos antes de seren certificadas. 7.5.- ERROS NAS SOLICITUDES. Os erros de feito que puideran advertirse, poderán rectificarse en calquera momento, de oficio ou a petición do interesado. Non obstante o sinalado, a presentación de instancias fóra do prazo establecido non será emendable e supoñerá a exclusión do procedemento selectivo. 7.6.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE. 7.6.1 TAXA POR PARTICIPACIÓN EN PROCESOS SELECTIVOS. A) Documentación acreditativa de ter aboada a taxa por participación en procesos selectivos. De acordo coa Ordenanza de esta Deputación Provincial publicada no B.O.P nº 202 de 1 de setembro de 2004, onde se establece a Taxa por participación en procesos selectivos que convoque a Deputación Provincial ou os seus Organismos Autónomos para participar na presente convocatoria, os aspirantes deberán facer o aboamento de 15 Euros que ingresarán directamente nas oficinas da Tesourería da Deputación ou mediante transferencia Bancaria na conta número ES04- 2080 0163 85 3110000423 de ABANCA, ou mediante Xiro Postal dirixido á Tesourería desta Entidade. Os aspirantes acompañarán a solicitude co documento acreditativo de ter feito ingreso da correspondente taxa dentro do período de presentación de solicitudes, ( no caso de non realizarse o pagamento directamente na Tesourería, indicarase a data do xiro ou da transferencia e o número do resgardo). B) Certificación relativa á condición de desempregado aos efectos de redución da taxa por participación en procesos selectivos. Os aspirantes que acrediten a condición de desempregados e non perciban prestación de desemprego, terán unha redución na taxa de participación en procedementos selectivos do 75%. En consecuencia, para acreditar esta situación e participar no procedemento selectivo que se convoca deberán aboar a cantidade de 3,75 Euros en concepto de taxa por participación en procesos selectivos. directamente nas oficinas da Tesourería da Deputación ou mediante transferencia Bancaria na conta número ES04- 2080 0163 85 3110000423 de ABANCA, ou mediante Xiro Postal dirixido á Tesourería desta Entidade. Os aspirantes neste supostos deberán acompañar á solicitude: -

Certificacións da Oficina do Servizo Público de Emprego correspondente, nas que acrediten a condición de ser desempregado e de non percibir prestación de desemprego na súa modalidade contributiva.

5

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014 -

B.O.P de Lugo

Documento acreditativo de ter feito o ingreso da correspondente taxa dentro do período de presentación de solicitudes.

C) En ningún caso o pagamento da taxa por participación en procesos selectivos e a xustificación do pagamento, substituirá á obriga de presentar en tempo a solicitude, non sendo emendable e quedando excluídos definitivamente os que non presentasen a correspondente solicitude en prazo. D) Devolución da taxa por participación en procesos selectivos. Únicamente procederá a devolución da taxa a aqueles aspirantes que o soliciten e que fosen excluídos definitivamente da participación das probas. 7.6.2. ACREDITACIÓN DE MÉRITOS. A) Documentación acreditativa dos méritos alegados cando o sistema selectivo sexa o concurso de méritos ou o concurso-oposición. Os aspirantes deberán presentar, acompañando á solicitude a documentación que acredite os méritos aos que fai referencia a convocatoria en relación á fase de Concurso ou ao Concurso de Méritos. Os méritos aos que se fai referencia no Baremo que figura nas Bases Específicas, deberán xustificarse polos interesados fidedignamente con documentos orixinais ou unha copia autenticada acreditativa daqueles, mediante certificacións, titulación ou titulacións (no caso de equivalencia ou homologación de titulacións, deberá xustificarse co certificado expedido polo organismo competente para establecelas), informe do Xefe da Área, Servizo ou Sección correspondente, currículo debidamente documentado e acreditado, ou calquera outro documento que probe de xeito indubidable a posesión destes. Os méritos aos que se fai referencia no baremo deberán posuírse na data de remate do prazo de presentación de instancias, computándose en calquera caso ata a citada data. B) Consecuencias do incumprimento do establecido no apartado anterior. A non acreditación dos méritos alegados conforme se sinala no apartado anterior, non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán, aínda que se acrediten fóra do prazo de presentación de instancias, xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten 8.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES. 8.1.- LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS. Transcorrido o prazo de presentación de instancias, o Sr. Presidente, ditará Resolución no prazo máximo de un mes, declarando a lista provisional de admitidos e excluídos, cos nomes, apelidos e causa de exclusión indicando se a mesma é ou non é subsanable. Esta Resolución publicarase no BOP e no Taboleiro de Anuncios da Deputación de Lugo e na páxina web www.deputacionlugo.org 8.2. SUBSANACIÓN DE ERROS E ALEGACIÓNS. Conforme ao disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, os interesados poderán solicitar a emenda dos erros subsanables que se produciran na lista de admitidos e excluídos provisional, nun prazo de dez días contados dende o seguinte á publicación da citada Resolución no BOP. Se en dito prazo non se subsanan os defectos, serán definitivamente excluídos da realización das probas. En todo caso, co obxecto de evitar erros e, no suposto de producirse, posibilitar a súa subsanación en tempo e forma, os aspirantes comprobarán non só que non se atopan na relación de excluídos, senón que, ademais, figuran na lista da quenda correspondente (sistema xeral ou cota de discapacitados) e que os seus nomes e datos persoais se recollen correctamente. 8.3. LISTA DEFINITIVA. Finalizados os prazos sinalados, o Sr. Presidente ditará Resolución, aceptando ou rexeitando as alegacións presentadas e publicará tamén a citada resolución no BOP coas listas definitivas completas de admitidos e excluídos. De non producirse excluídos ou de non presentarse ningunha alegación á lista provisional, esta entenderase definitiva transcorrido o prazo de dez días hábiles dende a publicación da Resolución aprobatoria desta no BOP. 8.4. RECURSOS CONTRA A LISTA DEFINITIVA. Contra a Resolución que aprobe a lista definitiva, os aspirantes excluídos poderán interpoñer potencialmente, recurso de reposición, diante do Sr. Presidente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación

6

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

no BOP ou ben, recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á citada publicación no BOP. 8.5.- O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos que puideran derivar da súa participación no procedemento. 9.- DESIGNACIÓN, COMPOSICIÓN E ACTUACIÓN DO TRIBUNAL. 9.1. – COMPOSICIÓN. O Tribunal cualificador estará composto por un mínimo de 5 membros titulares e 5 suplentes, podendo actuar indistintamente os titulares e os suplentes, sendo a súa composición a seguinte: PRESIDENTE: O Xefe do Servizo de Recursos Humanos VOGAIS: Tres técnicos ou expertos designados polo Presidente da Excma. Deputación Provincial. SECRETARIO: O da Corporación ou funcionario que o substitúa. Na composición do Tribunal tenderase á paridade entre homes e mulleres. Non poderán formar parte dos tribunais as persoas de elección ou designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual. O nomeamento dos membros titulares e suplentes que constituirán o Tribunal Cualificador, realizarase por Decreto do Sr. Presidente, debendo posuír, en calquera caso, titulacións ou especializacións iguais ou superiores ás esixidas para o acceso á praza que se convoca. Os órganos de selección non poderán estar formados maioritariamente por funcionarios pertencentes ao mesmo Corpo ou Escala obxecto da selección. Os membros do Tribunal terán todos voz e voto. 9.2.-ABSTENCIÓN E RECUSACIÓN. Os membros do Tribunal absteranse de intervir, comunicándolle ao Presidente cando concorra neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, así como cando tivesen realizado tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas durante os cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. O Presidente deberá solicitar dos membros do Tribunal declaración expresa de non atoparse incursos nas circunstancias previstas no citado artigo 28 da Lei de Réxime Xurídico das Administración Públicas e do Procedemento Administrativo Común nin nas demais causas de abstención previstas nesta base. Esta declaración deberá ser tamén cuberta polos asesores especialistas e polo persoal auxiliar que o Tribunal incorpore aos seus traballos. Así mesmo, os interesados poderán promover a recusación de acordo co sinalado no artigo 29 da citada norma. 9.3.- ACTUACIÓN DO TRIBUNAL. O Tribunal constituirase na data que designe o Presidente, entendéndose validamente constituído cando asista a maioría absoluta dos membros de cada Tribunal, titulares ou suplentes, con presenza en todo caso do Presidente e o do Secretario. Na sesión constitutiva adoptaranse as decisións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas selectivas. A partir da sesión de constitución, o Tribunal, para actuar validamente, requirirá a presenza da maioría absoluta dos seus membros, titulares ou suplentes con presenza, en todo caso, do Presidente e do Secretario, e axustará as súas actuacións en todo momento ao disposto na Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administración Públicas e Procedemento Administrativo Común e ás bases xerais e específicas reguladoras desta convocatoria. O Tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes tódalas dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nestas bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización das probas, así como para adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas Bases. En caso de ausencia do Presidente titular e do Presidente suplente, actuará no seu lugar o vogal designado en primeira orde. Os seus acordos serán impugnables nos supostos e na forma establecida pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, xa citada.

7

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

O Tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos que resulte necesario para que os aspirantes con discapacidade gocen de similares condicións para realizar os exercicios cas do resto dos aspirantes; neste sentido, estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten na forma prevista na base 7.1, as adaptacións posibles de tempo e/ou medios para a súa realización. Se na súa realización lle xurdisen dúbidas ao Tribunal respecto da capacidade do aspirante para o desempeño das actividades habitualmente desenvolvidas polos funcionarios do corpo ao que opta, poderá solicitar o correspondente ditame do órgano competente. 9.4.- INCORPORACIÓN DE ASESORES E PERSOAL DE COLABORACIÓN. O Presidente poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como dos colaboradores en tarefas de vixilancia e control de desenvolvemento dos diferentes exercicios. 9.5.- PAGAMENTO DE ASISTENCIAS E GASTOS DE DESPRAZAMENTO DOS MEMBROS DO TRIBUNAL. Os membros do Tribunal, así como os asesores ou colaboradores que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta vixentes na data da realización das probas. Así mesmo, os membros do Tribunal que teñan que desprazarse dende outro termo municipal terán dereito a gastos de viaxe, conforme determina o RD 462/2002, de 24 de maio, podendo efectuar o citado desprazamento en vehículo propio. 9.6.- PUBLICACIÓN. A Resolución do Sr. Presidente publicarase no BOP, no Taboleiro de Anuncios da Deputación de Lugo e na páxina www.deputacionlugo.org e conterá: a) b) c)

d)

A composición do Tribunal cualificador. A citación ao Tribunal para que se constitúa e proceda á valoración dos méritos da fase de concurso ou do concurso de méritos. A citación aos aspirantes para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, garantindo un prazo mínimo de 15 días dende a data de publicación á do primeiro exercicio, no caso de que o sistema de selección sexa o Concurso-Oposición ou a oposición. A orden de actuación dos candidatos cando se trate de exercicios nos que non se poida gardar o anonimato, comezará pola letra Z segundo o sorteo público realizado en data 22- 03-07, publicado no B.O.P. nº 74, de 30 de marzo de 2007. No resto das probas a orde será polo número de control, sempre de menor a maior.

10.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN. 10.1.- CRITERIOS XERAIS. O sistema de selección será o que se determine nas Bases Específicas para cada praza. O Baremo de Méritos que rexerá na fase de concurso (cando o sistema de selección sexa o concursooposición) ou no concurso de méritos (cando o sistema de selección sexa o concurso) será o establecido no Anexo ás presentes bases ou nas bases específicas. No concurso-oposición, a fase de concurso non terá carácter eliminatorio. A valoración de méritos farase pública no Taboleiro de Anuncios da Deputación e na páxina www.deputacionlugo.org con anterioridade ao primeiro exercicio da fase de oposición, non podendo aplicarse a puntuación obtida nesta fase para superar os exercicios da fase de oposición. No Concurso-Oposición e Oposición os exercicios determinaranse nas bases específicas. Serán obrigatorios e terán carácter eliminatorio, salvo que específicamente se determine o contrario. O Presidente do Tribunal adoptará as medidas oportunas para que os exercicios escritos se corrixan sen coñecer a identidade dos aspirantes, sempre que sexa posible, garantíndose o anonimato. Neste tipo de exercicios, quedarán automaticamente anulados os exames asinados, os que conteñan datos que identifiquen ao aspirante, ou sinais ou marcas que puidesen vulnerar o anonimato, así como aquel que resulte ilexible. Para cumprimento do establecido no artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece que nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das Entidades Locais de Galicia incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente, todo isto sen prexuízo daquelas probas que teñan que realizarse en galego para aquelas prazas/postos/empregos en que se requira un especial coñecemento da lingua galega.

8

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

10.2.- COMEZO E DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS (Fase de oposición ou oposición). Os aspirantes deberán presentarse para cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do Tribunal. Os opositores poderán ser requiridos polo Tribunal, en calquera momento, coa finalidade de acreditar a súa personalidade. Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en chamamento único, quedando decaídos do seu dereito os opositores que non comparezan a realizalo, excepto casos de forza maior, debidamente xustificados e apreciados libremente polo Tribunal. Malia o anterior, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do Tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse como mínimo, 48 horas logo do anuncio da data do exame e levará consigo o consentimento da interesada para permitir o acceso do Tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación. O Tribunal decidirá en cada caso, con base na información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas medidas conxuntamente. Non se admitirá recurso respecto das decisións do Tribunal neste punto, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo. O Tribunal poderá ordenar a realización dos exercicios de forma sucesiva, sempre que así se anuncie ao rematar cada un dos exercicios anteriores. Non obstante, os aspirantes poderán solicitar que dende o inicio dun exercicio ata o comezo do seguinte transcorra un prazo mínimo de 48 horas e máximo de 40 días, prazo que neste caso debe ser respectado polo Tribunal. Unha vez comezadas as probas non será obrigatoria a publicación dos sucesivos anuncios para a realización das restantes no BOP, sendo suficiente a súa publicación no Taboleiro de Anuncios desta Entidade con 12 horas de antelación con respecto ao comezo destas, si se trata do mesmo exercicio ou de 24 si se trata de exercicio distinto. 11.- CUALIFICACIÓN. 11.1.- MODO DE CUALIFICACIÓN. a) Fase de concurso (concurso-oposición) ou Concurso de méritos (concurso). A cualificación adoptarase aplicando o baremo de méritos establecido nas bases específicas. b) Fase de oposición ou oposición. As cualificacións obteranse sumando as puntuacións outorgadas polos distintos membros do Tribunal e dividindo o total polo número de asistentes daquel, sendo o cociente a cualificación definitiva. Cando entre dúas puntuacións outorgadas por parte dos membros do Tribunal exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas ambas, a maior e a menor, calculándose a media aritmética coas puntuacións concedidas polos demais membros do tribunal 11.2.- CUALIFICACIÓN FINAL. a) Sistema de concurso: A cualificación final virá determinada pola suma das puntuacións dos distintos apartados establecidos no baremo de méritos, debendo os aspirantes (para adxudicar as vacantes) superar a puntuación mínima fixada para cada caso nas bases específicas, establecendo a orde definitiva de aspirantes aprobados. b) Sistema de concurso-oposición: A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas na fase de concurso, que se sumarán ás da fase de oposición, establecendo a orde definitiva de aspirantes aprobados. c) Sistema de oposición: A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios, establecendo deste xeito a orde definitiva de aspirantes aprobados. No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, tendo en conta o artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración Pública Galega se verificara a infrarrepresentación do sexo feminino, o empate resolverase a favor da muller. No suposto de que o empate se produza entre dúas mulleres no concursooposicion e na oposición, este resolverase acudindo á puntuación obtida no primeiro exercicio da fase de oposición e, se mantén, acudirase á puntuación obtida nos sucesivos exercicios ata que se resolva. No sistema

9

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

do concurso acudirase a puntuación obtida nos distintos apartados do baremo, resolvendo o empate a favor do aspirante que tivera máis puntuación no primeiro apartado;se se mantén, acudirase aos seguintes apartados. 12.- LISTA DE APROBADOS, PROPOSTA DO TRIBUNAL, PUBLICACIÓN E NOTIFICACIÓN. Rematada a cualificación dos aspirantes o Tribunal publicará a relación dos aprobados pola orde de puntuación. O Tribunal non poderá, en ningún caso, aprobar ou declarar que superaron as probas selectivas un número de aspirantes superior ao das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito. Esta relación farase pública no Taboleiro de Anuncios da Deputación e na páxina www.deputacionlugo.org, contendo así mesmo proposta de nomeamento a favor dos aspirantes seleccionados. Non obstante o anterior, co fin de asegurar a cobertura das vacantes, cando se produzan renuncias dos aspirantes seleccionados, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección relación complementaria dos aspirantes que sigan aos propostos, para o seu posible nomeamento como funcionarios de carreira. A proposta de nomeamento será notificada aos aspirantes propostos coa indicación de que dispoñen dun prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da recepción da comunicación fidedigna de ser declarados aprobados, para presentar a documentación que se sinala na base seguinte. O Tribunal establecerá a orde daqueles aspirantes que sen ser seleccionados aprobaron todas as probas. A Administración, no caso de que xorda a necesidade de prestación de servizos con carácter de urxencia, poderá incorporar persoal da citada relación durante o período dun ano dende a publicación da proposta de nomeamento no BOP. No suposto de que existan prazas reservadas a cota de discapacidade e que non sexan cubertas por persoas con discapacidade, estas acumularanse ao sistema de acceso xeral. Así mesmo, no suposto de que algún aspirante con minusvalía que se presentase pola cota de reserva de discapacitados superase os exercicios correspondentes, pero non obtivese praza, e a súa puntuación fose superior á obtida por outros aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluído pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral. 13.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. 13.1.- DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR. Os aspirantes propostos presentarán no Rexistro Xeral da Deputación Provincial a seguinte documentación: a) b) c)

d) e) f) g)

Fotocopia do DNI, que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa. Certificación en extracto de inscrición de nacemento expedida polo Rexistro Civil correspondente. Copia autenticada ou fotocopia (que se deberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título esixido ou Certificación académica dos estudios realizados, xustificando ter feito o pagamento dos dereitos para a súa expedición. Certificado Médico Oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o desempeño das funcións propias do posto. Declaración xurada de non ter sido separado do servizo das administracións públicas e non estar incurso nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade determinadas na lexislación vixente. Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria. No caso de aspirantes a prazas de cota reservada a persoas con discapacidade cun grao de minusvalía igual ou superior ao 33% que superen a oposición, deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Vicepresidencia da Igualdade e Benestar e, de ser o caso, da Administración correspondente.

Así mesmo, a Deputación requirirá, respecto das persoas que accedan por esta cota de reserva, documento acreditativo do órgano competente sobre a compatibilidade da discapacidade do desempeño das correspondentes funcións. Se os aspirantes seleccionados tiveran a condición de funcionarios públicos, estarán exentos de xustificar as condicións e requisitos xa acreditados para obter o seu anterior nomeamento. Neste caso presentarán certificación do Organismo ou Ente do que dependan, acreditativo da súa condición de funcionario, así como das demais circunstancias que consten no seu expediente persoal que sexan necesarias para xustificar os requisitos esixidos para o nomeamento. 13.2 .- PRAZO. O prazo de presentación será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da lista de aprobados.

10

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

13.3.- FALTA DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS. Os que dentro do prazo indicado, excepto os casos de forza maior, non presentaran a súa documentación ou cando da mesma deducírase que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 4, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorreran por falsidade na solicitude. 14.- NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN. 14.1.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO. Á vista da proposta de nomeamento formulada polo Tribunal e comprobado que os aspirantes incluídos na citada relación de aprobados presentaron a documentación xustificativa dos requisitos sinalados na Base Xeral 6, o Sr. Presidente formulará proposta á Xunta de Goberno para que efectúe o nomeamento resolvendo definitivamente o procedemento selectivo. 14.2.- NOMEAMENTO. A Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial, procederá a nomear funcionarios de carreira na escala e subescala, clase e categoría correspondente aos opositores propostos publicándose o acordo no Boletín Oficial da Provincia. O nomeamento será notificado aos interesados. 14.3.- TOMA DE POSESIÓN. A toma de posesión dos aspirantes nomeados efectuarase no prazo máximo dun mes dende o día seguinte á publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da Provincia. 14.4.- ADXUDICACIÓN DOS POSTOS DE TRABALLO. Os postos de traballo vacantes, adxudicaranse de acordo coas peticións dos interesados, entre os postos ofertados e segundo a orde de puntuación obtida no proceso selectivo. 15.- RECURSO. Contra a presente resolución pola que se aproban as bases e se realiza a presente convocatoria, que é definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Presidente da Deputación Provincial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da mesma no BOP, ou recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación Reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente. 16.- NORMA FINAL. A presente Convocatoria e cantos actos administrativos se deriven dela e da actuación do Tribunal, poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecida na Lei 30/1992, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Pazo Provincial, 15 de setembro de 2014.- O SECRETARIO, José Antonio Mourelle Cillero.

BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO Á PRAZA DE LICENCIADO EN CIENCIAS DO TRABALLO, ENCADRADA NA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, TÉCNICOS SUPERIORES, GRUPO A, SUBGRUPO A1 DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PARA O ANO 2014. 1.- OBXECTO. É obxecto das presentes Bases Específicas para acceso a praza de LICENCIADO EN CIENCIAS DO TRABALLO, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores, Grupo A- Sugrupo A1, complementar o procedemento xeral de selección establecido nas Bases Xerais para acceso a prazas de persoal funcionario da Deputación Provincial de Lugo. 2.- SISTEMA DE SELECCIÓN. O sistema de selección será o de OPOSICIÓN LIBRE, de acordo co establecido no R.D. 896/91, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de Administración Local.

11

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

3.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA E COMETIDO FUNCIONAL. 3.1.- CARACTERIZACIÓN DA PRAZA. A praza de Licenciado en Ciencias do Traballo, encadrada no Grupo A – Subgrupo A1 (artigo 76 do EBEP), Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores, (artigos 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril). Está dotada no Orzamento vixente, correspondéndolle as contías que anualmente se fixen polos conceptos retributivos establecidos no artigo 23 da Lei 30/84, de 2 de agosto e as disposicións aplicables nesta materia. 3.2.- COMETIDO FUNCIONAL. O cometido funcional desta praza e posto de traballo consistirá na realización das funcións propias da praza, conforme á titulación esixida, baixo a dirección e supervisión correspondente, así como outras, que dentro da súa competencia, poidan ser encomendadas polos órganos competentes da Deputación Provincial en calquera dos Servizos desta. O titular deste posto realizará as funcións que, conforme á Relación de Postos de Traballo vixente ou disposición que a substitúa, se determinen para este. En ausencia de fixación destas na RPT, realizará as que lle sexa atribuídas por calquera outra norma, polo Xefe da Área ou Servizo, correspondente, de acordo coa RPT e as necesidades do Centro, Área ou Servizo. 4.- REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES. De acordo co apartado c) do artigo 135 do RD 781/86 e co artigo 25 da Lei 30/84 de 2 de agosto e co apartado e) do artigo 56 do EBEP, para acceso á Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores, Licenciado en Ciencias do Traballo, Grupo A, Subgrupo A1 será necesario estar en posesión do Título de Licenciado en Ciencias do Traballo. 5.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN O procedemento de selección, constará dos seguintes exercicios. 5.1- PRIMEIRO EXERCICIO. Á elección do Tribunal o Primeiro exercicio poderá consistir: a)

Na exposición por escrito dun tema de carácter xeral relacionado co apartado A) MATERIAS COMÚNS, do programa, sen que teña que aterse aos epígrafes concretos dos temas, cun tempo máximo para realizalo dunha hora e trinta minutos ou

b)

Na exposición por escrito dun tema seleccionado por sorteo entre os contidos no apartado A) MATERIAS COMÚNS do programa sendo neste caso o tempo máximo para realizar o exercicio corenta e cinco minutos.

Este exercicio debe ser lido polos aspirantes diante do tribunal na data que este determine podendo asistir os demais aspirantes. Este exercicio é obrigatorio e eliminatorio; puntuarase de 0 a 5 puntos sendo a puntuación mínima 2,5 puntos para superar o exercicio. 5.2- SEGUNDO EXERCICIO. Consistirá na exposición por escrito de catro temas seleccionados por sorteo entre os que figuran no apartado B) MATERIAS ESPECÍFICAS do programa que figura na base 6ª. O sorteo será do seguinte xeito: 1 1 1 1

tema tema tema tema

sorteado sorteado sorteado sorteado

entre entre entre entre

os os os os

temas temas temas temas

do do do do

Bloque Bloque Bloque Bloque

I (do 1 ao 18) II (do 19 ao 36) III (do 37 ao 54) IV (do 55 ao 72)

O tempo máximo para a realización do segundo exercicio é de tres horas. O Segundo exercicio deberá ser lido polos aspirantes diante do Tribunal, na data que este determine, podendo asistir os demais aspirantes.

12

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido dos temas ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita formar unha opinión mais precisa dos coñecementos de cada aspirante. Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio; puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superar o exercicio. 5.3.- TERCEIRO EXERCICIO. O terceiro exercicio consistirá nunha proba práctica sobre os temas contidos no apartado B) MATERIAS ESPECÍFICAS, establecida libremente polo Tribunal relacionada coas funcións da praza/posto que se convoca e terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa nun suposto concreto que responda as funcións ou tarefas da praza/ posto de traballo que se convoca. O Tribunal propoñerá, cando menos, dous exercicios e os aspirantes elixirán un dos exercicios propostos e realizarano no tempo máximo de dúas horas e trinta minutos. Este exercicio poderá ser lido polos aspirantes diante do tribunal na data que este determine podendo asistir os demais aspirantes. O Tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita formar unha opinión mais precisa das habilidades profesionais de cada aspirante. Este exercicio terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superalo. 5.4.- CUARTO EXERCICIO. PROBA DE GALEGO O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da Función Pública de Galicia, aprobado polo Decreto Lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece: “...nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais de Galicia incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente...” En cumprimento do sinalado a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo Tribunal. Para superar a proba é necesario obter o resultado de apto. Estarán exentos da realización da proba de galego os aspirantes que acrediten posuír no día do prazo de presentación de solicitudes o Celga 4, curso de perfeccionamento ou estudos equivalentes Esta proba é obrigatoria e eliminatoria. 6.- PROGRAMA DE ACCESO Á PRAZA DE LICENCIADO EN CIENCIAS DO TRABALLO, ESCALA DE ADMÓN. ESPECIAL, SUBESCALA TÉCNICA, TÉCNICOS SUPERIORES, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. MATERIAS COMÚNS. Tema 1.- A Constitución española de 1978. Estrutura. Principios xerais. Tema 2.- Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns na Constitución española de 1978. Tema 3.- A Coroa e as Cortes Xerais. Tema 4.- O Goberno e a Administración. Tema 5.- O Poder Xudicial, o Tribunal Constitucional e a Reforma constitucional. Tema 6.- A Organización territorial do Estado. Distintas Administracións Públicas. A Administración do Estado. Tema 7.- O Estatuto de Autonomía. O Estatuto de Autonomía de Galicia: aspectos esenciais. Tema 8.- O réxime local español: principios constitucionais e regulación xurídica. Tema 9.- A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

13

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Tema 10.- Principios de actuación da Administración Pública. Tema 11.- A calidade dos servizos públicos. Tema 12.- O sometemento da Administración á Lei e ó Dereito. Normas supraestatais. Tema 13.- Normas estatais, autonómicas e locais. Outras fontes do Dereito Administrativo. Tema 14.- O procedemento administrativo local. Conceptos Xerais. Fases do procedemento administrativo local. Tema 15.- Facendas Locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais. Tema 16.- O orzamento xeral das Entidades Locais. Estrutura orzamentaría. Elaboración e aprobación. Tema 17.- O persoal ao servizo das corporacións Locais. Dereitos e deberes dos funcionarios ao servizo da Deputación Provincial de Lugo. Tema 18.- A Deputación Provincial de Lugo. Organización: órganos necesarios e complementarios. Áreas e Servizos. B) MATERIAS ESPECÍFICAS. Bloque I: Tema 1.- A lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. Obxectivo e ámbito de aplicación. O persoal directivo e o persoal eventual. Tema 2.- Clasificación do persoal ao servizo das administracións públicas. Especial referencia ao persoal das Entidades Locais. Tema 3.- Dereitos dos empregados públicos. Dereito á carreira profesional e á promoción interna. Tema 4.- Dereitos retributivos na normativa vixente e no EBEP. Tema 5.- Dereito á xornada de traballo, permisos e vacacións. Tema 6.- Deberes dos empregados públicos. Código de conduta. Tema 7.- Dereito á negociación colectiva, representación e participación institucional. Dereito de reunión. Tema 8.- Acceso ao emprego público e adquisición da relación de servizo. Perda da relación do servizo. Tema 9.- Limitacións legais ao acceso ordinario á Administración Pública. A conxelación da masa salarial e/ou retributiva. A taxa de reposición de efectivos (TRE). Tema 10.- Procesos de acceso extraordinarios á Administración Pública. Proceso de consolidación de emprego temporal. O proceso de funcionarización. Tema 11.- Limitacións legais á incorporación provisional de persoal ás Administracións Públicas. Tema 12.- Sistemas de selección do persoal ao servizo das AA.PP, con especial referencia ao persoal das Entidades Locais. Tema 13.- Órganos de selección. Normativa de aplicación. Principios e réxime xurídico. Tema 14.- A provisión de postos de traballo e a mobilidade do persoal funcionario. Sistemas. Tema 15.- A avaliación do desempeño. Concepto e características xerais. Fases de implantación. Tema 16- O réxime de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas. Marco xurídico. Tema 17.- Situacións administrativas do persoal ao servizo das administracións públicas. Marco xurídico. Tema 18.- O réxime disciplinario do persoal ao servizo das administracións públicas. Marco xurídico. Bloque II. Tema 19.- Fontes do Dereito do traballo de carácter comunitario.

14

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Tema 20.- As fontes estatais de regulación do sistema xurídico laboral en España: A Constitución de 1978 e as leis. Distribución da competencia normativa: Estado e CC.AA. Tema 21.- Fontes específicas do sistema de relacións laborais (I): O Convenio Colectivo. Convenios estatutarios e extraestatutarios. Concepto e eficacia normativa do convenio. Outras fontes. Tema 22.- Pluralidade de fontes, elección da norma aplicable e articulación na regulación do sistema (I): Xerarquía normativa. Supletoriedade e dispositividade da norma laboral de rango superior. Complementariedade. Principio da norma mínima. Principio da norma más favorable. Tema 23.- Pluralidade de fontes, elección da norma aplicable e articulación na regulación do sistema (II): Aplicación da norma laboral no tempo. Sucesión de normas. Irrenunciabilidade dos dereitos. A intervención “prooperario”. Tema 24.- O contrato e a relación de traballo. A relación de traballo e as súas características delimitadoras. O papel do contrato como fonte constitutiva da relación laboral. Tema 25.- Concepto xurídico de traballador. Capacidade para contratar e aptitude para o traballo. Prohibicións e limitacións para contratar. Tema 26.- O contrato como fonte constitutiva da relación laboral. Os presupostos substantivos do contrato de traballo. Concepto e carácteres do contrato de traballo. Contrato de traballo e figuras afíns. As exclusións do Dereito do Traballo. Tema 27.- Clases de contrato de traballo segundo a súa duración. Principio de causalidade na contratación temporal. Mecanismos de protección dos traballadores temporais. Tema 28.- Delimitación do obxecto do contrato. Concreción da prestación de traballo: a clasificación profesional. A mobilidade funcional. As modificacións das condicións de traballo. A mobilidade xeográfica. Tema 29.- Dereitos e obrigas do empresario e traballador inherentes ao contrato. O poder de dirección empresarial e o deber de obediencia. O deber de ocupación efectiva. Tema 30.- Suspensión do contrato de traballo: concepto de suspensión. Causas de suspensión subordinadas á vontade das partes. Causas de suspensión alleas á vontade das partes. Tema 31.- Concepto e tipoloxía da extinción do contrato de traballo. O mutuo disenso. A dimisión e o abandono. O despido indirecto. O cumprimento do pactado: vencemento do termo, execución da obra ou servizo pactado e as condicións resolutorias. A xubilación e a incapacidade. Tema 32.- A extinción do contrato de traballo. O despedimento disciplinario. O despedimento por circunstancias obxectivas. O despido colectivo. Tema 33.- O conflito na relación de traballo. Clasificación do conflitos: individuais, plurais e colectivos. Conflitos de aplicación e de regulación. Conflitos propios e impropios. Procedementos de solución de conflitos. Procedementos de presión. Procedementos pacíficos de solución de conflitos. Tema 34.- O conflito colectivo de traballo: concepto. Conflitos xurídicos e de intereses. Os procesos de solución dos conflitos colectivos. Tema 35.- A folga. Concepto e clases de folga. A regulación da folga. Procedemento para o exercicio do dereito de folga. Efectos do exercicio do dereito de folga. Límites do dereito de folga. Garantía de prestación de servizos públicos esenciais para a comunidade. Tema 36.- Teoría da Negociación. Tipoloxías básicas das relacións de negociación. Negociación distributiva, integrativa e mixta. O proceso de negociación. Peche e xestión do acordo. Bloque III. Tema 37.- A liberdade sindical. Concepto e natureza. Titularidade da liberdade sindical. Os contidos esenciais e adicionais da liberdade sindical. Tema 38.- A representación unitaria dos traballadores nos centros de traballo. Os Comités de Empresa e os Delegados de Persoal. As eleccións sindicais. Tema 39.- A representación sindical: as seccións sindicais e os delegados sindicais. Garantías dos representantes dos traballadores.

15

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Tema 40.- Os deberes do empresario sobre seguridade e saúde dos seus traballadores. Os deberes e responsabilidades do traballador en materia de seguridade e hixiene. Tema 41.- A acción sobre os medios de produción: o Plan de Prevención. Tema 42.- Deberes de información e formación. A comprobación periódica da seguridade e saúde dos traballadores: o control dos resultados. Tema 43.- Os Servizos de Prevención e as súas modalidades. Tema 44.- Responsabilidades empresariais en materia de seguridade e saúde laboral. Riscos derivados da actividade laboral. Normativa para a prevención e represión de condutas suscitadoras de riscos. A protección penal da saúde e hixiene no traballo. Responsabilidade civil. Responsabilidade administrativa. Infraccións empresariais en materia preventiva. Tema 45.- Prevención de riscos laborais e dereitos colectivos. A consulta, representación e participación dos traballadores en materia de prevención. A representación específica en materia de prevención. O deber empresarial de consulta aos traballadores. A representación nas Administracións Públicas. Tema 46.- A xestión da prevención de riscos. O Sistema de Xestión de Prevención. Modalidades para organizar a actividade preventiva. Organización en caso de emerxencia. Tema 47.- Riscos derivados do traballo. Riscos derivados das condicións de seguridade. Riscos derivados do contorno físico do traballo. Contaminantes químicos e biolóxicos. A carga de traballo. Tema 48.- Os factores psicosociais: estrés e carga mental. Os factores psicosociais e organizativos. Factores externos. Factores individuais. Análise e avaliación dos factores psicosociais. Consecuencias dos factores psicosociais. Tema 49.- A organización do tempo de traballo. Aspectos lexislativos. Inconvenientes do traballo a quendas e nocturno. Intervención. Pausas e descansos. Rotación. Tema 50.- A formación e comunicación en prevención de riscos laborais. Fases do proceso de formación. Planificación do proceso. Metodoloxía da ensinanza. Tema 51.- Seguridade Social (I). Afiliación. Altas e baixas dos traballadores. Situacións asimiladas á alta. Tema 52.- Seguridade Social (II). Nacemento, duración e extinción na obriga de cotizar. Tipos de cotización e base de cotización ao réxime xeral. Tema 53.- Seguridade Social (III). Prestacións contributivas. Tema 54.- A Administración da Seguridade Social: Entidades Xestoras. O Instituto Nacional da Seguridade Social. A Tesourería Xeral da Seguridade Social. As relacións de colaboración e coordinación coa Inspección de Traballo. Bloque IV. Tema 55.- Conceptos esenciais na moderna xestión de Recursos Humanos (I). Os grupos humanos. Os equipos de traballo. A cultura corporativa. A cultura nas organización públicas. Tema 56.- Conceptos esenciais na moderna xestión de Recursos Humanos (II). O liderado. Distintos tipos de liderado. O liderado na Administración Pública. A comunicación interna. Tema 57.- A motivación no traballo. Teoría da motivación. Clasificación. Ferramentas de motivación. Bases motivacionais no servizo público. Tema 58.- Conceptos esenciais na moderna xestión de Recursos Humanos (III). Xestión estratéxica de Recursos Humanos. O proceso de planificación estratéxica de Recursos Humanos. Implantación dun Plan Estratéxico de Recursos Humanos. Tema 59.- A análise e descrición de postos de traballo. Conceptos e fases. Tema 60.- Metodoloxía de recollida de información e de análise de postos de traballo. Tema 61.- Valoración de postos de traballo. Concepto e finalidade. Sistemas de valoración. Aplicación dos resultados da valoración. Tema 62.- Relacións de postos de traballo. Definición e natureza xurídica. Contido. Procedemento de elaboración, negociación e aprobación.

16

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Tema 63.- Cadro de persoal. Definición. Natureza xurídica. Contido. Procedemento de elaboración, negociación e aprobación. Tema 64.- A Oferta Pública de Emprego. Alcance, contido e tramitación. Natureza xurídica. Conexión con outros instrumentos de planificación. Negociación, publicación e efectos. Tema 65.- Utilidades e destinatarios da auditoria socio-laboral: Auditoria laboral de legalidade. Auditoría de recursos humanos. Auditoría de prevención de riscos laborais. Destinatarios da auditoria socio-laboral. Tema 66.- Clases de informe de auditoría. Clasificación. Informe de auditoría de opinión. Informe de “due diligence”. Informe de auditoría de cumprimento. Informes mixtos. Informes sobre revisión de estados laborais. Informes de inspección interna. Tema 67.- Normas técnicas de auditoría sociolaboral. Normas técnicas referidas ao auditor sociolaboral. Principios xerais de auditoría. Tema 68.- Responsabilidade profesional do auditor sociolaboral. Tema 69.- O plan global de auditoría. Programación e planificación da auditoría. O sistema de xestión interno. Tema 70.- A execución da auditoría. Fluxograma do proceso. Recopilación e verificación da información. Preparación das conclusións e reunión de cerre. Preparación, aprobación e distribución do informe. Tema 71.- A evidencia. Conceptos básicos. Probas para obter evidencias. Métodos para a obtención da evidencia. Erros e irregularidades. A carta de manifestacións da Dirección. Tema 72.- O informe de auditoría de opinión. Os catro tipos de opinión. Procedemento de elaboración. Formatos de informe. O xuízo profesional do auditor. O visado de informes. Pazo Provincial, 15 de setembro de 2014.- O SECRETARIO, José Antonio Mourelle Cillero

BASES ESPECÍFICAS PARA O ACCESO Á PRAZA DE TÉCNICO DE XESTIÓN, ENCADRADA NA ESCALA DE ADMINISTRACIÓN XERAL, SUBESCALA XESTIÓN, GRUPO A, SUBGRUPO A2 DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PARA O ANO 2014. 1.- OBXECTO. É obxecto das presentes Bases específicas para acceso a praza de TÉCNICO DE XESTIÓN, escala de administración xeral, subescala xestión, grupo A - sugrupo A2, complementar o procedemento xeral de selección establecido nas Bases xerais para acceso a prazas de persoal funcionario da Deputación provincial de Lugo. 2.- SISTEMA DE SELECCIÓN. O sistema de selección será o de OPOSICIÓN LIBRE, de acordo co establecido no R.D. 896/91, polo que se establecen as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios de administración local. 3.- CARACTERÍSTICAS DA PRAZA E COMETIDO FUNCIONAL. 3.1.- CARACTERIZACIÓN DA PRAZA. A praza de técnico de xestión, encadrada no grupo A – subgrupo A2 (artigo 76 do EBEP), escala de administración xeral, subescala xestión, (artigos 167 e seguintes do RDL 781/1986, de 18 de abril). Está dotada no orzamento vixente, correspondéndolle as contías que anualmente se fixen polos conceptos retributivos establecidos no artigo 23 da Lei 30/84, de 2 de agosto e as disposicións aplicables nesta materia. 3.2.- COMETIDO FUNCIONAL. O cometido funcional desta praza e posto de traballo consistirá na realización das funcións propias da praza, conforme á titulación esixida, baixo a dirección e supervisión correspondente, así como outras, que dentro da súa competencia, poidan ser encomendadas polos órganos competentes da Deputación provincial en calquera dos servizos desta. O titular deste posto realizará as funcións que, conforme á relación de postos de traballo vixente ou disposición que a substitúa, se determinen para este. En ausencia de fixación destas na RPT, realizará as que lle

17

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

sexa atribuídas por calquera outra norma, polo xefe da área ou servizo, correspondente, de acordo coa RPT e as necesidades do centro, área ou servizo. 4.- REQUISITOS ESPECÍFICOS DOS ASPIRANTES. De acordo co apartado c) do artigo 135 do RD 781/86 e co artigo 25 da Lei 30/84 de 2 de agosto e co apartado e) do artigo 56 do EBEP, para acceso á escala de administración xeral, subescala xestión, técnico de xestión, grupo A, subgrupo A2 será necesario estar en posesión do título de enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de terceiro grao ou equivalente. 5.- PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN. O procedemento de selección, constará dos seguintes exercicios. 5.1.- PRIMEIRO EXERCICIO. Á elección do Tribunal o primeiro exercicio poderá consistir: a)

Na exposición por escrito dun tema de carácter xeral relacionado co apartado A) MATERIAS COMÚNS do programa (Temas 1 ao 12), sen que teña que aterse aos epígrafes concretos dos temas, cun tempo máximo para realizalo dunha hora e trinta minutos ou Na exposición por escrito dun tema seleccionado por sorteo entre os contidos no apartado A) MATERIAS COMÚNS.- A1 Dereito Constitucional (Temas 1 ao 12) do programa sendo neste caso o tempo máximo para realizar o exercicio corenta e cinco minutos.

b)

Este exercicio debe ser lido polos aspirantes diante do tribunal na data que este determine podendo asistir os demais aspirantes. Este exercicio é obrigatorio e eliminatorio; puntuarase de 0 a 5 puntos sendo a puntuación mínima 2,50 puntos para superar o exercicio. 5.2.- SEGUNDO EXERCICIO. Consistirá na exposición por escrito de tres temas seleccionados por sorteo entre os temas 13 ao 60 do programa que figura na base 6ª. O sorteo será do seguinte xeito: -

1 tema do apartado A) MATERIAS COMÚNS.- A.2 Dereito administrativo xeral (Temas 13 ao 26). 1 tema do apartado B) MATERIAS ESPECIFICAS.- B.1 Dereito administrativo local (Temas 27 ao 43). 1 tema do apartado B) MATERIAS ESPECIFICAS.- B.2 Xestión de recursos humanos, dereito financeiro local e políticas públicas (Temas 44 ao 60).

O tempo máximo para a realización do segundo exercicio é de dúas horas e quince minutos. O Segundo exercicio deberá ser lido polos aspirantes diante do tribunal, na data que este determine, podendo asistir os demais aspirantes. O tribunal poderá formular preguntas sobre o contido dos temas ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita formar unha opinión mais precisa dos coñecementos de cada aspirante. Este exercicio ten carácter obrigatorio e eliminatorio; puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superar o exercicio. 5.3.- TERCEIRO EXERCICIO. O terceiro exercicio consistirá nunha proba práctica sobre os temas contidos no apartado B) MATERIAS ESPECÍFICAS, establecida libremente polo tribunal relacionada coas funcións da praza/posto que se convoca e terá por obxecto comprobar a aplicación práctica dos coñecementos que se inclúen no programa nun suposto concreto que responda as funcións ou tarefas da praza/ posto de traballo que se convoca. O tribunal propoñerá, cando menos, dous exercicios e os aspirantes elixirán un dos exercicios propostos e realizarano no tempo máximo de dúas horas e trinta minutos. Este exercicio poderá ser lido polos aspirantes diante do tribunal na data que este determine podendo asistir os demais aspirantes.

18

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

O tribunal poderá formular preguntas sobre o contido do exercicio ou solicitar aclaracións en relación coa proba realizada de xeito que lle permita formar unha opinión mais precisa das habilidades profesionais de cada aspirante. Este exercicio terá carácter obrigatorio e eliminatorio. Puntuarase de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter un mínimo de 5 puntos para superalo. 5.4.- CUARTO EXERCICIO. PROBA DE GALEGO. O artigo 35 da Lei 2/2009, de 23 de xullo, de modificación do texto refundido da Lei da función pública de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, establece: “...nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades locais de Galicia incluirase un exame de galego agás para aqueles que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme á normativa vixente...”. En cumprimento do sinalado a proba de galego consistirá na tradución dun texto de castelán para galego ou de galego para castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. Para superar a proba é necesario obter o resultado de apto. Estarán exentos da realización da proba de galego os aspirantes que acrediten posuír no día do prazo de presentación de solicitudes o Celga 4, curso de perfeccionamento ou estudos equivalentes Esta proba é obrigatoria e eliminatoria. 6.- PROGRAMA DE ACCESO Á PRAZA DE TÉCNICO DE XESTIÓN, ESCALA DE ADMÓN. XERAL, SUBESCALA XESTIÓN, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO. A) MATERIAS COMÚNS. A.1.- DEREITO CONSTITUCIONAL. 1. A Constitución. Significado e clases. A Constitución Española de 1978. Estrutura e contido esencial. Procedemento de reforma. 2. O título preliminar da Constitución de 1978. Os principios constitucionais: o estado social e democrático de dereito. Outros principios e valores regulados no título preliminar. 3. Os dereitos e deberes fundamentais, as liberdades públicas e os principios reitores da política social e económica na Constitución española de 1978. A protección e suspensión dos dereitos fundamentais. 4. O poder lexislativo. As Cortes xerais. O Defensor do pobo e o Tribunal de contas. 5. O Goberno no sistema constitucional español. O Presidente do goberno. As funcións constitucionais do Presidente do goberno. O Goberno: composición e funcións constitucionais. 6. A administración pública na Constitución de 1978. Principios de actuación administrativa. 7. O poder xudicial. Regulación constitucional da xustiza. O Consello xeral do poder xudicial. O Tribunal constitucional na Constitución. A organización da administración de xustiza en España. 8. A organización político-institucional e administrativa das Comunidades autónomas. O sistema da distribución de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. O Estatuto de autonomía de Galicia. Organización institucional da C. A. de Galicia. 9. A Unión europea: orixe e evolución. Institucións comunitarias, organización e competencias. O Comité das rexións. A carta europea da autonomía local. 10. Os conceptos de administración pública e dereito administrativo. O sometemento da administración ao dereito. O principio de legalidade. As potestades administrativas. 11. O réxime local: significado e evolución histórica. A administración local na Constitución. O principio de autonomía local: significado, contido e límites. Clases de entidades locais. 12. O dereito financeiro: concepto e contido. A facenda local na Constitución. O réxime xurídico das facendas locais.

19

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

A.2.- DEREITO ADMINISTRATIVO XERAL. 13. As fontes do dereito administrativo. A normativa supraestatal. A normativa estatal: a Constitución como norma xurídica. 14. A lei e as disposicións do Goberno con forza de lei. O regulamento. O ordenamento xurídico das CC. AA. Outras fontes do dereito administrativo. 15. A relación xurídico administrativa. As persoas xurídicas públicas: clases. Capacidade das persoas públicas. 16. Os interesados. A capacidade de obrar. Concepto de interesado. Representación. Pluralidade de interesados. Identificación de interesados. 17. O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: a motivación e a forma. 18. A eficacia dos actos administrativos: executividade e efectos. A notificación: contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A demora e retroactividade da eficacia. 19. A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. 20. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración: supostos. A acción de nulidade, procedemento, límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito. 21. Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos. Dereitos dos cidadáns. A lingua dos procedementos. Dereito de acceso a arquivos e rexistros. 22. A iniciación do procedemento. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Termos e prazos: cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. Ordenación. Instrución: intervención dos interesados, proba e informes. 23. Terminación do procedemento. A obriga de resolver. Contido da resolución expresa. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: o réxime do silencio administrativo. O desistencia e a renuncia. A caducidade. 24. A execución dos actos administrativos: título e executoriedade. A execución forzosa dos actos administrativos: os seus medios e principios de utilización. 25. Recursos administrativos: principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. 26. As reclamacións administrativas previas ó exercicio de accións civís e laborais. As reclamacións económicaadministrativas. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: conciliación, mediación e arbitraxe. B) MATERIA ESPECÍFICAS. B.1. DEREITO ADMINISTRATIVO LOCAL. 27. As fontes do dereito local. Regulación básica do Estado e normativa das Comunidades autónomas en materia de réxime local. A incidencia da lexislación sectorial sobre o réxime local. 28. A potestade regulamentaria das entidades locais: regulamentos e ordenanzas. Procedemento de elaboración. O regulamento orgánico. Os bandos. 29. O municipio: concepto e elementos. A organización municipal. mínimos.

Competencias municipais. Os servizos

30. A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal. As relacións entre as comunidades autónomas e as deputacións provinciais. 31. Réxime xurídico dos contratos das administracións públicas. Características dos contratos de obras, de concesión de obra pública, de xestión de servizos públicos, de subministracións de servizos, de servizos, de colaboración entre o sector público e o sector privado e contratos mixtos. 32. As entidades locais como entes contratantes. Órgano de contratación competente. O contratista: capacidade, solvencia, prohibicións, clasificación.

20

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

33. A selección do contratista, actuacións previas á contratación. Procedementos, formas e criterios de adxudicación. Garantías. Perfeccionamento e formalización do contrato. Execución e modificación dos contratos. Extinción do contrato. 34. A expropiación forzosa. Suxeitos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Garantías xurisdicionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiais. 35. A responsabilidade da Administración pública: caracteres. O principio de proporcionalidade. Danos resarcibles. Principios do procedemento sancionador. O procedemento de responsabilidade patrimonial da administración pública. Responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das administracións públicas. 36. O sistema electoral local. Elección a deputados provinciais e presidente. A moción de censura no ámbito local. O recurso contencioso-electoral. O Estatuto dos membros electivos das corporacións locais. 37. Órganos de goberno provinciais. Réxime de sesións e acordos dos órganos de goberno provinciais. Actas, certificacións, comunicacións, notificacións e publicación dos acordos. 38. A xurisdición contencioso-administrativa. As partes procesuais. Obxecto do recurso contenciosoadministrativo. Tramitación do proceso contencioso-administrativo. Sistema de recursos. Execución das sentenzas. 39. Competencias propias das deputacións provinciais. A asistencia e a cooperación xurídica, económica e técnica aos municipios. Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. 40. Singularidades do procedemento administrativo das entidades locais. A revisión e revogación dos actos dos entes locais. Tramitación de expedientes. Os interesados. Abstencións e recusacións. Recursos administrativos e xurisdicionais contra os actos locais. 41. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa local na actividade privada. A actividade de fomento na esfera local. 42. A iniciativa pública económica das entidades locais e a reserva de servizos. O servizo público nas entidades locais. Os modos de xestión. Especial referencia á concesión de servizos e á empresa pública local. O consorcio. 43. Os bens patrimoniais das entidades locais. Clases. Bens de dominio público. Bens patrimoniais. Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. O inventario. B.2. XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS, DEREITO FINANCEIRO LOCAL E POLITICAS PÚBLICAS. 44. A función pública local. Clases de empregados públicos locais. Os instrumentos de xestión de recursos humanos. Os funcionarios con habilitación de carácter estatal. Peculiaridades do seu réxime xurídico. 45. Os funcionarios propios das corporacións locais. Selección. Provisión de postos de traballo e promoción interna. 46. A relación de servizos dos funcionarios públicos locais: dereitos e deberes. 47. Órganos de representación e negociación dos funcionarios locais. Negociación colectiva no réxime estatutario. 48. O persoal laboral nas entidades locais. Clases. A representación dos traballadores nas entidades locais. Os convenios colectivos. 49. Réxime de incompatibilidades. Seguridade social e prevención de riscos laborais ao persoal ao servizo das entidades locais. 50. Os recursos das facendas locais no marco do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais: dos municipios, as provincias e outras entidades locais. A imposición e ordenación de tributos e o establecemento de recursos non tributarios. 51. Réxime xurídico da recadación das entidades locais. O pagamento e outras formas de extinción das débedas. O procedemento de recadación en período voluntario. O procedemento de recadación por vía de constrinximento. 52. A participación dos municipios e das provincias nos tributos do Estado. Réximes especiais. A cooperación do Estado ós investimentos das entidades locais. Os fondos da Unión europea para entidades locais. 53. O orzamento xeral das entidades locais. Estrutura orzamentaria. Elaboración e aprobación: especial referencia ás bases de execución do orzamento. A prórroga do orzamento.

21

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

54. As fases de execución do orzamento. A liquidación do orzamento: confección e aprobación, os remanentes de crédito, o resultado orzamentario e o remanente de tesourería. 55. Réxime xurídico da tesourería. Concepto e funcións. Organización. A planificación financeira. 56. O control interno da actividade económico-financeira das entidades locais e os seus entes dependentes. A función interventora: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo, modalidades e os reparos. Os controis financeiros, de eficacia e de eficiencia: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo, procedemento e os informes. 57. O control externo da actividade económico-financeira das entidades locais e os seus entes dependentes. O Tribunal de contas e os órganos de control externo das Comunidades autónomas. As funcións fiscalizadora e xurisdicional. 58. Análise da políticas públicas. Concepto. Clases: políticas reactivas e anticipativas. Os actores intervenientes nos procesos de elaboración e aplicación de políticas públicas. 59. Os procesos de elaboración e posta en práctica de políticas públicas. As súas fases. A identificación dos problemas, a formulación das políticas, a toma de decisións e a posta en práctica. A avaliación das políticas públicas. Continuidade e finalización das políticas públicas. 60. As transformacións da xestión pública contemporánea: a mova xestión pública. Principios e técnicas. O cidadán como cliente. A ética na xestión pública. Pazo Provincial 15 de setembro de 2014.- O SECRETARIO, José Antonio Mourelle Cillero.

22

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SOLICITUDE PARA PARTICIPAR NAS PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR PRAZAS DA OFERTA DE EMPREGO, DO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO MEDIANTE O SISTEMA DE OPOSICIÓN, QUENDA LIBRE. I.- DATOS DA PRAZA DENOMINACIÓN:________________________________________________________________________ DATA PUBLICACIÓN CONVOCATORIA BOP:_______________ QUENDA Á QUE SE PRESENTA: SISTEMA XERAL COTA RESERVA DISCAPACITADOS II. DATOS PERSOAIS PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

DNI. DOMICILIO PARA NOTIFICACIÓNS

OS

EFECTOS

TELÉFONO: MÓBIL: DE MUNICIPIO E PROVINCIA

NOME

E-MAIL: CÓDIGO POSTAL

EXPOÑO :

1º.- Que reúno todos e cada uno dos requisitos esixidos na convocatoria, en concreto os seguintes: a) Ter nacionalidade española, comunitaria ou asimilada. b) Ser maior de idade. c) Estar en posesión do título de__________________________________ esixido nas bases específicas que rexen a convocatoria ou en condiciones de obtelo na data na que termine o prazo de presentación de instancias. d) Poseer a capacidade física e psíquica necesaria para o exercicio das correspondentes funcións. e) Non estar inhabilitado nin suspendido para o exercicio de funcións públicas e non ter sido separado do servizo dunha Administración Pública. así mesmo manifesto que me foi recoñecida unha minusvalía polo que solicito a adaptación que se adxunta polos motivos que se expresan .( En folio aparte especifíciranse os motivos da minusvalía e a adaptacións que solicita). 2º.- Que me comprometo no caso de obter a praza e dentro do prazo sinalado nas bases da convocatoria, a presentar os documentos relacionados nas mesmas e a tomar posesión da praza e do correspondente posto de traballo, previo xuramento ou promesa nos termos legalmente establecidos, así como cumprir os demais requisitos esixidos nas bases da convocatoria, en particular os que sinala a Lei 53/ 1984, de 26 de decembro, de Incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. SOLICITO: Ser admitido á convocatoria citada, a fin de participar nas probas de selección correspondente.

Lugo, a........................de...............................de ….. ( Asinado) De conformidade coa Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informámoslle que os datos de carácter persoal que se solicitan na presente instancia serán incorporados a un ficheiro inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, do cal é responsable a Deputación Provincial de Lugo, e serán tratados para xestionar os procesos de selección da institución. Vostede ten a posibilidade de exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei dirixíndose ao Servizo de Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, Rúa San Marcos nº 9, en Lugo.

SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL

23

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo R. 3540

CONCELLOS BARREIROS Anuncio Pola Xunta de Goberno Local de 14 de agosto de 2014 aprobase o proxecto relativo ás obras de “Adaptación da rúa de acceso á Igrexa e ó Cuartel da Garda Civil”. Sométese dito proxecto a información pública por prazo de quince días, durante os cales os interesados poderán examinalo e formular as reclamacións ou suxerencias que estimen oportunas. Barreiros, 4 de setembro de 2014.- O alcalde, José Alfonso Fuente Parga R. 3498

BECERREÁ Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA. Aprobada provisoriamente polo Pleno deste Concello a modificación da ordenanza fiscal reguladora da TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE GARDERÍA INFANTIL (ESCOLA INFANTIL) DO CONCELLO DE BECERREÁ, o referido acordo de modificación e a respectiva ordenanza expóñense ó público polo prazo de 30 días hábiles, dentro dos que os interesados poderán examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas, que deberán ser dirxidas ó Sr. Alcalde-Presidente da Corporación. Becerreá, 24 de xullo de 2014.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez R. 3529

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Dacordo co disposto no art. 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais ó que se remite o artigo 177 do mesmo texto, e no artigo 20.1 en relación co 38.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de abril, ponse en coñecemento que na Secretaría-Intervención deste Concello atópase exposto ó público o expediente número 9/2014, de modificación de créditos; suplemento de crédito, quinto que se financia con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais con modificación do anexo de inversións. Os interesados lexítimos segundo o disposto polo art. 170 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e polos motivos fixados no número dous do mesmo, poderán presentar reclamacións conforme ós seguintes trámites: a)

Prazo de exposición e admisión de reclamacións: 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

b)

Oficina de presentación: Rexistro Xeral.

c)

Órgano ante o que se reclama: Pleno do Concello de Becerreá.

Becerreá, 24 de xullo de 2014.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez. R. 3530

24

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

CASTRO DE REI Anuncio Exposición pública conta xeral 2013 Formada pola Intervención Xeral Municipal a Conta Xeral do exercicio 2013, e sometida a informe da Comisión Especial de Contas do Concello de data 11 de setembro de 2014, de acordo co disposto no art. 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, exponse ó público xunto co informe da Comisión Especial por prazo de quince días. Durante dito prazo e oito días máis os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións, que, examinados pola Comisión Especial de Contas e practicadas por ésta cantas comprobacións estime necesarias, emitirá novo informe e someterase ó Pleno da Corporación para a súa aprobación Castro de Rei, 11 de setembro de 2014.- O ALCALDE, Francisco Javier Balado Teijeiro. R. 3531

FOZ Anuncio CONTA XERAL DO EXERCICIO 2013 Formada e rendida a Conta Xeral desta Corporación correspondente ao exercicio orzamentario de 2013 co contido a que se refire o artigo 209 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e as regras 97 a 104 da Instrución do Modelo Normal de Contabilidade Local aprobada por Orde MEH/4041/2004, de 23 de novembro, e informada pola Comisión Especial de Contas en sesión de data 09/09/2014, exponse ao público, cos documentos que a xustifican, na Intervención desta Entidade, por período de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia. Durante dito prazo e oito días máis os interesados lexítimos poderán examinala e formular por escrito os reparos, reclamacións ou observacións que estimen pertinentes, o que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido nos artigos 116 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e artigo 212.3 da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobada polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo. Foz, a 10 de setembro de 2014.- O ALCALDE, POR DELEGACIÓN, PEDRO J. FERNÁNDEZ MANIN R. 3499

O INCIO Anuncio RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA Tendo previsto ausentarme do termo municipal dende o día 9 ata o día 21 de setembro (ámbolos dous incluídos). Visto que corresponde aos Tenentes de Alcalde sustituir na totalidade das súas funcións e pola orde do seu nomeamento, ao Alcalde, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que o imposibilite para o exercizo das súas atribucións. Visto o disposto nos artigos 23 da Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local e 46 e 47 do RD 2.568/1986. Vista a Resolución de Alcaldía de data 5 de xullo de 2011 de nomeamento de Tenentes de Alcalde, RESOLVÍN: Primeiro.- Delegar a totalidade das miñas funcións no Primeiro Tenente de Alcalde D. José Carlos Pereiro Vázquez, dende o día 9 ata o día 21 de setembro (ámbolos dous incluídos). Segundo.- Publicar a presente Resolución no Boletín Oficial da Provincia. O Incio, 8 de setembro de 2014.- A ALCALDESA, Laura Celeiro García. R. 3500

25

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

LUGO Anuncio Por Decreto nº 14008214 da 8º Tenenta de Alcalde, por suplencia da titular da Área de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, do día 9 de setembro de 2014, aprobáronse as “BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS MICROEMPRESAS DO CONCELLO DE LUGO COMO APOIO A NOVOS INVESTIMENTOS E FOMENTO DA CREACIÓN DE EMPREGO”. A tal efecto e para xeral coñecemento, publícanse a continuacións as citadas bases, así como os correspondentes anexos, sendo o prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo: “BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS MICROEMPRESAS DO CONCELLO DE LUGO COMO APOIO A NOVOS INVESTIMENTOS E FOMENTO DA CREACIÓN DE EMPREGO INTRODUCIÓN O Concello de Lugo, como administración pública máis próxima á cidadanía, debe procurar manter unha atención constante aos problemas que lles afectan. Un dos principais problemas que afecta á poboación municipal é o desemprego. En agosto de 2013, contabilizáronse no concello de Lugo 9.275 persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego. Os datos de empresas inscritas na Seguridade Social a nivel nacional (nos meses de agosto desde 2010 a 2013), aportado polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, estruturados por tamaño de empresa que se amosan na seguinte táboa, indican claramente os seguintes aspectos: 1. Hai un descenso no número de empresas inscritas na Seguridade Social, se se comparan os datos de agosto de 2013 cos de 2010, que en termos relativos supón un 5,36% sobre o total de empresas inscritas. 2. O maior descenso, analizando os datos por estrato de asalariados, dáse nas empresas de entre 50 e 499 traballadoras e traballadores, nas que se encadran as PEME´s. 3. O mellor comportamento, traducido nun descenso menor de empresas inscritas con respecto ao 2010, corresponde ás microempresas (1-2 traballadoras/es), cun 4,64%, se se compara con datos superiores ao 9% das anteriores. 4. Comparando datos de 2013 e 2012, parece observarse unha pequena atenuación no descenso do número total de empresas inscritas na Seguridade Social. No caso das microempresas, a variación é maior e contraria á tendencia marcada anteriormente, posiblemente derivada de que rematou a súa capacidade de resistencia á situación económica adversa e á dificultade de acceso ao crédito. De 1 a 2 traballador Ano

TOTAL es 1.240.8 47 1.210.5 27 1.171.8 44 -69.003

2010 2011 2012 dif 2012-2010 % de descenso 2010

de 3 a 49 traballador es

de 50 a 499 traballador es

Máis de 500 traballadores

692.948

520.261

25.593

2.045

681.675

502.351

24.501

2.000

669.269 -23.679

477.690 -42.571

22.987 -2.606

1.898 -147

sobre

2013 (ata agosto) dif 2013-2010 (agosto) % de descenso sobre 2010

-5,56% 1.174.3 52 -66.495

-3,42%

-8,18%

-10,18%

-7,19%

660.806 -32.142

488405 -31.856

23.261 -2.332

1.880 -165

-5,36%

-4,64%

-6,12%

-9,11%

-8,07%

Por outra banda, se se analizan os datos correspondentes ao número de empresas da provincia de Lugo, que presentaron concurso de acredores dende o ano 2009 ata o finais do 2013, que se reflicten na táboa seguinte, obsérvase que o incremento do número de concursos de acredores alcanzou o máximo no ano 2012, e os presentados no ano 2013, supoñen un 120% máis dos presentados no ano 2009. Nos últimos 5 anos foron 257 empresas as que entraron en concurso de acredores na provincia de Lugo.

26

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014 Ano 2009 2010 2011 2012 2013 Total de 2009 a 2013

B.O.P de Lugo

Empresas que presentan concurso de acredores (Lugo e provincia) 30 34 54 76 63 257

Estes datos obxectivos son só unha mostra do efecto da crise económica actual sobre a destrución do tecido produtivo, tanto a nivel nacional como a nivel provincial e de seguro aínda que non sexa doado atopar datos que o demostren, a nivel local. Por este motivo, o Concello de Lugo, a través da Concellería de Economía, Emprendemento, Autónomos e Educación, é competente en materia de promoción do emprego, e debe impulsar actuacións prioritarias e eficaces a través de políticas que favorezan a empregabilidade, como é o estimulo e as axudas á creación de pequenas empresas que contribúan á dinamización do tecido empresarial e á creación de novos postos de traballo, así como fomentar a mellora competitiva das empresas xa existentes. Estas medidas son complementarias a outras iniciativas que xa impulsou este Concello, como son as axudas do Plan Urban (exclusivamente para a zona Urban, no núcleo histórico da cidade) ou a creación e xestión do CEI-NODUS, en funcionamento dende o ano 2004, e que se atopa actualmente saturado en canto ao uso de espazos para empresas, e no asesoramento a gran cantidade de emprendedores que se achegan a estas instalacións (neste primeiro semestre asesoráronse máis dunha centena de emprendedoras e emprendedores) e que evidencian a necesidade de cofinanciamento para poder iniciar unha actividade empresarial, de xeito que se detecta un elevado número de proxectos, viables tecnicamente, pero que non poden poñerse en marcha debido a que as e os emprendedores non dispoñen de financiamento e o acceso ao crédito é moi dificultoso e incluso a maioría das veces imposible pola conxuntura económica actual. A Consellería de Traballo e Benestar habilita cada ano unhas partidas para o cofinanciamento de proxectos empresariais promovidos por empresas de economía social (autónomos, cooperativas, sociedades laborais, etc.), que nos últimos anos se amosaron claramente insuficientes para atender o volume total de proxectos que está a espera deste financiamento. Por todo o anteriormente exposto, dende este servizo propúxose que de xeito urxente e excepcional se habilitasen fondos orzamentarios por importe de 450.000 € (200.000 € no capítulo IV de transferencias correntes e 250.000 € no capítulo VII), para contribuír a paliar a difícil situación económica actual. Procurando deste xeito, diminuír as cifras de desemprego ao tempo que se colabora a que o autoemprego se visualice como unha saída sostible para a creación de actividade empresarial e lograr así que repercuta directamente na rexeneración da actividade económica e social do noso municipio, facilitando non só a creación, senón tamén a continuidade das empresas existentes. Ao mesmo tempo a divulgación destas axudas para a creación de empresas no noso territorio tamén servirá para a atracción doutros proxectos, promovidos por persoas de fóra, pero que o seu asentamento no noso municipio contribuirá a fortalecer o noso feble tecido industrial. 1. OBXECTO DA CONVOCATORIA O obxecto desta convocatoria é dinamizar a economía lucense a través do apoio a novos investimentos das microempresas así como fomentar a creación de emprego entre os colectivos máis desfavorecidos do municipio. 2. EMPRESAS BENEFICIARIAS Poderán solicitar esta liña de axudas as microempresas (segundo a definición de recollida na Recomendación da Comisión 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003, DOL 124, 20-05-2003, son as empresas que ocupan a menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros) independentemente da súa forma xurídica (incluíndo comunidades de bens) que desenvolvan a súa actividade (teñan o seu domicilio fiscal) dentro do municipio de Lugo, excluída a zona URBAN (ámbito do PEPRI do núcleo histórico). Non poderán ser beneficiarias: 1. As empresas de sectores excluídos da normativa minimis (empresas que operan nos sectores de pesca e acuicultura; produción primaria de produtos agrícolas, actividades relacionadas coa exportación; a axuda subordinada a un uso de bens nacionais con preferencia sobre bens importados, a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada concedida a empresas que realicen por conta allea operacións de transporte de mercadorías por estrada e as empresas en crise). 2. As empresas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no punto 2 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións 3. Os locais nos que se desenvolva unha actividade non prevista na normativa urbanística vixente para esa situación. 4. Aquelas cuxa actividade unicamente consista no alugamento de local para o desenvolvemento doutra actividade económica.

27

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

3. FEITO E GASTOS SUBVENCIONABLES A través desta liña de axudas concederanse axudas a fondo perdido para: A. INVESTIMENTO. Activos fixos novos da seguinte natureza: a. b. c. d.

Obras necesarias para o desempeño da actividade (non se financia a adquisición de inmobles). Maquinaria e ferramenta. Mobiliario. Equipamento informático de sobremesa (nunca dispositivos portátiles) para a súa instalación e uso no local para o que se solicita a axuda. En ningún caso se incluirán outros dispositivos móbiles. Financiaranse aplicacións informáticas (propiedade ou licenzas que dan dereito ao uso) directamente vinculadas coa actividade e o desenvolvemento da web corporativa ata un máximo de 4.000 €. e. Outro inmobilizado material destinado ao local no que se desenvolve a actividade, incluíndo rótulos comerciais.

B. GASTOS CORRENTES. Gastos de persoal (excluída a seguridade social a cargo da empresa) derivados das contratacións de persoas desempregadas con máis de tres meses de antigüidade como demandantes no servizo público de emprego de Lugo (empadroados en Lugo), pertencentes a algún dos seguintes colectivos: persoas discapacitadas, minorías étnicas, mulleres vítimas de violencia, persoas paradas de longa duración (máis dun ano de antigüidade como demandante), xoves (menores de 25 anos) sen experiencia laboral previa e persoas maiores de 45 anos. Os contratos deberán ter unha duración mínima de 6 meses, e iniciaranse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 28 de febreiro de 2015. Estimarase como importe subvencionable o salario mínimo interprofesional vixente á data 1 de xaneiro de 2014. Para poder optar á axuda para gastos de investimento (apartado A deste artigo) será necesario realizar, polo menos, unha contratación das que se indican no apartado B cunha duración mínima de 6 meses. 4. PARTICULARIDADES SOBRE OS GASTOS OBXECTO DE SUBVENCIÓN 1. En ningún caso será subvencionable o importe correspondente ao IVE. 2. Non se financiarán bens de segunda man, nin gastos non admitidos pola lexislación nacional coma os financeiros, recargas, multas, etc. 3. Se se considera que algún dos investimento propostos ten un valor maior ao de mercado, axustarase este á baixa. Esta comparación poderase facer cos prezos doutras solicitudes ou solicitando dous novos orzamentos de distintas empresas. O CEI Nodus do Concello de Lugo poderá enviar os novos orzamentos ao solicitante para o seu coñecemento e elección aínda que o cálculo da axuda se fará sobre o prezo axustado a valores de mercado. 4. Os locais nos que se fagan reformas deberán manter o seu uso empresarial durante un período mínimo de tres anos. No caso de bens non inscribibles, o investimento deberá manterse vinculada á actividade económica do beneficiario por un período mínimo de tres anos. 5. Todas as facturas e nóminas deberán estar comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de agosto de 2015. Os xustificantes de pagamento destes gastos deberán estar comprendidos nese mesmo período. 6. Cando algún dos investimentos teña un valor igual ou superior a 50.000 € no caso de obras ou 18.000 € no caso dos equipamentos, a beneficiaria ou o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse coa solicitude de subvención, realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta economicamente máis vantaxosa. 7. Para o caso de que se produza a baixa dalgún do persoal traballador contratado, deberá ser sustituído no prazo de 8 días hábiles por outro/a pertencente aos mesmos colectivos. 5. IMPORTE DA AXUDA A axuda a fondo perdido, poderá ser de ata o 50% do total dos gastos e/ou investimentos considerados subvencionables. Aos proxectos promovidos, polo menos, por unha muller, incrementaráselles a subvención nun 5% máis, ata un máximo do 55%. Cada empresa beneficiaria poderá recibir unha axuda máxima de 10.000 €, na liña A (investimentos). En virtude dos límites impostos pola normativa minimis, a axuda recibida non poderá supoñer que o importe total de axudas deste tipo recibidas durante un período de tres anos sexa superior ao límite de 200.000 €, agás as axudas ás empresas que operan no sector transporte nas que este límite será de 100.000 €. 6. ORZAMENTO Dótase esta convocatoria con 450.000 € con cargo ás seguintes aplicacións:

28

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014 -

B.O.P de Lugo

24100.48900 Axudas á creación e mantemento de pequenas empresas para a dinamización do tecido empresarial e creación de postos de traballo: 200.000 euros. 24100.78900 Axudas á creación e mantemento de pequenas empresas para a dinamización do tecido empresarial e creación de postos de traballo: 250.000 euros.

7. LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes presentaranse no modelo normalizado do anexo I no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, ronda da Muralla, número 197, en horario das 9 ás 14 horas (de luns a venres). Presentarase cuberto en todos os seus apartados, no prazo de 20 días hábiles, contados dende o día seguinte á publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. O formulario de solicitude, estará a disposición dos solicitantes no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, no CEI-NODUS e na páxina WEB do Concello de Lugo. Á devandita solicitude acompañarase orixinal e copia para a súa compulsa de: a. b. c. d. e.

NIF/CIF da/o empresaria/o ou da empresa (segundo o caso). Documentación acreditativa da alta no IAE ou alta no Censo de Obrigados Tributarios. Documentación acreditativa da alta na Seguridade Social. No caso de sociedades, escritura de constitución e DNI do/da representante e poder de representación. No caso de execución de obras, título de propiedade do local ou permiso da/do propietaria/o (se non é a persoa solicitante) para realizar estas. f. A seguinte documentación sobre a intervención: I.

II.

III.

IV.

No caso de obras: fotografías en formatos dixital e papel da situación inicial que se vai modificar; memoria técnica da intervención que inclúa, medicións, prezos unitarios e planos que permitan a perfecta comprensión da intervención (materiais a utilizar, dimensións, acabados, cores, etc.) e orzamento aceptado por un contratista. Outros investimentos: orzamentos detallados a nivel de custo por unidades e cunha descrición tal que permita a obtención de orzamentos doutros provedores para os efectos de comprobar que o seu importe non é superior ao de mercado. Achegarase tamén a documentación gráfica suficiente, fotografías, catálogos, etc. No caso de gastos correntes: número de persoas que se contratarán e a duración dos contratos. Estimarase como importe subvencionable o salario mínimo interprofesional a 1 de xaneiro de 2015. No caso de que a persoa solicitante opte por non autorizarlle ao Concello de Lugo a consultar a súa situación de estar ao corrente de pagamentos coas diferentes administracións públicas, deberá achegar os certificados emitidos en soporte papel pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Seguridade Social e Facenda da Administración autonómica nos que se certifique tal aspecto.

V. g. Orixinal do documento de designación de conta bancaria conformada pola entidade bancaria. Poderase solicitar toda a información que se considere necesaria para a comprobación do cumprimento dos requisitos e a correcta valoración da intervención. Dende o Concello, comprobarase que a persoa solicitante non ten débedas co propio Concello de Lugo. Igualmente, no momento da xustificación da subvención, o Concello comprobará que o local está habilitado para o desenvolvemento da actividade. 8. VALORACIÓN E RESOLUCIÓN DAS SOLICITUDES De maneira previa á valoración das solicitudes, técnicos municipais comprobarán o cumprimento dos requisitos expresados nestas bases. Unha comisión de valoración formada por cinco técnicas/os municipais de distintas áreas, procederá á valoración das solicitudes. A repartición do orzamento previsto farase entre todas aquelas solicitudes presentadas que cumpran os requisitos para seren subvencionables. A contía da axuda para cada beneficiaria/o poderá chegar aos máximos establecidos no punto 5, sempre que os créditos sinalados no punto 6 sexan suficientes e sempre, sen ser superados. Se os créditos dispostos nas partidas orzamentarias non fosen suficientes para atender as solicitudes subvencionables nas súas contías máximas, a repartición do crédito ata o seu esgotamento farase proporcionalmente entre todas as solicitudes subvencionables, utilizando para iso os criterios de investimento realizado e emprego xerado. As solicitudes presentadas en tempo e forma e non resoltas expresamente dentro dos seis meses seguintes á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes entenderanse denegadas, sen prexuízo da obriga expresa de resolver que o artigo 42.1 da Lei 30/1992 lle atribúe á Administración.

29

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Tal e como sinala o artigo 29.4 da ordenanza municipal de subvencións do Concello de Lugo, para as subvencións tramitadas en réxime de concorrencia "A resolución porá fin á vía administrativa, e contra ela as e os interesados poderán interpoñer recurso de reposición ante o órgano que a ditou ou alternativamente recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa". 9. XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DA AXUDA Para a xustificación da axuda, deberá presentarse toda a documentación xustificativa no período comprendido entre o 1de setembro e o 30 de setembro de 2015, a beneficiaria ou o beneficiario presentará no mesmo lugar sinalado para a solicitude unha relación de todos os gastos segundo o modelo do anexo II e orixinais e copia para a súa compulsa da seguinte documentación: a. Facturas conformadas acompañadas, no caso de obras, da certificación (relación valorada) dos traballos realizados ou referencia ao presuposto aceptado se non hai ningunha variación. b. Contratos, nóminas e TC. c. Xustificantes do pagamento de gastos (investimentos e gastos de persoal) admitidos por un importe polo menos igual ao do investimento para xustificar, con data límite do 31 de agosto de 2015 (XUSTIFICANTE BANCARIO NO QUE ESTEA PERFECTAMENTE IDENTIFICADA A TRANSACCIÓN). Non se admitirán pagamentos por caixa. Os xustificantes de pagamentos telemáticos deberán estar conformados pola entidade bancaria. d. Documentos xustificativos de que as persoas contratadas pertencen a un dos colectivos subvencionables, vida laboral e informe de períodos de inscrición no servizo público de emprego no que poida verificarse a antigüidade da demanda. e. No caso de obras, licenza de obras e fotografías en formatos dixital e papel da situación final e outras nas que se poida comprobar que se cumpriron as medidas de publicidade sinaladas nestas bases. f. Declaración responsable actualizada á data (seguindo o modelo presentado no momento da solicitude) doutras axudas concedidas e/ou solicitadas para o mesmo fin. g. Se é o caso, xustificante do correcto tratamento dos residuos (reutilización, entrega á empresa autorizada de tratamento, declaración da empresa provedora con detalle das empresas ás que fai a entrega, punto limpo, etc.). As facturas, recibos de nóminas e TC orixinais devolveranse seladas con indicación do importe subvencionado en cada gasto. En caso de que o gasto ou o pago xustificado sexa menor ao investimento presentado e aceptado en cada unha das liñas, a axuda axustarase á baixa na mesma proporción na que se reduce o investimento ou o pago. Se a diferenza é debida a traballos ou contratos non executados, pódese someter a xuízo da comisión de valoración se procede propoñer a perda de dereito ao cobramento da axuda por incumprimento da finalidade. Considerarase que se perdeu o dereito ao cobramento da axuda se non se obteñen as licenzas de obra municipais. O cumprimento das medidas de publicidade é requisito indispensable para o mantemento da axuda. O formulario de xustificación, estará a disposición dos beneficiarios no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, no CEI-NODUS e na páxina WEB do Concello de Lugo: 10. SUBCONTRATACIÓN Pola natureza da actividade subvencionada está permitida a subcontratación do 100% da actividade subvencionable. No caso de persoas ou entidades provedoras vinculadas coa beneficiaria o co beneficiario segundo os casos recollidos no artigo 68 do Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, estes gastos só serán subvencionables cando se realicen de acordo coas condicións de mercado e se autorice no momento da concesión da axuda. Para iso o solicitante debe facilitar a información e pedir a autorización no momento da presentación de solicitude de axuda. 11. PUBLICIDADE DA AXUDA RECIBIDA As e os beneficiarios deberán realizar as seguintes medidas de publicidade: a. No caso de obras, colocarase na fachada unha lona informativa cos logotipos das entidades que participan e os datos referentes á intervención e a axuda recibida. b. En todos os casos, colocarase nun lugar visible da fachada (cristal do escaparate, porta ou outro lugar o máis visible posible dende a rúa) durante o ano 2015, un adhesivo alusivo ao financiamento obtido que non terá unha dimensión superior a 15 cm x 15 cm. Tanto os carteis como os adhesivos serán facilitados polo CEI Nodus. A empresa beneficiaria asume a obriga e o custo da instalación.

30

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

12. COMPATIBILIDADE, ACUMULACIÓN, SEGUIMENTO E CONTROL DAS AXUDAS CONCEDIDAS A liña A de axudas (subvención de investimentos) é incompatible con outras axudas obtidas para os mesmos investimentos. A liña B de axudas (subvención de gastos de persoal) é compatible con outras axudas da mesma natureza sempre que a suma dos importes concedidos non faga que se superen os límites sinalados pola lexislación nacional. Para estes efectos, dende o CEI Nodus do Concello de Lugo realizarase o seguimento das axudas de minimis dos últimos tres anos para o cal, ademais da declaración realizada pola persoa solicitante, poderían realizarse as consultas de comprobación que se estimen oportunas con outras administracións. As empresas beneficiarias deben cumprir todas as obrigas que establece para as e os beneficiarios o artigo 14 da Lei 38/2003 xeral de subvencións, tales como realizar as actuacións requiridas, xustificar o cumprimento dos requisitos e condicións sinalados nas bases, conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos, someterse ás actuacións de comprobación, etc. O Concello de Lugo, por iniciativa propia ou a instancia doutros organismos nacionais ou comunitarios, poderá realizar as accións de inspección e control e solicitar os documentos necesarios para garantir o cumprimento das finalidades perseguidas pola presente convocatoria. Se unha vez pagada a axuda se observase algunha das causas de reintegro citadas no punto 1 do artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, requiriráselle á ou ao beneficiario o importe indebidamente cobrado mais os xuros legais devindicados e os incrementos sinalados na lexislación vixente, tendo a consideración de ingreso de dereito público, de acordo co disposto nos artigos 38, 40, 41 e 42 da citada lei de subvencións.”

31

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

SOLICITUDE DE AXUDA (ANEXO I)

D.ª/D. postal

; con domicilio para os efectos de notificacións en , localidade , e con DNI -

En nome e dereito propio como titular de (nome comercial) En representación de (entidade) calidade de .

, número

, piso

, porta

, que ten o seu domicilio en

como titular de (nome comercial)

, con domicilio en

, código

. e en

EXPÓN Que vista a CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS MICROEMPRESAS DO CONCELLO DE LUGO COMO APOIO A NOVOS INVESTIMENTOS E FOMENTO DA CREACIÓN DE EMPREGO, publicada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, número do , considerando reunir os requisitos esixidos, segundo amosan os documentos que se achegan, e coa expresa aceptación de todos os termos da convocatoria, declara coñecer todas as obrigas como beneficiaria/o (artigo 14 da Lei 38/2003 xeral de subvencións). SOLICITA A concesión dunha subvención para: (indicar as liñas de subvención que se solicitan) INVESTIMENTO. Activos fixos novos da seguinte natureza: Obras necesarias para o desempeño da actividade Maquinaria e ferramenta. Mobiliario. Equipamento informático de sobremesa. Outro inmobilizado material. GASTO CORRENTE. Gastos de persoal. DECLARA EXPRESAMENTE SI NON lle autoriza ao Concello de Lugo a consultar a súa situación de estar ao corrente de - Que pagamentos coas diferentes administracións públicas: Axencia Estatal de Administración Tributaria, Seguridade Social e Facenda da Administración autonómica (de ser o caso, a autorización outórgase exclusivamente para os efectos do recoñecemento, seguimento e control da subvención ou axuda mencionada anteriormente, e pode ser revogada en calquera momento mediante escrito dirixido ao Concello de Lugo.). - Que coñece o contido das BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS MICROEMPRESAS DO CONCELLO DE LUGO COMO APOIO A NOVOS INVESTIMENTOS E FOMENTO DA CREACIÓN DE EMPREGO. - A entidade cumpre os requisitos para poder ser considerada “microempresa” segundo a definición de recollida na Recomendación da Comisión 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003, DOL 124, 20-05-2003, para cuxa comprobación (segundo o artigo 6 do anexo da Recomendación), se sinalan os datos seguintes: Período de referencia (*): Traballadores/as

Volume de negocios

Balance xeral

(*) Todos os datos deberán corresponder ao último exercicio contable cerrado e calcularanse con carácter anual. En empresas de nova creación que non pecharon aínda as súas contas, utilizaranse datos baseados en estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro. Importante: se hai un cambio de datos con respecto ao exercicio contable anterior que podería implicar o cambio de categoría da empresa solicitante (microempresa, pequena, mediana ou grande empresa) cúbrase e engádase unha declaración relativa ao exercicio anterior] - A entidade non realiza actividades económicas en sectores excluídos pola normativa “de minimis” e non incorre nos supostos de incapacidade para recibir subvencións das administracións públicas (art. 13 da Lei 38/2003). Si NON obtivo, solicitou e/ou vai solicitar as seguintes axudas xestionadas - Que para o mesmo fin, polas administracións ou entes públicos, nacionais ou internacionais.

32

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Liña investimento Entidade convoca e das axudas

que título

Boletín publicación bases

de das

Importe solicitado

Importe concedido

Data de solicitude/concesión

de das

Importe solicitado

Importe concedido

Data de solicitude/concesión

Liña gasto corrente Entidade convoca e das axudas

que título

Boletín publicación bases

- Que para outras actuacións, nos tres últimos anos Si NON obtivo e/ou solicitou as seguintes axudas suxeitas á normativa “de minimis” xestionadas polas administracións ou entes públicos, nacionais ou internacionais que se relacionan a continuación: Liña investimento Entidade convoca e das axudas

que título

Boletín publicación bases

de das

Importe solicitado

Importe concedido

Data de solicitude/concesión

que título

Boletín publicación bases

de das

Importe solicitado

Importe concedido

Data de solicitude/concesión

Liña B Entidade convoca e das axudas

- Que se compromete a comunicarlle por escrito ao Concello de Lugo calquera modificación sobre o financiamento solicitado e/ou recibido no menor prazo posible, necesariamente antes da xustificación da subvención. - Que todos os datos reflectidos nesta solicitude son certos e que se compromete a comunicarlle por escrito ao Concello de Lugo calquera modificación deles no menor prazo posible. INFORMACIÓN SOBRE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro do Concello de Lugo para o seu tratamento coa finalidade da xestión, avaliación, seguimento e estatística deste programa de axudas. A presentación da solicitude supón a cesión de datos persoais ao Concello de Lugo por parte da persoa solicitante. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei pódense exercer dirixindo un escrito ao Concello de Lugo como responsable do ficheiro.

Lugo,

, de

de 201

Asdo.:

.

33

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

DOCUMENTACIÓN QUE PRESENTA (orixinal e copia para a súa compulsa), segundo o punto 7 das bases da convocatoria. NIF/CIF da/o empresaria/o ou da empresa (segundo o caso). No caso de sociedades, escritura de constitución e DNI do/da representante e poder de representación. Documentación acreditativa da alta no IAE ou alta no Censo de obrigados tributarios. Documentación acreditativa da alta na Seguridade Social. No caso de execución de obras, título de propiedade do local ou permiso da/do propietaria/o (se non é a persoa solicitante) para realizar estas. CERTIFICADOS DE ESTAR AO CORRENTE DOS PAGAMENTOS COAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS (no caso de optar por non autorizar a súa consulta ao Concello de Lugo) ACHEGA CERTIFICADO VIXENTE SEGURIDADE SOCIAL FACENDA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA AEAT

LIÑA A: INVESTIMENTO No caso de obras: Fotografías en formatos dixital e papel da situación inicial que se vai modificar; Memoria técnica da intervención que inclúa, medicións, prezos unitarios e planos que permitan a perfecta comprensión da intervención (materiais para utilizar, dimensións, acabados, cores, etc.) Orzamento aceptado por unha/un contratista. No caso doutros investimentos: Orzamentos detallados a nivel de custo por unidades. Documentación gráfica. LIÑA B: GASTO CORRENTE (os contratos iniciaranse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 28 de febreiro de 2015) Número de persoas para contratar: traballadoras/es. Duración dos contratos (meses): . DOCUMENTO DE DESIGNACIÓN DE CONTA BANCARIA PARA O INGRESO DA SUBVENCIÓN, CONFORMADO POLA ENTIDADE BANCARIA

Lugo,

, de

de 201

Asdo.:

Esta solicitude, totalmente cuberta e coa documentación aportada, presentarase preferentemente no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, sito no Centro de Servizos Municipais na ronda da Muralla, 197 baixo, 27002 LUGO, ou por calquera dos medios descritos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común e as súas posteriores modificacións.

DESIGNACIÓN DE CONTA BANCARIA PARA O INGRESO DA SUBVENCIÓN I. Datos da persoa titular Nome ou razón social: NIF/CIF: II. Alta de datos bancarios Código entidade

Código sucursal

DC

Número de conta

34

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

PARA COMPLETAR POLA ENTIDADE DE CRÉDITO: D./D.ª , co cargo de , certifico para os efectos da domiciliación dos importes que a esta lle vaia ordenar a Tesourería do Excmo.Concello de Lugo, a existencia da conta mencionada, aberta a nome da persoa titular que se está a indicar.

,

POLA ENTIDADE DE CRÉDITO (Sinatura e selo)

, de

de 201

35

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

XUSTIFICACIÓN DA AXUDA (ANEXO II) D.ª/D. postal

; con domicilio para os efectos de notificacións en , localidade , e con DNI -

En nome e dereito propio como titular de (nome comercial) En representación de (entidade) calidade de .

, número

, piso

, porta

, que ten o seu domicilio en

como titular de (nome comercial)

, código

.

, con domicilio en

e en

EXPÓN - Que lle foi concedida unha subvención para: INVESTIMENTO. Activos fixos novos da seguinte natureza: Obras necesarias para o desempeño da actividade Maquinaria e ferramenta. Mobiliario. Equipamento informático de sobremesa. Outro inmobilizado material. GASTO CORRENTE. Gastos de persoal. ao abeiro da convocatoria de AXUDAS ÁS MICROEMPRESAS DO CONCELLO DE LUGO COMO APOIO A NOVOS INVESTIMENTOS E FOMENTO DA CREACIÓN DE EMPREGO. DECLARA EXPRESAMENTE - Que coñece o contido das BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA DE AXUDAS ÁS MICROEMPRESAS DO CONCELLO DE LUGO COMO APOIO A NOVOS INVESTIMENTOS E FOMENTO DA CREACIÓN DE EMPREGO. - A entidade non incorre nos supostos de incapacidade para recibir subvencións das administracións públicas (art. 13 da Lei 38/2003). - Que a entidade procedeu, con data meses.

, á contratación de

traballadores/as, por un período de

- Que realizou o investimento solicitado respectando todo o contido nas bases, cumprindo as obrigas das e dos beneficiarios establecidos na lexislación nacional e comunitaria e os condicionantes sinalados no momento da concesión da axuda, e presentou para a xustificación económica os seguintes documentos de gasto e pagamento: INVESTIMENTO. Activos fixos novos Data da Número factura factura 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 TOTAL LIÑA INVESTIMENTO GASTO CORRENTE Data da Número factura factura 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 TOTAL LIÑA GASTO CORRENTE

Provedor

Concepto de gasto

Importe (sen IVE)

Data de pagamento

Provedor

Concepto de gasto

Importe (sen IVE)

Data de pagamento

36

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

- Que para o mesmo fin Si NON obtivo, solicitou e/ou vai solicitar as seguintes axudas xestionadas polas administracións ou entes públicos, nacionais ou internacionais. Liña: investimento Entidade convoca e das axudas

que título

Boletín publicación bases

de das

Importe solicitado

Importe concedido

Data de solicitude/concesión

de das

Importe solicitado

Importe concedido

Data de solicitude/concesión

Liña: gasto corrente Entidade convoca e das axudas

que título

Boletín publicación bases

- Que, para outras actuacións, nos tres últimos anos Si NON obtivo e/ou solicitou as seguintes axudas suxeitas á normativa “de minimis” xestionadas polas Administracións ou entes públicos, nacionais ou internacionais que se relacionan a continuación: Liña: investimento Entidade convoca e das axudas

que título

Boletín publicación bases

de das

Importe solicitado

Importe concedido

Data de solicitude/concesión

Boletín publicación bases

de das

Importe solicitado

Importe concedido

Data de solicitude/concesión

Liña B Entidade convoca e das axudas

que título

- Que todos os datos reflectidos nesta solicitude son certos e que se compromete a comunicarlle por escrito ao Concello de Lugo calquera modificación deles no menor prazo posible. INFORMACIÓN SOBRE DATOS DE CARACTER PERSOAL En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro do Concello de Lugo para o seu tratamento coa finalidade da xestión, avaliación, seguimento e estatística deste programa de axudas. A presentación da solicitude supón a cesión de datos persoais ao Concello de Lugo por parte da persoa solicitante. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei pódense exercer dirixindo un escrito ao Concello de Lugo como responsable do ficheiro.

Lugo,

, de

de 201

Asdo.:

.

37

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

DOCUMENTACIÓN QUE PRESENTA (orixinal e copia para a súa compulsa), segundo o punto 9 das bases da convocatoria. LIÑA A: INVESTIMENTO No caso de obras: Facturas conformadas acompañadas da certificación (relación valorada) dos traballos realizados. Licenza de obras e fotografías en formatos dixital e papel da situación final Xustificante do correcto tratamento dos residuos (reutilización, entrega a empresa autorizada de tratamento, declaración da empresa provedora con detalle das empresas ás que fai a entrega, punto limpo, etc.) Xustificantes do pagamento No caso doutros investimentos: Facturas conformadas Xustificantes do pagamento

LIÑA B: GASTO CORRENTE Contratos, nóminas e TC. Xustificantes do pagamento Documentos xustificativos de que as persoas contratadas pertencen a un dos colectivos subvencionables, vida laboral e informe de períodos de inscrición no servizo público de emprego no que poida verificarse a antigüidade da demanda.

Lugo,

, de

de 201

Asdo.:

.

Este documento de xustificación, totalmente cuberto e coa documentación aportada, presentarase preferentemente no Rexistro Xeral do Concello de Lugo, sito no Centro de Servizos Municipais na ronda da Muralla, 197 baixo, 27002 LUGO, ou por calquera dos medios descritos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e as súas posteriores modificacións.

38

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Lugo, 10 de setembro de 2014.- A 8ª TENENTA DE ALCALDE por suplencia da titular da ÁREA DE ECONOMÍA, EMPRENDEMENTO, AUTÓNOMOS E EDUCACIÓN, Rosana Rielo Rozas R. 3532

Anuncio Mediante decreto asinado o día 3 de xullo de 2014, acordouse poñer en coñecemento de dona María Yennis Riascos de Severino o contido do informe emitido polos técnicos municipais como consecuencia da inspección da actividade de salón de peiteado sita na rúa Progreso número 42-44, galerías “Os Porches”, local número 8, da que é titular, en trámite de audiencia por prazo de quince días, a efectos de que proceda á presentación das alegacións e documentos que considere oportunos, previos á declaración de ineficacia da comunicación efectuada e á orde de cese de actividade, de conformidade co establecido na Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. No informe os técnicos municipais facían constar que se procedeu a realizar a inspección das instalacións da actividade de referencia co resultado de : “Inspección desfavorable, pola existencia das seguintes irregularidades: -

O local carece de ventilación según establece o RD 1027/2007 “Reglamento de instalaciones térmicas en los edificios” (RITE).”

Ó terse enviadas reiteradas notificacións ó enderezo aportado a tales efectos, non podéndose levar a cabo a notificación da resolución, e ós efectos sinalados no art. 59-5 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, do 26 de novembro de 1992, procédese a publicar o presente edicto, facendo constar que o expediente pode consultarse, durante as horas de oficina, no Servizo de Licenzas deste Concello, onde se encontra de manifesto. Lugo, 1 de setembro de 2014.- O TENENTE DE ALCALDE DELEGADO DA ÁREA DE URBANISMO E MEDIO AMBIENTE, Luis Manuel Álvarez Martínez R. 3501

PANTÓN Anuncio

O Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Pantón (Lugo), mediante Decreto número 123/2014, de data 27 de agosto, adoptou o seguinte acordo relativo á finalización do procedemento para a provisión, con carácter interino, da praza de Secretaría-Interventor deste Concello, cuio tenor literal é o seguinte: “DON JOSÉ LUIS ÁLVAREZ BLANCO ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE PANTÓN Visto que por Resolución de Alcaldía número 99/2014, do 23 de xullo, aprobáronse as bases que han de rexer a convocatoria para a provisión con carácter interino do posto de Secretaría-Intervención desta Entidade Local, remitidas pola Dirección Xeral de Administración Local para a provisión con carácter interino e por concurso de méritos do posto de Secretaría-Intevención desta Entidade Local. Visto que as devanditas bases publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo nº 177, do 4 de agosto do 2014. Vista a base 3ª parágrafo 4º que di: “O prazo de presentación de solicitudes é tamén para que os funcionarios con habilitación de carácter estatal interesados en dito posto, manifesten por escrito ao S.r Presidente da Corporación o seu interese no desempeño do mesmo. Polo que, si existise un funcionario/a con habilitación de carácter estatal interesado, o procedemento suspenderase ata facer efectivo o nomeamento deste, momento no que se deixara sen efecto. Non obstante, si finalmente non recaese nomeamento en funcionario con habilitación de carácter estatal interesado, continuara o procedemento de selección de nomeamento interino.” Vista a resolución da Dirección Xeral de Administración Local- Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia- do 19 de agosto do 2014, mediante a que se autoriza a acumulación de funcións no posto de Secretaría-Intervención do Concello de Pantón (Lugo) a un funcionario da Administración Local con habilitación de carácter nacional,ata que se cubra regulamentariamente a praza.

39

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Considerando o disposto nos artigos 39, 44 e 46 do Decreto 49/2009, de 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, que recollen a preferencia dos nomeamentos provisionais, comisións de servizos e acumulacións de funcións respecto dos nomeamentos interinos, así como os artigos 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e 31 do Real Decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional e 92 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, RESOLVO: Primeiro: Deixar sen efecto o proceso selectivo para a provisión con carácter interino da praza de SecretaríaIntervención do Concello de Pantón (Lugo), a consecuencia de cubrirse a praza mediante o nomeamento dun funcionario da Administración Local con habilitación de carácter estatal en réxime de acumulación de funcións. Segundo: Dar traslado do presente acordo ós interesados que presentasen solicitude de participación no procedemento, e proceder á devolución da taxa correspondente a aqueles participantes que a abonasen. Terceiro: Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e no Taboleiro de Anuncios do Concello aos seus debidos efectos. Pantón, a 27 de agosto de 2014. O Alcalde. Asdo.: José Luis Álvarez Blanco “ R. 3502

RIBADEO Anuncio De conformidade coa Resolución de Alcaldía de data 09/09/2014 por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa e varios criterios de adxudicación directamente vinculados co obxecto do contrato, para a adxudicación do contrato mixto relativo a Remozado, Subministracións e instalacións no Hospital Asilo de Ribadeo, conforme aos seguintes datos: 1. Entidade adxudicadora: CONCELLO DE RIBADEO A) Dependencia que tramita o expediente. SECRETARIA Obtención de documentación e información: 1) Dependencia. Negociado de Contratación 2) Domicilio. Plaza de España, 1 3) Localidade e código postal: Ribadeo 27700 4) Teléfono. 982 120701 5) Telefax. 982 130975 6)Correo electrónico. [email protected] ; [email protected] 7) Enderezo de Internet do perfil do contratante. www.ribadeo.org 2. Obxecto do Contrato: Contrato mixto, procedemento aberto, varios criterios de adxudicación directamente vinculados ao obxecto do contrato,tramitación urxente. Lugar de execución/entrega: Ribadeo 1) Domicilio. Plaza de España, 1 2) Localidade e código postal. Ribadeo, 27700. 3. Valor estimado do contrato: 87.021,00 euros 4. Garantías esixidas. Definitiva (%): 5 po 100 do prezo da adxudicacion, sen IVE 5. Requisitos específicos do contratista: a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional. 6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) b) c)

Data límite de presentación. 13 dias dende a data de publicación BOP de Lugo. Modalidade de presentación. As previstas no art. 38.4 da lei 30/1992 de 26 de novembro, de RXAPPAC. Lugar de presentación:

40

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014 1. 2. 3. 4.

B.O.P de Lugo

Dependencia. EXCMO CONCELLO DE RIBADEO Domicilio. Praza de España, 1 Localidade e código postal: Ribadeo 27700 Enderezo electrónico: [email protected]; [email protected]

7. Apertura de ofertas: A partir do 5º día hábil tras do remate do prazo de presentación das proposicións, ás 12,00 horas. Ribadeo, 10 de setembro de 2014.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA. R. 3503

SAMOS Anuncio Con data de 01/08/2014 o Pleno da Corporación aprobou inicialmente o expediente de baixa de saldos de exercizos pechados por prescrición colectiva. Sometido a información pública por prazo de vinte días a citada aprobación inicial en virtude de publicación no BOP de Lugo Nº 184 de data 12/08/2014, durante o mencionado prazo non se presentou reclamación algunha, polo que se entende elevado a definitivo o acordo inicialmente adoptado. O que se pon en coñecemento aos efectos de notificación, indicando que contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer os seguintes recursos: A) Potestativo de reposición, perante o órgano que ditou este acto, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación deste acordo. B) Contencioso-administrativo, perante o Xulgado Contencioso-administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste acordo. C) Todo elo, sen perxuizo de que poida exercer, no seu caso, calquera outro que estime procedente. Samos, a 8 de setembro de 2014.- O Alcalde, Julio Gallego Moure. R. 3504

O VICEDO Anuncio Por resolución da Alcaldía de 09 de setembro do 2014, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de agosto de 2014 do prezo público pola prestación do servicio de axuda no fogar. Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación. Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. Alcalde – Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. ANUNCIO DE COBRANZA De conformidade co disposto no artigos 24 e 25 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 939/2005), do 29 de xullo, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 09/08/2014. Para o cobramento dos mesmos, ós contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas.

41

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

Para os demáis contribuíntes, os recibos seranlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectuar o pagamento en calquera oficina das entidades bancarias radicadas no termo municipal do Vicedo. Transcorrido o prazo de pagamento en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de constrinximento; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase á súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento xeral de recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, xeral tributaria, para o que deberán acudir ás oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria. O Vicedo, 09 de setembro de 2014.- O Alcalde, José Jesús Novo Martínez R. 3505

VIVEIRO Anuncio Por medio do presente anuncio exponse ó público a modificación puntual da RPT do Concello de Viveiro, efectuada en execución da sentenza dictada no procedemento ordinario 481/2007, por prazo de 15 días, durante o cal se poderán presentar reclamacións. En Viveiro, a 5 de setembro de 2014.- A ALCALDESA, María Loureiro García R. 3478

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL Nº 2 DE LUGO Anuncio CEDULA DE NOTIFICACION Y CITACIÓN Mª DEL CARMEN VARELA REBOLO, SECRETARIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 2 DE LUGO, HAGO SABER: Que en la EJECUCIÓN 224/2014 de este Juzgado de lo Social, seguidos a instancia de D. BRUNO GARCÍA MÉNDEZ contra la empresa OBRAS TRISA SL sobre DESPIDO, se ha dictado auto, en el día de la fecha, cuya parte dispositiva literalmente dice: “Dispongo: Despachar orden general de ejecución de la sentencia firme de fecha 18/6/2014 dictada en los autos de despido 396/2014 a favor de D. BRUNO GARCIA MENDEZ frente a OBRAS TRISA SL.- Notifíquese a las partes, haciéndoles saber que en aplicación del mandato contenido en el artículo 53.2 de la LJS, en el primer escrito o comparecencia ante el órgano judicial, las partes o interesados, y en su caso los profesionales designados, señalarán un domicilio y datos completos para la práctica de actos de comunicación. El domicilio y los datos de localización facilitados con tal fin, surtirán plenos efectos y las notificaciones en ellos intentadas sin efecto serán válidas hasta tanto no sean facilitados otros datos alternativos, siendo carga procesal de las partes y de sus representantes mantenerlos actualizados. Asimismo deberán comunicar los cambios relativos a su número de teléfono, fax, dirección electrónica o similares, siempre que estos últimos estén siendo utilizados como instrumentos de comunicación con el Tribunal.- MODO DE IMPUGNACIÓN: Mediante recurso de reposición a interponer en el plazo de TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación con expresión de la/s infracción/es cometida/s en la resolución, cumplimiento o incumplimiento de presupuestos y requisitos procesales exigidos y/o oposición a la ejecución despachada en los términos previstos en el art. 239.4 de la Ley Reguladora de la Jurisdicción Social, sin que la interposición del recurso tenga efectos suspensivos con respecto a la resolución recurrida.- Así lo acuerda y firma SSª. Doy fe.” Que, en el mismo procedimiento y con la misma fecha, se ha dictado diligencia de ordenación acordando citar a OBRAS TRISA SL, en ignorado paradero, a fin de que comparezca el día 7/10/2014 a las 09:45 horas, a

42

Núm. 214 – Miércoles, 17 de Septiembre de 2014

B.O.P de Lugo

la celebración de la comparecencia prevista en el artículo 280 de la LRJS, que tendrá lugar en la Sala de Vistas de este Juzgado de lo Social número 2 sito en C/ ARMANDO DURAN Nº 1 .LUGO debiendo comparecer personalmente o mediante persona legalmente apoderada, y con todos los medios de prueba de que intente valerse, con la advertencia de que dicho acto no se suspenderá por falta injustificada de su asistencia. Y para que le sirva de NOTIFICACION EN LEGAL FORMA a la empresa OBRAS TRISA SL, en ignorado paradero, con último domicilio conocido en San Xillao, 2-4º B de Lugo, a la que se advierte que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o cédula en el tablón de anuncios de la Oficina Judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia o cuando se trate de emplazamiento, expido y firmo el presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, en LUGO, a cuatro de Septiembre de dos mil catorce.- LA SECRETARIA JUDICIAL R. 3507

XULGADO DO SOCIAL N. 3 DE LUGO Anuncio DOÑA MARÍA DE LOS ÁNGELES LÓPEZ CARBALLO, SECRETARIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO TRES DE LUGO Y SU PROVINCIA: En la ejecución nº 154/2014, seguida ante el Juzgado de lo Social nº 3 de Lugo, a instancia de DOÑA GALA CUESTA LENCE contra la EMP. “EXFRI LUGO REFRIGERACIÓN, S.L.U.”, sobre Reclamación de Cantidad, con fecha 04-09-2014 se ha dictado DECRETO cuya parte dispositiva es del tenor literal siguiente: “Debo declarar y declaro a la empresa demandada y ejecutada “EXFRI LUGO REFRIGERACIÓN, S.L.U.” insolvente por ahora, en sentido legal, para las resultas de este procedimiento, sin perjuicio de que se hagan efectivas las responsabilidades exigidas si en lo sucesivo mejora de fortuna. Notifíquese esta resolución a las partes y al Fondo de Garantía Salarial, con la advertencia de que no es definitiva, pudiendo en cualquier tiempo en que se conozcan bienes de la demandada y ejecutada, instar el embargo de los mismos; y archívense por ahora estas diligencias. Contra la presente resolución cabe interponer RECURSO DE REVISIÓN ante este Juzgado dentro del plazo de TRES DÍAS hábiles a contar desde su notificación, previa consignación del depósito de 25 euros en la cuenta de este Juzgado número 2324/0000/30/0154/14. Así lo acuerda, manda y firma, la Sra. Doña María Ángeles López Carballo, Secretaria Judicial del Juzgado de lo Social número tres de Lugo; doy fe.” Y para que sirva de notificación a la EMP. “EXFRI LUGO REFRIGERACIÓN, S.L.U.”, en ignorado paradero, expido la presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia, con el apercibimiento de que las siguientes comunicaciones se harán en estrados, salvo las que deban revestir forma de auto o sentencia o se trate de emplazamiento, de conformidad con el art. 59 de la LJS. LUGO, cuatro de septiembre de dos mil catorce.- LA SECRETARIA JUDICIAL R. 3508

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 17.09.2014 08:00:00 CEST Razón: Localización: España