LUNS, 18 DE SETEMBRO DE 2017
Nº 215
XUNTA DE GALICIA XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA. DELEGACIÓN TERRITORIAL DE LUGO Anuncio Resolución do 1 de setembro de 2017 da Xefatura Territorial da cosellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construcción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/103-2, 8412-AT). Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construcción da instalación eléctrica que a seguir se describe: -
Solicitante: B.E.G.A.S.A. Domicilio Social: Rúa Ramón Mª Aller Ulloa,9, 27003 Lugo Denominación: Legalización do C.T. 1780 Os Picos Situación: concello de Mondoñedo Características técnicas:
1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV con orixe no apoio 8 existente da LMT Fazouro-ST Mondoñedo e final no novo CT Os Picos de caseta proxectado, cunha lonxitude de 25 metros en condutor tipo RHZ1-150. 2. Centro de transformación prefabricado Os Picos, cunha potencia proxectada de 250 kVA e unha potencia instalada de 100 kVA, relación de transformación de 20.000-400-230 V. 3. Rede de baixa tensión soterrada, con orixe no novo CT Os Picos e final nun paso aéreo a soterrado proxectado nun apoio de formigón, cunha lonxitude de 50 metros en condutor tipo RV. 4. Rede de baixa tensión aérea, con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado, cunha lonxitude de 57 metros en condutor tipo RZ. Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, (BOE núm. 310 do 27 de decembro) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310 do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (D.O.G. núm. 54 do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos Decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro,(DOG. núm. 22 do 1 de febreiro) sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve: Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito. Lugo, 1 de setembro de 2017.- A Xefa Territorial de Lugo, Pilar Férnandez López R. 2652
2
Núm. 215 – Luns, 18 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Anuncio Resolución do 30 de agosto de 2017 da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (Expediente IN407A 2017/86 -2, 8560- AT) Para os efectos previstos na Lei 24/2013 do 26 de decembro (BOE nº. 310) do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, (BOE nº. 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe: - Solicitante: B.E.G.A.S.A. - Domicilio social: P.E. As Gándaras,Rúa Ramón Mª Aller Ulloa nº9 - Denominación: L.M.T. soterrada entre o C.T. 1794 O Río e C.T. 9702 Edif. Díaz. - Situación: concello de Burela - Características técnicas: 1. Liña de Media Tensión soterrada a 20kV baixo tubo, cunha lonxitude de 660 m, con orixe no C.T. 1794 O Río, conductor tipo RHZ1 240, e final no C.T. 9702 Edif. Díaz. Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na Rolda da Muralla nº. 70-baixo 2- Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución. Lugo, 30 de Agosto de 2017.- A Xefa Territorial de Lugo, Pilar Fernández López R. 2653
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO DE XESTIÓN TRIBUTARIA E RECADACIÓN PROVINCIAL Anuncio TRÁMITE DE INFORMACION PÚBLICA O Servizo de Xestión Tributaria e Recadación da Deputación Provincial de Lugo sito en Lugo, Rua Tui 5 baixo, tramita un procedemento de constrinximento para o cobro das débedas ás Facendas Locais de Castro de Rei e Barreiros de D FROILAN CRECENTE OCAMPO con DNI 33716348G e derradeiro enderezo coñecido en Lg Quintela, Castro de Rei, Lugo. A débeda ten orixe nos recibos do Imposto de bens de natureza urbana dos inmobles con referencias catastrais seguintes: 000800900PH28D0001UA/F01016100PJ42D0001XL/000800800PH28D0001ZA/ 2579547PH2727N0001FP, o imposto de bens de natureza rústica das referencias catastrais seguintes: 27010J001000400000UF/27010J003002810000UF/27010J002002250000UW/27010J002002260000UA/ 27010J001000640000UG/27010J001000090000UR e o Imposto de vehículos de tracción mecánica do vehículo matrícula LU-8200-O. Tendo constatado o falecemento do debedor e descoñecéndose o enderezo dos posibles heredeiros da causante e estando próximo o trámite de poxa do inmoble embargado no procedemento, COMUNÍCASE A apertura do trámite de información pública en base ao disposto no artigo 83 da Lei 39/2015 de 1 de Outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas polo prazo dun mes iniciándose o cómputo do mesmo a partires do día seguinte ao desta publicación. Aos efectos da comparecencia para o exame do expediente administrativo ou achega de calquera documentación estará dispoñible o mesmo nas dependencias do Servizo de Xestión Tributaria e Recadación sitas en Lugo, Rua Tui 5 baixo. Lugo, 29 de agosto de 2017.- O Xefe do Servizo, Emilio J. Fernández Pita R. 2691
3
Núm. 215 – Luns, 18 de setembro de 2017
BOP de Lugo
CONCELLOS LOURENZÁ Anuncio En cumprimento do artigo 169.1, por remisión do 177.2, do Real decreto 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, xa que non se presentaron alegacións durante o prazo de exposición ao público, queda automaticamente elevado a definitivo o acordo plenario do día 20/07/2017, sobre o expediente de modificación de créditos núm. 1/2017 do orzamento en vigor (Expediente 424/2017 de Gestiona), na modalidade de crédito extraordinario, financiado con cargo ao Remanente de Tesouraría para gastos xerais, que se fai público co seguinte contido: O importe e o destino con base no informe de Intervención, son: AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA( Operación de endebedamento de Pago a Provedores actualmente vixente co Banco de Sabadell) pola cantidade de DOUSCENTOS VINTE E CINCO MIL EUROS CINCOCENTOS CORENTA E TRES EUROS CON CORENTA E TRES CÉNTIMOS (225.543,43).O resumo das aplicacións orzamentarias ás que se destinará o superávit orzamentario segundo o establecido no punto anterior será o seguinte:
Altas en aplicacións de gastos Aplicación orzamentaria 011
913
Descrición
Euros
AMORTIZACIÓN PRÉSTAMOS A LONGO PRAZO FORA DO SECTOR PÚBLICO
225.543,43
TOTAL GASTOS
225.543,43
Contra este acordo, en virtude do disposto no artigo 171 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, os interesados poderán interpoñer directamente un recurso contencioso-administrativo, na forma e prazos establecidos nos artigos 25 a 42 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da dita xurisdición. Sen prexuízo disto e consonte o establecido no artigo 171.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, a interposición dese recurso non suspenderá por si soa a efectividade do acto ou acordo impugnado. Lourenzá,6 de setembro do 2017.- A Alcaldesa, Rocío López García. R. 2655
PORTOMARÍN Anuncio INFORMACIÓN PUBLICA: Aprobados por Resolución da Alcaldía, os padróns de: - Taxa Padrón LIXO NO RURAL XANEIRO – XUÑO/2017. Expoñense o público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Recursos: Contra o acordo da aprobación do padrón poderase interpor recurso de reposición no prazo de un mes contado dende o día seguinte ó da publicación desta información pública no BOP de Lugo ante a Alcaldía do Concello de Portomarín. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderase interpor recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. A publicación do padrón no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, surtirá os efectos de notificación da liquidación tributaria a cada un dos suxeitos pasivos.
4
Núm. 215 – Luns, 18 de setembro de 2017
BOP de Lugo
ANUNCIO DE COBRANZA: De conformidade co disposto no artigo 62.3 da Lei Xeral Tributaria e no 68.1 b) do Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de pago en período voluntario, desde o 21/08/2017 ata o 21/10/2017. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, seranlles cargados nas costas bancarias respectivas. O resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas de Abanca de Portomarín. Advírtese que transcorrido o prazo de ingreso voluntario, as débedas serán esixidas polo procedemento de apremio e devengarán os correspondentes recargos do período executivo, os intereses de demora e, no seu caso, as costas que se produzan. Portomarín, 11 de Agosto de 2017.- O Alcalde en funcións, José Pérez Fernández R. 2656
Anuncio Aprobado o PADRON de: - Tasa SAF Periodo xullo de 2017 Se exponen aI público, en estas oficinas, por el plazo de quince días hábiles a efectos de examen y reclamaciones. PERIODO DE COBRO EN VOLUNTARIA: - Del 22 de agosto 20t7 ao 22 de setembro de 2017 MODALIDADE DE COBRO.O ingreso das deudas realizaranse nas oficinas de Caixa Galicia - Oficina de Portomarín, nas datas laborables de 9,00 a 14,00 hotas, nas que se presentará o documento de ingreso que, a tal efecto se remite a o domicilio dos contribuíntes. Aquelas persoas que por cualquier circunstancia non reciban ou extravÍen o documento de ingreso poderán solicitar un novo nas oficinas do Concello onde expediráselles outro a efecto de levar a cabo o ingreso en ditas oficinas da Caixa Galicia.
RECURSOS.Contra o acordo da aprobación poderá formularse recurso de reposición ante a Comisión de Goberno, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ó finalizar o prazo de exposición ao público, ou ben recurso contencioso- adm. ante o Xulgado do Contencioso- Adm. de Lugo, non podendo interponerse ambos recursos de forma simultanea. Transcorrido o prazo de ingreso no período voluntario, as deudas serán esixidas polo procedemento de apremio e devengaranse os recargos correspondentes ao período executivo, os intereses de demora e, no seu caso, as costas do procedemento de apremio. En portomarín a 4 de agosto de 2017.- O Alcalde, José Pérez Fernández R. 2657
RÁBADE Anuncio Por resolución da Alcaldía-presidencia do Concello de Rábade de data 21 de agosto de 2017 prestouse aprobación ao Padrón da taxa pola prestación do servizo de axuda no fogar correspondente ao mes de xullo de 2017, o cal se expón ao público polo prazo de quince días contados a partir do seguinte da súa publicación ao obxecto de que poida ser examinado e presentar contra o mesmo as reclamacións que se estimen pertinentes. Así mesmo faise saber que dita publicación servirá de notificación colectiva a todos os contribuíntes nel comprendidos ao amparo da Lei Xeral Tributaria. Rábade, a 4 de setembro de 2017.- O Alcalde, Francisco Xosé Fernández Montes. R. 2658
5
Núm. 215 – Luns, 18 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Anuncio LICITACIÓN 1. Entidade adxudicadora: Concello de Rábade. Obtención de documentación e información: Concello de Rábade. Domicilio: Praza do 28 de maio s/n. Teléfono: 982390062 Fax: 982390411 Correo electrónico:
[email protected] Dirección de internet do perfil do contratante: www.rabade.org 2. Obxecto do contrato: “Conserxería, coordinación de actividades deportivas, e limpeza do pavillón polideportivo municipal”. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto cun único criterio de adxudicación: factor prezo. 3. Orzamento de licitación: 20.661,16 € , B) IVE ( 21%):4.338,84€, PREZO TOTAL ( IVE engadido): 25.000,00 €. 4. Prazo de execución: Dous (2) anos, prorrogables. 5. Garantías: Provisional: non se esixe Definitiva: 5% do importe da adxudicación, excluído o IVE. 6. Requisitos específicos do contratista: os establecidos nos pregos de cláusulas. 7. Data límite de presentación de ofertas: quince días naturais a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. 8. Lugar de presentación: rexistro xeral do concello ou calquera dos medios establecidos no art. 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. 9. Apertura de ofertas: Publicarase no taboleiro de anuncios da corporación e no perfil do contratante. Rábade, a 12 de setembro de 2017.- O Concelleiro Delegado, Alejandro Martínez Campos. R. 2706
RIBADEO Anuncio RESOLUCIÓN DA ALCALDIA-PRESIDENCIA.Visto expediente instruido para provisión de dous postos do cadro de persoal laboral deste Concello de Profesores da Escola Municipal de Música de Ribadeo, de carácter laboral interino discontinuo. Resultando,que por resolución da Alcaldía de 22 de agosto de 2017 se prestou aprobación á lista provisional de admitidos e excluídos, que foi exposta no tablón de anuncios do Concello e mais na sede electrónica da web municipal: www.ribadeo.gal así como no Boletin Oficial da Provincia de Lugo de data 31 de agosto de 2017, sen formularse alegacións ou reclamacións. Visto canto antecede, esta Alcaldia de conformidade co disposto nas bases para o proceso selectivo de referencia, Lei 7/1985,de 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e demáis normativa de pertinente aplicación, RESOLVE 1º. Elevar a definitiva a lista de admitidos e excluídos a que se refire a resolución da Alcaldía citada. 2º. Fixar a composición do órgano de selección que quedará do seguinte xeito: Presidente: D. Marcos Galán Piñeiro, Vicedirector do CMUS Xan Viaño de Ferrol.
6
Núm. 215 – Luns, 18 de setembro de 2017
BOP de Lugo
Suplente: D. Valentín Prieto Gómez, Profesor da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo Vogais: Titular: D. Franciso San Ramón Calvo, Director do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Suplente: Martín Damián Bucki, profesor da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Titular: D. Enrique Agrelo Otero, profesor do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Suplente: Verónica Fernández Pérez, responsable da OMIX de Ribadeo. Titular:D. Luis Rodil Fernández, profesor do Consevatorio Profesional de Música de Viveiro. Suplente: Mónica Barcia Paredes, AEDL do Concello de Ribadeo. Secretario con voz e sen voto: D. José Antonio Carro Asorey, Secretario Xeral da Corporación. Suplente: D. José Rodil Veiga, Técnico de Administración Xeral da Corporación. Os membros do Tribunal están suxeitos ao réxime de recusación previsto no artigo 24 da vixente Lei 40/2015, de 1 de outubro do Réxime Xurídico do Sector público. 3º.- Fixar como data e hora para o inicio do proceso selectivo e comezo do primeiro exercicio o próximo día 25 de setembro de 2017 a partir das 10,00 horas na Casa do Concello de Ribadeo. O Organo de selección constituirase a partir das 9,30 horas. 4º. Publicar anuncio con esta Resolución no taboleiro de anuncios do Concello, sede electrónica da web municipal www.ribadeo.gal e BOP de Lugo aos efectos legais procedentes. Mandao e asinao o Sr.Alcalde,en Ribadeo a 11 de setembro de 2017 do que eu Secretario dou fe.- O ALCALDE, FERNANDO SUÁREZ BARCIA, O SECRETARIO EN FUNCIONS, JOSÉ RODIL VEIGA R. 2692
SAMOS Anuncio En cumprimento do preceptuado no artigo 44.2 do R.D. 2568/1986, de 28 de novembro, publícase a Resolución de Alcaldía de data 04/09/2017 que se transcribe: “RESOLUCION DA ALCALDÍA ASUNTO: DELEGACIÓN DE COMPETENCIA PARA A CELEBRACIÓN DE VODA CIVIL Estando prevista a celebración dun matrimonio civil no Concello de Samos o día 8 de setembro de 2017, e logo de que os contraentes solicitasen que se exerza a delegación de Alcaldía para a celebración do matrimonio no Sr. concelleiro D. Xosé Antonio Real Vázquez. Logo de ver o disposto nos artigos 51 e seguintes do Código Civil no que se regula a celebración dos matrimonios. Logo de ver o disposto nos artigos 23.4 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, apartados 3 e 4 do artigo 61 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia e 43 e 44 do Real decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais. Esta Alcaldía en uso das facultades legalmente atribuídas, RESOLVE: Primeiro: Delegar as miñas funcións para a celebración no concello de Samos o día 8 de setembro de 2017 ás 18:30 horas no Salón de Plenos do Concello, do matrimonio civil a contraer entre I.V.M. e A.A.T., no Sr. concelleiro D. Xosé Antonio Real Vázquez. Segundo: Notificar esta resolución aos interesados e publicala no Boletín Oficial da Provincia sen prexuízo da súa efectividade dende o día seguinte ao de ditado do presente Decreto. Terceiro: Dar conta da presente ao Pleno do Concello na primeira sesión que teña lugar, para os efectos correspondentes. Así o mando e asino, en Samos na data da sinatura dixiltal da marxe. O alcalde, Asdo.- Julio Gallego Moure.” Samos, a 5 de setembro de 2017.- O Alcalde, Julio Gallego Moure R. 2659
7
Núm. 215 – Luns, 18 de setembro de 2017
BOP de Lugo
ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL N.º 2 LUGO Anuncio Mª DEL CARMEN VARELA REBOLO, LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 2 DE LUGO, HAGO SABER: Que en la EJECUCIÓN DE TÍTULOS JUDICIALES 100/2017 de este Juzgado de lo Social, seguida a instancia de YEIN ALEXANDER PINZÓN NARVÁEZ contra la empresa MINEA IONEL SORIN, se ha dictado auto, en el día de la fecha, cuya parte dispositiva literalmente dice: “Dispongo: Despachar orden general de ejecución de la sentencia firme de fecha 9/5/2017 dictada en los autos 941/2015 a favor de YEIN ALEXANDER PINZON NARVAEZ frente a MINEA IONEL SORIN, por importe de 2.959,48 euros en concepto de principal, más otros 590 euros que se fijan provisionalmente en concepto de intereses que, en su caso, puedan devengarse durante la ejecución y las costas de ésta, sin perjuicio de su posterior liquidación. Notifíquese a las partes. Contra este auto podrá interponerse recurso de reposición, a interponer ante este órgano judicial, en el plazo de los TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación, en el que además de alegar las posibles infracciones en que hubiera de incurrir la resolución y el cumplimiento o incumplimiento de los presupuestos y requisitos procesales exigidos, podrá deducirse la oposición a la ejecución despachada, aduciendo pago o cumplimiento documentalmente justificado, prescripción de la acción ejecutiva u otros hechos impeditivos, extintivos o excluyentes de la responsabilidad que se pretenda ejecutar, siempre que hubieren acaecido con posterioridad a su constitución del título, no siendo la compensación e deudas admisible como causa de oposición a la ejecución. Si el recurrente no tuviere la condición de trabajador o beneficiario del régimen público de seguridad social deberá consignar la cantidad de 25 euros, en concepto de depósito para recurrir, en la Cuenta de Consignaciones de este XDO. DO SOCIAL N. 2 abierta en BANCO SANTANDER, LUGO, cuenta nº 2323000030010017. Quedan exentos de su abono en todo caso, el Ministerio Fiscal, el Estado, las Comunidades Autónomas, las Entidades locales y los Organismos Autónomos dependientes de ellos. Así lo acuerda y firma SSª. Doy fe.” Y para que le sirva de NOTIFICACION EN LEGAL FORMA a la empresa MINEA IONEL SORIN, en ignorado paradero, a la que se advierte que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o cédula en el tablón de anuncios de la Oficina Judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia o cuando se trate de emplazamiento, expido y firmo el presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, en LUGO, a uno de Septiembre de dos mil diecisiete. LA LETRADA DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 2660
Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 18.09.2017 08:00:04 CEST Razón: Localización: España