xunta de galicia - Deputación de Lugo

12 ene. 2017 - Juan José Casabella Méndez solicita de Augas de Galicia a autorización de ..... Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto limitándose ao exercicio das ..... A presente resolución será publicada no Boletín Oficial de la ...
202KB Größe 6 Downloads 35 vistas
JUEVES, 12 DE ENERO DE 2017

Nº 009

XUNTA DE GALICIA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO. AUGAS DE GALICIA. SERVIZO TERRITORIAL DE LUGO Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Juan José Casabella Méndez solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.55498 As obras solicitadas consisten en retirar varios muros e posterior nivelado do predio que se atopan na zona de policía do rego das Pías, no lugar de Martillán, na parroquia de Adelán, no concello de Alfoz As obras executaranse na parcela 2469 do polígono 12 da concentración parcelaria “Val de Alfoz” (parcelas 303 e 304 do polígono 109 –zona 0- do catastro do concello de Alfoz). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 27 de decembro de 2016. A xefa da Sección Técnica, Rocío Carral Sánchez R. 0033

Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA Mª Concepción González Veiga solicita de Augas de Galicia a autorización de obras en zona de servidume e policía. O presente anuncio ten por obxecto abrir a regulamentaria información pública que prescribe o art. 52 do Regulamento do dominio público hidráulico. Expediente: DH.W27.55492 As obras solicitadas consisten na apertura de dúas gabias de drenaxe nun predio que se atopa na zona de servidume e zona de policía do rego do Fargallo, no lugar do Barral, da parroquia de San Pedro de Mor, no concello de Alfoz. O predio no que se queren executar as obras é a parcela 1482 do polígono 6 da concentración parcelaria Val de Alfoz (antigas parcelas 300, 301, 302 e 303 do polígono 105 –zona 0- do catastro do concello de Alfoz). O que se fai público para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días a partir do seguinte á data de publicación no Boletín Oficial da Provincia, co fin de que os que se sintan prexudicados poidan presentar as súas reclamacións, durante o prazo sinalado, no Concello de Alfoz ou nas oficinas deste servizo, situadas na Ronda da Muralla, 70, 2º, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe. Lugo, 27 de decembro de 2016.- A xefa da Sección Técnica, Rocío Carral Sánchez R. 0034

2

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

CONCELLOS O CORGO Anuncio BASES QUE REXERÁN O PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL E FORMACIÓN DE BOLSAS DE EMPREGO”. PRIMEIRO. NORMATIVA APLICABLE E OBXECTO DA CONVOCATORIA. A.

NORMATIVA APLICABLE.

O procedemento selectivo regularase polo previsto nas presentes bases e no non previsto nelas, polo establecido nas seguintes disposicións: Lei //2007, de 12 de abril do Estatuto básico do empregado público (en sucesivas citas EBEP); na Lei 30/84, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (naquelas disposicións ainda vixentes e que sexan básicas); na Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no Texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado por Real decreto legislativo 781/1986, de 13 de xuño (naquelas disposición básicas); na Lei 5/1997, de 22 de xullo, da administración local de Galicia; no Real decreto legislativo 1/2008, de 13 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei da función pública de Galicia; na Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia; no Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración Local; Con carácter supletorio tamén se aplicará o Decreto 95/91, de 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de selección do persoal da administración da Comunidade Autónoma de Galicia, no que non se opoña a Lei 2/2015, do 29 de abril , do emprego público de Galicia,Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o regulamento xeral de ingreso do persoal ó servizo da Administración do estado e demáis disposicións aplicables. B.

OBXECTO

A presente convocatoria ten por obxecto a selección dun candidato para o desempeño do posto de traballo/formación bolsas de emprego seguinte: RESPONSABLE OFICINA DE INFORMADOR XUVENIL E ENCARGADO DA AULA DE INTERNET (TELECENTRO MUNICIPAL) Selección dun candidato para o desempeño do traballo de encargado (responsable) da oficina municipal de información xuvenil durante un ano e prorrogable por outro a maiores, a expensas dunha posible financiación da Comunidade Autónoma, mediante a formalización dun contrato laboral temporal a tempo parcial, nas modalidades previstas no Art. 15 do Estatuto dos Traballadores. O encargado da oficina de información xuvenil será tamén o encargado da Aula de Internet no Telecentro do Centro Sociocultural. Nesta mesma liña, e co fin de non interromper a prestación deste concreto servizo de duración temporal, o presente procedemento selectivo servirá de bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro de 2018. Esta bolsa formarase con aqueles candidatos que superen o proceso selectivo, pero que non acaden a puntuación precisa para ser propostos para a contratación por esta entidade local. SEGUNDO.- FUNCIÓNS. As funcións do encargado (responsable) da oficina municipal de información xuvenil, serán, entre outras: potenciar a información xuvenil a través do servizo municipal integrado na Rede Galega de Información Xuvenil; fomentar as actividades formativas e educativas no ámbito do ocio e tempo libre, o asociacionismo xuvenil e a utilización das novas tecnoloxías por parte da xuventude; fomentar a participación da xuventude no desenvolvemento político, social, económico e cultural do municipio; converter á xuventude en protagonista activa da transformación do seu entorno; apoiar os proxectos creados e xestionados por xoves; realización de actividades de animación sociocultural; coordinación e supervisión e control da aula de internet, etc. A xornada laboral será a tempo parcial, de seis horas ao día. TERCEIRA.- REQUISITOS DOS ASPIRANTES Para participar nas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os requisitos que a continuación se indican segundo o establecido no artigo 56 do EBEP, referidos todos e cada un deles á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, e deberán manterse durante todo o proceso selectivo: - REQUISITOS: a) Ter a nacionalidade española ou nacionais de Estados membros da Unión Europea ou calquera que sexa a súa nacionalidade, aos cónxuxes dos españois e dos nacionais de estados membros da UE, nos termos do Art. 57 do EBEB. b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas. A condición de discapacitado e a súa compatibilidade acreditarase coa oportuna certificación. c) Ter cumpridos 16 anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa.

3

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

d) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. e) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de Celga 3 (ou o curso de iniciación, nos termos establecidos na disposición adicional 1ª da Orde de 16 de xullo de 2007). Non obstante, no caso de non poder acreditar este título, poderase acreditar no primeiro exercicio do sistema selectivo que se indica na cláusula seguinte. f) Estar en posesión, como mínimo, dunha titulación universitaria de grao medio (Art. 102 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado por o Decreto 58/2012, de 12 de xaneiro) ou grao universitario. CUARTA.- SISTEMA SELECTIVO O proceso de selección consistirá na realización dunhas probas selectivas e un concurso de méritos: 1º EXERCICIO: obrigatorio para aquelas persoas que non poidan acreditar o coñecemento de galego no nivel CELGA 3 (ou o curso de iniciación), nos termos establecidos na disposición adicional 1ª da Orde de 16 de xullo de 2007. Os candidatos que se atopen na circunstancia anterior deberán realizar un exame consistente en traducir un texto, sen diccionario, elixido libremente polo tribunal, do castelán ao galego. Esta proba terá unha duración de 20 minutos. Este exercicio valorarase como apto ou non apto, sendo necesario para superalo obter o resultado de apto. 2º EXERCICIO: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá nunha proba escrita, tipo test de 40 preguntas, a desenvolver en 40 minutos, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, sobre o contido do programa especificado na convocatoria que figura no anexo II. Cada resposta correcta sumará 0,60 puntos e cada resposta incorrecta restará 0,10 puntos. As preguntas non contestadas non restarán. Para superar este exercicio será necesario acadar un mínimo de 12 puntos e puntuará ata un máximo de 24 puntos. 3º.- CONCURSO DE MÉRITOS: - Valorarase a experiencia en postos de traballo de encargado ou responsable da oficina de información xuvenil desempeñados nesta Administración Pública, ata un máximo de 7 puntos, a razón de 0,16 puntos por mes completo traballado. -Valorarase a experiencia en postos de traballo de encargado ou responsable da oficina de información xuvenil en calquera Administración Pública, ata un máximo de 4 puntos, a razón de 0,10 punto por mes completo traballado. Para a valoración dos méritos anteriores teranse en conta os seguintes criterios: Só se valorarán se se achegan os contratos laborais acompañados de certificado emitido por funcionario competente na que se describan as funcións desenvolvidas, e a vida laboral. Únicamente se valora o traballo de encargado ou responsable. Entenderase por mes completo traballado 30 días naturais. Se os candidatos acreditasen días naturais soltos de traballo, como consecuencia de diversos contratos ou servizos prestados en calquera Administración Pública, estes sumaranse ata acadar 30 días naturais para ter 1 mes completo. Se sobrasen días cuxa suma non chegue a 30 días naturais, desprezaranse na puntuación. Só computarán os méritos acreditados na data de finalización de presentación de solicitudes. - Pola realización de cursos de formación relacionados co posto de traballo a desempeñar, (non se valorará máis dun curso con igual contido), ata un máximo de 3 puntos: De 20 a 40 horas: 0,15 De 41 a 80 horas: 0,25 De 81 a 120 horas: 0,50 De máis de 120: 0,75 - Pola realización de cursos de informática (non se valorará máis dun curso con igual contido), ata un máximo e 1 punto, puntuándose 0,20 puntos por curso. -Pola realización segunite detalle:

de cursos relacionados co manexo das

De 20 a 40 horas: 0,15

TICs

ata un máximo de 1 punto, segundo o

4

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

De 41 a 80 horas: 0,25 De 81 a 120 horas: 0,50 De máis de 120: 0,75 Para a valoración dos méritos anteriores teranse en conta os seguintes criterios: Puntuarán os cursos que teñan que ver coa formación no eido da información xuvenil. Para a puntuación o certificado ou diploma do curso programa.

terá que conter o número de horas e contido do

En base a excepción establecida no Art.28.5 da Lei 39/2015, de 1 de outono, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, deberá aportarse o documento orixinal ou copia compulsada No suposto de que o interesado desexe aportar os documentos orixinais, o interesado terá dereito á expedición pola oficina do Rexistro deste concello dunha copia selada do documento orixinal no momento da presentación. Para o exercicio deste dereito, o interesado deberá aportar xunto co orixinal copia do mesmo, para que o funcionario, previo cotexo deste con aquel. O cotexo non devengará ningunha taxa, segundo a ordenanza fiscal vixente deste concello. QUINTA.- ANUNCIO DA CONVOCATORIA E SOLICITUDES E ADMISIÓN DE ASPIRANTES. 5.1 ANUNCIO DA CONVOCATORIA: As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, no taboleiro de edictos do concello e na páxina web www.concellodocorgo.com. 5.2 SOLICITUDES: As instancias para poder tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante o modelo que figura no anexo I da presente convocatoria, dirixido ao alcalde, presentándose no Rexistro Xeral do Concello, no prazo de cinco (5) días hábiles seguintes, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se no prazo de 2 días hábiles a contar desde o seguinte á finalización do prazo de presentación non se recibe a solicitude, esta quedará rexeitada, polo que se recomenda a súa presentación no rexistro xeral das oficinas municipais do Concello do Corgo. No caso de presentar a solicitude noutro lugar ou por outro medio, o interesado deberá acreditar o dito envío, remitindo o mesmo día copia da solicitude e do xustificante do pago da taxa ao fax 982302068 ou por mail a [email protected]. Sen este requisito a solicitude non será admitida en ningún caso. As solicitudes poderanse remitir, así mesmo, na forma indicada no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Faise constar que ao día da data a sede electrónica do concello do Corgo non se atopa habilitada. Na solicitude, os aspirantes manifestarán que reúnen tódolos requisitos da convocatoria e aportarán, xunto coa instancia, a documentación que se relaciona de seguido e a documentación acreditativa dos méritos que alegan, de ser o caso, relacionándoos na instancia. Toda a documentación que se aporte será orixinal ou copia compulsada: a)

DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia. Ás ou aos familiares dos anteriores, visado, e de ser o caso, documentación acreditativa do vínculo de parentesco e unha declaración xurada ou promesa do cónxuxe ou ascendente do que dependa de que non está separado de dereito ou de que a/o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Fotocopia do título esixido nas bases. c)

Fotocopia compulsadas do título esixido nas bases e do título CELGA 3 ou curso de iniciación

d) Xustificante bancario de ingreso da taxa pola participación en procedementos selectivos de empregados públicos convocados por este concello, que de conformidade coa ordenanza municipal ascende a 15 €. O ingreso da taxa deberá realizarse na conta número ES9020800156473110000020. No suposto de que non se acredite o pago desta taxa ou se pague fóra de prazo de presentación de instancias non poderá participar no procedemento selectivo e)

Declaración responsable, asinado polo/a aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non ter sido separado/a do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme nin encontrarse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial ou para exercer funcións similares ás que se desempeñaba no caso de persoal laboral.

No caso de ser nacional doutro estado, declaración responsable, asinada polo/a aspirante, de non estar afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidades recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas e de non estar inhabilitado ou en situación equivalente que impida, no seu estado, nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

5

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017 f)

B.O.P de Lugo

Acreditación de posuir as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas para o desempeño dos traballos de que se trate, mediante certificado médico. Se ben esta acreditación poderase efectuar no caso de ser contratado.

5.3 ADMISIÓN DE ASPIRANTES: Rematado o prazo de presentación de solicitudes e transcorridos os dous días hábiles para recibir a documentación presentada en Correos ou en Rexistros diferentes ao deste concello, a Alcaldía ditará resolución, no prazo máximo de DOUS (2) días hábiles, que se publicará no taboleiro de anuncios do concello e na páxina Web (www.concellodocorgo.com), admitindo ou inadmitindo aos solicitantes, indicando a causa de exclusión neste último caso, e abríndose un prazo de un (1) días hábil para a subsanación de defectos, contados a partires do seguinte ao da súa publicación nos referidos medios, para que os aspirantes excluídos poidan emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. No caso de presentarse noutros rexistros diferentes ao do concello, as emendas deberán recibirse nun plazo máximo de 1 días hábil contado a partir do seguinte ao de finalización do prazo anterior. Se estes prazos finalizaran en sábado entenderase que o prazo remata o primeiro día hábil seguinte. Na publicación indicarase o nome e apelido, DNI dos aspirantes, con indicación dos que non precisan a realización do exercicio de galego. Rematado o prazo de subsanación e transcorridos un 1 día hábil referidos anteriormente, ditarase resolución nun prazo máximo de DOUS (2) días hábiles, a contar a partir do seguinte á finalización do prazo anterior, elevando a definitiva a lista de admitidos e excluídos, así como os candidatos que teñan que realizar o exercicio de galego, e nela se sinalará a composición do tribunal cualificador. A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe e ordene a publicación da lista definitiva de admitidos e excluídos. 1. Non obstante, o feito de figurar na lista definitiva de admitidos non prexulga que se lles recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos na base segunda das presentes bases. 2. Os datos personais (nome, apelidos, dirección aos efectos de notificacións) dos candidatos que participen no procedemento selectivo, serán utilizados únicamente para o fin da presente procedemento selectivo, e co fin de dar cumprimento ao principio de publicidade esixido na vixente legislación. Contra a resolución do alcalde pola que se declaren definitivamente excluídos do proceso selectivo, o/a interesado/a poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de un mes, a contar desde o día seguinte a publicación no taboleiro de anuncios da devandita resolución, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo, no de dous meses desde a citada data. Non se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo ata que sexa resolto expresamente o recurso de reposición ou se producise a súa desestimación presunta. SEXTA- TRIBUNAL CUALIFICADOR. 6.1 Composición: De conformidade con canto se establece polo artigo 60 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empleado público, o tribunal terá a seguinte composición: •Presidente: Un empregado/a público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ó posto convocado. •Secretario: Un empregado/a público con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ó posto convocado. •Vogais: Tres empregados/as públicos con nivel de titulación igual ou superior ao esixido para o acceso ó posto convocado. O nomeamento dos membros do tribunal e os seus suplentes, realizarase por Decreto do alcalde, e publicarase no taboleiro de anuncios, e na páxina web do concello (www.concellodocorgo.com) O tribunal non poderá constituírse, nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requírese a asistencia do presidente e do secretario ou dos que legalmente os substitúan. O tribunal poderá dispoñer a incorporación de asesores especialistas para as probas en que así o estimen necesario ou conveniente. Os ditos asesores, actuarán con voz e sen voto limitándose ao exercicio das especialidades técnicas en base ás cales colaboran no respectivo tribunal. A colaboración pode consistir na elaboración dos informes médicos e das probas físicas que sirvan para acreditar a aptitude física para o desenvolvemento do posto de traballo. Os membros do tribunal, así como os asesores ou colaboradores, que se incorporen a este, terán dereito, pola súa concorrencia ás sesións, ao pagamento de asistencias na contía establecida de conformidade co previsto no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, tendo en conta as actualizacións desta, vixentes na data da realización das probas, agás que estean prestando servizos nesta entidade local.

6

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

6.2 Adopción de acordos: O tribunal resolverá por maioría de votos dos seus membros presentes, tódalas dúbidas e propostas que se produzan para a aplicación das normas contidas nestas bases, e estará facultado para resolver as cuestións que poidan suscitarse durante a valoración dos méritos. Concluidas as probas, elevarase proposta de candidatos para a formalización do correspondente contrato laboral que en ningún caso poderá exceder do nº de plazas convocadas. Así mesmo, elevarase proposta de bolsa de emprego válida ata o 31 de decembro de 2018. O mesmo día de celebración das probas elevarase proposta dos candidatos/as seleccionados/as que vinculará á Administración, sen prexuízo de que esta, no seu caso, poda proceder a súa revisión, consonte ao establecido nos Art. 106 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico e procedemento administrativo común. Os seus acordos só poderán impugnarse de acordo coa Lei 39/39 de 1 de outubro do procedemento administrativo común das Administracións públicas, os seus acordos só pederán impugnarse de acordo coa referida Lei. 6.3 Data e lugar de constitución do Tribunal O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a presenza, cando menos, de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. Na mesma resolución na que se aprobe a lista definitiva de admitidos e excluidos se sinalará a composición do tribunal cualificador, a data e hora na que se constituirá para valorar os méritos dos aspirantes admitidos. 6.4.- Abstención e Recusación. Os membros dos tribunais deberán absterse de intervir cando concorran neles, circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei de 40/2015, de 1 de outubro de Réxime xurídico do sector público. Así mesmo, os aspirantes poderán recusar aos membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da citada lei. SÉTIMA.- APORTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN DOS CANDIDATOS/AS SELECCIONADOS/AS. Os candidatos propostos para seren contratados deberán achegar, no prazo de 2 días hábiles, a seguinte documentación, agás que xa a presentaran anteriormente, xunto coa instancia de participación: 1) Copia compulsada do DNI ou documento de identificación do extranxeiro ciudadano dun Estado membro da UE. 2) Certificado médico acreditativo de posúir a capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que se aspira, e no que se fará constar que non se padece enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto. 3) Copia compulsada da tarxeta da Seguridade Social. 3) Declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, o acceso ó emprego público. 4) Declaración xurada de non encontrarse incurso en ningunha causa de incapacidade e incompatibilidade de conformidade coa lexislación vixente e referido ó momento da súa toma de posesión. A non presentación dentro do prazo fixado da documentación esixida nesta base, e agás nos caso de forza maior, ou cando do exame da mesma dedúzase que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 3ª, non poderán ser contratados e quedarán anuladas as actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorreran por falsidade na solicitude de participación. OITAVA. FORMALIZACIÓN DOS CONTRATOS DE TRABALLO Rematado o proceso selectivo e presentada a documentación polos interesados, o alcalde resolverá o proceso selectivo e se procederá a formalización do contrato laboral temporal por obra o servizo determinado a tempo parcial conforme a lexislación vixente. NOVENA. IMPUGNACIÓN. Contra as presentes bases, sendo que o seu acordo aprobatorio é definitivo en via administrativa, poderase interpor polos interesados lexítimados os seguintes recursos: •

Con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto recurrido en prazo dun mes a contar dende o dia seguinte ó da publicación das bases no BOP. Se transcurrira un mes dende o día seguinte ó da interposición do recurso de reposición, sen que este fora resolto, poderá entenderse que foi desestimado para interpor o recurso contencioso-administrativo, á súa elección, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de seis meses.

7

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017 •

B.O.P de Lugo

Recurso contencioso-administrativo á súa elección ante o Xulgado do Contencioso administrativo de Lugo dentro do prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da publicación das bases no BOP.

Contra cantos actos administrativos se deriven das bases e da actuación do tribunal, poderán ser interpostos polos interesados os oportunos recursos nos casos e na forma establecidas na Lei 39/2015 de 1 de outubro e na Lei 29/98 de 13 de xullo reguladora da xusrisdición contencioso- administrativa. O Corgo, a 30 de novembro de 2016.- O Alcalde, José A. Ferreiro González.

8

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

ANEXO I.- Modelo de instancia: Dna./D………………………......................……………….....................................…………., con DNI ou documento de estranxeiero nº…….....………………….........................................., con domicilio aos efectos de notificación en………..................……………… , nº de teléfono………………………………….., Enterado/a da convocatoria pública realizada polo concello do Corgo para a contratación laboral de__________ _______________________________ (indicar o posto ao que se opta), DECLARO: 1.

Que coñezo na súa integridade as bases que rexen a convocatoria e que reúno tódalas condicións esixidas polas mesmas para participar neste proceso selectivo.

2.

Que non estou afectado/a por ningún dos motivos de incompatibilidade recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, que non padezo enfermidade ou defecto físico/psíquico que me impida o desempeño das funcións ou tarefas correspondentes á praza á que opto e que non estou separado/a, mediante expediente disciplinario do servizo ao Estado, ás CC AA ou ás Entidades Locais, nin estou inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas.

3.

Que autorizo ao Concello do Corgo á publicación dos meus datos persoais (nome, apelidos e DNI) e das posibles causas de exclusión no taboleiro de anuncios do concello e calquera outro medio que se estime, ao se a publicidade un dos principios legais que debe observarse nos procedementos de selección.

SOLICITO ser admitido/a para participar no referido procedemento selectivo comprometéndome a someterme ás bases que o regulan, presentando a documentación seguinte (riscar o que proceda):  Fotocopia compulsada do DNI, pasaporte ou tarxeta de extranxeiro  fotocopia compulsada do título esixido nas bases.  Outra documentación: fotocopia do título CELGA 3 ou curso de iniciación.  Xustificante de ingreso de 15 € correspondente á taxa pola participación en procedementos selectivos.  Outra documentación (relacionar os méritos que se alegan): ___________________________________________________________________________________________________________ ______________________________________________________________________________________________________________ _________________________________________________________________________________________________ O Corgo, __________ de _______________ de 2016. NOTA: Os datos de carácter persoal poderán ser tratados para futuras contratacións, de conformidade coa Lei 15/99, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal. SR ALCALDE DO CONCELLO DO CORGO ANEXO II. Temarios I. INFORMADOR XUVENIL: 1.-LEI 6/2012, DO 19 DE XUÑO, DE XUVENTUDE DE GALICIA- XUNTA DE GALICIA 2.-LEI 10/2011, DO 28 DE NOVEMBRO, DE ACCIÓN VOLUNTARIA. 3.-ERYCA. A CARTA EUROPEA DE INFORMACIÓN JUVENIL. 4.-O CARNÉ XOVEN. 5.- NORMATIVA VIXENTE EN MATERIA DE XUVENTUDE: DECRETO50/2000 DE 20 DE XANEIRO, POLA QUE SE REFUNDE E ACTUALIZA A NORMATIVA VIXENTE EN MATERIA DE XUVENTUDE, MODIFICADO POLO DECRETO 58/2012 DE 12 DE XANEIRO. 6.-LEI ORGÁNICA 1/2002, DE 22 DE MARZO, REGULADORA DO DEREITO DE ASOCIACIÓN. 7.- REAL DECRETO- LEI 6/2016 , DE 23 DE DECEMBRO DE MEDIDAS PARA O IMPULSO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL. O Corgo, 30 de novembro de 2016.- O ALCALDE, José Antonio Ferreiro González R. 4026,6

9

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

SARRIA Anuncio De conformidade co acordado pola Xunta de Goberno Local en sesión realizada o 7 de Decembro do 2.016, a medio do presente anuncio efectúase a convocatoria do procedemento aberto do" ALUGUER DUNHA NAVE (PARA USO DISTINTO DO DE VIVENDA) DESTINADA A ALMACEN DE MATERIAIS, GARDERÍA DE VEHICULOS, MAQUINARIA E OUTROS" conforme aos seguintes datos: 1. Entidade adxudicadora: Datos xerais e datos para a obtención da información: a) Organismo: Concello de Sarria b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria c) Obtención de documentación e información: 1. Dependencia: Contratación 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 3. Localidade e Código Postal. 27.600-SARRIA 4. Teléfono 982-53.50.00 5. Telefax 982-53.09.16 6. Correo electrónico: [email protected] 7. Dirección de internet do Perfil de Contratante:www. contratosdegalicia.es/ ou www.sarria.es 8. Data límite de obtención de documentación e información: Ata o último día de presentación de proposicions. 2. Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: ALUGUER DUNHA NAVE (PARA USO DISTINTO DO DE VIVENDA) DESTINADA A ALMACEN DE MATERIAIS, GARDERÍA DE VEHICULOS, MAQUINARIA E OUTROS. b) División por lotes e número de lotes/unidades: non c) Lugar de execución: Concello de Sarria d) Duración do contrato: Catro (4) anos. 3. Tramitación e procedemento. a) Tramitación:Ordinaria b) Procedemento: Aberto c) Criterios de Adxudicación: Os fixados no apartado XIV do prego de cláusulas: - Características da nave ofertada e así como outras melloras de 0 a 50 puntos - Renda a aboar polo Concello, de 0 a 50 puntos 4. Renda máxima mensual do aluguer :1,27 €/m2 construidos (IVE e demais tributos incluídos). 5. Garantía esixidas.Non se esixe.. 6. Requisitos específicos do contratista: a)

Clasificación: Non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: Acreditaranse conforme ao estipulado no apartado IX.2 e IX.3 do prego de cláusulas. 7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación: a) Data límite de presentación de proposicións : O décimo quinto día (15) día natural contado desde o seguinte á da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. b) Lugar de presentación: 1. Dependencia: No Rexistro Xeral do Concello de Sarria de 9 a 14 horas. 2. Domicilio: Rúa Maior, 14 1ª planta. 3. Localidade e Código Postal:27.600 c) Admisión de variante: Non 8. Apertura de documentación administrativa: , será comunicada a traveso do perfil do contratante.

10

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

9. A apertura das proposiciones económicas , será comunicada a traveso do perfil do contratante. 10.-Gastos de Publicidade: Importe máximo de 600 euros. En Sarria, 14 de decembro de 2016.- A Alcaldesa-Presidenta, María Pilar López Yáñez R. 0043

TABOADA Anuncio DELEGACIÓN DE FUNCIÓNS DE ALCALDÍA POR CAUSA FALTA DE DISPOÑIBILIDADE NO SEGUNDO TENENTE DE ALCALDE. Por Resolución de Alcaldía de data 27 decembro de 2016 aprobouse a Resolución cuxa parte dispositiva se transcribe literalmente: PRIMEIRO. Delegar en Don Luis Gómez García, Segundo Tenente de Alcalde a competencia para a asistir á reunión ordinaria anual do Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia no concello de Outeiro de Rei, en Lugo e a sinatura dos documentos derivados da celebración da mesma que terá lugar o vindeiro 28 de decembro de 2016 ás 16.30h en primeira convocatoria e ás 17.00 h. en segunda convocatoria, nos termos do artigo 23.3 Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. SEGUNDO. A delegación conferida na presente resolución requirirá para a súa eficacia a aceptación do órgano delegado, entendéndose esta outorgada tacitamente se non se formula ante esta Alcaldía expresa manifestación de non aceptación da delegación no termo de tres días hábiles contados dende o seguinte a aquel en que lle sexa notificada esta resolución. TERCEIRO. A presente resolución será publicada no Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, dándose conta do seu contido ao Pleno da Corporación na primeira sesión que esta celebre. CUARTO. No non previsto expresamente nesta resolución aplicaranse directamente as previsións da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, en canto ás regras que para a delegación se establecen en ditas normas. QUINTO. Contra este Decreto, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co lo que establece o artigo 52 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de acordo co que dispón o artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e de Procedemento Administrativo Común, poderá interporse, con carácter previo e potestativo, Recurso de Reposición ante a Alcaldía de este Concello, no termo de un mes a contar dende o día seguinte á recepción da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no termo de dous meses a contar dende o día seguinte á recepción da súa notificación. Non obstante, poderá interporse calquera outro, si o considera conveniente. En Taboada, a 27 de decembro de 2016.- Alcalde, Ramiro Moure Ansoar. R. 0044

VIVEIRO Anuncio Aprobación dos padróns fiscais de Auga e canon de Saneamento, rede de sumidoiros e Taxa de Recollida de Lixo (4º trimestre do exercicio 2016) e anuncios de cobranza. Con data de 28 de decembro por resolución da Alcaldía procédese á aprobación dos seguintes padróns fiscais : Tributo

Exercicio

Auga potable

4º Trimestre de 2016

165.198,89 €

Importe

Conservación de contadores

4º Trimestre de 2016

5.289,99 €

Rede de sumidoiros

4º Trimestre de 2016

32.519,88 €

Depuración de augas residuáis

4º Trimestre de 2016

98.109,55 €

Recollida de lixos

4º Trimestre de 2016

300.752,76 €

Canon auga (Xunta)

4º Trimestre de 2016

92.465,40 €

11

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

De conformidade co disposto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, pola que se aproba a Lei Xeral Tributaria, ábrese un período de exposición pública por espazo de 15 días hábiles, para o seu exame por parte dos contribuíntes. Finalizado o prazo de exposición pública, poderá interpoñerse o recurso de reposición regulado no artigo14.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo de un mes ante a Alcaldesa. Se o recurso non se resolvese no prazo de un mes entenderase desestimado. Contra a resolución do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, de acordo co disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, de 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción ContenciosoAdministrativa. Contra a desestimación por silencio administrativo, o prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo será de seis meses. Anuncios de cobranza : De acordo co previsto no artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, indícase o seguinte en relación cos tributos anteriormente citados: 1)

O prazo de ingreso no período voluntario dos recibos será desde o día 2 de xaneiro de 2017 ao 03 de marzo de 2017, ambos inclusive.

2)

Os contribuíntes poderan aboar os seus recibos en calquera oficina de Abanca, dentro do prazo sinalado e durante os días e horas hábiles de ingreso que tal entidade ten establecidos, presentando a comunicación que a tal efecto lles será remitida ao seu domicilio tributario. Os que non recibiran dita comunicación poderán contactar coa oficina de ViAQUA de Viveiro, onde se lles facilitará documentación para poder efectuar o pago nas oficinas de: ABANCA, BBVA, SANTANDER, LA CAIXA ou CORREOS.

3)

Recórdase a conveniencia de facer uso da modalidade de domiciliación de pago de recibos a través de entidades bancarias e caxias de aforros, conforme as normas que sinala o artigo 38 do Regulamento Xeral de Recadación, e abvírtese que, transcorrido o prazo de ingreso sinalado anteriormente, iniciaráse o período de constrinximento de cobro, xerando os recargos sinalados nos artigos 28 e 161 da Lei 58/2003.

Viveiro, 28 de decembro de 2016.- Alcaldesa, María Loureiro García R. 0045

XOVE Anuncio Por Decreto de Alcaldía de data 30 de decembro, aprobouse inicialmente o Padrón da Taxa pola prestación dos servizos de subministración de auga, no que se inclúe o canon de auga, e pola recollida de lixo domiciliaria correspondente ó terceiro trimestre de 2016. Por medio do presente ponse no coñecemento dos contribuíntes obrigados ó pago, que dispoñen de un prazo de quince días, contados a partires da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ó obxecto de que poda ser examinado e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado a definitivo si, transcorrido o prazo de exposición pública, non se tivese formulado ningunha reclamación contra o mesmo. Contra o mesmo poderase interpoñer o recurso de reposición no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a reclamación económico – administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda) no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación. PERÍODO DE COBRO De conformidade co disposto no artigo 24 do Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, fíxase como prazo de ingreso en período voluntario o comprendido entre os días 31 de decembro de 2016 ata 1 de marzo de 2017. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo, esixíndose as débedas polo procedemento de constrinximento, reportando o recargo de constrinximento, xuros de demora e, no seu caso, as costas que se produzan. No caso do canon da auga a falta de pago no período voluntario suporá a súa esixencia directamente pola vía de constrinximento pola Consellería de Facenda da Xunta de Galicia. O presente anuncio, en ámbolos dous supostos de anuncio de exposición ó público do Padrón e período de cobro en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro.

12

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

Xove, a 30 de decembro de 2016.- O ALCALDE, JOSE DEMETRIO SALGUEIRO RAPA R. 0046

ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIA N.º 1 DE A CORUÑA Anuncio Dª. MARIA BLANCO AQUINO, Letrado de la Administración de Justicia del Juzgado de lo Social nº 1 de A CORUÑA, HAGO SABER: Que en el procedimiento EJECUCION DE TITULOS JUDICIALES Nº 297 /2014 de este Juzgado de lo Social, seguido contra LIMPERHOSTEL, S.L., se ha dictado la siguiente resolución: DILIGENCIA DE CONSTANCIA LETRADO DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA SR/SRA MARIA BLANCO AQUINO En A CORUÑA, a veintidós de diciembre de dos mil dieciséis Que en el Juzgado Social nº 1 de A Coruña, se ha dictado Auto de fecha 22 de diciembre de 2016, dirigida contra la empresa LIMPERHOSTEL S.L., pudiendo interponer respectivamente el oportuno recurso de reposición, en el plazo de tres días, haciéndole saber que en dicho órgano judicial los interesados podrán tener conocimiento integro del acto, de lo que doy fe. EL/LA LETRADO DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA Y para que sirva de NOTIFICACIÓN EN LEGAL FORMA a LIMPERHOSTEL, S.L., en ignorado paradero, expido el presente para su inserción en el Boletín Oficial de La Provincia De Lugo. Se advierte al destinatario que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o de la cédula en el tablón de anuncios de la Oficina judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia, o cuando se trate de emplazamiento. En A CORUÑA, a veintidós de diciembre de dos mil dieciséis.- EL/LA LETRADO DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 3995,6

XULGADO DO SOCIA N.º 2 DE LUGO Anuncio CEDULA DE NOTIFICACION RAFAEL GONZÁLEZ ALIÓ, LETRADO DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA DEL JUZGADO DE LO SOCIAL NÚMERO 2 DE LUGO, POR SUSTITUCIÓN, HAGO SABER: Que en la EJECUCIÓN DE TÍTULOS JUDICIALES 194/2016 de este Juzgado de lo Social, seguida a instancia de D. ANDRÉS DÍAZ GARCÍA contra la empresa MÁIS PEIXE SL, se ha dictado auto, en el día de la fecha, cuya parte dispositiva literalmente dice: “DISPONGO: Despachar orden general de ejecución a favor de D. ANDRES DIAZ GARCIA, frente a MAIS PEIXE SL, por importe de 2.049,14 euros en concepto de principal, más otros 409 euros que se fijan provisionalmente en concepto de intereses que, en su caso, puedan devengarse durante la ejecución y las costas de ésta, sin perjuicio de su posterior liquidación.- Notifíquese a las partes.- Contra este auto podrá interponerse recurso de reposición, a interponer ante este órgano judicial, en el plazo de los TRES DÍAS hábiles siguientes a su notificación, en el que además de alegar las posibles infracciones en que hubiera de incurrir la resolución y el cumplimiento o incumplimiento de los presupuestos y requisitos procesales exigidos, podrá deducirse la oposición a la ejecución despachada, aduciendo pago o cumplimiento documentalmente justificado, prescripción de la acción ejecutiva u otros hechos impeditivos, extintivos o excluyentes de la responsabilidad que se pretenda ejecutar, siempre que hubieren acaecido con posterioridad a su constitución del título, no siendo la compensación e deudas admisible como causa de oposición a la ejecución.- Si el recurrente no tuviere la condición de trabajador o beneficiario del régimen público de seguridad social deberá consignar la cantidad de 25 euros, en concepto de depósito para recurrir, en la Cuenta de Consignaciones de este XDO. DO SOCIAL N. 2 abierta en BANCO SANTANDER, LUGO, cuenta nº 2323000030035115. Quedan exentos de su abono en todo caso, el Ministerio Fiscal, el Estado, las Comunidades Autónomas, las Entidades locales y los Organismos Autónomos dependientes de ellos.- Así lo acuerda y firma SSª. Doy fe.” Y para que le sirva de NOTIFICACION EN LEGAL FORMA a la empresa MÁIS PEIXE SL, en ignorado paradero, a la que se advierte que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o cédula en el

13

Núm. 009 – Jueves, 12 de enero de 2017

B.O.P de Lugo

tablón de anuncios de la Oficina Judicial, salvo el supuesto de la comunicación de las resoluciones que deban revestir forma de auto o sentencia o cuando se trate de emplazamiento, expido y firmo el presente para su inserción en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, en LUGO, a treinta y de Diciembre de dos mil dieciséis. EL LETRADO DE LA ADMINISTRACIÓN DE JUSTICIA R. 0047

Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 12.01.2017 08:00:00 CET Razón: Localización: España