resolución do tribunal administrativo de contratación

2 nov. 2018 - Teléfono 881995481 Fax 881995485. Rexistro ... de Santiago de Compostela, expediente AB-SER4-18-003 do Servizo Galego de. Saúde ...
444KB Größe 2 Downloads 2 vistas
Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

Recurso nº 104/2018 Resolución nº 99/2018

RESOLUCIÓN DO TRIBUNAL ADMINISTRATIVO DE CONTRATACIÓN PÚBLICA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

En Santiago de Compostela, a 2 de novembro de 2018. VISTO o recurso especial en materia de contratación interposto por D. Francisco Javier Artiles Camacho actuando en nome e representación de AVERICUM S.L. contra a decisión pola que se amplía o prazo de presentación de ofertas no procedemento de contratación dos servizos de hemodiálise extrahospitalaria na EOXI de Santiago de Compostela, expediente AB-SER4-18-003 do Servizo Galego de Saúde, este Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGal, en adiante) en sesión celebrada no día da data, adoptou, por unanimidade, a seguinte Resolución:

ANTECEDENTES DE FEITO Primeiro.- Polo Servizo Galego de Saúde convocouse a licitación do contrato dos servizos de hemodiálise extrahospitalaria na EOXI de Santiago de Compostela, cun valor estimado declarado de 11.835.900,00 euros. Tal licitación foi obxecto de publicación no DOUE e na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia do 21.08.2018.

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

Segundo.- O expediente da licitación recolle que a mesma estivo sometida á Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector público (LCSP en adiante).

Páxina 1 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

Terceiro.- O recorrente impugna a decisión de data 08.10.2018 pola que se amplía o prazo de presentación de ofertas e se solicita ás empresas licitadoras que indiquen se manteñen ou retiran a súa oferta. Cuarto.- O 09.10.2018 AVERICUM S.L. interpuxo recurso especial en materia de contratación, a través do formulario telemático existente a tal fin na sede electrónica da Xunta de Galicia e na web do TACGal. Quinto.- Na mesma data reclamouse ao Servizo Galego de Saúde o expediente e o informe ao que se refire o artigo 56.2 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público (en adiante, LCSP). A documentación foi recibida neste Tribunal o día 18.10.2018. Sexto.- Este Tribunal recibido o expediente contratación e constatando a existencia de documentación da que o recorrente non tiña coñecemento no momento de presentación do recurso e de relevancia para o mesmo, concedeu prazo de alegacións ao respecto á empresa recorrente e ao órgano de contratación, que ambos aportaron ao procedemento. Sétimo.- Trasladouse o recurso aos interesados o 22.10.2018, sen que se presentaran alegacións. Oitavo.- Este TACGal o día 15.10.2018 acordou a suspensión do procedemento de licitación.

FUNDAMENTOS DE DEREITO

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

Primeiro.- Ao abeiro do artigo 35 bis. 5 da Lei 14/2013, de 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, corresponde a este Tribunal a competencia para resolver este recurso. Segundo.- O presente recurso tramitouse conforme os artigos 44 a 60 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, e, no que fose de aplicación, polo Real Decreto 814/2015, de 11 de setembro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos especiais de revisión de decisións en materia

Páxina 2 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

contractual e de organización do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais. Terceiro.- A empresa recorrente presentou oferta no procedemento de licitación, polo que ten a lexitimación do artigo 48 LCSP. Cuarto.- Dadas as datas sinaladas, o recurso interpúxose en prazo. Quinto.- A impugnabilidade do acto recorrido, como é a decisión de ampliación do prazo de presentación, non se cuestiona polo órgano de contratación. En todo caso e a este respecto, debemos sinalar que nos atopamos ante un acto do órgano de contratación que foi notificado ás partes e que produce efectos no propio proceso de licitación. Polo tanto, como establece o TXUE na súa sentenza de 5 de abril de 2017 asunto C-391/15, non se trata dunha actuación que forme parte da “reflexión interna de la entidad adjudicadora” senón que nos situamos ante unha decisión do órgano de contratación suxeita ás normas de Dereito da Unión en materia de contratación pública e susceptible de infrinxilas, polo que está suxeita ao control deste Tribunal. Igualmente, cabe subsumila no apartado a) do artigo 44.2 que permite impugnar: “a) Os anuncios de licitación, os pregos e os documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a contratación.”

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

No trámite de alegacións concedido por este Tribunal, o recorrente critica non só o acto da mesa de data 08.10.2018 senón tamén a resolución do Xerente do Servizo Galego de Saúde da mesma data. Como ambos actos deciden de xeito principal a ampliación do prazo de presentación de oferta, trataranse aos efectos de admisibilidade e valoración do recurso como unha decisión única, sen prexuízo do disposto ao longo desta resolución. Sexto.- O recorrente no seu recurso alega a irregularidade de ampliar o prazo de presentación de ofertas unha vez finalizado o prazo inicial e coñecidos os licitadores. Sinala que a dita ampliación carece de motivación, que foi acordada pola mesa cando non é o órgano competente e que non se seguiu o procedemento establecido para a variación dos actos administrativos, así como que se quebrou o principio de confianza lexítima.

Páxina 3 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

Nas súas posteriores alegacións, unha vez postos no seu coñecemento a acta da mesa de contratación e o acordo da xerencia do Servizo Galego de Saúde que ampliaba o prazo de presentación, critica a data da dita resolución, sinala que o acordo incumpre o previsto na LCSP e que vulnera os principios de igualdade e transparencia. Sétimo.- O órgano de contratación no seu informe defende a súa actuación e explica que a corrección de erros no prego se produciu unha vez publicados os anuncios da licitación sen proceder a ampliar o prazo de presentación de ofertas e que a mesa de contratación, na súa primeira reunión e antes de proceder á apertura das propostas presentadas, entendeu que era necesario ampliar o dito prazo, polo que propuxo ao órgano de contratación esa ampliación. Considera que quedaron garantidos os principios de igualdade e concorrencia pois se lle permitía aos licitadores manter ou modificar a súa oferta. Oitavo.- Este TACGal, atendendo a que estamos perante a impugnación da decisión da ampliación dos prazos da licitación de data 08.10.2018, debe pronunciarse unicamente sobre a concreta actuación impugnada, sen entrar a valorar outros aspectos do procedemento de contratación en base ao principio de congruencia e dado o carácter revisor deste Tribunal. A este respecto, non é irrelevante reiterar a consolidada doutrina referente a que os pregos son a lei do contrato e, como tales, vinculan aos licitadores e ao órgano de contratación que debe axustar a súa actuación ao contido do previsto nos pregos, baixo pena de vulnerar o principio de igualdade.

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

Nese sentido, xa os Tribunais administrativos de recursos contractuais teñen sinalado que a modificación dos pregos encádrase dentro dos límites que a lexislación xeral sobre procedemento administrativo establece para a variación dos actos administrativos (así, Resolución 281/2015 do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais, TACRC). É certo igualmente que diversas Resolucións de tales Tribunais (por exemplo, a 245/2016 do TACRC citada polo órgano de contratación) permiten en determinados supostos por economía procesual a variación dos pregos da licitación, indicando un novo prazo de presentación de ofertas, sempre que nos atopemos nun momento inicial da licitación e, polo tanto, non resulten vulnerados os intereses dos licitadores nin se

Páxina 4 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

vulneren os principios da contratación. Coma establece o TACRC nesa Resolución 245/2016: “Este Tribunal ya ha tenido ocasión de pronunciarse acerca de las modificaciones de los pliegos rectores de la licitación. Así, cabe citar en primer término la Resolución nº 281/2015, de 30 de marzo, en la que se examinaba la legalidad de una modificación del Pliego de cláusulas administrativas particulares producida una vez ya finalizado el plazo originalmente señalado para la presentación de ofertas, habiéndose ya presentado proposiciones a la licitación de que se trataba. En dicha resolución se indicaba, de una parte, y en cuanto a la rectificación de errores materiales, aritméticos o de hecho, prevista en el art. 105.2 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, como la Jurisprudencia del TS ha acotado con restrictivo criterio el contorno de la figura de la rectificación de errores identificándola con “aquellos casos cuya corrección no implica un juicio valorativo, ni exige operaciones de calificación jurídica, por evidenciarse el error directamente, al deducirse con plena certeza del propio texto de la resolución, sin necesidad de hipótesis o deducciones”, o bien “meras equivocaciones elementales, que se aprecian de forma clara, patente, manifiesta y ostensible, evidenciándose por sí solos, sin que sea preciso acudir a ulteriores razonamientos, ni a operaciones valorativas o aclaratorias sobre normas jurídicas”.

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

Señalábamos entonces que del análisis de esta Jurisprudencia resulta que la rectificación de errores no es el medio idóneo, apto y natural para eliminar un supuesto problema interpretativo de los pliegos, según el órgano de contratación, pues la sola apreciación del supuesto dilema en la interpretación y su intento de corrección ya supondría la aplicación de un juicio valorativo y una calificación jurídica que sobrepasarían el ámbito propio de la simple rectificación de un error. De otra parte, se indicaba asimismo en esta resolución que “los pliegos que rigen determinada contratación no pueden, con carácter general, una vez aprobados, ser modificados por el Órgano de contratación, si no es a través de alguno de los cauces que el ordenamiento jurídico articula para ello y que serían, en principio, los tres siguientes (entre otras, resolución 160/2014, de 28 de febrero, FJ octavo: a) el cauce de la rectificación de errores materiales, de hecho o aritméticos previsto, con carácter general, en el artículo 105.2 de la Ley 30/1992, de 26 de noviembre, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común, y en el artículo 75 del RGCAP; b) el cauce de la revisión de oficio de los actos nulos de pleno derecho previsto en el artículo 102 de la LRJPAC; c) y el cauce de la declaración de lesividad y posterior anulación ante la Jurisdicción Contencioso-Administrativa de los actos anulables previsto en el artículo 103 de la LRJPAC. Fuera de los casos de errores materiales, de hecho o aritméticos, no está el

Páxina 5 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

Órgano de contratación habilitado para modificar unilateralmente las cláusulas de los pliegos aprobados por el mismo, con la sola excepción de que la cláusula en cuestión fuera nula de pleno derecho o anulable, en cuyo caso habría de seguirse el procedimiento establecido al efecto.” De otra parte, en la Resolución nº 30/2014, de 17 de enero, analizábamos una modificación del pliego producida cuando el procedimiento de licitación se encontraba en una fase de tramitación inicial en la que únicamente se había procedido a la publicación de los preceptivos anuncios, y, a tal respecto, se indicaba lo siguiente: “La recurrente estima que en la modificación de los Pliegos producida (…) se ha vulnerado el principio de inalterabilidad de los pliegos que se refleja en los artículos 115, 116 y 142 del TRLCSP, particularmente, considerando que en estos preceptos se prevén trámites respecto de los cuales la modificación del pliego no ha sido considerada, solicitando así la nulidad de los pliegos. El Tribunal considera que dicho argumento no resulta atendible, pues cuando el órgano de contratación entendió que procedía la rectificación de los pliegos y anuncios para incluir esos requerimientos, el procedimiento de licitación se encontraba en una fase de tramitación inicial en la que únicamente se había procedido a la publicación de los preceptivos anuncios, siendo así que, en aras de los principios de economía procedimental y de celeridad, nada impide acordar una rectificación de los pliegos y dar publicidad a dicha modificación con nuevos anuncios en los que se establezcan nuevos plazos para la presentación de proposiciones y la correlativa modificación de las fechas de apertura pública de las ofertas. Dicha actuación resulta plenamente garantista con los derechos de los licitadores y consigue un resultado idéntico al que se habría alcanzado con la anulación del procedimiento y la iniciación de otro posterior. Es más, el artículo 155.4 del TRLCSP supedita el desistimiento del procedimiento por el órgano de contratación a la circunstancia de que concurra una infracción “no subsanable” de las normas de preparación del contrato o de las que regulan el procedimiento de adjudicación.

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

En los supuestos que se examinan, la subsanación era posible de conformidad con lo dispuesto en el artículo 75, párrafo segundo, del RGLCAP, en el que se dispone que cualquier aclaración o rectificación de los anuncios de contratos será a cargo del órgano de contratación y se hará pública en igual forma que éstos, debiendo computarse, en su caso, a partir del nuevo anuncio, el plazo establecido para la presentación de proposiciones”, requisitos éstos cumplidos en el caso que nos ocupa.”(...) De otra parte, cabe apuntar asimismo que las consideraciones que hemos reflejado en torno a los límites para la modificación de los pliegos en nada impiden al

Páxina 6 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

órgano de contratación, advertida durante la licitación la existencia de cualquier error, vicio, defecto o incongruencia en los mismos, el plantear una nueva licitación en la que se subsanen o corrijan tales defectos, no quedando lógicamente vinculado por ellos. Así resulta de lo dispuesto en el art. 155 del TRLCSP, que permite desistir del procedimiento de adjudicación con fundamento “en una infracción no subsanable de las normas de preparación del contrato o de las reguladoras del procedimiento de adjudicación, debiendo justificarse en el expediente la concurrencia de la causa”. Precisa además dicha norma que el desistimiento no impedirá la iniciación inmediata de un nuevo procedimiento de licitación.(...) Efectivamente, en el estadio inicial del procedimiento de licitación, cuando aún no se han presentado proposiciones, cabe asimilar a estos efectos a los pliegos con la situación de los actos de trámite no cualificados en el seno de un procedimiento administrativo, los cuales pueden ser modificados o dejados sin efecto por la Administración durante la tramitación del mismo y antes del dictado de la resolución sin necesidad de proceder a la revisión de oficio, siempre que, insistimos, no se produzca con ello un efecto desfavorable para los derechos o intereses de algún interesado.”

Pero precisamente pola necesaria salvagarda dos intereses afectados e dos principios da contratación, esta posibilidade redúcese a medida que avanzan os prazos e nos afastamos dos anuncios da licitación e da inicial publicación dos pregos. No ámbito lexislativo, o artigo 75.2 do RD 1098/2001 polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas sinala: “Cualquier aclaración o rectificación de los anuncios de contratos serán a cargo del órgano de contratación y se hará pública en igual forma que estos, debiendo computarse, en su caso, a partir del nuevo anuncio, el plazo establecido para la presentación de proposiciones”

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

A actual LCSP no seu artigo 122.1 mantén unha interpretación restrinxida das posibilidades de modificación, indicando que: “Os pregos de cláusulas administrativas particulares deberanse aprobar previamente á autorización do gasto ou conxuntamente con ela, e sempre antes da licitación do contrato ou, de non existir esta, antes da súa adxudicación, e só poderán ser modificados con posterioridade por erro material, de feito ou aritmético. Noutro caso, a modificación do prego implicará a retroacción de actuacións.”

Igualmente, o artigo 136 sinala:

Páxina 7 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

“Os órganos de contratación deberán ampliar o prazo inicial de presentación das ofertas e solicitudes de participación, así mesmo, no caso de que se introduzan modificacións significativas nos pregos da contratación, sen prexuízo do sinalado nos artigos 122.1 e 124. En todo caso, considerarase modificación significativa dos pregos a que afecte: a) A clasificación requirida. b) O importe e o prazo do contrato. c) As obrigacións do adxudicatario. d) O cambio ou a variación do obxecto do contrato. A duración da prórroga, en todo caso, será proporcional á importancia da información solicitada polo interesado.”

Polo que se refire ao suposto concreto obxecto deste recurso, o relato temporal dos feitos relevantes para esta Resolución é o seguinte: - A licitación foi obxecto de publicación no DOUE e na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia do 21.08.2018 que fixa o día 25.09.2018 como finalización do prazo de presentación de ofertas. - O día 13.09.2018 publícase na Plataforma de contratos públicos de Galicia a seguinte corrección de erros: En relación á puntuación dos criterios avaliables de forma automática, na parte 5) Sala de illamento ( l0 puntos) o dito prego di : "A sala de illamento deberá ter as seguintes características

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

-Superficie útil non inferior a I0 m2. - Con sistema que asegure a presión negativa. - Dotada de lavabo e espazo para material do persoal da unidade. - Equipo e instalacións iguais aos postos de diálise da sala xeral do tratamento." Debería dicir:

Páxina 8 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

"A sala de illamento deberá ter as seguintes características -Superficie útil non inferior a I0 m2. - Dotada de lavabo e espazo para material do persoal da unidade. - Equipo e instalacións iguais aos postos de diálise da sala xeral do tratamento”

- Os días 21.09.2018 e 24.09.2018 preséntanse ofertas polas dúas empresas participantes na licitación. - O día 8.10.2018 reúnese a mesa de contratación e, considerando que a rectificación do prego sinalada se realizou sen ampliar o prazo de presentación de ofertas, adopta os seguintes acordos: “Proceder a retrotraer as actuacións orquestando un novo prazo de presentación de proposicións. Comunicar ás empresas que presentaron a súa oferta que, como consecuencia da publicación do novo anuncio de licitación, deberán contestar se manteñen a oferta presentada ou ben a retiran para presentar outra no novo prazo”.

- No mesmo día remítese notificación aos licitadores - Por resolución do Xerente do Servizo Galego de Saúde da mesma data acórdase “ampliar o prazo de presentación de proposicións ata o día 19.11.2018”.

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

- O día 12.10.2018 publícase no DOUE o anuncio que da publicidade ao novo prazo de presentación de ofertas. - Finalmente, e sen ánimo de ser exhaustivo, sinalar que na publicidade na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, no apartado de “observacións” o día 16.10.2018 anunciouse como aclaración que se ampliara o prazo de presentación de ofertas, sen maior concreción, sen incorporar o documento no que conste o acordo de ampliación, e, en todo caso, sen modificar os correspondentes datos xerais da licitación no tocante á presentación de ofertas, que seguen reflectindo como data límite para a súa presentación o día 24.09.2018.

Páxina 9 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

Unha vez así expostas as circunstancias relevantes neste debate, o que se nos mostra é a existencia dunha decisión adoptada polo órgano de contratación de ampliación do prazo de presentación de ofertas, única decisión impugnada polo recorrente e que debe analizar este Tribunal aos efectos de determinar se aprecia ou non na mesma vicios de invalidez. En todo caso, necesariamente debemos facer referencia ás incorreccións existentes na acta da mesa de contratación e na notificación remitida aos licitadores. En primeiro lugar, porque formalmente na acta da mesa consta un acordo de ampliación do prazo de presentación cando ese órgano é incompetente para iso. De feito, a propia resolución da xerencia do Servizo Galego de Saúde que fixa o novo prazo xa se refire a esa decisión como unha mera proposta da mesa, igual que reitera o órgano de contratación no seu informe a este recurso. Finalmente, esa resolución, pola súa banda, omite parte do contido da decisión da mesa, como é aquela obriga imposta aos licitadores de comunicar se retiran ou manteñen as súas propostas. O anterior nos leva tamén a aludir, a maiores, ás deficiencias das notificacións aos licitadores, nas que se indica que a mesa de contratación “acuerda” a ampliación do prazo, sen xustificar as razóns motivadoras dese acordo; sinálase a nova data límite para a presentación de ofertas, a cal non se recolle na acta da mesa pero si na resolución da xerencia; e ademais non consta no expediente remitido a este Tribunal que se acompañase o documento nin da acta nin da resolución, polo que non só se privou aos licitadores de coñecer a debida motivación da decisión adoptada, unido a que o propio contido notificado é incorrecto, pois recolle unha obriga que, como vimos, non acordou a xerencia, como era esa referencia de comunicar se os licitadores retiraban ou mantiñan as súas propostas. Por último, engadir a isto a problemática descrita do proceso de publicación da información na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia, antes apuntado.

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

Estas circunstancias, sen prexuízo do que a continuación expoñeremos, xa inicialmente dificultan apreciar a corrección na actuación do órgano de contratación defendida no seu informe, pois inciden na seguridade xurídica que debe salvagardar a posición dos licitadores no procedemento. En todo caso, en canto á ampliación do prazo de presentación de proposicións en si, o aspecto máis salientable e que debemos analizar en primeiro lugar é que esa decisión se produce unha vez xa finalizado o prazo de presentación de ofertas, cando xa se presentaron dous licitadores, e na primeira sesión da mesa convocada para a apertura das súas ofertas.

Páxina 10 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

Pois ben, xa a Resolución 281/2015 do TACRC indicaba a imposibilidade de ampliar o prazo de presentación de ofertas cando o mesmo xa se atopa vencido: “Pero aun considerando a efectos meramente dialécticos que pudiera tratarse de una resolución de aclaración, ha de ponerse de relieve que no se han cumplido los plazos determinados en el art. 75.2 del RCAP, que ordena que “debe computarse, en su caso, a partir del nuevo anuncio, el plazo establecido para la presentación de proposiciones. Se refiere pues a un solo plazo, el plazo para la presentación de proposiciones, que según este precepto ha de volverse a computar desde el anuncio. Por tanto, no cabe al amparo de este precepto que pueda otorgarse un nuevo plazo que es distinto al inicial y que se otorga además una vez vencido aquél. Por tanto, no encaja en el precepto un supuesto como el enjuiciado, en el que el plazo para la presentación de ofertas expiró el día 21 de enero de 2015 y la resolución de dictó 10 días después, el 31 de enero de 2015.”

Igualmente, o Tribunal Supremo na Sentenza do 27 de marzo de 2013 sinala respecto a unha rectificación do prego publicada con posterioridade á finalización do prazo de presentación de ofertas: “ha de que concluirse también que comportó una alteración de la convocatoria injustificadamente discriminatoria; y así ha de ser considerado porque privó al que fue licitador en la primera convocatoria del derecho que le asisitía a que ésta siguiera su curso normal y se resolviera en el tiempo legalmente establecido y tomando en consideración solamente a quienes concurrieran como licitadores dentro del plazo señalado en esa inicial convocatoria; y, paralelamente, permitió realizar a quienes ya les había precluído la posibilidad de hacerlo”.

Pero, finalmente é a propia Lei 39/2015 de de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, de aplicación supletoria aos procedementos de contratación, a que prohibe expresamente a ampliación de prazos xa vencidos no seu artigo 32.3:

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

“Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberanse producir, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate. En ningún caso poderá ser obxecto de ampliación un prazo xa vencido.(...)”

Polo tanto, debemos anular a actuación do órgano de contratación de ampliar o prazo para presentación de proposicións, no caso que se nos presenta. En primeiro

Páxina 11 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

lugar, porque a finalización dese prazo determina de principio que o mesmo xa non poida ser obxecto de ampliación, dado que non se podería modificar - aquí ampliar- o que xa non existe. E en segundo, porque esa ampliación acordada vulnera o principio de igualdade e os dereitos dos licitadores que, como o recorrente, efectivamente concorreron ao procedemento e presentaron a súa oferta no prazo establecido e conforme ás condicións fixadas polo órgano de contratación. Engadindo ademais ao sinalado as incorreccións suscitadas no propio acto da mesa e do órgano de contratación e no proceso de comunicación da información, xa analizadas con anterioridade. En conclusión, procede estimar o recurso presentado e anular as decisións adoptadas pola mesa e a xerencia o día 08.10.2018 polas que se ampliou o prazo de presentación de ofertas, se que caiban máis pronunciamentos en base ao xa indicado.

Por todo o anterior, vistos os preceptos legais de aplicación, este Tribunal, en sesión celebrada no día da data, RESOLVE: 1. Estimar o recurso interposto por AVERICUM S.L. contra a decisión pola que se amplía o prazo de presentación de ofertas no procedemento de contratación dos servizos de hemodiálise extrahospitalaria na EOXI de Santiago de Compostela, expediente AB-SER4-18-003 do Servizo Galego de Saúde, en base ao recollido no último dos fundamentos. 2. Levantar a suspensión acordada no seu día.

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

3. Ao abeiro do artigo 57.4 LCSP, o órgano de contratación deberá dar coñecemento a este Tribunal das actuacións adoptadas para lle dar cumprimento a esta resolución.

Esta resolución, directamente executiva no seus propios termos, é definitiva vía administrativa e contra a mesma cabe interpoñer recurso perante a Sala contencioso-administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo dous meses, a contar desde o día seguinte á notificación desta resolución,

na do de de

Páxina 12 de 13

Raxeira 52-2º 15781 Santiago de Compostela Teléfono 881995481 Fax 881995485 Rexistro Xeral no Edificio Administrativo San Caetano 15781 Santiago de Compostela [email protected] https://tacgal.xunta.gal

conformidade co disposto nos artigos 10.1.k) e 46.1 de la Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

CVE: ULnRX7end2 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

O PRESIDENTE, Santiago Valencia Vila. A VOGAL-SECRETARIA, Ana María de Frutos Martínez. O VOGAL, Tomás Otero Ferreiro.

Páxina 13 de 13