Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea
Edición actualizada por Cosmin Gabriel Bolea e María Montoiro Salvado
Edita: Fundación Galicia Europa
A Fundación Galicia Europa é unha institución sen ánimo de lucro e de interese galego creada para a promoción de todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa. Constituída en 1988, aglutina diversas entidades públicas e privadas galegas: Xunta de Galicia, Consorcio Zona Franca de Vigo, Cámaras Galegas de Comercio e as Deputacións da Coruña e Lugo. Esta entidade está aberta á colaboración de todas aquelas institucións representativas da vida económica e social de Galicia que persigan os seus mesmos fins. Os obxectivos da Fundación Galicia Europa pasan por contribuír á formación europea de mozos e profesionais galegos, difundir información de interese para a sociedade galega sobre a Unión Europea, canalizar a xestión de intereses galegos en Europa e promover a cultura e a economía da nosa Comunidade Autónoma no eido europeo a través de diversas actividades, todo isto co propósito de apoiar o desenvolvemento exterior de Galicia. Así mesmo, a Fundación Galicia Europa financia cada ano bolsas dirixidas a estudantes que desexen completar a súa formación académica. En 2012, ascenden a un total de 5 as axudas outorgadas para a realización de actividades formacionais en prácticas na FGE e 1 para a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia - Norte de Portugal con sede en Vigo. Esta guía quere orientar aos mozos galegos nas saídas laborais tanto na Unión Europea como nas Organizacións Internacionais. Agardamos sexa de moita axuda!
Índice 1 Bolsas
da Fundación Galicia Europa ................................................................... 9
2
Bolsas de organismos públicos galegos................................................................. 13
3
Prácticas en Institucións españolas....................................................................... 27
4
Prácticas nas Institucións da UE.......................................................................... 37
5
Traballar nas Institucións da UE.......................................................................... 49
6
Prácticas na Unión Europea e na área internacional............................................. 55
7
Programas de mozos expertos ............................................................................. 81
8
Outras saídas laborais internacionais.................................................................... 91
9
Bolsas de estudos................................................................................................. 97
10 Bolsas
e prácticas nas áreas científicas................................................................... 113
11 Idiomas 12 Máis
.............................................................................................................. 139
información ............................................................................................... 155
1
Bolsas da Fundación Galicia Europa
BOLSAS PARA FORMACIÓN EN PRÁCTICAS NA FGE A Fundación Galicia Europa ten entre os seus fins estatutarios fomentar o achegamento da realidade galega a Europa e potenciar a formación en temas comunitarios.
Síntese
A FGE concede 6 bolsas a titulados superiores para contribuír á súa especialización neste eido. Catro están destinadas ao seguimento de asuntos relacionados coas institucións comunitarias, tendo como licenciaturas preferentes Dereito, Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias Políticas. As outras dúas prazas resérvanse a licenciados en Ciencias da Comunicación para informar sobre as actividades da Fundación Galicia Europa e sobre a presenza galega en Bruxelas como a integración europea e a súa particular incidencia en Galicia. Estas bolsas repartiranse entre as oficinas belga, compostelá e unha bolsa das reservadas a licenciados en Ciencias da Comunicación gozarase na oficina da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Galicia Norte de Portugal con sede en Vigo. Ser nacional dun dos Estados membros da Unión Europea. Ter nacido en Galicia, ser fillo de galegos ou ter residencia en Galicia dende antes do 31.12.2010.
Requisitos
Estar en posesión dun título universitario superior, con posterioridade ao 31.12.2007. Non ter gozado xa de calquera modalidade de bolsa nas oficinas da Fundación Galicia Europa en convocatorias anteriores. Cinco bolsas con destino na Fundación Galicia Europa
Lugar
Hai tres bolsas para a oficina de Bruxelas e dúas para a oficina de Santiago de Compostela. Na oficina de Bruxelas, unha praza está reservada á bolsa de comunicación. Unha bolsa con destino na AECT Galicia- Norte de Portugal Hai unha bolsa para a sede da AECT Galicia – Norte de Portugal, en Vigo, reservada a Licenciados en Ciencias da Comunicación ou Xornalismo.
Prazos de solicitude
A solicitude, debidamente cumprimentada, xunto coa documentación citada na convocatoria deberá ser remitida por correo certificado con acuse de recibo ou presentada no rexistro da Fundación Galicia Europa (Rúa dos Feáns, 3C baixo 15706 – Santiago de Compostela), no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (normalmente entre os meses de outubro e novembro). Para máis información: http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu
10
O proceso de selección dos beneficiarios das bolsas constará de tres fases: I.- Unha primeira fase de carácter práctico que constará de dúas probas, unha proba práctica relacionada coa materia e outra proba dos idiomas inglés e francés, ata un máximo de 10 puntos. Soamente os primeiros 60 aspirantes que obteñan a mellor puntuación pasarán a seguinte fase que é a de valoración de méritos académicos e profesionais. Non se valorarán os méritos académicos e profesionais dos aspirantes que non teñan superada a proba práctica. II.- Unha segunda fase de méritos, ata un máximo de 10 puntos. Proceso de selección
Polo que se refire á formación académica e laboral, atenderase ao expediente académico, posgraos, títulos de idiomas e experiencia. III.- Unha terceira fase, ata un máximo de 5 puntos. Os primeiros 20 aspirantes que obteñan a mellor puntuación no total das dúas fases anteriores, pasarán a unha entrevista na que se valorará a capacidade de adaptación e de traballo en equipo. As bolsas concederanse aos candidatos que obteñan as seis mellores puntuacións globais do proceso de selección tendo sempre en conta as bases da convocatoria. No caso de que algún ou algúns dos concesionarios da bolsa renunciasen á mesma, procederase a conceder esta ao candidato inmediatamente posterior na lista de reserva resultante do proceso de selección.
Duración e contía
A duración destas bolsas abrangue o período entre mediados de xaneiro e decembro, excepto a bolsa con destino na AECT a cal abrangue dende mediados de xaneiro a mediados de xullo. A contía para as estadías en Bruxelas é de 14.200€ máis 400€ en concepto de gastos de viaxe, mentres que para Santiago de Compostela é de 12.400€. E para a estadía na AECT en Vigo a contía é de 7.000€.
11
2
Bolsas
de organismos públicos galegos
BOLSAS DE FORMACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA
Síntese
A mesa do Parlamento de Galicia convoca 10 bolsas formativas co obxecto de realizar unha formación práctica nas materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións e xestión parlamentaria. Ser nacional dun Estado membro da UE.
Requisitos
Posuír as titulacións universitarias que seguen obtidas a partir do 2005-2006: licenciatura en Documentación ou diplomados en Biblioteconomía, licenciados en Ciencias da Comunicación ou en Ciencias Sociais e da Comunicación, licenciatura en Filoloxía Galega ou Tradución e Interpretación no caso de ter escollida como primeira lingua o galego, licenciatura ou diplomatura en Informática, licenciatura en Ciencias Políticas e de Administración ou en Dereito. Ter nado despois do 31 de decembro do 1981. Acreditar un bo coñecemento da lingua galega. Non resultar beneficiario en convocatorias anteriores do Parlamento de Galicia.
Lugar
Na sede do Parlamento de Galicia.
Prazos de solicitude
No segundo semestre do ano. A comisión de valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados.
Proceso de selección
Para máis información: http://www.parlamentodegalicia.es/sites/parlamentogalicia/ContenidoGal/pargal_II_Becas.aspx
Duración e contía
14
A duración é de 12 meses. A contía mensual é de 1.000 euros.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN: BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN DO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO Síntese
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca 8 bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a investigación en Humanidades. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
Requisitos
Estar en posesión do título de licenciado e ter rematado no curso académico 2004-2005 ou posterior. Acreditar un bo coñecemento da lingua galega. Non resultar beneficiario en concursos anteriores ou contratos no centro Ramón Piñeiro.
Lugar
No centro Ramón Piñeiro.
Prazos de solicitude
Dun mes ao seguinte a publicación da convocatoria.
Proceso de selección
Para máis información: http://www.cirp.es/inf2/bolsas.html
Duración e contía
A duración é de 2 anos. A contía mensual é de 990 euros.
15
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Síntese
Debido á importancia do sector turístico para a nosa economía cómpre formar expertos no sector que ofrezan apoio á captación de demanda turística. Con este fin convócanse bolsas para a realización de prácticas en oficinas de turismo no estranxeiro. Ser nacional español ou dun país membro da Unión Europea. Licenciado ou diplomado en Turismo.
Requisitos
Ter rematado a licenciatura nos tres anos inmediatamente anteriores á solicitude. Dominio oral e escrito da lingua do país de destino. Non ter realizado esta bolsa con anterioridade.
Lugar
Prazos de solicitude
16
Os beneficiarios desenvolverán as súas funcións nas Oficinas Españolas de Turismo das seguintes cidades: París, Zürich, Nova York, Londres, Frankfurt, Roma e Lisboa.
Convocatoria que xeralmente se publica no DOG na primeira metade do ano. http://culturaeturismo.xunta.es/
Proceso de selección
Unha comisión avaliadora examinará todas as solicitudes presentadas e os méritos acreditados. Ademais realizará unha entrevista persoal e probas escritas e orais de idioma segundo o destino. Existe un temario adxunto á convocatoria.
Duración e contía
As prácticas contarán cun período de formación dun mes en Galicia e con prácticas no estranxeiro, cunha duración aproximada de 11 meses. A contía das bolsas queda por determinar.
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA: D.X. I+D+I
Síntese
A Dirección Xeral de I+D+i convoca bolsas para a realización de actividades relativas ao Programa de Recursos Humanos (RHS) do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Presentar a solicitude segundo o anexo á convocatoria.
Requisitos
Ser titulado superior. Carta de invitación do centro onde se vai desenvolver o traballo. Plan do traballo de investigación.
Lugar
Prazos de solicitude
Os beneficiarios desenvolverán as súas funcións en centros no estranxeiro ou oficinas españolas fóra da Comunidade Autónoma.
Convócanse xeralmente no segundo trimestre do ano (DOG). http://economiaeindustria.xunta.es
Proceso de selección
Unha comisión avaliadora examinará todas as solicitudes presentadas e os méritos acreditados.
Duración e contía
As estadías terán unha duración diferente segundo o programa no que se enmarcan (de 1 a 12 meses). A contía da axuda variará segundo o país de destino.
17
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR: D. X. XUVENTUDE
Síntese
A Dirección Xeral de Xuventude convoca anualmente prazas en campos de traballo no estranxeiro. Os campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos. Presentar a solicitude segundo a convocatoria.
Requisitos
Ser maior de idade. Posuír a nacionalidade dun dos Estados membros da UE.
Lugar
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Duración e contía
18
Ver lista de campos de traballo na convocatoria.
Convocatoria que xeralmente se realiza no primeiro semestre do ano. http://injuve.es/injuve/contenidos.item.action?id=317290247
Máis información na Dirección Xeral de Xuventude: http://xuventude.xunta.es
Unha duración de dúas semanas de media. O prezo será aproximadamente de 70 euros.
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR: D. X. XUVENTUDE
Síntese
O programa galego de mobilidade “A xuventude no Mundo” pretende que os mozos/as de Galicia poidan coñecer outras rexións europeas e medios de vida diferentes, relacionándose durante unha semana con mozos/ as doutros territorios. Ter entre 18 e 30 anos. Ser residente en Galicia.
Requisitos
Cubrir debidamente o impreso de inscrición. Pagar a cota correspondente.
Lugar
Varios destinos en Italia, Francia, Portugal, República Checa, Hungría, Moldavia, Armenia, Rusia, Xapón, Arxentina, Colombia e Chile.
Prazos de solicitude
Xeralmente durante o primeiro trimestre do ano.
Admisión de solicitudes segundo a orde de chegada. Proceso de selección
http://xuventude.xunta.es/ http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html http://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas.html
Duración e contía
Terán unha duración dunha semana. O prezo varía en función do destino elixido pero, en todo caso, haberá descontos do 25% para os posuidores do Carné Xove.
19
BOLSA PARA COLABORAR NO PROGRAMA FORMATIVO DE CULTURA E XORNALISMO DA DEPUTACIÓN DE LUGO
20
Síntese
A área de Cultura e Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación Provincial de Lugo, é o órgano da Administración provincial que ten atribuídas as competencias en materia cultural, de patrimonio histórico - artístico, de turismo, de normalización lingüística e do ensino. A finalidade das bolsas é impulsar unha mellora no coñecemento e na conservación dos bens culturais e para contribuír á promoción e á difusión do rico patrimonio cultural existente na comunidade.
Requisitos
Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea; Estar en posesión da titulación académica requirida; Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento (nivel 2) mediante título oficial Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda no momento da notificación; Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario; As demáis establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso.
Lugar
Deputación de Lugo
Prazos de solicitude
Último semestre do ano.
Proceso de selección
Expediente académico: ata un máximo de 5 puntos. Currículo Vitae da persoa solicitante, experiencia investigadora: ata un máximo de 5 puntos. Experiencia laboral en materia de Xornalismo e Cultura: ata un máximo de 5 puntos. Entrevista persoal: ata un máximo de 5 puntos. A Comisión de Valoración Técnica non terá en conta aqueles méritos alegados polas persoas solicitantes, e que non estean acreditados documentalmente. En caso de empate terase en conta (por esta orde): o expediente académico, o Currículo Vitae e a experiencia laboral en materia de Cultura e Xornalismo. Mais información: http://www.deputacionlugo.org
Duración e contía
A duración da bolsa e de 12 meses e a contía e de 14.414,12 euros en total.
BOLSAS FORMATIVAS EN MATERIA DE XESTIÓN CULTURAL E EN MATERIA DE TEATRO CULTURAL DA DEPUTACIÓN DE LUGO
Síntese
A área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación Provincial de Lugo, é o órgano da Administración provincial que ten atribuídas as competencias en materia cultural, turística, de patrimonio histórico - artístico, de normalización lingüística e de ensino. A finalidade das bolsas é impulsar unha mellora no coñecemento e na conservación dos bens culturais e para contribuír á promoción e á difusión do rico patrimonio cultural existente na comunidade. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea Estar en posesión da titulación académica requirida Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento (nivel 2) mediante título oficial
Requisitos
Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda no momento da notificación k) Non ter sido separado/a do servizo de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario As demáis establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso. Máis información: http://www.deputacionlugo.org
Lugar
Deputación de Lugo
Prazos de solicitude
Último semestre do ano.
Proceso de selección
Valóranse: Expediente académico, Currículo Vitae da persoa solicitante, experiencia investigadora, experiencia laboral, entrevista persoal.
Duración e contía
A duración da bolsa e de 12 meses e a contía e de 14.414,12 euros en total cada unha.
21
BOLSAS PARA LICENCIADOS EN HISTORIA, CON DESTINO AO SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Síntese
Estas bases regulan o procedemento a seguir para a concesión de catro bolsas, que teñen por obxecto a realización de tarefas relacionadas coa arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado- estampado e tarxeta postal. Estar en posesión do título de licenciado/a en Historia ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. Estar en posesión do título de Licenciado/a en Historia ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
Requisitos
Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. Non ter sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra Máis información: http://www.depontevedra.es
22
Lugar
Deputación de Pontevedra
Prazos de solicitude
Último semestre do ano.
Proceso de selección
Valóranse: Currículo Vitae da persoa solicitante, experiencia investigadora, experiencia laboral.
Duración e contía
A duración das bolsa e de 12 meses e a contía e de 1.200 euros mensuais cada unha.
BOLSAS DE COLABORACIÓN NAS OFICINAS DE TURISMO DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA
Síntese
Bolsas de colaboración para a realización de tarefas de información en oficinas de turismo da provincia de Pontevedra. Ser membro dun país da Unión Europea e residente en España.
Requisitos
Estar en posesión do título de diplomado en turismo, graduado en turismo ou técnico superior de información e comercialización turística no momento da convocatoria de selección. A titulación deberá ser obtida no ano 2003 ou con posterioridade a esta data. Valorarase o coñecemento de idiomas.
Lugar
Oficinas de Turismo da provincia de Pontevedra.
Prazos de solicitude
Ao longo do ano en función da necesidade das Oficinas de Turismo.
Proceso de selección
Duración e contía
Para máis información: http://www.riasbaixas.depo.es/web2009/index.php?idMenu=1&idIdioma=1&int1=75&int2=244
A duración dependerá en función das necesidades das Oficinas de Turismo, e a contía media fixada estimada será de 7,5€ a hora.
23
BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EN OFICINAS DE INFORMACIÓN E SERVIZOS TURÍSTICOS DO CONCELLO DE VIGO
Síntese
O Concello de Vigo convoca 10 bolsas de prácticas nas Oficinas de Información e Servizos turísticos do Concello de Vigo
Requisitos
Poderán optar ás bolsas de prácticas os/as Técnicos Superiores en Información e Comercialización Turística, así como os Diplomados/as en Empresas e Actividades Turísticas. A titulación deberá ser, cando menos, obtida no ano 2000 ou con posterioridade á esta data. Só poderán concorrer a esta convocatoria os/as solicitantes que reúnan estas condicións e sempre que nacesen con posterioridade ao 31 de decembro de 1978.
Lugar
Concello de Vigo
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano. O proceso de selección consiste nun exame e unha entrevista persoal.
Proceso de selección
Para máis información consulten : http://hoxe.vigo.org/
Duración e contía
24
Concederanse 4 bolsas para o período comprendido entre o 16 de novembro de 2011 e o 15 de novembro de 2012 (4 bolsas x 12 meses x 900€/mes= 43.200€). Cada bolsa está dotada con 10.800€. Así mesmo, concederanse 6 bolsas para o período comprendido entre o 1 de abril e o 31 de outubro de 2012, coincidindo coa temporada alta turística (6 bolsas x 7 meses x 900€/mes= 37.800€).
BOLSA PARA REALIZAR PRÁCTICAS NA MEDIATECA DO GRILO DO CONCELLO DE TEO
Síntese
O Concello de Teo convoca unha bolsa para realizar prácticas na biblioteca municipal da Mediateca do Grilo dirixida a titulados universitarios.
Requisitos
Poderán participar na convocatoria as/os titulados universitarios licenciados en Historia e licenciados en Biblioteconomía e Documentación que rematasen os seus estudos con posterioridade ao primeiro de xaneiro do 2007.
Lugar
As/os solicitantes deberán presentar a súa instancia de solicitude, acompañada da documentación pertinente, no Rexistro Xeral do Concello de Teo.
Prazos de solicitude
Primeira metade do ano.
Proceso de selección
A solicitude ten que ir acompañada da información sobre os datos académicos, fotocopia do DNI, Currículo Vitae e unha memoria na que se expoñan os motivos que levan a realizar a solicitude, así como unha proposta de actividades e animación para o centro no que se desenvolverán as prácticas, na Mediateca do Grilo (Cacheiras). Máis información: http://www.concellodeteo.com
Duración e contía
A bolsa ten unha duración de doce meses.
25
BOLSAS DE COLABORACIÓN DO CONSELLO DE CULTURA
Síntese
Bolsas de colaboración en proxecto de investigación concretos que están a desenvolver no Consello da Cultura Galega. Ser licenciado, diplomado ou ter estudos de grao superior nas seguintes áreas: filoloxía galega, biblioteconomía e documentación, técnico de imaxe e son. E non ter transcorrido máis de 5 anos dende a finalización de ditos estudos.
Requisitos
Acreditar o coñecement o da lingua galega ou o certificado Celga 4. Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa do Consello da Cultura Galega durante un prazo superior a 12 meses.
26
Lugar
Na sede do Consello da Cultura Galega.
Prazos de solicitude
No segundo trimestre do ano.
Proceso de selección
Farase unha valoración en función dos expedientes recibidos. A xerencia do Consello será a encargada de levar a instrución do procedemento. Para máis información: http://consellodacultura.org/
Duración e contía
A duración destas bolsas abranguerá un período de 6 meses, cunha asignación mensual de 850 euros máis un seguro de asistencia médica e seguro combinado de accidentes.
3
Prácticas en institucións españolas
BOLSAS DE FORMACIÓN XURÍDICA DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
Síntese
As bolsas teñen por obxecto a formación teórico- práctica en tarefas relacionadas coa investigación e tratamento xurídico da doutrina constitucional. Estar en posesión do titulo de licenciado en Dereito ou un título doutro país que acredite unha formación xurídica equivalente.
Requisitos
Ter rematado os estudos para a obtención do título universitario con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2006. Posuír coñecementos de inglés ou francés correspondentes ao nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
Lugar
Na sede do Tribunal Constitucional.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
28
Para máis información: http://www.ciemat.es/ A duración máxima prevista é de 12 meses, con posibilidade de prórroga de ata un máximo de 6 meses, se fose conveniente para o programa de formación. A contía mensual prevista é de 965,70 euros mensuais.
BOLSAS DE FORMACIÓN DO SENADO
Síntese
O Senado convoca 15 bolsas de formación arquivística, documental e bibliotecaria, dirixidas a mozos titulados que desexen especilizarse nestes eidos. Posuír a titulación oficial universitaria en biblioteconomía e documentación. Ter nado con posterioridade ao 1 de xaneiro do 1983.
Requisitos
Acreditar ter cursado estudos en materias arquivísticas, bibliotecarias ou documentais durante polo menos 200 horas lectivas. Non ter gozado en anos anteriores da mesma bolsa do Senado excepto os substitutos que houberan accedido a mesma dentro do último semestre do 2011.
Lugar
Sede do Senado (Madrid).
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
O proceso de selección será dirixido pola mesa do Senado. Para máis información: http://www.senado.es/inforpractic/index.html
A duración máxima é dun ano improrrogable. A contía mensual é de 800 euros.
29
BOLSAS DE FORMACIÓN DE POSGRADUADOS NO BOE
Síntese
A Dirección da Axencia Estatal BOE convoca bolsas para a realización de actividades de formación en tratamento e difusión da documentación xurídica e os fondos documentais para titulados universitarios. Posuír a nacionalidade española ou ben nacional dun Estado membro da Unión Europea, con residencia en territorio español, na data de inicio de bolsa.
Requisitos
Posuír un título universitario de segundo ciclo ou licenciado, obtido no ano 2006 ou posteriores. Formación específica en materias bibliotecarias e de xestión documental.
Lugar
Na Axencia Estatal do Boletín Oficial do Estado.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
30
Para máis información: http://www.boe.es/aeboe/
A duración prevista é de 12 meses prorrogables por outros 12 meses, previa solicitude, con tres meses de antelación a que se cumpra o primeiro período. A contía mensual prevista é de 965,70 euros mensuais.
BOLSAS DE COLABORACIÓN COA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO INTERIOR
Síntese
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio convoca 4 bolsas de colaboración para titulados superiores de calquera grao ou carreira universitaria co obxectivo de contribuír á formación de profesionais no eido da actividade comercial e a súa contorna. Posuír a nacionalidade española.
Requisitos
Ter unha idade non superior aos 28 anos na data da convocatoria. Estar en posesión de calquera titulación universitaria superior.
Lugar
Nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio Interior do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio en Madrid.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
Para máis información: https://sede.mityc.gob.es/es-ES/procedimientoselectronicos/Paginas/colaboracion-comercio.aspx
A duración máxima é de 10 meses e conta cunha asignación mensual de 1037,5 euros.
31
BOLSAS “TURISMO DE ESPAÑA” Síntese
O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio convoca bolsas para realizar prácticas profesionais e de investigación turística nas Oficinas Españolas de Turismo no Estranxeiro.
Requisitos
Ter nacionalidade española Dispor dunha licenciatura universitaria (calquera licenciatura), ou ben dispor dunha diplomatura en Turismo, Ciencias Económicas e Empresariais, Marketing, Socioloxía e Xestión e Administración Pública. Ditas titulacións deberon superarse con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2008 e antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. Ter unha nota media mínima de 1,6 sobre 4, nas cualificacións finais dos estudos que se aleguen para concorrer á bolsa. Non ter obtido con anterioridade ningunha bolsa «Turismo de España», nin ter obtido nos tres anos anteriores ao desta convocatoria unha bolsa para unha finalidade similar. Posuír un elevado coñecemento de inglés e dominio do idioma do país no que estea situada a oficina de turismo no estranxeiro.
Lugar
Nas Oficinas de Turismo Españolas no Estranxeiro: • Europa: Berlín, Bruxelas, Copenhague, Dublín, Düsseldorf, Estocolmo, Frankfurt, Helsinki, A Haia, Lisboa, Londres, Milán, Moscova, Múnic, Oslo, París, Roma, Varsovia, Viena, Zürich. • Rexión Asia- Pacífico: Singapur, Cantón. • Norteamérica: Chicago, Os Ánxeles, Miami, México, Nova York, Toronto. • Sudamérica: Bos Aires, San Paulo.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
A ordenación e instrución do procedemento estará a cargo da Dirección Xeral de TURESPAÑA e convocará aos candidatos a unha entrevista persoal. Para máis información: http://www.minetur.gob.es/es-ES/AyudasPublicas/Paginas/Turismobecas.aspx
Duración e contía
32
Depende do lugar onde estea situada a oficina. De tratarse de Europa occidental e Varsovia a contía anual prevista é de 48.000 euros. Mentres que no resto de rexións a contía anual prevista é de 62.000 euros. A duración máxima prevista é de dous anos.
BOLSAS DE FORMACIÓN NO CENTRO DE INVESTIGACIÓNS SOCIOLÓXICAS
Síntese
Formación de posgraduados nos métodos e técnicas utilizados na investigación social aplicada a través da participación nas tarefas de investigación e actividades formativas do CIS. Ter nacionalidade española ou ben ter residencia legal en España.
Requisitos
Título de graduado ou licenciado ou título estranxeiro homologado, obtido dentro dos 4 anos anteriores á data de publicación da convocatoria. Cualificación media de, polo menos, 1,8. Non poderá solicitar a bolsa quen, con anterioridade a esta convocatoria, fora adxudicatario doutra bolsa de formación para posgraduados no Centro de Investigacións Sociolóxicas.
Lugar
No Centro de Investigacións Sociolóxicas.
Prazos de solicitude
15 días naturais dende a súa publicación no BOE. A publicación está prevista para o segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Publicarase na páxina web do Centro de Investigacións Sociolóxicas a lista cos nomes e apelidos dos beneficiarios e suplentes seleccionados. Para máis información: http://www.cis.es/opencms/GA/6_formacion/BecasFormacion/
Duración e contía
A duración máxima é dun ano. A dotación anual de cada unha das bolsas é de 12.190 €.
33
BOLSAS DE FORMACIÓN NO MUSEO NACIONAL DO PRADO
Síntese
Requisitos
O Museo Nacional do Prado convoca dúas bolsas para mozos titulados interesados en participar en proxectos de formación especializada e investigación das áreas do museo. Titulación ou grao en Historia da Arte, obtido a partir do 2006. Posuír unha nota media do expediente de como mínimo un 7 sobre 10.
Lugar
No Museo Nacional do Prado (Madrid).
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
34
Para máis información: http://www.museodelprado.es/empleolicitaciones/becas/becas-resolucion-de-11-de-enero-de-2012/ A duración é dun ano, coa posibilidade de prorrogarse por unha anualidade máis. A contía anual de cada unha das bolsas é de 18.000 euros.
BOLSAS DE FORMACIÓN NO MUSEO NACIONAL CENTRO DE ARTE RAÍÑA SOFÍA
Síntese
O Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía convoca bolsas de investigación, coordinación-formación e formación en materias e actividades da competencia do museo.
Requisitos
Estar en posesión do título académico correspondente en función da categoría de bolsa: Titulación de posgrao con especialización en Historia da Arte, licenciatura en Xeografía e Historia ou en Historia da Arte, licenciatura en Humanidades ou en Comunicación Audiovisual, diplomatura pola Escola Superior de Conservación-Restauración coa especialidade de Pintura, ou ben licenciatura en Biblioteconomía e Documentación.
Lugar
Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid).
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
A presentación das solicitudes realizarase nos 15 días naturais seguintes á publicación da súa convocatoria no BOE. Para máis información: http://www.museoreinasofia.es/museo/empleo.html
Duración e contía
A duración máxima é de 12 meses. A contía anual prevista é de 19.000 euros.
35
4
Prácticas en institucións da UE
PARLAMENTO EUROPEO
Síntese
Estas prácticas poden ser remuneradas ou non, sendo as máis coñecidas as Bolsas Schuman (opción xeral e opción xornalismo).
Requisitos
Titulado universitario. Acreditar un documento substancial escrito para a opción xeral ou ben demostrar a experiencia profesional para a opción xornalismo. Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias ademais da materna. Ser maior de idade no momento do inicio das prácticas. Posuír a nacionalidade dun Estado membro da UE. Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria.
Lugar
Sedes do Parlamento Europeo: Bruxelas, Estrasburgo ou Luxemburgo.
Prazos de solicitude
Para as prácticas remuneradas entre o 1 de marzo e o 1 de xullo a solicitude debe enviarse entre o 15 de agosto e o 15 de outubro. Para as prácticas remuneradas entre o un de outubro e o un de febreiro a solicitude debe enviarse entre o 15 de marzo e o 15 de maio. Para as prácticas non remuneradas do 1 de xaneiro ao 30 de abril a solicitude debe enviarse entre o 1 de agosto e o 1 de outubro do ano anterior. Para as prácticas non remuneradas entre o 1 de maio e o 31 de agosto, a candidatura mandarase entre o 1 de decembro do ano anterior e o 1 de febreiro do ano en curso. Para as prácticas non remuneradas do 1 de setembro ao 31 de decembro, o prazo abrangue do 1 de abril ao 1 de xuño.
Proceso de selección
Duración e contía
38
O Parlamento Europeo ofrece varias modalidades de bolsas de prácticas e visitas de estudos no seo da súa Secretaría Xeral co fin de que os titulados poidan familiarizarse co funcionamento da UE.
Toda a información sobre os distintos tipos de prácticas do Parlamento en: http://www.europarl.europa.eu/ A duración das bolsas remuneradas será dun máximo de 5 meses e a duración das non remuneradas será dun máximo de 4 meses.
COMISIÓN EUROPEA
Síntese
A Comisión Europea concede cada ano, en dous períodos de cinco meses, máis de 600 bolsas de prácticas. As estadías abordan eidos tan variados como economía, xornalismo, tradución, dereito, etc. e os bolseiros farán tarefas moi similares ás realizadas polos funcionarios das institucións comunitarias. Titulado universitario.
Requisitos
Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias (inglés, francés ou alemán) ademais da materna. Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria (remunerado ou non) superior a 6 semanas.
Lugar
Prazos de solicitude
Direccións Xerais da Comisión: Bruxelas ou Luxemburgo.
Para realizar prácticas de marzo a xullo, a solicitude remitirase entre o 1 de xullo e o 1 de setembro do ano anterior; Para as prácticas de outubro a febreiro enviaranse as candidaturas durante o mes de xaneiro.
Proceso de selección
Cómpre estar moi atento ás datas de recepción da documentación para os períodos de prácticas, xa que poden variar, e á publicación do Blue Book, a lista virtual onde se recollen todos os candidatos preseleccionados. Máis información: http://ec.europa.eu/stages/
Duración e contía
A duración destas bolsas será dun máximo de 5 meses, cunha contía de 1.071,19€ mensuais para as remuneradas máis gastos de desprazamento.
39
CONSELLO DA UNIÓN EUROPEA
Síntese
O Consello da Unión Europea ofrece prácticas para aqueles mozos que posúan un título, ou equivalente dun primeiro ciclo universitario. Titulado universitario.
Requisitos
Acreditar un bo coñecemento do inglés e/ou francés. Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria superior a 8 semanas. Non ser maior de trinta anos.
Lugar
Bruxelas.
Prazos de solicitude
Hai dous períodos de prácticas: do 1 de febreiro ao 30 de xuño, e do 1 de setembro ao 31 de xaneiro. As candidaturas deben enviarse entre o 6 de xuño e o 31 de agosto do ano anterior. As solicitudes serán examinadas entre setembro e xaneiro e o Consello contactará directamente cos candidatos seleccionados.
Proceso de selección
Máis información: http://www.consilium.europa.eu ** O Consello recibiu o último ano unhas 1.800 peticións para 95 prazas.
Duración e contía
40
A duración destas bolsas será dun máximo de 5 meses, cunha remuneración segundo a dispoñibilidade orzamentaria.
COMITÉ DAS REXIÓNS (CDR)
Síntese
O Comité das Rexións ofrece dúas veces por ano períodos de prácticas remunerados de cinco meses a titulados universitarios. Ademais, o CdR ofrece a posibilidade de realizar visitas de estudos, non remuneradas, cunha duración máxima de catro meses. Titulado universitario. Ser nacional dun Estado membro da UE ou dun Estado candidato oficial para a adhesión.
Requisitos
Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias ( inglés ou francés) ademais da materna. Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria superior a 8 semanas.
Lugar
Bruxelas.
Para as prácticas do 16 de febreiro ao 15 de xullo: candidaturas do 1 de abril ata o 30 de setembro; Prazos de solicitude
Para as estadías do 16 de setembro ao de 15 febreiro: solicitudes do 1 de outubro ao 31 de marzo. As visitas de estudos pódense solicitar en calquera época do ano e por iniciativa propia. Máis información:
Proceso de selección
http://cor.europa.eu/pages/HomeTemplate.aspx ** O Comité das Rexións adoita recibir unhas 1.600 peticións para 20 prazas.
Duración e contía
A duración destas bolsas será dun máximo de 5 meses, cunha remuneración mensual de 1.000€.
41
COMITÉ ECONÓMICO E SOCIAL (CES)
Síntese
O Comité Económico e Social ofrece dúas veces por ano períodos de prácticas remunerados a titulados universitarios. Titulado universitario.
Requisitos
Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitarias ademais da materna. Non ter realizado outro período de prácticas nunha institución comunitaria. Coñecemento acreditado dalgún dos eidos de traballo do CES.
Lugar
Prazos de solicitude
Bruxelas
Para as prácticas do 16 de febreiro ao 15 de xullo: candidaturas do 1 de abril ata o 30 de setembro. Para as prácticas do 16 de setembro ao 15 de febreiro: candidaturas do 1 de outubro ao 31 de marzo. Máis información:
Proceso de selección
http://www.eesc.europa.eu/organisation/tgj/trainees/index_en.asp **O Comité adoita recibir entre 800 e 1000 solicitudes para 15 prazas.
Duración e contía
42
A duración destas bolsas será dun máximo de 5 meses, cunha remuneración a determinar pola institución máis gastos de desprazamento.
O VALEDOR DO POBO EUROPEO
Síntese
O Valedor do Pobo Europeo ofrece prácticas dúas veces ao ano sobre todo para perfís de avogado. Comezan o 1 de setembro e o 1 de xaneiro de cada ano.
Requisitos
Os bolseiros da Oficina do Valedor do Pobo deben dominar o inglés. As solicitudes deberán remitirse xa que neste idioma e, por idénticas razóns, a documentación relativa á solicitude de prácticas estará dispoñible só en inglés.
Lugar
Estrasburgo, Francia
Prazos de solicitude
Durante todo o ano
Proceso de selección
Duración e contía
Máis información en: http://www.ombudsman.europa.eu/trainee/en/rules.htm
A duración e de 4 a 12 meses e a contía e de 1.200 a 1.400 euros mensuais.
43
TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA
Síntese
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ofrece cada ano un número limitado de prazas para realizar prácticas remuneradas, dunha duración máxima de cinco meses. As prácticas desenvólvense principalmente na Dirección de Investigación e Documentación, no Servizo de Prensa e Información, na Dirección Xeral de Tradución e na Dirección de Interpretación.
Requisitos
Os candidatos, que han de posuír un título universitario en Dereito ou Ciencias Políticas (especialidade Dereito) ou, para as prácticas na Dirección de Interpretación, un título de Intérprete de Conferencias.
Lugar
Bruxelas, Estrasburgo e Luxemburgo. Hai dous períodos de prácticas:
Prazos de solicitude
do 1 de marzo ao 31 de xullo (o formulario deberá enviarse como moi tarde o 30 de setembro) do 1 de outubro ao 28 de febreiro (o formulario deberá enviarse como moi tarde o 30 de abril).
Proceso de selección
Duración e contía
44
Máis información en: http://curia.europa.eu/jcms/jcms/Jo2_10338/informations-generales
A duración é de 10 ata 12 semanas.
BANCO CENTRAL EUROPEO
Síntese
O Banco Central Europeo ofrece a posibilidade de realizar prácticas na súa sede a estudantes que obtiveron como mínimo a licenciatura ata o doutoramento. Teñen preferencia estudantes coas seguintes áreas: económicas, administración de empresas, estatística, dereito, recursos humanos e tradución. Os solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:
Requisitos
Ter máis de 18 anos e ter coñecementos avanzados de inglés e doutro idioma oficial da UE; Ser cidadán dun dos países da UE ou dun dos países candidatos; Ser como mínimo licenciado e ter unha experiencia profesional de mínimo 12 meses.
Lugar
Frankfurt, Alemaña.
Prazos de solicitude
O prazo para solicitar estas prácticas esta aberto todo o ano, pero periodicamente publícase a listaxe dos postos vacantes. A primeira entrevista é telefónica.
Proceso de selección
Duración e contía
Máis información en: http://www.ecb.int/ecb/jobs/apply/html/index.en.html
A duración nunha primeira instancia é de entre 3 e 6 meses prorrogable ata 12 meses. O importe está comprendido entre os 950 euros e 1.800 euros ao mes segundo as tarefas a desenvolver.
45
O CONSELLO DE CONTAS DA UNIÓN EUROPEA
Síntese
O Consello de Contas da UE organiza durante todo o ano cursos prácticos de formación nos ámbitos relacionados coas súas actividades. Porén, debido as restricións orzamentarias, o número de cursos de prácticas é moi limitado. Posuír a nacionalidade dun dos Estados membros da Unión Europea, salvo excepción da A.F.P.N.;
Requisitos
Posuír unha titulación recoñecida de nivel universitario que permita o acceso á categoría AD comunitaria, ou realizar polo menos catro semestres de estudos universitarios nun ámbito de interese para o Tribunal; Desexar adquirir unha formación práctica relacionada con algún dos ámbitos de actividade do Tribunal de Contas; Non participar nun curso de prácticas no Tribunal; Garantir o principio do respecto dunha distribución xeográfica o máis ampla posible;
Lugar
Luxemburgo
Prazos de solicitude
Durante todo o ano, as solicitudes envíanse vía telemática.
Proceso de selección
Duración e contía
46
Máis información en: http://eca.europa.eu/portal/page/portal/aboutus/workingatthecourtofauditors/Traineeship
A duración das prácticas e de 5 meses e o importe e de 1.120 euros mensuais.
AXENCIAS EUROPEAS
Síntese
As Axencias Europeas son uns organismos regulados polo Dereito Público Europeo, distinto das institucións da UE e con personalidade xurídica propia. Créase co obxectivo de realizar tarefas moi técnicas ou de índole científica. Tamén dispoñen de períodos de prácticas independentes dos convocados pola Comisión Europea. Titulado universitario
Requisitos
Acreditar un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo comunitaria ademais da materna Non ter realizado outro período de prácticas nesa Axencia
Lugar
Nas sedes das distintas Axencias Europeas.
Prazos de solicitude
Varía en función da Axencia.
Proceso de selección
Duración e contía
Máis información en: http://europa.eu/agencies/inyourcountry/index_es.htm
A duración das prácticas e o importe varía en función da Axencia.
47
5
Traballar nas institucións da UE
FUNCIONARIOS DA UNIÓN EUROPEA
Síntese
Os funcionarios da Unión Europea desempeñan un posto de traballo permanente nalgunha das súas institucións, órganos ou organismos. O acceso á condición de funcionario europeo realízase unha vez superados os procesos de selección que organiza a Oficina de Selección do Persoal das Comunidades Europeas (EPSO), publicitados na súa web e no Diario Oficial da Unión Europea.
Requisitos
En cada convocatoria determínase o eido funcional de actividade que corresponderá aos candidatos así como os requisitos de participación. De acordo co vixente estatuto, existen dúas categorías principais de funcionarios: Administradores (AD) e Asistentes (AST).
Lugar
Institucións, Axencias e organismos da Unión Europea.
Publicación de Convocatorias
Proceso de selección
50
Oficina Europea de Selección do Persoal (EPSO). http://europa.eu/epso/index_es.htm No caso de superar todas as fases do proceso de selección, o candidato é incluído nunha lista de reserva a partir da cal se procederá ás futuras contratacións, sen que o feito de estar na lista implique ningún dereito á súa contratación.
AXENTES CONTRACTUAIS
Síntese
Os Axentes Contractuais son persoal externo que traballa para algunha das institucións, órganos ou organismos da UE. Para ser seleccionado como Axente Contractual requírese unha determinada titulación segundo o Grupo de Funcións. Existen 4 grupos de funcións posibles:
Postos
Grupo I: Tarefas manuais e auxiliares de apoio administrativo. Grupo II: Tarefas de oficina e secretaría, de xestión administrativa, etc. Grupo III: Tarefas técnicas de execución, redacción, contabilidade, etc. Grupo IV: Tarefas técnicas de dirección, concepción e análise, lingüísticas, etc.
Lugar
Institucións, Axencias e organismos da Unión Europea.
Publicación de convocatorias
Oficina Europea de Selección do Persoal (EPSO).
Proceso de selección
http://europa.eu/epso/index_es.htm
Para poder ser un Axente Contractual debe superarse o correspondente proceso de selección convocado pola Oficina Permanente de Selección do Persoal (EPSO).
51
EMPREGO NA UE RESERVADO A FUNCIONARIOS OU PERSOAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Síntese
Requisitos
As institucións comunitarias ofrecen diferentes posibilidades para acoller por un determinado período a funcionarios ou persoal laboral procedente das administracións públicas e que conten co pleno apoio financeiro por parte das administracións das que proveñen. Ser funcionario ou persoal laboral procedente das administracións públicas centrais, autonómicas ou locais. Ter un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo da Comisión (inglés, francés ou alemán).
Lugar
Institucións da Unión Europea.
Proporcionar ao persoal en prácticas unha experiencia de primeira man nos métodos de traballo e nas políticas da Unión Europea. Obxectivos
Adquirir experiencia práctica e coñecemento sobre o traballo diario dos departamentos e servizos das institucións comunitarias, proporcionándolles a oportunidade de traballar nun ambiente multicultural, plurilingüe e multiétnico. Poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas súas áreas específicas de competencia. Expertos nacionais sen cargo.
Opcións
Prácticas estruturais. Intercambio de funcionarios. Expertos Nacionais Destacados (END).
Información
52
Representación Permanente de España ante a Unión Europea. http://www.es-ue.org
EMPREGO NA UE RESERVADO A FUNCIONARIOS OU PERSOAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Expertos nacionais en comisión de servizos
Esta figura xorde a raíz da presentación dunha candidatura espontánea. É dicir, non se necesita a publicación previa de postos vacantes por parte dunha institución comunitaria. Non obstante, requírese o envío dunha misiva co CV adxunto ao Representante Permanente de España ante a Unión Europea por parte da autoridade competente, na que se ofrece a posta a disposición dun funcionario concreto a un determinado servizo ou Dirección Xeral. Este ofrecemento deberá facerse por un período determinado (entre 6 meses e 4 anos) e ademais deberá concretarse a que servizo desexa adscribirse o candidato. Así mesmo, o candidato debe posuír polo menos 3 anos de experiencia como un notable coñecemento de idiomas. Cómpre mencionar que estas prácticas serán enteiramente sufragadas pola administración pública que envía ao funcionario, que tamén correrá cos gastos sanitarios que poidan ocasionarse durante o período de prácticas, incluíndo o risco de accidentes, invalidez ou falecemento. A Comisión Europea organiza, dúas veces por ano, un programa de prácticas estruturais que teñen unha duración mínima de 3 meses e máxima de 5. Para acollerse a elas, os candidatos deberán estar en activo nunha administración pública e en posesión dun título universitario, e posuír coñecementos lingüísticos.
Expertos nacionais en formación profesional
Ao igual que na figura anterior (experto nacional sen custos) este programa será enteiramente sufragado pola administración que envía ao funcionario. As convocatorias das prácticas estruturais publícanse na web da Representación Permanente de España ante a Unión Europea.
Erasmus para a administración Pública
A Comisión Europea organiza, no marco dun proxecto piloto “Erasmus para a administración pública” períodos de prácticas de dúas semanas destinado a mozos funcionarios dos Estados membros que traballen en temas europeos. A Antigüidade na administración ata a data non debe superar os cinco anos. Quedan excluídos do Programa aqueles candidatos que desempeñaran traballos de calquera tipo dentro das institucións da UE. Cómpre mencionar que esta figura seguirá percibindo o seu salario dos Estados membros mentres que a Comisión Europea correrá cos gastos de aloxamento, desprazamento, como unha indemnización diaria.
51
6
Prácticas na Unión Europea e na área internacional
PROGRAMA LEONARDO DA VINCI (LDV) Síntese
O programa europeo de formación profesional Leonardo da Vinci busca dotar de formación complementaria e técnicas específicas á mocidade para mellorar a súa competitividade e capacitación ante mercado laboral. Dirixido aos titulados/as universitarios que desexen realizar prácticas profesionais en empresas da Unión
Requisitos
56
Europea que ademais teñan coñecementos de idiomas e informática. Non poderán solicitala aqueles titulados que xa participaran no programa Leonardo. As Bolsas Faro, incluídas no programa Leonardo, ofrecen aos estudantes dos últimos cursos a posibilidade de realizar prácticas nunha empresa europea.
Lugar
Estados membros da Unión Europea.
Prazos de solicitude
Santiago: Consello Social da USC http://www.usc.es/csocial A Coruña: Servizos de asesoramento e promoción do estudante http://www.udc.es/sape/ Vigo: Oficina de orientación ao emprego http://www.fundacionuvigo.es/ Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos http://www.oapee.es/oapee/intro.html Becas ARGO http://www.becasargo.net/ Becas FARO http://www.becasfaro.net
Proceso de selección
O proceso de selección consiste, xeralmente, nunha proba de idioma do país de destino máis entrevista persoal. Pode haber bolsas de adxudicación directa, cando o propio bolseiro encárgase de procurar a empresa.
Duración e contía
Unha bolsa Leonardo consta dunha remuneración mensual en concepto de gastos de manutención, seguro médico e unha compensación económica para gastos de viaxe. As estadías teñen unha duración media de 6 meses.
EUROBECAS CAJA MADRID Síntese
Bolsas de prácticas no Reino Unido e Irlanda. Existen dúas modalidades: Eurobecas Caja Madrid e Eurobecas Erasmus Complementarias Caja Madrid. Ter entre 18 e 28 anos. Ter cursado ou estar cursando formación profesional de grado medio ou superior regrada en España. Ter un bo coñecemento de inglés escrito e falado.
Requisitos
Ser presentado polo centro de estudos. Ter nacionalidade española ou doutro país da UE. Non ter residido máis de 3 meses nun país anglófono. Para as Eurobecas Erasmus: cursar un ciclo formativo de grao superior e ter obtido unha bolsa de mobili-
dade para realizar prácticas “FCT” co programa Erasmus.
Lugar
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Reino Unido e Irlanda. Entre novembro e xaneiro do ano en curso. http://www.eurobecas.net Exame do dossier e probas de inglés. Eurobecas:
Duración e contía
Son 45 bolsas cunha duración de 7 semanas. Estas inclúen xornadas de familiarización coa contorna e prácticas non remuneradas en empresas británicas/irlandesas. Engádese ademais o aloxamento en familia en réxime de media pensión, seguro e tarxeta de transporte. Eurobecas Erasmus Complementarias:
155 bolsas de 500 euros que complementan a axuda que a UE concede aos estudantes para realizar prácticas no estranxeiro baixo o Programa Erasmus.
57
BOLSAS BANCAJA LEONARDO ADEIT
Síntese
Bancaja e a Fundación Universidade-Empresa de Valencia ADEIT convocan 200 bolsas para prácticas en empresas europeas, dirixidas a Titulados Universitarios de todo o ámbito nacional. Posuír o título de licenciado nunha universidade española.
Requisitos
Ter finalizado os estudos nos dous anos anteriores á solicitude da bolsa. Non ter experiencia previa unha vez finalizados os estudos, no ámbito profesional da súa titulación. Posuír un nivel de idiomas adecuado para a realización das prácticas.
Lugar
Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal e Reino Unido.
Prazos de solicitude
Convocatoria aberta ao longo do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
58
É preciso facer a inscrición electrónica para entrar a formar parte do programa. Para máis información: http://www.adeit.uv.es/becariosLdV
A duración é de 26 semanas. A contía total varía en función do país de destino das prácticas, que varía de entre os 2961 ata os 4338 euros, a esta contía debe engadirse unha suma de 600 euros como medio de cofinanciamento por parte da fundación Bancaja.
BOLSAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE PARA ESTANCIAS E PRÁCTICAS LABORAIS EN EMPRESAS EUROPEAS
Síntese
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou as bases reguladoras da primeira convocatoria de Bolsas internacionais 2011 para titulados universitarios, no marco do programa europeo Leonardo da Vinci. Nesta primeira convocatoria serán 37 as bolsas individuais que se concederán para estancias e prácticas laborais en empresas europeas.
Requisitos
Os beneficiarios deberán posuír titulación universitaria ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes. Tamén deberán posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: italiano, francés, portugués, alemán e/ou inglés.
Lugar
Os beneficiarios desenvolverán as súas funcións nas empresas do estranxeiro.
Prazos de solicitude
Último trimestre do ano.
Proceso de selección
Previamente á validación, deberanse anexar, en formato electrónico, os seguintes documentos: formulario de solicitude; certificado de empadroamento; xustificante acreditativo de ter obtido o título académico no Campus de Ourense (Universidade de Vigo) ou no centro asociado da UNED en Ourense, e, de selo caso, certificado acreditativo da discapacidade do solicitante igual ou superior ao 33%. Para máis información: http://becasinternacionais.depourense.es.
Duración e contía
As bolsas teñen unha duración de 14 semanas e o importe difire en función do país de destino.
59
BOLSAS ARQUIA
Síntese
As bolsas pretenden dar aos candidatos a posibilidade de completar mediante prácticas profesionais os coñecementos adquiridos durante a súa formación e contribuír ao achegamento entre os eidos profesional e académico, facilitando o acceso dos beneficiarios a recoñecidos estudios de arquitectura. Para estudantes: Ter superado, nalgunha escola española de arquitectura, como mínimo, o 60% dos créditos necesa-
rios para obter o título de Arquitecto. Se o plano de estudos non está estruturado en créditos, deberán estar matriculados nalgún dos dous últimos cursos da carreira ou no proxecto de fin de carreira.
Estar matriculado nalgunha escola española de arquitectura no momento da convocatoria. Requisitos
Para arquitectos: Ter obtido o título de Arquitecto nalgunha escola española de arquitectura despois do 30 de abril do
ano da convocatoria.
Non poderán optar á bolsa aqueles candidatos que gozaran dunha bolsa da Fundación Caixa de Ar-
quitectos anteriormente.
Lugar
Prazos de solicitude
60
Estudios de arquitectura de España e da Unión Europea de recoñecido prestixio.
No primeiro cuadrimestre do ano. http://www.arquia.es/fundacion/
Existen dúas modalidades de selección, cada unha con 10 prazas: mediante expediente académico e concurso. Pode optarse por participar nunha delas ou en ambas as dúas simultaneamente. Para asegurar unha axeitada distribución xeográfica das bolsas, ponderarase proporcionalmente o número de inscricións válidas recibidas por centro e modalidade. Expediente académico: Proceso de selección
Os candidatos serán seleccionados en virtude do seu expediente académico. Este valorarase pola media das notas obtidas nas materias superadas da carreira, así como pola media das notas obtidas nas materias superadas de Proxectos (a tal efecto consideraranse todas as que dependan do Departamento de Proxectos Arquitectónicos). As notas medias serán calculadas polo solicitante segundo se especifica nas bases da convocatoria. A solicitude realizarase a través da súa web (http://www.arquia.es/becas) e non se admitirán documentos nin outro material distinto ao da inscrición. Concurso:
Os estudantes serán seleccionados en virtude do material enviado a concurso sobre o tema proposto. Duración e contía
Durante o período de prácticas, a Fundación Caixa de Arquitectos subvencionará ao bolseiro cunha dotación económica entre 7.000€ e 9.000€, segundo o destino. Así mesmo, a Fundación proporcionará ao bolseiro cobertura nos termos da póliza de asistencia en viaxe.
61
BOLSAS DO INSTITUTO EUROPEO DO MEDITERRÁNEO
Síntese
O IEMed ofrece 8 bolsas de prácticas na súa área de traballo a titulados superiores.
Ser licenciado superior Requisitos
Ser nacional dun dos 43 países do mediterráneo. Posuír dominio do español, inglés e/ou francés.
Lugar
No Instituto Europeo do Mediterráneo, Barcelona.
Prazos de solicitude
No último semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
62
Para máis información: http://www.iemed.org/
A duración máxima é de 12 meses. A contía anual é de 12.000 euros.
BOLSAS DE FORMACIÓN DO INSTITUTO CERVANTES
Síntese
Requisitos
Convócanse 22 bolsas de formación e especialización no instituto Cervantes para o centro virtual Cervantes e informática, para a área académica, de administración, cultural, planificación e control da xestión, para o gabinete de dirección e para a área de patrocinio e xestión comercial. Posuír a titulación universitaria de segundo ciclo ou grao, expedida por universidades españolas ou homologadas polo ministerio de educación, nos catro anos anteriores a data de presentación da bolsa. Non ter sido bolseiro con anterioridades doutra bolsa das mesmas características no Instituto Cervantes de duración superior a un ano.
Lugar
España ou no Estranxeiro
Prazos de solicitude
No último semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
Para máis información: http://www.cervantes.es/default.htm
A duración máxima é de 12 meses. A contía mensual é de 1.163 euros.
63
VOLUNTARIADO INTERNACIONAL EN EMPRESAS
Síntese
Programa do Ministerio de Asuntos Exteriores de Francia para a realización de prácticas profesionais en empresas ou na administración. Estudantes, mozos licenciados ou desempregados. Ser cidadán francés, dun Estado membro da UE ou do Espazo Económico Europeo.
Requisitos
Alto nivel de francés. Ter unha idade comprendida entre os 18 e 28 anos. Carecer de antecedentes penais.
Lugar
solicitude
Empresas francesas ou Administración de Francia no estranxeiro.
A solicitude faise mediante inscrición na web: http://www.civiweb.com
64
Proceso de selección
A web publica asiduamente as distintas ofertas de prácticas profesionais e o candidato terá que enviar o seu CV directamente. Será a empresa quen realice a selección final do beneficiario.
Duración e contía
A duración destas bolsas será de entre 6 e 24 meses e o bolseiro percibirá mensualmente unha contía fixa entre 660€, mais unha parte variable en función do país.
BOLSAS DA DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA COMERCIAL
Síntese
As bolsas de colaboración coa Dirección Xeral de Política Comercial teñen como obxectivo contribuír á formación de profesionais no eido da actividade comercial. Titulación universitaria superior. Idade máxima de 28 anos. Nacionalidade española.
Requisitos
Dominio da lingua española e alto nivel de inglés. Non padecer enfermidade ou impedimento físico que imposibilite o cumprimento das obrigas como be-
neficiario.
Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social.
Lugar
Prazos de solicitude
Dirección Xeral de Política Comercial do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (Madrid).
Os prazos de solicitude fixaranse na convocatoria correspondente (habitualmente no último trimestre do ano). http://www.comercio.mityc.es
Proceso de selección
O procedemento de concesión farase en réxime de concorrencia competitiva mediante a comparación das solicitudes presentadas, establecendo unha prelación entre as mesmas de acordo cos criterios de valoración establecidos na convocatoria, así como unha entrevista persoal.
Duración e contía
A duración máxima da bolsa será de 10 meses. Cada bolsa estará dotada con 10.375€ brutos (1037,5€ mensuais).
65
BOLSAS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DO IGAPE
Síntese
O IGAPE busca facilitar a especialización de titulados universitarios no ámbito internacional e fomentar a proxección exterior das pemes galegas. Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias (superior ou media): Arquitectura, Bio-
loxía, Ciencias do Mar, Ciencias Económicas e Empresariais, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Ciencias Políticas, Física, Enxeñería ou Química.
Requisitos
Ser naturais de Galicia, ter en Galicia a súa veciñanza administrativa cunha antigüidade superior a 24 me-
ses ou ser descendentes en liña directa (ata o terceiro grao) de emigrantes galegos no exterior.
Dominio dunha das seguintes linguas: francés, inglés, italiano ou portugués.. Non ter gozado de ningunha bolsa do IGAPE con anterioridade.
Lugar
Prazos de solicitude
Centros de Promoción de Negocios do IGAPE ou Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior así como institucións económicas nacionais ou estranxeiras. As solicitudes presentaranse segundo o modelo oficial e xunto a documentación requirida no IGAPE ou en calquera das súas oficinas autorizadas. A documentación redactada nunha lingua non oficial en Galicia deberá presentarse acompañada da tradución correspondente realizada por un intérprete xurado. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). http://www.igape.es
66
Proceso de selección
Neste proceso valorarase especialmente o expediente académico dos candidatos e o coñecemento do idioma escollido, aínda que tamén se considerará a experiencia profesional e a formación específica en comercio exterior. Os candidatos ás bolsas tamén deberán realizar unha proba, de carácter eliminatorio, do idioma escollido.
Duración e contía
A duración destas bolsas será dun mínimo de 8 meses e dun máximo de 12, aínda que poderá ser prorrogada polo IGAPE por 12 meses adicionais, en consideración ao programa de actividades do Instituto e aos resultados acreditados polo bolseiro. As bolsas están dotadas dunha cantidade anual de 19.460€ brutos, podendo ascender ata 34.000€ segundo o destino.
BOLSAS FOEXGA DAS CÁMARAS DE COMERCIO GALEGAS Síntese
No marco das actividades de promoción do comercio exterior e dentro do Plan de Fomento das Exportacións de Galicia (FOEXGA), patrocinado pola Consellería de Industria, as cámaras galegas convocan unha serie de bolsas para a realización de prácticas sobre internacionalización. Idade non superior aos 30 anos. Ter nacionalidade española ou dun Estado membro. Titulación universitaria superior, sendo preferentes as licenciaturas en Ciencias Económicas, Ciencias Em-
presariais, Dereito e Ciencias Políticas. No caso de posuír un título dunha universidade non española deberá estar homologado polo Ministerio de Educación e Cultura.
Requisitos
Dominio do inglés falado e escrito. De ser o caso, valorarase o coñecemento da lingua do país de destino. Coñecementos do tecido empresarial galego. Coñecementos de comercio exterior. Coñecementos de informática a nivel usuario. Non padecer enfermidade ou impedimento físico que imposibilite o cumprimento das obrigas como bol-
seiro.
Non ter realizado bolsas de similares características. Lugar
Rede Exterior do Ministerio de Industria. As cámaras convocan periodicamente as súas bolsas ao longo de todo o ano. Máis información:
Prazos de solicitude
A Coruña http://www.camaracoruna.com
Lugo
Ourense http://www.camaraourense.com
Pontevedra http://www.camarapontevedra.com
Vigo
Santiago
http://www.camaravigo.com
http://www.camaralugo.com http://www.camaracompostela.com
Ferrol http://www.camaraferrol.org Proceso de selección
Pechado o prazo de admisión de solicitudes, realizarase unha proba escrita de inglés e unha de comercio exterior. Segundo a convocatoria, pode realizarse unha proba oral de inglés e unha entrevista persoal co tribunal seleccionador. Nalgúns casos poderá haber probas orais e escritas doutras linguas.
Duración e contía
A duración depende do destino, normalmente entre 3 meses e 1 ano. A contía da bolsa dependerá da duración e do destino.
67
INSTITUTO ESPAÑOL DE COMERCIO EXTERIOR Síntese
A través de distintos programas, o ICEX ofrece unha sólida formación teórica en comercio internacional e unha formación práctica especializada. Idade máxima de 28 anos. Nacionalidade dun dos Estados membros da UE. Titulación universitaria superior específica segundo o tipo de bolsa que se convoque.
Requisitos
Dominio de castelán e inglés e coñecementos doutros idiomas. Non padecer enfermidade ou impedimento físico que imposibilite o cumprimento das obrigacións como
beneficiario.
Non ter realizado bolsas de similares características.
68
Lugar
Dependendo do tipo de bolsa os destinos poden ser múltiples: Rede Exterior do Ministerio de Industria, empresas españolas con actividade internacional ou institucións internacionais.
Prazos de solicitude
Os prazos de inscrición dependen do tipo de bolsa: Bolsas de formación especializada en internacionalización: entre maio e xuño. Bolsas de informática: entre marzo e abril. Máis información: http://www.icex.es
Proceso de selección
Para cada convocatoria un tribunal determina os procedementos e probas pertinentes.
Duración e contía
A remuneración anual oscila entre 21.000€ e 48.000€, segundo o destino, máis gastos de viaxe. A duración virá determinada polo tipo de bolsa.
BOLSAS DE FORMACIÓN DE EXPERTOS EN COOPERACIÓN Síntese
A política de cooperación ao desenvolvemento está experimentando na nosa comunidade autónoma un importante crecemento. O II Plan Director 2010-2013 da Cooperación Galega subliña a necesidade de formar persoal especializado que contribúa ao fortalecemento do sistema galego de cooperación. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea. Ser natural de Galicia, ter veciñanza administrativa en Galicia ou ter a condición de residente ausente. Non superar a idade de 30 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. Posuír unha titulación universitaria de grao medio ou superior.
Requisitos
Acreditar un bo coñecemento, tanto oral como escrito, do idioma inglés. Non ser ou ter sido beneficiario dunha bolsa de formación no eido da cooperación ao desenvolvemento da
Xunta de Galicia.
Non manter relación laboral vixente co organismo que promove a bolsa nin coas entidades colabora-
doras.
Durante o período de realización da bolsa, non colaborar con ningún axente da cooperación dos estableci-
dos no artigo 23 da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento.
Lugar
Prazos de solicitude
Na Dirección Xeral de Cooperación Exterior, nos proxectos que se executen nos países prioritarios da cooperación galega ou nas Oficinas Técnicas de Cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG). http://www.cooperaciongalega.org
Proceso de selección
A avaliación e selección dos candidatos será realizada por unha comisión presidida pola Directora Xeral de Cooperación, que valorará as solicitudes atendendo á formación e experiencia máis unha entrevista persoal.
Duración e contía
A dotación de cada unha das bolsas que se van desenvolver no terreo é de 1.200€ mensuais, máis unha axuda complementaria para gastos de viaxe, seguros e establecemento. A contía mensual de cada unha das catro bolsas destinadas na Dirección Xeral de Cooperación Exterior é de 1000€. A duración máxima destas bolsas é de 12 meses.
69
AXENCIA ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN INTERNACIONAL
Síntese
A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) convoca ata un máximo de 24 bolsas, mediante concorrencia competitiva, para a formación de especialistas en cooperación internacional para o desenvolvemento. As bolsas consistirán no desenvolvemento de prácticas de formación que terán lugar na sede da AECID (Madrid) e nas súas Unidades de Cooperación no Exterior. Posuír a nacionalidade española. Ser menor de trinta anos de idade. Non ser beneficiario desta mesma bolsa en edicións anteriores.
Requisitos
Estar ao corrente das obrigacións tributarias e da Seguridade Social, se as tiver. Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das actividades. Estar en posesión de título de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou de Grao para os títulos creados a partir do Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais.
Lugar
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Duración e contía
70
Parte das bolsas desenvolverase nas Unidades de Cooperación no Exterior da AECID
No último trimestre do ano.
Máis información en: http://www.aecid.es
A duración e de 24 meses e a contía e de 1.100 euros mensuais.
PROGRAMA DE PASANTÍAS DA SEDE DA ONU Os obxectivos: Prover un marco no que os estudantes de licenciatura e posgrao de diversos campos académicos sexan asig-
nados ás oficinas das Nacións Unidas onde a súa experiencia educativa se reforce con misións prácticas.
Síntese
Coñecer o traballo das Nacións Unidas. Facilitar ás Nacións Unidas a asistencia de estudantes altamente cualificados e especializados en diversos
campos profesionais.
Estudantes de mestría. Requisitos
Nivel fluído de inglés e/ou francés. Bo estado de saúde.
Lugar
Sede das Nacións Unidas, en Nova York (Estados Unidos).
Prazos de solicitude
Hai 3 períodos que coinciden con primavera, verán e outono. O prazo de inscrición remata 4 meses antes do comezo das prácticas.
Proceso de selección
Duración e contía
Dossier enviado e necesidades da sede. http://www.un.org/Depts/OHRM/sds/internsh/index.htm
Non son remuneradas pero pódese solicitar unha bolsa ao MAEC.
71
INTERNACIONAL TRADE CENTRE (ITC)
Síntese
O ITC quere fomentar un mellor coñecemento das materias relacionadas coa promoción do comercio a nivel internacional. O organismo ofrécelle ás súas divisións a colaboración de selectos estudantes especializados en campos relevantes como a economía, a promoción do comercio, o desenvolvemento de produtos e mercados, os sistemas de información comercial ou o dereito comercial internacional.
Requisitos
Os candidatos deben cursar unha licenciatura ou mestría no momento da convocatoria e continuar cos seus estudos ao tempo que realizan as prácticas. A idade máxima é de 30 anos.
Lugar
Sede en Xenebra (Suíza).
Prazos de solicitude
O prazo está aberto durante todo o ano e a solicitude permanece activa durante 6 meses, unha vez pasado ese prazo pódese renovar a candidatura.
Proceso de selección
Duración e contía
72
Dossier enviado e en funcións das necesidades da sede. http://www.intracen.org/about/internship-programme/ Teñen unha duración de 2 a 8 meses e non ofrecen remuneración, aínda que se pode solicitar unha bolsa ao MAEC.
ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL DO TRABALLO (OIT)
Síntese
As prácticas na OIT ofrecen unha oportunidade aos estudantes que queren incrementar os seus coñecementos sobre as cuestións relevantes a nivel internacional, involucrándoos directamente no traballo da OIT e na aplicación dos seus principios. Mestría, licenciatura ou alumnos de último ano. Estudos en disciplinas relevantes para a OIT: Ciencias Políticas e Sociais, Dereito Internacional, Relacións
Laborais e Ciencias Económicas.
Requisitos
Bo nivel dunha das linguas de traballo da OIT: español, inglés ou francés. Adaptabilidade a un eido internacional, multicultural e plurilingüe. Habilidades comunicativas. Iniciativa e capacidade para traballar individualmente e en equipo.
Lugar
Sede da OIT en Xenebra e outras oficinas.
Prazos de solicitude
A solicitude faise online con certa antelación ao período de prácticas desexado.
Proceso de selección
Duración e contía
Dossier enviado e segundo as necesidades da sede. http://www.ilo.org/global/About_the_ILO/lang--en/index.htm Entre 3 e 6 meses. No caso de non percibir ningunha remuneración a OIT ofrece un subsidio suplementario, que cubra os custos básicos de subsistencia.
73
ONU SIDA (UNAIDS)
Síntese
UNAIDS ofrece prácticas para colaborar nas súas tarefas e afondar nas súas políticas, actividades e metas. Sentido da organización. Capacidade para asumir unha carga de traballo variable nun ámbito multicultural. Sentido da responsabilidade, da exactitude, da propiedade e da calidade.
Requisitos
Adaptabilidade e flexibilidade. Espírito de traballo en equipo. Iniciativa e entusiasmo.
Lugar
Sede en Xenebra (Suíza).
Prazos de solicitude
O prazo remata en xaneiro.
Proceso de selección
Duración e contía
74
Dossier enviado e segundo as necesidades da sede. http://www.unaids.org/en/AboutUNAIDS/Jobs/default.asp A duración varía entre as 6 semanas e os 3 meses. Non son remuneradas pero pódese solicitar unha bolsa ao MAEC.
PROGRAMA DAS NACIÓNS UNIDAS PARA O DESENVOLVEMENTO (PNUD)
Síntese
A súa finalidade é dar aos candidatos unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos sobre os labores do PNUD e completar os estudos relacionados co desenvolvemento. Estar matriculado nun segundo ou terceiro ciclo dun campo relacionado co desenvolvemento (economía,
administración pública, administración de empresas ou medio ambiente).
Só se escollerá a aqueles que despois retomen os seus estudos. Os candidatos deben ter demostrado interese no campo do desenvolvemento. Requisitos
Falar con soltura unha das linguas de traballo do PNUD (inglés, francés ou español) e valoraranse os co-
ñecementos de árabe, portugués, ruso ou idiomas da Europa do Leste.
Adaptarse a distintos lugares e aos desprazamentos. Ter interese por traballar con xente de diferentes linguas, nacionalidades e culturas.
Lugar
Sede en Nova York e outras oficinas.
Prazos de solicitude
3 meses antes do comezo desexado das prácticas.
Proceso de selección
Duración e contía
Candidatura espontánea e selección en función das necesidades da sede. http://www.undp.org/internships/ A duración é variable dependendo das necesidades académicas do estudante, cunha duración mínima de 6 semanas e unha duración máxima de 6 meses. Non ofrecen remuneración pero pódese solicitar unha bolsa ao MAEC.
75
FONDO MONETARIO INTERNACIONAL (FMI)
Síntese
O programa de prácticas do FMI ofrece sobre 50 prazas a estudantes prometedores que cursan estudos de macroeconomía, ou campos relacionados, para acadar unha maior comprensión do traballo do FMI. Estar próximo a finalizar o terceiro ciclo no ámbito da macroeconomía ou relativo. Cursar estudos universitarios.
Requisitos
Ser menor de 32 anos. Ter un bo nivel de inglés e coñecementos informáticos.
Lugar
Sede do FMI (Washington, Estados Unidos).
Prazos de solicitude
A solicitude faise online entre outubro e decembro antes do período de prácticas desexado que será realizado entre os meses de maio e outubro.
Proceso de selección
Os mellores candidatos son presentados aos departamentos, que escollen segundo as súas necesidades os perfís máis axeitados. http://www.imf.org/external/about.htm
Duración e contía
76
Durante un período de 10 a 13 semanas os estudantes traballan baixo a supervisión dun experto economista no desenvolvemento dun proxecto de investigación e preparación dun traballo. Neste período os bolseiros reciben un salario similar ao do persoal do FMI.
BANCO MUNDIAL (BM)
Síntese
O obxectivo é dar aos candidatos unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos e obter a experiencia de traballar no ámbito internacional. Estar licenciado e matriculado nun programa de mestría ou terceiro ciclo. Terán preferencia os licenciados en: Economía, Finanzas, Ciencias Sociais, Agricultura, Medio Ambiente,
Requisitos
Desenvolvemento do sector privado e campos relativos.
Nivel de inglés fluído e coñecemento doutras linguas como francés, español, ruso, árabe, portugués e
chinés.
Lugar
Sede do BM (Washington, Estados Unidos).
A solicitude faise online segundo o período: Prazos de solicitude
De xuño a setembro: candidaturas entre o 1 de decembro e o 31 de xaneiro. De decembro a marzo: candidaturas entre o 1 de setembro e o 31 de outubro.
Proceso de selección
Duración e contía
Os departamentos do BM escollen os mellores perfís segundo as súas necesidades. http://www.worldbank.org
O BM paga un salario e outorga unha axuda de viaxe. A estadía mínima é de 4 semanas.
77
ORGANIZACIÓN MUNDIAL DO COMERCIO (OMC)
Síntese
A Secretaría da OMC mantén un programa limitado de pasantías para estudantes universitarios de posgrao que desexen adquirir experiencia práctica e ampliar o seu coñecemento do sistema multilateral de comercio. Ser nacional dun estado membro da OMC e de países e territorios aduaneiros cuxas negociacións de adhe-
sión estean en curso.
Ter rematado os seus estudos universitarios nunha disciplina pertinente como Economía, Dereito, CienRequisitos
cias Políticas ou Relacións Internacionais e deberán ter cursado polo menos un ano dos seus estudos de posgrao.
Ter cursado como mínimo un ano dos seus estudos de posgrao. Ter entre 21 e 30 anos.
Lugar
Sede da OMC en Xenebra (Suíza).
Prazos de solicitude
O programa incorpora continuamente novos pasantes e non ten un período específico de contratación. Non hai datas límite para a presentación de solicitudes.
Proceso de selección
Confeccionarase unha lista de candidatos da que se seleccionarán os pasantes. Ademais do programa regular de pasantías, pode xurdir a necesidade de contratar pasantes por un prazo breve para determinadas tarefas. Estas persoas tamén se escollerán entre a lista, que soamente se manterá por un ano. As tarefas asignadas aos pasantes teñen por obxecto mellorar o seu coñecemento e comprensión da OMC e, en xeral, da política comercial. Porén, as necesidades da División que contrate ao pasante serán fundamentais para determinar o contido preciso das súas tarefas. http://www.wto.org/indexsp.htm
Duración e contía
78
Os pasantes remunerados recibirán un subsidio de 60 francos suízos diarios (36€). A OMC poderá empregar pasantes non remunerados financiados mediante fondos externos. As pasantías teñen unha duración máxima de 24 semanas, dependendo do proxecto para o cal foi solicitado o pasante e das necesidades de cada División. A atribución dunha pasantía non implica o dereito a unha prórroga da mesma nin a un posto vacante noutra parte da Secretaría.
CORTE PENAL INTERNACIONAL Síntese
A Corte Penal Internacional ofrece a oportunidade de coñecer o seu funcionamento, obxectivos e desafíos a estudantes de Dereito. Ser licenciado ou cursar os últimos anos da licenciatura de Dereito no momento da convocatoria. Para
posicións que non requiren formación legal poden ser licenciados en Historia, Relacións Internacionais, Ciencias Políticas, Periodismo, Tradución e Interpretación...
Requisitos
Ter un bo expediente académico. Ter coñecementos informáticos. Ter menos de 35 anos. Dominar como mínimo unha das linguas de traballo da institución (francés e/ou inglés).
Lugar
Prazos de solicitude
Órganos da Corte participantes no programa: - Presidencia e Cámaras - Oficina do Fiscal - Rexistro Sede da Corte Penal Internacional (A Haia, Holanda).
Os prazos de solicitude varían segundo o órgano participante: - Presidencia e Cámaras: Período de primavera: desde o 1 de novembro anterior ao inicio das prácticas. Período de outono: desde o 1 de maio anterior ao inicio das prácticas. - Oficina do Fiscal: Período de primavera: desde o 1 de novembro anterior ao inicio das prácticas. Período de inverno: desde o 1 de maio anterior ao inicio das prácticas. - Rexistro: Período de primavera: desde o 1 de novembro anterior ao inicio das prácticas. Período de outono: desde o 1 de maio anterior ao inicio das prácticas. A solicitude cubrirase online: http://www.icc-cpi.int/Menus/ICC/Recruitment/
Proceso de selección
A candidatura deberá incluír CV e carta de motivación xunto coa documentación requirida.
Duración e contía
A duración será de 3 a 6 meses. As prácticas non son remuneradas pero, baixo circunstancias excepcionais, podería asignarse unha axuda económica.
79
TRIBUNAL INTERNACIONAL DE XUSTIZA (TIX)
Síntese
O obxectivo é dar aos candidatos unha oportunidade para mellorar os seus coñecementos e traballar nun ambiente internacional. Ser licenciado en Dereito.
Requisitos
Dominar como mínimo unha das linguas de traballo da institución (francés e/ou inglés).
Lugar
Prazos de solicitude
Duración e contía
80
Sede do TIX (A Haia, Holanda).
Cubrir a solicitude online e enviar unha carta de recomendación. http://www.icj-cij.org A duración varía de 1 a 3 meses. Non se contempla remuneración e o candidato deberá proverse de seguro médico e de viaxe.
7
Programas de mozos expertos
MOZOS COOPERANTES - AECID
Síntese
Requisitos
Lugar
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Duración e contía
82
Mozos Cooperantes é un programa do Instituto da Xuventude, no que colaboran o Instituto Nacional de Emprego (INEM) e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). O seu obxectivo é ofrecer a mozos titulados universitarios, de grao medio ou superior, unha experiencia formativa e práctica no eido da cooperación ao desenvolvemento mediante a incorporación a proxectos que España, no marco da cooperación oficial, leva a cabo en Iberoamérica, o Magreb, África Subsahariana, Asia, Europa Central e Oriental. Os eidos de actuación que cobre o programa abranguen sectores tan diversos como a educación, a creación de microempresas, a protección do medio ambiente e a súa sustentabilidade, o reforzamento institucional, a mellora da vivenda e das infraestruturas, o desenvolvemento rural, a restauración do patrimonio e a igualdade entre homes e mulleres. Posuír a nacionalidade española ou ser cidadán de calquera Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo. Ter unha idade comprendida entre os 18 e os 29 anos. Estar inscrito nas oficinas do INEM ou dos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas como demandante de emprego, nalgunha das ocupacións requiridas para os postos a cubrir e posuír a titulación axeitada (licenciatura ou diplomatura). Demostrar o dominio de idiomas cando o posto o requira. Nalgúns casos, experiencia profesional en relación coas tarefas a realizar no proxecto. Non ter participado na fase práctica que se leva a cabo nos países de destino en edicións anteriores do Programa Mozos Cooperantes. Segundo o posto, na súa maioría países de Latinoamérica e África. http://www.aecid.es/web/es/ http://www.aecid.es/es/convocatorias/empleo/jovenes_coop/ http://www.injuve.es Sobre os meses de marzo e abril cómpre contactar coa persoa encargada no INEM local e mirar a páxina web do Instituto da Xuventude. A preselección de candidatos ten lugar nos meses de marzo e abril entre os inscritos nas oficinas do INEM ou nos servizos de emprego rexionais. Na sede do Instituto da Xuventude realizarase a selección, e tras unha entrevista persoal escolleranse aqueles candidatos que cumpran os requirimentos e características dos distintos proxectos. Os seleccionados deberán superar un curso de cooperación ao desenvolvemento, cuxa finalidade é dotarlles dos coñecementos mínimos necesarios para a realización das súas futuras tarefas. Durante 6 meses, tempo que dura o traballo no país de destino, os mozos cooperantes teñen a condición de contratados laborais do Instituto da Xuventude. A AECID faise cargo dos gastos de desprazamento ao país de destino e dun seguro médico para a cobertura de calquera continxencia sanitaria durante a estadía.
MOZOS PROFESIONAIS DAS NACIÓNS UNIDAS - AECID
Síntese
O programa de Mozos Profesionais en Prácticas (ou JPO, do inglés “Junior Professional Officers”) ampárase en acordos específicos contraídos por España con diversos organismos multilaterais: co Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), co Fondo das Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) e co programa Mundial de Alimentos (PMA). É un programa dirixido a mozos profesionais con titulación universitaria superior que estean interesados en iniciar unha carreira profesional dentro do sistema das Nacións Unidas. Non ter máis de 32 anos na data de peche da convocatoria. Ter un título universitario superior, preferentemente nas áreas de economía, ciencias sociais, xestión e, en
xeral, nas disciplinas relacionadas coa cooperación ao desenvolvemento.
Valoraranse especialmente os títulos, diplomas ou coñecementos adicionais sobre materias relativas á coopeRequisitos
Lugar
ración, así como a experiencia de traballo nestes países. Dominio do inglés ou do francés, valorándose tamén o coñecemento doutros idiomas útiles para o exercicio da actividade (ruso, portugués, árabe, etc.). Compromiso coa realización do traballo, tanto individual coma en equipo. Capacidade para a programación de actividades e claridade na expresión de ideas. Adaptación ao medio, tanto física como profesionalmente, e flexibilidade para traballar con persoas de diferentes países, linguas e culturas. Bos coñecementos de informática. Ofrécese a oportunidade de adquirir experiencia profesional no deseño, supervisión, execución e avaliación de proxectos de cooperación impulsados e xestionados polas oficinas rexionais ou locais do organismo internacional contratante. Ocasionalmente, as prazas poden estar localizadas nas propias sedes centrais. A convocatoria realízase xeralmente no primeiro trimestre do ano.
Prazos de solicitude
http://www.aecid.es/web/es/ http://www.injuve.es
Proceso de selección
Os candidatos son preseleccionados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). Posteriormente, os servizos de recrutamento do PNUD ou doutro organismo internacional efectúan conxuntamente coa AECID a selección definitiva dos aspirantes, mediante entrevista persoal e en función das características das prazas que se desexa cubrir.
Duración e contía
Contrato dun ano de duración prorrogable a outro. O salario correspóndese co do persoal profesional ao servizo das Nacións Unidas, arredor dos 2.600/3.000€ mensuais, pero pode experimentar variacións segundo o custo de vida no país de destino.
83
MOZOS EXPERTOS EN DELEGACIÓNS DA UE (JED)
Síntese
O programa de Mozos Expertos en Delegacións da UE ampárase nun acordo asinado coa Comunidade Europea en 1992 polo que se establece a posibilidade de que as delegacións da UE acollan a mozos expertos españois para formarse en materia de cooperación en oficinas situadas en países en desenvolvemento. Ter un título universitario superior, preferentemente nas áreas de Ciencias Económicas, enxeñerías supe-
riores (Agronomía ou Enxeñería Civil) Arquitectura e Ciencias Políticas e da Administración.
Experiencia profesional mínima de 1 ano e cun máximo de 4. Requisitos
Dominio do inglés ou do francés, valorándose tamén o coñecemento doutros idiomas útiles para o exerci-
cio da actividade (ruso, portugués, árabe, etc.).
Capacidade para a programación de tarefas e aptitude para o traballo en equipo e para desenvolverse en
contextos multiculturais.
Lugar
Prazos de solicitude
84
Ofrécese a oportunidade de adquirir experiencia profesional no deseño, supervisión, execución e avaliación de proxectos que a UE leva a cabo noutros estados. Os destinos son fundamentalmente os países ACP (África, Caribe e Pacífico) e PVD-ALA (América Latina) así como os mediterráneos. A convocatoria publícase anualmente na web da AECID. http://www.aecid.es/web/es/
EXPERTOS ASOCIADOS DA UNESCO
Síntese
A UNESCO ofrece aos mozos profesionais a posibilidade de formarse mediante o programa Experto Asociado, unha interesante oportunidade para ampliar a súa experiencia nun contexto internacional e contribuír nas tarefas da UNESCO nos eidos da educación, da ciencia, da cultura ou da comunicación. Ser nacional dun país doante, é dicir que participe no programa (Alemaña, Bélxica, España, Finlandia,
Francia, Grecia, Italia, Xapón, República de Corea, Suecia e Suíza).
Posuír un diploma universitario en educación, cultura, ciencias sociais e humanas ou comunicación, ou
nun eido directamente relacionado coa xestión e a administración dunha organización internacional.
Requisitos
Excelente nivel de francés e/ou inglés. Un bo coñecemento doutro idioma, así como de árabe, chinés, es-
pañol ou ruso. Nalgúns casos requírese o dominio dun idioma non oficial da UNESCO ou da lingua do lugar de destino.
A experiencia profesional constitúe unha vantaxe, pero non é indispensable. A idade máxima varía segundo os países, aínda que adoita establecerse nos 32 anos.
Lugar
Prazos de solicitude
Lugar de desenvolvemento do programa en concreto ou na sede da UNESCO (París).
Segundo a convocatoria: http://www.unesco.org
Proceso de selección
Os candidatos son preseleccionados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID). Posteriormente, os servizos de recrutamento da UNESCO, conxuntamente coa AECID, efectúan a selección definitiva dos aspirantes mediante entrevista persoal e en función das características das prazas que se desexa cubrir.
Duración e contía
Contrato dun ano de duración, prorrogable por outro; o salario corresponde ao do persoal profesional ao servizo das Nacións Unidas, sobre os 2.600/3.000€ mensuais, aínda que pode experimentar variacións segundo o custo de vida no país de destino.
85
MOZOS PROFESIONAIS - BANCO MUNDIAL
Síntese
O programa de Mozos Profesionais está pensado para xuventude altamente cualificada en áreas relevantes para o Banco Mundial: economía, finanzas, educación, saúde pública, ciencias sociais, enxeñería, urbanismo e xestión dos recursos naturais. Ser cidadán dun Estado membro do Banco Mundial. Ter menos de 32 anos. Posuír unha mestría ou equivalente cando se solicita a praza. Acreditar experiencia profesional mínima de 3 anos ou estudos de doutorado. Dominio do inglés e valorarase o coñecemento doutras linguas adicionais.
Requisitos
Estar especializado nun campo relevante para o Banco Mundial. Compromiso e paixón polo desenvolvemento internacional. Ter un bo expediente académico. Posuír habilidades sociais para relacionarse nun entorno internacional. Capacidade de adaptación. Sensibilización coa pobreza. Dispoñibilidade para viaxes e traslados.
Lugar
Prazos de solicitude
86
Países onde o Banco Mundial desenvolve os seus proxectos e na súa sede en Washington (Estados Unidos). A solicitude online realízase entre o 1 de maio e o 30 de xuño de cada ano: http://www.bancomundial.org/empleos/yp.htm
Proceso de selección
Candidatura espontánea e selección segundo as necesidades da organización. Os preseleccionados deberán enviar máis información e realizar unha entrevista.
Duración e contía
24 meses antes de obter un posto fixo na organización. O salario depende do destino e inclúe aloxamento e seguro médico.
PROFESIONAIS JUNIOR ASOCIADOS (JPA) - BANCO MUNDIAL
Síntese
Nun posto como JPA úsanse as habilidades de análise, os coñecementos informáticos e a capacidade investigadora para traballar con empregados sénior do Banco Mundial. Obtense así unha primeira experiencia nos desafíos do desenvolvemento e redución da pobreza. Despois poderase aplicar esta experiencia na consultoría, a función pública ou o ensino. Estar licenciado, ter unha mestría ou ser candidato ao doutoramento. Non ter máis de 28 anos.
Requisitos
Ter un bo expediente académico. Coñecementos de economía, finanzas, desenvolvemento humano, ciencias sociais, agricultura, medio am-
biente, desenvolvemento do sector privado e/ou outros campos relacionados.
Lugar
Prazos de solicitude
Países onde o Banco Mundial desenvolve os seus proxectos e na sede en Washington (Estados Unidos).
A solicitude realízase online durante todo o ano: http://lnweb28.worldbank.org/hrs/careers.nsf/
Proceso de selección
Candidatura espontánea e selección segundo as necesidades da organización. Os preseleccionados deberán enviar máis información e realizar unha entrevista.
Duración e contía
A duración é de dous anos non renovables. O salario depende do destino, e inclúe aloxamento e seguro médico. Despois de ser JPA, durante 2 anos non se poderá optar a un posto no Banco Mundial.
87
PROGRAMA DE ASISTENTES DE INVESTIGACIÓN (RAP) - FMI
Síntese
Este programa está dirixido a licenciados cun excelente expediente académico que queiran obter experiencia laboral antes de continuar estudando ou empezar a traballar. Estar licenciado ou ter unha mestría en Económicas, Informática , Matemáticas ou Administración de
Empresas.
Ter un excelente expediente académico. Requisitos
Inglés fluído. Coñecementos informáticos. Dotes comunicativas e habilidades sociais.
Lugar
Prazos de solicitude
88
Sede do FMI en Washington (Estados Unidos).
A solicitude realízase online durante todo o ano: http://www.imf.org/external/
Proceso de selección
Candidatura espontánea e selección segundo as necesidades da organización. Os preseleccionados deberán completar a información e realizar unha entrevista.
Duración e contía
A duración é de dous anos, renovable por outro máis. O salario depende do destino e inclúe aloxamento e seguro médico.
MOZOS PROFESIONAIS – OCDE Síntese
Este programa está dirixido a licenciados cun excelente expediente académico que queiran desenvolver a súa carreira profesional no ámbito da cooperación internacional. Ter un máximo de 33 anos. Ser nacional dun estado membro da OCDE. Estar licenciado ou posuír unha mestría nas áreas de economía, desenvolvemento, finanzas, xestión pública ou sustentabilidade. Os candidatos con mestría deben ter unha experiencia profesional mínima de dous anos.
Requisitos
Acreditar un excelente expediente académico e capacidade de análise. Coñecementos das políticas dos estados e das institucións. Capacidade de traballo en solitario así como en equipo. Dominio dunha das dúas linguas oficiais da OCDE, inglés ou francés. Coñecementos informáticos. Boa comunicación e habilidades sociais.
Lugar
Sede da OCDE en París (Francia).
Prazos de solicitude
A solicitude realízase online durante todo o ano. Para mais información: http://www.oecd.org
Proceso de selección
Convocatoria no último trimestre do ano. Ademais da valoración de méritos, os candidatos seleccionados terán que realizar un test online e unha entrevista persoal.
Duración e contía
A duración é de dous anos. O salario depende do destino, pero a remuneración rolda os 3.000 euros mensuais.
89
8
Outras saídas laborais internacionais
ESCOLA DIPLOMÁTICA A Escola Diplomática, creada en 1942, é un centro de estudos superiores dependente da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación que ten entre os seus cometidos: A formación de candidatos na carreira diplomática; A preparación de aspirantes á función pública internacional; Síntese
A formación continua dos funcionarios diplomáticos; A formación de especialistas en relacións internacionais, política exterior e cooperación ao desenvolvemento a
través de cursos e seminarios dirixidos a posgraos universitarios así como a diplomáticos doutros países;
A formación de funcionarios que van prestar os seus servizos en embaixadas ou consulados en materias
relativas ao servizo exterior;
A realización de programas de investigación no eido da política internacional. Acceso á Carreira Diplomática: Á Carreira Diplomática accédese en España por oposición, convocada anual-
mente polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación. Os candidatos teñen que ser españois, maiores de idade e estar en posesión dun título universitario. A fase de oposición consta de catro exercicios eliminatorios: comentario por escrito dun tema de actualidade internacional, cuestionario de cultura xeral e aspectos teóricos e prácticos relacionados co temario; idiomas; proba oral sobre catro temas de materias xurídicas, económicas, sociolóxicas, sociopolíticas, históricas e de relacións internacionais; e resolución de catro casos de práctica diplomática e consular, de xestión administrativa e de persoal. Os aspirantes que superen os exercicios deberán seguir un curso na Escola Diplomática, que se complementa cun período de prácticas. Actividades
Mestría en Diplomacia e Relacións Internacionais: A “Mestría en Diplomacia e Relacións Internacionais” res-
ponde á necesidade de formación de analistas e especialistas en relacións internacionais, así como das novas xeracións de funcionarios da Carreira Diplomática e do servizo exterior español. De igual maneira, a mestría é útil como preparación ao ingreso na Carreira, xa que o programa representa arredor do 65% dos temas esixidos na oposición. Cursos sobre relacións internacionais: Impártense os seguintes cursos: Dereitos Humanos; India na actualida-
de; Unión Europea; Islam; Capacitación para observadores electorais internacionais; Actualidade da Política Española; Xudaísmo; Cooperación ao desenvolvemento… Web
http://www.maec.es/es/Menuppal/Ministerio/EscuelaDiplomatica/Paginas/escuela_diplomatica.aspx
(A partir de aquí son outras prácticas fóra da Escola Diplomática) 92
O Consello de Europa ofrece prácticas non remuneradas: Poden solicitalas os nacionais dos Estados membros do Consello de Europa, entre os meses de abril e setembro para realizalas ao ano seguinte. Non se ofrecen prácticas de tradución. http://ec.europa.eu/stages/index_en.htm Accédese aos postos mediante oposición que pode ser de dous tipos: As convocatorias xerais limitadas aos nacionais de estados infrarrepresentados. As convocatorias específicas abertas aos nacionais de todos os Estados membros. Consello de Europa
Os postos vacantes publícanse na páxina web, non se aceptan candidaturas espontáneas. A selección comprende tres etapas: unha preselección, unha proba escrita e unha entrevista. http://www.coe-recruitment.com/ A OTAN ofrece prácticas remuneradas nas seguintes áreas: Política de defensa Xestión executiva Oficina de Seguridade da OTAN Operacións Asuntos políticos e política de seguridade Diplomacia Oficina de Recursos da OTAN Axencias: IMS (Persoal Militar Internacional), SHAPE, NC3A, NAMA...
Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
A bolsa é de 800€ brutos ao mes. A convocatoria está aberta dende finais de marzo ata finais de xuño, tanto para as estadías de primavera como para as de outono. http://www.nato.int/cps/en/natolive/71157.htm A OTAN tamén lanza ofertas de emprego coas seguintes características: 1 contrato inicial de 3 anos que se pode converter en indefinido. Ou un contrato de duración determinada que non excederá os 5 anos. Adoita establecerse por 3 anos e
renovarse por consentimento mutuo.
O tipo de contrato depende do posto, e ambos tipos teñen 6 meses de proba. http://www.nato.int/wcm-asp/recruit-hq-e.asp
93
Nacións Unidas (ONU)
Aparte das devanditas prácticas, existen numerosas saídas laborais nas Nacións Unidas. A Secretaría das Nacións Unidas ten unha necesidade constante de persoal competente e implicado, de diversas partes do mundo, con especialización en diversas disciplinas. Convídase aos candidatos interesados a que presenten as súas solicitudes online para as vacantes que se axeiten á súa experiencia e cualificacións, mediante o novo sistema electrónico de selección Galaxy da Secretaría das Nacións Unidas. As vacantes publícanse en francés e inglés, os idiomas de traballo da Secretaría, e as solicitudes pódense presentar en calquera dos dous idiomas. http://www.un.org/spanish/aboutun/humanresources.shtml Aqueles interesados en traballar para a OCDE deberán ter: Nacionalidade dun estado membro da OCDE. Un diploma universitario. Capacidade de análise e interese na comprensión dos asuntos políticos dentro do seu contexto. Excelente coñecemento do inglés ou do francés (as linguas oficiais da organización) con boa capacidade
de redacción nunha e bos coñecementos da outra. Teranse en conta outras capacidades lingüísticas.
Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE)
Un mínimo de 3 anos de experiencia laboral relevante. Habilidade para a xestión. Capacidade de traballo nun equipo multicultural. Bo nivel de informática.
As ofertas de emprego publícanse na páxina web unha vez á semana e permanecen activas durante un mes: http://www.oecd.org/hrm
Banco Mundial (BM)
94
Á marxe dos programas de prácticas e de Mozos Expertos, o Banco Mundial ten unha política activa de contratación. O persoal do Banco Mundial traballa cos gobernos dos países en desenvolvemento en diversas áreas. O Banco ofrece emprego na reestruturación do sector financeiro e a súa regulación para achegar os países en desenvolvemento a unha economía de mercado a través da mellora de infraestruturas e da liberalización. Tamén está expandindo as súas actividades no campo da educación. Os postos de traballo desempéñanse na sede do Banco Mundial en Washington ou onde se desenvolvan os proxectos. Os perfís máis buscados son economistas, educadores, científicos ambientais, analistas financeiros, antropólogos e enxeñeiros. Ademais, deben ser cidadáns dun estado membro do Banco Mundial. As ofertas publícanse na páxina web. Requírese titulación universitaria, certa experiencia previa e idiomas, sempre dependendo do posto. http://www.worldbank.org/ http://www.bancomundial.org/empleos/
Fondo Monetario Internacional (FMI)
O Fondo Monetario Internacional adoita empregar a titulados universitarios que reúnan os seguintes requisitos: Economistas expertos: Titulación (mestría ou doutoramento) en Ciencias Económicas ou similar. Un mínimo de 5 anos de experiencia en cuestións de política económica nacional. Experiencia nun banco central, ministerio ou institución financeira internacional. Tamén se terá en conta a experiencia en consultoras e grupos de investigación. Capacidade de discusión e nivel medio de inglés escrito. Valorarase tamén o coñecemento doutras linguas, como francés, ruso, chinés, árabe ou español. Programa de economistas: Titulación universitaria nas áreas de macroeconomía, economía internacional, economía monetaria, finanzas públicas, emprego, pobreza ou economía Política. Doutoramento (completo ou en curso), mestría ou experiencia relevante. Ter menos de 34 anos. Bo expediente académico. Bo nivel de inglés e informática. Ter interese no traballo das organizacións internacionais. Tamén hai ofertas noutros campos, para asistencias técnicas e investigación. http://www.imf.org/ http://www.imf.org/external/np/adm/rec/recruit.htm Poden presentar a súa candidatura a un posto vacante na OMC todas as persoas que reúnan as condicións requiridas, sen distinción de sexo: Ser nacional dun estado membro da OMC. Ter menos de 65 anos. Demostrar experiencia como economistas ou avogados especializados en comercio internacional. Posuír un título universitario de posgrao en Economía, Relacións Internacionais ou Dereito.
Organización Mundial do Comercio (OMC)
Acreditar 5 anos de experiencia en gabinetes gobernamentais ou organizacións internacionais relacionadas co comercio. Capacidade de redacción. Coñecemento práctico de dúas linguas entre español, inglés e francés. Tamén hai ofertas noutros campos para expertos, administración, asistencias técnicas e investigación con diferentes perfís requiridos. http://www.wto.org/english/thewto_e/vacan_e/vacan_e.htm 95
Intermon Oxfam (IO)
Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR)
96
En Intermon Oxfam existe gran variedade de postos técnicos e administrativos, tanto en contrato laboral (na súa sede de Barcelona, ou en determinados proxectos) como para bolsas de prácticas (nas oficinas nacionais). Os requisitos son os seguintes: Titulación académica no campo correspondente. Experiencia relevante na realización de proxectos no marco da ONU ou en ONG. Boas dotes de comunicación, organización e negociación. Capacidade de traballo baixo presión e circunstancias adversas. Experiencia mínima de 1 ou 2 anos, dependendo do posto. Coñecementos de inglés, francés ou da lingua de destino para os proxectos, así como de catalán para a sede de Barcelona. Capacidade de traballo en equipo. Motivación pola cooperación internacional, o desenvolvemento e a loita contra a pobreza. Adaptación a contextos multiculturais e sensibilidade coa temática de xénero. http://www.intermonoxfam.org/ Para poder facer fronte a situacións cada vez máis complexas e en ocasións perigosas, o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) procura nos seus novos colaboradores as condicións precisas para exercer un oficio nun contexto non habitual: o dun país asolado pola guerra ou as súas repercusións. O CICR precisa permanentemente persoal sanitario, enxeñeiros, informáticos, xuristas e secretarios, aínda que tamén poden xurdir ofertas noutros campos. A profesión máis representativa é a de delegado cuxos requisitos son: Idade ideal: entre 25 e 35 anos. Estar disposto a permanecer só polo menos durante 24 meses. Formación universitaria ou equivalente. Experiencia profesional mínima de 2 anos; para postos técnicos 3 anos. Excelente dominio de inglés e francés. Permiso de conducir nacional e internacional (a licenza para conducir vehículos automáticos non é suficiente). Sólida motivación humanitaria. Espírito aberto e boa capacidade de adaptación. Capacidade para traballar baixo presión en condicións de seguridade difíciles. Coñecementos informáticos. Certificado de antecedentes policiais. Os delegados deben cumprir varias funcións: visitar a prisioneiros de guerra e a detidos políticos, restablecer os contactos familiares, organizar actividades asistenciais e difundir os principios da Cruz Vermella e do dereito internacional humanitario. Así mesmo, como representantes da institución, deben intervir e negociar diante dos organismos gobernamentais, civís ou militares, a fin de poder realizar de maneira óptima as devanditas actividades. http://www.icrc.org/ http://www.icrc.org/eng/who-we-are/jobs/vacancies/index.jsp
9
Bolsas de estudos
• NO ESTRANXEIRO: MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN Síntese
O MAEC e a AECID convocan anualmente un programa xeral de bolsas destinadas a cidadáns estranxeiros e españois para formarse en universidades e centros de investigación foráneos. Estudos de lingua e cultura hispánica en España para estranxeiros. Tamén para estudos de posgrao, de
doutoramento e investigación en España.
Tipos de bolsa
Estudos de lingua e posgrao, doutoramento e investigación no estranxeiro e prácticas en organismos in-
ternacionais para españois.
Estudos europeos especializados para españois e iberoamericanos. Bolsas para a cooperación cultural en España e noutros países dirixidos a españois e estranxeiros. Ter nacionalidade española ou doutro estado da Unión Europea pero con residencia en España. Non ter sido beneficiario de ningún programa da convocatoria de bolsas MAEC-AECID, de 6 ou máis
meses, nin da Fundación Carolina nos últimos tres anos.
Posuír o pasaporte nacional con validez mínima de 6 meses. Para os estranxeiros, ter residencia oficial, fiscal e continuada no seu país de orixe. Requisitos
Posuír a titulación necesaria que se requira legalmente para cursar os estudos escollidos no momento de
solicitar a bolsa.
Presentar a carta de admisión do centro de destino solicitado. Preferiblemente non superar os 35 anos de idade. Para os cidadáns de países cuxa lingua oficial non sexa o español, poder acreditar coñecemento do caste-
lán. Para os españois será necesario demostrar o coñecemento da lingua estranxeira correspondente.
Lugar
98
Será en España para os estranxeiros, e calquera outro destino no mundo para os españois, sempre que se cumpran os requisitos da convocatoria (BOE).
Prazos de solicitude
Os prazos de solicitude varían segundo a convocatoria, en xeral entre os meses de decembro e febreiro. http://www.becasmae.es/ A valoración das solicitudes, que poderá incluír entrevista persoal co solicitante, tomará en consideración os seguintes criterios: Currículo académico-profesional do solicitante.
Proceso de selección
Interese do proxecto de estudos para as prioridades xeográficas e sectoriais da cooperación española. Memoria do proxecto de estudos proposto para a bolsa. Avais do solicitante por parte de dúas personalidades académicas ou institucionais.
Duración e contía
A súa duración e contía depende da bolsa elixida. Admite prórrogas por outro ano máis.
99
BOLSAS FUNDACIÓN RAMÓN ARECES PARA ESTUDOS DE POSGRAO NO ESTRANXEIRO
Síntese
A Fundación Ramón Areces concede 22 Bolsas para a realización de estudos en universidades e centros de investigación no estranxeiro, sobre temas de Economía e Dereito da Unión Europea. Posuír a nacionalidade española.
Requisitos
Estar en posesión dun título superior ou ben ser estudante de último ano. Admisión nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro. Coñecemento excelente do idioma do país de destino.
Lugar
Universidade ou centro situado no estranxeiro.
Prazos de solicitude
No primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
100
Valoración de méritos. Para máis información: http://www.fundacionareces.es/fundacionareces/portal.do?IDM=20&NM=1 A duración prevista é de 12 meses, podendo prorrogarse outros 12 meses. A contía mensual prevista é de 1.650 euros, máis os gastos de inscrición e matrícula así como gastos de viaxe anual.
BOLSAS HIGH SCHOOL. FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA E FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA
Síntese
A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega convocan anualmente bolsas para que os alumnos e alumnas de 4º da ESO poidan realizar os seus estudos nun instituto de Estados Unidos. Estar cursando a educación secundaria nun centro galego e obter en 3º da ESO unha nota media mínima
maior a 7,5 e unha nota mínima en inglés de 7.
Requisitos
As Bolsas High School inclúen a formación nas fases previas á saída, os traslados e a convalidación dos
estudos realizados no estranxeiro; ademais, achegan unha pequena cantidade para gastos menores.
Lugar
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Estados Unidos.
Normalmente nos meses de outubro e novembro. http://www.becashighschool.org/?q=guia As solicitudes presentadas valoraranse segundo o expediente académico e as circunstancias familiares. Ademais deberá realizarse unha proba específica de idiomas e unha entrevista persoal.
101
BOLSAS DE INTERCAMBIO DO GOBERNO DA INDIA
Síntese
Requisitos
O Goberno da India, baixo os auspicios do Consello Indio de Relacións Culturais (ICCR), no marco do Programa de Intercambio Cultural entre a India e España, ofrece cinco bolsas aos estudantes de España que desexen estudos de posgrao ou os niveis de investigación en universidades e institucións educativas na India. Ser estudante de primeiro ciclo, posgrao ou doutorado (excepto medicina e odontoloxía). Dominio do inglés.
Lugar
Institucións de ensino superior na India.
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano. Para máis información:
Proceso de selección
Duración e contía
102
h t t p : / / w w w. e m b a s s y i n d i a . e s / I n d i a n E m b a s s y / I n d i a n E m b a s s y / I n d e x B a s e / i n d e x 2 . php?lang=eng&key=scholarship A duración é para o ano académico (en India comeza en xullo/agosto). A contía cobre os custos da matrícula e mais unha contía mensual que cobre os gastos de vida no país.
BOLSAS DO GOBERNO CHINÉS- ESTUDAR EN CHINA
Síntese
Requisitos
O Ministerio de Educación da República Popular China convoca bolsas para estudos universitarios, de mestría ou doutorado. Ser de nacionalidade española. Ser estudante universitario ou ben ser titulado superior.
Lugar
Nas institucións de ensino superior de China.
Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
Para máis información: http://es.china-embassy.org/esp/jysw/t784844.htm
A duración é para todo o ano académico.
103
BOLSAS DE EXCELENCIA EIFFEL
Síntese
O programa de bolsas de excelencia Eiffel é un programa do Ministerio francés dos Asuntos Estranxeiros e Europeos. Ten como obxectivo atraer aos estudantes mais selectos en formacións de nivel Mestría, Enxeñería ou Doutorado co fin de formar aos futuros responsables estranxeiros do sector privado ou público. Fomenta as candidaturas de estudantes procedentes de países emerxentes (Mestría) y de países industrializados (Doutorado). Ter o título de licenciado Estar cursando estudos no estranxeiro no momento da solicitude
Requisitos
Estar admitido nun centro de estudos superiores francés. er 30 anos máximo para a mestría e 35 anos máximo para o Doutorado. Seguir unha formación nunha das áreas de estudo seguintes: Economía e Xestión, Dereito e Ciencias Políticas, Ciencias da Enxeñería (Mestría) e Ciencias en xeral (Doutorado).
Lugar
Institución de ensino superior en Francia.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
104
Para máis información: http://www.egide.asso.fr/jahia/Jahia/appels/eiffel A duración da bolsa: o programa concede bolsas que cubran a duración da formación ata a obtención do título (1 a 3 anos para a mestría e os títulos de enxeñeiros, 10 meses para o Doutorado). A contía da bolsa para a Mestría é de 1.181 por mes e de 1.400 por mes para o Doutorado, ademais concédese unha viaxe de ida e volta, o seguro médico, as actividades culturais, e estarán exentos dos gastos de matrícula.
BOLSAS DO COLEXIO DE EUROPA - BRONISŁAW GEREMEK
Síntese
Requisitos
O Colexio de Europa ofrece 10 bolsas para licenciados en Historia para estudar no campus universitario de Natolín (Polonia) Ser licenciado en Historia Escribir a tese da mestría nun tema relacionado coa recente historia europea ou coa civilización europea.
Lugar
Campus de Natolín (Varsovia, Polonia)
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
Para máis información: http://www.coleurope.eu/template.asp?pagename=scholarship_Geremek A duración destas bolsas abranguerá o período de formación académica solicitada, cunha remuneración a determinar pola institución.
105
BOLSAS DE INVESTIGACIÓN ALEXANDER VON HUMBOLDT
Síntese
A Fundación Alexander von Humboldt concede bolsas de investigación a mozos investigadores altamente cualificados que finalizaran os seus estudos de doutorado para o desenvolvemento dun proxecto de investigación concreto nunha universidade ou outro centro de investigación da República Federal de Alemaña. Ter finalizado os estudos de doutorado.
Requisitos
A idade máxima é de 40 anos. Ter coñecementos de alemán, inglés.
Lugar
Nunha universidade ou outro centro de investigación de Alemaña.
Prazos de solicitude
A convocatoria está aberta todo o ano.
Proceso de selección
Duración e contía
106
Para máis información: http://www.humboldt-foundation.de/web/home.html
A duración varía entre 6 meses a 1 ano, coa posibilidade de prorrogarse por outro ano máis.
• EN ESPAÑA:
BOLSAS DE AXUDA AO ESTUDO PARA ALUMNOS ESPAÑOIS DA «MESTRÍA INTERUNIVERSITARIA EN DIPLOMACIA E RELACIÓNS INTERNACIONAIS» DA ESCOLA DIPLOMÁTICA Síntese
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación, a través da Escola Diplomática, leva a cabo programas de formación en materia de relacións internacionais entre os que salienta o «Mestría en Diplomacia e Relacións Internacionais». Ter nacionalidade española.
Requisitos
Posuír un título universitario superior ou equivalente, ou estar en condicións de obtelo antes de realizar as probas de admisión. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo do estado ou de entidades de carácter público.
Lugar
Escola Diplomática, en Madrid.
Prazos de solicitude
A convocatoria publicarase no BOE 20 días naturais despois da publicación de admitidos na mestría.
Proceso de selección
As solicitudes presentadas seleccionaranse de acordo co disposto pola comisión de valoración e tendo en conta a renda familiar e o expediente académico do alumno.
Duración e contía
Ten unha duración de 9 meses, comprendidos entre Outubro 2012 e Xuño 2013. A contía é de 400€ ao mes para os 5 bolseiros da Comunidade de Madrid e 900€ para os 25 procedentes do resto de España.
107
BOLSAS DE FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN DOS SISTEMAS EDUCATIVOS
Síntese
Requisitos
O Ministerio de Educación convoca 148 bolsas destinadas a promover a investigación e a innovación educativa e a ampliar os coñecementos en: observación e deseño de cualificacións profesionais (20); en documentación e lexislación educativa (9); en investigación e innovación educativa (26); en tecnoloxías da información e comunicación aplicadas á educación (60); na área de documentación, biblioteca e arquivo (14); e en avaliación e estatísticas educativas (19). Ostentar a nacionalidade española, ou de algún outro Estado Membro da Unión Europea con perfecto dominio da lingua española e residencia en España no momento da súa incorporación. Estar en posesión da titulación requirida para cada tipo de bolsa e habela obtido con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2008.
108
Lugar
Nas Direccións Xerais competentes.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano. Para máis información: https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio. jjsp?idConvocatoria=302
Proceso de selección
A solicitude deberá cumprimentarse e conformarse mediante o formulario de inscrición, dispoñible por vía telemática a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación. Así mesmo realizarase unha proba de idioma cando se solicite algunha modalidade de beca que implique ou poida implicar coñecemento dun idioma.
Duración e contía
A duración é de 12 meses, podendo ser prorrogada ata un máximo de 24 meses. A dotación íntegra anual máxima de cada bolsa de formación será de 12.324 euros e distribuirase en doce meses por importe de 1.027 euros por cada mes de duración.
BOLSAS DE MOBILIDADE PARA ESTUDOS DE MESTRÍA EN ESPAÑA
Síntese
A Fundación “La Caixa” convoca 100 bolsas de mobilidade para cursar estudos de mestrías oficiais, en universidades españolas. Ter nacionalidade española
Requisitos
Estar en posesión dun título de graduado universitario, licenciado ou titulado superior. Posuír un bo coñecemento da lingua inglesa e acreditalo mediante un certificado oficial.
Lugar
En toda España
Prazos de solicitude
No primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
Aplicación da solicitude on-line e a realización dunha entrevista persoal presencial. Para máis información: http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becas_es.html A duración prevista é dun ano coa posibilidade de prolongala ata 24 meses. A contía mensual prevista é de 1300 máis os custos de matrícula e desprazamento.
109
Fundación Fulbright
O Programa Fulbright é o nome polo que se coñece a actividade principal da Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos. Esta actividade consiste na concesión das bolsas Fulbright para estudar, investigar ou ensinar nos Estados Unidos, no caso dos cidadáns españois, ou para facelo en España, no caso dos cidadáns estadounidenses. https://www.fulbright.es
Fundación ICO
A Fundación ICO, no seu firme compromiso coa formación de mozos españois, concedeu sempre unha gran importancia ao seu programa de bolsas, grazas ao cal numerosas persoas realizan estudos tanto en España como no estranxeiro, en universidades e centros superiores de investigación do máis alto nivel. http://www.fundacionico.es/
Fundación Rafael del Pino
Fundación Alfonso Martín Escudero
A Fundación Rafael del Pino ofrece cada ano un conxunto de bolsas para licenciados e titulados superiores destinadas á ampliación dos seus estudos en universidades e centros de investigación españois e estranxeiros. http://www.frdelpino.es/ A Fundación Alfonso Martín Escudero convoca bolsas para a realización de estudos e investigacións en centros estranxeiros dentro do seu ámbito de actuación: ciencias da saúde, ciencias do mar, agricultura e conservación da natureza. http://www.fundame.org/
Fundación Caja de Arquitectos
Colexio de España en Bolonia
Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD)
British Council
A Fundación Caja de Arquitectos convoca cada ano bolsas para que estudantes de arquitectura ou licenciados nunha universidade española poidan realizar prácticas profesionais en estudios europeos de arquitectura. http://fundacion.arquia.es/becas/ Destínanse a obter o Doutoramento Europeo de Investigación en calquera das facultades (Dereito, Medicina, Letras, etc.) da Universidade de Bolonia. As bolsas inclúen os gastos de viaxe, manutención, aloxamento, matriculación, asignación mensual para gastos persoais, etc. A súa duración é de dous cursos académicos. http://www.bolonios.it/becas.htm O Servizo Alemán de Intercambio Académico (DAAD) ofrece bolsas na República Federal de Alemaña para científicos e investigadores estranxeiros que desenvolvan a súa actividade en universidades ou institucións investigadoras para levar a cabo cursos de verán e mesmo para estadías de profesores visitantes. http://www.daad.es/becas Convócanse anualmente 2 bolsas Stevenson para estudar en universidades de Escocia. Poden optar a estas bolsas os estudantes universitarios menores de 25 anos que estean matriculados actualmente ou que veñan de rematar os seus estudos nalgunha universidade española. http://www.britishcouncil.org/es/spain-scholarships.htm
110
Fundación La Caixa
A Fundación La Caixa convoca anualmente un programa de bolsas para axudar aos estudantes españois a completar e ampliar a súa formación académica. Miles de mozos tiveron xa a ocasión de estudar en universidades de Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido, Francia, Canadá, China, India e os países do Espazo Europeo de Educación Superior. http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becas_es.html
Banco de España
Esta institución convoca bolsas que se destinarán a financiar a ampliación de estudos en España ou no estranxeiro sobre temas de economía, en especial sobre cuestións relativas á teoría macro e microeconómica, economía monetaria e financeira, economía internacional e econometría. http://www.bde.es/webbde/es/secciones/convoca/convoca.html
Fundación Caja Madrid
A Fundación Caja Madrid convoca bolsas para a realización de estudos de posgrao (mestría, doutoramento ou investigación posdoutoral) en universidades e centros superiores de investigación de Estados Unidos, Canadá e Europa (agás España) para o curso académico. https://becas.fundacioncajamadrid.es/Bridge
Goberno de México– AECID
O Programa de Incorporación de Doutores Españois a Universidades Mexicanas ten por finalidade contribuír ao fortalecemento do sistema educativo mexicano, en especial do ensino superior universitario e consolidar o nivel de posgrao, así como permitir aos participantes ampliar a súa experiencia académica nas áreas da docencia e da investigación . http:// www.aecid.es/programadoctores
República Popular de China
Goberno do Xapón
As bolsas para estudar en China establécense no marco dos tratados de intercambio bilateral entre gobernos ou segundo as necesidades expostas para a cooperación educativa entre as partes. http://www.embajadachina.es/esp/ O Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía (MEXT) ofrece bolsas a estudantes estranxeiros que desexen estudar en centros de formación especializada. http://www.es.emb-japan.go.jp/estudiar_monbukagakusho.htm
Outras bolsas
Existen numerosas páxinas que informan das bolsas de estudo vixentes noutros países. Entre elas cabe destacar dúas: http://www.becasmae.es/becas-otros-paises.htm http://sre.gob.mx/becas/
111
10
Bolsas prácticas e
nas áreas científicas
• EN GALICIA:
BOLSAS DE FORMACIÓN DE TECNÓLOGOS E DE PRÁCTICAS PARA OS TITULADOS EN ESPECILIDADES AGRARIAS, FORESTAIS, VETERINARIA E TECNOLOXÍA DOS ALIMENTOS
Síntese
Requisitos
A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca bolsas de formación de tecnólogos e persoal de apoio á investigación, bolsas de prácticas para os recentemente titulados en especialidades agrarias, forestais, veterinaria, tecnoloxía dos alimentos e bioloxía e bolsas de prácticas para alumnos e recentemente titulados de formación profesional da familia agraria. Ser licenciado en Químicas, en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Enxeñeiros Agrónomos, Enxeñeiros Forestais, Bioloxía, Veterinaria, Enxeñeiros de Montes... a partir do mes de abril do 2010. Ou ben ser estudante de ciclos formativos de grao medios ou superior. Ciclos da familia agraria, da familia química ou ben da industria alimentaria.
Lugar
En unidades dependentes da Consellería do Medio Rural e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e climático.
Prazos de solicitude
No primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
As solicitudes presentaranse no prazo dun mes dende a publicación da convocatoria no DOGA. Para máis información: http://mediorural.xunta.es/es/convocatorias/becas_de_formacion_e_investigacion/
Duración e contía
114
A duración e contía depende do eido de formación. A duración varía entre 2 a 5 meses, e a contía varía entre 1000 e 600 euros.
BOLSAS DE FORMACIÓN PARA TITULADOS EN CICLOS DE ACUICULTURA
Síntese
A Consellería do Medio Ruara e do Mar convoca 4 bolsas para titulados nos ciclos formativos de Acuicultura para a realización de prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos, e xestión e mantemento dunha planta de acuicultura. Ter rematado un ciclo formativo de acuicultura na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria.
Requisitos
Non ter sido beneficiario de axudas similares para o mesmo fin, con anterioridade á publicación da presente orde. Non ter incapacidade física ou padecer enfermidade que poida impedir a realización dos traballos propios obxecto destas axudas.
Lugar
Os/as beneficiarios/as realizarán as actividades obxecto da bolsa nas instalacións do Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano. A solicitude para estas bolsas farase mediante escrito dirixido á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, segundo o modelo normalizado presente na convocatoria.
Proceso de selección
Para máis información: http://conselleriamar.xunta.es/web/pesca/portada
Duración e contía
A duración máxima prevista é de 2 anos. A contía anual prevista é de 715 euros.
115
BOLSAS DE PRÁCTICAS EN CENTROS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DO MAR
Síntese
Requisitos
Os alumnos que estean matriculados/as nas ensinanzas de formación profesional específica en centros da Consellería do Medio Rural e do Mar e teñan aprobados todos os módulos profesionais do ciclo formativo
Lugar
Na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
114
A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca axudas económicas para a realización de formación práctica en empresas, destinada a alumnos/as de derradeiro curso, de ciclos de grao medio e superior de formación profesional específica dos centros dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Solicitude normalizada. Para máis información: http://conselleriamar.xunta.es/web/pesca/portada A duración dependerá da especialidade a realizar. O importe total máximo previsto é de 45.200 euros. Este importe repartirase na súa totalidade dunha soa vez. Porén, no caso de que os estudantes sexan embarcados para a realización das súas prácticas, estes percibirán unha contía de 6 euros día e para aqueles casos nos que a empresa colaboradora realice embarcos e desembarcos fora da comunidade autónoma, percibirán unha axuda complementaria máxima total de 50 euros polos gastos da viaxe.
BOLSAS PARA A ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Síntese
Adxudicación dunha bolsa de técnico superior en saúde ambiental ou técnico de laboratorio en diagnóstico clínico para a realización de tarefas de colaboración na área fitopatolóxica do Areeiro, consistentes na recollida de mostras en campo, preparación para análise no laboratorio e ensaios de control, así como detección e diagnóstico de axentes fitopatolóxicos. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da unión Europea.
Requisitos
Estar en posesión do título de técnico superior en saúde ambiental ou técnico superior de laboratorio en diagnóstico clínico, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Lugar
Deputación de Pontevedra.
Prazos de solicitude
Ultimo trimestre do ano. Valóranse: Currículo Vitae da persoa solicitante, experiencia investigadora, experiencia laboral e entrevista persoal.
Proceso de selección
Máis información: http://www.efa-dip.org/es/index_es.htm
Duración e contía
A bolsa ten unha duración dun ano e o importe mensual varía entre os 1.000 euros e 1.200 euros mensuais.
117
BOLSAS DE FORMACIÓN E ESPECIALIZACIÓN EN MATERIA DE VIVENDA DO INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA
Síntese
Requisitos
O Instituto Galego da Vivenda e Solo convoca 10 bolsas de formación e especialización en materia de vivenda para un/unha Arquitecto/a, un/unha Arquitecto/a Técnico/a, dous/dúas economistas ou licenciados/as en ADE e seis licenciados/as en Dereito, co obxecto de especializar profesionais en materia de vivenda. Ter rematados os estudos conducentes á obtención do título de Arquitecto/a, Arquitecto/a Técnico/a, ou de licenciado/a en Administración e Dirección de Empresas, Economía ou Dereito nos anos 2008, 2009 ou 2010 e ter aboadas as taxas para a expedición do correspondente título oficial. Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente. Só se lles concederá validez aos cursos ou titulacións homologadas polos órganos competentes en materia de política lingüística.
Lugar
Galicia Na primeira metade do ano.
Prazos de solicitude
Máis información: http://www.xuventude.xunta.es
114
Proceso de selección
Valóranse o expediente académico e a entrevista persoal.
Duración e contía
O importe da bolsa e de 1.000 euros mensuais durante un ano.
• EN ESPAÑA:
BOLSAS PARA FORMACIÓN DE POSGRAO EN ESTATÍSTICA
Síntese
O INE (Instituto Nacional de Estatística, concede 12 bolsas coa finalidade de fomentar e promocionar a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de posgraos. Posuír a nacionalidade española e ser residente en España no momento de iniciar a realización da bolsa.
Requisitos
Estar en posesión do título de licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto, ou de grao, obtido durante os últimos tres anos anteriores a data da publicación. Non ter sido beneficiario dunha bolsa concedida polo INE con anterioridade para o mesmo fin.
Lugar
A actividade que fundamenta a concesión das subvencións realizarase nos Servizos Centrais do INE en Madrid.
Prazos de solicitude
A convocatoria publicase durante o segundo semestre do ano. Para máis información: http://www.ine.es/ine/ becas/becas.htm
Proceso de selección
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación no BOE. Teranse en conta os coñecementos de idiomas (inglés, francés ou alemán) e informática, así como a formación experiencia profesional en actividades estatísticas.
Duración e contía
O período de duración da bolsa é de 12 meses prorogables por período de 6 meses ata un máximo de 24 meses. A remuneración mensual de cada bolsa ascende a 898,43 euros.
119
BOLSAS DE FORMACIÓN NO INSTITUTO NACIONAL DE CONSUMO Síntese
Convócanse tres bolsas para a formación teórica e práctica de especialistas en materia de investigación e control de calidade dos produtos de consumo para titulados superiores. Posuír a nacionalidade española, dalgún Estado membro da Unión Europea. Signatarios do acordo sobre o Espazo Económico Europeo, así como os estranxeiros residentes legalmente en España. No ter mais de 30 anos
Requisitos
Estar en posesión do título de licenciado en Ciencias Físicas, Químicas, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñería industrial e calquera outra ciencia experimental ou ensinanza técnica relacionada coas tecnoloxías dos alimentos e dos produtos ou servizos de uso ou consumo. Non ter sido beneficiario con anterioridade dunha beca de estas características no Instituto Nacional de Consumo.
Lugar
Nas instancias do Instituto Nacional de Consumo.
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Os interesados dirixirán as súas solicitudes, de acordo có modelo de instancia que se inclúe na convocatoria, ao Rexistro do Instituto Nacional de Consumo. Para máis información: http://www.consumo-inc.es/
Duración e contía
114
A duración prevista é dun ano, prorrogable a un segundo ano. A contía anual é de 10.610 euros.
BOLSAS DE FORMACIÓN DO INSTITUTO XEOGRÁFICO NACIONAL (IXN) Síntese
Convócanse bolsas para formación en eidos da astronomía, a xeodesia e a cartografía. Posuír a nacionalidade española, a dun Estado membro da Unión Europea ou dun país signatario do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo.
Requisitos
Entrar en posesión do título de grao, licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto. Ter finalizado os estudos e estar en condicións de obter o correspondente título nos 3 anos inmediatamente anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Non superar os 35 anos á data de presentación da solicitude. Centros de formación: Sede Central IXN. C/ General Ibáñez de Ibero nº 3.Madrid
Lugar
Real Observatorio Astronómico de Madrid. C/ Alfonso XII nº 3. Madrid Observatorio de Yebes (Guadalajara) Prazos de solicitude
Primeiro semestre do ano. Unha Comisión de valoración será a encargada de comunicar o resultado ao director do IXN.
Proceso de selección
Para máis información: http://www.ign.es/ign/layoutIn/becas2011.do
Duración e contía
A duración é de 12 meses prorrogables por períodos de 12 meses ata un máximo de 36 meses. A contía mensual ascende a 1.000 euros.
121
BOLSAS DE FORMACIÓN EN SEGURIDADE NUCLEAR
Síntese
O Consello de Seguridade Nuclear convoca bolsas para a valoración, supervisión e control da seguridade das instalacións nucleares e radioactivas e a protección radiolóxica dos seus traballadores, así como do público en xeral, mediante a prevención da contaminación radioactiva do ambiente. Titulados superiores universitarios nas especialidades científicas ou técnicas (Licenciado, Enxeñeiro superior, Arquitecto ou Grao).
Requisitos
Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ser residente legal en España no momento de solicitar /ou incorporarse á beca. A data de obtención do título que da acceso á beca deberá ser posterior ao ano 2006.
114
Lugar
O lugar de realización da formación será no Consello de Seguridade Nacional, con algún posible desprazamento puntual a outros lugares da xeografía española.
Prazos de solicitude
As solicitudes deberán presentarse dentro do prazo de trinta días naturais, contados a partir do seguinte á data de publicación da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».
Proceso de selección
Valoración de méritos acreditados. Para máis información: http://www.csn.es/index.php?option=com_conten t&view=article&id=11653&Itemid=301&lang=es
Duración e contía
A duración inicial das bolsas é de doce meses podendo prorrogarse ata un máximo de dous anos.
BOLSAS INTA
Síntese
Requisitos
O Ministerio de Defensa convoca 18 bolsas para formar a persoal investigador nas instalacións do INTA (Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial) como a formación de persoal no cadro do proxecto MEIGA (Mars Environmetal Instrumentation for Ground and Atmosphere). Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou estranxeiro residente en España no momento de solicitar a bolsa. Ser licenciados, enxeñeiros ou enxeñeiros técnicos que finalizaran os seus estudos con posterioridade ao 1 de xaneiro do 2007.
Lugar
Nas dependencias do INTA de Torrexón de Ardoz (Madrid) ou de Mazagón (Huelva).
Prazos de solicitude
No último semestre do ano.
Proceso de selección
Toda a documentación presentada será a base da avaliación de cada candidato, valorando especialmente a nota media do expediente académico, o currículo e a entrevista persoal. Para máis información: http://www.inta.es/BolsaEmpleo.aspx
Duración e contía
A duración varía entre un e dous anos, podendo ser prorrogadas por un ano máis. A contía mensual é de 1.030 euros mensuais brutos no caso dos licenciados e enxeñeiros superiores, mentres que os enxeñeiros técnicos percibirán 970 euros mensuais brutos.
123
BOLSAS EADS CASA/AIRBUS “FIN DE CARREIRA”
Síntese
A Fundación SEPI conta coa colaboración de EADS CASA e AIRBUS para convocar bolsas de formación práctica. Ser cidadán da Unión Europea
Requisitos
Estar en posesión do título de licenciado en Enxeñería Aeronáutica ou en Enxeñería Técnica Aeronáutica. Tamén, admitiranse os estudantes pendentes de aprobar, no momento de presentar a solicitude da bolsa, un máximo de tres materias máis o proxecto de fin de carreira. Posuír un elevado nivel de inglés. Ter nado con posterioridade ao 31 de decembro 1983.
114
Lugar
Nalgún dos centros EADS, CASA, EADS CASA ESPACIO,S.L., EUROCOPTER ESPAÑA, S.A., o AIRBUS OPERATIONS,S.L.
Prazos de solicitude
Conta con distintas convocatorias ao longo do ano.
Proceso de selección
Trátase dun procedemento online que é xestionado pola fundación SEPI. Para máis información: http://www. funep.es/becas/ecfc-fsepi.asp
Duración e contía
A duración máxima é de 11 meses, e conta cunha asignación mensual de 1000 euros.
BOLSAS FUNDACIÓN SEPI - DELOITTE
Síntese
A Fundación SEPI e Deloitte convocan bolsas para a realización de prácticas de titulados universitarios.
Ser cidadán da Unión Europea
Requisitos
Estar en posesión dunha licenciatura en Arquitectura ou Arquitectura Técnica, Enxeñeiro de Organización Industrial, Enxeñeiro de Telecomunicacións, Enxeñeiro en Informático (ou licenciado), Enxeñeiro Industrial, Enxeñeiro Técnico de Telecomunicacións, Enxeñeiro Técnico en Informático (ou diplomado), ADE e Ciencias de Actuación e Financeiras, Administración e Dirección de Empresas, Dereito, Dereito e ADE, Economía, Física, Investigación e Técnicas de Mercado, Matemáticas, Psicoloxía. Ter coñecementos de nivel medio ou alto de inglés e de informática de nivel de usuario.
Lugar
Nalgún dos centros que Deloitte ten en España.
Prazos de solicitude
Diferentes convocatorias ao longo do ano.
Proceso de selección
Para máis información: http://www.funep.es/becas/deloitte-fsepi.asp
Duración e contía
A duración varía entre 5 meses e un ano. A asignación mensual varía do centro de destino das prácticas entre 600 e 1.000 euros.
125
BOLSAS DE FORMACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR -CEDEX
Síntese
O Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX) outorga 5 bolsas para a realización de teses doutorais no eido das obras públicas e demais realizacións propias da enxeñería civil, a edificación, e o ambiente asociado. Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou estranxeiro residente en España con permiso de traballo e dominio do idioma español.
Requisitos
Estar en posesión do título de licenciado ou enxeñeiro superior. A data de finalización dos estudos correspondentes deberá ser posterior a xuño 2006. Estar inscrito ou reunir os requisitos para ser admitido nun programa de doutorado dunha universidade española en materias afíns as relacionadas coa bolsa.
Lugar
España
Prazos de solicitude
Segundo semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
114
Para máis información: http://www.cedex.es/castellano/home.html
A duración prevista é de 48 meses. A contía bruta mensual prevista é de 1148 euros.
BOLSAS DE POSGRAO DO CSIC-UIMP
Síntese
Requisitos
O CSIC en alianza académica convoca 30 bolsas para a realización de estudos de mestría nas seguintes áreas: Mestría en Enerxías Renovables, Pilas de Combustible e Hidróxeno; Mestría de Alta Especialización en Plásticos e Caucho; Mestría en Cambio Global; Mestría en Biodiversidade en Áreas Tropicais e Xestión da súa conservación. Estar en posesión dun título universitario oficial español ou ben pertencente ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Valorarase a titulación, o expediente académico, a participación en outros programas formativos, mobilidade durante os estudos de grao e experiencia profesional en temas relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
Lugar
Prazos de solicitude
En diferentes puntos da xeografía española.
Entre maio e xullo. Proceso de pre-inscrición online.
Proceso de selección
Para máis información: http://www.csic.es/web/guest/master-postgrado-csic-uimp
Duración e contía
A duración abrangue o período de formación académica que vai dende outubro ata xuño. A contía correspondese aos gastos de matrícula do posgrao.
127
BOLSAS DE DOUTORADO LA CAIXA / CNB (CENTRO NACIONAL DE BIOTECNOLOXÍA)
Síntese
A Fundación “la Caixa” convoca 10 bolsas de catro anos para desenvolver un doutorado en Biomedicina no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC. Ser nacional de calquera estado. Estar en posesión do título de licenciado en ciencias biomédicas
Requisitos
Levar a cabo unha investigación nas seguintes áreas: Estrutura de Macromoléculas, Bioloxía Molecular e Celular, Biotecnoloxía Microbiana, Xenética Molecular de Plantas, Inmunoloxía e Oncoloxía, Bioloxía de Sistemas.
114
Lugar
No Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) do CSIC.
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Proceso de selección electrónico xestionado polo CNB. Para máis información: http://www.cnb.csic.es/index. php/es/home/becas.html
Duración e contía
A duración prevista é dun ano coa posibilidade de prórroga ata un máximo de 4 anos. A contía total anual para os dous primeiros anos é de 18.550 euros, e de 26.700 euros para o terceiro e cuarto ano.
BOLSAS PARA ESTUDOS DE MESTRÍA EN ENERXÍA E AMBIENTE EN ESPAÑA
Síntese
A Fundación IBERDROLA presenta a súa III Convocatoria de Bolsas para cursar Estudos de Mestría en Enerxía e Ambiente en España. As áreas formativas contempladas son as seguintes: Enerxías renovables, Sistema enerxético sostible, Ambiente e biodiversidade, Tecnoloxías limpas de carbón, xestión de emisións, Eficiencia enerxética, Almacenamento de enerxía, Vehículo eléctrico e Redes de Distribución Intelixentes. Posuír a nacionalidade española, británica ou estadounidense
Requisitos
Estar en posesión dun título universitario recoñecido ou ben atoparse no último ano dos estudos. Acreditar un bo coñecemento de idiomas, tanto do inglés coma do español.
Lugar
Universidades e centros tecnolóxicos españois
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Para máis información: http://www.ine.es/ine/becas/becas.htm
Duración e contía
A duración prevista é de 9 meses. A contía asignada é de 10.800 euros repartidos mensualmente durante o período de duración da bolsa, ademais dos custos da matrícula.
129
BOLSAS DA AXENCIA ESTATAL DE METROLOXÍA
Síntese
Requisitos
A Axencia Estatal de Metroloxía convoca 21 bolsas para axudas de formación en proxectos da Axencia Estatal de Metroloxía relacionadas coas actividades do organismo. Estar en posesión do título de licenciado universitario en ciencias, enxeñería superior ou equivalente, obtido durante os últimos 9 anos. Valorarase o coñecemento de idiomas: inglés.
Lugar
Prazos de solicitude
En diferentes puntos da xeografía española, segundo o proxecto a desenvolver.
Durante o primeiro semestre do ano. Durante os 15 días seguintes a publicación da convocatoria no BOE.
Proceso de selección
Para máis información: http://www.aemet.es/es/portada
Duración e contía
Ata decembro do ano seguinte a convocatoria, con posibilidade de prórroga por un período de ata 24 meses (sempre que exista orzamento dispoñible). A contía mensual prevista é de 1150 euros.
114
BOLSAS DO INSTITUTO DE ASTROFÍSICA DE CANARIAS
Síntese
O IAC fai pública anualmente unha convocatoria a nivel mundial onde se ofrecen seis bolsas destinadas a mozas con titulación universitaria superior recente, preferentemente en Física (e ocasionalmente en Matemáticas ou Enxeñería), para realizar a tese doutoral en Astrofísica e nas técnicas relacionadas con ela baixo a supervisión dun doutor. Poderán ser doutorandos do IAC con Bolsa Externa aqueles solicitantes que, habéndose presentado á convocatoria de bolsas para Astrofísicos Residentes e Bolseiros Internacionais, non sexan seleccionados como tales, pero si considerados adecuados para ser admitidos en caso de conseguir unha Bolsa Externa.
Requisitos
Tamén poderán quedar aceptados como doutorandos do IAC/DÁ outros licenciados que non habéndose presentado á convocatoria de bolsas para Astrofísicos Residentes, obteñan unha Bolsa Externa e sexan aceptados pola Comisión de Ensino por posuír un CV equivalente aos contemplados no texto completo da convocatoria.
Lugar
Illas Canarias
Prazos de solicitude
No último semestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
Máis información en: http://www.iac.es
Estas bolsas son renovables anualmente ata un máximo de 4 anos. Os dous primeiros anos teñen un carácter de bolsa e os dous últimos un carácter de contrato laboral.
131
PARQUE CIENTÍFICO DE MADRID – BOLSAS PCM EN EMPRESAS
Síntese
O obxecto de garantir unha formación de calidade, a actividade da bolsa está rexida por un programa científico, ademais, noméase un titor profesional e un titor académico para a supervisión do plan de formación establecido. A experiencia adquirida e os labores levados a cabo polo bolseiro quedan certificadas por un informe final de actividade.
Requisitos
Os candidatos deben ser alumnos recentemente titulados (ata dous anos desde que obtivesen o título académico) que carezan de experiencia laboral na área obxecto da bolsa
Lugar
Prazos de solicitude
Proceso de selección
Duración e contía
114
Parque Científico de Madrid
As ofertas de prácticas publícanse durante todo o ano.
Máis información en: http://www.fpcm.es As bolsas teñen unha duración máxima de 12 meses a xornada completa e unha retribución bruta de 1.000 euros mensuais.
BOLSAS DE INVESTIGACIÓN SOBRE O PATRIMONIO CULTURAL
Síntese
A Fundación Patrimonio histórico de Castela e León co propósito de contribuír ao fomento da investigación científica no eido do patrimonio cultural de Castela e León outorga 3 bolsas de investigación. Ser cidadán da UE.
Requisitos
Ser licenciado en calquera centro da Comunidade Autónoma de Castela e León ou ben ser licenciado en outras Comunidades Autónomas e estar matriculado en cursos de especialización ou de doutorado en calquera dos centros de Castela e León. Acreditar a aceptación do director da investigación e a autorización do centro onde vaia a realizarse a mesma.
Lugar
Nun departamento ou instituto universitario, nun instituto do CSIC ou noutros centros de investigación debidamente recoñecidos e situados na Comunidade Autónoma de Castela e León.
Prazos de solicitude
No primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
Valoración da adecuación dos proxectos aos fins da convocatoria. Para máis información: http://www.fundacionpatrimoniocyl.es/SEMI.asp?id=537
A duración prevista é de 2 anos naturais coa posibilidade dunha prórroga por un ano máis. A contía anual prevista por bolsa é de 24.000 euros.
133
CONVOCATORIA DE CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN FUNDACIÓN LA FE
Síntese
O Instituto de Investigación Sanitaria A Fe en colaboración coa Fundación Bancaja, promoven a presente convocatoria de contratos para a realización de Proxectos de Investigación no Hospital Universitario e Politécnico A Fe, dirixidos a Post-Residentes que completen o seu ciclo formativo en calquera hospital do territorio nacional.
Requisitos
Poderán ser beneficiarios da presente convocatoria os españois, os nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea e os estranxeiros con permiso de residencia, que finalicen en 2011, ou finalicen no ano 2010, o seu período de formación especializada regulada en calquera hospital do territorio nacional.
Lugar
O Instituto de Investigación Sanitaria La Fe
Prazos de solicitude
A convocatoria publicase no primeiro semestre do ano.
Proceso de selección
A valoración dos candidatos farase de acordo cos seguintes criterios en dúas fases de selección e elixibilidade e teranse en conta: Expediente académico da licenciatura. Nº artigos científicos indexados. Factor de Impacto e citacións dos artigos científicos indexados. Participación en proxectos públicos competitivos Para máis información: http://becas.com/beca-VI-Convocatoria-de-Contratos-de-Investigacion-Fundacion-La-Fe-2011_32072.html
Duración e contía
114
A contía do contrato será de 29.000 euros brutos anuais, que serán aboados en contas de Bancaja a nome dos beneficiarios.Para a estancia no estranxeiro poderá solicitarse unha axuda adicional de ata 3.000 euros en concepto de bolsa de viaxe. Os contratos teñen duración anual, podendo prorrogarse ata un máximo de 3 anos, tras informe favorable previo.
• NO ESTRANXEIRO: PROGRAMA VULCANUS
Síntese
O programa consiste na realización de prácticas industriais para estudantes da UE en Xapón.
Ser cidadán da UE Requisitos
Ser estudante de Enxeñería ou Ciencias (debe estar polo menos no terceiro ano) nunha universidade da UE. Posuír un bo coñecemento de inglés.
Lugar
En empresas de Xapón.
Prazos de solicitude
As datas de realización das prácticas van dende setembro a agosto. A publicación da convocatoria realizase a finais/comezo do ano.
Proceso de selección
Realizarase en base ao expediente académico, opinións dos profesores, aos coñecementos de inglés, a súa actitude fronte as relacións da UE con Xapón e a súa capacidade de adaptación. Para máis información: http://www.eu-japan.eu/global/vulcanus-in-japan.html
Duración e contía
A duración é de 12 meses. A contía anual é aproximadamente duns 20.000 euros.
135
BOLSAS DE POSGRAO PARA ENXEÑERÍA DE AUTOMOCIÓN DEPORTIVA
Síntese
O programa de Bolsas Cajastur Fernando Alonso de Automoción, convoca catro bolsas para Enxeñeiros españois co fin de que poidan estudar na prestixiosa Oxford Brookes University de Gran Bretaña estudos de posgrao nas especialidades de MSc Motorsports Engineering e o MSc Racing Engine Design. Ter nacionalidade española
Requisitos
Estar en posesión do título de Enxeñeiro superior por unha universidade española, obtido con posterioridade ao 2007, ou ben cursar o último ano de carreira. Ter bo dominio do inglés. Non estar en posesión doutra bolsa no momento de comezar a ser beneficiario desta bolsa.
114
Lugar
Na prestixiosa Oxford Brookes University de Gran Bretaña.
Prazos de solicitude
No segundo trimestre do ano.
Proceso de selección
Un comité de expertos valorará as candidaturas e someterá a entrevista aquelas que conten cun maior apoio. Para máis información: http://www.cajastur.es/promociones/fernandoalonso/becas/index.html
Duración e contía
A duración máxima é dun ano. A contía prevista é de 25.000 euros máis os custos da matrícula na universidade destino.
BOLSAS UNESCO XAPÓN PARA MOZOS INVESTIGADORES Síntese
Outórganse 20 bolsas a candidatos meritorios procedentes de países en desenvolvemento membros da UNESCO, en particular dos países menos desenvolvidos (PMA), que desexen iniciar unha labor de investigación relacionada cun ou máis dos campos enumerados a continuación. Ser titulares dunha mestría ou título equivalente Levar a cabo unha investigación relacionada cos seguintes temas: ambiente (en particular ciencias da auga), diálogo intercultural, TICs, solución pacífica dos conflitos.
Requisitos
Posuír un alto potencial intelectual Estar admitido por un titor no país anfitrión para levar a cabo a investigación. A idade máxima é de 40 anos. Dominar o idioma no que se imparta a información do país proposto.
Lugar
Nun país membro da UNESCO diferente ao do candidato.
Prazos de solicitude
No primeiro trimestre do ano. Un comité de expertos nas materias anteriormente relacionadas será o encargado de avaliar as solicitudes. Así mesmo, os candidatos seleccionados recibirán unha carta de confirmación da bolsa.
Proceso de selección
Para máis información: http://portal.unesco.org/es/ev.php-URL_ID=14635&URL_DO=DO_TOPIC&URL_SECTION=201.html
Duración e contía
A duración varía entre 3 a 9 meses. E a contía varía entre 6.000 e 10.000 dólares estadounidenses.
137
CENTRO COMÚN DE INVESTIGACIÓN
Síntese
O Centro Común de Investigación convoca dúas veces ao ano bolsas de prácticas científicas remuneradas (de temática relacionada coa actividade da institución) para titulados universitarios, estudantes de posgrao ou prácticas incluídas no plan de estudos. Estudantes licenciados da Unión Europea máis os países asociados ao Programa.
Requisitos
Lugar
Dominio de polo menos dous idiomas da UE, un debe de ser o francés, o inglés ou o alemán e o segundo idioma o nivel debe de ser mínimo de C2. Nas diferentes sedes do Centro Común de Investigación da UE (Bélxica, Alemaña, Holanda, España e Italia). Hai dous prazos ao ano para cubrir os dous períodos de prácticas: dende o 1 de marzo ao 31 de xullo e dende o 1 de outubro ao 1 de febreiro.
Prazos de solicitude
Para máis información: http://ec.europa.eu/dgs/jrc/index.cfm?id=3720&lang=en
Proceso de selección
Duración e contía
114
No proceso de selección valorarase o expediente académico e o coñecemento de idiomas.
A duración é de entre tres e doce meses e a contía varía segundo períodos.
11
Idiomas
BOLSAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E CIENCIA
Síntese
O Ministerio de Educación convoca anualmente varias liñas de axudas para facer cursos de verán de inglés, francés e alemán no estranxeiro. Para máis información: http://www.educacion.es/educacion/becas-y-ayudas.html Requisitos: ter entre 16 e 30 anos e ter a condición de bolseiro da convocatoria xeral do MEC. Axuda: entre 1.200 e 2.600 €, en función do país de destino. Concepto: realización dun curso de lingua inglesa no estranxeiro, dende o 1 de xuño ao 30 de novem-
Inglés
bro, dun mínimo de tres semanas e 15 horas lectivas semanais.
Universitarios:
Non universitarios:
Requisitos: estar matriculado en estudos uni- Requisitos: Estar cursando ensinanzas non universi-
Francés
tarias e ser bolseiro do MEC. Aprobar totalmente o versitarios ou ensinanzas artísticas superiores curso anterior coa nota media requirida. e ter a condición de bolseiro da convocatoria xeral do MEC. Axuda: 1.700€ Axuda: 1.700€ Concepto: estancia e realización dun curso de lingua francesa no estranxeiro, dende o 1 de xuño ao 30 de Concepto: realización dun curso de lingua novembro, dun mínimo de tres semanas e 15 horas francesa no estranxeiro, dende o 1 de xuño lectivas semanais. ao 30 de novembro, dun mínimo de tres semanas e 15 horas lectivas semanais. Universitarios:
Non Universitarios:
Requisitos: estar matriculado en estudos uni- Requisitos: Estar cursando ensinanzas non universi-
Alemán
140
versitarios ou ensinanzas artísticas superiores tarias e ser bolseiro do MEC. Aprobar totalmente o e ter a condición de bolseiro da convocatoria curso anterior coa nota media requirida. xeral do MEC. Axuda: 1.700€ Axuda: 1.700€ Concepto: estancia e realización dun curso de lingua Concepto: realización dun curso de lingua francesa no estranxeiro, dende o 1 de xuño ao 30 de alemá no estranxeiro, dende o 1 de xuño ao novembro, dun mínimo de tres semanas e 15 horas 30 de novembro, dun mínimo de tres semalectivas semanais. nas e 15 horas lectivas semanais.
BOLSAS PARA CURSOS DE AUXILIARES DE CONVERSACIÓN DE LINGUA ESPAÑOLA NO ESTRANXEIRO DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
Síntese
A través deste programa foméntase o coñecemento e a difusión da lingua e a cultura españolas no exterior (Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Canadá, Estados Unidos, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Nova Zelandia, Portugal e Reino Unido), tanto a través dos auxiliares de conversación españois que van destinados aos mencionados países, como dos auxiliares de conversación estranxeiros que se incorporan a centros educativos españois, que acaban adquirindo un alto dominio do español e un profundo coñecemento da cultura española. Ter nacionalidade española.
Requisitos
Ser estudantes de último curso ou estar en posesión dunha titulación das diplomaturas, licenciaturas ou graos que se relacionan na convocatoria. Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio das súas funcións como Auxiliar de Conversación.
Lugar
Difire en función da opción elixida.
Prazos de solicitude
Último semestre do ano. Valóranse: Currículo Vitae da persoa solicitante,expediente académico e entrevista persoal.
Proceso de selección
Máis información: http://www.educacion.gob.es
Duración e contía
Tanto o número de prazas como os países participantes poden sufrir variacións en función da planificación das autoridades educativas dos países participantes.
141
BOLSAS DA XUNTA DE GALICIA
Síntese
A Xunta de Galicia convoca anualmente varias liñas de axudas para facer cursos de idiomas no estranxeiro a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Idiomas: alemán, francés, inglés, ruso, italiano, árabe, portugués e chinés. Requisitos: ter entre 16 e 30 anos. Será necesaria a admisión previa da escola correspondente. A axuda non cubre os gastos de viaxe nin
D.X. de Xuventude e Voluntariado
desprazamentos.
Concepto: realización dun curso de idiomas en calquera das escolas que aparecen na Guía da Dirección
Xeral de Xuventude.
Máis información na guía publicada pola D.X. de Xuventude: http://xuventude.xunta.es/ensino-e-bolsas.html Axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa da Universidade Internacional Menén-
dez Pelayo.
Requisitos: menores de 30 anos. Ser alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non uniConsellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
versitarios ou ben alumnado universitario..
Os cursos, tanto na modalidade de Axilidade Oral como de Inglés especializado, terán unha duración de
cinco días.
Terán preferencia para la obtención destas axudas os solicitantes que non foran beneficiarios destas axu-
das nos anos anteriores.
http://www.edu.xunta.es/web/node/3789
142
BOLSAS PARA O PROFESORADO
Síntese
O ensino de idiomas amósase como un obxectivo básico no sistema educativo actual e, con este fin, é preciso mellorar as competencias lingüísticas dos docentes. Convoca actividades formativas a realizar en Francia, Irlanda, Reino Unido, Alemaña, Portugal e España,
coa oferta de cursos de formación e de estadías de integración do profesorado.
Requisitos: ser funcionario de carreira e estar en situación de servizo activo. Nalgúns casos cómpre ser Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
docente dalgunha lingua estranxeira.
Axuda: os gastos de docencia, desprazamento, aloxamento e xantar nos días lectivos de cada unha das
actividades serán financiados directamente pola Consellería.
O profesorado poderá solicitar dous tipos de actividades que durarán dúas semanas: cursos (durante o
mes de xullo) e estadías de integración (durante as dúas primeiras semanas do curso).
Adoitan publicarse no DOG no primeiro trimestre do ano. Selecciónanse profesores/as para participar nun dos itinerarios de formación. O primeiro supón a in-
mersión no país de destino (Reino Unido, Canadá, Francia ou Estados Unidos) durante tres semanas. O segundo implica unha integración durante 4 semanas en Estados Unidos ou Canadá.
Requisitos: profesorado de idiomas de educación infantil, primaria e profesorado do CLIL (Content and
Language Integrated Learning) implicado no Plan de Seccións Bilingües.
Programa PALE
A actividade será co- financiada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e polo Minis-
terio de Educación en virtude dun convenio de colaboración.
143
LECTORADOS
Síntese
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e a Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento convocan anualmente lectorados en universidades estranxeiras. Ter a nacionalidade española. Ser licenciado ou doutor por unha universidade española en: Filoloxía, Lingüística, Teoría da Literatura,
Tradución e Interpretación ou Humanidades.
Formación específica na didáctica do español. Requisitos
Experiencia docente da lingua española e/ou da literatura en español. Coñecementos da lingua oficial do país de destino ou doutra aceptada para a comunicación universitaria. Non superar os 35 anos de idade. Non ter sido lector MAEC-AECID nos tres cursos inmediatamente anteriores.
Duración e contía
Convocatoria
Abranguen un curso académico, pero pódese solicitar a renovación ata un total de tres anos. Contemplan unha axuda para a viaxe e mensualidades entre 1.300€ e 1.850€ segundo o destino.
Durante o primeiro trimestre do ano no Boletín Oficial do Estado. http://www.aecid.es/es/convocatorias/becas/
144
LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS
Síntese
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca anualmente prazas para realizar lectorados en universidades españolas e estranxeiras interesadas na promoción e difusión da lingua galega. Estar en posesión da nacionalidade española ou de calquera dos Estados membros da Unión Europea. Ser licenciado en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica (na subsección de galego- portugués), Filoloxía
Requisitos
Románica (sempre que a primeira ou segunda lingua románica escollida fose o galego) ou Tradución e Interpretación.
Non exercer ou ter exercido coma profesor bolseiro de lingua, literatura e cultura galegas nin ter gozado
de praza en convocatorias públicas anteriores.
España: Madrid, Barcelona, Granada e Bilbao. Portugal: Faro e Braga. Lugar
Alemaña: Heidelberg. Italia: Padua e Roma. Prazos de solicitude
Adoita publicarse no DOG a mediados do ano.
Proceso de selección
A comisión examinará os méritos dos interesados valorando a súa formación, actividade docente, experiencia e proxecto presentado. Tamén se inclúe unha entrevista persoal.
Duración e contía
A duración é dun curso académico, aínda que se poderá ir renovando sucesivamente ata completar unha estadía máxima de tres anos. A contía ascenderá aproximadamente a 1.125 euros en centros españois e 1.280 nos estranxeiros.
145
ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS
Síntese
As Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) son centros públicos especializados no ensino de idiomas. Tamén imparten cursos monográficos e de verán. A Coruña: alemán, árabe, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso,
chinés e xaponés. Conta con seccións en Carballo, Culleredo e Cee.
Ferrol: alemán, francés, galego, inglés, portugués e italiano. Conta cunha sección en Cedeira. Santiago de Compostela: alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués.
Conta con seccións en Negreira, Ordes, Noia, Ribeira e Sar.
Vilagarcía de Arousa: alemán, inglés, francés, italiano e portugués. Lugo: alemán, galego, portugués, italiano, francés e inglés. Monforte de Lemos: alemán, francés, inglés e italiano. Ribadeo: francés, inglés, alemán e italiano. Centros e idiomas
Viveiro: alemán, francés, inglés e italiano. Ourense: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Pontevedra: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Conta con seccións en Lalín, A Estrada
e Pontevedra.
Vigo: alemán, francés, español para estranxeiros, galego, italiano, inglés, xaponés, chinés e portugués.
Conta con seccións en Vigo- Coia, Nigrán, Tui, Ponteareas e Cangas.
Nas EOI pódese acceder ao primeiro curso ou a un curso superior superando unha proba de nivel. O prezo é duns 100€ por idioma e ano. Tamén se pode facer unha matrícula libre para presentarse aos exames de cada un dos tres ciclos (elemental, intermedio e avanzado) sen asistir ás clases. Máis información: Matrícula
146
http://www.edu.xunta.es/web
UNIVERSIDADES GALEGAS A Universidade da Coruña (UdC) dispón dun Centro de Linguas no que se imparten cursos dos seguin-
tes idiomas: alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros.
O Centro de Linguas ten presenza tanto na Coruña coma en Ferrol. Os cursos son trimestrais, coincidindo coas estacións do ano. Os cursos regulares teñen unha duración de 30 horas lectivas e custan 166€ para o público en xeral e Universidade da Coruña
125€ para os membros da UdC.
Os cursos de conversación teñen unha duración de 15 horas lectivas e custan 125€ para o público en xeral
e 84€ para os membros da UdC.
Máis información: http://www.udc.es/centrodelinguas/ga/index.html O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela organiza todos os
anos cursos de diferentes linguas modernas: alemán, catalán, checo, galego, español, francés, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés .
O Centro de Linguas Modernas ten instalacións en Santiago e Lugo. Universidade de Santiago de Compostela
Os cursos van dirixidos, en principio, aos membros da comunidade universitaria, pero neles poden ma-
tricularse todas as persoas alleas á universidade que teñan cumpridos os 16 anos.
80 horas lectivas desde mediados de outubro ata primeiros de xuño.
Máis información: http://www.usc.es/clm O Centro de Linguas da Universidade de Vigo organiza cursos cuadrimestrais das seguintes linguas: alemán, francés, inglés, ruso, portugués, italiano, catalán, xaponés, chinés, árabe e español. Este centro está aberto aos interesados maiores de 16 anos. Tamén organiza cursos intensivos e cursos de conversación para determinadas linguas. Universidade de Vigo
Durante o verán tamén organiza cursos de idiomas. Máis información: https://bubela.uvigo.es/bubela/publico/publico.php?funcion=lista_ediciones_grupo&tab=LC&id_grupo=22
147
CURSOS DE VERÁN DE ESTUDOS ESLAVOS
Síntese
O Ministerio de Educación, Xuventude e Cultura Física da República Checa ofrece a España 7 bolsas para os Cursos de Verán de Estudos Eslavos (Praga- 2 bolsas, Brno 3 - bolsas, Olomouc - 2 bolsas).
Requisitos
Ter suficiente coñecemento da lingua checa ou doutra lingua estranxeira (inglés, alemán ou francés).
Lugar
Praga, Brno e Olomouc.
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
148
Para máis información: http://www.mzv.cz/madrid/es/cultura_becas_cursos/cursos_de_verano_de_estudios_eslavos_1.html A duración máxima prevista é dun mes. A contía cobre os gastos de aloxamento en réxime de pensión completa, a matrícula do curso e excursións.
BOLSAS EN DINAMARCA
Síntese
Requisitos
Bolsas de longa duración e bolsas de verán teñen por obxectivo o intercambio de estudantes altamente cualificados e mozos científicos que desexen cursar estudos da lingua e cultura danesa ou ben outros eidos de estudo relacionados con Dinamarca. Ser estudante de doutorado ou ben ser un mozo investigador científico, empregados en institucións de educación superior. Ser estudante de licenciatura que desexe estudar a lingua danesa, que leve estudado polo menos dous anos de dita lingua.
Lugar
Institucións de ensino superior danesas.
Prazos de solicitude
Primeiro trimestre do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
Para máis información: http://en.iu.dk/grants-and-scholarships/the-cultural-agreements-programme/cultural-agreements A bolsa de longa duración é pola duración do ano académico, namentres que a bolsa de verán durará os meses de verán. A contía da bolsa abrangue os gastos de matrícula e unha contía mensual sobre 672 euros.
149
BOLSAS PARA ESTUDAR CHINÉS DA EMBAIXADA DE TAIWAN
Síntese
Convocatoria de 3 tipos de bolsas para estudar chinés en Taiwan. Esta convocatoria de bolsas non está dirixida aos estudantes estranxeiros da mesma categoría que estudan actualmente en Taiwan, nin aos bolseiros ou beneficiarios actuais de calquera modalidade das bolsas oficiais do goberno de Taiwan, dalgún centro docente de Taiwan ou dalgún convenio académico e os programas de intercambio con algún centro docente de Taiwan, nin aos cidadáns que posúen a nacionalidade da Rep. de China (Taiwan). No entanto, si se permite solicitar a bolsa aos beneficiarios anteriores destas mesmas bolsas sempre que o período total beneficiado non supere os cinco anos.
Requisitos
Difiren segundo a opción de bolsa: nivel educativo mínimo de bacharelato e con nacionalidade española.
Lugar
Taipei, Taiwan (China)
Prazos de solicitude
Convocatoria aberta na primeira metade do ano.
Proceso de selección
Duración e contía
150
Valóranse: Currículo Vitae da persoa solicitante, expediente académico e entrevista persoal. Máis información: http://www.taiwanembassy.org As bolsas teñen unha duración máxima de 4 anos. Os estudantes dunha carreira recibirán uns 4.000 euros máximos ao ano.
BOLSAS PARA REALIZAR CURSOS DE ITALIANO PARA ESPAÑOIS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN DE ITALIA
Síntese
O Ministerio de Asuntos Exteriores do goberno italiano convoca bolsas a cidadáns españois que desexen estudar en Italia ou desexen efectuar investigacións en arquivos, centros culturais, bibliotecas, laboratorios ou cursos de idiomas.
Requisitos
Ser nacional dun dos países da UE e ter a formación requirida segundo a opción de bolsa.
Lugar
Segundo a opción, varias cidades de Italia. O prazo de solicitude remata antes de xuño.
Prazos de solicitude
Máis información: Transmisión en liña do formulario interactivo adxunto, dispoñible na web http://borseonline.esteri.it/borseonline/it/index.asp
Proceso de selección
Valóranse: Currículo Vitae da persoa solicitante, expediente académico e entrevista persoal.
Duración e contía
Varía segundo as cidades de destino.
151
CURSOS GRATIS DE LINGUA ÁRABE CON INMERSIÓN CULTURAL DA ESCOLA DE IDIOMAS DAR LOUGHAT Síntese
Os cursos serian de dous niveis: “inicial”, para alumnos sen coñecemento ningún da lingua árabe; e “medio”, para alumnos con nivel de 1º ou 2º de Filoloxía Árabe, 1º ou 2º de Escola Oficial de Idiomas ou similares, curso práctico especialmente dirixido á conversación en árabe culto moderno. Máximo de 15 alumnos por curso.
Lugar
Tetuán, Marrocos
Prazos de solicitude
152
Máis información en: http://www.cclc-morocco.org/es/index.php
EXAMES OFICIAIS DE IDIOMAS Síntese
Existe toda unha serie de exames oficiais dos principais idiomas, para todos aqueles que buscan unha forma de certificar o seu nivel nalgún deles. Cambridge. A Universidade de Cambridge propón os seguintes exames : Key English Test (KET), Preliminary English Test (PET), First Certificate in English (FCE), Certificate in Advanced English (CAE), Certificate of Proficiency in English (CPE). Ademais, a Universidade de Cambridge propón tamén outros exames específicos como os Business English Certificates. Realizan varias convocatorias ao longo do ano. http://www.cambridgeesol.org/spain/
Inglés
TOEFL. O Test of English as Foreign Language (TOEFL) proposto por ETS é o máis importante á hora de certificar os coñecementos desta lingua nos Estados Unidos. http://www.ets.org/toefl/ Trinity. Os exames do Trinity College teñen tamén un recoñecido prestixio internacional, e divídense en 12 niveis. http://www.trinitycollege.co.uk/ Alliance Française. É a asociación encargada de realizar os exames oficiais do Ministerio Francés de Educación Nacional. Na actualidade existen 6 niveis, que equivalen aos do marco común europeo de referencia. Realizan tres convocatorias de exames ao ano: en setembro, febreiro e xuño. http://www.alliancefrancaise.es/
Francés
Sorbonne. A Universidade da Sorbona, a través do SELFEE (Service des examens de langue française réservés aux étudiants étrangers) realiza exames de francés de recoñecido prestixio. http://www.paris-sorbonne.fr/en/rubrique.php3?id_rubrique=261 Goethe-Institut. Organiza os exames oficiais de alemán de maior recoñecemento internacional. O Goethe-Institut propón 14 certificados segundo os diferentes niveis. O único centro examinador en Galicia é o Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago.
Alemán
http://www.goethe.de/ins/es/lp/esindex.htm
153
PLE. O Instituto Camões propón 5 exames oficiais da lingua portuguesa (CIPLE, DEPLE, DIPLE, DAPLE, DUPLE). En Galicia encárgase de realizar os exames o Centro de Lingua Portuguesa - Instituto Camões de Vigo. Portugués
http://www.fl.ul.pt/unidades/centros/caple/ CELI. A Università per Stranieri di Perugia expide os Certificados de Coñecemento da Lingua Italiana (CELI) que van dende o nivel 1 ao 5. http://www.cvcl.it/mediacenter/FE/home.aspx
Italiano
CILS. A Università per Stranieri di Siena, pola súa parte, outorga os Certificados de Italiano como Lingua Estranxeira que van do nivel 1 ao 8. http://cils.unistrasi.it/ DELE. O Instituto Cervantes realiza os exames oficiais do Diploma de Español como Lingua Estranxeira do Ministerio de Educación. O DELE ten 6 niveis, adaptados ao marco común europeo de referencia
Español
154
http://diplomas.cervantes.es/index.jsp
12
Máis Información
INFORMACIÓN DE INTERESE EUROPASS CV EUROPEO
PASAPORTE EUROPEO DE
O CV europeo (Europass) é un documento que axuda aos cidadáns europeos a presentar as súas capa-
cidades e cualificacións persoais dunha maneira sistemática, sinxela e facilmente comprensible en toda Europa. http://europass.cedefop.europa.eu/htm/index.htm
O Europass compleméntase principalmente co Pasaporte de Linguas Europass, formulario que permite unha clara presentación e descrición dos coñecementos lingüísticos do interesado.
LINGUAS O propósito da Rede EURES é o de proporcionar servizos de información, asesoramento e contratación REDE EURES
aos traballadores e empresarios, así como a calquera cidadán que desexe beneficiarse do dereito á libre circulación das persoas. http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es
O Servizo Voluntario Europeo (SVE) apoia o traballo voluntario transnacional da xuventude. O seu SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO
obxectivo é desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade, fundamentalmente para reforzar a cohesión social na Unión Europea. http://europa.eu/legislation_summaries/other/c11602c_es.htm http://europa.eu/youth/volunteering_-_exchanges/index_eu_es.html
MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN
156
O Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación publica unha serie de guías que permiten obter unha
maior orientación na carreira profesional internacional:
http://www.maec.es/SiteCollectionDocuments/Oportunidades%20Profesionales%20OOII/GUIA_ programas.pdf
LIGAZÓNS DE INTERESE
Fundación Galicia Europa
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/
Ministerio de Educación
http://www.educacion.gob.es
Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación
http://www.maec.es
Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)
http://www.aecid.es
A Unión Europea online
http://europa.eu
Representación Permanente de España ante a Unión Europea
http://www.es-ue.org
Representación da Comisión Europea en España
http://ec.europa.eu/spain/
Axencia de Educación e Cultura da Unión Europea
http://eacea.ec.europa.eu/
Oficina do Parlamento Europeo en España
http://www.europarl.es
Portal Europeo da Xuventude
http://europa.eu/youth/
Axencia Nacional Española del Programa Xuventude en Acción (2007/2013)
http://www.juventudenaccion.injuve.es/opencms/opencms
Club Euroscola
http://www.euro-scola.com/
Carné Xove Europeo
http://www.euro26.org/
Consello da Xuventude de España (CJE)
http://www.cje.org/
157
Instituto da Xuventude en España (INJUVE)
http://www.injuve.es/
Comisión Europea, Dirección Xeral de Educación e Cultura
http://ec.europa.eu/youth/index_en.htm
Erasmus Student Network
http://www.esn.org/
EURODESK, Servizo de información sobre Europa para mozos
http://www.eurodesk.org/
EURYDICE, Rede Europea de Información Educativa
http://www.eurydice.org/
ERYICA, Páxina web dirixida a quen traballa con información xuvenil
http://www.eryica.org/
Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos
http://www.oapee.es/
European Youth Foundation (EYF)
http://www.eyf.coe.int/fej/
Foro Europeo da Xuventude
http://www.youthforum.org
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia
http://xuventude.xunta.es/
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
http://www.edu.xunta.es/ http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/
UNIVERSIA, información para universitarios
http://www.universia.es
iAgora, Prácticas e ofertas de traballo
http://www.iagora.com/::lang=es
Aloxamento compartido en Europa
http://www.colocation-europe.com/
158
Guía
de prácticas e saídas laboráis
na Unión Europea e Organizacións Internacionais