Ilma. Sra. Dª. Elena Candia López. Sres. Deputados - Deputación de

30 sept. 2015 - D. Jesus Carreira Ferreiro. D. Juan Carlos Armesto Quiroga. D. Francisco Javier .... Teijeiro Alonso Felipe. Empresa: Código: 264/2014 Nome: Ganaderia Pena ... requisitos establecidos na lexislación de seguridade. Social para ter dereito a pensión ou teña un período de carreira de cotización que lle xere.
497KB Größe 3 Downloads 50 vistas
XUNTA DE GOBERNO SESION ORDINARIA DE VINTE E CINCO DE SETEMBRO DE DOUS MIL QUINCE

(ACTA NÚMERO 38)

Presidenta: Ilma. Sra. Dª. Elena Candia López.

No Salón de Comisións do Pazo Provincial, sendo as once horas e trinta

Sres. Deputados:

minutos do día vinte e cinco de

D. Jose Antonio García López.

setembro de dous mil quince, baixo a

Dª. Mª Angeles Teijeiro González

presidencia da titular do cargo, Ilma. Sra.

D. Ramiro Moure Ansoar

Dª. Elena Candia López, reúnense os

D. José Demetrio Salgueiro Rapa

Sres. Deputados á marxe relacionados, co

D. Jesus Carreira Ferreiro

obxecto

D. Juan Carlos Armesto Quiroga

convocatoria, sesión ordinaria convocada

D. Francisco Javier Balado Teijeiro

para o efecto, para tratar os asuntos

D. José Pardo Lombao

incluidos

de

celebrar,

na

en

Orde

regulamentariamente,

en

primeira

do

Día

virtude das

Secretario:

facultades delegadas que lle confire á

D. José María Vázquez Pita

Xunta

o

Regulamento Interventora:

artigo

59

do

Orgánico

vixente desta

Corporación.

Dª. Rosa Abelleira Fernández

1

Actúa de Secretario o titular da Corporación D. José María Vázquez Pita, e asiste a Interventora Dª. Rosa Abelleira Fernández.

1.- APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ACTA DA SESIÓN ORDINARIA CELEBRADA O DÍA DEZAOITO DE SETEMBRO DOUS MIL QUINCE. Por parte do Sr. Presidente pregúntase aos Sres. Deputados, membros da Xunta de Goberno, se teñen que formular algunha observación á acta da sesión ordinaria celebrada o día dezaoito de setembro de dous mil quince, que foi distribuída entre os mesmos; e ó non presentarse emenda algunha, é aprobada por unanimidade.

2.- PROPOSTA DE APROBACIÓN, SE PROCEDE, DOS PLANS DE SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO.

Vista a proposta do Sr. Deputado Delegado, da Área de Xestión Territorial, do seguinte teor: “Vistos o plans de Seguridade e Saúde das obras que se indican, presentadas polos contratistas adxudicatarios, en cumprimento do disposto no art. 7 do R.D. 1627/1997 do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construcción, e informes emitidos polos técnicos do Servizo de Vías e Obras desta Excma. Deputación, o Deputado Delegado que suscribe propón á Xunta de Goberno que se adopte o seguinte acordo:

1º.- Aprobar os Plans elaborados para a sua aplicación nás obras que se relacionan.

2º.- Comunicar esta aprobación ós directores técnicos e contratistas, para o seu cumprimento durante a execución das obras.

2

OBRAS CUXOS PLANS DE SEGURIDADE E SAUDE SE APROBAN - Barreiros.- Rehabilitación de firme na carretera provincial LU-P-0610 “Enlace praias Altar-Reinante-Os Castros”, P.K. 5+450 ó 7+450. Contratista: Taboada e Ramos, S.L. Coordinador de Seguridade e Saúde: Hector Diéguez Aranda. - Foz.- Rehabilitación de firme na carretera provincial LU-P-2011 “Accesos de Marzán a Praias de Llas”, acceso 3, P.K. 0+080 ó 0+484 e acceso 2 P.K. 0+178 ó 0+464”. Contratista: Construcciones Leonardo Migúelez, S.L. Coordinador de Seguridade e Saúde: Hector Diéguez Aranda”.

A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta presentada.

3.- PROPOSTA DE APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A CRUZ ROJA ESPAÑOLA E ESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL, PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS NON LABORAIS AO ABEIRO DA ORDE DO 30 DE DECEMBRO DE 2014.

Visto o convenio de colaboración entre a Cruz Roja Española e esta Excma. Deputación Provincial, para a realización de prácticas non laborais ao abeiro da orde do 30 de decembro de 2014.

Por todo elo, vistos os informes dos Servizos desta Entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

3

Aprobar o texto do convenio regulador entre a Cruz Roja Española e esta Excma. Deputación Provincial, para a realización de prácticas non laborais ao abeiro da orde do 30 de decembro de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2015.

4.- PROPOSTA DE APROBACIÓN, SE PROCEDE, DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE ESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E A SOCIEDADE PROTECTORA DE ANIMAIS E PLANTAS DE LUGO, PARA A POSTA A DISPOSICIÓN DA PARCELA DENOMINADA “CODESIDO” OU “CODESIDE”, NA PARROQUIA DE MUXA (LUGO).

Vista a proposta da Presidencia, do teor literal seguinte: “Visto o Convenio de colaboración entre esta Deputación Provincial e a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo para a posta a disposición da parcela denominada “Codesido” ou “Codeside”, na parroquia de Muxa, Lugo para o cumprimento do servizo de recollida de animais abandonados, indicado no artigo 12 da lei 1/1993, de 13 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade.

Vistos así mesmo os informes dos Servizos desta Excma. Deputación, a Xunta de Goberno, por unanimidade acorda:

Aprobar o Convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e a Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo para a posta a disposición da parcela denominada “Codesido” ou “Codeside”, na parroquia de Muxa, Lugo para o cumprimento

4

do servizo de recollida de animais abandonados, indicado no artigo 12 da lei 1/1993, de 13 de abril, de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Cautividade”.

A Xunta de Goberno por unanimidade acorda

prestar aprobación á proposta

presentada.

5.- PROPOSTA DE APROBACIÓN, SE PROCEDE, DA ADENDA DE MODIFICACIÓN AO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE ESTA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL E O CONCELLO DE FONSAGRADA, PARA A CONSTRUCCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL CON CÉSPEDE ARTIFICIAL.

Vista a proposta da Presidencia, do seguinte teor literal: “Visto o convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o concello de Fonsagrada (A), onde se compromete a executar o investimento na data límite do 30 de setembro de 2015. Así mesmo na cláusula cuarta, apartado B se establece que unha vez finalice a actuación prevista e no prazo de 2 meses o concello de Fonsagrada (A) achegará conta xustificativa conxunta dos gastos realizados.

Visto que o concello de Fonsagrada (A), con data de entrada nesta Deputación 21 de setembro de 2015, solicita unha modificación do antedito convenio de colaboración, alegando que para o concello resulta imposible rematar a obra que é obxecto do antedito convenio, debido a un retraso no inicio da obra por demora no nomeamento de Dirección de Obra e Coordinador de Seguridade e Saúde.

5

Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos Servizos desta Entidade, propoño que pola Xunta de Goberno se adopte o seguinte acordo:

Aprobar a Addenda de modificación ao convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o concello de Fonsagrada (A), de tal xeito que os prazos queden do seguinte xeito:

- O prazo para executar os investimentos obxecto do convenio rematará na data límite do 30 de novembro de 2015.

- A conta xustificativa conxunta dos gastos realizados, terá que ser presentada o día 04 de decembro de 2015”.

A Xunta de Goberno, por unanimidade acorda prestar aprobación a dita proposta.

6.- CORRECCIÓN DE ERRO PRODUCIDO NA ACTA DA XUNTA DE GOBERNO DE 28 DE AGOSTO DE 2015, EN RELACIÓN COA PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DO BLOQUE XII, DESERTOS 6 DA FASE II DO BEN EMPREGADO I DOS DESEMPREGADOS ASIGNADOS A CADA ENTIDADE.

Téndose producido erro na acta da sesión da Xunta de Goberno de 28 de agosto de 2015 no asunto referido á proposta de resolución do bloque XII-desertos 6 da fase II do Ben Empregado I dos desempregados asignados a cada entidade dentro do programa de fomento de emprego e a economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo, debido a que ao reflectirse a taboa do anexo III omitíronse algún datos da mesma. Por todo elo a Xunta de Goberno por unanimidade acorda aprobar a corrección do citado erro no seguinte sentido:

6

Onde di:

Empresa:

Código:

224/2014

Nome:

Rey Vazquez Rosa María

Gr. Cot

8

Traballador Seleccionado:

Ruas Barreiro Nerea

Empresa:

Código:

135/2014

Nome:

Silva Otero Miguel Angel

Gr. Cot

8

Empresa:

Código:

215/2014

Nome:

Madeiras Casanova S.C

Gr. Cot

10

Gr. Cot

10

Gr. Cot

8

Gr. Cot

5

Gr. Cot

8

Traballador Seleccionado:

Rodriquez Garcia Jorge

Reservas:

Quiroga Rodriguez David

Traballadore Seleccionado:

Portela Anido Angel

Reservas:

Iglesias Edrosa Sigfrido Teijeiro Alonso Felipe

Empresa:

Código:

264/2014

Nome:

Ganaderia Pena Bretoña S.C

Traballador Seleccionado:

Este Código Queda Deserto

Empresa:

Nome:

Código:

148/2014

Agropepin S.L

Traballador Seleccionado:

Vidal Alonso Jonatan

Empresa:

Nome:

Código:

276/2014

Aldeas Artesans De Galicia Turismo Rural E Artesania S.L

Traballador Seleccionado:

Riveiro Dorado Maria Elsa

Reservas:

Lopez Leiton Pedreira Laura Vilar Casabella Melania Fernandez Fernandez Olga Maria Rego Freira Avelino

Debe dicir:

Empresa:

Código:

224/2014

Nome:

Rey Vazquez Rosa María

7

Ruas Barreiro Nerea

Traballador Seleccionado:

Empresa:

Código:

215/2014

Nome:

Madeiras Casanova S.C

Traballador Seleccionado:

Rodriquez Garcia Jorge

Reservas:

Quiroga Rodriguez David

Empresa:

Código:

135/2014

Nome:

Silva Otero Miguel Angel

Traballadore Seleccionado:

Portela Anido Angel

Reservas:

Iglesias Edrosa Sigfrido

Gr. Cot

10

Gr. Cot

8

Gr. Cot

10

Gr. Cot

8

Gr. Cot

5

Teijeiro Alonso Felipe

Empresa:

Código:

264/2014

Traballador Seleccionado:

Empresa:

Código:

148/2014

Nome:

Ganaderia Pena Bretoña S.C

Este Código Queda Deserto

Nome:

Agropepin S.L

Traballador Seleccionado:

Vidal Alonso Jonatan

Empresa:

Nome:

Código:

276/2014

Aldeas Artesans De Galicia Turismo Rural E Artesania S.L

Traballador Seleccionado:

Riveiro Dorado Maria Elsa

Reservas:

Lopez Leiton Pedreira Laura Vilar Casabella Melania Fernandez Fernandez Olga Maria Rego Freira Avelino

8

7.- PROPOSTA DE PROLONGACIÓN DE PERMANENCIA NO SERVIZO ACTIVO DUNHA TRABALLADORA DO CADRO DE PERSOAL LABORAL FIXO.

Vista a proposta presentada polo Sr. Deputado Delegado de Área de Goberno Interior, Asistencia e Cooperación cos Concellos, do teor literal seguinte: “Visto que o pasado 8 de xullo do 2015, dona María Rosa Canto Reboredo, nacida o 26 de setembro de 1948, integrante do cadro de persoal laboral fixo desta Entidade dende o 30 de xuño do 1990 (con recoñecemento de servizos previos dende o 1 de setembro do 1987), grupo A, subgrupo A2, no posto de traballo de Arquiveira- Bibliotecaria, encadrada na Unidade de Arquivo; presentou un escrito dirixido á Presidencia desta Entidade, no que solicita: “lle sexa concedida a prórroga na situación de servizo activo”, é dicir, prolongar un ano máis a súa permanencia no servizo activo.

Resultando que no ano 2014, por acordo da Xunta de Goberno, de data 5 de setembro do 2014, concedéuselle á citada traballadora a prolongación do servizo activo ata o 26 de setembro do 2015, por quedar constatado que non tiña, na data de cumprimento da idade de 65 anos, carreira de cotización á Seguridade Social suficiente (14 anos e 178 meses, é dicir, menos de 29 anos).

Tendo presente o disposto na lexislación xeral aplicable e o prevido no texto do acordo da MXN de 14 de novembro do 2013, sobre a xubilación, cabe sinalar os seguintes aspectos relevantes:

-

A prolongación do servizo activo debe ser tramitada cando medie solicitude

9

expresa do traballador ou traballadora, condición que opera de tal xeito que, de non producirse esta, deberase declararse a xubilación forzosa de oficio ao cumprir o funcionario os sesenta e cinco anos de idade.

- A prolongación do servizo activo debe ser aceptada cando a persoa funcionaria ou laboral da Entidade non reúna os requisitos establecidos na lexislación de seguridade Social para ter dereito a pensión ou teña un período de carreira de cotización que lle xere dereito a pensión con mingua retributiva.

- A prolongación do servizo activo pode ser aceptada cando sexa de interese para a Entidade dende o punto de vista organizativo, do seu funcionamento e sexa considerada como necesaria para o cumprimento dos seus obxectivos.

- Outros factores a considerar, ademais das necesidades organizativas e funcionais, para determinar, de xeito obxectivo, a procedencia de conceder ou denegar a solicitude de prolongación de permanencia no servizo activo son a avaliación do desempeño recibida pola persoa solicitante e o absentismo observado durante o ano inmediatamente anterior á data da solicitude.

Considerando que se acredita a existencia de parámetros obxectivos e suficientes que xustifican a decisión, e vistos os informes dos Servizos desta Entidade, proponse á Xunta de Goberno, a adopción do seguinte acordo:

Atender á pretensión da empregada provincial dona María Rosa Canto Reboredo de prolongar a permanencia no servizo activo, por un ano, é dicir, ata o 26 de setembro do 2016”.

10

A Xunta de Goberno por unanimidade acorda prestar aprobación á proposta presentada.

8.- PROPOSTA DE NOMEAMENTO, PARA PROVEER DIVERSAS PRAZAS DO CADRO DE PERSOAL

FUNCIONARIO DESTA ENTIDADE,

CORRESPONDENTES Á OFERTA DE EMPREGO PARA OS ANOS 2008 E 2015.

Vista a proposta presentada polo Sr. Deputado Delegado de Área de Goberno Interior, Asistencia e Cooperación cos Concellos, do teor literal seguinte: “Celebrados os procedementos selectivos de Técnico de Administración Xeral, Técnico Superior en Ciencias Económicas e Empresariais, Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Técnico Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede e Arquitecto, cuxas bases se fixeron públicas no Boletín Oficial da Provincia nº 67 de 24 de marzo de 2015; no caso do procedemento selectivo de Arquitecto, as bases publicaronse no Boletín Oficial da Provincia, nº 66 do 23 de marzo de 2011, publicándose unha corrección das mesmas no BOP nº 75 de 2 de abril de 2011.

Vistas as propostas dos Tribunais Cualificadores; Visto que os aspirantes presentaron a documentación á que se refire o punto 13.1 das Bases Xerais que rixen as Convocatorias, cumprindo, polo tanto os requisitos esixidos nas respectivas convocatorias, esta Presidencia, en representación do Tribunal Cualificador e de acordo co punto 14.1 das Bases Xerais, propón á Xunta de Goberno a resolución definitiva dos procedementos selectivos sinalados, e:

Nomear a D. Javier Arias Fouz,

para ocupar a praza

nº 6 de Técnico/a de

Administración Xeral, Escala de Administración Xeral, Subescala Técnica, Grupo A, 11

Subgrupo A1(artigo 56 da lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público-EBEP) do Cadro de Persoal Funcionario, correspondente á Oferta de Emprego do ano 2015, cuxas bases se fixeron públicas no Boletín Oficial da Provincia número 67, de 24 de marzo de 2015.

Nomear a D. Manuel Carramal Silva, para ocupar a praza nº 858 de Técnico/a Superior Ciencias Económicas e Empresarias, Escala de Administración Especial, Subescala Servizos Especiais, Clase, Prazas Cometidos Especiais, Grupo A, Subgrupo A1 (Artigo 56 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado PúblicoEBEP) do Cadro de Persoal Funcionario, correspondente á Oferta de Emprego do ano 2015, cuxas bases se fixeron públicas no Boletín Oficial da Provincia número 67, de 24 de marzo de 2015.

Nomear a D. Luis Gil Díez, para ocupar a praza nº 845 de Técnico/a Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Auxiliares, Grupo B (Artigo 56 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público – EBEP) do Cadro de Persoal Funcionario, correspondente á Oferta de Emprego do ano 2015, cuxas bases se fixeron públicas no Boletín Oficial da Provincia número 67 de 24 de marzo de 2015.

Nomear a D. Pablo Rodríguez Fernández, para ocupar a praza nº 737 de Arquitecto, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores Grupo A, Subgrupo A1(artigo 56 da lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público-EBEP) do Cadro de Persoal Funcionario, correspondente á Oferta de Emprego do ano 2008, cuxas bases se fixeron públicas no Boletín Oficial da Provincia número 066, de 23 de marzo de 2011, BOP corrección nº 75 de 2 de abril de 2011.

12

Nomear a D. Darío Ferreiro Otero, para ocupar a praza nº 326 de Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, Técnicos Superiores Grupo A, Subgrupo A1 (artigo 76 da lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público-EBEP) do Cadro de Persoal Funcionario, correspondente á Oferta de Emprego do ano 2015, cuxas bases se fixeron públicas no Boletín Oficial da Provincia número 67, de 24 de marzo de 2015”.

A Xunta de Goberno, por unanimidade, acorda prestar aprobación a proposta presentada.

9.-

COMPARECENCIA

NO

RECURSO

CONTENCIOSO

ADMINISTRATIVO Nº 233/2015-J.

Visto o escrito remitido polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, polo que se reclama a esta Entidade, entre outros, o expediente administrativo do recurso nº 233/2015-J, interposto por Alcor Seguridad, S.L., fronte a resolución da Presidencia desta Excma. Deputación Provincial de data 13 de maio de 2015, en resposta ó escrito presentado pola recurrente, relativo á reclamación do pago da factura con data 31 de marzo de 2014, correspondente aos servizos de vixilancia prestados no Museo Provincial de Lugo; vista así mesmo a proposta da Asesoría Xurídica desta Deputación, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

1º.- A comparecencia desta Entidade no recurso Contencioso Administrativo referenciado.

2º.- A remisión do expediente ao Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, pola Unidade Administrativa encargada da súa elaboración. 13

3º.- O emprazamento, de ser preciso, de todos os que aparezan como interesados no procedemento.

10.-

COMPARECENCIA

NO

RECURSO

CONTENCIOSO

ADMINISTRATIVO Nº 234/2015-P.

Visto o escrito remitido polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, polo que se reclama a esta Entidade, entre outros, o expediente administrativo do recurso nº 234/2015-P, interposto por D. Fernando Carlos López Domínguez, fronte a esta Entidade, por desestimación presunta da reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por danos ocasionados no vehículo cando circulaba pola LU-P-4102, debido á existencia dunha rama de árbore na calzada; vista así mesmo a proposta da Asesoría Xurídica desta Deputación, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

1º.- A comparecencia desta Entidade no recurso Contencioso Administrativo referenciado.

2º.- A remisión do expediente ao Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Lugo, pola Unidade Administrativa encargada da súa elaboración.

3º.- O emprazamento, de ser preciso, de todos os que aparezan como interesados no procedemento.

11.- COMUNICACIÓNS DA PRESIDENCIA.

Non se presentan.

14

12.-

ROGOS

E

PREGUNTAS

REGULAMENTARIAMENTE

FORMULADOS.

Non se formulan polos señores Deputados.

ASUNTOS

DE

URXENCIA

Fóra da Orde do Día, e previa declaración de urxencia acordada por unanimidade, adoptouse o seguinte acordo:

Aprobación, se procede, de convenios de colaboración con distintos concellos.

Primero.- Proposta relativa ao convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o Concello de Baralla.

Visto o convenio de colaboración entre esta Excma.Deputación Provincial e o concello de Baralla para a realización dos seguintes investimentos:

INVESTIMENTO Instalacións deportivas na área fluvial de Baralla: Piscina municipal, instalacións, depuración e saneamento e urbanización Fondos achegados pola Deputación Fondos propios do concello TOTAL

ORZAMENTO 403.715,45 € 21.248,18 € 424.963,63 €

De acordo co establecido no artigo 36 LBRL modificado pola LRSAL establece que unha competencia propia desta Deputación é a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito. No mesmo senso se pronuncia o artigo 109 da lei de Administración Local de Galicia, ao sinalar que é 15

competencia propia da Deputación, en calquera caso, en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia, subliñando que as competencias propias das Deputacións son ademais das atribuídas polas leis do Estado, as asignadas no mesmo concepto polas leis das Comunidades Autónomas (artigo 36.1 LBRL na súa vixente redacción).

Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos servizos desta entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

1º.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e o concello de Baralla.

2º.- Aprobar o gasto en concepto de achega económica, por parte desta Deputación, para o financiamento das actuacións contempladas no convenio, na cláusula cuarta, apartado A, que ascende á cantidade de 403.715,45 €, correspondendo á anualidade 2015 o importe de 12.715,45 €, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, é dicir, 11.443,90 €. A Deputación adquire o compromiso, supeditado ao cumprimento do principio de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, de incluír no orzamento da anualidade 2016 a cantidade de 119.000,00 €, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, é dicir, 107.100,00 €, previa solicitude e unha vez xustificada a totalidade da anualidade 2015. Para a anualidade 2017 supeditado ao cumprimento do principio de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira a Deputación se compromete a incluír no orzamento da anualidade 2017 a cantidade de 102.000,00, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, a cantidade de 91.800,00 €, previa solicitude e unha vez xustificada a anualidade 2016. Con respecto á anualidade 2018 a Deputación se compromete a incluír nos seus orzamentos a cantidade de 85.000,00 € co anticipo con dispensa de garantía do 90%, por importe de 76.500,00 €, unha vez xustificada a totalidade da anualidade 2017, así mesmo se compromete a incluír nos orzamentos da anualidade 2019 os 85.000,00 €

16

restantes, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, é dicir a cantidade de 76.500,00 € unha vez xustificada a totalidade da anualidade 2018, tanto na anualidade 2018 como na anualidade 2019 queda supeditado ao cumprimento do principio de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira.

Segundo.- Proposta relativa ao convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o Concello de Mondoñedo.

Visto o convenio de colaboración entre esta Excma.Deputación Provincial e o concello de Mondoñedo para a realización dos seguintes investimentos: INVESTIMENTO Rehabilitación Casa Museo Álvaro Cunqueiro Fondos achegados pola Deputación Fondos propios do concello TOTAL

ORZAMENTO 308.448,98 € 16.234,16 € 324.683,14 €

De acordo co establecido no artigo 36 LBRL modificado pola LRSAL establece que unha competencia propia da Deputación é a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito. No mesmo senso se pronuncia o artigo 109 da lei de Administración Local de Galicia, ao sinalar que é competencia propia da Deputación, en calquera caso, en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia, subliñando que as competencias propias das Deputacións son ademais das atribuídas polas leis do Estado, as asignadas no mesmo concepto polas leis das Comunidades Autónomas (artigo 36.1 LBRL na súa vixente redacción). Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos servizos desta entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

17

1º.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e o concello de Mondoñedo.

2º.- Aprobar o gasto en concepto de achega económica, por parte desta Deputación, para o financiamento das actuacións contempladas no convenio, na cláusula cuarta, apartado A, que ascende á cantidade de 308.448,98 €, correspondendo á anualidade 2015 o importe de 9.500,00 €, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, é dicir, 8.550,00 €. E que a Deputación adquire o compromiso, supeditado ao cumprimento do principio de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, de incluír no orzamento da anualidade 2016 a cantidade de 170.800,00 €, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, é dicir, 153.720,00 €, previa solicitude e unha vez xustificada a totalidade da anualidade 2015. E para a anualidade 2017 supeditado ao cumprimento do principio de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira a Deputación se compromete a incluír no orzamento da anualidade 2017 os 128.148,98 € restantes, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, a cantidade de 115.334,09 €, previa solicitude e unha vez xustificada a anualidade 2016.

Terceiro.- Proposta relativa ao convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o Concello de O Saviñao

Visto o convenio de colaboración entre esta Excma.Deputación Provincial e o concello de O Saviñao para a realización dos seguintes investimentos: INVESTIMENTO Adquisición de segadora auto – propulsada Kubota G26 – HD de 26 CV Fondos achegados pola Deputación Fondos propios do concello TOTAL

ORZAMENTO 22.990,00 € 1.210,00 € 24.200,00 €

18

De acordo co establecido no artigo 36 LBRL modificado pola LRSAL establece que unha competencia propia da Deputación é a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito. No mesmo senso se pronuncia o artigo 109 da lei de Administración Local de Galicia, ao sinalar que é competencia propia da Deputación, en calquera caso, en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia, subliñando que as competencias propias das Deputacións son ademais das atribuídas polas leis do Estado, as asignadas no mesmo concepto polas leis das Comunidades Autónomas (artigo 36.1 LBRL na súa vixente redacción).

Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos servizos desta entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

1º.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e o concello de Saviñao (O).

2º.- Aprobar o gasto en concepto de achega económica, por parte desta Deputación, para o financiamento das actuacións contempladas no convenio, na cláusula cuarta, apartado A, que ascende á cantidade de 22.990,00 €, co aboamento anticipado do 90% sobre o custo total, con dispensa de garantía, é dicir o anticipo de 20.691,00 €.

Cuarto.- Proposta relativa ao convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o Concello de Paradela.

Visto o convenio de colaboración entre esta Excma.Deputación Provincial e o concello de Paradela para a realización dos seguintes investimentos: 19

INVESTIMENTO Reforma e ampliación do Tanatorio municipal Fondos achegados pola Deputación Fondos propios do concello TOTAL

ORZAMENTO 106.436,93 € 5.601,94 € 112.038,87 €

De acordo co establecido co artigo 36 LBRL modificado pola LRSAL establece que unha competencia propia desta Deputación é a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito. No mesmo senso se pronuncia o artigo 109 da lei de Administración Local de Galicia, ao sinalar que é competencia propia da Deputación, en calquera caso, en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia, subliñando que as competencias propias das Deputacións son ademais das atribuídas polas leis do Estado, as asignadas no mesmo concepto polas leis das Comunidades Autónomas (artigo 36.1 LBRL na súa vixente redacción).

1º.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e o concello de Paradela.

2º.- Aprobar o gasto en concepto de achega económica, por parte desta Deputación, para o financiamento das actuacións contempladas no convenio, na cláusula cuarta, apartado A, que ascende á cantidade de 106.436,93 €, co aboamento anticipado do 90% sobre o custo total, con dispensa de garantía, é dicir o anticipo de 95.793,23 €.

Quinto.- Proposta relativa ao convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o Concello de Portomarín.

Visto o convenio de colaboración entre esta Excma.Deputación Provincial e o concello de Portomarín para a realización dos seguintes investimentos:

20

INVESTIMENTO Rehabilitación interior Pazo Xeneral Paredes Fondos achegados pola Deputación Fondos propios do concello TOTAL

ORZAMENTO 55.937,35 € 2.944,07 € 58.881,42 €

De acordo co establecido co artigo 36 LBRL modificado pola LRSAL establece que unha competencia propia desta Deputación é a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito. No mesmo senso se pronuncia o artigo 109 da lei de Administración Local de Galicia, ao sinalar que é competencia propia da Deputación, en calquera caso, en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia, subliñando que as competencias propias das Deputacións son ademais das atribuídas polas leis do Estado, as asignadas no mesmo concepto polas leis das Comunidades Autónomas (artigo 36.1 LBRL na súa vixente redacción).

Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos servizos desta entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

1º.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e o concello de Portomarín.

2º.- Aprobar o gasto en concepto de achega económica, por parte desta Deputación, para o financiamento das actuacións contempladas no convenio, na cláusula cuarta, apartado A, que ascende á cantidade de 55.937,35 €, co aboamento anticipado do 90% sobre o custo total, con dispensa de garantía, é dicir o anticipo de 50.343,61 €.

Sexto.- Proposta relativa ao convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o Concello de Riotorto. 21

Visto o convenio de colaboración entre esta Excma.Deputación Provincial e o concello de Riotorto para a realización dos seguintes investimentos:

INVESTIMENTO Dotación de mobiliario local área recreativa de Ferreira Vella Fondos achegados pola Deputación Fondos propios do concello TOTAL

ORZAMENTO 61.750,00 € 3.250,00 € 65.000,00 €

De acordo co establecido co artigo 36 LBRL modificado pola LRSAL establece que unha competencia propia desta Deputación é a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito. No mesmo senso se pronuncia o artigo 109 da lei de Administración Local de Galicia, ao sinalar que é competencia propia da Deputación, en calquera caso, en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia, subliñando que as competencias propias das Deputacións son ademais das atribuídas polas leis do Estado, as asignadas no mesmo concepto polas leis das Comunidades Autónomas (artigo 36.1 LBRL na súa vixente redacción).

Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos servizos desta entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

1º.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e o concello de Riotorto.

2º.- Aprobar o gasto en concepto de achega económica, por parte desta Deputación, para o financiamento das actuacións contempladas no convenio, na cláusula cuarta, apartado A, que ascende á cantidade de 61.750,00 €, co aboamento anticipado do 90% sobre o custo total, con dispensa de garantía, é dicir o anticipo de 55.575,00 €.

22

Sétimo.- Proposta relativa ao convenio de colaboración entre esta Excma. Deputación Provincial e o Concello de Taboada.

Visto o convenio de colaboración entre esta Excma.Deputación Provincial e o concello de Taboada para a realización dos seguintes investimentos:

INVESTIMENTO Rexeneración de camiños no termo municipal de ORZAMENTO Taboada Fondos achegados pola Deputación 368.848,61 € Fondos propios do concello 19.413,08 € TOTAL 388.261,69 €

De acordo co establecido co artigo 36 LBRL modificado pola LRSAL establece que unha competencia propia desta Deputación é a cooperación no fomento do desenvolvemento económico e social e na planificación no territorio provincial, de acordo coas competencias das demais Administracións Públicas neste ámbito. No mesmo senso se pronuncia o artigo 109 da lei de Administración Local de Galicia, ao sinalar que é competencia propia da Deputación, en calquera caso, en xeral, o fomento e a administración dos intereses peculiares da provincia, subliñando que as competencias propias das Deputacións son ademais das atribuídas polas leis do Estado, as asignadas no mesmo concepto polas leis das Comunidades Autónomas (artigo 36.1 LBRL na súa vixente redacción).

Polo anteriormente exposto, vistos os informes dos servizos desta entidade, a Xunta de Goberno por unanimidade acorda:

1º.- Aprobar o convenio de colaboración entre a Excma. Deputación Provincial de Lugo e o concello de Taboada. 23

2º.- Aprobar o gasto en concepto de achega económica, por parte de Deputación, para o financiamento das actuacións contempladas no convenio, na cláusula cuarta, apartado A, que ascende á cantidade de 368.848,61 €, correspondendo á anualidade 2015 o importe de 18.442,43 €, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, é dicir, 16.598,18 €. E que a Deputación adquire o compromiso, supeditado ao cumprimento do principio de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira, de incluír no orzamento da anualidade 2016 a cantidade de 184.424,31 €, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, é dicir, 165.981,88 €, previa solicitude e unha vez xustificada a totalidade da anualidade 2015. E para a anualidade 2017 supeditado ao cumprimento do principio de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira a Deputación se compromete a incluír no orzamento da anualidade 2017 os 165.981,87 € restantes, co anticipo con dispensa de garantía do 90%, a cantidade de 149.383,68 €, previa solicitude e unha vez xustificada a anualidade 2016. E non habendo máis asuntos que tratar, a Presidenta levanta a sesión, sendo as once horas e cincuenta minutos do día de referencia, de todo o cal eu, o Secretario, certifico.

24