MÉRCORES, 12 DE XULLO DE 2017
Nº 159
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIA DE LUGO SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO Anuncio LICITACIÓN Aprobada pola Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día 30 de xuño do 2017, a proposta relativa á aprobación do prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán a contratación do servizo da asistencia técnica en coordinación de seguridade e saúde na execución das obras e/ou servizos en cuxa dirección facultativa se integre persoal do servizo de vías e obras da Deputación Provincial de Lugo. 1.
ENTIDADE ADXUDICADORA:
a)
Organismo: Excma. Deputación Provincial de Lugo.
b)
Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Fomento.
c)
Nº de expediente: EXP0012SE17-ABO.
d)
Domicilio: San Marcos, nº 8
e)
Localidade e código postal: Lugo – 27001
f)
Teléfono: 982 260 190 / 982265945 (Vías e Obras)
g)
Correo electrónico: contratació
[email protected]
h)
Dirección de Internet do perfil do contratante: http://www.deputacionlugo.org/
2.
OBXETO DO CONTRATO:
a)
Tipo: Servizos.
b)
Descrición: obxecto a contratación do servizo da asistencia técnica en coordinación de seguridade e saúde na execución das obras e/ou servizos en cuxa dirección facultativa se integre persoal do servizo de vías e obras da Deputación Provincial de Lugo, segundo o previsto nos respectivos pregos de condicións.
c)
Prazo de execución: O contrato terá unha duración máxima de vixencia de UN ANO, a partir da subscrición do contrato administrativo. O contrato poderá ser obxecto de prórroga, de conformidade co establecido no artigo 303 do TRLCSP, sen que a duración total do mesmo, incluída a prórroga, exceda de dous anos.
d)
CPV:. 71317210-8 Servicios de consultoría en salud y seguridad.
3.
TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO:
a)
Tramitación: Ordinaria.
b)
Procedemento: Aberto.
c)
Criterios de adxudicación (ver cláusula XII do PCAP):
4.
ORZAMENTO BASE DE LICITACIÓN:
O presuposto base de licitación deste contrato é o que se indica seguidamente. ANUALIDAD
PBL
IVA
TOTAL
2017
49.586,77
10.413,22
60.000,00
2018
7.211,40
1.514,39
8.725,78
2
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
Total
56.798,17
11.927,61
BOP de Lugo
68.725,78
De acordo co disposto no artigo 88 do TRLCSP, o valor estimado do contrato está determinado polo importe total do mesmo, sen incluír o IVE (incluíndo calquera forma de opción eventual e as eventuais prórrogas do contrato que neste suposto non se contemplan), polo que, tendo en conta a posibilidade de prorrogar por un ano o contrato, o valor estimado no presente contrato sería de 113.596,34 euros. 5.GARANTÍAS ESIXIDAS: a) Provisional: Non se exise. b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato. 5.
REQUISITOS ESPECÍFICOS DO CONTRATISTA:
a)
Outros requisitos: Os esixidos no prego de cláusulas administrativas.
6.
PRESENTACIÓN DE OFERTAS:
a)
Prazo: Segundo establece o artigo 159 do TRLCSP o prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais, contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia.
b)
Modalidade de presentación: Persoalmente, no rexistro da Deputación Provincial de Lugo, ou ben mediante envío por mensaxeiría ou ben en calquera das dependencias administrativas recollidas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas,dentro do prazo sinalado. No caso de envío por correo ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 16.4 da citada Lei, o interesado deberá acreditar, co resgardo correspondente, a data de imposición do envío e comunicar no mesmo día ó órgano de contratación, por fax, télex ou telegrama, a remisión da proposición.
c)
Lugar de presentación: i.
Dependencia: Rexistro da Excma. Deputación provincial de Lugo en horario de 09:00 a 14:00 de luns a venres.
ii.
Domicilio: San Marcos nº8
iii.
Localidade e código postal: Lugo, 27002.
iv.
Fax: 982260186
v. Dúbidas: : As dúbidas que se formulen os/as interesadas sobre o prego de cláusulas administrativas e/ou prescricións técnicas, deberán ser remitidas á dirección de correo electrónico
[email protected]. Só se resolverán as dúbidas formuladas durante os 6 primeiros días do prazo de presentación de propostas, data límite para presentar consultas. 2.
ADMISIÓN DE VARIANTES: Non
3.
GASTOS DE PUBLICIDADE: Por conta do adxudicatario.
En Lugo, 05 de XULLO de 2017.- O PRESIDENTE. P.D. Decreto nº 0402/2017, de data 24-02-2017. O DEPUTADO PROVINCIAL,Pablo Rivera Capón . R. 2096
SERVIZO DE RECURSOS HUMANOS Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 7 DE XULLO DE 2017 POLO QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E AS BASES ESPECÍFICAS DE SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE PEÓNS DE GRANXA DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA PRESTAR SERVIZOS COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL POR CALQUERA DAS CIRCUNSTANCIAS PREVISTAS NO ARTIGO 15.1 DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, DO 23 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES. 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. Constatándose que non hai Listaxe de Emprego Temporal de Peóns de Granxa con aspirantes dispoñibles. Considerando que no Informe- Proposta do Director da Granxa Provincial Gayoso Castro, co conforme do Deputado Delegado de Medio Rural, de 2 de xullo do 2017, queda debidamente acreditada a necesidade urxente e inaprazable de incorporar, con carácter provisional, persoal laboral temporal da categoría de PEÓNS DA GRANXA PROVINCIAL, para atender as funcións deste tipo de oficio, para cubrir as quendas de traballo,
3
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
tendo en conta que se teñen producido xubilacións de persoal e baixas médicas de longa duración; e así atender as necesidades dos animais e poder realizar os traballos estacionais que nesta época do ano aumentan de xeito considerable. Visto as características do tipo de praza/posto/emprego obxecto da mencionada Listaxe de Emprego Temporal de Peóns de Granxa, que son as seguintes: Denominación: PEÓN DA GRANXA. Clasificación: Grupo Agrupación Profesional (Disposición adicional 7ª do EBEP). Retribución: As correspondentes a un/ha praza/posto de Peón da Granxa, de categoría de entrada. 2.- Normativa de aplicación ao obxecto da convocatoria. Visto o disposto pola normativa de aplicación: - Artigo 15.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores - Artigo 19.Dous da Lei 3/2017, de 27 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017 . - Artigo 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. - Artigo 55.2 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. - Artigo 61.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público . - Artigo 27 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a selección e nomeamento dos funcionarios interinos. - Resolución de data 29 de setembro do 2009 (BOP nº 231, de 8 de outubro do 2009), modificada parcialmente pola Resolución de data 16 de decembro de 2011, pola que se aproba a modificación dos criterios polos que se rexe a incorporación de persoal temporal á Deputación provincial de Lugo (BOP nº 294, de 26 de decembro do 2011). 3.- Listaxes de aspirantes que participaron en procesos selectivos. Nestes momentos non existe listaxe ao obxecto de poder cubrir provisionalmente prazas/postos/empregos de Peón da Granxa. 4.- Efectivos a incorporar para cubrir interinamente a devandita praza/POSTO/EMPREGO DE PEÓN DA GRANXA. Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para elaborar unha Listaxe de aspirantes a prestar servizos como persoal laboral temporal, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizar as funcións correspondentes á/ao praza/posto/emprego de Peón da Granxa. Considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes suficientemente xustificada e que se trata de funcións de carácter prioritario.
efectivos está
Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 19.Dous da Lei 3/2017, de 27 de xuño, xa mencionada, en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, á Xunta de Goberno adopta o seguinte, ACORDO: 1º.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso oposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como persoal laboral temporal en prazas/postos/empregos de Peón da Granxa, para atender ás necesidades de xurdan na Granxa Provincial Gayoso Castro da Deputación Provincial, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa incorporación transitoria. Con respecto ás Bases Xerais que rexerán nestes procedementos selectivos estarase ás aprobadas pola Xunta de Goberno, na súa sesión do día 4 de decembro de 2015 e relativas á selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos á Deputación Provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados), que foron publicadas no BOP nº 289, do xoves 17 de decembro de 2015.
4
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
2º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto da confección da Listaxe de persoal laboral temporal para provistar, con carácter provisional, prazas/postos/empregos de Peón da Granxa. Lugo, 10 de xullo de 2017.- O SECRETARIO, Critobal Victor Fraga Bermejo,
BASES ESPECÍFICAS QUE REXERÁN O CONCURSO- OPOSICIÓN AO OBXECTO DE CONSTITUÍR UNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL PARA A CATEGORÍA DE PEÓN GRANXA PROVINCIAL. 1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Constitución de listaxe de aspirantes a prestar servizos temporais como PEÓN GRANXA PROVINCIAL. 2.- BASES XERAIS: No presente proceso selectivo rexerán ás aprobadas na sesión por esta Xunta de Goberno do día 4 de decembro de 2015 e publicadas no BOP nº 289 de data 17 de decembro de 2015. 3.- RELACIÓN XURÍDICA: Contratado laboral temporal, nas modalidades establecidas no art. 15.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores (ET). 4.- CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS: 4.1.- DENOMINACIÓN DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS: PEÓN DE GRANXA 4.2.- GRUPO DE ENCADRAMENTO: Grupo agrupación profesional. 4.3.- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir polo/a ocupante serán as corresponden praza/posto/emprego de PEÓN DA GRANXA PROVINCIAL,na súa categoría de “posto de entrada”.
á
5.- ADSCRICIÓN: á Granxa Provincial Gayoso Castro, unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación. 6.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: As correspondentes a un PEÓN DA GRANXA, conforme á normativa aplicable ao exercicio deste oficio; e aquelas outras funcións que ten atribuído o dito posto na Relación de Postos de Traballo, entre as que cabe sinalar: 1.- Limpar a cuadra, a sala de muxido e a zona de espera dos animais que se van a muxir utilizando a mangueira e cepillos sempre que non se poida facer con maquinaria pesada. 2.- Limpar e desbrozar marxes mediante a desbrozadora manual, fouces ou forcadas como consecuencia de non poder facelo por medios mecánicos. 3.- Colaborar nos ensilados e na tapa dos silos mediante forcadas e sachos, cando non se pode facer con medios mecánicos. 4.- Acondicionar as camas do gando mediante forquitas, rastrillos e rodos. 5.-Traslado dos animais á sala de muxido, lavado de ubres e secado, colocación de ubres para o muxido e selado de ubres. 6.-Muxir 7.- Alimentación de tenreiros lactantes e dar penso ao resto dos becerros cando non se pode facer por medios mecánicos, utilizando cubos e carretillas. 8.- Vixiar as vacas que están próximas ao parto e axudalas cando é un parto sinxelo. 9.- Controlar vacas en celo e suxeitar os animais para inseminar ou aplicar tratamentos utilizando trabadizas e cordas. 10.- Arranxar, billas é boias de bebedoiros. 11.- Reparar cercas con tenaces e arame de cercas. 12.- Calquera outra tarefa encomendada polo superior xerárquico, que sexan adecuadas para o seu perfil funcional. 7.- REQUISITOS INDISPENSABLES: 7.1.- TITULACIÓN ACADÉMICA: Non é necesario estar en posesión de ningunha das titulacións previstas no sistema educativo (Disposición adicional 7ª do EBEP). 8.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 2. 9.- PROGRAMA DE ACCESO. 9.A) MATERIAS COMÚNS. 1.- A Constitución española de 1978. Aspectos esenciais contidos na mesma.
5
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
2.- A provincia como entidade local e a Deputación Provincial de Lugo: conceptos esenciais. Dereitos e deberes do persoal laboral da Deputación Provincial de Lugo. 9.B) MATERIA ESPECÍFICAS. 3.- As rutinas do muxido e tarefas previas ao mesmo. Os exames do leite, a estimulación e as normas de colocación de pezoneiras. Remate do muxido e selados. 4.- Bioseguridade na corte, fontes de infección e formas de contaxio. 5.- A hixiene nas instalacións e do persoal manipulador de animais e alimentos. 6.- Detección do celo, ciclos e momentos de inseminación da vaca. 7.- Atención da vaca no pre-parto, parto e post-parto. Alimentación do xato recen nado e factores que interveñen na prevención de enfermidades infecciosas do xato. 8.- O ensilado. Tapado e apertura do silo. Almacenamento de herba seca. 9.- Cercas para o gando. Tipos de cercas e mantemento das mesmas. 10.- Benestar animal na explotación. Atención de animais enfermos. Lugo, 10 de xullo de 2017.- O SECRETARIO, Critobal Victor Fraga Bermejo. R. 2084
Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 23 DE XUÑO DE 2017 POLO QUE SE APROBAR A CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN DE PERSOAL AO OBXECTO DA FORMALIZACIÓN DE CONTRATO LABORAL TEMPORAL “EN PRÁCTICAS” E DA APROBACIÓN DAS BASES ESPECÍFICAS. Á vista da solicitude formulada polo Servizo de Relacións Institucionais e tendo en conta o contido do informe do Servizo de Recursos Humanos formúlase a seguinte proposta de acordo: 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar, con carácter provisional, proceso selectivo para acceder a empregos mediante a formalización de contratos laborais temporais “en prácticas”. Características dos empregos obxecto da convocatoria: DENOMINACIÓN DO EMPREGO
TÍTULO ACADÉMICO
Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia turísticas
Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia turísticas
Nº EMPREGOS 1
2.- MOTIVACIÓNS. A presente convocatoria xustificase na: a) Vontade da Deputación Provincial de Lugo de vinculación e colaboración coas finalidades formativas e de inserción profesional no mercado laboral dos/as traballadores que posúen titulacións académicas e carezan das experiencias no ámbito funcional daquelas. b) Necesidade, urxencia e inaprazabilidade da incorporación de efectivos co obxectivo de mellorar a eficacia e eficiencia do funcionamento da Unidade administrativa anteriormente indicada, cuxas actividades se consideran prioritarias, que precisen efectivos coa titulación académica que se determine. 2.- Normativa de aplicación. Visto o disposto pola normativa de aplicación: - Artigo 11.1 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores: “O contrato de traballo en prácticas poderá concertarse con quen estiveren en posesión do título universitario ou de formación profesional de grao medio o superior ou títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, ou de certificado de profesionalidade de acordo co previsto na Lei Orgánica 5/2002, de 19 de xuño, das Cualificacións e da Formación Profesional, que habiliten para o exercicio profesional, dentro dos cinco años, ou de sete anos cando o contrato se concerte cun traballador con discapacidade, seguintes á terminación dos correspondentes estudos, [….]”.
6
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
- Artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 que establece que “Durante o ano 2016 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais”. - Artigo 55.1 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que sinala que “todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente Estatuto e no resto do ordenamento xurídico”. - Artigo 55.2 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que preceptúa que “as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación: a)
Publicade das convocatorias e das súas bases.
b)
Transparencia.
c)
Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
d)
Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
e)
Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.
f)
Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.”.
- Artigo 61.1 do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que dispón que “os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste Estatuto”. - Artigo 35 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a contratación de persoal non permanente. 3.- Listaxes de aspirantes que participaron en procesos selectivos. Nesta Entidade non existiu nin existen “Listaxes de aspirantes a formalizar contratos en prácticas” ao obxecto de poder cubrir provisionalmente os empregos que se convoquen. 4.- Efectivos a incorporar para cubrir provisionalmente os empregos convocados mediante a formalización de contratos laborales temporais “en pRácticas”. Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para prestar servizos como “Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas”, “en prácticas”; regulándose o correspondente contrato laboral polo artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores. 5.- acordo. Considerando suficientemente xustificado o sinalado no apartado b) do punto dous desta proposta e ao encadrarse este efectivo en unidades administrativas cuxas actividades se cualifican como prioritarias. Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 xa mencionada, á Xunta de Goberno que en uso das facultades que lle confire o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, adopta o seguinte, ACORDO: 1º.- Aprobar que as Bases Xerais deste procedemento selectivo para seleccionar persoal laboral a contratar baixo a modalidade de “en prácticas” sexan as aprobadas pola Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión ordinaria celebrada o 6 de maio do 2016 e que foron publicadas no BOP nº 114, do 19 de maio de 2016. 2º.- Aprobar as Bases Específicas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso libre, para a cobertura provisional con persoal laboral temporal, vinculado a esta Entidade mediante contrato laboral “en prácticas” regulado no art. 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro polo que se aproba o Texto Refundido do Estatuto dos Traballadores, dos seguintes empregos:
7
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
DENOMINACIÓN DO EMPREGO
TÍTULO ACADÉMICO
Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas
Técnico Superior en Guía, Información e Asistencia Turísticas
BOP de Lugo
Nº EMPREGOS 1
3º.Convocar publicamente a quen desexe participar no proceso selectivo ao obxecto de cubrir, con carácter provisional mediante contrato laboral temporal “en prácticas”, os devanditos empregos. Lugo, 10 de xullo de 2017.- O SECRETARIO, Critobal Victor Fraga Bermejo.
BASES ESPECÍFICAS PARA O PROCESO SELECTIVO DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL BAIXO A MODALIDADE DE “CONTRATO EN PRÁCTICAS” AO OBXECTO DE CUBRIR UN EMPREGO DE “TÉCNICO SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS” EN PRÁCTICAS. 1.- NÚMERO DE EMPREGOS QUE SE CONVOCAN: 1. 2.- DENOMINACIÓN DO EMPREGO QUE SE CONVOCA: TÉCNICO SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS “en prácticas”. 3.- RELACIÓN XURÍDICA: Laboral Temporal. Contrato “en prácticas”. 4.- ADSCRICIÓN: En calquera Unidade administrativa da Deputación onde o persoal contratado en prácticas poida realizar un cometido relacionado coa titulación académica requirida. 5.- FUNCIÓNS DO EMPREGO: O cometido funcional deste emprego consistirá na realización das funcións propias da titulación académica esixida TÉCNICO SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS “en prácticas”, todo iso, baixo a dirección e supervisión correspondente. 6.- TITULACIÓN ACADÉMICA ESIXIDA: Grado Superior en FP: TÉCNICO SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS, obtida nos 5 anos anteriores á convocatoria (7 anos no caso de persoas con grao de discapacidade superior ao 33%). 7.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4. 8.- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir polo/a ocupante deste emprego serán fixadas conforme ao disposto no artigo 11, apartado 1, paragrafo e), do Estatuto dos Traballadores. A base de cálculo para fixar as retribución será o importe que lle corresponde á praza/posto TÉCNICO SUPERIOR EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS “en prácticas” (Equiparable ao Grupo B de súa categoría de “posto de entrada”). Retribución a percibir: -
Durante o primeiro ano de duración do contrato serán do 60 % do importe da devandita base de cálculo.
-
Durante o restante tempo de duración do contrato, ata o límite de duración máxima total de 2 anos, 75 % do importe da devandita base de cálculo.
-
En ningún caso, poderá ser inferior ao Salario Mínimo Interprofesional.
9.- DURACIÓN DO PERÍODO DE PROBA: Un mes. 10.- PROGRAMA. A) MATERIAS COMÚNS. 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais desta. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. 2.- A Administración Pública no ordenamento español. A Administración Local. A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo: órganos de decisión colexiados e unipersoais e organización complementaria. B) MATERIAS ESPECÍFICAS. 3.- O gabinete de Comunicación ao servizo dos actos. Coordinación interdepartamental na área de comunicación dunha institución: Relacións públicas; Márketing; publicidade; protocolo e prensa. 4.- A provincia de Lugo. Análise territorial, demográfico, sociocultural: aspectos históricos, turísticos, etnográficos antropolóxicos, ecolóxicos e patrimoniais relevantes. 5.- Protocolo oficial: antecedentes e definición; secuencia de actos; o Regulamento de Precedencias. Bandeiras e a súa colocación; Modelos de presidencia e sistemas de colocación en mesas.
8
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
6.- Atención ao cidadán: normas xerais; técnicas de atención por teléfono; atención personalizada; consellos de protocolo en relación coas chamadas telefónicas. 7.- Regulamento de Honras e Distincións e Regulamento de Identidade Corporativa da Deputación de Lugo 8.- Protocolo social: Saber estar; o saúdo; servizo individual de mesa; pezas e a súa utilización; os alimentos; actos sociais; falar e conversar; trato social e cortesía; de visitas e recepcións. 9.- Ferramentas ao servizo da área de Relacións Institucionais dunha administración pública: o Directorio; a escaleta; redacción de felicitacións ou notas luctuosas; a heráldica e simboloxía: maceiros, reposteiros, medallas, etc.; medios materiais e técnicos para a organización de eventos. 10.- Xeodestinos na provincia de Lugo. A Mariña Lucense; Lugo-Terra; Ancares-Caurel; Ribeira Sacra. Lugo, 10 de xullo de 2017.- O SECRETARIO, Critobal Victor Fraga Bermejo. R. 2085
Anuncio PUBLICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 30 DE XUÑO DE 2017 POLO QUE SE APROBA A CONVOCATORIA E AS BASES ESPECÍFICAS DE SELECCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE TÉCNICO SUPERIOR ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA PRESTAR SERVIZOS COMO FUNCIONARIOS INTERINOS POR CALQUERA DAS CIRCUNSTANCIAS PREVISTAS NO ARTIGO 10 DO REAL DECRETO LEXISLATIVO 5/2015, DO 30 DE OUTUBRO, POLO QUE SE APROBA O TEXTO REFUNDIDO DA LEI DO ESTATUTO BÁSICO DO EMPREGADO PÚBLICO. 1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. Constatándose que a vixente Listaxe de Emprego Temporal de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade non conta con efectivos dispoñibles neste momento para poder ser nomeados. Considerando que dende distintas Áreas e Unidades administrativas de carácter prioritario desta Deputación Provincial, nomeadamente do Servizo de Cooperación e Asistencia a Concellos, tense manifestado a necesidade urxente e inaprazable de incorporar, con carácter provisional, funcionarios interinos da categoría de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade, para atender as funcións especializadas do dito tipo de funcionarios de apoio na xestión contable dos Concellos, necesidade acentuada ao terse producido a baixa, por excedencia voluntaria, dun funcionario de carreira, con data 3 de novembro do 2016, que viña prestando apoio aos Concellos nesta materia. Tendo en conta que, con data 27 de xaneiro do 2017, a Xunta de Goberno adoptou o acordo de convocar un proceso selectivo coa finalidade de atender esta necesidade e que, trala tramitación do correspondente expediente e a celebración das probas previstas nas Bases que rexeron o dito procedemento, a proposta do Tribunal de Selección, a Presidencia, á vista dos resultados do mesmo, ditou unha Resolución, con data 25 de maio de 2017, no que declarou deserto o proceso selectivo por non ter alcanzado ningunha das persoas aspirantes a nota mínima, prevista nas Bases, para aprobar a fase de oposición. As características do tipo de praza/posto/emprego obxecto desta convocatoria son as seguintes: Denominación: Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade. Clasificación: Grupo A. Subgrupo A1. Retribución: As correspondentes a un/ha praza/posto de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade e de categoría de entrada. 2.- Normativa de aplicación ao obxecto da convocatoria. Visto o disposto pola normativa de aplicación: - Artigo 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, no que se establece que “son funcionarios interinos os que, por razóns expresamente xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados para o desempeño de funcións propias de funcionarios de carreira, cando se dea algunha das seguintes circunstancias: (…)”. - Artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2016 que establece que “Durante o ano 2016 non se procederá á contratación de persoal temporal, nin ao nomeamento de persoal estatutario temporal ou de funcionarios interinos agás en casos excepcionais e para cubrir necesidades urxentes e inaprazables que se restrinxirán aos sectores, funcións e categorías profesionais que se consideren prioritarios ou que afecten ao funcionamento dos servizos públicos esenciais”. - Artigo 55.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que sinala que “todos os cidadáns teñen dereito ao acceso ao
9
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
emprego público de acordo cos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, e de acordo co previsto no presente Estatuto e no resto do ordenamento xurídico”. - Artigo 55.2 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que preceptúa que “as Administracións Públicas, entidades e organismos a que se refire o artigo 2 do presente Estatuto seleccionarán ao seu persoal funcionario e laboral mediante procedementos nos que se garantan os principios constitucionais antes expresados, así como os establecidos a continuación: g)
Publicade das convocatorias e das súas bases.
h)
Transparencia.
i)
Imparcialidade e profesionalidade dos membros dos órganos de selección.
j)
Independencia e discrecionalidade técnica na actuación dos órganos de selección.
k)
Adecuación entre o contido dos procesos selectivos e as funcións ou tarefas a desenvolver.
l)
Axilidade, sen prexuízo da obxectividade, nos procesos de selección.”.
- Artigo 61.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público que dispón que “os procesos selectivos terán carácter aberto e garantirán a libre concorrencia, sen prexuízo do establecido para a promoción interna e das medidas de discriminación positiva previstas neste Estatuto”. - Artigo 27 do Real Decreto 364/1995, de 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado, sobre a selección e nomeamento dos funcionarios interinos. - Resolución de data 29 de setembro do 2009 (BOP nº 231, de 8 de outubro do 2009), modificada parcialmente pola Resolución de data 16 de decembro de 2011, pola que se aproba a modificación dos criterios polos que se rexe a incorporación de persoal temporal á Deputación provincial de Lugo (BOP nº 294, de 26 de decembro do 2011). 3.- Listaxes de aspirantes que participaron en procesos selectivos. Nestes momentos non existen aspirantes dispoñibles na correspondente listaxe ao obxecto de poder cubrir provisionalmente prazas/postos/empregos de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade. 4.- Efectivos a incorporar para cubrir interinamente a devandita praza/POSTO/EMPREGO DE Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade. Tendo en conta o antedito, resulta necesario convocar o correspondente proceso selectivo para elaborar unha Listaxe de aspirantes a prestar servizos como funcionario/a interino/a, dado que, como xa se sinalou, esta Entidade carece de efectivos para realizar as funcións correspondentes á/ao praza/posto/emprego de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade. Considerando que os motivos de necesidade e urxencia da incorporación destes efectivos está suficientemente xustificada e que se trata de servizos que realiza funcións de carácter prioritario. Atendendo a que o proceso selectivo convocado anteriormente, por Acordo da Xunta de Goberno, adoptado en sesión celebrada o 27 de xaneiro do 2017, quedou deserto ao non alcanzar a nota mínima na fase de oposición, segundo o establecido nas Bases da convocatoria. Considerando que se cumpren as esixencias da normativa vixente, en particular os referidos ao artigo 20.Dous da Lei 48/2015, de 29 de outubro, xa mencionada, en uso das facultades que lle confire á Xunta de Goberno o Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo, publicado no BOP nº 056, de 10 de marzo de 2011, á Xunta de Goberno adopta o seguinte, ACORDO: 1º.- Aprobar as Bases Especificas que rexerán o procedemento selectivo, mediante o sistema de concurso oposición libre para a elaboración de listaxes de aspirantes a prestar servizos como funcionarios interinos en prazas/postos/empregos de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade, para atender ás necesidades de xurdan das distintas unidades administrativas da Deputación Provincial, mentres se considere necesario, urxente e prioritaria a súa incorporación transitoria. 2º.- Aprobar que Bases Xerais que rexerán este procedemento selectivo sexan as aprobadas pola Xunta de Goberno, na súa sesión do día 4 de decembro de 2015, relativas á selección de persoal, con carácter temporal, para prestar servizos á Deputación provincial de Lugo (cota xeral ou cota de discapacitados), que foron publicadas no BOP nº 289, do xoves 17 de decembro de 2015.
10
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
3º.- Convocar publicamente a quen desexe participar nas probas selectivas ao obxecto da confección da Listaxe de funcionarios/as interinos/as para provistar, con carácter provisional, prazas/postos/empregos de Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade. Lugo, 10 de xullo de 2017.- O SECRETARIO, Critobal Victor Fraga Bermejo.
BASES ESPECÍFICAS QUE REXERÁN O CONCURSO- OPOSICIÓN AO OBXECTO DE CONSTITUÍR UNHA LISTAXE DE EMPREGO TEMPORAL PARA A CATEGORÍA DE TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE. 1.- OBXECTO DA BASES ESPECÍFICAS: Constitución de listaxe de aspirantes a prestar servizos temporais como Técnico Superior de Administración Financeira e Contabilidade. 2.- BASES XERAIS: No presente proceso selectivo rexerán ás aprobadas na sesión por esta Xunta de Goberno do día 4 de decembro de 2015 e publicadas no BOP nº 289 de data 17 de decembro de 2015. 3.- RELACIÓN XURÍDICA: Funcionario Interino regulado no art. 10.1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. 4.- CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS: 4.1.- DENOMINACIÓN DAS FINANCEIRA E CONTABILIDADE.
PRAZAS/POSTOS/EMPREGOS:
TÉCNICO
SUPERIOR DE
ADMINISTRACIÓN
4.2.- GRUPO DE ENCADRAMENTO: Grupo A – Subgrupo A1. 4.3.- RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir polo/a ocupante serán as corresponden á praza/posto/emprego de TÉCNICO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN FINANCEIRA E CONTABILIDADE na súa categoría de “posto de entrada”. 5.- ADSCRICIÓN: Ás distintas Unidades Administrativas, unha vez motivada a preceptiva necesidade urxente e inaprazable da incorporación. 6.- FUNCIÓNS DO POSTO DE TRABALLO: As correspondentes a un Técnico Superior da Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, referidas á administración económico financeira, contable, recadatoria e orzamentaria; e aquelas outras funcións que se determinan para este posto de traballo na Relación de Postos de Traballo. 7.- REQUISITOS INDISPENSABLES: 7.1.- TITULACIÓN ACADÉMICA: Graduado Administración e Dirección de Empresas; Graduado en Ciencias Económicas. Graduado en Ciencias Empresariais. Titulacións Universitarias equivalentes ás anteriores. 8.- NIVEL DE GALEGO ESIXIDO: CELGA 4. 9.- PROGRAMA DE ACCESO. A) MATERIAS COMÚNS. 1.- A Constitución Española de 1978 e principios xerais. Os dereitos e deberes fundamentais dos cidadáns. A Xefatura do Estado. As Cámaras Lexislativas: Congreso e Senado. O Goberno e a Administración Pública. O Consello Xeral do Poder Xudicial e a organización xudicial española. 2.- As Comunidades Autónomas na Constitución Española de 1978. Competencias das Comunidades Autónomas. Os Estatutos de Autonomía con especial referencia ao Estatuto de Galicia. 3.- Principios de actuación das Administracións Públicas: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación. A modernización da Administración Pública e a calidade na prestación de servizos. A Administración Electrónica. 4.- Sometemento da Administración á Lei e ao Dereito. As fontes do Dereito Público. A Lei e o Regulamento. Ordenanzas, Regulamento e Bandos na Administración Local. 5.- O procedemento administrativo común. Os interesados. Fases do procedemento administrativo común: Iniciación, ordenación, instrución, finalización e execución. O expediente administrativo e os principais documentos administrativos nel contidos. 6.- A provincia no réxime local. A Deputación de Lugo e as súas competencias. O Regulamento Orgánico da Deputación Provincial de Lugo (BOP nº 056 do 10/03/2011): Órganos de decisión colexiados e unipersonais e organización complementaria. Órganos de xestión descentralizada para a xestión dos servizos e órganos de xestión administrativa. 7.- A responsabilidade da Administración. A responsabilidade das autoridades e persoal ao servizo das Administración Públicas. Especial referencia aos procedementos en materia de responsabilidade.
11
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
8.- O persoal ao servizo da Administración Local. Clases. O ingreso na función pública. A carreira administrativa. Adquisición e perda da condición de funcionario. As situacións administrativas. O sistema retributivo. 9.- Incompatibilidades. Dereitos e deberes dos empregados públicos. O código de conduta. Principios éticos e de conduta. Código disciplinario. B) MATERIA ESPECÍFICAS. 1.- A organización municipal. Órganos necesarios: Alcalde, Tenentes de Alcalde, Pleno e Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios: Comisiones Informativas y outros órganos. Os grupos políticos e os concelleiros non adscritos. A participación veciñal na xestión municipal. Outros réximes especiais. Especialidades do réximes orgánico -funcionais nos municipios de grande poboación. 2.- As competencias municipais: sistema de determinación. Competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias. A sostenibilidade financeira da facenda local como orzamento do exercicio das competencias. Os convenios sobre exercicio de competencias e servizos municipais. Os servizos mínimos. 3.- A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal. A coordinación dos servizos locais. As mancomunidades de municipios. As áreas metropolitanas. Os consorcios: réxime xurídico. 4.- Xestión indirecta: a concesión de servizos públicos. Concepto e natureza. Elementos. Potestades da Administración. Dereitos e obrigas do concesionario. Relacións do concesionario cos usuarios. Extinción da concesión. Outras formas de xestión indirecta dos servizos públicos. 5.- Os contratos do sector público: obxecto e ámbito da Lei de Contratos do Sector Público. Tipos de contratos do Sector Público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Réxime xurídico dos contratos administrativos e os de dereito privado; os actos separables. Os principios xerais da contratación do sector público: racionalidade, liberdade de pactos e contido mínimo, perfección e forma, o réxime de invalidez dos contratos e o recurso especial en materia de contratación. 6.- As partes nos contratos do sector público. Os órganos de contratación. A capacidade e solvencia dos contratistas. Prohibicións. Clasificación. A sucesión do contratista. 7.- Preparación dos contratos polas Administracións Públicas. O prezo, o valor estimado. A revisión de prezos. Garantías na contratación do sector público. Clases de expedientes de contratación. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos. Criterios de adxudicación. Perfeccionamento e formalización dos contratos administrativos. 8.- Execución e modificación dos contratos administrativos. Prerrogativas da Administración. Extinción. A cesión dos contratos e a subcontratación. 9.- O contrato de obras. Actuacións administrativas preparatorias. Formas de adxudicación. Execución, modificación e extinción. A cesión do contrato e subcontrato de obras. Execución de obras pola propia Administración. O contrato de concesión de obra pública. 10.- O contrato de xestión de servizos públicos. O contrato de subministración. O contrato de servizos. O contrato de colaboración entre el sector público e privado. 11.- Normas específicas de contratación nas Entidades Locais. Racionalización nos sistemas de contratación. Especial referencia aos Acordos marco e Centrais de contratación. Aplicación nas Entidades Locais. 12.- As Facendas Locais en España: principios constitucionais. O réxime xurídico das Facendas Locais. Incidencia estatal e autonómica na autonomía financeira local. A coordinación das Facendas Estatal, Autonómica e Local. 13.- O Orzamento Xeral das Entidades Locais: concepto e contido. Especial referencia ás bases de execución do orzamento. A elaboración e aprobación do Orzamento Xeral. A prórroga orzamentaria. 14.- A estrutura orzamentaria. Os créditos do orzamento de gastos: delimitación, situación e niveis de vinculación xurídica. As modificacións de crédito: clases, concepto, financiamento e tramitación. 15.- A execución do orzamento de gastos e de ingresos: as súas fases. Os pagamentos a xustificar. Os anticipos de caixa fixa. Os gastos de carácter plurianual. A tramitación anticipada de gastos. Os proxectos de gasto. Os gastos con financiamento afectado: especial referencia ás desviacións de financiamento. 16.- A liquidación do orzamento. Tramitación. Os remanentes de crédito. O resultado orzamentario: concepto, cálculo e axustes. O remanente de tesourería: concepto e cálculo. Análise do remanente de tesourería para gastos con financiamento afectado e do remanente de tesourería para gastos xerais. A consolidación orzamentaria. 17.- Estabilidade Orzamentaria e sostenibilidade financeira. Principios xerais. Obxectivos de estabilidade orzamentaria, de débeda pública e da regra de gasto para as Corporacións locais: establecemento e consecuencias asociadas ao seu incumprimento. Os Plans económico - financeiros: contido, tramitación e
12
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
seguimento. Plans de axuste e de saneamento financeiro. Subministración de información financeira das Entidades Locais. 18.- Estabilidade Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira. Axustes entre o saldo orzamentario non financeiro e o déficit o superávit na Contabilidade Nacional. O período medio de pagamento a provedores. 19.- A tesourería das Entidades Locais. Réxime xurídico. O principio de unidade de caixa. Funcións da tesourería. Organización. Situación dos fondos: a caixa e as contas bancarias. A realización de pagamentos: prelación, procedementos e medios de pagamento. O cumprimento do prazo nos pagamentos: o período medio de pagamento. O estado de conciliación. 20.- A planificación financeira. O plan de tesourería e o plan de disposición fondos. A rendabilización de excedentes de tesourería. As operacións de tesourería. O risco de tipos de interese e de cambio nas operacións financeiras. O Principio de Prudencia Financeira. 21.- A contabilidade nas entidades locais e os seus organismos autónomos: os modelos normal, simplificado e básico. As Instrucións dos modelos normal e simplificado de contabilidade local: estrutura e contido. Particularidades do modelo básico. 22.- A Conta Xeral das Entidades Locais: contido, formación, aprobación e rendición. Outra información a subministrar ao Pleno, aos órganos de xestión, aos órganos de control interno e a outras Administracións Públicas. 23.- Marco integrado de Control Interno (COSO). Concepto de control interno, e a súa aplicabilidade ao sector público. O control interno da actividade económico- financeira das Entidades Locais e os seus entes dependentes. A función interventora: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo e modalidades. Especial referencia aos reparos. 24.- Os controis financeiro, de eficacia e de eficiencia: ámbito subxectivo, ámbito obxectivo, procedementos e informes. A auditoría como forma de exercicio do control financeiro. As Normas de Auditoría do sector público. 25.- O control externo da actividade económico- financeira do sector público local. A fiscalización das entidades locais polo Tribunal de Contas e os órganos de control externo das Comunidades Autónomas. As relaciones do Tribunal de Contas e os órganos de control externo das Comunidades Autónomas. Organizacións internacionais de entidades fiscalizadoras: as normas INTOSAI. 26.- A responsabilidade contable: concepto e réxime xurídico. O carácter obxectivo da responsabilidade contable. Supostos básicos de responsabilidade contable: alcances contables, malversacións e outros supostos. Compatibilidade con outras clases de responsabilidades. Os suxeitos dos procedementos de responsabilidade contable. 27.- Os recursos das Facendas Locais. Os tributos locais: principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 28.- O Imposto sobre Bens Inmobles. Natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións e bonificacións. Base impoñible. Base liquidable. Cota, devengo e período impositivo. xestión catastral. xestión tributaria. Inspección catastral. 29.- O Imposto sobre actividades económicas. Natureza. Feito impoñible. Suxeito pasivo. Exencións. Cota: as tarifas. Devengo e período impositivo. Xestión censal e xestión tributaria. O recargo provincial. O Imposto sobre construcións, instalacións e obras. 30.- O Imposto sobre vehículos de tracción mecánica. O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. 31.- Taxas e prezos públicos. Principais diferenzas. As contribucións especiais: anticipo e aprazamento de cotas e colaboración cidadá. 32.- A participación de municipios e provincias nos tributos do Estado e das Comunidades Autónomas. Criterios de distribución e regras de evolución. Réximes especiais. A cooperación económica do Estado e das Comunidades Autónomas aos investimentos das Entidades Locais. Os Fondos de la Unión Europea para Entidades Locais. 33.- Obrigas no ordenamento xurídico de calcular os custes dos servizos locais. A cultura da avaliación. Transparencia e calidade. A función coordinadora das Deputacións Provinciais. Efectos na forma de xestión dos servizos. 34.- Custe efectivo dos servizos prestados polas entidades locais. Criterios de cálculo establecidos na Orde HAP/2075/2014, de 6 de novembro. 35.- Sistemas de información para a dirección e a xestión. A información como recurso para a Administración Pública. A protección dos datos de carácter persoal.
13
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
36.- Contabilidade analítica. Os custes históricos. Esquema contable da formación de custes. Custes estimados ou presupostados. Procedementos contables e contas de axuste. Procedementos contables e significados e cualificación das desviacións. Lugo, 10 de xullo de 2017.- O SECRETARIO, Critobal Victor Fraga Bermejo. R. 2086
CONCELLOS ALFOZ Anuncio Aos efectos do disposto no artigo 212.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, ponse en coñecemento xeral que na Secretaría desta entidade atópase exposta ao público a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2016 co informe favorable da Comisión Especial de Contas celebrada con carácter ordinario o día 30 e xuño de 2017, por prazo de quince días, durante os cales e oito máis os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións que examinados pola Comisión Especial de Contas e practicadas pola devandita cantas comprobacións estime necesarias, emitirá novo informe e someterase ao Pleno da Corporación para a súa aprobación, sen prexuízo do seu sometemento á fiscalización externa do Consello de Contas e do Tribunal de Cuentas. Alfoz, 3 de xuño de 2016.- O Alcalde, Jorge Val Díaz R. 2036
CERVO Anuncio COBRANZA Por Resolución de Alcaldía de data 28 de xuño de 2017, aprobáronse os padróns correspondentes ás mensualidades de maio de 2017 das cotas de socio do C.D. Riocobo, das liquidacións do prezo público polo servizo de Axuda no Fogar, da Taxa pola prestación do servizo da Escola infantil Municipal e da Piscina Municipal así como o correspondente ás ensinanzas especiais en establecementos docentes das entidades locais, escolas deportivas municipais e os padróns correspondentes ás taxas polos Servizos de Abastecemento de Auga, Recollida de Lixo e Saneamento do 2º bimestre de 2017. Por medio do presente edicto expóñense ao público os padróns, por un prazo de 15 días naturais, a contar dende o seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, a efectos de reclamacións. Contra os mesmos poderase interpoñer o recurso de reposición do artigo 14 do RD lexislativo 2/2004, de 5 de marzo no prazo de un mes dende a publicación deste anuncio, sendo o procedente no caso do canon da auga a reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Consellería de Facenda) no prazo dun mes dende que se entenda producida a notificación mediante o Padrón. O prazo de ingreso en período voluntario abarcará dende o 7 de xullo ata o 11 de setembro de 2017. Unha vez transcorrido o mesmo sen ter efectuado o pago, este esixirase polo procedemento de constrinximento sobre o patrimonio do debedor. No caso do canon da auga, esta falta de pago no período voluntario sinalado suporá a esixencia do mesmo directamente ao contribuínte pola vía de constrinximento pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. Formas de pagamento: Mediante domiciliación bancaria ou en calqueira oficina de Abanca, Banco Santander ou BBVA provistos do documento de ingreso que se lles remitirá ou poderán solicitar no Concello. Cervo, 28 de xuño de 2017. O Alcalde; Alfonso Villares Bermúdez. R. 2037
MURAS Anuncio PROCEDEMENTO ABERTO, OFERTA ECONÓMICAMENTE MAIS VENTAXOSA, CON PLURALIDADE DE CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN E TRAMITACIÓN URXENTE DO PROXECTO DENOMINADO REFORMA DE EDIFICIO DESTINADO A AULA DA NATUREZA DO CONCELLO DE MURAS
14
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
OBXECTO: Reforma de edificio destinado a Aula da Natureza do Concello de Muras TIPO DE LICITACIÓN: 89.371,50€ máis 18.768,02€ ive PROCEDEMENTO: aberto, oferta económicamente máis ventaxosa, con pluraidade de criterios de adxudicación e tramitación urxente. PRAZO DE EXECUCIÓN: ata o 30 de setembro de 2017 GARANTÍA DEFINITIVA: 5% GASTOS PUBLICIDADE: os correspondentes a publicación no BOP (por determinar) PORCENTAXE SUBCONTRATACIÓN: 20% do prezo de adxudicación. COMPROMISO DE CONTRATAR A TRABALLADORES DESEMPREGADOS: si, 2traballadores CLASIFICACIÓN: non se esixe PRAZO PRESENTACIÓN PROPOSICIÓNS: 13 días naturais contados a partir do seguinte ao de publicación do anuncio no Boletin Oficial da Provincia, na sede electrónica do Concello e no perfil do contratante. INFORMACIÓN: Secretaria Municipal e na páxina web do Concello (perfil do licitador) Muras, 29 de xuño de 2017.- O Alcalde, Manuel Requeijo Arnejo R. 2070
OUROL Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol en sesión ordinaria celebrada o día 13 de xuño de 2017, prestou aprobación inicial a: - Padrón fiscal correspondente ao mes de ABRIL de 2017 do Servizo de Axuda no Fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia por importe de dous mil oitocentos dez euros con oito céntimos (2.810,08 €). - Padrón fiscal correspondente ao mes de MAIO de 2017 do Servizo de Axuda no Fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia por importe de tres mil cento noventa e dous euros con trinta céntimos (3.192,30 €). Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación. Así mesmo, e de conformidade con artigo 253.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. Alcalde–Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. ANUNCIO DE COBRANZA Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición nas oficinas municipais para efectuar o pago. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria. Ourol, 30 de xuño de 2017.- O Alcalde – Presidente, José Luis Pajón Camba R. 2038
15
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
Anuncio Tendo sido solicitado o uso privado do teléfono público sito en O Carme, Miñotos, públicase o presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo durante un prazo de quince días para que todas aquelas persoas que estean interesadas poidan examinar o expediente e alegar o que estimen oportuno. Ourol, tres de xullo de dous mil dezasete.- O alcalde-presidente, José Luis Pajón Camba R. 2039
TABOADA Anuncio Aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por prestación do servizo de escolas deportivas e outros servizos análogos. O Pleno do Concello de Taboada, en sesión ordinaria celebrada o día 26 de xuño de 2017, acordou a aprobación inicial da modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por prestación do servizo de escolas deportivas e outros servizos análogos e en cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar dende o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que consideren oportunas. Se transcorrido o devandito prazo non se tivesen presentado reclamacións, considerarase aprobado definitivamente dito Acordo. En Taboada, a 27 de xuño de 2017.- O Alcalde, .- Ramiro Moure Ansoar. R. 2046
Anuncio ANUNCIO DA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN FISCAL E DO PERÍODO EN VOLUNTARIA DA COBRANZA DA TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO DO 1º SEMESTRE DE 2017. O Padrón fiscal da taxa de prestación do servizo de recollida de lixo correspondente ao 1º semestre do exercicio 2017, foi aprobado por Acordo de Xunta de Goberno Local de data 06.07.2017. O mencionado padrón exponse ao público nas oficinas da Casa do Concello polo prazo de dous meses, contado dende o seguinte ao da publicación no BOP do presente anuncio, para os efectos de que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas (o recurso de reposición regulado no artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, que recolle o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo dun mes, contado dende o seguinte ao da finalización do período de exposición pública do mencionado padrón fiscal. Contra a resolución recaída no recurso de reposición poderase interpoñer, diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo competente o recurso Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación a dita resolución. Se non recaera resolución no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da presentación do recurso de reposición, en virtude do previsto no mencionado artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, produciranse os efectos xurídicos establecidos nos artigos 24 e 25 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Non obstante, se se considera convinte poderase empregar e exercitar calquera outro recurso. A publicación no BOP do presente anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. O período de cobranza en voluntaria será o comprendido dende o día 20 de xullo de 2017 ata 20 de setembro de 2017, ambos os dous incluídos. Os contribuíntes poderán efectuar o pagamento da débeda tributaria do seguinte xeito: a) Na entidade colaboradora Abanca, presentando o correspondente recibo. b) Os recibos domiciliados polos contribuíntes serán cargados directamente polas respectivas entidades bancarias.
16
Núm. 159 – Mércores, 12 de xullo de 2017
BOP de Lugo
Unha vez rematado o prazo de pagamento en voluntaria sinalado, os débitos non satisfeitos entrarán no período executivo, de acordo co establecido no artigo 161 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, percibíndose a recarga e xuros de demora establecidos nos artigos 26 e 28 da referida norma. Taboada, a 6 de xullo de 2017.- O Alcalde, Ramiro Moure Ansoar. R. 2047
Anuncio ANUNCIO DA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PADRÓN FISCAL E DO PERÍODO EN VOLUNTARIA DA COBRANZA DA TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE “ABASTECEMENTO DE AUGA, ACOMETIDAS E TRASPASOS DE TITULARIDADE” E DE “SUMIDOIROS” CORRESPONDENTES AO 1º TRIMESTRE DO 2017. O Padrón fiscal da taxa de prestación do servizo “Abastecemento de auga, acometidas e traspasos de titularidade” e de “Sumidoiros” correspondentes ao 1º trimestre do 2017, foi aprobado por ACORDO DE XUNTA DE GOBERNO LOCAL DE DATA 06.07.2017. O mencionado padrón exponse ao público nas oficinas da Casa do Concello polo prazo de 15 días, contado dende o seguinte ao da publicación no BOP do presente anuncio, para os efectos de que os interesados poidan examinalo e, no seu caso, formular as reclamacións oportunas (o recurso de reposición regulado no artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, que recolle o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, no prazo dun mes, contado dende o seguinte ao da finalización do período de exposición pública do mencionado padrón fiscal. Contra a resolución recaída no recurso de reposición poderase interpoñer, diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo competente o recurso Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación a dita resolución. Se non recaera resolución no prazo dun mes a contar dende o día seguinte ao da presentación do recurso de reposición, en virtude do previsto no mencionado artigo 14.2 do RDL 2/2004, do 5 de marzo, produciranse os efectos xurídicos establecidos nos artigos 24 e 25 Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Non obstante, se se considera conveniente, poderase empregar e exercitar calquera outro recurso. A publicación no BOP do presente anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao amparo do previsto no artigo 102.3 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria. O período de cobranza en voluntaria será o comprendido dende o día 20 de XULLO de 2017 ao 20 SETEMBRO de 2017, ambos os dous incluídos. Os contribuíntes poderán efectuar o pagamento da débeda tributaria do seguinte xeito: a) Na entidade colaboradora Abanca, presentando o correspondente recibo. b) Os recibos domiciliados polos contribuíntes serán cargados directamente polas respectivas entidades bancarias. Unha vez rematado o prazo de pagamento en voluntaria sinalado, os débitos non satisfeitos entrarán no período executivo, de acordo co establecido no artigo 161 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria, percibíndose a recarga e xuros de demora establecidos nos artigos 26 e 28 da referida norma. Advírtese que a falta de pago do canon da auga en período voluntario en cumprimento do DECRETO 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais , supoñerá a esixencia do canon da auga directamente ao contribuínte pola vía de présa pola consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia e, así mesmo, deberá indícase que a repercusión do canon da auga poderá ser obxecto de reclamación económico-administrativa ante o órgano económico-administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia no prazo dun mes desde que se entenda producida a notificación. Taboada, a 6 de xullo de 2017.- O Alcalde, Ramiro Moure Ansoar. R. 2048
Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 12.07.2017 08:00:00 CEST Razón: Localización: España