Bases das axudas á creación de músicas populares 1ª ...

para o audiovisual, electrónica, flamenco, world music, experimental, hip ... cláusula Primeira) que estean orientados á creación dunha obra musical ou dun.
210KB Größe 7 Downloads 86 vistas
Bases das axudas á creación de músicas populares 1ª Convocatoria 2016

Nesta primeira convocatoria concederanse un mínimo de 13 axudas por unha contía máxima cada unha de 2.000 euros (impostos incluídos) Primeira: solicitantes A Fundación SGAE estudará as solicitudes de axudas presentadas polos autores socios da SGAE que desenvolvan a súa actividade principal na composición ou escritura de letras de música non sinfónica. Así, terán cabida as propostas que se enmarquen no pop, rock, jazz, músicas para o audiovisual, electrónica, flamenco, world music, experimental, hip hop, etc. As propostas que se enmarquen no campo da música clásica actual (entendendo por tal obras orquestrais, de cámara e outros formatos de concerto) atenderanse a través do Sistema de incentivos á creación. Un autor non poderá recibir, no conxunto de axudas ofrecidas pola Fundación SGAE, máis dunha axuda no mesmo ano, coa única excepción das axudas recibidas en concepto de Axudas a viaxes para a promoción internacional, cuxa recepción si é compatible coa doutras axudas. Segunda: tipoloxía dos proxectos Serán susceptibles de participar nesta convocatoria os proxectos enviados por autores socios da SGAE (ver cláusula Primeira) que estean orientados á creación dunha obra musical ou dun conxunto de obras, tanto aqueles que comprendan composición e escritura de letras como aqueles que desenvolvan exclusivamente un destes dous aspectos. O proxecto deberá ser presentado acompañado da súa descrición, especificando os traballos detallados en materia de documentación ou investigación necesarios para o proceso de creación. O proxecto debe realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016. Un mesmo proxecto non poderá ser presentado en máis dunha convocatoria das convocadas pola Fundación SGAE. Terceira: achega da Fundación SGAE A contía máxima atribuíble a cada solicitude non poderá superar os 2.000 € (impostos incluídos). O pago realizarase conforme ao establecido na cláusula oitava destas mesmas Bases, mediante un documento de pago vinculado ao convenio e aplicando as oportunas retencións de IRPF. Cuarta: documentación As solicitudes deberán conter a seguinte documentación: 1.

Formulario de solicitude debidamente cumprimentado. 1

2.

Copia do DNI/NIE/Pasaporte.

3.

CV do solicitante.

4.

Descrición do proxecto de creación para o que se solicita a axuda e cronograma.

5.

Orzamento detallado de custos.

6.

Certificación da colaboración doutras entidades, no seu caso.

7.

Outra documentación adicional.

Quinta: criterios de avaliación Para a avaliación dos proxectos recibidos, valoraranse especialmente aqueles aspectos recollidos no Plan Director da Fundación SGAE, entre os que podemos destacar, para estes efectos, os seguintes: 1. Facilitar a relación da autoría co conxunto da sociedade, promover a pedagoxía social sobre o dereito de autor e impulsar o acceso á cultura. 2. Fomentar as novas expresións artísticas e os proxectos multidisciplinares no conxunto do repertorio sobre o que traballa a Fundación SGAE. 3.

Colaborar con outras institucións e organizacións.

4.

Fomentar a participación das autoras.

Ademais, terase en conta a viabilidade do proxecto acorde aos orzamentos presentados, a súa potencial repercusión sociocultural e a eficiencia na aplicación dos recursos achegados, se fose o caso, por estas axudas. Sexta: presentación de solicitudes e prazo 1. O formulario de solicitude estará dispoñible na web da Fundación SGAE www.fundacionsgae.org. Deberá usarse o formato electrónico do formulario, e será necesario encher todos os campos. A Fundación SGAE xustificará o recibo de todas as solicitudes. As solicitudes que non acheguen a documentación solicitada nestas Bases terán un prazo máximo de quince días para a emenda desde a notificación correspondente. 2. O prazo de presentación das solicitudes para a primeira convocatoria 2016 de axudas á documentación e investigación de proxectos de creación de músicas populares iniciarase o xoves 17 de marzo e manterase aberto até as 24.00 do venres 22 de abril. As solicitudes recibidas fóra do devandito prazo serán desestimadas. Sétima: procedemento e resolución de solicitudes 1. Un Comité de Avaliación, designado polo Padroado da Fundación SGAE, encargarase de estudar e avaliar as solicitudes que cumpran os requisitos indicados nestas Bases. 2. O Comité decidirá a concesión das axudas e a súa resolución será comunicada a todos os interesados por escrito. 3.

A resolución do Comité será inapelable.

2

4. No suposto de resolución positiva por parte do Comité a documentación achegada pasará a formar parte inseparable do convenio que se subscribirá entre as partes e non se devolverá mentres devandito convenio estea vixente. Oitava: formalización da colaboración A Fundación SGAE e o solicitante cuxo proxecto fose aprobado, subscribirán un convenio de colaboración específico que haberá de conter, necesariamente, as Bases establecidas neste documento e a información que enumeramos a continuación, a título enunciativo: 1.

Dereitos e obrigas de cada unha das partes.

2.

Prazo de inicio e finalización do proxecto.

3.

Importe da axuda concedida.

4.

Forma de pagamento.

5. Seguimento do proxecto (informe, avaliación, material onde se inclúa a imaxe corporativa da Fundación SGAE e memoria final). 6. Compromiso de informar á Fundación SGAE do rexistro en SGAE da nova obra xerada grazas á recepción desta axuda. O convenio será formalizado co solicitante da axuda, que debe cumprir co exposto na cláusula primeira destas Bases. Novena: Deber de confidencialidade e protección de datos persoais Todos os datos persoais que as partes fornezan na xestión do proxecto teñen carácter confidencial e non poderán ser revelados a terceiros nin utilizados para fins distintos aos establecidos, salvo as excepcións establecidas pola lexislación vixente. Os datos, que voluntariamente faciliten, incorporaranse nun ficheiro cuxo responsable é a Fundación SGAE, que será notificado ao Rexistro Xeral de Protección de Datos da AEPD. O titular do Dereito Fundamental á Protección de Datos Persoais conta cos dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición. Para exercelos pode dirixirse por escrito a: Fundación SGAE, á atención do Director Xeral, calle Bárbara de Bragança, 7, 28004 Madrid. A Fundación SGAE presume que os datos facilitados polo afectado son veraces e responden á súa situación actual. O afectado queda obrigado a comunicar a súa modificación desde o momento en que se produza. Décima: normas xerais 1. O solicitante incluirá o logotipo de Fundación SGAE na promoción que realice do proxecto, tales como publicidade, carteis, catálogos, folletos e outros análogos. 2. A presentación da solicitude por parte do solicitante implica a aceptación tácita deste das condicións e Bases establecidas neste documento, e leva a autorización do solicitante para que a Fundación SGAE poida difundir información da axuda prestada nas súas Memorias e demais publicacións. 3. O solicitante exime á Fundación SGAE de calquera responsabilidade derivada de calquera transgresión da lexislación vixente en que puidese incorrer o solicitante respecto da realización e desenvolvemento do proxecto. 3

4. A Fundación SGAE non adquire, en virtude deste contrato, ningunha responsabilidade directa nin subsidiaria en relación coa realización e desenvolvemento do proxecto distinta da achega concedida. 5. A lexislación aplicable a este documento é a española e as partes sométense expresamente á xurisdición dos Tribunais de Madrid capital, e renuncian ao foro que puidese corresponderlles.

Para máis información: [email protected]

4